O Entroido
Transcript of O Entroido
ENTROIDO
O termo entroido vén do italiano (INTROIDUS < LAT. INTROITUM) e significa “comezo ou entrada da primavera”
CARNAVAL
A palabra vén do itliano (CARNE VALE) e tén como orixe o
latín vulgar CARNE LEVARE, que significa “abondonar a carne”.
A fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do
nome Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría
conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no
Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo
do deus do Sol e a raíña Kuntí)
Calendario
O entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas, e ten diferentes extensións nas distintas vilas. As súas datas fundamentais, por orde, son:
Domingo Fareleiro ou Borrallento: Neste día é costume que os veciños se manchen uns ós outros con "borralla" ou "farelo", a fariña de peor calidade.
Xoves de Compadres: Nesta celebración realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.
Domingo Corredoiro ou Oleiro: Nesta data realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda.
Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.
Domingo de Entroido: Comeza a festa maior.
Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os "Testamentos" do Entroido e entérrase a representación da festa.
Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, en moitas vilas e aldeas entérrase a sardiña.
MAPA DO ENTROIDO
Verín: OS CIGARRÓNS
O cigarrón é hoxe unha das máscaras máis coñecidas en Galicia. Os traxes elabóranse durante todo o ano. Entre os seus elementos máis sobranceiros destácanse a carauta, sorridente, feita de madeira de breixo e a mitra, feita de folla de lata e decorada con motivos animais ou vexetais. Na parte traseira, cabeza e mitra van cobertas por unha pelica que hoxe adoita ser de feltro. Camisas, calzas de encaixe e medias brancas compoñen o seu vestiario que se complementa cunha chaquetiña e pañoleta ás costas de cor vermella. As chocas cinguidas ao cinto adoitan ser femias ou machos dacordo co son que emiten, graves para os machos e agudos para as femias.
LAZA: PELIQUEIROS
Peliqueiros personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres,.animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas .
XINZO: PANTALLAS
O traxe das Pantallas consiste nunha camisa e nuns calzóns de cor branca, capa de cor vermella con cintas de cores e unha faixa da mesma cor á que sobrepón un cinto de axóuxeres. Ademais levan unha máscara de cartón con debuxos vaiados e un flocos na parte de diante e un pano na parte de atrás.
As Pantallas están encargadas de que a xente saia á rúa disfrazada. Van previstos dunhas vexigas de vaca secas e infladas que empregan para facer ruído e avisar de que andan preto. Así a xente que non vai disfrazada escapa, porque senón colleranos para pagar unha rolda de viños.
ALLARIZ: CHARRÚAS
O traxe da Charrúa consta dun pantalón longo de cor clara, botas e unha especie de camisa longa. Ademais, non faltan as chocas, as pelicas e unha vara na man.
Este nome de CHARRÚA pode ser que o trouxera á vila de Allariz un indiano, xa que os conquistadores españois atoparon nas marxes do río Uruguay unha tirbo que recibía este nome.
BANDE: TROTEIROS
O Troteiro é semellante á Charrúa. Leva unha vara e ía correndo polos camiños meténdolle medo ás mulleres e ós vellos. Gozaban de certa impunidade e levantaban as saias ás mozas.
A indumentaria non é especial, ían envoltos nunha saba ou cobertor, levaban caretas feitas de cartón e campaíñas ó redor. O sombreiro estaba adornado con postais e espellos, seguramente para protexerse do “mal de ollo” e doutros perigos. A cara tapábana con tapetes bordados.
VILARIÑO DE CONSO: BOTEIRO
Nos días grandes é frecuente a FOLIADA, representación orixinal na que persoaxes típicas como os boteiros, as "señoritas", os "vellos" ( paiasos), afiadores, penereiros, follalateiros, etc, arroupados polo folión, escenifican esquemáticamente a vida da colectividade, dándolle un repaso crítico, con agudo sentido del humor , as veces cáustico, a toda a sociedade.
VIANA DO BOLO: BOTEIRO
A máscara esta feita de bidueiro e esta pintada. A xente leva camisa bordada e o pantalón encarnado. Xeralmente levan un báculo para simbolizar o poder.
MANZANEDA: MÁZCARA
Este é o personaxe principal do entroido de Manzaneda ó lado do peliqueiro, a mula e o boi.
Debemos destacar a importancia do Folión ou embaixada de música carnavalesca que se envían unhas parroquias a outras durante o tempo do entroido. Cada folión leva un xefe que os guía (onde parar, bailar, etc.)
Cada filión leva varias mázcaras e un “TOURO” que arremete contra as persoas e fai carantoñas ós nenos.
Nas paradas recítanse versos que ridiculizan ou ensalzan acontecementos locais durante o ano e as familias visitadas responden con doces e bebida.
