O Caurel

9
SOMOS DE GALICIA O Caurel Rafael Reboredo Barreiro - 2º C 23/03/2012

description

Realizado por Rafael Reboreda Barreiro de 2ºc de Ed. Primaria

Transcript of O Caurel

Page 1: O Caurel

SOMOS DE GALICIA

O Caurel

Rafael Reboredo Barreiro - 2º C

23/03/2012

Page 2: O Caurel

INTRODUCCIÓN

O pasado ano fun con meus pais a pasar uns días no Courel. O Courel está na provincia de Lugo. Estivemos en Esperante, Seoane do Courel, nun acampamento. O día que mais disfrutamos foi cando fixemos una ruta de sendeirismo chamada “Os Sequeiros de Mostad” de 5.200 m. Na ruta camiñamos por zonas cheas de vexetación e se respiraba moi ben. O que mais nos gustou desta ruta, foi cando preto do final chegamos a un prado na beira do río Lor, que é un afluente do río Sil. No día seguinte visitamos un pobo chamado Froxán e un bar que se chama “O Pontón”. No Courel naceu o poeta Uxío Novoneyra, que no seu libro “Os eidos” escribe poesías dedicadas ao Courel.

Page 3: O Caurel
Page 4: O Caurel

OS SEQUEIROS

Un "sequeiro" é unha construción tradicional utilizada para secar castañas para a súa conservación. O "sequeiro" é unha construción configurada especificamente para o secado da castaña e en ocasións utilizada como vivenda durante o proceso de secado, que pode durar 15 días, ou realizar o proceso mais dunha vez. Posúe un piso inferior no que se acende o lume, unha parte superior na que se colocan as castañas para secalas afumándoas. O chan do piso superior está feito de táboas lisas por arriba e en forma de cuña por baixo para favorecer o paso do aire quente do fume.

Sequeiro Portela

Sequeiro Paramedela

Page 5: O Caurel

RÍO LOR O río Lor nace en Fonte Boa nas saias de O Cebreiro a 1.240 m. de altura e tras percorrer 54 Km., desemboca en Augasmestas a 220 m. de altura, no río Sil. Discorre entre os Montes de Lóuzara e a Serra dá Trapa pola dereita e o cordal da Serra do Courel pola esquerda, os seus principais afluentes son o Pequeno, Lóuzara, Carballido e Bidueiros.

Lor ruxindo polo val pecho...

Ucedo e ucedo! Fontiñas outas

penedos carrozos oscuros fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras

que sólo vístedes istes tesos e vales!

Aturula a curuxa e canta o cuco medindo o tempo quedo que se para no cor e tornándose

contra ún ven cravarse no sitio onde máis se sinte.

( Uxío Novoneyra. Os Eidos. 1953 )

Page 6: O Caurel

FROXÁN Pertence á parroquia de San Vicente de Vilamor, está situada a 450 m. de altura nunha das escasas zonas de terras chairas apropiadas para a agricultura en O Courel.

Nos arredores da aldea hai unha capela dedicada a San Sebastián, que segundo parece foi un cemiterio celta, máis tarde apareceron xunto á capela sepulturas do Sigo V d.C.

Á entrada de Froxán está a "Fonte do Milagre", chamada así polos continuos milagres que suceden debido ás súas curativas augas.

E famosa a festa da Písa dá Castaña. Celébrase o primeiro domingo de decembro ou o día da Inmaculada, "pisan", as castañas que previamente estiveron secando nun "sequeiro", que se introducen nun saco de tea forte e golpéanse entre dúas persoas contra un tronco, antigamente púñase un pelello de cabra sobre o tronco e o saco golpeaba contra o mesmo. Despois se "abandoxa" no "bandoxo" co fin de sacarlles a "puxa" (casca).

Hai uns anos fundouse a Asociación Fonte do Milagre, un colectivo de veciños que recuperou vellos carreiros, que organiza as festas do Magosto en Agosto e da Písa dá Castaña en Decembro, recuperou os pozos de O Tesouro e Os Mouros de Froxán, situados baixo a praza ou "aira" e publica a revista A Candea que trata temas relacionados con O Courel. Na resolución de 25 de Abril de 2006 incóase expediente para a declaración como ben de interese cultural coa categoría de lugar de interese etnográfico.

Page 7: O Caurel

O PONTÓN

Un lugar único nunha paraxe totalmente natural. Un lugar para descansar a mente, para gozar os momentos inesquecibles da vida.

Este local aberto en 1996 converteuse nun clásico de visita inevitable para calquera que visite O Courel.

O que chama a atención deste bar é o seu mobiliario. Está feito con madeira de castiñeiro traballada artesanalmente. Nin un só anaco de

madeira das táboas ou troncos procede de árbores vivas. Todo vén de árbores queimados en incendios, ramas secas ou arbores caídos polo vento.

Desde a súa apertura pasaron miles de persoas polo bar. Algúns deles eran visitantes doutros países, como EEUU, Francia, Alemaña e moitos outros. No libro de visita, exposto no bar, hai moitísimos comentarios e declaracións de amor cara a Courel e cara ao bar O Pontón.

Aquí vivimos festas populares e artesanais, magostos, certames de pintura, gozamos das castañas asadas e da maxia da queimada.

Page 8: O Caurel

UXÍO NOVONEYRA Uxío Novoneyra, naceu en Parada, lugar da parroquia de San Xoán de Seoane do Courel (Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930.

Os seus pais eran labradores e cando tivo idade foi estudar a Lugo o bacharelato. Máis tarde continuou os estudos universitarios en Madrid. Comezou a escribir os seus primeiros poemas en castelán, aínda que máis tarde xa os fixo sempre en galego. Era moi amigo doutro poeta galego moi importante, Manuel María, co que compartía ideas, charlas e paseos. Escribiu tres libros de contos para os máis pequenos: «Gorgorín e Cabezón», «Ilda,o lobo, o corzo e o xabarín» e «O cubil do xabarín». Ten varios libros de poemas: «Muller pra Lonxe», «Do Courel a Compostela»... Se cadra o máis importante é o que recolle as poesías ambientadas nas montañas do Courel. O libro leva por título «Os eidos».

CANTA o cuco cala e canta

dos castiñeiros do val.

Pasa o tempo e non di nada

e volta o cuco a cantar.

Casou en 1973, con Elva Rei, e tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. Durante toda a súa vida Uxío foi un gran defensor do noso idioma e da nosa terra. O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega.

Finou en Santiago de Compostela, o 30 de outubro de 1999, sendo soterrado no cemiterio lugués de San Froilán.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2010.

Page 9: O Caurel

FOTOGRAFÍAS

Froxán Os Sequeiros

Castañas

Indo cara á Froxán

Recuperando o Patrimonio

San Pedro de Esperante