O Dente 3

3
O DENTE Boletín do DEpartamento de Novas TEcnoloxías do CEIP de Urdilde. Núm.3. Novembro de 2010 M oi esmadas/os e nunca ben ponderadas/os compañeiras/os, por terceira vez o Bolen “O DENTE” asóma- se ás pantallas dos vosos ordenadores para aportar o seu granciño de area na tarefa de facer algo máis amigable a vosa relación con estas máquinas. Nesta ocasión ímonos centrar nas alternavas. Suites ofimácas menos ulizadas e coñecidas que Microsoſt Office, e programas para visualizar documentos PDF alternavos ao de Adobe, creador do formato. Para rematar, tentaremos asomarnos ao concepto dos enderezos IP A maioría de nós tomamos contacto co mundo dos ordenadores hai xa algún tempo, e seguro que un dos primeiros programas a que nos enfrontamos foi o Microsoſt Word, un potente procesador de texto que co paso do tempo acabou converténdose nun estándar de facto no sector de aplicacións do mundo da oficina. Acompañáronlle no camiño os seus “irmáns” Excel e Power Point. Pero teñen unha pega, hai que pagar unha licenza ou piratealos (a opción máis frecuente), polo que se so- mos usuari@s preocupados por estas cuesóns, non nos queda outra que afrouxar o peto… ou inclinarnos por unha das alternavas gratuítas que presentamos a connuación. OPEN OFFICE é a eterna candidata, pretende arrincar- lle parte da cuota de usuarios a Microsoſt Office. É unha suite ofimáca que se enmarca dentro do Soſt- ware Libre e que ofrece: Procesador de texto. Folla de cálculo. Editor de presentacións. Programa de debuxo vectorial. Xesón de bases de datos. A disposición dos menús e iconas do programa son moi similares ás de Office e permite gardar documentos no formato de Microsoſt así como abrir arquivos creados con Word, aínda que a conver- sión non sempre da os resultados esperados, especial- mente cando hai táboas ou o documento orixinal é complexo. Cabe sinalar que é a aplicación ofimáca que ven instala- da por defecto en praccamente todas as distribucións Linux. Hai versión para Windows, Linux, Mac OS e outros sistemas operavos. Pódese descargar gratuitamente. 1.– OPEN OFFICE.org

description

Revista escolar

Transcript of O Dente 3

Page 1: O Dente 3

O DENTE Boletín do DEpartamento de Novas TEcnoloxías do CEIP de Urdilde. Núm.3. Novembro de 2010

M oi estimadas/os e nunca ben ponderadas/os compañeiras/os, por terceira vez o Boletín “O DENTE” asóma-

se ás pantallas dos vosos ordenadores para aportar o seu granciño de area na tarefa de facer algo máis amigable a

vosa relación con estas máquinas.

Nesta ocasión ímonos centrar nas alternativas. Suites ofimáticas menos utilizadas e coñecidas que Microsoft Office,

e programas para visualizar documentos PDF alternativos ao de Adobe, creador do formato.

Para rematar, tentaremos asomarnos ao concepto dos enderezos IP

A maioría de nós tomamos contacto co mundo

dos ordenadores hai xa algún tempo, e seguro que un

dos primeiros programas a que nos enfrontamos foi o

Microsoft Word, un potente procesador de texto que

co paso do tempo acabou converténdose nun estándar

de facto no sector de aplicacións do mundo da oficina.

Acompañáronlle no camiño os seus “irmáns” Excel e

Power Point.

Pero teñen unha pega, hai que pagar unha licenza ou

piratealos (a opción máis frecuente), polo que se so-

mos usuari@s preocupados por estas cuestións, non

nos queda outra que afrouxar o peto… ou inclinarnos

por unha das alternativas gratuítas que presentamos a

continuación.

OPEN OFFICE é a eterna candidata, pretende arrincar-

lle parte da cuota de usuarios a Microsoft Office. É

unha suite ofimática que se enmarca dentro do Soft-

ware Libre e que ofrece:

Procesador de texto.

Folla de cálculo.

Editor de presentacións.

Programa de debuxo vectorial.

Xestión de bases de datos.

A disposición dos menús e iconas

do programa son moi similares ás de Office e permite

gardar documentos no formato de Microsoft así como

abrir arquivos creados con Word, aínda que a conver-

sión non sempre da os resultados esperados, especial-

mente cando hai táboas ou o documento orixinal é

complexo.

Cabe sinalar que é a aplicación ofimática que ven instala-

da por defecto en practicamente todas as distribucións

Linux. Hai versión para Windows, Linux, Mac OS e outros

sistemas operativos. Pódese descargar gratuitamente.

1.– OPEN OFFICE.org

Page 2: O Dente 3

IBM LOTUS SYMPHONY é outra suite ofimática digna de ter en conta. Está baseada en

Open Office, aínda que a súa aparencia é moi diferente. Ofrece:

Procesador de texto.

Folla de cálculo.

Editor de presentacións.

Navegador web.

