O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax....

14
OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 [email protected] 15702 Santiago de Compostela Galiza Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a través da súa deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á proposición non de lei en comisión do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, documento número 12058, Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galiza para a conservación do humidal de Valdoviño, que figura na orde do día da comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, que se vai celebrar o 10 de outubro ás 10:30 horas. Emenda de adición: Engadir o seguinte: -Reprobar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza por incumprimento flagrante dos acordos do Parlamento de Galiza e por ofrecer información falsas en relación coas súas actuacións no humidal protexido, areal e lagoa da Frouxeira. -Exixir que a Xunta de Galiza remita, pola vía do artigo 140, unha comunicación na que dea conta das razóns do incumprimento do acordo Parlamentar do ano 2009 en relación coa xestión deste espazo protexido, así como da situación actual.

Transcript of O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax....

Page 1: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a través da súa

deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á proposición non de lei

en comisión do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda,

documento número 12058, Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de

Galiza para a conservación do humidal de Valdoviño, que figura na orde do día

da comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e

Servizos, que se vai celebrar o 10 de outubro ás 10:30 horas.

Emenda de adición:

Engadir o seguinte:

“-Reprobar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza por

incumprimento flagrante dos acordos do Parlamento de Galiza e por ofrecer

información falsas en relación coas súas actuacións no humidal protexido, areal e

lagoa da Frouxeira.

-Exixir que a Xunta de Galiza remita, pola vía do artigo 140, unha

comunicación na que dea conta das razóns do incumprimento do acordo

Parlamentar do ano 2009 en relación coa xestión deste espazo protexido, así

como da situación actual.

Page 2: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Facer pública toda a documentación técnica relacionada coas actuacións

de baleirado da Lagoa da Frouxeira, así como remitir a mesma as asociacións

ecoloxistas que o teñen solicitado, en cumprimento da legalidade vixente.”

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz S. do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 09/10/2013 17:39:40

Page 3: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa da Comisión 2.ª,

Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da

súa deputada Patricia Vilán Lorenzo, a través do seu portavoz e ao abeiro

do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa

Mesa a seguinte emenda á Proposición non de lei en Comisión do Grupo

Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, sobre as actuacións que

debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos danos ocasionados

polo incendio que devastou o Monte Pindo o 11 de setembro de 2013 e a

súa declaración como Parque Natural (09/PNC-001017, doc. núm. 12352)

Emenda de modificación

Débese modificar o punto 5 da parte resolutiva da proposición non de lei,

que quedará redactado co seguinte contido:

“5.- Previamente á declaración do Monte Pindo como Parque Natural, se

proceda a instar ao Concello de Carnota á elaboración do PXOM

(substituíndo ás normas subsidiarias de planeamento en vigor), que inclúa o

Monte Pindo, tendo en conta o ben dos veciños e veciñas de Carnota.”

Emenda de adición

Débese engadir un novo punto 5 bis na parte resolutiva da proposición non

de lei, que quedará redactado co seguinte contido:

“5 bis.- Finalizados as labores de rexeneración e recuperación dos valores

medioambientais da zona, se inicie o procedemento para a declaración do

Monte Pindo como Parque Natural e, de forma simultánea, se aprobe unha

partida orzamentaria específica para o Monte Pindo, co fin do seu

aproveitamento sustentable e económico.”

Pazo do Parlamento, 9 de outubro de 2013

Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo

Deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Page 4: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Patricia Vilán Lorenzo na data 09/10/2013 17:57:39 José Luís Méndez Romeu na data 09/10/2013 17:57:47

Page 5: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a través da súa

deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á proposición non de lei en

comisión do Grupo Parlamentar dos Socialistas de Galiza, documento número

5421, Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas

axudas para a subsidiación de préstamos por adquisición de vivenda protexida

vinculadas aos plans nacionais de vivenda 2002-2005, 2005-2008 e 2009-2012, que

figura na orde do día da comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio

Ambiente e Servizos, que se vai celebrar o 10 de outubro ás 10:30 horas.

Emenda de adición:

Engadir un novo punto:

“E instar ao Goberno do Estado a derrogar a disposición adicional segunda da lei

4/2013 de medidas de flexibilización e fomento do mercado de aluguer de vivendas.”

