O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal

4
. MOBILIZÁMONOS POLO SERVIZO POSTAL E AS CONDICIÓNS DE TRABALLO NAS MARCHAS DA DIGNIDADE DO PASADO 29N Consulta a pseudo-negociación do teu Convenio en Facebook ou na nosa WEB! A loita en defensa do servizo postal universal e a prol da dignidade nas condicións de traballo estiveron moi presentes na concentración que encheu a praza do Obradoiro. Acudimos cunha pancarta sen siglas buscando, unha vez máis , que @s protagonistas sexan as persoas e non os sindicatos. Repartíronse 800 pasquíns informativos. oconflicto postal MANIFESTACIÓN NA CORUÑA O 27 DE DECEMBRO! 12:30 OBELISCO. Contra as dobraxes e o empeoramento das condicións de traballo. Pola defensa dun servizo postal universal público de calidade. Polo reparto de uniforme que protexa a todo o mundo. Contra as ameazas de Correos de deixarnos sen convenio. Contra uns servizos médicos que só buscan denegarnos as baixas. Por unha negociación transparente e intelixente, sen presas Por un referendum antes de asinar o convenio. O PRESIDENTE QUE NOS PIDE DOBLAR SECCIÓN, DARSE DE ALTA CANTO ANTES,REPARTIR CON ROUPA VELLA, CONXELARNOS O SALARIO… COBRA 178388,18 Euros (sen contar productividades, pluses, dietas…)

Transcript of O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal

Page 1: O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal

.

MOBILIZÁMONOS POLO SERVIZO POSTAL E AS CONDICIÓNS DE TRABALLO NAS MARCHAS DA DIGNIDADE DO PASADO 29N

Consulta a pseudo-negociación do teu Convenio en Facebook ou na nosa WEB!

A loita en defensa do servizo postal universal e a prol da dignidade nas condicións de traballo estiveron moi presentes na concentración que encheu a praza do Obradoiro. Acudimos cunha pancarta sen siglas buscando, unha vez máis , que @s protagonistas sexan as persoas e non os sindicatos. Repartíronse 800 pasquíns informativos. oconflicto postal

MANIFESTACIÓN NA CORUÑA O 27 DE DECEMBRO! 12:30 OBELISCO.

Contra as dobraxes e o empeoramento das condicións de traballo.

Pola defensa dun servizo postal universal público de calidade.

Polo reparto de uniforme que protexa a todo o mundo.

Contra as ameazas de Correos de deixarnos sen convenio.

Contra uns servizos médicos que só buscan denegarnos as baixas.

Por unha negociación transparente e intelixente, sen presas

Por un referendum antes de asinar o convenio.

O PRESIDENTE QUE NOS PIDE DOBLAR SECCIÓN, DARSE DE ALTA CANTO ANTES,REPARTIR CON ROUPA VELLA,

CONXELARNOS O SALARIO… COBRA 178388,18 Euros

(sen contar productividades, pluses, dietas…)

Page 2: O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal

nnjk

CONVOCATORIA DE CGT A TODOS OS SINDICATOS PARA BUSCAR A UNIDADE DE LOITA

A xuntanza realizouse para o día 4 de Decembro. as organizacións que asistiron foron CGT, UGT ( que entrou 13 minutos para dicir que a folga do 27 fora un éxito pero non participou posteriormente da xuntanza (¡?) ) ESK, LAB, SIPTCE-USO, INTERSINDICAL VALENCIANA, e INTERESINDICAL CANARIA. Escusaron a súa presenza, SL, ELA, CIG e CSiF. Non acudiu nin contestou á chamada de unidade CCOO. A xuntanza xirou en torno á negociación do convenio e da nosa plataforma reivindicativa. Moitas das persoas presentes nesa xuntanza mostraron a sospeita de que as mobilizacións de datas pasadas (27N) son unha manobra destinada a cubrirse as costas en vistas de unha hipotética sinatura inminente do convenio colectivo, con un mínimo lavado de cara estético sobre o presentado por Correos SAE. Falouse da necesidade de prantexar unha loita REAL e con OBXECTIVOS CLAROS. Haberá unha nova xuntanza no mes de Xaneiro. O obxectivo común de consenso de todos os presentes foi a importancia de reivindicar que antes de calquer acordo se consulte a todo o colectivo por medio de un REFERENDUM.

592.388€ é a suma do que cobra o noso Presidente 178.833€ máis o Pres. da SEPI 210.000€ e o Vicepresidente 204.000€.

Sabemos que estes salarios son escandalosos, e máis cando veñen de unhas persoas que nos esixen no día a día austeridade e comprensión cando non contratan para suplir baixas, por poñer un exemplo. Sen embargo seguimos coa dúbida de canto é o que paga Correos en concepto de produtividade a xefes/as de sector, directores/as de zona e demais persoal do centro directivo. Intuímos que estas cifras poderían chegar a ser bochornosas. Son varias as veces que CGT ven solicitando as cifras das produtividades pagadas. A última, por escrito, na primeira xuntanza da comisión negociadora do convenio colectivo. Recibindo, como non, a calada por resposta.