RIÓS: VELLARROIS
O máis carácterístico dos vergalleiros son as orellas tipo vieria, a barba de pel de ovella e o gorro que levan á cabeza, feito de vimbios.
As celebracións son similares ás das comarcas veciñas.
MACEDA: FELOS
O termo FELO pode vir do xermánico FILLON que significa “azoutar”. Intentan representar unha especie de rebelión do vasalo contra o señor feudal.
A máscara cun enorme sorriso representa a virilidade máis fidedigna. O felo dá medo, era a autoridade durante estas datas. Só se vestían de Felos os homes solteiros.
O Felo vai divertíndose de aldea en aldea acompañado do ruído das chocas que espantaba os lobos nas noites de inverno. Bebían ovos con viño para soportar o desgaste físico. Non pedían diñeiro, ´só comida e unha palleira para durmir. Nunca se lles pode tocar nin sacar a careta. Perseguen a quen se mete con eles, agás ás mulleres con quen flirteaban.
CEA, CARBALLIÑO, MASIDE
Nesta comarca tamén temos a figura dos Felos, pero a cabalo e coa cara descuberta
SARREAUS: VERGALLEIRO
O traxe do Vergalleiro presenta camisa de liño con tres fitas entrelazadas de cor verde, negra e vermella; un chaleco de feltro negro e polainas da mesma cor con borlas vermellas dende o xeonllo ata os pes.
Ademais da faixa de cor vermella típica coas chocas ou campaíñas e borlas negras. Acompáñanse dun corno de vaca co cal chaman á festa.
ENTRIMO: MADAMITOS/AS
As damas visten enaguas de cor branca con bordados con encaixes ao igual que a camisa, e cruzando o peito un pano a modo de mantilla. Na cabeza levan un chapeo de palla moi adornado con cintas de cores.
Os madamiños tamén se chaman xigantes e locen camisa e gravata, pantalóns bordados e unha curta capa de cor. A súa carauta ten longos bigotes e a cabeza vai cuberta cun gorro cónico que leva na parte superior unha especie de plumacho feito de papel de cores vivas.
CELANOVA: GÁRGOLA
El baile das mudacións, o el mundo al revés es un baile popular donde el hombre va disfrazado de mujer y la mujer de hombre, también es tradicional en la zona.
FORXAS DAS VIÑAS:MECOS BONITOS E FEOS
CHANTADA: VOLANTE
A máscara é un colorista artiluxio que marca a imaxe do volante. chámanlle pucho e a súa estructura se apoia na cabeza e nos ombros, chegando a acadar un metro de alto por 0'75 de ancho.
Este pucho consiste nunha estructura de arame e vimbio revestida con fitas e flores de papel de todas as cores. As fitas colgan polo lombo e por diante case ata arrastrar polo chan. A modo de coroación do pucho colócanse dúas monecas e dous penachos.
O volante vai coa cara tapada ou tisnada e na man leva un simple caxato, por veces engalanado.
COMARDA DO ULLA
Xenerais e correos
Son característicos os personaxes dos xenerais e os correos, homes montados dacabalo que percorren distintas parroquias da zona vestidos con vistosos uniformes.
A orixe destes desfiles de xenerais e correos parece estar na Guerra da Independencia.
A parte principal era un combate entre os paisanos e as tropas de Napoleón.
Unha das características destes desfiles é que os seus integrantes empregan en numerosas ocasións o castrapo ou o castelán, imitando por tanto a lingua dos militares e chámanse a si mesmos "generales“
COTOBADE: MADAMAS E GALÁNS
VILABOA: MADAMAS E GALÁNS
Este entroido é unha parodia dos "señoritos". Un mordomo vestido de branco cunhas cintas vermellas e amarelas no pantalón e unha pucha azul dirixe á comitiva de cando menos catro parellas.
Esta comparsa facía o seu percorrido casa por casa, dende o domingo até o martes de Entroido, recollendo un donativo e bailando pasodobres e muiñeiras ao son duns gaiteiros. O último día, amais da corrida do galo, o predicador, coa cara tapada, le o sermón ou testamento do Entroido, onde lle pega un bo repaso ao que aconteceu durante o ano.
CORUÑA: APROPÓSITOS
Ironía, bromas, diálogos, xogos de palabras, disfraces e personaxes da vida política, cultural e social da Coruña soben ao escenario do Rosalía para xugar, como cada ano, a configurar unha realidade diferente á que lle toca vivir á ciudad.
Entroido, festa de orixe incerta ligada por uns á tradición celta e por outros á adoración de baco, quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.
En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.
O Entroido subsiste debido a que é unha festa que invita á participación de todos, sen prexuízos nin distincións. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que ó acostumado