O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

61
O nacemento da literatura: O nacemento da literatura: as primeiras civilizacións as primeiras civilizacións

Transcript of O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Page 1: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

O nacemento da literatura: O nacemento da literatura: as primeiras civilizaciónsas primeiras civilizacións

Page 2: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Civilizacións fluviaisCivilizacións fluviais

Page 3: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

DOUS FEITOS fundamentaisDOUS FEITOS fundamentais

Page 4: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

O nacemento da literatura: O nacemento da literatura: as primeiras civilizaciónsas primeiras civilizacións

Nas primeiras civilizacións elaboráronse un conxunto de relatos que trataban de explicar de maneira exemplar os grandes temas que terían acollida na literatura (a orixe das cousas, a creación da vida e o seu sentido, o alén, o ben e o mal…). Proporcionaban unha primeira interpretación do mundo e da vida humana, do seu comezo e causas. Expresan a ideoloxía dunha sociedade e manteñen os seus valores e ideais, as regras e as prácticas tradicionais sen as que todo se fragmentaría.

Page 5: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

A creación de Adán, de A creación de Adán, de Miguel ÁngelMiguel Ángel

Page 6: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

O nacemento da literatura: O nacemento da literatura: as primeiras civilizaciónsas primeiras civilizacións

As imaxes e os símbolos que aparecen na literatura son considerados imaxes do inconsciente colectivo ou mitos. Jung afirma que as analoxías entre os mitos antigos e os relatos que aparecen na literatura moderna non son triviais ou accidentais. Existen porque a mente inconsciente do home moderno conserva a capacidade de crear símbolos que noutro tempo encontrou expresión nas crenzas, ritos e mitos do home primitivo.

Page 7: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Orfeo e Eurídice, de RubensOrfeo e Eurídice, de Rubens

Page 8: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

O nacemento da literatura: O nacemento da literatura: as primeiras civilizaciónsas primeiras civilizacións

A literatura da antigüidade mostra o mesmo modelo. Estas narracións serán diferentes en relación cos pobos que as crean, mais hai paralelismo entre elas. En xeral hai referencias a un pasado metahistórico, imaxinario, pertencente ao ámbito do marabilloso. É o que acontece cos mitos da creación (as figuras do creador: Iavé, Path, Anu, Brahma, Odín…), cosmogonías e teogonías transmitidos ao longo de xeracións de xeito oral que polo seu simbolismo e prestixio poético ( e pola utilización do propio poder) constituíron a gran materia prima das artes e obras literarias.

Page 9: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

A orixe da Vía Láctea. A orixe da Vía Láctea. TintorettoTintoretto

Page 10: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 11: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 12: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 13: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

O nacemento da literatura: O nacemento da literatura: as primeiras civilizaciónsas primeiras civilizacións

Pensemos no motivo recorrente do diluvio universal (recreación do mundo coa formación dunha nova humanidade), ou nas similitudes do mundo de ultratumba, infernos e paraísos, o poder do destino, das guerras divinas polo reparto do poder, etc.

Page 14: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Invención da escritura Invención da escritura (a perpetuación da palabra a través do tempo)(a perpetuación da palabra a través do tempo)

Ocorreu cara ao 3500 a. C. As primeiras formas de

escritura xurdiron da necesidade de tomar

anotacións de carácter económico (colleitas, cobros

de impostos...) O uso da escritura permitiu á

humanidade abrir o camiño para o desenvolvemento das

ciencias, leis, relixión, filosofía ou literatura.

As primeiras formas de escritura naceron en

Mesopotamia e Exipto.

Page 15: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Mesopotamia Mesopotamia (actuais Siria, Irak e Turquía)(actuais Siria, Irak e Turquía)

Escritura cuneiforme, desenvolta polos

sumerios (rexión de Sumer, parte meridional de

Mesopotamia antiga). Sistema de pictogramas

gravados sobre táboas de arxila que se foron

simplificando co tempo.

Page 16: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 17: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 18: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Mesopotamia Mesopotamia A pesar da invención da escritura polos sumerios no 3000

AC (Mesopotamia), non sabemos se estes cultivaron a arte de escribir para expresar emocións ou se só se limitaron á

escritura de oracións, himnos, códigos xurídicos ou rexistros de diversas utilidades como datos sobre colleitas, ciclos

lunares, etc.

Page 19: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Exipto: escritura xeroglífica, Exipto: escritura xeroglífica, con base nos ideogramascon base nos ideogramas..

