O claro do bosque

13
O CLARO DO BOSQUE Mónica Hughes

Transcript of O claro do bosque

Page 1: O claro do bosque

O CLARO DO BOSQUE

Mónica Hughes

Page 2: O claro do bosque

Era unha vez un grupo de nenos aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido como llo permitían os seus pés.

Page 3: O claro do bosque

A noite véuselles enriba, cos seus sons aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas, e axiña se encontraron no medio dun bosque escuro.

Ao non poder ver cara onde ían abrazáronse, para darse calor e protección, e así permaneceron ata o amencer.

Page 4: O claro do bosque

Cando saíu o sol os nenos puideron ver, con sorpresa, que se atopaban nun claro do bosque do que partían, en direcións diferentes, tantos carreiros que era difícil poder contalos. Os carreiros tiñan curvas e reviravoltas, de xeito que, resultaba difícil saber o que había ao final de cada un. Soamente podían imaxinalo.

Page 5: O claro do bosque

Eu irei por este lado — dixo un raparigo, e tomou un dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e gallardetes ao vento. Atravesou valorosamente a súa enorme porta de entrada e, naquel lugar, correu grandes aventuras.

Page 6: O claro do bosque

  Este carreiro parece interesante — dixo unha nena — non podo imaxinar o que hai á volta da curva. Por iso, partiu noutra dirección e pronto se atopou nunha nave espacial vendo como o sistema solar se facía máis pequeno a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.

Page 7: O claro do bosque

— Eu quero atopar unha espada máxica coa que vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros — exclamou un neno. — Eu tamén — dixo o seu amigo. E ambos tomaron outro carreiro pensando dar batalla ao malvado xigante.

Page 8: O claro do bosque

  Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos os países e todos os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus nenos.

Page 9: O claro do bosque

Pronto marcharon todos os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e aos diferentes carreiros, uns xa explorados e outros esperando que alguén atopase o que se ocultaba detrás das súas reviravoltas.

Page 10: O claro do bosque

Puxo a súa man sobre a suave cortiza dunha árbore dicindo en voz alta: — Este lugar é máxico. Desexo saber como se chama. 

Page 11: O claro do bosque

E o claro do bosque contestoulle:

Page 12: O claro do bosque

— O meu nome é Biblioteca.

Page 13: O claro do bosque

Para todas e todos os amantes dos libros.FELIZ DÍA !! 24 de outubro de 2013 Biblioteca Miguel Anxo Mouriño - Riomaior