O Mensaxeiro Ludicol 1

40
O MENSAXEIRO “LUDICOL” Nº 1 Decembro 2012 COLEXIO LUDY

description

Revista trimestral do Colexio Ludy de Ferrol que leva como propósito a divulgación dos acontecementos e traballos acontecidos no centro e no que participa toda a comunidade escolar.

Transcript of O Mensaxeiro Ludicol 1

Page 1: O Mensaxeiro Ludicol 1

O MENSAXEIRO

“LUDICOL”

Nº 1 Decembro 2012

COLEXIO LUDY

Page 2: O Mensaxeiro Ludicol 1

2  

Ola compañeiros!

Antes de nada voume presentar. O meu nome é “O Mensaxeiro Ludicol”.

O meu xefe encargoume seguir a información día a día dos rapaces do Colexio Ludy. Era unha tarefa de moito traballo xa que neste Cole non paran de argallar cousas.

Ao dicir que si a este traballo, tiña que conquerir unha boa cadea de Ludy-informadores, do contrario, non daría feito. Así o fixen e contratei a uns cuantos que eu crín que me poderían valer.

Non tardei en comezar co meu traballo e desde o primeiro día de cole, dinme conta que nesta “Familia” que se chama Cole Ludy, tería que traballar arreo se quería chegar a tempo coa información.

Nestes tempos que corren, tamén me din conta que lle tiña que botar unha man á miña avoa, a revista “Compa”, xa que ela, co peso dos anos, non podía con tanto traballo e , ao ir tan maior, non entendería destes novos “artiluxios” que se chaman os ordenadores e todo o que se coce neles. Decidín facerlle compaña e durante os dous primeiros trimestres, tentarei tervos ben informados.

Comezamos amigos, agardo que vos guste este primeiro número.

Ata Loguiñoooooooooooooo!

 

Page 3: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

3  

 

ÍNDICE  

Aula de 3 anos ................................................................................................. 4

Aula de 4 anos ................................................................................................. 6

Aula de 5 anos ................................................................................................. 8

Aula 1º de Primaria ........................................................................................ 10

Aula 2º de Primaria ........................................................................................ 12

Excursión a Marcelle ...................................................................................... 13

Aula 3º de Primaria ........................................................................................ 15

Aula 4º de Primaria ........................................................................................ 16

Excursión á granxa do Souto ......................................................................... 19

Aula 5º de Primaria ........................................................................................ 20

Aula 6º de Primaria ........................................................................................ 22

Coñecemento do Medio no 3º ciclo ............................................................... 30

Radio Ludy ..................................................................................................... 32

Tradicións ...................................................................................................... 32

O recuncho dos Ex-almunos .......................................................................... 34

Tempo de Nadal ............................................................................................ 37

Agradecemento .............................................................................................. 39

 

Page 4: O Mensaxeiro Ludicol 1

Aula  de  tres  anos:  

 

 

As nenas e nenos de Educación Infantil de tres anos fixeron a actividade conxunta do cartel do Samaín coa profesora de Obradoiro (Laura).

Na actividade utilizouse a técnica de pintura con pincel e témperas.

Desenvolveuse na semana previa á celebración do Samaín na escola.

Máis  fotos  do  Samaín.  Preme  aquí.  

Page 5: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

5  

Asemade fixéronse na aula coa axuda da profesora Teté os disfraces de pantasmas que estaban previstos para a celebración do Samaín en toda a Educación Infantil, facendo un pasarrúas conxunto polos arredores do colexio na tarde do día 31 de Novembro.

[...] facendo un pasarrúas conxunto polos arredores do colexio na tarde do 31 de Novembro.  

Page 6: O Mensaxeiro Ludicol 1

6  

Aula  de  catro  anos  

Ademais de participar no Samaín como os nenos de 3 anos ...

Dentro das actividades trimestrais preferidas polos nenos e nenas de catro anos, están as referidas á expresión musical e dramatización.

Así tomamos os primeiros contactos cos instrumentos musicais e os seus sons.

Preme aquí para ver máis fotos

Page 7: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

7  

Nas clases de teatro comezamos a expresar os nosos sentimentos, dramatizamos pequenos papeis de contos clásicos e, como non, caracterizámonos con traxes e maquillaxe.

Que ben o pasamos!!  

Preme aquí para ver máis fotos

Page 8: O Mensaxeiro Ludicol 1

8  

Aula  de  cinco  anos.  OBRADOIRO DE COCIÑA:

Unha vez ao trimestre dentro dos Obradoiros de Educación Infantil adicamos un tempo á cociña. Esta vez, como estabamos no outono e moi preto do magosto, a profesora Laura decidiu que os nenos cociñasen (máis ben amasasen) “galletas de castañas”.

Preme aquí para ver máis fotos

Page 9: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

9  

Ingredientes:

1 cunca de manteiga derretida.

1 cunca de azucre. 1 ovo grande. 3 cuncas de fariña. 1 cunca de castañas

asadas. 2 culleres pequenas de

levadura. 1 culler pequena de

vainilla. 1 pouco de sal.

E mans á obra: divididos en dous grupos, e no comedor do colexio, comezaron coa súa tarefa. Para iso precisabamos.

Elaboración:

Trituramos as castañas ata deixalas cunha textura granulosa, de maneira que se noten os anacos nas galletas.

Batemos os ovos coa mantequilla, deseguido engadimos as castañas e mesturamos.

Incorporamos pouco a pouco fariña mesturada coa levadura e formamos unha masa que se poida manexar sen que se pegue demasiado.