Page 20: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

De Oriente a OccidenteDe Oriente a Occidente

A humanidade avanzou na dirección do sol, sendo as literaturas orientais as máis antigas.

Page 21: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Características xerais das Características xerais das literaturas antigasliteraturas antigas

Gran dependencia das crenzas relixiosas (politeísmo-monoteísmo)

Forte compoñente mítico e fantástico. Recompilan, frecuentemente, tradicións e lendas

anteriores. A miúdo, son obras realizadas a través do tempo. Convertéronse, ás veces, en textos sagrados, con

carácter preceptivo (obrigatorio). Acostuman falar de heroes, personaxes antigos ou

míticos e famosos antepasados. Tentan ser modelos de explicación do mundo ou dar

pautas de comportamento.

Page 22: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

PoliteísmoPoliteísmo

Crenza na existencia de múltiples divindades organizadas nunha

xerarquía. Este universo

sobrenatural descríbese mediante mitos, lendas e

obras sagradas. Correspóndese con sociedades igualmente xerarquizadas (Exipto,

India)

Page 23: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

MonoteísmoMonoteísmo

Crenza na existencia dun só deus.

As relixións monoteístas máis estendidas son o

xudaísmo, cristianismo e

islamismo.

Page 24: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

O mito O mito

“O país que non teña lendas está

condenado a morrer de frío”

“O pobo que careza de mitos, xa está

morto”.

Page 25: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

O mito O mito O mito sería o modo antigo de

explicación da realidade da existencia humana antes de que apareceran as grandes relixións

monoteístas. Estes relatos, configuradores de

mitos e relixións, transmitidos oralmente, constituíron a grande

materia prima coa que se elaboraron as artes e as obras

literarias. As narracións serán diferentes

nos distintos pobos, pero terán paralelismos e elementos comúns.

Page 26: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Semellanzas nas mitoloxías Semellanzas nas mitoloxías e relixiónse relixións

Mito do creador: Iavé (hebreo), Path (exipcio), Brahma (India), Odín

(nórdicos)... Creación (sopro, o baleiro,

unha semente, un desexo...). Diluvio universal (bíblico

Noé, hindú Manu, azteca Tata, grego Deucalión...)

Similitudes do mundo de ultratumba, infernos e

paraísos, o destino (fatum, moiras, parcas, nornas...)

Page 27: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

AS PARCASAS PARCAS

Page 28: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

LAS HILANDERASLAS HILANDERASVELÁZQUEZVELÁZQUEZ

Page 29: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

¿Por que a escaseza e/ou desaparición ¿Por que a escaseza e/ou desaparición destes materiais nas literaturas destes materiais nas literaturas

antigas?antigas? Procesos imperialistas de ocupación e

colonización (España en América/ países europeos en África) explica a desfeita de materiais culturais de interese mitolóxico-literario ou, en todo caso, a súa escaseza.

Tentativa de recuperación a partir do s. XX cos novos procesos de descolonización e liberación.

Page 30: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literaturas antigasLiteraturas antigas Literatura

mesopotámica. Literatura india. Literatura chinesa. Literatura exipcia Literatura iraniana. Literatura árabe. Literatura viquinga. Literatura celta. Literatura hebrea. Literatura greco-latina.

Page 31: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura mesopotámicaLiteratura mesopotámica Código de Hammurabi (código de

leis recollido nunha estela de basalto negro (Museo do Louvre): tema de propiedade, dereito de familia, penas... A súa base é a Lei do Talión.

Exemplos: se unha casa mal feita causa a morte dun fillo do propietario, a falta págase coa morte do fillo do construtor / Se a muller non foi correcta e vixiante e hai erro na súa conduta, se disipa o patrimonio, se descoidou a atención do seu marido, esta muller será botada á auga.

Page 32: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

A muller en MesopotamiaA muller en Mesopotamia

As mulleres non estaban sometidas aos homes, senón que gozaban dun certo estatus de igualdade. No famoso Código de leis de Hammurabi, as mulleres posuían importantes dereitos, como poder comprar e vender, ter representación xurídica ou testemuñar libremente. Moitas mulleres actuaron como escribas no palacio do rei e as raíñas eran respectadas como tales chegando mesmo a exercer a rexencia dos seus fillos menores de idade, asinaban os documentos e vivían en palacios con escravos e servos. Podían asemade exercer diversos empregos e participar na vida pública das cidades.

