O CORPO HUMANO

12
IMOS XOGAR 1-Debuxa dúas persoas que sexan iguais, pero coloréanas de forma distinta para que sexan diferentes. Por exemplo podes cambiarlle a cor dos ollos, do pelo e da pel. 2-Suliña a frase coa que esteas de acordo. Lee cada frase polo menos dúas veces e pensa antes de suliñar: *OS NENOS SON MÁIS LISTOS CAS NENAS *TODOS PODEMOS CHORAR CANDO NOS SENTIMOS MAL. *OS HOMES NON DEBEN CHORAR. *AS NENAS E OS NENOS SON IGUAL DE LISTOS. 3-Fíxate nun compañeiro e escribe en que se parece a ti e en que se diferencia.Fai un debuxo teu e outro do teu compañeiro. PROXECTO “ COÑECÉMONOS POR DENTRO E POR FORA”

description

ACTIVIDADES DE REFORZO PARA TRABALLAR NA PDI

Transcript of O CORPO HUMANO

Page 1: O CORPO HUMANO

IMOS XOGAR

1-Debuxa dúas persoas que sexan iguais, pero coloréanas de forma

distinta para que sexan diferentes. Por exemplo podes cambiarlle a cor

dos ollos, do pelo e da pel.

2-Suliña a frase coa que esteas de acordo. Lee cada frase polo menos

dúas veces e pensa antes de suliñar:

*OS NENOS SON MÁIS LISTOS CAS NENAS

*TODOS PODEMOS CHORAR CANDO NOS SENTIMOS MAL.

*OS HOMES NON DEBEN CHORAR.

*AS NENAS E OS NENOS SON IGUAL DE LISTOS.

3-Fíxate nun compañeiro e escribe en que se parece a ti e en que se

diferencia.Fai un debuxo teu e outro do teu compañeiro.

PROXECTO “ COÑECÉMONOS POR DENTRO E POR FORA”

Page 2: O CORPO HUMANO

O CORPO HUMANO

O corpo está formado pola CABEZA, o TRONCO e as

EXTREMIDADES .

Na CABEZA temos a CARA e algún ÓRGANOS dos SENTIDOS

como o OÍDO , OLFATO,VISTA,GUSTO .Tamén temos o TACTO que

está na pel, pero como temos pel por todo o noso corpo,o sentido do TAC-

TO tamén o temos en todo o corpo.

Anque todos somo iguais porque temos o mesmo aspecto tamén somos di-

ferentes porque cada un de nós ten unas características e uns gustos dife-

rentes.

Sen embargo non podemos esquecer que anque sexamos diferentes, todos

temos os mesmos DEREITOS, por exemplo: o dereito de ir a escola, a vi-

vir nunha casa e a que un médico nos atenda cando estamos enfermos

Page 3: O CORPO HUMANO

O OÍDO

Fíxate no debuxo e contesta:

1-Qué parte do noso corpo é?

2-Onde está situado?

3-Para qué serve?

4-Cómo se chama o óso máis pequeño que hai nel?

5-Cómo debemos coidalo?

6-Nas ciudades e nos pobos hai moitas veces ruídos moi for-

tes.Cando isto sucede dicimos que hai

C—————————- A——————————

7-Cómo se chama o médico que nos revisa e coida os oídos?

8-Crees que una persoa sorda pode facer o mesmo ca ti?

Page 4: O CORPO HUMANO

Na língua atópase o

sentido do GUSTO.

Hai catro sabores

diferentes:AMARGO,

SALGADO,DOCE E

ÁCIDO.

Observa estes

debuxos,Fíxate como

cada sabor está situado

nun lugar diferente da

língua.

Agora PINTA a língua

que hai debaixo. Cada

zona ten que ter a cor

que lle corresponda:

-Azul:amargo

-Amarelo:salgado

-Verde:ácido

-Rosa:doce

O SENTIDO DO GUSTO

Page 5: O CORPO HUMANO

O APARATO LOCOMOTOR

Está formado polo ósos, os músculos e as articulacións.

QUÉ SON AS ARTICULACIÓNS?

Os ósos non se poden dobrar porque dixemos que son duros e ríxidos.

Sen embargo o noso corpo si se dobra e flexiona.Isto é posible

gracias os músculos e as articulacións.

