o berro vol2

37
No mes de novembro María Reimóndez presentou o seu novo libro Pirata na casa da cultura do Carballiño. Foi unha presentación amena combinada coa lectura de pequenos fragmentos da narración con respostas musicais por parte do músico Xabier Díaz. No libro, a escritora lucense defende os seus ideais: a independencia da muller retratada en personaxes coma Madame Ébano e Anne Bonney así como a confusión na mente de Mark Read en busca da súa identidade. MARÍA REIMÓNDEZ NO CARBALLIÑO Jessica Nogueira 3º ESO Foto con dúas alumnas do CPI Maside, María Reimondez e Xabier Díaz (cantante) Todo isto está rodeado dunha historia de piratas que encerra máis cousas cás que podemos ver a simple vista. Este ano vimos O Club da Calceta, película dirixida por Antón Dobao, que une a seis mulleres con mundos e conflitos diferentes arredor dun curso de calceta. Baseada nun libro homónimo de María Reimóndez. O A autora de Pirata publicou tamén, na colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia, O monstro das palabras, un libro no que unhas rapazas descobren, axudadas pola súa mestra, que un ser perverso e maligno se afana cada certo tempo en comerlle as palabras á lingua para evitar que a xente se relacione, pense e evolucione. Privando as persoas das verbas os nenos fican como aparvados, tatexando palabras sinxelas, e os maiores reclúense en si mesmos incapaces de expresarse. É case unha constante na obra de María Reimóndez o carácter reivindicativo que aplica aos seus personaxes e que verque sobre a lingua e a condición das mulleres no mundo, convencida de que a educación integral ha de ser a chave que abra as portas a un mundo máis xusto e xeneroso para todos. María Navarro

description

o berro 2009/2010

Transcript of o berro vol2

No mes de novembro María Reimóndez presentou o seu novo libro Pirata na casa da cultura do Carballiño. Foi unha presentación amena combinada coa lectura de pequenos fragmentos da narración con respostas musicais por parte do músico Xabier Díaz.

No libro, a escritora lucense defende os seus ideais: a independencia da muller retratada en personaxes coma Madame Ébano e Anne Bonney así como a confusión na mente de Mark Read en busca da súa identidade.

MARÍA REIMÓNDEZ NO CARBALLIÑOJessica Nogueira 3º ESO

Foto con dúas alumnas do CPI Maside, María Reimondez e Xabier Díaz (cantante)

Todo isto está rodeado dunha historia de piratas que encerra máis cousas cás que podemos ver a simple vista.

Este ano vimos O Club da Calceta, película dirixida por Antón Dobao, que une a seis mulleres con mundos e conflitos diferentes arredor dun curso de calceta. Baseada nun libro homónimo de María Reimóndez.

O monstro das palabras

A autora de Pirata publicou tamén, na colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia, O monstro das palabras, un libro no que unhas rapazas descobren, axudadas pola súa mestra, que un ser perverso e maligno se afana cada certo tempo en comerlle as palabras á lingua para evitar que a xente se relacione, pense e evolucione. Privando as persoas das verbas os nenos fican como aparvados, tatexando palabras sinxelas, e os maiores reclúense en si mesmos incapaces de expresarse.

É case unha constante na obra de María Reimóndez o carácter reivindicativo que aplica aos seus personaxes e que verque sobre a lingua e a condición das mulleres no mundo, convencida de que a educación integral ha de ser a chave que abra as portas a un mundo máis xusto e xeneroso para todos.

María Navarro

UXÍO NOVONEYRAUxío Novoneyra, fillo de labregos, naceu o 19 de xaneiro de 1930

na pequena aldea de Parada de Moreda, en plenas montañas do Courel, en Lugo.

Estudou o bacharelato na cidade de Lugo e posteriormente trasladouse a Madrid para comezar a carreira de Filosofía e Letras. E é nesta cidade onde publica os seus primeiros poemas, na revista universitaria Bengala. Estes primeiros poemas están escritos en castelán.

No ano 1952 volta a Galicia e entra en contacto con diferentes intelectuais galegos de Santiago de Compostela: Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Manuel María... o que o leva a tomar conciencia galeguista e a escribir, xa a partir de entón, exclusivamente en idioma galego.

Casou en 1973 con Elva Rei, á que coñeceu durante a súa estadía en Lugo, e coa que tivo tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo.

Durante un tempo vive entre Lugo e O Courel ata que se establece definitivamente, dez anos máis tarde, en Santiago de Compostela. É nesta cidade onde é elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que vai exercer ata a súa morte durante dezasete anos consecutivos.

Uxío é autor de numerosos libros de poemas: «Muller pra lonxe», «Do Courel a Compostela», «Poemas caligráficos»..., sendo o máis coñecido e máis representativo da súa obra o que leva por título «Os eidos», nos que recompila toda a súa poesía relacionada co Courel.Escribiu tamén tres contos para os máis pequenos: «Gorgorín e Cabezón», «Ilda,o lobo, o corzo e o xabarín» e «O cubil do xabarín».

Faleceu en Santiago de Compostela un 30 de outubro de 1999.Este ano 2010 a Real Academia Galega adícalle o 17 de maio, Día das Letras Galegas, como

recoñecemento ao seu traballo a prol da lingua e a cultura galega.

Actividades infantil

Colorea o debuxo

Colorea as folerpas que levan escrito o número 4

Actividades 1ºciclo PRIMARIA

O Courel non é a única zona montañosa de Galicia. A maioría das nosas montañas están en Lugo e Ourense. O punto com maior elevación está en Pena Trevinca, con 2095 metros sobre o nivel do mar.

Darás adiviñado o nome das principais cadeas montañosas galegas? Só tes que resolver os xeroglíficos.

Actividades 2ºciclo PRIMARIA

Actividades 3ºciclo PRIMARIA

Ilustracións: Jessica NogueiraTodas as actividades do

Seminario Galán

QUEREMOS GALEGO é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.QUEREMOS GALEGO nace dun activo proceso de debate e reflexión colectiva arredor da difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A un estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados até o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura. A Plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO aspira a recoller e transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade, independentemente das súas afiliacións ou simpatías.

Concertazo contra o Decretazo, Pontevedra

www.queremosgalego.org

O ENDL do centro está adherido á plataforma, igual que moitas persoas a nivel individual e entidades de todo tipo: asociacións de veciños, comercios, grupos de teatro, centros de ensino, asociacións de escritores...

A plataforma ten levado a cabo numerosas iniciativas:●Unha Proposta de Iniciativa Lexislativa Popular pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos (Proposición de Lei, por iniciativa lexislativa popular, sobre o uso do galego polas Administracións de Galiza e no ámbito do ensino)●A campaña para continuar a dar as aulas en galego●Unha folga no ensino, manifestacións, concertos contra o decreto...

INFÓRMATE EN:

QUE É QUEREMOS

GALEGO?

Infantil 3 e 4 anos Alameda

Infantil 5 anos Alameda

Dacón

Punxín

2º Primaria

1º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

5º Primaria

6º Primaria

1º de ESO

2º ESO A

4º ESO B 4º ESO A

2º ESO B

3º ESO

Ten colaborado en moitas publicacións e é autor de catro libros: Albarellos, historia de viño e auga; Xuvencos, historia e tradición; O Couto e Parroquia de Partovia e Historia do papel na comarca do Carballiño, traballo que fai sempre de forma desinteresada co fin de dar a coñecer a nosa historia á maior parte de persoas posibles.

Ese día falounos das riquezas que temos no noso patrimono.

XOSÉ LUÍS SOBRADO PÉREZEste curso veunos visitar Xosé Luís

Sobrado Pérez, un historiador que sabe moito da nosa comarca. Forma parte do GRUPO ARQUEOLÓXICO LAROUCO, que traballa nas zonas de Lugo e Bande. É vicepresidente do CENTRO DE ESTUDOS CHAMOSO LAMAS, do que foi presidente durante 14 anos. É membro da Comisión de Patrimonio, que é un órgano que asesora á Xunta de Galicia en asuntos relacionados co patrimonio.