Facemos boliñas coas mans e colocámolas sobre bandexa do forno. Forneamos a 180º uns 15 minutos, ata que estean duras. Deixamos arrefriar e ¡que aproveiten!

Estas galletas levámolas para a casa para compartilas cos familiares, asemade levamos a receita para poder repetila na casa.

Page 10: O Mensaxeiro Ludicol 1

10  

Aula  1º  de  Primaria  

Primeiro ten mascota

Desde a primeira

semana de clase ás alumnas e aos alumnos de primeiro acompáñanos un novo compañeiro “Bárbol”.

Entre todos construímos a mole dun carballo con ollos e boca que muda según o evento e a estación do ano na que nos atopamos. Foi así como lle medraron dous grandes dentes durante o Samaín e soportou na súa cortiza, entre as setas, o peso dunha cabaza con candea. Tamén conta con dúas novas pólas con forma de brazos e mans que casualmente son de figueira. O Outono ademais fixo que todas as súas follas

voasen e se dispersaran por ventás e aire (penduramos do teito decenas de follas con todo tipo de texturas e gravados).

A homenaxe que desde a aula lle fan os seus compañeiros chegou en Novembro. Consiste na elaboración dun conto a título individual no que o castiñeiro ten un papel ou

aparición destacada.

Despois de moito pensar escollimos dúas (as de Alejandra e Paula). Con esas dúas historias, entre todos, mesturámolas e engadimos novos elementos para darlle unidade e sentido. Foi así como a copiou Alejandra:

Page 11: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

11  

Coa chegada do mes do Nadal nevada sobre a cachopa e albergue para un pequeno Belén.

O terrorífico Barbelstein

acompañounos na festa do

Samaín

Bárbol non só cambia coa estación do ano, senón que se disfraza acorde coas celebracións e festas que celebramos o colexio.

Page 12: O Mensaxeiro Ludicol 1

12  

Aula  2º  de  Primaria  

Para festexar o Samaín na aula de segundo fíxose un concurso de contos terroríficos onde os dous máis votados foron os de de Laura e Alberto.

CONTOS TERRORÍFICOS

Laura Rodríguez Blanco “O pobo encantado”

Nun lugar moi afastado había un pobo encantado no que vivía unha pantasma chamada Pantasma Aterradora. Todas as noites de Halloween entraba

nas casas para asustar a todas as persoas que vivían alí. A xente, asustada, pouco a pouco foi abandoando o pobo ata que xa non quedou ninguén. Entón a pantasma, aburrida porque xa non tiña a quen asustar, deixou o pobo para sempre. Cando os habitantes do pobo se decataron de que a pantasma xa non estaba por alí, volveron a ocupar as súas casas e viviron felices para sempre sen a pantasma.

FIN

Alberto Soto Cantero “A casa embruxada”

A noite anterior fun con Bryan, Javi e Inés a unha casa embruxada. Era unha casa cun aspecto super terrorífico.

Na casa había uns zombis sonámbulos que berraban:

-­‐ Aaaaaaaaaaaaaaaah!!

Ao oilos agochámonos. Eu agocheime nunha armadura, Inés detrás dunhas cortinas, Javi e Bryam agocháronse dentro dun armario.

Cando se foi o zombi, todos saímos correndo a outra habitación. Alí atopámonos a un vampiro bebendo sangue. Entón saímos escopetados desa

Page 13: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

13  

habitación e encontrámonos a unha bruxa durmindo. Non vos podedes imaxinar como roncaba!

Entón a Inés ocurríuselle que lle podíamos botar pegamento, Javi pensou que podíamos botarllo no gorro e a min ocurríuseme que despois podíamos tirarlle do gorro e a Bryam non se lle ocurríu nada.

Puxemos en marcha o noso plan. Cando a bruxa espertou e notou que estaba calva pegou un berro que flipas:

-­‐ Aaaaaaaaaaaaaah! Onde está o meu pelo?

E é así como

derrotamos á Bruxa Piruxa. Pero isto non remata aquí, despois atrapámola e encerrámola nunha gaiola.

FIN.

Page 14: O Mensaxeiro Ludicol 1

14  

Ao igual que Primeiro, os nenos e nenas de Segundo foron de excursión ao parque

“Marcelle Natureza”.

Así é como describe a alumna Alexia a experiencia:

Alexia Saavedra Fernández

Excursión a Marcelle:

Marcelle é un sitio moi bonito, e os monitores eran superdivertidos. Chamábanse Capitán Galleta, Capitán Rosquilla e Capitán Sandía. Cando chegamos empezou a caer un chuvasco enorme e refuxiámonos nunha cabana. Alí os monitores ensináronnos tres cancións super divertidas e tamén nos contaron unha historia con marionetas. Cando parou de chover puidemos ver canguros,

bisontes, lémures, osos pardos, linces, cebras, avestruces, bufos, mapaches e moitos máis. Paseimo pipa e espero volver algún día.

Saímos pola mañá cedo nun autocar camiño do concello de Outeiro de Rei. Aínda que o día comezou chuvioso e así se mantivo durante a xornada iso non fixo empobrecer as nosas ansias por descubrir os distintos tipos de animais a ritmo da música e dos xogos que os monitores propoñían. Capitán Galleta, Rosquilla e Sandía, que así se chamaban, fixeron da estancia un agradable paseo cheo de sorpresas con cánticos, traballos para pintar e incluso agasallos finais. Puidemos ver como os osos se bañaban e xa na reserva, despois de alimentar algúns animais e ver asomar lobos e bufos reais, foron eles, os animais, os que puideron

ver como nos bañabamos nós baixo a sorpresa dun forte chuvasco en plena retirada. Aínda que mollados penso que foi un día divertido e cheo de anécdotas para lembrar e compartir que ademais serviu de experiencia e coñecemento do mundo animal destas e outras rexións.

