O MEDIO NATURAL DE ESPAÑA
-
Upload
fatima-castro-platas -
Category
Education
-
view
217 -
download
4
Transcript of O MEDIO NATURAL DE ESPAÑA
AS PAISAXES NATURAIS DE ESPAÑA
O ESPACIO XEOGRÁFICO ESPAÑOL
COMPRENDE:• Un territorio peninsular.• Illas Baleares, illas Canarias, Ceuta e Melilla e illas menores.
POSÚE GRAN ORIXINALIDADE:• Pola súa situación xeográfica.• Pola súa diversidade natural e humana.
1. RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA
1. Forma compacta e maciza.
2. Altitude media elevada: 660 m.
3. Disposición periférica dos sistemas montañosos.
4. Costa extensa e suave, agás no NO.
EVOLUCIÓN DO RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA
PALEOZOICO: Oroxenia hercininana (600-225 millóns de anos)
Macizo ibérico: núcleo da Meseta
SECUNDARIO: (225-68 millóns de anos)
Erosión e sedimentación
TERCIARIO: Oroxenia alpina (68-1,7 millóns)
Formación das actuais unidades
morfolóxicas da Península Ibérica.
LITOLOXÍA DA PENÍNSULA IBÉRICA
ESTRUCTURA DA PENÍNSULA IBÉRICAMeseta Central _ • Submeseta Norte
• Submeseta Sur
Unidades interiores á Meseta
_
• Sistema Central• Montes de Toledo
Bordos montañosos da Meseta
_
• Macizo Galaico – Montes de León• Cordilleira Cantábrica• Sistema Ibérico• Serra Morena
Unidades exteriores á Meseta
_
• Pirineos• Montes Vascos• Cordilleira Costero-Catalana• Sistema Béticos
Depresións _ • Ebro• Guadalquivir
Perfil lonxitudinal norte-sur da España peninsular
RELEVO DE GALICIACaracterízase pola sucesión de bloques levantados e afundidos.
As unidades morfolóxicas son:
- A faixa litoral: comprende zonas de acantilados, costas rectilíneas, illas e rías. As rías diferéncianse entre Rías Altas (de Ribadeo a Fisterra), de pequeño tamaño, que son antigos vales fluviais inundados, e Rías Baixas (de Fisterra á Vigo), de gran tamaño e orixe tectónica.
- As serras, de perfil suave e cumes redondeados. A súa altitude aumenta de oeste a leste. Distínguense:
- As serras litorais: A Capelada, Barbanza, Domaio, Groba e Galiñeiro.
- As serras centro-occidentais ou da dorsal galegas: Xistral, A Faladoira, Loba, Cova da Serpe, Faro, Suído, Faro de Avión. Estas serras van aumentando a súa altitude de norte a sur.
- As serras orientais: Meira, Ancares, Courel, Eixe, Queixa, San Mamede , Montes do Invernadoiro e serra do Xurés.
•
- As chairas ou superficies de erosión: son restos de antigas cordilleiras arrasadas pola erosión. Son exemplos: Terra Cha, Bergantiños, Xallas, Carballiño e Chantada.
- As depresións: deben a súa orixe aos movementos da oroxenia alpina. Destacan: Pontes de García Rodríguez, Sarria, maceda, Monforte, Monterrei, A Limia, Valdeorras e Verín.
2. A DIVERSIDADE CLIMÁTICA DE ESPAÑA
MASAS DE AIRE QUE AFECTAN A ESPAÑA
SITUACIÓNS SINÓPTICAS DE INVERNO
SITUACIÓNS SINÓPTICAS DE PRIMAVEIRA E OUTONO
SITUACIÓNS SINÓPTICAS DE VERÁN
VARIANTES CLIMÁTICAS EN ESPAÑA
VARIANTES DO CLIMA OCEÁNICO EN GALICIA
3. OS RÍOS PENINSULARES
4. PAISAXE NATURAL ATLÁNTICA
• Localízase no Norte e NW peninsular.
• Clima oceánico:
– Influenciado polos ventos do W e das borrascas atlánticas.
– As temperaturas medias anuais son suaves, entre 12 ºC e 14ºC, e a oscilación térmica é baixa, entre 9 ºC e 12 ºC.
– As precipitacións son abundantes (máis de 800 mm) e regulares, cun máximo no inverno.
– Os invernos son chuviosos e suaves, con temperaturas medias superiores aos 6 ºC.
– Os veráns son frescos, con temperaturas medias inferiores aos 22 ºC.
• Ríos curtos e de caudal abundante e regular. Presentan un caudal máximo no inverno e unha estiaxe relativa no verán.
• Vexetación:
– Bosque natural caducifolio, formado por faias, carballos, castiñeiros, olmos,… . Está moi degradado pola acción do home e as especies autóctonas foron substituídas por outras de rápido crecemento como o piñeiro e o eucalipto.
