O lapis do carpinteiro

11
O LAPIS DO CARPINTEIRO

description

O lapis do carpinteiro

Transcript of O lapis do carpinteiro

Page 1: O lapis do carpinteiro

O LAPIS DO CARPINTEIRO

Page 2: O lapis do carpinteiro

Nesta ocasión imos amosar que foi o que máis nos impresionou da lectura

do libro O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas.

A novela ofrece unha visión diferente da situación vivida polos presos du-

rante a posguerra. Nesta obra son moi abundantes as descricións de carác-

ter plástico debido a que o dono do lapis, que foi paseado, era un pintor ó

que lle gustaba representar a realidade que o rodeaba. Partindo da súa ins-

piración, ofrecémosvos a nosa interpretación da mesma.

Clara Vila, 1ºBAC

Page 3: O lapis do carpinteiro

Elixín a descrición da páxina 73; porque me pareceu sinxela de facer, pero á vez bonita,

posto que é o decorado dun teatro.

Fixen dúas versións: a primeira imaxe tipo "collage", cunha lúa sacada de Internet e a

silueta dun lobo feito por min; a segunda fíxena eu enteiramente.

Noelia Cartoy, 4º

Page 4: O lapis do carpinteiro

Escollín a páxina 75 porque me gustou a idea de que as lavandeiras argallasen novas

formas de comunicación a través da roupa tendida. Tamén me gustou a paisaxe cos-

teira.

María Taboada, 4º

Page 5: O lapis do carpinteiro
Page 6: O lapis do carpinteiro
Page 7: O lapis do carpinteiro

Lara Rubal

Page 8: O lapis do carpinteiro

Cristina Ledo, 4º

Page 9: O lapis do carpinteiro

Tania Irimia, 1ºBAC

Page 10: O lapis do carpinteiro

O lapis do carpinteiro

Quizais nun libro repleto de paisaxes fermosas e escenas que destacan

por unha descrición artística que, irremediablemente, evoca un cadro na no-

sa mente, a elección dunha esquela como debuxo é, canto menos, peculiar.

Non obstante, para todo hai unha razón. Neste caso, a min esa sinxela

imaxe, co seu poético epitafio, consegue emocionarme e facerme parar a

reflexionar sobre todo o que lin ao longo da historia. En primeiro lugar, os

versos ao carón lémbranme o intenso amor entre Marisa Mallo e o doutor

Da Barca, tan protagonista nesta historia. Así mesmo, o feito de tratarse du-

nha esquela lémbrame á morte, fío conductor de tantas escenas, a pesar de

que o doutor, finalmente, non morrese a causa da represión. Ao mesmo

tempo, nunha descrición tan curta e nunha imaxe tan simple vexo tamén

reflectida a esperanza, a través do lapis de carpinteiro, capaz de cambiar á

xente, e da vida conseguida, contra todo prognóstico, por Da Barca, que fa-

leceu rodeado dunha gran familia.

Finalmente, gustaríame explicar a presenza do merlo e dos versos ao

seu carón, e é que, cando lin o epitafio, unha parte da miña mente regresou

a aquel fragmento de poema, cuxo contido, na miña opinión, se pode rela-

cionar co significado simbólico da escena debuxada.

Patricia Martínez, 1ºBAC

Page 11: O lapis do carpinteiro