Preme neste cadro para ver un vídeo con todas as fotos da excursión.

Page 15: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

15  

Aula  3º  de  Primaria  A IMPORTANCIA DUNHA BOA ALIMENTACIÓN

UNICEF

Logo de visitar a

exposición :

“A importancia dunha boa alimentación. UNICEF”, os rapaces de 3º curso de Educación Primaria, quedaron moi impresionados coas fotografías dos paneis que compoñían a exposición e as circunstancias de desnutrición de nenos e nenas da súa idade ou máis pequenos.

Dedicamos unha tarde a observar e ler detidamente os paneis que permaneceron no noso Colexio durante dúas semanas.

De seguido, recollemos algunhas das reflexións dos rapaces e rapazas de 3º curso:

“ Impresionáronme as nenas que tiñan que cargar coas caixas de galletas”. (Pedro)

“Chámame a atención que os nenos coman todos dun mesmo prato”. (Xan)

“Os nenos levaban roupa que lles quedaba moi grande, pero non tiñan outra”. (Pablo)

“Penso que todos temos que axudar”.(Laura)

“Sorprendeume moito que comeran follas das árbores cocidas”. (Martina)

“Penso que moitos nenos non teñen casa, viven na rúa e nós temos un montón de sorte”. (Andrés)

“Pensei que eu, moitas veces, tiro a comida ou non a quero”. (Ana)

“Para chegar a un hospital, tiñan que andar moito”. (Lois)

“Os nenos deberían poder comer máis, ter auga potable e poder ir ao médico”. (Marino)

“Fíxome pensar que teño moita sorte e sentinme moi triste”. (Julia)

“Fíxome sentir moita rabia, guataríame axudalos”. (Daniel)

Preme aquí para ver as fotos

Page 16: O Mensaxeiro Ludicol 1

16  

Aula  4º  de  Primaria  

Cristina Rodríguez Lois OS GORILAS

Os gorilas pasan a maior parte do tempo no chan. Aliméntanse de follas, abroios, talos, froitos e cortizas. Viven en grupos de ata trinta individuos, formados por un macho adulto dominante, varios machos novos e varias femias coas súas crías cada un deles. Os gorilas pequenos viaxan montados enriba das costas das súas nais ata que teñan dous ou tres anos de idade.

Os gorilas son mamíferos monos. Se é moi pacífico pertence á familia de Póngidos. Algunhas persoas chámano “O rei dos monos”.

O SEU MEDIO

Os gorilas viven en bosques tropicais en terras baixas e bosques de montaña de África Central e Occidental. Os gorilas que viven nos bosques montañosos están expostos a temperaturas moi baixas durante a noite, pola contra, os que viven nos bosques de terras baixas, non teñen que aturar temperaturas tan baixas.

A SÚA ALIMENTACIÓN

Son animais vexetarianos ou herbívoros, aliméntanse, xa que logo, de plantas. Comen normalmente sentados pero, ás veces, aníñanse.

PERIGO DE EXTINCIÓN

Os gorilas son unha especie en perigo de extinción. A súa

especie foi obxectivo dos cazadores furtivos durante moito tempo. As ameazas á súa supervivencia inclúen a destrución do seu medio e a súa caza. A súa caza aumentou co afloramento dos conflitos armados nos países da zona e un crecente interese polas “carnes exóticas”.

En 2004 unha poboación de varios centos de gorilas, do Parque Nacional Odzala (Congo), foi eliminado polo virus do Ébola.

En 2006, un estudo publicado na revista Science, mostrou que máis de cinco mil gorilas morreran polo citado virus.

“Copito de Nieve” foi o gorila Albino máis coñecido ata o de agora. Estímase que naceu en 1964 e morreu en Barcelona no 2003.

Page 17: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

17  

INTELIXENCIA

Os gorilas están moi cercanos aos humanos e son animais altamente intelixentes. Uns poucos individuos en catividade como “Koko”, aprenderon a linguaxe de signos simplificada.

A XANTAR !

Revolto de cogomelos para dúas persoas

400 gr de cogomelos

1 dente de allo

2 follas de perexil

1 vaso de viño branco

1 bo chorro de aceite de

oliva

Un pouco de sal

2 ovos

Quentamos nunha tixola o aceite e botamos os cogomelos, previamente liscados, o

allo ben picadiño, o perexil e o sal. Engadimos o viño ata que se evapore para continuar cos ovos ben batidiños, mesturando todo ata que estean ben feitos.

Retiramos a tixola do lume e xa podemos servir.

Page 18: O Mensaxeiro Ludicol 1

18  

Cogomelos con xamón para catro persoas

1 bandexa de cogomelos

Taquiños de xamón (para o gusto dos comensais)

2 culleriñas de aceite

Limpamos ben os cogomelos e cortámolos pola metade. Preparamos a tixola co aceite. Botamos os cogomelos na tixola cos taquiños de xamón e deixámolos facer.

Biscoito de castañas para catro persoas

600 gr. de castañas

250 ml de leite

150 gr de manteiga

150 gr de azucre

4 ovos

Sal

Auga

Fiúncho

Pélanse as castañas e póñense a cocer nunha pota con auga, sal e fiúncho. Cando estean cocidas e arrefríen un pouco, quítaselles a pel fina. Bótanse a cocer un pouquiño co leite, pasando a mestura polo pasapuré. Bótase a manteiga engadíndolle o azucre e as xemas dos ovos, mesturando todo coas castañas. Póñense as claras dos ovos a punto de neve e mestúrase coa mestura feita ata o de agora. Botamos todo nun molde ben engraxado e métese no forno a 180º durante 45 minutos. Despois desmóldase e déixase arrefriar.