Ten levado a cabo un amplo traballo de investigación, porque en historia tamén se investiga, na maior parte dos arquivos máis importantes de Galicia e algúns do Estado Español.

Fixo un percorrido polos restos que conservamos, que son moitos e de todas as etapas históricas. Tamén son, a maioría deles, descoñecidos por nós. Acompañou a charla counha presentacion con ampla variedade de fotografias.

Moi interesante para aprender a valorarmos o propio.

Historias de Galicia é unha colección de vídeos que recolle a serie emitida pola TVG.Unha boa maneira de achegarse á nosa historia. A duración dos capítulos, media hora, e a maneira de tratar os temas axudan a entender feitos do pasado que explican o presente.

En clases vimos vídeos moi interesantes. Un deles foi o da memoria recobrada. O primeiro capítulo, “La tempestad de norte”, está dedicado a Galicia.

Vai de como vivimos no noso país a guerra civil e a posterior represión da ditadura franquista.Podemos encontrar o testemuño de xente que aínda vive e doutros que falan por boca das familias.Perseguid@s, fuxid@s, executad@s nas cunetas...e superviventes que nos obrigan a facer memoria da man de Manuel Rivas.

J. Benito Otero Portabales

QUERES SABER MÁIS DA NOSA HISTORIA?

Fin de semana na montañaAlba, Aline, Andrés e Jennifer (2ºESO B)

Os días 15, 16, 17 algúns alumnos/as de 2º da ESO tivemos unha excursión emocionante ao pico máis alto de Galicia, Pena Trevinca.

No primero día visitamos un castelo que pertencía á duquesa de Alba e seguimos a viaxe ata o noso destino onde nos esperaban Cholo e un acompañante que nos levarían de paseo. Coñecemos algúns Parques Naturais e minas de volframio que eran da 1ª metade do século xx .Foi un día estupendo e estivemos en lugares onde non tiñamos estado antes.

O segundo día... tocounos subir, subir e subir ao pico máis alto de GaliciaBuff ! Cansámonos moito, pero pagou a pena porque, cando chegamos á cima, puidemos disfrutar de vistas preciosas.

O último día... sentiamos dúas cousas a un tempo! Estabamos alegres e tristes.Alegres, porque escalamos o pico máis alto de Galicia e coñecemos marabillosos lugares; pero tamén estabamos tristes, porque tiñamos que abandonar aquel marabilloso lugar e comezar...

ohh! Non, outra vez cole!

Segundo o propio Fernández Paz, con Valados quixo «narrar as consecuencias que pode ter nas vidas das persoas a existencia destes muros que afondan na desigualdade. Eu quería unha historia como un alegato contra todos os muros. Creei unha sociedade nunha vila, na que están primeiro os muros invisibles que propician a división. Estes, despois, acaban cristalizando nun muro de arame e de cemento. É un texto que ten a súa dureza, pero que está escrito coa delicadeza posible e que deixa un asomo esperanza.»

Valados, Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais, 2009

Valados, publicado pola editorial Xerais en 2009, é un libro que nos fala de todos eses valados, visibles ou invisibles, que se erguen para separar e illar unhas persoas doutras.

Literatura galega

O primeiro que percibes

cando baixas as escadas do avión no aeroporto de Dakar –capital de Senegal- é un cheiro intenso, un cheiro novo que o teu sentido do olfacto non recoñece, un cheiro que o impregna todo, do mesmo xeito que a humidade que fai que súes por todos os poros da túa pel.

, África un continente, África un continente que enfeitiza que enfeitiza

Raquel Domínguez Pérez

Unha viaxe en bicicleta, e máis aínda se é polas estradas e pistas areosas do continente africano, é unha aventura. Non adquire as tinguiduras dramáticas e heroicas de expedicións de finais do século XIX e principios do XX, pero convértese nunha experiencia única, que convida a espremer ao máximo cada segundo, cada paisaxe, cada conversación cos aldeáns.

A bicicleta, esa amiga e compañeira inseparable dos cicloturistas, permíteche establecer unha relación moito máis estreita, real e enriquecedora co contorno que te rodea, brindándoche momentos que quedarán gravados na túa retina e no corazón para sempre.

Rodeada de nenas na cidade de Saint Louis, Senegal

En África todo é diferente. Soa a tópico e escoitámolo algunha vez, pero a luz africana é especial, adquire tons non contemplados en ningunha outra parte do mundo, sobre todo no amencer e no solpor.

A loita pola supervivencia do home maniféstase en superlativo, e é que a fame, a necesidade, a enfermidade, a desigualdade e a corrupción son tanxibles e próximos, e nalgunha ocasión o destino convídate a participar desa loita.

Raquel cunha amiga senegalesa en Missirah, Senegal

Descanso e faladoiro arrimados a unha boa sombra, Gambia

O que caracteriza o africano é a súa hospitalidade e amabilidade co viaxeiro, a súa perplexidade e curiosidade ante o cicloturista, a súa inocencia e inxenuidade fronte á vida.

Raquel cun grupo de escolares en bicicleta, Gambia

SOBRE SENEGAL, GAMBIA E CABO VERDEA Senegal coñéceselle como o país da teranga, que significa “hospitalidade”. O equipo de fútbol nacional chámase Leóns de Teranga, e moitos hoteis e restaurantes do país adoptadoron este nome.A República de Senegal é un dos 54 estados que conforman África.Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea Bissau e Guinea e ao oeste a súa costa está bañada polo

Océano Atlántico.

Situación de Senegal no mundo e respecto de África

Ten unha superficie de 196.000 Km cadrados e unha poboación de 11.000.000 de habitantes. As súas principais cidades son: Dakar, a capital, con 3.000.000 de habitantes, Thiès, Rufisque, Saint Louis e Ziguinchor.Foi colonia francesa durante case un século, ata que en 1.960 se converteu en república independente. En Senegal conviven de forma pacífica varios grupos étnicos: os wolof, que representan o 43% da poboación, os fula (24%), os serer (14%), os tukulor (10%) e os diola (5%).O idioma oficial é o francés, aínda que o wolof é o máis falado a pesar de non ter status oficial.

O caiuco é a embarcación máis representativa de Senegal.

A pesca, e máis recentemente o turismo, son os sectores dominantes da economía senegalesa. A loita tradicional é o deporte-espectáculo máis popular de Senegal, seguido do fútbol.O estilo musical do Mbalax é o máis escoitado en Senegal, resultado de transformar ritmos cubanos e toques típicamente senegaleses, baseados en instrumentos de percusión como o tambor.

A relixión predominante é o Islam: os wolof, fula e tukulor son case exclusivamente musulmáns.A moeda oficial é o franco de África occidental, chamado “franc CFA”. As siglas CFA significan Comunidade Financeira Africana (1€ equivale a 11.500 CFA).

Senegal conta con algúns dos músicos máis famosos de África, como os cantantes Youssou N´Dour, Baaba Maal e Ismael Lô. O instrumento máis representativo é a kora, icona da música africana en todo o mundo.

No interior de Senegal atópase Gambia, o estado máis pequeno de África, cunha superficie de 11.300 Km cadrados, equivalente á superficie das provincias de Ourense e Pontevedra.Ten unha poboación de 1.600.000 habitantes, o que equivale á poboación das provincias da Coruña e Lugo. A capital é Banjul, aínda que a cidade máis poboada é Serekunda. O idioma oficial é o inglés. En 1965 obtivo a independencia do Reino Unido.

O arquipélago de Cabo Verde atópase 560 Km mar dentro fronte á costa de Senegal. Antiga colonia portuguesa, segue conservando moitas das tradicións e costumes da súa antiga metrópole, incluído o idioma, o portugués. Cabo Verde conta cun dos fondos mariños máis espectaculares do planeta, ricos en diversidade animal e vexetal, idóneos para a práctica do mergullo.

O baobab, árbore sagrada para os africanos

Órix no Parque Nacional da Langue da Barbarie, Senegal.

Raquel mergullando na Ilha de Sal, Cabo Verde

Ola: na nga def (sing.)Na ngeen def (pl.)

Adeus: ba beneenGrazas: Jërë JëfEstou ben: jaam rekE vostede?: yow nag?

