O meu paseo polas nubes

11
O MEU PASEO POLAS NUBES C A R L A

Transcript of O meu paseo polas nubes

O MEU PASEO POLAS NUBESC

A

R

L

A

BRANCAS, AZUIS E VIOLETAS

ASÍ SON AS CORES DAS NUBES

E DAS MIÑAS BOLBORETAS

As miñas nubes soríen á vida e quérense. Eu tamén lle sorío porque sei que pronto estarei ben e quetodos os meus amigos e a miña familia están aí.

NUBES CARGADAS DE CHOIVA,

CHOIVA QUE PRECISAMOS. VERDE É A MIÑA TERRA

POLAS NUBES QUE MIRAMOS

A auga quéntase, e sube cara arriba ata que atopa unha zoa onde se arrefría. Así vanse formando as nubes que vemos no ceo.

As nubes agasállanme choiva, neve, tormentas, saraiva e felicidade

Da auga bebo.

Coa auga me baño.

Da auga vivo.

Coa auga rego.

Da auga gozo.

Coa auga xogo

Coido a auga

como quen coida un tesouro.

O ARCO DA VELLA

GRAZAS AS NUBES E AS GOTIÑAS DE

CHOIVA QUE CAEN DELAS, CANDO A

ESTAS LLES DA O SOL, PÓDESE

FORMAR ESA MARABILLA QUE VEMOS

AS VECES NO CEO, CHAMADO ARCO

DA VELLA.

EU NON PODO PARAR DE MIRALO

CANDO TEÑO A SORTE DE QUE

APAREZA. FAIME SENTIR MOI LEDA

XOGO COAS NUBES

Esas nubes de algodón

teñen forma de corazón

Esa nube viaxeira

semella unha vieira

Nesa nube quero montar

e porme a bailar.

Xa non me aburro. Cando estou triste miro para as nubes e todo cambia e aínda que sexan oscuras, sei que despois virá o sol e que votarei de menos as miñas nubes que me dan a auga que me limpa.

FIN