Page 19: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

19  

3º e 4º de Primaria fomos á

Granxa do Souto de Mera, Ortigueira

Saímos do colexio cara á estación do tren da miña cidade, Ferrol.

Era un día distinto de Cole. Comezamos a subir a un tren FEVE coas nosas profes.

Teríamos unha primeira parada en Cerdido, onde agardamos o cruce cun tren de mercadorías.

Continuamos a marcha e, despois dalgunhas paradas, chegamos a Ponte Mera. Tocaba baixar do tren.

Despois de camiñar un pouco chegamos á granxa.

Xa estamos

preparados. Coñecemos animais: cabalos, galiñas, parrulos, un can (Yaco),etc. Tamén algunhas plantas e o seu uso.

Explícannos como facer abono natural (compost).

É hora de xantar, antes lavamos as mans.

Á tarde, e antes de voltar, aprendemos a distinguir froitas e froitos secos.

Foi un día moi interesante.

 

Page 20: O Mensaxeiro Ludicol 1

20  

Aula  5º  de  Primaria  

Saída ás Fragas do

Eume Despois dunha curta viaxe chegamos ao lugar do Redondo (Monfero).

Unha vez alí comézanse a facer os grupos mesturando nenos e nenas de 6º curso, o noso curso e 1º de ESO do IES Concepción Arenal.

Antes de comezar a marcha faise unha breve introdución do medio que nos arrodea: eucaliptal afectado por unha importante praga.

Comezamos a andaina nun terreo doado ao longo do que imos vendo distintas clases de árbores pero unha especie invasora

chama a nosa atención: a mimosa.

Despois deste curto percorrido detémonos diante dunha construción da arquitectura típica galega: o muíño. Alí aprendemos os turnos da moenda, o uso que se lle daba e analizamos o seu estado actual.

Continuamos por un treito orixinal do chamado Camiño Real que unía Val do Xestoso (Monfero) con Caaveiro. Seguimos por un treito de forte pendente no que a terra e o monte foi cambiado por cemento. Neste treito puidemos ver lesmas, pegadas de animais, froitos, etc,…

Chegamos xa ao “corazón” da Fraga: O Parrote. Aquí, ademais de destacar árbores autóctonos, unha central hidroeléctrica rehabilitada e en pleno rendemento.

Temos que continuar a marcha por un sendeiro de pescadores que non existía chegando á “xoia” que é o mosteiro de Caaveiro. Neste lugar ademais do mosteiro (S.X) puidemos contemplar a ponte, o muíño e o relevo no que se construíra o mosteiro. Chegamos á fin da nosa viaxe cunha subida aproximada dun quilómetro á Riveira (A Capela).

Page 21: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

21  

SAÍDA DOS RAPACES E

RAPAZAS DE 5º AO

MUSEO DE HISTORIA NATURAL. FERROL

Nesta visita ao

Museo de Historia Natural, nas súas novas instalacións, na restaurada “Casa do Coronel”, no barrio ferrolán de Canido, os rapaces puideron observar desde a máis minúscula cuncha ou cráneo do máis minúsculo paxaro ata os impresionantes esqueletos de cetáceos, pasando por peles de serpes ou esqueletos de raposos.

Unha sesión cando máis entretida e interesante, da man da guía do Museo, Berta. Unha explicación polo miúdo de todo o alí exposto pero que daría para moito máis tempo. Sen dúbida algunha podería ser do voso interese.

O maior abraio deuse ao observar o calamar xigante ou as maquetas e esqueletos dos cetáceos.

O obxectivo básico desta visita era o de observar a riqueza das distintas clases de animais e ser conscientes da nosa

obriga de axudar a conservar o hábitat para que estas especies poidan continuar no seu camiño de desenrolo e non corran perigo algún de extinción.

Respectemos a natureza !!

 

Page 22: O Mensaxeiro Ludicol 1

22  

Aula  6º  de  Primaria  

Os alumnos e alumnas de 6º preséntannos dous roteiros e unha historia.

Laura Couto Roca Sendeiro de San Xurxo

A ruta comeza na capela da Carballeira de San Xusto, seguindo unha pista asfaltada ata ver un sinal que nos indica a baixada aos Baños de San Xusto.

Desde os Baños, tomamos un sendeiro rodeado de densa vexetación ata chegar á ponte romana sobre o río Lérez.

Despois de cruzar a ponte, tomamos unha calzada empredrada en dirección a Fentáns. Ao chegar aquí,

tomaremos un camiño que ascende á nosa dereita. Por este camiño chegaremos á ermida da Nosa Señora de Lixó. A continuación tomaremos o camiño que sae á nosa esquerda, cruzaremos unha estrada e seguiremos por unha pista ancha que nos conducirá á zona de petroglifos.

Encontraremos en primeiro lugar coa Laxe das Ferraduras á nosa esquerda. Pouco máis adiante tomaremos unha desviación á dereita ata chegar a Laxe do Capadoiro e a Laxe dos “Cavalos”. Regresaremos para seguir pola mesma pista e encontraremos a Laxe dos Cervos. Logo seguiremos a pista, camiño de Fentáns. Despois de cruzar Fentáns, cruzaremos de novo a ponte romana tomaremos o camiño empedrado que ascende á nosa dereita. A continuación

cruzaremos a pista asfaltada.