Beber: NaanSi: WaawNon: DeedeetComo se chama vostede?:

naka-nga sant?Chámome...: maa ngi tudd...Perdón: baal ma

COMO SE DI EN WOLOF?

Carta desde Zambia

Pois nada, como andades? por aquí ben, chove a caldeiros. Estamos en plena estación de chuvias e de vez en cando a auga entra polo tellado de chapa de zinc (fai un ruido que non se da escoitado nada, coma agora mesmo) e queda todo inundado.

Con respecto ao que me preguntas das linguas, o que din todos é que hai 73 en todo o país. Ben, eu non o creo. 73 deben ser as tribos que hai ou que houbo nalgún tempo, xa que moitas delas foron absorbidas por outras máis grandes. Agora paréceme que poden quedar coma unhas vinte e pico que se falen. Hai sete maioritarias: bemba, kaonde, nyanja, lunda, luvale, lozi e tonga que se estudan nas escolas de cada zona, excepto o bemba que é a máis extendida e estúdase incluso noutras zonas onde non é orixinaria, ignorando a propia de alí. O inglés é a lingua oficial do país e ningunha destas sete se fala en público, nin en actos oficiais nin no parlamento. A televisión e a radio falan en inglés, logo teñen noticias e outros programas nalgunha destas sete. O inglés solucionoulle o problema aos colonizadores.

Onde estou eu fálase kaondee estúdase nas escolas,pero en máis da metadedo territorio deste xefe vivenlundas, luvales, chokwes e luchazisque pouco a pouco se foron instalandoaquí emigrados da súa zona orixinaria.Dáse a contradición de que comoestán en zona de xefe kaonde teñenque aprendelo na escola pero a diario caseninguén o fala.

Do portugués teñen algunhas palabras, bandela (bandeira), lima (lima de limar), cera, kabalwe (cabalo), pato, excola (escola) e algunha máis.

Hai unha zona onde viven moitos refuxiados da guerra de Angola que seguen falando portugués. Cando me atopo con algún falo con eles en galego e entendémonos perfectamente. Os meus compañeiros españois mosquéanse algo porque pensan que falamos nunha lingua de aquí que eles non coñecen e pregúntanme cando e onde a aprendín. Sígolles a corrente e dígolles que eu son moi listo. Son tan ingnorantes respecto do galego que nin sequera o identifican. A primeira vez que me atopei cunha refuxiada, ela matábase intentando falar en inglés (a lingua fina) e eu en bemba. Non nos dabamos entendido, ata que me preguntou “Which language do you fala?” Caín da burra de que era angolana e xa continuamos en galego.

Outra anécdota é que cando alguén está borracho, e beben moito, falan sempre en inglés, coma o Lisardo que fala en castelán cando bebe.

Espero que con isto que vos conto vos fagades unha idea da riqueza de linguas que temos aquí.

Un saúdo, Toño

En plena zona bemba hai unha tribo, os Lundas, que xa só falan bemba. O seu xefe, Mwata Kazembe, veu desde Angola a finais do século XVII en busca de marfil e escravos. Independizouse dos seus xefes en Angola e creou o seu propio reino lunda, que chegou a ser moi rico e poderoso coa venda de escravos e marfil aos árabes. Perderon a lingua, que se segue falando noutras zonas de Zambia e Angola.

En xeral as linguas de Zambia son moi fonéticas e lense tal como se escriben. Así, hai moitas palabras coma en galego: puta, teta, kaka, peluka, lima, pita, toma, loba, nunka, pota, etc. (que significan outra cousa). Hai gramáticas e dicionarios nalgunha delas, sempre feitos por misioneros. De vez en cando atópase algún libro nestas linguas, eu teño uns cantos, historias dos antepasados, fábulas, tradicións, ensinanzas populares; son moi interesantes pero tamén bastante difíciles de ler, cómpre alguén desa tribo para axudarche a interpretalo. É como se lle falases a alguén do Carballiño ou de Vigo dunha gramalleira ou do ladraio dun carro.

O nyanja e unha lingua que non ten tribu, fálase na capital (Lusaka) e na zona leste do país e foi creada a partir de tres ou catro desa zona, especialmente desde a chegada dos zulús desde Sudáfrica alá pola segunda metade do século XIX.

Para estas sete linguas hai unha ortografía aprobada polo Ministerio de Educación, a escritura é con signos latinos e normalmente foron empezadas a escribir por misioneiros.

Os alumnos de 3º de ESO de diversificación e os de 1º de ESO A, realizamos unha excursión ás illas Cíes, por gañar o concurso de aulas limpas do curso pasado. Ao chegar a Vigo, o primeiro que fixemos foi ir ao porto e esperar polo catamarán. Unha vez subidos nel, estivemos mirando todas as súas partes. Cando chegamos á illa empezamos a camiñar, porque o noso propósito era chegar ao Faro, e así o fixemos. Unha vez chegados alí, estivemos contemplando a preciosa paisaxe e tamén comemos, cando rematamos e collemos forzas voltamos a camiñar. Cando chegamos ao punto de saída da illa fómonos bañar a praia. Xa

Excursión Ás Cíes

pasaran unhas horas e tivemos que voltar coller o catamarán. Chegamos ao porto e unha vez alí subimos no autobús que nos levou á praia a Samil. Estivemos un pouco e, xa cansos e fartos de tanto troulear, subimosno autocar para dirixirnos a Maside. Ao chegar, cada un foi para súa casa. Nós recomendamos ir ás illas Cíes, é unha experiencia única e inolvidable.

Andrea Conde 2º ESO

Quen vive máis tempo, un clientede supermercado ou a súa bolsa de plástico?

A bolsa de plástico. Unha bolsa supón un segundo para tecela na fábrica, vinte minutos de utilización entre o supermercado e a casa, e fan falta de un a catro séculos para que se destrúa se a tiramos na natureza. Dos 500000 millons de bolsas distribuídas cada ano polo mundo, son moitas as que acaban á beira da estrada ou na praia. Segundo a asociación ecoloxista WWF, aos españois correspóndennos 238 bolsas por habitante e ano, máis de 1000 millóns de bolsas, cun peso de 97000 toneladas, das que apenas se recicla o 11%. Se un mergullador percorrese o fondo do mar Mediterráneo nas costas española, francesa e italiana, recollería case 1800 anacos de plástico por quilómetro cadrado. É petróleo malgastado e veleno para a natureza: os golfiños confunden a miúdo as bolsas de plástico que flotan no mar con medusas e tráganas.

Que podemos facer? Primeiro, cando unha bolsa é realmente necesaria, como para transportar un quilo de cereixas, pódese usar unha bolsa biodegradable: non está feita de plástico, senón de amidón de millo. Tal bolsa, se a tiramos torpemente á natureza, é «comida» en poucos meses polos fungos ou polas bacterias. Logo, ao chegar á caixa no supermercado, é mellor utilizar unha bolsa grande e sólida que, mesmo se tamén é de plástico, pode ser reutilizada gran número de veces. Para a natureza é mellor!

Marcos García Otero. 4º ESO

Texto e imaxe tiradas do libro Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches de Philippe Nessman e Nathalie Choux. Factoría K de libros

A Bea sempre se enfadaporque a Ana nunca cala e logo vénlle a Andrea pra acabar de rematala Estudaches matemáticas?

Estudei, si señoracon quen as estudaches?Explicoumas a Aurora.

Belén de tecnoloxíaquere montar unha radioela mira que te mirapero non dá furrulado

Xantaches no colexio? Comín abofé!Dime con quen comichesfoi coa María José

Cándido o da perillaé un home de Refoxopica moito nos alumnoso langrán é coma un toxo

Tes que estudar inglés!! Non o quero nin ver!!e logo por que non? Porque o dá a Marifé

O entroido coa Carolina!!

O goberno de Feijooéche de moito coidado.Hai decreto do galego,pois decreto derrogado

Derrogas Albertiño? Derrogo, si señorDime que derrogachesA normalización!!

Derrogas Albertiño?Derrogo, si señordime que derrogachesa normalización!!a normalización!!a normalización!!Derrogas Albertiño?Derrogo, si señor

Imos dar a despedidacun pensamento moi certo na defensa do idiomaAquí está Galiza, Alberto!

Despois do enorme rexeitamento á consulta realizada aos pais/nais en xuño de 2009 (á que tamén se opuxo o Claustro do centro), a Xunta presenta as súas Bases para a elaboración do decreto de plurilingüísmo o 30 de decembro de 2009.

A resposta ao texto foi inmediata. Non podemos reproducir aquí todas as análises, críticas e posicionamentos que se sucederon de maneira continua.

Recollemos algunhas delas e remitímosvos ao seguinte enderezo da Internet para consultardes o resto (http://www.ctnl.org). Non aparecen as de partidos políticos e sindicatos, aínda que tamén as consideremos importantes e necesarias, para que non nos tachen de partidistas.

.

•A Mesa pola Normalización Lingüística: A proposta de decreto vulnera ostensibelmente tanto tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos como a Lei de normalización lingüística•Asociación de Directores de Centros Públicos de Santiago de Compostela: O decreto suporá unha diminución da calidade no ensino.•Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG): Forzada involución no proceso normalizador da aprendizaxe do galego dentro do ámbito educativo, ignorando voces e argumentos dos especialistas da educación, da pedagoxía e dos profesionais do ensino•Asociación Galega de Editores (AGE): Non se tivo en conta na redación destas Bases que as propostas afectarán globalmente, e de forma substancial, ao sistema educativo galego. Primouse o compromiso electoral á análise da viabilidade educativa das Bases de Decreto•Asociación Internacional de Estudos Galegos: A Asociación Internacional de Estudos Galegos cre "un erro ético" o novo decreto•Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia (Apega): ”Con el decreto del gallego no se va a ninguna parte”. "No se pueden dejar las decisiones sobre la lengua de las asignaturas al libre albedrío de los padres"•AS-PG: Non nos parecen axeitadas á nosa situación lingüística ningunha das propostas establecidas nas citadas Bases, por canto o futuro decreto pretende sustentarse en falsos argumentos pedagóxicos e de extensión do plurilingüismo•Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos de centros públicos (Confapa-Galicia): Non se pode deixar que as familias elixan o idioma porque non falamos dunha educación á carta•Consello da Xuventude de Galicia: O CXG entende, como institución encargada de velar polos dereitos da mocidade galega e como institución galega preocupada pola situación da nosa lingua, que o bosquexo de decreto presentado pola Xunta non supón máis que un retroceso no proceso de normalización do galego•Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL): Lonxe de procurar novos ámbitos de uso, as bases para o decreto obrigan ao abandono do galego en determinados espazos do ensino, o que é totalmente contrario á promoción lingüística•Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL): A proposta traslada aos centros escolares e ás familias un conflito creado por intereses políticos ao presentar un modelo que non se fundamenta en criterios estritamente pedagóxicos e demostra o descoñecemento da realidade dos centros•Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo: Vemos con moita alarma calquera medida que limite aínda máis a competencia lingüística que o alumnado ten cando chega ao ensino superior. Notamos que un número significativo de estudantes chegan ás aulas universitarias cun dominio deficiente das competencias básicas en lingua galega•Facultade de Ciencias de Educación da USC: Retiren o actual documento de Bases para o uso do galego no ensino por manifestarse inadecuado•Federación de ANPA de Compostela: Rexeitamos un modelo de ensino das linguas no que o goberno renuncia a exercer o seu papel e defender o galego•Federación de Relixiosos da Ensinanza de Galicia (Ferega): As linguas só se aprenden se se exercitan e só se terá liberdade para escoller unha se se coñecen. O decreto debe potenciar o galego, sobre todo nas cidades e nas vilas•Foro de Curas Galegos: Une a súa voz coa de outros moitos que coidan insuficiente a concesión vixente sobor do ensino do galego, e reclama da autoridade competente a normalización da lingua galega•Instituto da Lingua Galega (ILG): Consideramos que o novo decreto, a teor das Bases publicadas, representaría unha involución no proceso de normalización da lingua galega. A súa aplicación faría imposible que a maioría dos alumnos e alumnas poida chegar a ter competencia comunicativa na lingua propia de Galicia•Nova Escola Galega: O novo decreto imposibilita a adquisición das competencias lingüísticas•Prolingua: Desde ProLingua promoveremos accións propias en defensa da lingua e compartiremos as propostas polas outras plataformas que vaian dirixidas a impedir o glotocidio que se quere perpretar•Queremos Galego: Alberto Núñez Feijóo sabe que este decretazo non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso o presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura•Sindicato de Estudantes: A Xunta do PP lanza un decreto educativo para atacar o galego: Hai que paralo•Universidades galegas: comunicado conxunto das universidades da Coruña (UdC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVigo): Facemos un chamamento ás autoridades educativas para modificar as bases deste decreto conforme á obriga de potenciar o emprego do galego como principal sinal de identidade cultural.

DECRETAZO CONTRA O GALEGOBeatriz Fernández

A estas críticas tamén se uniu a Real Academia da Lingua Galega ( RAG), o Consello da Cultura Galega e o Consello Consultivo de Galicia. Podes acceder ao ditame do Consello Consultivo en: http://www.anosaterra.org/media/media0000022848.pdf

A Real Academia Galega, despois dunha análise ponderada e allea a calquera interese que non sexa o da defensa do noso patrimonio máis prezado, considera que o proxecto gobernamental denominado Bases do decreto do plurilingüismo do ensino non universitario de Galicia é inaceptable pois supón un claro retroceso na protección e promoción do idioma galego en relación coa lexislación vixente e co estipulado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade en 2004 por tódalas forzas integrantes do Parlamento galego, e que o actual Goberno, en boa lei, debería respectar e desenvolver.

Consello da Cultura Galega: En ningún caso se deben tomar medidas que supoñan pasos atrás no proceso de recuperación do galego como lingua propia de Galicia, co obxectivo de situalo en pé deigualdade co castelán.

O Claustro do centro, nunha reunión extraordinaria, tamén rexeitou de maneira unánime estas Bases. Do mesmo xeito se pronunciou a Coordinadora de ENDL do Carballiño

Onte (polo xoves) houbo unha folga contra as bases do decreto e o luns recibiu un informe moi crítico da Real Academia Galega (RAG). Está atopando máis oposición da esperada?Quizais menos, entra dentro do previsto na situación de negociación. Nas reunións que estamos mantendo estes días atopamos un grande apoio ás liñas xerais.

El Correo Gallego, 23-01-2010

Son estas realmente las bases para un decreto galleguista? Son unas bases para el equilibrio, el consenso, ampliamente reflexionadas, consultadas con miembros de la comunidad educativa y que tuvo el germen en la encuesta a los padres.¿Con quién se consultó? Consultar... Claro que hablamos con gente en privado: "Estoy haciendo esto, ¿qué te parece?" Compañeros de la Administración del sector educativo, padres... Pero la consulta va a venir ahora con todos los organismos implicados en el sistema y la defensa y promoción del gallego

Faro de Vigo: 10-1-2010

n

Hay ahora algún problema en las aulas con los idiomas?En las aulas no. Hay un decreto en vigor y se está cumpliendo. En principio, problemas no detecto ninguno.

¿Entonces, qué necesidad hay de cambiar el decreto?Fue una promesa electoral.

El País (17-01-2010)

Esta é a análise de Prolingua: (...)O presidente Núñez Feijóo vén de anunciar, en rolda de prensa posterior ao consello da Xunta celebrado hoxe, a aprobación do Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario. A agresión anunciada desde hai meses, trasládase definitivamente ao DOG. De nada valeron as rigorosas análises da Real Academia Galega ou do Consello da Cultura Galega. De nada valeu o rexeitamento do Consello Escolar de Galicia ou da Mesa do Consello Sectorial dos sindicatos do ensino. De nada valeron as múltiples declaracións das máis diversas organizacións da sociedade galega. De nada valeron as clamorosas manifestacións da cidadanía.E de pouco valeu o ditame do Consello Consultivo de Galicia, que tamén ProLingua debullou polo miúdo. Valeu unicamente para que retirasen a consulta aos pais en primaria e secundaria, dada a evidente ilegalidade dunha medida así, imposible de ocultar por máis tempo.(...)

QUE DI O GOBERNO DA XUNTA?

Jesús Vázquez, conselleiro de

Educación

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística

Enderezo de Prolingua: http://prolinguagalega.org/

O NOVO DECRETO APRÓBASE O 20 DE MAIO

E ti, que pensas?....

E

Hay ahora algún problema en las aulas con los idiomas?En las aulas no. Hay un decreto en vigor y se está cumpliendo. En principio, problemas no detecto ninguno.

¿Entonces, qué necesidad hay de cambiar el decreto?Fue una promesa electoral.

El País (17-01-2010)

Un millón de euros. Iso é o que gastará a Xunta de Galicia a partir de setembro na campaña publicitaria para divulgar o polémico Decreto do Plurilingüismo. O goberno pretende, ademais, que ese millón de euros se contabilice dentro do obxectivo para "fomentar a lingua galega".

Así o explicou onte o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, na Comisión 1 en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do BNG Bieito Lobeira na que cuestionaba sobre a veracidade do custo desta campaña e as súas liñas mestras.

Sobre esta cuestión, Alfonso Cabaleiro confirmou a información publicada no Diario Oficial das Comunidades Europeas o pasado mes de marzo, onde se recollía o anuncio de "información previa" dun contrato para poñer en marcha unha campaña institucional divulgativa sobre os "novos valores" do ensino galego en materia de idioma.

O decreto para o que se destinará o millón de euros foi rexeitado na súa forma por todas as institucións do país, desde a Real Academia Galega (RAG) ao Consello da Cultura Galega (CCG), incluso polo Consello Consultivo. Para evitar situacións de manifesta ilegalidade no texto, e seguindo algunhas das indicacións do consultivo, o Goberno de Feijóo tivo que modificar algúns dos puntos do articulado inicial e desbotar no ensino secundario a consulta aos pais sobre o idioma no que querían que recibisen a educación os seus fillos.

Galicia Hoxe, 3 de xuño de 2010

Sabías que a Xunta vai gastar un millón de euros en divulgar este decreto??????

Recomendámosche

Feijóo, o galego e nós. Polifonía en artigos a prol da lingua, Laiovento, 2010Unha compilación de 68 artigos de análise sociolingüística publicados na prensa desde que o actual presidente da Xunta decidiu asumir as demandas dos colectivos galegófobos até a actualidade. O libro está coordinado por Xosé María Álvarez Cáccamo e nel participan 43 autores e autoras

55 mentiras sobre a lingua galegaEdita: ProLinguaCoordina: Xosé Henrique CostasEditorial: Laiovento

Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.

prolinguagalega.org/2010/02/04/vinte-mentiras-para-ir-abrindo-boca/

En castellano no hai problema, Carlos Callón, Xerais 2010. Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Nestas páxinas o autor, ademais de rebater con argumentos algúns dos prexuízos e tópicos máis asentados contra a lingua galega, analiza a situación do idioma, repasa reivindicacións, presenta alternativas, convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade e alerta das medidas que deberían adoptar os poderes públicos. En castellano no hay problema é, en definitiva, un libro útil e operativo para a encrucillada en que se encontran a nosa lingua e a nosa cultura.

En galego, por que non?, de Manuel Núñez Singala e As razóns do galego. Apelo á cidadanía, de Henrique Monteagudo, publicados por Galaxia en 2009

Por outra parte os alumnos realizamos distintas preguntas de xeito que puidemos resolver esas curiosidades que están detrás dos artistas. Entre as respostas do poeta a min, persoalmente, gustoume esa na que contou a importancia, é dicir o favorable que sería coller un caderno e escribir cousas que chegasen aos nosos oídos, que vísemos sobresaír sobre as demais, que nos contasen…Á parte contounos dos seus lugares preferidos para escribir.

CESÁREO SÁNCHEZ. A Memoria n'O Paraíso das sombras

Jessica Nogueira

No segundo trimestre veunos visitar un humilde con todo gran poeta, Cesáreo Sánchez Iglesias.Ao principio da charla, comezou falándonos da súa infancia, tan importante para crear as súas obras. Por esta razón contounos que nacera nunha pequeniña aldea do concello do Irixo, mais desde moi pequeño vivira cos seus avós na rúa vella de Maside. De xeito que foi aquí onde se acomodaron as súas ideas literarias. Deseguido comezamos a ler dous dos seus poemas. Conforme pasaba o tempo e as lecturas avanzaban, iamos recoñecendo os lugares, as persoas…Á súa vez dentro de nós íanse formando as imaxes da vila que todos coñecemos. Agradecemos a súa presenza, pola

súa parte observamos un mesmo afecto cara a nós, cos ollos ilusionados e brillantes dun neno que volve ao fogar, e todos nós orgullosos deste feito.

Agradecemos tamén os libros que doou para a biblioteca, unha chea de volumes que vos están esperando.

Igual que nos espera O paraíso das sombras, o seu último poemario no que, segundo o poeta di en Xornal.com, conta “a epopea dun pobo que quere construír a nación dos seus soños”.

POESÍA GALEGAAquí podemos ver a Cesáreo Sánchez entre

outros e outras poetas.Están Miguel Anxo Fernán Vello, Cesáreo

Sánchez, Dores Tembrás, Joan Margarit, Xosé María Álvarez Cáccamo, Olga Patiño, Xavier Seoane e Yolanda Castaño, entre outros.Recoñeces algún?Foto de http://olevantadordefotos.blogaliza.org/category/literatura/poetas-dinversos-literatura/

No calor do leito,

nos bancos baleiros,

dentro do meu peito

estás sempre comigo

(María do Ceo, “Barco negro”).

Percusión de pandeiro solitario. As ondas

do mar a bater na area. E as notas estremecidas

do cantar sobrepoñéndose ás ausencias. Son

loooucas...

CONTRA AS GRILANDAS DO ESQUECEMENTO(CARTA ABERTA DE NON-DESPEDIDA)

Para Pilar Bermejo Lijó, mestra e amiga

Benquerida Pilar:

Agasalláchesme en dúas ocasións con outros tantos discos de Brath e María do Ceo que

hoxe son para min moito máis que música. E vou de Intres a Ao rescate da alma e recupero nos

seus versos o teu sorriso, a túa ollada, as túas verbas.

Xa se esconde a lúa donda

tras os castiros floridos,

o perfume da candea

asolágame o sentido

(Brath, “Abrente máxico”).

As árbores e as flores, os arrecendos

da noite, a maxia infinda do luar. Todo

permanece ao carón do teu recordo. Xuntos

tecerán un novo manto de primavera.

Compartindo espazos,

respectando as diferenzas,

amando a nosa terra.

Podería ser o teu ideario. Conservo a

tarxeta na que mo escribiches noutrora. Grazas

sinceras pola tolerancia, pola disposición á

convivencia, polo compromiso con este país e esta

lingua que con tanto celme agarimabas.

Ana Rodríguez Barreiro

Que sexas moi feliz

e briles moitas lúas.

Son de novo as túas palabras,

escritas para min co teu trazo firme e

delicado; léoas e reléoas mentres un

calafrío percorre a miña pel. Por esa

felicidade e por esa luz, compañeira. Que

alumee para ti onde queira que esteas.

Sempre.

Sinto mágoa na alma,

o silencio na voz

(Brath, “Éxodo infindo”).

E calo. E escoito. E agroma outra vez

a vida, como ti quererías. A vida abríndose

paso entre as tebras.

Non podo deixar de amar

o meu amor en pecado

(María do Ceo, “Amor de mel amor de fel”).

A escuridade da morte non pode nada

contra o amor. E o amor, malia a canción,

nunca é pecado. Non hai deuses capaces de

facernos crer o contrario. Amaremos ata a

morte e máis aló dela: serán cinza, mais terán

sentido.

xente con calzado inadecuado tiña que baixar pola lama. Podedes ver unha curtametraxe (que nós vimos na casa do poeta) baseada nun poema de Curros chamado “Nouturnio” realizada por un rapaz ourensán na seguinte ligazón: http://www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=3640

Páxina web da fundación: www.currosenríquez.es

En abril, o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI de Maside, foi visitar Celanova, terra onde naceu Curros Enríquez.