Page 33: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura mesopotámica: o Literatura mesopotámica: o primeiro texto literarioprimeiro texto literario

.O que é considerado o primeiro texto literario é o Poema de Gilgamesh, escrito arredor do ano 2000 a.C. en caracteres cuneiformes e do que se conservan 12 tablillas de arxila. Aínda que incompleta, nela podemos encontrar xa algúns temas que serán recorrentes na historia da literatura: a procura da inmortalidade e do sentido da vida e da dor humana, a viaxe aventureira… É un texto que aínda que ten moito de lenda e de mitoloxía, podemos consideralo plenamente literario. “En definitiva, podemos dicir que entre o 3000 e o 2000 a. C. iníciase a literatura. A partir desa data irán aparecendo obras literarias en Mesopotamia, Exipto, Asia Menor, India, Palestina, China, etc...

Page 34: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 35: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Poema de GilgameshPoema de Gilgamesh .Narración sumeria en verso sobre as

peripecias do rei Gilgamesh. Ao inicio, Gilgamesh é un rei tiránico, cuxos súbditos se queixan aos deuses, cansos da súa luxuria desenfreada, que o leva a forzar ao seu gusto ás mulleres da súa cidade, Uruk. Os deuses atenden esta queixa creando a Enkidu, un home salvaxe destinado a enfrontarse a Gilgamesh. Pero cando ambos traban combate, en vez de darse morte fanse amigos para sempre e emprenden xuntos perigosas aventuras.

Page 36: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Poema de Poema de GilgameshGilgamesh

.

Columna VI do texto babilónico. Las lágrimas corren por la cara de Gilgamesh (al tiempo que dice): —« (Voy a recorrer) un camino por el que nunca he andado. (Voy a emprender un viaje) desconocido para mí. (...) Debiera estar contento, con el corazón gozoso (...). (Si triunfo te haré sentar en) un trono.» Ellos le trajeron su armadura, (...) poderosas espadas, el arco y el carcaj, y se lo pusieron en sus manos. Él cogió las azuelas, (...) su temblor, (el arco) de Anshan; puso la espada en su cinturón. Podían comenzar el viaje.

Page 37: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

.

As relacións comerciais propiciaron a circulación da materia literaria, o intercambio de historias e relatos. Isto explica que todo este material fose coñecido polos autores do Antigo Testamento ou polo gregos da época micénica e deixase a súa pegada na Biblia e en Homero.Os personaxes de Gilgamesh presentan un repertorio bastante completo (tres niveis: divino, heroico e humano) nunha sociedade piramidal, cunha autoridade civil e relixiosa que detentan un poder absoluto.Asuntos e motivos recorrentes noutras composicións:-O diluvio-O motivo da viaxe como alegoría da vida (Ulises). Aparecen analoxías con Hércules no tocante ás diferentes peripecias e probas que ten que superar na viaxe.-A loita contra o mal-A vida eterna arrebatada por unha serpe-O tópico do carpe diem

Page 38: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 39: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 40: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 41: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura indiaLiteratura india Vedas: libros sagrados da India Os himnos relixiosos que os sacerdotes

da antiga India empregaban para invitar aos deuses aos sacrificios, as fórmulas máxicas para afastar enfermidades, as

crenzas do pobo... consérvanse en catro libros chamados Veda. ( Veda significa

“ciencia”.) Os libros Veda están escritos en lingua

sánscrita e son libros fundamentalmente relixiosos, pero tamén hai descricións de paisaxes e

relatos de heroes, cheos de fantasía e imaxinación.

Page 42: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura indiaLiteratura india Na India, cando os reis ían á guerra,

adoitaban levar con eles un poeta-recitador, chamado suta, que durante as batallas conducía o carro do mesmo rei. Os sutas cantaban as fazañas dos reis e dos guerreiros heroicos. As peripecias dos heroes, as súas loitas con monstros e as súas forzas sobrehumanas son o tema de dous extensos poemas épicos indios: o Mahabharata e o Ramayana. Estes poemas gustaban moito ao pobo e facíanse lecturas públicas, ata nas festas relixiosas, porque hai partes moi amplas que falan de teoloxía, de coñecementos filosóficos e de moral.

Page 43: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura indiaLiteratura india O Ramayana é un poema épico

(50.000 versos), escrito por Valmiki. Narra as loitas do príncipe Rama para rescatar á súa fiel esposa Sita do poder do demos.