Seguiremos o sendeiro e teremos que cruzar un regato xunto a un muíño. Máis adiante, tras pasar unha canal de pedra teremos que tomar un sendeiro que ascende á nosa dereita. Así chegaremos á aldea de Fontáns e a San Xurxo de Sacos, un pouco máis adiante xunto ao Pazo de Bermúdez de Castro.

Ao chegar á estrada que baixa á Capela, podemos tomar unha desviación para chegar a Laxe das Rodas. Para iso, tomaremos a estrada deica a nosa dereita e ao chegar á estrada nacional, tomaremos unha pista á esquerda.

A continuación só nos queda retroceder pola estrada ata chegar de novo á Capela da Carballeira, punto final da ruta.

Page 23: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

23  

Esta ruta está na zona da Ría de Pontevedra, na poboación de San Xurxo de Sacos en Cotobade.

É un percorrido circular, de dezaseis quilómetros cun desnivel de cincocentros sesenta metros. A duración desta ruta será dunhas cinco horas aproximadamente.

É unha ruta doada de facer cun grao de dificultade baixo.

Page 24: O Mensaxeiro Ludicol 1

24  

Laura Fernández Rodríguez

RUTA Ferrol-Miño

ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO (INGLÉS)

DISTANCIA TOTAL: 39KM

FERROL- NEDA 12 KM

Parte do porto de Curuxeiras e pasa pola rúa Real, Praza de Amboaxe e de Armas. Descende ata a Praza da Constitución e Cantón, Recimil e Caranza ata a Gándara. O camiño discorre paralelo á ría pola Avenida do Mar para ir tirando cara a Neda pola rúa da Pena. Despois de atravesar a ponte sobre o río Xubia, chegamos a Neda onde atopamos un albergue. Poderemos observar a Igrexa de San Francisco, Arsenal Militar, Concatedral de

San Xiao, igrexa das Angustias, mosteiro de San Martiño do Couto e muíño de mareas de Xubia.

 

NEDA-PONTEDEUME: 13 KM.

Partindo desde Neda, seguimos cara a Fene . Despois de atravesar Fene chegaremos ata o Polígono de Vilar do Colo e chegar ata Cabanas. Unha vez no piñeiral da Magdalena e bordeando o paseo, divisando a desembocadura do río Eume e chegar ata Pontedeume. Poderemos ver polo percorrido os Asteleiros de Navantia (Fene), paisaxe natural de As Fragas do Eume, ponte medieval de Pontedeume, torreón dos Andrade e a arquitectura tradicional da Vila dos Andrade. En Pontedeume temos un novo albergue

 

PONTEDEUME-MIÑO : 10 KM.

Abandonamos Pontedeume pasando pola rúa Real e subir O Empedrado para saír do pobo polo Barro onde podemos seguir pola sinalización do Camiño ou tomar un desvío cara a Breamo. Baixaremos pola parte de atrás do monte para ir gañando a Ponte Baxoi, xa moi pretiño do albergue de Miño de 22 prazas. Destaca a igrexa parroquial de Pontedeume, ermida románica de San Miguel de Breamo e unha boa vista das rías de Ares e Ferrol.

Page 25: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

25  

Elena Ramírez Estraviz

En el corazón de la música

Xanvi es un

músico que posee un don muy especial: Tiene una imaginación desbordante con la que crea maravillas para los demás. Esta vez Xanvi quiere darles a los niños clases de música y hacer con ellos actuaciones por todo el mundo.

Pero por el camino se encuentra con el peor de los vendedores, Rosnof. Tiene una empresa enorme que vende videojuegos y consolas, con la que engaña a los niños. Él también tiene planes en mente: Quiere aprovecharse, seguir a Xanvi y engañar a los niños para vender más que nunca. Así que decide seguirle la pista a Xanvi.

China, Japón, Rusia, Indonesia...Ya llevan recorridos muchos países, y Rosnof aún no ha hecho nada. Pero llegan a Londres y las

cosas cambian. -Niños, niños. ¿De verdad queréis escucharle a él? ¿Queréis aprender más, cuando yo os ofrezco jugar? Quiero que lo paséis bien. Él lo que quiere es que seáis aburridos y os limitéis a estudiar toda la vida. ¿Qué me decís?- Hubo un momento de silencio.- Hay videojuegos muy recientes y a buen precio, 200$ por juego. ¡Una oferta!

En el aula de música se armó un escándalo tremendo, que acabó siendo una cola para comprarle a Rosnof.

Sólo quedaron tres o cuatro niños con Xanvi. Pero Xanvi no iba a dejar las cosas así, teniendo, como ya he mencionado, un don para crear maravillas de canciones. Y el don era literalmente, un don. Era de verdad, además Xanvi no era una criatura cualquiera. Tenía dentro de él la magia de la música.

Con esto se puso a tocar con una mano el piano, con la otra el violín, cantando y dándoles a los pies

para marcar el pulso. Era una música alegre, como una mezcla de satisfacción y dulzura. Una música celestial que nadie ha oído nunca entre nosotros Y por eso era tan especial.. La maravillosa música transmitía felicidad y alegría a los que la oían, y les purificaba el alma. Por supuesto, Rosnof desapareció, avergonzado, de allí. El sonido de la música era para él las palabras que le hacían verse y lo que estaba haciendo.

Y se dice que todos los que escucharon a Xanvi tocar aquel día, guardaron una pequeña parte de la magia de Xanvi en su corazón. De esa magia saldrán, en el futuro, grandes músicos y se transmitirá de generación en generación.