Pola mañá visitamos o mosteiro onde se atopa o instituto local, e unha vez atopada a nosa guía da fundación Curros Enríquez, fixemos un tramo da ruta currosiana.

Subimos ata Penalta e andamos por carreiros cheos de lama. Tamén fomos a Vilanova dos Infantes, ata a torre onde subimos para ver a paisaxe.

Máis tarde visitamos a casa do cura que nos ensinou a famosa Virxe do Cristal.Por último marchamos xantar a vila de Celanova.

Pasámolo ben alí xa que todo o que sexa saír e ver lugares gústanos e aínda se botaron unhas risas cando

4º E.S.O. J.Antonio González OteroJ.Benito Otero Portabales

Éche o que ai! O terceiro cd de Esquíos, un grupo consolidado no punk-rock galego que estivo parado por motivos alleos a música, agora mesmo de xira por Galicia. Os seus compoñentes son: Jorge Rodríguez, Guitarra e coros; Jorge Iglesias, batería; Pedro Dono, baixo e coros e Miguel Castro, voces.Recomendo este cd porque expresan moi ben a súa forma de ser e os seus sentimentos nestas 12 cancións. Podedes mercar o cd en calquera tenda ou descargar lo de balde no seguinte enderezo: http://aregueifanetlabel.blogspot.com.

MARTIN BARDELÁS RECOMENDA

Éche o que hai, de Esquíos

PRIMEIRA FASE Inventamos os nosos nomes, sacados dunha banda de música. Fixemos rápido a primeira fase, xa que nos axudamos mutuamente. Fallamos moi poucas preguntas porque traballamos moito en equipo, polo que conseguimos moitos puntos.

ALUMN@S DE MASIDE GAÑAN O CONCURSO ESCOLAR CONSUMÓPOLIS

Os alumnos de 2º ESO gañaron o 3º premio na fase galega do concurso Consumópolis 5: Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable. O concurso organízase dende o Instituto Galego de Consumo conxuntamente co Instituto Nacional de Consumo e dezaseis comunidades autónomas. Este concurso ten por obxecto o desenvolvemento de actividades que promovan, entre os máis novos, hábitos de consumo responsable fomentando a participación dos centros educativos a través do profesorado e alumnado, en actividades relacionadas coa educación para o consumo.O concurso consta de dúas fases. A primeira fase, consiste nun xogo pedagóxico virtual, desenvolveuse entre o 26 de outubro e o 14 de decembro. A segunda fase consiste na elaboración dun álbum virtual, que consiste en 5 fotografías orixinais tomadas por algún membro do equipo sobre os distintos temas do consumo responsable que se traballan no concurso. Cada foto inclúe un breve texto (poesía, conto, ensaio, artigo, etc) facendo un comentario sobre a imaxe co título e co tema.O equipo PICNALION gañou o 3º premio na fase galega e o día 28de maio foron a Santiago para recoller os diplomas. Os outros grupos participantes tamén reciben un diploma por participar.

A continuación falan os membros do equipo:NOME DO EQUIPO: PICNALIONCOMPOÑENTES: Josua Freijenedo, Katia Pérez, Alba Vázquez Suárez, Wilson Andrés Herdoiza, Aline PereiraTÍTULO DO ÁLBUM VIRTUAL: MELLOR CONSUMO NO NOSO MUNDO A participación no concurso fíxonos moita ilusión desde o primeiro momento; ademais, ao facelo na aula de informática gustábanos aínda máis.Para a fase do álbum, fixemos varias fotos no noso centro, e tamén lles pedimos permiso aos cociñeiros para as fotos sobre alimentación. Todo o mundo tivo unha boa disposición para axudarnos.Eliximos ese título para o álbum porque tratamos varios temas sobre a ecoloxía, as novas tecnoloxías, a alimentación equilibrada. Todo formaba parte do consumo no noso mundo, por tanto eliximos este título.

ÁLBUMES VIRTUAIS PRESENTADOS POLO EQUIPO PICNALIÓN.

ÁLBUMES VIRTUAIS PRESENTADOS POLO EQUIPO PICNALIÓN.

ÁLBUMES VIRTUAIS PRESENTADOS POLO EQUIPO PICNALIÓN.

ÁLBUMES VIRTUAIS PRESENTADOS POLO EQUIPO PICNALIÓN.

ÁLBUMES VIRTUAIS PRESENTADOS POLO EQUIPO PICNALIÓN.

ALBA2: eu elixín o tema da alimentación porque me parece un tema que repercute no futuro de todos nós. Unha boa alimentación na base máis importante da nosa saúde.

ALINE: eu decidín escribir un conto sobre os xoguetes da época dos meus avós. Para a foto da redacción decidín utilizar algúns proxectos que fixemos no taller, igual que os da antigüidade.

ANDRÉS1994: eu elixín o tema: a historia do mp3. Ao principio quería enfocalo doutra forma, pero ao final decidín facelo así. Escollino porque as novas tecnoloxías avanzan moi rápido e deberiamos lograr un consumo responsable delas.

KATIA: pensei na consideración que temos co medio ambiente e gustaríame que fosemos mellores, polo que decidimos escribir unha poesía sobre a contaminación. Así o fixen; todos me apoiaron.

SEGUNDA FASE Entre nós buscamos un tema relacionado co consumo responsable:

NERO: unha excursión ao pico máis alto de Galicia. Estivemos alí de excursión coa profesora de educación física e aproveitei algunha foto para escribir sobre a contaminación e a necesidade de consumir con conciencia para no prexudicar o noso contorno natural.

Cada día esforzámonos por facelo cada vez mellor, despois fixemos todos os xogos para obter máis puntos e quedar mellor na clasificación.

www.verdegaia.orgwww.amarante.orgsemente.infoamigosdaterra.net

Outras iniciativas que traballan na Galiza polo consumo

responsable e o ecodesenvolvemento

A Landra somos un grupo de persoas do Carballiño que temos por obxectivo común o consumo responsable: produtos ecolóxicos, producidos canto máis cerca mellor e en condicións laborais dignas para os traballadores e traballadoras. Reunímonos no café cultural 7Flores un mércores si e outro non ás 20,30 horas para organizar e recoller os nosos pedidos de lácteos, horta, legumes, cereais, arroz, pastas,...

Podes contactar alí connosco ou no teléfono 666983182.

infórmate!!!!!!

Os días 11 e 12 de maio os alumnos de 4º diver fomos ao Porto, nunha viaxe que nos regalou o Xornal de Galicia por participar no certame Xentes, Espazos e Lugares. O martes ás 8:15 collemos o autobús na Alameda de Maside e recollemos a alumnado doutros centros en Pontevedra, de onde saímos rumbo ao Porto. Ás 11 da mañá xa estabamos no Porto e despois de deixar as cousas na Pousada e comezou a nosa visita pola cidade. X.M.Rosales, o organizador da viaxe, ía comentando polo micrófono os lugares que viamos pola ventá do autocar. .

A hora do mediodía foi o que máis nos gustou, porque puidemos pasear un pouco pola cidade nós sós, e tamén porque tiñamos unha fame negra!! A tarde foi o mellor de toda a viaxe: collemos o metro que nos levou á Casa da Música, onde nos divertimos moito porque fixemos xogos con sons imitando animais. Nese momento rimos todos a fartar. Logo fomos a unha praza na que nos esperaban uns guías moi simpáticos que nos ensinaron o centro do Porto, facendo unha camiñada longa pero abraiante, porque esa cidade é moi bonita, tiña edificios grandes e rúas nas que case todas as casas estaban revestidas de azulexos de cores, unha cousa que nos chamou moito a atención.

Chegou a noite e ceamos no albergue. Como era moi cedo saímos dar unha volta arredor da Pousada da Juventude. Na mañá seguinte, cando xa estabamos descansados, fomos á Fundación Serralves, un museo moi curioso no que a arte ese día fixémola nós cos nosos corpos, con figuras no chan. Tamén percorremos os xardíns.

