O novo Bacharelato e asprobas de acceso á Universidade

4
Febreiro 2009 D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com O novo Bacharelato e as probas de acceso á Universidade MATERIAS COMÚNS: Ten que cursalas o alumnado de to- das as especialidades. MATERIAS DE MODALIDA- DE: Teñen unha carga horaria de 4 horas lectivas semanais cada unha. O alumnado ten que cursar como mínimo 6 materias propias de modalidade no Bacharelato (tres en cada curso) das que cin- co, como mínimo, teñen que ser da modalidade escollida. En cada modalidade hai unha materia de modalidade en cada curso que ten que cursar obrigatoriamente (marcadas en negriña no cadro). Con carácter xeral, para imparti- las é preciso que haxa un mínimo de 5 alumnas/os, poderáse auto- rizar un nº menor para materias vinculadas ás probas de acceso á universidade. Cando un centro non poida ofertar alguna materia de modalidade, o alumnado po- derá cursala noutro centro próxi- mo ou a través das ensinanzas de adultos (presenciais ou a dis- tancia). MATERIAS OPTATIVAS: Te- ñen unha carga horaria de 4 ho- ras lectivas semanais cada unha. O alumnado ten que cursar unha optativa en cada curso. Poderá A posta en marcha do novo Bacharelato comportou un forte conflito o curso pasado que para a CIG-Ensino segue sen se resol- ver. Hoxe, coa nova ordenación do Bacharelato, golpéase a cali- dade do ensino, dado que, entre outras cuestións, tanto a Historia como a Filosofía ven reducida a súa carga lectiva. Para a CIG-Ensino segue a ser necesario o incremento na carga lectiva prevista das mate- rias de Filosofía e Cidadanía e Historia dunha hora, mantendo a distribución horaria que tiña con anterioridade; do contrario, príva- se o alumnado dunha formación axeitada, impídese o desenvolve- mento do currículo, non se pode- rá abordar o ensino desde unha perspectiva galega e comportará graves prexuízos para a calidade do ensino e para as condicións laborais do profesorado. Exiximos un ensino laico, por iso propoñemos que a materia de relixión non forme parte do cu- rrículo. En todo caso, requirimos que estea fóra do horario lecti- vo ordinario dos centros. Deste xeito, todo o alumnado tería 32 horas lectivas en 1º e 2º, agás o que opte por recibir relixión que o vería incrementado en 2 horas, pero á marxe do horario ordinario do centro. Reclamamos que todos os centros que dispensen ensinan- zas de Bacharelato deben impar- tir, como mínimo, dúas modalida- des e garantir que o alumnado poida cursar calquera materia propia da súa modalidade. Propoñemos que todos os centros oferten Música como optativa, tanto en primeiro curso como en segundo, podendo ser cursada nos dous cursos polo alumno/a. Así mesmo, deben in- cluírse como optativas as mate- rias de Xeoloxía e Literatura uni- versal contemporánea. Reclamamos a dotación su- ficiente de profesorado en todos os centros para que, como con- secuencia de que haxa alumnos/ as que non teñen que repetir cur- so completo, non comporte incre- mentar o número de alumnado por aula que, para nós, non debe exceder de 25 alumnos/as. Fomos capaces, despois da campaña da CIG-Ensino, de re- cuperar como optativas a Lite- ratura Galega do século XX e a Literatura Hispánica como ma- terias optativas, mais a Conse- llaría non rectificou para o caso de Xeoloxía e de Literatura Uni- versal Contemporánea e hoxe os centros non poden ofertar estas dúas materias, como optativas, cuestión que para a CIG é in- aceptábel. Un conito sen resolver Materias do bacharelato

description

A posta en marcha do novo Bacharelato comportou un forte confl ito o curso pasado que para a CIG-Ensino segue sen se resolver. Hoxe, coa nova ordenación do Bacharelato, golpéase a calidade do ensino, dado que, entre outras cuestións, tanto a Historia como a Filosofía ven reducida a súa carga lectiva.

Transcript of O novo Bacharelato e asprobas de acceso á Universidade

Page 1: O novo Bacharelato e asprobas de acceso á Universidade

Febreiro 2009 D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

O novo Bacharelato e asprobas de acceso á Universidade

MATERIAS COMÚNS: Ten que cursalas o alumnado de to-das as especialidades.

