O Busgoso e o Sumicio

2
O Sumicio BIBLIOGRAFIA: Ricardo Sánchez Manuel Díez Pernía ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 1999. ? ? ? diccionario dos seres míticos galegos Pequena Mitoloxia de galicia El gran libro de la mitologia asturiana. Gaspar Meana ; ; Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 2001. Cañedo Valle, X e Sánchez Vicente, X.X., Editorial Trabe. Ovieu, 2000 ILUSTRACIONS: EQUIPO DE BIBLIOTECA C.E.I.P. VICTOR SÁENZ O busgoso

description

boletín con adaptacións de lendas para nenos da campaña Lendo Lendas CEIP Victor Saenz

Transcript of O Busgoso e o Sumicio

Page 1: O Busgoso e o Sumicio

O Sumicio

BIBLIOGRAFIA:

Ricardo Sánchez Manuel Díez Pernía

?Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición

Xerais, Vigo 1999.?

?

?

diccionario dos seres míticos galegos

Pequena Mitoloxia de galicia

El gran libro de la mitologia asturiana.

Gaspar Meana

;

;Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,

Edición Xerais, Vigo 2001.Cañedo Valle, X e Sánchez Vicente, X.X.,

Editorial Trabe. Ovieu, 2000

ILUSTRACIONS:

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

O busgoso

Page 2: O Busgoso e o Sumicio

O busgoso O SumicioO Sumicio non é invisibel, pero escóndese tan ben e é tan

experto escapista que case nunca se deixa ver. Como moito, algúns afortunados víronlle algunha vez a punta das orellas, que seica as ten moi grandes e coloradas.

O Sumicio é un trasno especializado en facer desaparecer as cousas da casa xusto no momento en que un as necesita. Poñamos por caso que tes unhas tesoiras na man, póusalas un pouquiño, e cando volves por elas para seguir co labor que estás facendo, as tesoiras non están onde as deixaches e non aparecen por ningures, aínda que poñas a casa patas arriba. Foi o sumicio, que ademais de escapista é un auténtico escamoteador, e fai que as cousas se evaporen coma se fosen dar a un escuro sumidoiro que se abrise ao seu paso.

Só hai un remedio coñecido para poder recuperar os

É o gardián dos bosques, soutos, montes e fragas. Ten pezuños e cornos de chibo.

É compasivo cos viaxeiros e camiñantes aos que lles indica o camiño cando se perden. Defende aos animais e é cruel cos cazadores e persegue as mulleres para levalas aos seus dominios.

Vive nos montes de Oscos, Boal e Salime (na Asturias máis occidental) e nos da Fonsagrada e Navia de Suarna (na Galicia máis oriental).

obxectos que o sumicio agacha nos lugares máis insospeitados, hai que rezar seguido e sen trabucarse, nin pouco nin moito, o responso a San Antonio, o paduano.

Desde a nosa experiencia de moitos anos, aconsellámosche que non xogues nunca co sumicio ás agachadas. Tes boa sorte se a túa avoa é tan sabia coma as nosas e é das que arresponsa de corrido as cousas que se perden; se non, adeus tesoiras!

“San Antón e San Froilánprende o lobo e ceiba o canSan Antolín o Paduano,

pecha a porta, que entra o trasno”.

Colasina perdía o tempo entreténdose con calquera cousa: mirando as formigas, xogando coas vacaslouras, sacando cágados na lagoa ou pasándolle unha pluma a unha lesma para que correra. Foi cun recado á aldea veciña. Fíxose de noite e non acababa de volver e ademais, tiña que atrevesar Montegrande.

-Pois mira que se lle sae o lobo !- susurraba a súa tía.-Isto vaille servir para que non saia máis da casa ata

que veñan pedir a súa man !- dicía o seu pai.Pouco máis tarde deron con ela, agachada ao pé dun carballo. A nena, tremando, falaba atropelladamente dun bico que lle dera non sabía quen nos mesmos beizos. Non se lles ocurriu más que levala onde o cura para que exorcizase. Sabían ben que do contrario, morrería.