O Mahabharata ten unha extensión descomunal, máis de 200.000 versos. É o resultado do traballo poético de moitas xeracións. É máis unha enciclopedia da sabedoría sagrada e profana que a narración dunhas loitas.

Page 44: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura indiaLiteratura india

A recompilación máis famosa e antiga de fábulas é a de Pantchatantra (Os cinco libros) de gran influencia na literatura universal.

70 contos onde un sabio propón os relatos que han de ler os fillos do rei para que vaian aprendendo as normas morais e o modo de actuar.

Page 45: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

A muller no “A muller no “Pantchatantra”Pantchatantra”Sobre este tema atopei este artigo no blogue

Literatura 301. Podedes lelo aquí:http://literaturaterranova.blogspot.com.es/2013/10/p

anchatantra-la-mujer.htmlAquí podemos ler unha fábula:http://dinora-lu.blogspot.com.es/2015/09/el-

panchatantra.html

Page 46: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura chinesaLiteratura chinesa A literatura máis antiga

e rica. Durante moito tempo

descoñecida en Europa Confucio: popular e

sinxelo. Lao-Tsé: aristocrático e

cunha poesía máis difícil de entender.

Page 47: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura chinesaLiteratura chinesa China permaneceu illada durante miles de anos, ata que as

viaxes de Marco Polo, o famoso comerciante italiano, descubrírona aos occidentais europeos. Ata hoxe hai dificultades para traducila, por ser a lingua chinesa tan distinta das linguas que nos son familiares.

Gran parte desta literatura milenaria perdeuse. Como os chineses escribían sobre táboas de bambú que non resistían o paso dos séculos, foi necesario copiar os escritos unha e outra vez. Ademais, no ano 213 a. de C., o fundador da dinastía Tsin mandou queimar todos os libros existentes, excepto algúns tratados de carácter técnico e histórico. Dous séculos máis tarde, e baixo outra dinastía, intentouse copiar e conservar os libros que quedaran.

Page 48: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Frases Confucio e Lao-TséFrases Confucio e Lao-Tsé

Confucio: “Se xa sabes o que tes que facer e non o fas, entón estás peor que antes” / “O silencio é un amigo que nunca traizoa” / “ O sabio sabe que ignora”.

Page 49: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Frases Confucio e Lao-TséFrases Confucio e Lao-Tsé Lao-Tsé: “Saber que non se sabe, iso é humildade.

Pensar que un sabe o que non sabe, iso é enfermidade” / “O que domina aos outros é forte, o que se domina a si mesmo é poderoso”

Page 50: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

A muller na antiga ChinaA muller na antiga ChinaNa antiga China, unha nena recén nada traía moito

menos alegría á familia que un neno; de feito, a nena queda no chan vestida con farrapos durante tres días, coidándoa só para impedir que morra; se elixían non collela ao terceiro día, quedaba alí ata a súa morte.

Normalmente, asignábanselle os traballos máis desprezables e esgotadores, sobre todo no rural.

«Escucha a tu esposa, pero nunca creas lo que dice». “Sin educación la mujer tiene su mejor personalidad”.

Page 51: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura exipciaLiteratura exipcia

Os textos conservados do antigo Exipto, considerados propiamente literarios son os de carácter relixioso, mitolóxico e didáctico.

O exemplo máis antigo das cancións que cantaban os arpistas nos banquetes funerarios era “ Come, bebe e sé feliz, antes de que sexa tarde” (tópico latino «carpe diem»)

Page 52: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura exipciaLiteratura exipcia Libro dos mortos: texto funerario

composto por un conxunto de fórmulas máxicas ou sortilexios que axudaban ao defunto a protexerse na súa estancia na Duat (inframundo da mitoloxía exipcia), a superar as probas establecidas por 42 xuíces na antesala de Osiris, deus da resurrección, e a viaxar a Aaru, o Paraíso da mitoloxía exipcia.

O Libro foi escrito sobre obxectos ás veces, foron inscritos en paredes de tumbas e sarcófagos.

Page 53: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

A muller en ExiptoA muller en ExiptoAs mulleres tiveron gran liberdade de movementos.

Podían exercer multitude de oficios, andar libremente polas rúas, comprar e vender, recibir herdanzas e ter acceso á educación, aínda que as campesiñas desenvolvían un traballo extremadamente duro.

https://historiae2014.wordpress.com/2015/03/25/mujer-antiguo-egipto/

https://www.ecured.cu/La_mujer_en_el_Antiguo_Egipto http://cisav.mx/la-libertad-de-las-mujeres-en-el-antiguo-egipto/

Page 54: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
Page 55: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura árabeLiteratura árabe

A literatura árabe xorde no século VI. O Corán, do s. VII, é a principal fonte literaria.