MATERIAS DE MODALIDA-DE: Teñen unha carga horaria de 4 horas lectivas semanais cada unha. O alumnado ten que cursar como mínimo 6 materias propias de modalidade no Bacharelato (tres en cada curso) das que cin-co, como mínimo, teñen que ser

da modalidade escollida. En cada modalidade hai unha materia de modalidade en cada curso que ten que cursar obrigatoriamente (marcadas en negriña no cadro). Con carácter xeral, para imparti-las é preciso que haxa un mínimo de 5 alumnas/os, poderáse auto-rizar un nº menor para materias vinculadas ás probas de acceso á universidade. Cando un centro

non poida ofertar alguna materia de modalidade, o alumnado po-derá cursala noutro centro próxi-mo ou a través das ensinanzas de adultos (presenciais ou a dis-tancia).

MATERIAS OPTATIVAS: Te-ñen unha carga horaria de 4 ho-ras lectivas semanais cada unha. O alumnado ten que cursar unha optativa en cada curso. Poderá

A posta en marcha do novo Bacharelato comportou un forte confl ito o curso pasado que para a CIG-Ensino segue sen se resol-ver. Hoxe, coa nova ordenación do Bacharelato, golpéase a cali-dade do ensino, dado que, entre outras cuestións, tanto a Historia como a Filosofía ven reducida a súa carga lectiva.

Para a CIG-Ensino segue a ser necesario o incremento na carga lectiva prevista das mate-rias de Filosofía e Cidadanía e Historia dunha hora, mantendo a distribución horaria que tiña con anterioridade; do contrario, príva-se o alumnado dunha formación axeitada, impídese o desenvolve-mento do currículo, non se pode-rá abordar o ensino desde unha perspectiva galega e comportará graves prexuízos para a calidade do ensino e para as condicións laborais do profesorado.

Exiximos un ensino laico, por iso propoñemos que a materia de relixión non forme parte do cu-rrículo. En todo caso, requirimos que estea fóra do horario lecti-vo ordinario dos centros. Deste xeito, todo o alumnado tería 32 horas lectivas en 1º e 2º, agás o que opte por recibir relixión que o vería incrementado en 2 horas, pero á marxe do horario ordinario do centro.

Reclamamos que todos os centros que dispensen ensinan-zas de Bacharelato deben impar-tir, como mínimo, dúas modalida-des e garantir que o alumnado poida cursar calquera materia propia da súa modalidade.

Propoñemos que todos os centros oferten Música como optativa, tanto en primeiro curso como en segundo, podendo ser cursada nos dous cursos polo alumno/a. Así mesmo, deben in-

cluírse como optativas as mate-rias de Xeoloxía e Literatura uni-versal contemporánea.

Reclamamos a dotación su-fi ciente de profesorado en todos os centros para que, como con-secuencia de que haxa alumnos/as que non teñen que repetir cur-so completo, non comporte incre-mentar o número de alumnado por aula que, para nós, non debe exceder de 25 alumnos/as.

Fomos capaces, despois da campaña da CIG-Ensino, de re-cuperar como optativas a Lite-ratura Galega do século XX e a Literatura Hispánica como ma-terias optativas, mais a Conse-llaría non rectifi cou para o caso de Xeoloxía e de Literatura Uni-versal Contemporánea e hoxe os centros non poden ofertar estas dúas materias, como optativas, cuestión que para a CIG é in-aceptábel.

Un confl ito sen resolver

Materias do bacharelato

Page 2: O novo Bacharelato e asprobas de acceso á Universidade

confederación intersindical galega2

febreiro 2009

Distribución das materias por cursos

elixir tamén como materia optati-va unha das materias de modali-dade correspondentes ao curso. Deberán contar cun mínimo de 10 alumnas/os aínda que pode-rán impartirse cun número menor en certos casos (zonas rurais, etc..) pero nunca inferior a 5.

AVALIACIÓN: Nas materias de contidos progresivos (Debuxo Artístico I e II, Debuxo Técnico I e II, Análise Musical I e II, Tec-noloxía Industrial I e II, Matemá-ticas I e II, Grego I e II, Latín I e II) é preciso superar a de primeiro para poder ser avaliada a de se-gundo.