INDICA qué partes do corpo unen as seguintes articulacións:

CÓBADO:

CADEIRA:

XEONLLO:

PULSO:

NOCELO:

OMBRO:

PESCOZO:

Page 6: O CORPO HUMANO

No interior do noso corpo atópanse os ósos

Os ósos son duros e ríxidos.

O conxunto de todos´os ósos forman o esqueleto.

O ESQUELETO serve para que o noso corpo se manteña de pé.

Page 7: O CORPO HUMANO

O ESQUELETO: OS ÓSOS

PON O NOME DALGÚNS OUTROS ÓSOS QUE COÑEZAS E

NON ESTEAN NO DEBUXO.

RESPONDE:

1-Cal é o nome do óso máis longo do corpo?———————————

Onde está?—————————

2-Investiga: cántos ósos temos cando nacemos?——————————

E cándo somos adultos?————————————————

3-Son tódolos ósos iguais? por qué?————————————————

4-Di onde se atopan estes ósos:

TIBIA: ——————- COSTELA———————-ÚMERO—————

COLUMNA VERTEBRAL———————— RADIO————————-

Page 8: O CORPO HUMANO

O APARATO LOCOMOTOR:OS MÚSCULOS

Os músculos están baixo a pel e recobren o esqueleto.

XOGAMOS COA CARA: Na cara tamén temos músculos.Os músculos da

cara permítennos realizar os xestos cos que nos expresamos. Tamén nos

permiten abrir e pechar os ollos e mastigar

Page 9: O CORPO HUMANO

OS ÓRGANOS DO NOSO CORPO

Page 10: O CORPO HUMANO

O APARATO CIRCULATORIO

Esta formado polo corazón, as veas e as arterias.

O corazón é un músculo que se move e lanza e recolle o sangue que

vai polas arterias e as veas.

As arterias e as veas van por todo o noso corpo e por elas vai o

sangue.

O corazón o moverse produce latexos que podemos apreciar poñendo

a man enriba do lugar onde está situado, ou no pulso.

Rodea o corazón e a continuación colle o lapis e levaio polas

arterias e veas sen levantalo. Se o fas ben observarás que é coma un

circuito de coches: sempre voltas de novo o corazón. Iso mesmo lle

pasa o sangue, sempre vai polas arterias e veas ata o corazón.

Polo sangue e por onde van os alimentos que nos comemos e que

fan que esteamos sans e medremos fortes.

Page 11: O CORPO HUMANO

O APARATO RESPIRATORIO

Os seres vivos necesitamos respirar para vivir .Os seres humanos

respiramos osíxeno que é un gas que atopamos na natureza.

Obtémolo gracias as prantas e as árbores.

O oxíseno chega ata os nosos pulmóns despois de pasar pola tráquea

e os bronquios.

Nos pulmóns queda o osíxeno e expúlsase un gas chamado “dióxido

de carbono” que é tóxico.

É moi importante respirar osíxeno para estar sans e sempre debemos

inspirar polo nariz, pois así chega o aire máis limpo aos nosos

pulmóns; por iso debemos EVITAR SITIOS CONTAMINADOS OU

ONDE HAXA POUCO OSÍXENO: Por exemplo, os sitios onde se

fuma ou nos que hai moitos coches ou autobuses.

Escribe algunas partes do aparato res-

piratorio:

Page 12: O CORPO HUMANO

O APARATO DIXESTIVO

É o encargado de realizar a dixestión.

Na dixestión transformamos os alimentos que tomamos, en subs-

tancias diminutas que van polo noso sangue e recorren o noso

corpo. Así é como crecemos e nos facemos fortes.

A dixestión empeza na BOCA onde utilizamos os dentes ,as moas a

lingua e a saliva.Despois pasa por un tubo moi estreito que se cha-

ma ESOFAGO ( é moi importante mastigar ben a comida na boca

senon podemos atragantar).Do ESÓFAGO pasa o ESTÓMAGO

que é o órgano máis importante da dixestión.Ali séguese triturando

e cando chega o INTESTINO DELGADO pasa ao sangue porque a

comida está como diluída na auga(como se botáramos azucre na

auga).Todo o que non serve ou sobra vai para outro lado do intesti-

no que se chama INTESTINO GROSO, e dende alí expúlsase ao

exterior polo ANO. Tamén é moi importante na dixestión un ógano

que se chama FÍGADO.

Sinala as diferentes partes

do aparato dixestivo: