O PLAN XERAL (TEATRO)

8
TEXTO: Antón López González TEXTO: Antón López González TEXTO: Antón López González TEXTO: Antón López González

description

Obra de teatro infantil

Transcript of O PLAN XERAL (TEATRO)

Page 1: O PLAN XERAL (TEATRO)

TEXTO: Antón López GonzálezTEXTO: Antón López GonzálezTEXTO: Antón López GonzálezTEXTO: Antón López González

Page 2: O PLAN XERAL (TEATRO)

ENTROIDO 2007ENTROIDO 2007ENTROIDO 2007ENTROIDO 2007

““““O PLAN XERALO PLAN XERALO PLAN XERALO PLAN XERAL”””” Narrador.- Ímoslles contar a historia dun suceso de “verdá” que aconteceu hai uns meses nun cole do meu lugar. E como estamos en tempos de ter todo deformado,inventamos esta historia para que riades un cacho. Así volo contaremos, do xeito máis divertido Se pasamos boa tarde o obxectivo está cumprido.

(música) As ventás daquel colexio estaban todas moi vellas, entraba o frío por elas; todo era unha desfeita.. Eran tempos de bonanza para ter un cole moderno.Facer obras no verán e non papar frío no inverno. Donas e cabaleiros, xentes deste lugar, prestade moita atención que comeza o PLAN XERAL. Narrador.-

Viñeron os arquitectos, tamén aparelladores e todo o cole se encheu de señores con bigote. Vestidos con garavatas tomaron moitas medidas. Dixeron que ían rematar en trinta ou corenta días… (aparecen na escena uns “arquitectos” moi traxeados, con escadras, cartabóns e unhas carpetas con planos. Comezan a supervisar o edificio)

Page 3: O PLAN XERAL (TEATRO)

Arquitecto 1.-

-O colexio está moi vello. Necesitará un amaño. Mandaremos que lle cambien ao ximna-sio ese tellado. Arquitecto 2.-

- As ventás deste colexio non cumpren os requisitos. Hai que poñer unhas novas do máis moderno aluminio. Arquitecto 3.-

- Tamén se deben amañar a sala de ordenadores, zonas de secretaría e a sala dos profesores. Arquitecto 4.-

- Instalaremos na ANPA uns grandes ventiladores, para que poidan gozar de zona de fumadores. Narrador 2.-

Chegou o mes de setembro, e o colexio estaba igual. Alí non había obreiros, pero a nós que máis nos dá! Comezaron en outubro e tiñan que vir no verán…! como ía tanta calor non querían traballar… Eran tempos de magosto cando eles apareceron. Non sei por que me dá a espiña…que son algo chapuceiros…

(música de canteiros. Na lúa)

En canto soa a música, van saíndo os obreiros que levan ao

lombo unhas boas pedras e póñense a …construir un mu-

ro…!!

Obreiro 1.-

- Ben, amigos, este choio xa está feito !! Hai que ver que bo traballo, e que muro máis dere-ito! Obreiro 2.-

- Aí está, sen taladros nen martelos. O choio quedou divino! Verás como aínda ha de vir alguén que dirá que fixemos moito ruído… Obreiro 3.-

- Fixádevos ben nos planos. Está moi clariño no plan.

Page 4: O PLAN XERAL (TEATRO)

Ninguén fala de facer muros, (asombrado) senón unhas ventás de alumnio e cristal !!!! Obreiro 4.-

- Bah, bah, bah, bah…!! a xente non hai quen a entenda. Entre un muro e unhas ventás tampouco hai tanta dife-renza. Ademais, de que vai o tema? Non é de tapar o frío? Mellor un muro de pedra ca unhas ventás de alumnio!! (chega o patrón)

Pero que facedes? que facedes? Unhas ventás !!! Unhas ventás !!! Non vos dixen unhas ventás? -E logo que? Non volo dixen? Que tiñades que andar a fedellar cun muro… teño que estar eu en todo, teño que facelo todo eu!!! Para que teño empregados? Botádeme abaixo ese muro! Botádeme abaixo ese muro e non me tiredes do xenio! Que-ro ver esas ventás, que hoxe non ides para a casa! (os obreiros fan que traballan, coa cabeza baixada, cravando puntas en canto fala o capataz)

(marcha o capataz)

Obreiro 1.-

- Menudo rebote o do vello! Pois eu agora non sigo, que empezo a ter unha fame… e xa é hora do bocadillo. - Chama aí ao bar polo móbil, a ver que teñen pola ne-veira que eu tamén teño lareca e a barriga está baleira. - E logo… neste cole non hai cociñeiros e camareiras? (música e desfile 3 anos; lévanlles os bocadillos aos obreiros)

