O paradoxo de_fermi[1]

5
O Paradoxo de Fermi O paradoxo de Fermi é a contradición entre as estimacións que afirman que hai unha alta probabilidade de existencia de civilizacións intelixentes no universo e a ausencia de evidencia de ditas civilizacións. Este paradoxo xurdiu en 1950 durante unha conversa informal entre varios físicos compañeiros de laboratorio de Enrico Fermi, a pesar disto, tivo importantes aplicacións nos proxectos de busca de sinais de civilizacións extraterrestres: as SETI. O paradoxo trata de responder a pregunta: Somos os seres humanos a única civilización avanzada no Universo? Fermi vai máis alá, cuestionándose: se as houbese, onde están? Por que non encontramos trazas de vida extraterrestre intelixente? Fermi formulou o paradoxo na época na que traballaba no Proxecto Manhattan, polo que a súa resposta ó paradoxo centrouse, dado o seu papel na creación da bomba atómica, en que toda civilización intelixente e avanzada desenvolve coa súa tecnoloxía un gran potencial de exterminación, como cría que estaba a ocorrer na súa época coa creación de armas nucleares. Ó non atopar civilizacións extraterrestres implicaba un “tráxico final” para a humanidade, igual que lle sucedera a outras civilizacións extraterrestres. A esta conclusión adoitáselle chamar Principio de Fermi. Sesenta anos despois de que o físico italiano formulara o seu famoso paradoxo, a humanidade segue preguntándose: Onde están? Por que non temos probas irrefutables da existencia de civilizacións extraterrestres intelixentes? Non temos respostas empíricas a estas preguntas, pero si un milleiro de especulacións e suposicións. A continuación expoñerei brevemente algunhas delas, clasificadas en tres grandes grupos de optimismo decrecente: existen, aínda non sabemos nada, e, non existen. Dentro do primeiro grupo está a primeira contestación que recibiu Fermi, procedente de Leó Szilard, a pesares de que non parecía falar moi en serio; dixo que os extraterrestres xa tiñan un nome: húngaros. Szilard falaba dos seus compañeiros de Budapest, todos eles auténticos xenios nos seus respectivos campos e alcumados polos seus compañeiros como “Os Marcianos”. Tamén temos outra resposta coa que o paradoxo queda resolto de inmediato, trátase da suposición de que os famosos OVNIs están tripulados por seres extraterrestres. De ser tan avanzados como

description

Traballo CMC 1º Bach

Transcript of O paradoxo de_fermi[1]

Page 1: O paradoxo de_fermi[1]

O Paradoxo de Fermi

O paradoxo de Fermi é a contradición entre as estimacións que afirman que hai unha alta probabilidade de existencia de civilizacións intelixentes no universo e a ausencia de evidencia de ditas civilizacións. Este paradoxo xurdiu en 1950 durante unha conversa informal entre varios físicos compañeiros de laboratorio de Enrico Fermi, a pesar disto, tivo importantes aplicacións nos proxectos de busca de sinais de civilizacións extraterrestres: as SETI.

O paradoxo trata de responder a pregunta: Somos os seres humanos a única civilización avanzada no Universo? Fermi vai máis alá, cuestionándose: se as houbese, onde están? Por que non encontramos trazas de vida extraterrestre intelixente?

Fermi formulou o paradoxo na época na que traballaba no Proxecto Manhattan, polo que a súa resposta ó paradoxo centrouse, dado o seu papel na creación da bomba atómica, en que toda civilización intelixente e avanzada desenvolve coa súa tecnoloxía un gran potencial de exterminación, como cría que estaba a ocorrer na súa época coa creación de armas nucleares. Ó non atopar civilizacións extraterrestres implicaba un “tráxico final” para a humanidade, igual que lle sucedera a outras civilizacións extraterrestres. A esta conclusión adoitáselle chamar Principio de Fermi.

Sesenta anos despois de que o físico italiano formulara o seu famoso paradoxo, a humanidade segue preguntándose: Onde están? Por que non temos probas irrefutables da existencia de civilizacións extraterrestres intelixentes? Non temos respostas empíricas a estas preguntas, pero si un milleiro de especulacións e suposicións. A continuación expoñerei brevemente algunhas delas, clasificadas en tres grandes grupos de optimismo decrecente: existen, aínda non sabemos nada, e, non existen.

Dentro do primeiro grupo está a primeira contestación que recibiu Fermi, procedente de Leó Szilard, a pesares de que non parecía falar moi en serio; dixo que os extraterrestres xa tiñan un nome: húngaros. Szilard falaba dos seus compañeiros de Budapest, todos eles auténticos xenios nos seus respectivos campos e alcumados polos seus compañeiros como “Os Marcianos”.