O período anterior á escritura do Corán e ao auxe do Islám é coñecido entre os musulmáns como JAHILIYYAH ou período da ignorancia. Aínda que o termo refírese especialmente á ignorancia relixiosa, remite tamén á escasa literatura escrita, aínda que non á literatura de tradición oral, que foi considerable; así, contos como o de «Simbad» e o de «Antar bin Shaddad» foron probablemente frecuentes no medio oral e rexistrados por escrito máis tarde.

Page 56: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura Literatura árabe : O árabe : O

CoránCorán

O Corán (contén a palabra de Alá revelada a Mahoma a través do arcanxo Gabriel): esta obra marcou o período de formación desta literatura.

A lingua usada no Corán é árabe clásico e segue sendo considerado o modelo lingüístico por antonomasia.

Non só é a primeira obra cunha extensión significativa que utiliza a lingua árabe senón que tamén supón un enriquecemento estrutural respecto das primitivas mostras de literatura árabe.

Os seus 114 suras ou capítulos, que conteñen un total de 6236 ayat (versos), así o demostran: no seu interior é posible encontrar doutrina xurídica, narracións, homilías, parábolas, apelacións directas a Deus, instrucións e, mesmo, comentarios sobre como ten que ser interpretado e lido o propio texto.

Page 57: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

Literatura árabe: Literatura árabe: As mil e As mil e unha noitesunha noites

Colección de contos fantásticos, de orixe diversa, que nos transmite a historia do sultán persa que ía matando as súas mulleres nas noites de vodas, e Sherezade, que conseguiu salvar a vida (aprazar a morte) grazas á fascinación dos seus contos, é unha fonte de información importante para o coñecemento do mundo árabe medieval.

Un bo exemplo das carencias en ficción da prosa árabe é que as famosas historias de Aladino e Alí Babá, habitualmente coñecidas como parte de “Las mil y una noches”, non o foron en realidade en orixe. Simbad si forma parte da obra.

Page 58: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

A muller na Literatura árabeA muller na Literatura árabe Aínda que non tivo un papel

importante, a súa presenza foi continuada. As primeiras poetas foron al-Khansa e Layla al-Akhyaliyyah, do século VII. Cultivaban sobre todo a «ritha», elexía.

As mulleres desempeñaron un importante papel como personaxes nesta literatura, como se ve en «Sirat al- amirah Dhat al-Himmah», obra épica áraba cunha muller guerreira como protagonista principal e co caso de Scheherazade, contadora de historia en «Las mil e unha noites» para salvar a súa vida.

Page 59: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

ConclusiónConclusión O misterio maior do ser humano é o enigma sobre a súa

propia existencia. Desde o seu nacemento, contempla a vida desde o seu contexto e circunstancia, preguntándose quen é, quen son os outros, por que está no mundo, cal é a súa misión e por que ha de morrer.

Para mitigar a súa anguria, a humanidade inventou narracións protagonizadas por deuses que lle revelaran as respostas que ela non era capaz de atopar. Pero as fazañas non eran suficientemente cribles, polo que despois entraron en xogo os heroes, homes e mulleres dotados de poderes sobrenaturais, pero normais e imperfectos como os seres humanos. Así, a vida para os humanos, foi adquirindo algo de sentido a través das narracións orais e logo da escritura.

Page 60: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

TAREFASTAREFAS Procurar un conto diferente de «As mil e unha noites»

e contárllelo na aula aos outros compañeiros e compañeiras.

Escribe unha frase en escritura de pictogramas. O teu nome aquí.

Page 61: O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións

TAREFASTAREFAS Ler un álbum ilustrado para contárllelo aos teus

compañeiros e compañeiras: .- Po Yen Chang: Pictograma. El origen de la escritura

china. Thule .- Rocío Martínez: Nanaquë. Thule .- Rocío Martínez: El secreto de Tartesos. Thule .- Alfred Tenyson: La dama de Shalott. Thule .- Rocío Martínez: Mi princesa Himlce. Thule .- Rocío Martínez: Dalila y Dimna. Thule .- Bernat Castany Prado: La legión perdida.Thule .- Salva Rubio: Vinland. Thule