– Landa atlántica: vexetación arbustiva formada por toxos, matogueiras, xestas, queirogas e breixos. Aparece pola degradación do bosque caducifolio e en altitudes superiores aos 1600 m.
– Prados.
• Localízase ao sur da paisaxe natural atlántica e no arquipélago balear e en Ceuta e Melilla.
• Clima mediterráneo:
– Influenciado polo anticiclón das Azores durante a maior parte do ano.
– Os invernos son suaves e o veráns son cálidos e secos.
– As precipitacións son irregulares e concéntranse nas estacións equinociais, sobre todo no outono, e son habituais as tormentas.
• Ríos de caudal irregular, que acusan as secas do verán e as enchentes do outono.
5. PAISAXE NATURAL MEDITERRÁNEA
• Vexetación:
– Bosque natural formado por árbores de porte mediano e folla perenne, adaptadas ás elevadas temperaturas e a longos períodos de seca, entre os que destacan especies como a aciñeira, a sobreira e o piñeiro.
– Maquis: vexetación arbustiva densa que medra sobre solos de litoloxía silícea, formada por especies adaptadas á seca: xara, breixo, lentisco e xesta.
– Garriga: vexetación arbustiva de moi pequeno porte que medra sobre solos de litoloxía calcárea,formada por especies como o tomiño, o romeu ou a lavanda.
– Estepa: formación arbustiva propia do SE peninsular composta por especies que resisten longos períodos de seca como o esparto, o tomiño e a palmeira anana.
• Existen tres variantes paisaxísticas básicas:
– Mediterránea costeira:
Localízase na costa mediterránea, en Baleares, na costa surátlantica, en Ceuta e en Melilla.
As temperaturas no verán superan os 22 ºC e no inverno non baixan de 10 ºC.
As precipitacións son escasas, entre 300 e 800 mm anuais.
– Na costa suratlántica son máis abundantes no inverno debido á influencia das borrascas atlánticas.
– Na costa mediterránea son máis abundantes no outono e soen estar asociadas a tormentas ou á gota fría.
– Mediterránea subdesértica:
Localízase no SE peninsular.
As precipitacións non superan os 300 mm anuais e están asociadas á gota fría.
As temperaturas no verán superan os 22 ºC e no inverno non baixan de 10 ºC.
– Mediterráneo interior:
Localízase na Meseta Central e nas depresións do Ebro e do Guadalquivir.
As precipitacións son escasas, entre os 300-800 mm, porque a disposición das cordilleiras impiden a entrada de masas de aire húmidas.
As temperaturas son extremas: superan os 22 ºC no verán e baixan dos 6 ºC no inverno, polo que a oscilación térmica é elevada (> 15 ºC)
6. PAISAXE NATURAL DE ALTA MONTAÑA
• Localízase a partir dos 1000 m de altitude.
• Clima de montaña:
– As temperaturas medias anuais son baixas, inferiores aos 10 ºC. Os veráns non superan os 22 ºC e os invernos baixan dos 0 ºC.
– As precipitacións son abundantes (máis de 800 mm).
• Ríos curtos e de réxime nival.
• Vexetación adaptada ás condicións climáticas que marcan a altitude e a orientación da montaña.
– Na base: vexetación natural propia da paisaxe natural na que se localiza.
– No segundo nivel: especies caducifolias, adaptadas ás baixas temperatura e á humidade.
– No terceiro nivel: as coníferas (pino e abeto).
– No cuarto nivel (cando o frío dificulta o crecemento do bosque): a landa.
– No quinto nivel (cando o frío dificulta o crecemento da landa): os prados.
– Por riba dos 2800 m non aparece vexetación.
7. PAISAXE NATURAL CANARIA
• Localízase no arquipélago canario.
• Clima subtropical:
– O anticiclón das Azores é o que determina o clima:
• No inverno, ao desprazarse cara o sur, favorece a chegada de borrascas atlánticas que provocan precipitacións.
• No verán, ao desprazarse cara o norte, favorece a chegada de aire do deserto.
– Os ventos alisios do NE suavizan as temperaturas do verán e do inverno. As montañas elevadas frean o paso destes ventos e orixinan un clima máis húmido na vertente NE.
– A corrente mariña fría de Canarias arrefría as augas superficiais.
– As temperaturas son suaves todo o ano, entre os 17- 18 ºC, e a oscilación térmica é inferior aos 8 ºC.
– As precipitacións son moi escasas, non superan os 300 mm anuais.
• Non existen ríos debido á escaseza de precipitacións e á litoloxía volcánica, que absorbe toda a auga.
• A vexetación é escasa debido ás escasas precipitacións, pero presenta especies propias, debido á influencia atlántica e africana, como o drago, a palmeira ou o pino canario. En altitudes entre os 500 e os 1000 m desenvolvese a laurisilva debido a abundante humidade que aporta o mar de nubes.