É preciso acreditar os co-ñecementos das materias mar-

cadas con (1) e (2) de primeiro (Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química) para ser avaliado nas materias indicadas tamén con (1) e (2) de segundo (Bioloxía e CC. da Terra e Ambientais; Elec-trotecnia, Física e Química). Se non se cursou e aprobou a materia de primeiro, haberá que superar unha proba específi ca ou desenvolver e superar traballos sobre os contidos incluídos nas materias de primeiro, segundo estabelezan os departamentos didácticos correspondentes.

PROMOCIÓN DE 1º A 2º: Pó-dese promocionar a 2º con dúas materias suspensas como máxi-mo.

O alumnado con máis de ca-tro materias suspensas ten que repetir todo 1º.

O alumnado con tres ou catro materias suspensas pode optar por repetir todo 1º ou cursar só as materias suspensas completando con dúas ou tres materias de 2º que non coincidan no seu horario coas de 1º suspensas, que non sexan de contidos progresivos ou inclúan os contidos das suspen-sas. Para ser avaliado das de 2º, ten que estar en condicións de promocionar (é dicir, non ter xa nese momento máis de dúas ma-terias de 1º suspensas).

1º DE BACHARELATO

ARTES PLÁSTICAS,DESEÑO E IMAXE

ARTES ESCÉNICAS,MÚSICA E DANZA

CIENCIAS ETECNOLOXÍA

HUMANIDADES E CC.SOCIAIS

COMÚNS Ciencias do Mundo Contemporáneo (2h), Ed. Física (2h), Filosofía e Cidadanía (2h), Lingua Galegae Literatura I (3h), Lingua Castelá e Literatura I (3h), Lingua Estranxeira I (3h), Relixión (1h)

DEMODALIDADE

Cultura audiovisualDebuxo artístico IDebuxo Técnico IVolume

Cultura audiovisualAnálise musical IAnatomía aplicadaLinguaxe e prácticamusical

Matemáticas IBioloxía e Xeol. (1)Debuxo Técnico IFísica e Quími. (2)Tecnol. Industrial I

Historia do mundocontemporáneoEconomíaGrego ILatín IMatemáticas aplic. ásCC.SS. I

OPTATIVAS Música, 2ª Lingua estranxeira, Antropoloxía, Tecnoloxías da información e comunicación,Literaturas hispánicas.

2º DE BACHARELATO

ARTES PLÁSTICAS,DESEÑO E IMAXE

ARTES ESCÉNICAS,MÚSICA E DANZA

CIENCIAS ETECNOLOXÍA

HUMANIDADES E CC.SOCIAIS

COMÚNS Historia de España (3h), Historia da Filosofía (3h), Lingua Galega e Literatura II (3h), Lingua Castelá eLiteratura II (3h), Lingua Estranxeira II (3h), Relixión (1h)

DEMODALIDADE

Técnicas de expresióngráfico plásticaHistoria da ArteDeseñoDebuxo artístico IIDebuxo Técnico II

Historia da música eda danzaArtes escénicasLiteratura universalAnálise musical II

Matemáticas IIBioloxía (1)CC. da Terra eambientais (1)Debuxo Técnico IIElectrotecnia (2)Física (2)Química (2)Tecnol. Industrial II

XeografíaEconomía da empresaGrego IILatín IIMatemáticas aplic. ásCC.SS. IILiteratura universalHistoria da arte

OPTATIVAS 2ª Língua estranxeira, Ética e filosofía do dereito, Filosofía da ciencia e tecnoloxía, Métodosestatísticos e numéricos, Xeografía e historia de Galiza, Literatura galega do século XX e daactualidade.

Page 3: O novo Bacharelato e asprobas de acceso á Universidade

confederación intersindical galega3

febreiro 2009

Nova Proba de acceso á UniversidadeA partir do curso 2009-10 mo-

difícase a estrutura das P.A.A.U.. A nova proba de acceso ás en-sinanzas universitarias ofi ciais de Grao, regulada no R.D. 1892/2008 publicado no B.O.E. do 24 de no-vembro de 2008, terá unha fase xeral obrigatoria e unha fase específi ca voluntaria.

A fase xeral constará dos se-guintes exercicios que terán unha duración máxima de hora e me-dia. A cualifi cación da fase xeral será a media aritmética das cuali-fi cacións de todos os exercicios:

•Comentario escrito dun texto in-formativo ou divulgativo, relacio-nado coas capacidades e conti-dos da materia de Lingua castelá e literatura. Presentaranse dúas opcións diferentes para elixir unha.