A bufanda que non abriga.

95,08 Euros Descontos: (salvo excepcións)

1 día: 12.02 2días 18,03 A partir do terceiro pérdese enteira.

Podes coller 2 días de A.P sempre que un deles este entre o 1 e o 14 de decembro

sen penalización.

Recollidas xa máis de 3000 sinaturas a prol do

REFERENDUM O persoal, farto de estar sempre excluído das tomas de decisións que lle afectan, asina en masa a petición.

Page 3: O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal

CGT Correos reúnese con PODEMOS e IU para que as nosas propostas postais se reflictan no seu programa de cara ás eleccións estatais.

Imaxe do encontro con PODEMOS

PODEMOS solicita a axuda de CGT para realizar o seu programa electoral no que se refire ao ámbito postal. Están de acordo en potenciar o carácter público de Correos, fomentar a creación de emprego e apuntalar o SPU. Tamén coincidimos na necesidade de facer unha auditoría en profundidade das contas de Correos. De este xeito valoramos con interese a proposta de recuperar un banco público. Feito no que a infraestrutura de Correos podería ser clave. Pola súa parte Esquerda Unida apoia tamén o mantemento do carácter público de Correos e aposta polo SPU.

Compostela será unha das unidades que probará o novo calzado de inverno.

Anos e ducias de denuncias nos comités estatal e provincial comezan a dar os seus froitos. Estaremos atentos á calidade dos mesmos

Concentracións do comité de empresa e xunta de persoal

polo uniforme. O pasado 2 de decembro manifestámonos nas portas das unidades centrais de Coruña, Compostela e Ferrol para reclamar a entrega de roupa de calidade e a todo o mundo

RECLAMA OS TEUS EPIS AO TEU XEFE INMEDIATO. SOLICÍTANOS UN MODELO DE PETICIÓN DE ROUPA.

NOVA DISCRIMINACIÓN AO PERSOAL DO CTA: Denegados os días de AP en época de Nadal.

A pesar de estar estipulada nas condicións da bufanda de que Correos permitirá realizar até dous días sen penalización neste mes de decembro. Presentamos unha escrita pedindo explicación dos motivos de tal denegación. Tamén nos chegan denuncias da opacidade en ofrecer e realizar as horas extras no Nadal e do acumulación de envíos sen traballar neste centro.

Negociación do convenio colectivo Na quinta xuntanza a empresa recúa nas súas propostas máis agresivas. De algún xeito é como

volver comezar a negociación sabendo as intencións que ten a dirección. Nos próximos días veremos en que queda a ameaza de Correos de descolgarse unilateralmente do IV convenio

colectivo...

O sindicato Federal de Correos da CGT propón unha folga parcial de 3 horas.

O sindicato Federal da CGT-Correos ven de convocar unha folga parcial contra as ameazas de Pérez Capitán e as propostas de acordo presentadas por parte da empresa.

A folga estará convocada nos días 22,23,26,29 e 30. As 3 últimas horas de cada xornada.

A sección da Coruña, para respaldar esta loita e centrar as mobilizacións nos temas cotiás que preocupan a todo o colectivo, acordamos convocar unha manifestación de apoio ás seccións

que secunden masivamente esta convocatoria de paros parciais.

Page 4: O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal

Cúmprense 8 meses rexistrando pendentes de reparto na UR1 da Coruña, especialmente na zona centro. Isto é simplemente unha proba do que está a acontecer diariamente en moitas outras unidades da nosa provincia. 8 meses sen recibir ningún tipo de resposta por parte da dirección que non ten a mínima intención de amañar o grave problema do incumprimento impune e sistemático do SPU, negándose a contratar a xente necesaria para levar adiante o servizo coa calidade e regularidade esixible... Nos próximos días cursaremos a denuncia pertinente ao ministerio de fomento e á comisión nacional do mercado de comunicacións. Sen embargo somos conscientes que é o apoio da sociedade e a denuncia pública son as únicas que poden parar isto. A empresa demostra que non quere cumprir as condicións do servizo público e xa o PP (a semana pasada) anunciou no congreso que estaba a preparar un novo plan de prestación para o SPU. Por elo este é un momento crucial para defender o servizo postal universal e a nosa dignidade no traballo!

Número de veces que quedaron sen repartir as seguintes rúas nos últimos 8 meses:

Juan Flórez: 77 veces Rei Abdulhá: 25 veces Avenida de Fisterra: 57 veces F Macías: 26 veces Calvo Sotelo: 35 veces Federico Tapia: 22 veces Padre Feijóo: 38 veces Calvo Sotelo: 29 veces Rúa Ferrol: 31 veces Pérez Cepeda: 27 veces Menendez Pelayo: 43veces Médico Rodríguez: 55 veces Pintor J Vaamonde: 26 veces Avenida de Arteixo: 56 veces Marcial del Adalid: 29 veces Costa Rica:46 veces Pardo Bazán: 24 veces Uruguay: 38 veces Alfredo Vicenti: 26 veces América: 27 veces