Tamén temos outra resposta coa que o paradoxo queda resolto de inmediato, trátase da suposición de que os famosos OVNIs están tripulados por seres extraterrestres. De ser tan avanzados como para viaxar ata a Terra, serían capaces de permanecer sen ser detectados, polo menos pola maioría dos habitantes do planeta, derivando nunha sen fin de teorías de conspiracións.

Quizás nos visitaran no pasado, deixando pistas da súa presenza no noso planeta, en Marte ou en calquera outro planeta do Sistema Solar. Pode que neste pasado os humanos non existiramos aínda, ou que existiramos pero que crésemos que os extraterrestres eran deuses, monstros ou outros seres recollidos na mitoloxía.

Outra opción é a teoría da panspermia, que afirma que a vida terrestre provén do espazo, chegando á conclusión de que os extraterrestres somos nós.

Nesta liña tamén temos a concepción da Terra como un zoolóxico preparado polos extraterrestres como reserva onde a vida pode desenvolverse sen verse afectada polos acontecementos do exterior. Unha variación do escenario do zoolóxico propón que a Terra, baixo a esfera de influencia dunha civilización avanzada que non precisa dos nosos

Page 2: O paradoxo de_fermi[1]

recursos, non queira contaminarnos con influencias exteriores. Outra versión desta última teoría é que a Terra es os seus inquilinos viven nunha especie de simulación virtual que nos proporciona unha impresión artificial do Universo, inculcándonos así a ilusión de que estamos sos no Universo afastándonos de influencias que alterasen a nosa liña evolutiva natural.

A última resposta nesta liña acércanos á teoloxía, comparando estas civilizacións máis avanzadas con Deus, de tal modo que o noso Universo coas súas leis físicas e constantes particulares, foi creado artificialmente nun laboratorio dentro doutro universo.

Dentro da segunda liña de respostas temos que se están aí fóra e aínda non se comunicaron con nós, como xustificalo? Que as estrelas se atopen a grandes distancias podería impedir que os extraterrestres viñesen visitarnos aínda que quixesen.

Supondo que posúen tecnoloxías máis alá de calquera cousa imaxinada para recorrer tan vastas distancias, poderían estar xa de camiño, simplemente non lles tería dado tempo de chegar ata nós. Tamén cabe a posibilidade de que a Terra quedase á marxe debido á falla de atractivos para seres de naturezas descoñecidas. Pode que, por esta falla de intereses para eles, non nos visiten eles senón as súas máquinas, ou pode que estas civilizacións atopasen fontes de enerxía en ámbitos distintos do normal non tendo necesidade de desprazarse a outros mundos.

Quizais a culpa sexa nosa por non ter detectado civilizacións extraterrestres que estivesen intentando comunicarse con nós. E se están empregando medios de comunicación que sabemos utilizar, pero para os que descoñecemos a frecuencia exacta na que transmiten? As buscas actuais de sinais de vida intelixente extra terrestre (SETI) son case a cegas. Deberiamos saber cara onde mirar e orientar os nosos instrumentos, hai milleiros de estrelas aí fóra e non estamos moi seguros de cales teñen maiores probabilidades de posuír planetas habitados. Pode ser tamén, que xa recibamos o sinal pero non sexamos capaces de separalo do ruído de fondo. Segundo estas suposicións o éxito dependerá, probablemente, da nosa constancia.

Pero, e se todos escoitan e ninguén transmite? Nós xa transmitimos no ano 1974 dende o telescopio de Arecibo, pero a nosa mensaxe pode ter pasado desapercibida ou precisar millóns de anos para chegar a un destino indeterminado.

Outra posible resposta ó paradoxo de Fermi é que as civilizacións extra terrestres non queiran comunicarse con outros mundos, xa que a psicoloxía extra terrestre se nos escapa; quizais teñan medo a ser colonizados por outras razas ou que, sendo tan avanzados, non atopen interese en relacionarse con seres inferiores. Tampouco sabemos se seríamos capaces de entendernos.

Tal vez debamos formularnos se é posible converterse nunha civilización avanzada sen autodestruírse no proceso; pode que todas as civilizacións avanzadas acabaran desaparecendo destruídas polo deu propio potencial ou os seus efectos (guerra nuclear, biolóxica, química, esgotamento dos recursos, causas naturais…)

O seu entorno podería non ter propiciado o desenvolvemento das matemáticas ou da astronomía, impedindo así que se pregunten se existen outros seres vivos no espazo.

Pode que existan moitas civilizacións extraterrestres intelixentes pero ningunha no noso horizonte visible, xa que a velocidade da luz é finita e o Universo “infinito”; aínda que

Page 3: O paradoxo de_fermi[1]

estivese cheo de vida, as civilizacións que estivesen demasiado lonxe estarían sempre fora do noso alcance.

Pode que existan pero non sexamos conscientes deles. A modo de exemplo, como sucede entre formigas e humanos, somos conscientes delas, pero elas non o son de nós, excepto que exista unha agresión directa que as fai sensibles a ela que será rexistrada como un algo catastrófico da natureza que as rodea. As formigas viven ignorantes da existencia humana e, a pesares de que temos poder de destruílas, isto non xera ningún temor nelas porque “o humano” non existe.