A viaxe foi moi entretida, divertida e alucinante porque é un lugar moi chulo e ao acabar a visita no museo xantamos nun dos xardíns e comezamos a viaxe de volta a Maside.

VIAXE AO PORTO 4º diver

INTERÉSACHE O PORTUGUÉS?INTERÉSACHE O PORTUGUÉS?INTERÉSACHE O PORTUGUÉS?INTERÉSACHE O PORTUGUÉS?Sabías que o portugués é falado por máis de douscentos millóns de persoas? Á parte de Portugal,

é lingua oficial de Brasil, Angola, Mozambique, Guinea Bisau, San Tomé e Príncipe e Timor-Leste. Non é que a importancia das linguas se mida polo seu número de falantes, pero o certo é que os

galegos poderiamos comunicarnos sen grandes problemas con todos estes falantes. Paradoxalmente, en lugar de achegármonos ao portugués e, de paso, coñecer mellor o galego,

esforzámonos, ás veces inutilmente, en aprender linguas que pouco teñen que ver coa nosa. Pagamos cursos, ofertamos inglés, francés, latín e alemán nas escolas galegas, soportamos filas interminables para entrar nos cursos da EOI, incluso pasamos veráns con familias que non son as nosas...

Non me entendan mal, aprender todas estas linguas, ou máis incluso, só nos fará ben, porque cantas máis linguas saibamos, máis seremos capaces de aprender. As linguas non restan, suman, todas elas. Tamén no cine, por certo, que pagas máis de seis euros por escoitares a un chinés, holandés, francés, turco... co mesmo acento salmantino...Só digo que entre todas elas, se cadra, lle debiamos deixar un lugar ao portugués, não acham?

Se te animas a aprender portugués, hai numerosos mé todos que che poderán axudar. Recomendámosche algúns.

Portugalizar , Elisabete Ramos, Xerais, 2006 Manual práctico de portugués enfocado cara á aprendizaxe desta lingua por parte dos galegofalantes. A obra está estruturada en tres partes segundo o grao de dificultade dos contidos (nivel básico, nivel medio e nivel superior), o que lle concede unha gran versatilidade á hora de ser empregado tanto por persoas que se acheguen por vez primeira a esta lingua como por quen busque afondar en determinadas cuestións gramaticais de maior dificultade.

Aprender portugués , da Texto Editora (proxecto de Carla Oliveira e Luisa Coelho)

Destinado a estudantes de portugués como lingua estranxeira. Podes atopar tres niveis (inicial, elemental e intermedio) e materiais adaptados ao Cadro europeo común de Referencia.

Dicionário de Dúvidas, Dificuldades e Subtilezas da Língua Portuguesa,de Edite Estrela, Maria José Leitão, Maria Almira Soares, Editor: Dom Quixote Um medio acesíbel, eficaz, esclarecedor e fiábel para falar e escribir ben portugués.Edición/reimpresión: 2010

Saber Escrever Saber Falar, de Maria José Leitão, Edite Estrela, Maria Almira Soares, Dom Quixote, 2004 Unha guía completa para usar correctamente a lingua portuguesa

Para comezar

Para iniciados

Recomendamos na rede as Recomendamos na rede as Recomendamos na rede as Recomendamos na rede as seguintes ligazóns:seguintes ligazóns:seguintes ligazóns:seguintes ligazóns:

Instituto Camões: http://cvc.instituto-camoes.pt/aprender-portugues.htmlFalsos amigosportugués:

//www.estraviz.org/Biblioteca de libros dixitais:http://e-livros.clube-de-leituras.pt/.

Moi interesante. Aquí poder ler unha chea de libros en portugués. Dividido en catro seccións segundo a franxa de idade: de 3 a 6, de 7 a 10, de 11 a 13 e de 14 a 16 anos.

Sabías que...?

O portugués foi a 1ª lingua internacional?Durante o século XVI e XVII era a lingua que os

navegantes de calquera lugar usaban para comunicarse entre eles.

O xaponés actual usa moitas palabras que proceden do portugués?●Arigato de obrigado (grazas) os días da semana:●Iruman de irmão sekunda (2ª feira)●Manteika de manteiga sesuta (6ª feira)●Memoriyo de memoria terusha (3ª feira)...

VOCABURLARIO

ASUSTE DE CONTAS: aviso mafioso serio, pero non definitivo, que che mete medo no corpo.BIOLENCIA: violencia tendente á transgresión e alteración do medio ambiente.PAPAROTADA: enchenta na que está presente o Sumo Pontífece.OPERACION DE GRAN CALADO: Conseguir que milleiros de persoas garden silencio ao mesmo tempoFACER “COMPOST”: cagar de campo.FACER “DESCOMPOST: cagar de campo se tes diarrea

SABÍAS QUE...?... a vila preferida dos ecoloxistas galegos é SALVATERRA?... o lugar de Galicia ideal para estar a salvo dos vampiros é VILA DE CRUCES?... o animal que nunca está enteiro é o OURIZO CACHO?... ATILA tiña, entre outras, a virtude de tranquilizar aos Hunos?... a vila onde hai máis mulleres que teñan netos é VILAVOA?... o ministro máis corrupto de China é o SR. Chan Chullo?

Textos e viñetas tiradas da revista de humor RETRANCA, co consentemento da mesma

Antes os gandeiros repartiamos leite... e agora temos que repartir “leches”

- O meu fillo xa navega por internet, manda SMS, xoga á Wii e baixa música para o iPOD...- Si, pero non sabe facer nada.

A Xunta tamén está de rebaixas... deixanos o galego ao 33%!!!

PREGUNTAS CURIOSASOs meniños veñen de Paris ou de “estar dous unidos”?Non é sorprendente que non haxa máis erros xudiciais sabendo que as resolucións chámanse “FALLOS”?Poñer farolas nas parroquias a cambio de votos é “a todas luces” unha cacicada?Se un avogado se enamora da xuíza ( ou ao revés ) no seu primeiro xuízo, podemos falar de “ amor a primeira vista”?

Textos e viñetas tiradas da revista de humor RETRANCA, co consentemento da mesma

O día 25 de maio, os alumnos de 1º e 2º da ESO fomos visitar o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas (un proxecto de Amigos da Terra situado na Serra de San Mamede).

Ás 9:30h saímos do centro no autobús, moi contentos porque non tiñamos clases e porque iamos visitar un lugar novo para todos nós.

Ao chegar, fomos almorzar un pouco para poder xogar toda a mañá. Fíxéronnos unhas preguntas sobre a cantidade de enerxía que gastabamos a diario e fallámolas todas.De seguido fomos ver unha turbina. Patricia, Sara, Amanda e Verónica fixérona funcionar. Ao darlle a un botón e mover unha palanca, acendíanse as luces do cuarto.

Ás 14:15h fomos xantar para repoñer enerxías. Ao rematar de xantar, xogamos ao pano das enerxías, a facer mímica e debuxos con plastilina sobre cousas relacionadas coas enerxías. Ao rematar de xogar fíxemos unha ficha e varias fotos de grupo.

Sobre as 17:30h collemos o autobús para volver á casa; a viaxe de volta foi máis aburrida, xa que o día rematou moi cedo! Foi o mellor día do curso! Ah, e o mellor....coñecemos o lado divertido da profe Teresa (Naturais).

Autor: Ramón Caride Ogando.Editorial: Xerais. Vigo, 2004

É un libro que poden ler as persoas ás que lles gustan as aventuras e a ciencia fición. Está ambientado en 2076 e contén tres historias protagonizadas por Said e Sheila:“A negrura do mar”: trata sobre unha marea negra que aparece na costa de Galicia. Na súa época non se usa o petróleo, así que Said e Sheila póñense a investigar. “A primeira aventura”: é a primeira aventura de Said e Sheila e conta a historia de onde vivían cando eran nenos e de como perderon os seus pais.“O misterio do prión”: trata sobre a historia que viviron cando axudaron a un amigo seu porque os animais da súa granxa se comportan de xeito parecido aos animais que sufriron o mal das vacas tolas.

Marcos González Martínez.