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz S. do G.P. do BNG

Page 6: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 09/10/2013 17:54:11

Page 7: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a través da súa

deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á proposición non de lei en

comisión do Grupo Parlamentar dos Socialistas de Galiza, documento número

10927, Sobre a emisión dun informe de impacto ambiental desfavorable ao mantemento

da factoría de ENCE en Pontevedra, que figura na orde do día da comisión 2ª,

Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, que se vai celebrar

o 10 de outubro ás 10:30 horas.

Emenda de substitución:

Substituír a parte resolutiva polo seguinte:

“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a exercer as competencias exclusivas en

ordenación do territorio -recoñecidas nos artigos 148-149 da CE, no artigo 27 do EAG e

ratificadas polas sentenza 61/97 do Tribunal Constitucional- coa finalidade de que o

complexo ENCE-ELNOSA abandone o seu actual emprazamento na ría de Pontevedra

na data límite de xullo de 2018, prazo no que remata a concesión administrativa que ten

outorgada.”

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz S. do G.P. do BNG

Page 8: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 09/10/2013 17:36:34

Page 9: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

A Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte emenda á proposición non de lei en Comisión, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, 09/PNC-000429 (5421), sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas axudas para a subsidiación de prestamos por adquisición de vivenda protexida vinculadas aos plans nacionais de vivenda 2002-2005, 2005-2008 e 2009-2012.

Emenda de substitución

Débese substituír o texto da parte resolutiva, polo que segue a continuación:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Dirixirse ao Goberno de España para demandar a reposición da prórroga para a subsidiación dos préstamos hipotecarios para todas aquelas persoas beneficiarias que cumpran os requisitos establecidos conforme ao disposto nos Reais Decretos que regulan os Plan de Vivenda 2005-2008 e 2009-2012, ou cando menos, que acceda a autorizar a prórroga naqueles casos nos que haxa constancia dunha maior necesidade en orde a criterios económicos e de circunstancias familiares.

Page 10: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

2. No caso de que o Estado non asuma esas axudas, que por parte da Xunta de Galicia se faga unha valoración do número de persoas acollidas ás subsidiacións hipotecarias dos anteriores Plans de Vivenda na nosa Comunidade co fin de determinar a situación das familias máis desfavorecidas afectadas por esa medida e, de ser o caso, articular medidas alternativas desde o ámbito autonómico que axuden a mitigar os efectos naqueles casos con maiores dificultades económicas e con especiais circunstancias familiares”.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013 Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 09/10/2013 18:06:53

Page 11: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

A Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte emenda á proposición non de lei en Comisión do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, 09/PNC-000976 (11568), sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para o mantemento das liñas de trasporte público que estaba a cubrir a empresa ATSA no Val Miñor ata o 1 de setembro de 2013.

Emenda de substitución

Débese substituír o texto da parte resolutiva, polo que segue a continuación:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Que continúe co seu labor de implantar un Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo, volvendo a instar ao Concello de Vigo para que participe de forma activa na consecución deste obxectivo.

2. Que extreme as comprobacións e teña en conta as alegacións presentadas en relación coa modificación do título concesional formulada pola empresa ATSA, tratando que as alteracións que se puidesen producir impliquen o menor efecto nos servizos e na mobilidade da cidadanía”.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013 Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 09/10/2013 18:07:18

Page 12: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

A Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte emenda á proposición non de lei en Comisión, do Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda, 09/ PNC-000999 (12058), sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para a conservación do humidal de Valdoviño.

Emenda de substitución

Débese substituír o texto da parte resolutiva, polo que segue a continuación:

“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia, a elaborar coa máis ampla participación das entidades e cidadanía interesadas o “Plan de conservación do humidal protexido lagoa de Valdoviño” co obxecto de regular as actuacións a realizar nese espazo no futuro”.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 09/10/2013 18:07:31

Page 13: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara presenta, ante esa Mesa, a seguinte Emenda á Proposición non de lei en Comisión do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia “Sobre a emisión dun informe de impacto ambiental desfavorable ao mantemento da factoría ENCE en Pontevedra.”(09/PNC-000940(10927))

EMENDA DE SUBSTITUCIÓN

Débese substituír o texto da parte resolutiva polo seguinte texto:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que na emisión do informe autonómico previsto na vixente Lei de Costas, para o caso de que o Goberno do Estado tramite unha solicitude de ENCE para a prórroga da súa concesión de ocupación do DPMT na súa actual localización, se garanta co maior rigor e exhaustividade a defensa do interese xeral de Galicia e o cumprimento máis estrito da normativa ambiental de aplicación”.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Page 14: O , a través da súa€¦ · Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 09/10/2013 18:06:51