O último grupo de respostas, o máis pesimista e egocentrista de todos é o de que estamos sos no Universo, porque os extraterrestres non existen. Fermi, cando formulou o paradoxo pensaba en civilizacións extraterrestres intelixentes, non en vida máis ou menos evolucionada. Nós cremos selo, a pesar de que aínda non fomos capaces de desenvolver unha Teoría do Todo, pero quizais non sexa tan fácil que outras civilizacións intelixentes aparezan no Universo. Para a nosa aparición tívose que dar un encadeamento de circunstancias que fixo que unha especie de homínidos, en varias ocasións moi achegada á extinción, acadase esta posición que agora ocupa o homo sapiens sapiens; podería este proceso azaroso repetirse moitas outras veces? As cousas poderían ser diferentes e non estaríamos aquí para formularnos esta dúbida: tocounos a lotería e somos os únicos seres que tratan de obter a super-intelixencia? Supoñendo que este proceso de desenvolvemento que converte a animais en seres intelixentes sexa moito máis factible do que pensamos, debemos recoñecer que a vida tardou moito en aparecer dende o nacemento do Universo e que a nosa podería ser a única civilización á que lle deu tempo de acadar este grao de desenvolvemento. Se a vida tivo que esperar para reunir os seus ingredientes, nós poderíamos ser os primeiros en gozar deste grao de evolución. A Terra experimentou extincións masivas que poden volver a repetirse, acabando esta vez con nós.

Non só é complicado que se dean os acontecementos precisos para dar lugar a unha especie intelixente, se non que a xénese da vida tamén é unha incógnita que dificulta valorar como de abundante é no Universo. Os pesimistas opinarán que a súa aparición é unha carambola cósmica de difícil repetición.

Se por seres intelixentes entendemos seres capaces de construír ferramentas, o ser humano conseguiuno “pronto” porque os seus antepasados vivían nas árbores e polo tanto posuían extremidades adaptados a este entorno.

Tamén cabe a posibilidade de que os extraterrestres se extinguiran antes de ser conscientes da súa presenza no Universo.

A nosa propia intelixencia é un parámetro cuestionable, xa que depende da nosa enorme bagaxe cultural, produto de moitas xeracións de pensadores e inventores; outorgando á linguaxe un papel central no desenvolvemento da nosa intelixencia, xa que sen ela, unha civilización extraterrestre podería estar formada por seres conscientes da súa existencia que non poderían compartir coñecementos e experiencias máis alá dos máis elementais, impedindo unha revolución científica e a aparición dunha tecnoloxía que permitise entrar en contacto con outros mundos. Son tantos os obstáculos no camiño cara o desenrolo da ciencia, o único mecanismo que coñecemos para converternos nunha civilización avanzada, que non é estraño que haxa tanta xente que opine que somos os únicos seres intelixentes no Universo.

Page 4: O paradoxo de_fermi[1]

Hai quen pensa que o erro do paradoxo é asumir que unha civilización pode colonizar o Universo a un ritmo exponencial, argumentando que o esgotamento dos recursos imporía límites o desenrolo de calquera civilización. Existen afirmacións de que as civilizacións que máis sobrevivisen serían aquelas máis sabias por saber administrar os seus recursos dispoñendo de máis tempo, a diferenza dos humanos, consumistas por acadar a sabedoría e o coñecemento nun curto prazo de tempo.

Por último, temos a teoría da viaxe no tempo unida á da existencia de vida extraterrestre, chegando a conclusión de que a vida intelixente interestelar proviría dunha vida intelixente común que acadou a tecnoloxía e os coñecementos suficientes para realizar viaxes no tempo, Segundo isto, é imposible a comunicación porque os extraterrestre, tal vez humanos do futuro, aínda non existen.

Persoalmente non dubido da existencia de vida no Universo, e creo que cometemos un erro ó pensar que para a vida é precisa auga; igual que nós nos adaptamos a este planeta, outras formas de vida puidéronse ter adaptado a outros ambientes. Respecto ás civilizacións intelixentes, non creo que nos teñan visitado nun pasado, pero non sei moi ben que pensar, porque hai moitos argumentos convincentes sobre respaldando a teoría de que estamos sos, como civilización intelixente, no Universo.

O paradoxo de Fermi segue retándonos debido á nosa ignorancia; o único claro polo momento é que non somos capaces de probar, sen ningún tipo de dúbidas, que existen civilizacións extra terrestres. Coa información que posuímos nestes intres, ben poderíamos ser a única civilización intelixente da Galaxia, ata que un día se produza o primeiro e verdadeiro contacto e todas as nosas especulacións non sirvan para nada: o Paradoxo de Fermi deixaría de existir.