(ao remate do desfile... aínda comendo)

Page 5: O PLAN XERAL (TEATRO)

Obreiro 2.-

- Que pena de muro! feitiño con mil amores… E se convencemos o xefe colocándolle unhas flores? Faremos un bo xardín arredor, para os cans dos profesores. Obreiro 3.-

- Aí, aí, Carballeda, esa si que é boa idea! oes, só é cousa de buscar nas páxinas amarelas unhas cantas xardineiras! (desfilan as xardineiras, 4 anos, e deixan unhas flores a carón do muro)

(en canto pasan as xardineiras, os obreiros comezan a traballar con táboas e martelos tentando

facer unha ventá)

(Un obreiro trae unhas ventás debuxadas...) Obreiro 4.-

- Oes, Pituco, mirade o que atopei no lixo... Unhas ventás perfectísimas. Uns golpes e unha pintura e temos unha obra de arte. Obreiro 1.-

Pero hai que furar no muro e iso é un traballón... Obreiro 2.-

Eu agora non furo nada, que estou a facer a dixestión! Obreiro 3 .-

Viti, non saberás de alguén que bote unha man aquí? Uns pintores ou pintoras deses que sabes ti? - Colle as páxinas amarelas e fedella a ver que atopas, malo será que non haxa uns pintores e pintoras. Obreiro 1.-

- Deixádevos de pinturas. Veume unha idea á cabeza que vai ser un gran invento. Pintamos unhas ventás no muro… e o xefe queda contento Obreiro .- - Iiiiiso é Raquel Tes un cerebro de xenio!!! (desfile 5 anos, pintan o muro)

Page 6: O PLAN XERAL (TEATRO)

Obreiro 1 .- -Xa pasaron os pintores e non arranxaron nada… para facer unha chapuza veñen todos en manada… por riba, xa se largaron, seguimos como estabamos, como volva o capataz menuda a que liamos!!! (un ponse a mirar para o camiño e bate co martelo na man)

Obreiro 5.-

- Ai! ai! xa me esnafrei co martelo. Traballamos sen seguro, a ver quen me cura o dedo!!! Obreiro4 .- - Xa cho dixen, Edelmiro, para que metes a man? andas no que non sabes e agora haite que curar. - Pilla outra vez ese móbil e chama unha ambulancia antes de que veña o xefe, que me manda para a casa… - Isto ten moi mala pinta ten que vir un cirurxán, cunhas cantas enfermeiras por se teñen que amputar… (desfilan cirurxáns e enfermeiras e o curan)

(volve o patrón)

- Pero aínda estades así? Imos botar aquí todo o inverno!!! Poñédevos coas ventás, que do soldo xa falaremos… tirade de aí ese muro e facede os marcos dereitos,

Page 7: O PLAN XERAL (TEATRO)

cando volva da merenda quero ver todo isto feito!!! (marcha o patrón)

Obreiro 1.- - Nós que facemos aquí? Este non é o meu sitio moito mellor estaría pescando troitas no río. Obreiro 2 .- - Marchamos para o Gran Sol a pescar uns bacallaus… unhas xoubas e sardiñas ou calquera outro pescado. Obreiro3 .- - Aquí deixamos o choio que isto dá moito traballo marchamos cos mariñeiros a pescar algúns linguados. (desfilan os pescadores e os obreiros collen o muro e marchan con eles).

(volve o patrón)

- Pero que obreiros son estes que están feitos uns langráns!! deixan todo feito un asco e non me fan as ventás. - Marchamos cos mariñeiros a comer unhas lampreas se queres seguir coa obra chama polas da limpeza (desfilan os da ANPA disfrazados con equipos de limpeza)

(aparecen os do Plan Xeral e falan co capataz)

Page 8: O PLAN XERAL (TEATRO)

Arquitecto.-

Veña para acó, capataz. Isto non foi o pactado se non nos fas as ventás has morrer hoxe queimado. Obreiro 5.- Collede o meco, chavales, que nolo queren queimar!!! - Que faga el as ventás que nós marchamos ao bar!! Narrador 1.-E así sucedeu señores este noso plan xeral coma en calquera cidade, nin pra adiante nin pra atrás, Narrador 2.-Coma en calquera outro lado o que vimos de contar non ten por que ser mentira nin tampouco ser verdá.

FINFINFINFIN