•A Consellaría de Educación po-derá estabelecer outro exercicio referido á Lingua Galega e Lite-ratura.

•Resposta por escrito a unha serie de cuestións relacionadas coas capacidades e contidos dunha das seguintes materias de 2º de bacharelato: Historia da Fi-

losofía e Historia de España. Pre-sentaranse dúas opcións diferen-tes para elixir unha. Na solicitude de inscrición na proba de acceso hai que indicar a materia da que se vai examinar.

•Valoración da comprensión oral e lectora e da expresión oral e escrita en lingua estranxeira. Pre-sentaranse dúas opcións diferen-tes para elixir unha. Na solicitude de inscrición na proba de acceso hai que indicar a lingua da que se vai examinar.

•Resposta por escrito a unha se-rie de cuestións axeitadas ao tipo de coñecementos e capacidades que se deban avaliar sobre unha materia de modalidade de 2º de bacharelato. Presentaranse dúas opcións diferentes para elixir unha. Na solicitude de inscrición na proba de acceso hai que indi-car a materia de modalidade da que se vai examinar.

Na fase específi ca cada alum-no ou alumna poderá examinar-se de calquera das materias de modalidade de 2º de bacharela-to diferentes ás que fi xo na fase xeral. Cada unha das materias cualifi carase de 0 a 10 con dúas

cifras decimais e considerarase superada a materia cando a cua-lifi cación sexa superior a 5.

Para superar a P.A.A.U. hai que ter máis de 5 puntos facen-do a media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40% da cualifi cación da fase xe-ral, sempre que esta sexa como mínimo un 4.

A nota de admisión ás ensinan-zas universitarias ofi ciais de Grao calcúlase do seguinte xeito:

Nota de admisión = 0,6 · NMB + 0,4 · CFX + a · M1 + b · M2

NMB = Nota Media do Bacharelato. CFX = Cualifi cación da Fase Xeral

da proba. M1 e M2 = as dúas mellores cuali-

fi cacións das materias supera-das da fase específi ca. Estas cualifi cacións só se incorpora-rán se as materias están ads-critas á área de coñecemento do título no que se pretende ser admitido (ver cadro seguinte).

a e b = parámetros que poden variar entre 0,1 e 0,2 segundo o con-sideren as universidades para as distintas materias. Terán que facer público o seu valor ao ini-cio do curso correspondente á proba.

Decreto 126/2008 sobre ordenación e currículo do bacharelato en Galiza (DOG 23 xuño 2008)• Orde 24 de xuño de 2008 que desenvolve o anterior (DOG 27 de xuño de 2008)• Orde 25 de xuño de 2008 sobre relación e currículo das materias optativas (DOG 27 xuño 2008)• Orde de 23 de setembro de 2008 amplía a oferta de optativas anterior (DOG 29 setembro 2008)• Real Decreto 1892/2008 regula as condicións para acceso ás ensinanzas universitarias (BOE 24 novembro • 2008)Real Decreto 1834/2008, no anexo IV adscribe as materias do bacharelato ao profesorado das distintas especia-• lidades (BOE 28 novembro 2008)

Lexislación Bacharelato

Page 4: O novo Bacharelato e asprobas de acceso á Universidade

confederación intersindical galega4

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 Nacional: [email protected]: [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4ºD32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locais

Adscrición das materias de modalidade ás ramas de coñecemento das ensinanzas uni-versitarias

MATERIAS DE MODALIDADE 2º BACHARELATO ÁREAS DE COÑECEMENTO

Análise musical II Artes escénicas Debuxo artístico II Debuxo técnico II DeseñoXeografíaGrego II Historia da música e da danza Historia da arte Latín II Literatura universal Técnicas de expresión gráfico-plástica

Artes e Humanidades

Economía da empresa XeografíaLatín II Literatura universal Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II

Ciencias Sociais e Xurídicas

Bioloxía Ciencias da Terra e ambientais FísicaMatemáticas II Química

Ciencias

Ciencias da Saúde

Ciencias da Terra e ambientais Debuxo técnico II ElectrotecniaFísicaMatemáticas II QuímicaTecnoloxía industrial II

Enxeñería e Arquitectura