O corazón de xúpiter (ficha)

1
FICHAS DE LIBROS SOBRE O LIBRO Personaxes: Ambiente de instituto, pais, psicópata... Idioma: galego Contido e posibilidades de traballo: Nesta novela curta a trama principal é a da relación virtual dunha adolescente que acaba en traxedia. Isto fai o libro interesante desde o punto de vista social, para tratar temas como as relacións virtuais a través dun chat (tema principal), pero tamén temas secundarios coma o do acoso entre compañeiros. Os adolescentes conflictivos por problemas familiares, drogadicción, homosexualidade... Desde o punto de vista literario, ten unha estructura circular. Comeza nunha noite de San Xohán, hai un flashback onde se conta a historia previa e finaliza a mesma noite. O tema da astronomía está moi presente, pois a protagonista é unha apaixoada desta ciencia e o seu nick e o do seu contacto, así coma a súa relación, baséanse nisto. Tratando da astronomía tamén se trata o tema da mitoloxía. Por outro lado tamén hai referencias literario-astronómicas. Casiopea, ademais da connotación astronómica, refírese á tartaruga de Michael Ende. Opinión persoal Penso que é unha historia interesante para tratar o tema do acoso entre compañeiros e das relacións virtuais. Ten o valor de non acabar a historia cun happy end que a suavice: acaba coma a vida mesma.

Transcript of O corazón de xúpiter (ficha)

Page 1: O corazón de xúpiter (ficha)

FICHAS DE LIBROS

SOBRE O LIBRO

Personaxes: Ambiente de instituto, pais, psicópata...

Idioma: galego

Contido e posibilidades de traballo:

Nesta novela curta a trama principal é a da relación virtual dunha adolescente que acaba en traxedia.

Isto fai o libro interesante desde o punto de vista social, para tratar temas como as relacións virtuais a través dun chat (tema principal), pero tamén temas secundarios coma o do acoso entre compañeiros. Os adolescentes conflictivos por problemas familiares, drogadicción, homosexualidade...

Desde o punto de vista literario, ten unha estructura circular. Comeza nunha noite de San Xohán, hai un flashback onde se conta a historia previa e finaliza a mesma noite.

O tema da astronomía está moi presente, pois a protagonista é unha apaixoada desta ciencia e o seu nick e o do seu contacto, así coma a súa relación, baséanse nisto. Tratando da astronomía tamén se trata o tema da mitoloxía.

Por outro lado tamén hai referencias literario-astronómicas. Casiopea, ademais da connotación astronómica, refírese á tartaruga de Michael Ende.

Opinión persoal

Penso que é unha historia interesante para tratar o tema do acoso entre compañeiros e das relacións virtuais. Ten o valor de non acabar a historia cun happy end que a suavice: acaba coma a vida mesma.