 

Page 26: O Mensaxeiro Ludicol 1

26  

O MAGOSTO

O magosto unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como todas as festas de carácter agrario, pode situarse o seu nacemento na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo conciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ao sol, deus fecundador da terra.

Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que vén do latín "magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de "magus", máxico o feiticeiro.....

Trátase tamén

dunha comida comunitaria e ritual que reforza os

vencellos comunitarios do mundo rural galego; ten un carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe aos castiñeiros e as castañas.

Con posterioridade

foi asociada aos santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade. Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos.Tradicionalmente no outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos. Unido a esta festa , os celtas calmaban os poderes do outro mundo e propiciaban a abundancia das colleitas, coa celebración da festa do Samaín, a cal, era para uns o comezo do inverno, e,

para outros, a fin do verán, en todo caso era o principio dunha nova xestación e dun período de intensa comunicación entre os habitantes deste e do outro mundo. Reuníanse unha gran multitude xa que era unha festa obrigatoria. Quen non asistía corría o perigo de perder a razón.

A festa era para os

celtas unha concentración do sagrado nun tempo e nun lugar determinados. Polas mesmas datas, os romanos celebraban as saturnais. O mundo dos espíritos entreabríase e saían personaxes de pesadelo, ánimas, corpos que foran soterrados e as sombras.

Hoxe en día a festa pode facerse na eira

Page 27: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

27  

da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun descampado no que o lume non poida facer mal.

A festa do magosto consiste na realización dunha luminaria ou fogueira, colócase sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo ou loureiro- e enriba dispóñense as castañas, que serán cubertas por un novo manto de foupa. Cando está preparado, préndese o lume na capa de abaixo, que será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apaguen as lapas indicará que as castañas están listas para comer. Con viño -nalgúns sitios adozado con mel-, chourizos e pan remata o suculento menú, e a sobremesa póñena os xogos, os contos de ánimas e monstros e a latricada.

É moi común que os nenos collan un puño de cinza e tisnen a cara

cos restos da fogueira, salten a luminaria, porque se di que trae sorte, tamén se realizan xogos tradicionais, conta contos e se cantan cancións populares. Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de chourizo, charlas e grolos irá transcorrendo calma unha noite especial que tenta irmandar aos galegos cuns devanceiros aos que segue unido polo vencello da tradición.

No caso de Ourense a festa celébrase coincidindo coa festividade do seu patrón San Martiño de Tours, o 11 de novembro. O costume consiste en ir a un monte preto da cidade e acender unha fogueira na que se asarán carne de porco, chourizos e as castañas. Aprovéitase a ocasión para a degustación do viño novo da colleita.

A castaña é un dos alimentos máis antigos da

Humanidade. Desde o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras. Na relixión celta, o castiñeiro debeu ser venerado polos seus druídas, en compaña do carballo.

O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos, comíanas asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano.

Ate hai poucos

anos, eran alimento base da poboación europea en forma de froito fresco, seco, sen as súas peles, ou moída en fariña. No século XVI, viñeron as patacas e o millo de América, estableceuse a competencia e perderon pouco a pouco protagonismo na dieta campesiña, e moito máis ao ser atacada a árbore por enfermidades como o

Page 28: O Mensaxeiro Ludicol 1

28  

"cancro" e a "tinta" As castañas

prodúcense en outono e no momento exacto de probar o viño novo, producido en setembro, así como nos días en que se acompaña o cocho sacrificado no dia de "San Martiño", o dia 11 de novembro.

Di o refrán: "Por San

Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou

mosto" ou tamén “Para quitalo frío e fartarte ben podes comer castañas e viño morno con mel”.

Para rematar temos

que dicir que a castaña autóctona é a verdadeira protagonista desta celebración tradicional

REFRÁNS

As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.

Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño.

Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.

Fíate nas castañas asadas, que se estouran sairanche á cara.

Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.

Polo San Martiño, castañas e viño.

Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.

Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado,

poucas castañas e nabos furados.

 

Page 29: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

29  

CANCIÓN DO MAGOSTO:

Non chas quero, non chas quero,

castañas do teu magosto.

Non chas quero,non chas quero,

que cheiran ao chamosco.

Que ben baila,que ben baila,

a do zapatiño baixo.

Que ben baila,que ben baila,

aí á beira do camiño.

Non chas quero, non chas quero,

nabizas do teu nabal.

Non chas quero,non chas quero,

que me poden facer mal.

Que ben baila, Que ben baila,

a da chaqueta redonda.

Moito mellor bailaría ¡ai! se a tivese máis longa.

Page 30: O Mensaxeiro Ludicol 1

30  

Na materia de

coñecemento do medio, nos cursos de 5º e 6º de Primaria, o alumnado ten a oportunidade de aumentar os seus coñecementos, tema a tema, grazas aos centros de interese. O alumnado que decidiu realizalo, pois son de carácter voluntario, ten diferentes opcións de presentalos: cartolina, en folios cunha máxima extensión de catro follas máis portada ou coma os que podedes ver a continuación, en formato video. Con estes traballos, desde o Centro, conseguimos que o alumnado se interese por aprender, comece a investigar, a traballar en grupo ( máximo de catro compoñentes) e a falar en público, pois logo teñen que expoñelos na aula. Todo este traballo, dunha forma que o alumnado non entende coma tal, senón que o

valora positivamente e o considera didáctico e divertido. A continuación , presentamos dous dos traballos realizados este trimestre: O primeiro, realizado por Carlos López e Azael Gómez de 5º de Primaria, un interesante traballo acerca deses incribles seres , casi prehistóricos, que son os peixes abisais. Outro centro de interese realizado en video, foi o

de Manuel Ríos de 6º de Primaria, acerca da obesidade.