Unha das cousas que máis chama a atención é a disposición da barra de ferramentas

(podédela ver á dereita destas liñas), que se sitúa á dereita da pantalla e que mostra as

opcións de formato máis común (negriña, cursiva, tipo e tamaño de letra, etc.).

Ao noso modo de ver, ten cousas que pulir para estar á altura de MS Office ou mesmo de

Open Office, pero é unha opción diferente e moi interesante.

Para aqueles usuarios que non precisen de todas as funcionalidades que ofrecen as suites oifimáticas, e únicamen-

te queiran un bo procesador de textos, ABIWORD pode ser unha magnífica alternativa; completo, con fama de li-

xeiro, rápido e eficaz. Compatible con arquivos de Word (.doc), tamén permite abrir e editar arquivos creados con

Microsoft Office 2007 (.docx), o que non se pode dicir do Office 2003, e arquivos .odt, os propios de Open Office. A

interface de usuario parece un pouco anticuada, pero recorda moito ao Word de hai uns anos. Paga a pena darlle

unha oportunidade á hora de elaborar os nosos documentos.

2.– IBM Lotus Symphony

3.– ABIWORD

Page 3: O Dente 3

Pero… Que demo e o enderezo IP? Algunhas veces, poucas, precisamos saber o enderezo IP do noso ordenador, pero que é e para que

serve? Tentaremos dicilo en poucas palabras.

Basicamente, este enderezo é a identificación exclusiva do noso equipo, a que permite que os servi-

dores nos envíen a información que solicitamos cada vez que escribimos o nome dunha páxina.

Todas as páxinas web están albergadas nun servidor, que é a quen lle solicitamos que nos envíe o que pedimos; de feito, can-

do escribimos www.google.es estamos “escribindo” 173.194.36.104, e cando escribimos www.edu.xunta.es/correo,

85.91.64.129; podedes escribir estes números na barra de direccións do voso navegador favorito e veredes que funciona, o

que pasa é que resulta moito máis fácil memorizar as palabras do enderezo que estas series de números.

No colexio,a rede interna ten a estrutura: 69.41.71.xxx onde as xxx son os números, do 2 ao 255 que identifican cada ordena-

dor. O servidor da Intranet, por exemplo é o 69.41.71.92, pero é máis fácil poñer “rede”. Estes grupos de catro cifras identifí-

cannos na internet ou na rede local, e poden ser fixos (IP fixa) ou poden cambiar (IP dinámica). Polo xeral, os operadores de

Internet (Telefónica, R, Ono…) facilitan unha IP dinámica, porque as direccións IP fixas están a piques de acabarse, por iso es-

tase implantando a versión 6 do protocolo IP (IPv6), con direccións máis complexas, pero que permite cuatrillóns delas.

Para coñecer a IP do teu equipo (a que che da o router da túa compañía, o

aparatiño que vai conectado á toma do teléfono, ou á toma da compañía de

cable)

Windows XP: na icona de dous ordenadores que aparece na bandexa do

sistema, xunto ao altavoz do volume: clic co botón dereito do rato > estado >

pestana soporte> dirección IP

Windows 7 ou Vista: na icona de rede (é distina pero está no mesmo sitio): clic

dereito > Abrir centro de redes y recuros compartidos. Clic onde vexas

“conexiones”, debaixo de “Internet” e no cadro que aparece, “detalles”.

Estes son os enderezos do teu equipo, a IP real, coa que “sales” a Internet,

pódela saber na páxina cualesmiip.com. Esta é a que ten o teu Provedor de

Servizos de Internet (ISP)

Para saber a tu a IP

Quen non ten no seu ordenador un programa para ler documentos PDF? Probablemente teredes a

versión 8 ou 9 do Adobe Reader, e unha icona como a que aparece á dereita, ou moi parecida, estará

no voso escritorio.

Adobe creou no seu momento o formato pdf, un tipo de arquivo que non se pode editar só ler e

imprimir, que tivo unha rápida aceptación. Neste formato se publica, como sabedes, o DOG e o BOE

entre outros moitos documentos e revistas dixitais.

Lamentablemente, o visor deste tipo de documentos, engorda con cada nova versión; a última “pesa” 26,2 Mb, e

instala varios servizos que se executan en segundo plano, consumindo recursos. Tampouco se pode dicir que

sexa o lector máis rápido en cargar.

Existen multitude de programas que fan o mesmo que Acrobat Reader, pero dun xeito máis

eficiente para o noso día a día. Nun blog tecnolóxico tan influinte coma Lifehacker incluían esta

aplicación dentro das que deberiamos evitar, substituíndoa por outra máis lixeira como Foxit

Reader. É un arquivo moito menos pesado e o programa é máis rápido na presentación dos

documentos. Absolutamente recomendable. Se queres descargalo, fai clic aquí ou na imaxe.

Outras posibilidade é Nitro PDF Reader un visor cunha aparencia moi coidadda, ao estiloi de Office

2007. Pódelo descargar dende aquí, o clicando na icona.

Ma is ideas?... Pois aí van! Lectores PDF