MARCOS RECOMÉNDANOS...A NEGRURA DO MAR

VISITAMOS AS CORCERIZASVISITAMOS AS CORCERIZAS

Durante este curso participamos no programa “Concellos Saudables”, coa colaboración do Departamento de Orientación. Durante dous días, na clase de Educación Física, fixemos diversas probas. Como o test COURSE NAVETTE, para medir a resistencia aeróbica. Pesáronnos, medíronnos, realizamos probas de equilibrio...

Á vez tamén vimos nas titorias a película Super Size Me, na que o protagonista tiña que inxerir nas cinco comidas do día hamburguesas con coca cola durante 30 días.

Recomendacións de vanesa:

Sen mais, pasade un bo verán.

Esta dieta levou o protagonista ao borde do colapso. Tamén contaba como se fan as hamburguesas e ía unha galiña vella cun caxato (que representaba a carne coa que fan as hamburguesas)

Despois tivemos unha charla sobre a bulimia e a anorexia e demais enfermidades relacionadas coa comida e cubrimos un cuestionario sobre hábitos alimenticios.

Evita caer no sedentarismo. Na medida

do posible e sempre que sexa posible trata

de:Facer os teus percorridos a pé ou en

bicicleta.Subir polas escaleiras e evitar facelo polo

elevador.Adícate tempo de actividade física nas fins

de semana, un partido cos amigos ou un

roteiro pola zona ou descubrir novos

recantos sempre pode ser unha boa opción.

Sabías que O Carballiño conta con 8 rutas

de sendeirismo? Anímate! Se queres

información podes consultala na seguinte

páxina: http://trekk.iespana.es/

Alcohol e tabaco? Penso que xa todos/as sabemos

que…saudable non é!!!.

Coida a túa alimentación:

vixila a túa inxesta de graxas

saturadas, bebidas gasosas e

azucres. Recorda que unha

dieta equilibrada aumenta a túa

calidade de vida.

Froitas, verduras e auga son

bos aliados.

A Hixiene postural: Toma consciencia da importancia dun

correcto ton corporal. Senta coas costas

erguidas e se tes que recoller algo do

chan ou cargar un peso faino sempre

coas costas rectas e as pernas

flexionadas. (Salvo que sexa un billete.

Neste cas, recólleo como sexa antes de

que outro cho leve!) Evitaremos así as

incómodas e dolorosas sobrecargas

musculares. Importante: estírate sempre que

poidas. Recomendo que sexa na túa

casa ao levantarte. Fíxate como os

animais o primeiro que fan, xusto ao

acordar é a súa rotina de estiramentos.

Recorda que é mellor facelo na túa casa,

xa que pode considerarse como

comportamento indecoroso e podes

rematar na xefatura de estudos, en cuxo

caso negarei este consello.

A HIXIENE: O coidado da pel é fundamental para un

corpo san. Dúchate todos os días. Ademais de evitar posibles infeccións e

olores molestos ó veciño do lado (e

nalgúns casos non só ó que está ao lado)

contribuú ao relaxamento físico e mental.

SEN MÁIS, PASADE UN BO VERÁN!!!!!SEN MÁIS, PASADE UN BO VERÁN!!!!!

CONSELLOS DE VANESSACONSELLOS DE VANESSA

SILVIA (4º ESO)

Venceredes vós

Devolvíchesnos a dignidade.Devolvíchenos a dignidade,

fronte á forza,fronte á senrazón,

fronte a arrogancia.Fronte aos cans de presa

que adoecían por morderte.

Coa única arma da túa vozsegura e doce

no silencio tenso que se produciu.Aínda que a man che tremese,

porque o corpo ás veces non responde como un quere.Coa voz firme de quen sabe

que ten a razón da súa parte.

Fuches a nai de pano brancoque se encara á besta do poder

nesta nosa Praza de Maio.

Representaches a resistenciaque nace nas xentes

cando se senten asoballadase merecerías a revista enteira,

non só un anaco.

“Venceredes vós.Pero nosoutros

temos da nosa parteos carballos de abril...” (1)

dixécheslles.

Devolvíchesnos a dignidade, a nós,

que tan necesitados estamos dela.No medio deste silencio cómplice

que nos invade e nos afoga.

“Menos mal que cos riflesnon se matan as palabras” (2)

(1) Darío Xohán Cabana(2) Adolfo Cabrales (Fito e os Fitipaldis)

Con cariño a ti. Que, discretamente, non calas.

C.F.

Algúns alumn@s de 3º e 4º da ESO tivemos a oportunidade de coñecer uns rapaces de Cangas. Primeiro viñeron eles a Maside a coñecernos. Presentámonos no centro mediante xogos moi divertidos, o que fixo que perdésemos a vergonza; logo dos xogos levámolos a San Cibrán de Lás a percorrer o castro romano, contándolles un pouco a súa historia e paseando por riba das pedras. Logo desa camiñada sentamos a xantar todos xuntos e bebemos Galicola, que estaba moi rica!!

De alí a un mes e medio fomos nós onda eles, ensináronnos a súa cidade e un rapaz moi simpático chamado Joel que nos explicaba moi ben a historia da súa zona. Logo de facer o percorrido leváronnos á praia de Melide onde o pasamos xenial coas olas, cos rapaces de Cangas e ata enterrándonos na area. Foi un intercambio moi interesante, porque a fin da excursión era que os rapaces de Cangas estan moi influenciados polo castelán e nós, por sorte, seguímonos relacionando en galego e conseguimos que polo menos durante dous días eles se relacionasen con rapaces da súa idade en galego.

Cando xa tiñamos a barriga chea, montamos no autobús e levámolos a Ourense facer un roteiro pola zona vella, onde nos deu tempo de rir uns cos outros e de sacar moitas fotos. Logo do roteiro, como xa estabamos cansos, fomos ás Pozas de Outariz onde o pasamos moi ben saltando de charca en charca coma se fósemos ras.E aí rematou a sú visita onda nós.

INTERCAMBIO CON CANGAS

Ana Expósito

Localiza os nomes de dez xogos tradicionais

Como adiviñar os puntos obtidos ao lanzar tres dados ao azar

1.- Pídelle a un compañeiro que lance tres dados e a continuación que realice as seguintes operacións.2.- Duplicar o nº de puntos obtido no primeiro dado.3.- Sumar tres unidades ao resultado anterior.4.- Multiplicar esa suma por cinco5.- Sumar o nº obtido no segundo dado.6.- Multiplicar o resultado por dez.7.- Sumarlle os puntos do terceiro dado.8.- Restarlle 150.

Obtense un nº de tres cifras que son os puntos obtidos en cada dado.

Eres capaz de explicar por que dá ese resultado?

OBTÉN SEMPRE 6 COMO RESULTADO!!

Realiza as operacións axeitadas para que o resultado sexa sempre seis. Non se poden engadir números, só operacións.

0 0 0 = 61 1 1 = 62 2 2 = 63 3 3 = 64 4 4 = 65 5 5 = 66 6 6 = 67 7 7 = 68 8 8 = 69 9 9 = 6

Por exemplo 2 + 2 + 2 = 6 (busca outra opción diferente para o 2)

1 1 1 12 2 2 2

0 0 0 0

1 5 5 1

O RELOXIO DIXITALCada día hai só tres momentos nos que un reloxio dixital de 24 horas aparece un só díxito

Isto sucede ás 00:00 ( media noite) 11:11 (pola mañá) e 22:22 (pola noite)

Ás 15:51 a pantalla ofrece dous díxitos diferentes.

Descobre cantas veces en 24 horas aparecen na pantalla dous díxitos diferentes repetidos

SUDOKU

Hai que encher os cadriños cos números do 1 ao 9, sen que se repitan nos cadros, nas liñas nin nas columnas

Premio queiroa

Por facer que todo sexa máis fácil e agasallarnos coa súa xenialidade.

Porque nos demostra que se pode ensinar e crear a un tempo.

Porque encontra esas palabras reservadas aos seres especiais.

Porque nela a nosa lingua encontra todos os sons posibles...

Resolvemos concederlle o Premio Queiroa 2010

a CLARA, á que queremos en galego.