Os dous últimos traballos que

presentamos nesta primeira edición, son en formato Powerpoint convertido a vídeo: Manu ríos faino sobre a doazón de órganos:

E Iria Alonso sobre UNICEF:

Sen máis, dicir que no segundo número da revista poderedes ver máis centros de interese e no terceiro número, correspondente ao terceiro trimestre, poderemos ver traballos en maquetas realizados polo alumnado, en substitución neste trimestre dos centros de interese.

Preme aquí para ver o traballo

Preme aquí para ver o traballo

Preme aquí para ver o traballo

Preme aquí para ver o traballo

Page 31: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

31  

 

Este curso 2012/ 2013, comezou unha nova aventura educativa no Colexio Ludy. Aparece a radio do Cole, un lugar onde amosar o traballo que realiza o noso alumnado.

Na actualidade, podedes atopar os nosos programas de radio: traballos de aula, entrevistas, novas e exposicións no blog : www.ludyradio.blogspot.com

 

 

A acollida non puido ser mellor. Superamos este primeiro trimestre as dúas mil visitas á nosa web e algúns dos programas de radio superan as duascentas escoitas.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desexar que toda a Comunidade Educativa poida gustar deste novo recurso e que os pais e nais do alumnado, se animen a realizar propostas e pasar a ser parte activa do proxecto.

Traballar cos fillos é un privilexio que os rapaces valoran e esta, a nosa radio, pode ser un lugar onde desenvolver entre todos interesantes traballos.

Suxerencias e opinións no correo: [email protected]

Page 32: O Mensaxeiro Ludicol 1

32  

No apartado de tradicións, os rapaces do Cole traballaron o Magosto, cunha gran celebración no patio, e o Samaín.

No Magosto participou toda a Comunidade Escolar degustando unhas saborosas castañas asadas e dando conta dun bo número de litros de leite. Cantaron os nenos de Infantil e bailaron os de 1º, 2º e 3º de Primaria. Puxeron o broche de ouro un grupo musical integrado por mestres e mestras do Cole.

No Samaín traballamos a tradicional tallada de cabazas en todos os niveis educativos.

Uns fixérono de maneira colectiva por curso (Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Priamria) e outros de maneira individual ( resto de cursos de Ed.Primaria).

Preme aquí para ver máis fotos do Magosto

Page 33: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

33  

Como remate da actividade, realizouse una exposición.

Como xa se contou na revista, tamén tiveron especial interese o desfile de disfraces no que participou Infantil e Primeiro Ciclo da Primaria así como a posterior festa das pantasmas.

Preme aquí para ver máis fotos do Samaín

Page 34: O Mensaxeiro Ludicol 1

34  

María José Vidal Martínez

CUANDO YO EMPEZABA EN EL COLE LUDY

Yo tengo una anécdota de mi primer día de cole, allá por septiembre del 78. La verdad es que es una tontería, y es posible que no sea interesante para los demás, pero yo os la cuento igual, porque lo recuerdo como si fuese el día de ayer.

Mi primer día de cole mi madre me llevó, entramos en el cole y esperamos en el patio durante un rato, hasta que nos dijeron a otros niños y a mi que pasáramos a la clase que está de frente a la

puerta de entrada, atravesando el patio, subiendo las escaleras (hoy clase de informática y Dirección).

Subí, me senté y a través de las ventanas vi que mi madre estaba allí, en el patio, apoyada, saludándome. Me entretuve un rato y cuando volví a mirar, ¡mi madre había desaparecido! Me entraron ganas de llorar, pero no lo hice y en cuanto salimos al recreo, yo sólo tenía una cosa en la cabeza: Encontrar a mi madre.

Me había fijado al entrar que, entrando a la derecha había una clase llena de gente mayor, y allá me fui a por mi madre. Llamé a la puerta, y me abrió un señor de barba y gafas (el profe Javier, me parece que era) y con toda mi ilusión, como Marco buscando a su madre, le dije: Hola, ¿Está mi madre

aquí? Él, muy seco, me contestó que no y yo le contesté que como lo sabía si no había mirado. Me cerró la puerta en las narices y yo me quedé allí de pie, detrás de la puerta, pensando que allí estaban los padres, esperando a que fuera hora de irnos a casa, y aquel señor tan antipático no me dejaba ver a mi madre.

Paula Pita López RECUERDOS DE MI COLE

Hola amigos, mi nombre es Paula y cuando yo era pequeña venía a vuestro cole, nuestro cole. Aunque ya han pasado muchos años, hay anécdotas y recuerdos que nunca podré olvidar. Quizás las más divertidas fueron las que me ocurrieron en las excursiones de fin de curso, o al menos son las que mejor recuerdo, puesto que ha pasado menos tiempo. Os voy a

Page 35: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

35  

contar lo que me pasó en una excursión en la que fuimos a Madrid, incluía una visita al zoo. Al llegar al zoo, los profesores nos agruparon a la entrada, para que ninguno se despistase y se perdiera del grupo. Luego nos dieron instrucciones de lo que debíamos hacer si esto ocurría. Mientras nos daban las indicaciones, noté como si alguien me empujara ligeramente en la espalda. Yo no hice caso y seguí atenta a la explicación, pensando que era uno de mis compañeros. Pero los ligeros empujones continuaban y yo ya estaba empezando a enfadarme. Cuando terminó la charla de los profesores, me di la vuelta, completamente decidida a decirle cuatro cosas al compañero “graciosillo”, que no hacía más que incordiarme, pero me quedé totalmente paralizada entre el susto y la sorpresa que me llevé, al ver que el responsable no era uno de mis compañeros, sino un pelícano que estaba justo pegado a

mi y al cual le debí de caer bien. La impresión fue enorme ya que nunca había visto a uno de estos gigantes pájaros en vivo y en directo, y la verdad es que no imaginaba que su tamaño y su pico fueran así de grandes. Luego nos reíamos todos un montón, ya que al ir caminando vimos a más ejemplares sueltos, paseando entre la gente y eran totalmente inofensivos, pero el susto fue muy gordo. Pues bien, en ese paseo por el zoo todavía nos esperaba otra sorpresa. Siguiendo las rutas marcadas, íbamos pasando por las jaulas de los distintos animales, hasta que llegamos al recinto donde estaban las jirafas. Justo delante de la jaula de las jirafas había un banco. Mis amigas y yo decidimos quitarnos una foto en aquel banco con los animales al fondo. Una quitaba la foto a las demás y luego yo me intercambié con la que quitó la foto primero para salir todas. Cuando me disponía a sacar la fotografía, veo

como una de las jirafas se acerca decididamente al banco donde estaban mis compañeras sentadas y sacando su enorme cuello por encima de la jaula (que no era muy alta), enganchó con su boca el coletero de flores con el que una de mis amigas llevaba recogido su pelo. Mi compañera empezó a gritar y todas nos movilizamos, unas sujetábamos y tirábamos del pelo para que no le doliera demasiado y otras intentábamos asustar al animal. El pobre animal, viendo que aquello no era comestible decidió soltarlo y dejarnos en paz. ¡Menudo susto que nos llevamos! Cada vez que nos acordábamos de esos momentos, no podíamos para de reír.

Bueno, espero que lo hayáis pasado bien leyendo algunas de las experiencias que tuve cuando estaba en el colegio, y os animo a que os apuntéis a todas las salidas que el Cole organice, ya que las anécdotas que tengáis nunca se os olvidarán. Saludos para todos y un

Page 36: O Mensaxeiro Ludicol 1

36  

abrazo muy grande a mis antiguos “profes”.

Os nosos ex-compañeiros e ex-profes Mª José Piñeiro, Terula e Javier nunha viaxe  

Bo tiro!!

Un bo equipo de baloncesto.

Page 37: O Mensaxeiro Ludicol 1

O mensaxeiro Ludicol, primeiro trimestre  

37  

SOLIDARIEDADE

Tempo de Nadal, tempo de Felicidade, de Familia pero, nos tempos que corren, nalgúns casos, é una auténtica utopía.

Hai xente que pasa fame, xente sen familia, en resumo, xente con dificultades, moitas dificultades.

Agora, neste tempo de Nadal de 2012 tócanos ser solidarios, quizais máis que nunca.

No noso Cole, tentamos ser solidarios, fomentando campañas como a que este Nadal puxemos en marcha:

A recollida de alimentos e roupa con destino a CÁRITAS e á ONG LAZOS (loita contra a exclusión social).

BELÉN

No Cole tamén temos montado o Belén que este ano presenta variantes xa que poden verse algunhas figuras en movemento. A montaxe foi realizada polo profe Xil, mestre de 1º de Ed. Primaria e os seus “pupilos”.

FESTA DE NADAL

Antes de marchar de vacacións, celebraremos a Festa tradicional xa no noso Cole. Este ano temos:

Ed. Infantil representando a cantiga “Buscando unha estrela”

“Nadal de Luintra” interpretado polo grupo de música tradicional do colexio.

Belén vivinte dos alumnos de 6º curso de Primaria.

Interpretación por parte dos cursos de 5º e 6º de Primaria dunha peza musical coa frauta.

1º,2º,3º e 4º de Primaria cantarán a peza “No pendello” en compaña do grupo de música

Preme aquí para ver un vídeo do Belén con todos os seus movementos.

Page 38: O Mensaxeiro Ludicol 1

38  

tradicional do colexio.

Sorteo da cesta de Nadal.

Actuación das rapazas do grupo formado na actividade extraescolar de danza moderna.

Remataremos co percorrido dos Reis Magos polas distintas aulas do noso Cole.

Do que foi a festa, poderedes ver a reportaxe directamente na páxina web do Cole.

Page 39: O Mensaxeiro Ludicol 1

O NOSO AGRADECEMENTO

A verdade é que cando un é novo, quizais non se note pasar o tempo, pero

cando os anos comezan a traballar si que un se dá conta do que vai acontecendo.

Nestes últimos anos e despois de orientar a moitas xeracións, teñen o seu merecido descanso de xubilación, mestres que supuxeron moito para o noso Colexio. Mestres que o deron todo por axudar a formar aos nenos e ás nenas que tantas e tantas familias puxeron nas súas mans.

Por iso, neste primeiro número da revista “O Mensaxeiro Ludicol”, queremos mostrar o noso agradecemento a estas persoas que tanto traballaron por levar adiante esta FAMILIA que é o Colexio Ludy.

Desde aquí unha agarimosa aperta para a Fundadora, Dona Ludy, a Co-fundadora Mª José Bugallo, ao profe José Torregrosa, a Javier , á profe Mª Carmen e como non, á profe Ángeles que aínda está de baixa.

A todos eles, moitas grazas PROFES

Page 40: O Mensaxeiro Ludicol 1

40