o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e...

25
V Limpeza simultánea de ríos. Setembro 2012 ………………………………………………………………....... Proxecto Ríos

Transcript of o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e...

Page 1: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

V L

imp

eza

sim

ult

áne

a d

e r

íos.

Se

tem

bro

20

12

……

……

……

……

……

……

……

……

……

……

……

……

....

...

Pro

xect

o R

íos

Page 2: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

O obxectivo desta actividade é achegar as persoas ao río e denunciar a contaminación e o

deterioro dos mesmos, un dos problemas ambientais máis graves da Galiza.

ADEGA e Proxecto Ríos organizan esta Limpeza Simultánea de Ríos dende o ano 2008,

confiando en que esta actividade sexa unha importante ferramenta na educación ambiental e

concienciación cidadá cara a conservación dos ecosistemas fluviais.

O sábado 29 e domingo 30 de setembro de 2012 realizouse a V Limpeza Simultánea de

Ríos en 34 concellos da Galiza. En cada localidade a actividade foi coordinada por diferentes

entidades, dende asociacións ecoloxistas, culturais… até ANPAS ou comunidades de montes,

Chegando até 50 entidades en todo o pais, houbo concellos nos que participaron até tres

asociacións limpando varios ríos como é o caso de A Estrada.

Nesta xornada houbo multitude de grupos grandes e pequenos, grupos de nenos e

nenas e de maiores, grupos en grandes ríos, e grupos en pequenos regatos. Pero todas e todos

tiñan o mesmo obxectivo a conservación do ecosistema fluvial.

Neste quinto ano continúan a sumarse á iniciativa; concellos, asociacións de pescadores,

culturais, ecoloxistas… de moitos lugares da Galiza. Outros grupos levan participado nesta

iniciativa dende os inicios e ao longo destes cinco anos podemos observar unha disminución de

lixo nos treitos dos ríos custodiados por estas entidades. E dicir, cando implicamos as veciñas e

veciños dunha zona nas actividades de conservación, os resultados positivos fanse notar, ademais

de ter unha maior duración no tempo.

Para a xornada de voluntariado reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer

unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica que foi entregado o día da limpeza

a todas e todos os participantes. Pódese descargar o protocolo en PDF na seguinte ligazón .

http://limpeza.proxectorios.org/wp-content/uploads/2011/09/protocolo-de-actuacion_limpeza-

simultanea-rios_2012.pdf Ademais, todas e todos os participantes recibiron como agasallo unha

camisola co lema da limpeza “ Móllate polos ríos “ .

Desgraciadamente aínda se verten moitos residuos aos ríos desta volta recolléronse refugallos de

todo tipo, abundaron plásticos ( botellas, garrafas, bolsas, sacos ) , apareceron tamén rodas de

Page 3: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Desgraciadamente aínda se verten moitos residuos aos ríos desta volta recolléronse

refugallos de todo tipo, abundaron plásticos ( botellas, garrafas, bolsas, sacos ) , apareceron tamén

rodas de automóbiles, defensas de coches asentos, berces e cadeiras de bebes. Houbo quen sacou

varios metros de aramio de espiño. Os electrodomésticos non faltaron, e tamén lamparas, roupa e

calzado... Algúns voluntarios atoparon no río caixas con varios centos de botes de cosméticos para

os pes da marca Belfeet.

Nesta V limpeza temos que salientar como varios grupos traballaron eliminando flora

exótica invasora que medraba ás beiras dos ríos, unha das primeiras causas da perdida de

biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial.

Calculamos que os residuos de tódolos concellos suman un total de algo máis de 10

toneladas, pero debemos lembrar que o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado

ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, pero si somos

unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación

dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta. Os ríos non son vertedoiros,

e hoxe débese fomentar o uso dos puntos limpos. Cada quen pode recapacitar ante esta situación

e tamén reducir o seu consumo de plástico, utilizando botellas reutilizables, usar bolsas de tea,

mellorando cada día un chisco deste mundo maltratado.

Dende ADEGA e Proxecto Ríos agradecemos o tempo e dedicación de todos os colectivos

implicados na coordinación da limpeza na súa zona. Agradecer tamén aos concellos o compromiso

na conservación dos ríos que atravesan os seus municipios, especialmente os concellos que

apoiaron esta limpeza que foron: A Estrada, Arbo, Arzúa, Cambre, Cuntis, Fene, Gondomar, Lugo,

Moraña, Muxía, Ourense, Poio, Pontevedra, Redondela, San Sadurniño, Pobra de Trives e Zas.

Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio

Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Para esta

actividade contamos coa colaboración de Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Pero sobre todo e ante todo queremos agradecer o traballo de todas as persoas que se

meteron no seu río para limpalo e axudar entre todos e todas a denunciar e solucionar este gran

problema. Sen vós isto non sería posible.

Moitas Grazas!!

Page 4: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Concello Grupo Nº

voluntarias/os

Kg

retirados Río

A Estrada

Asoc. A Xesteira

Asoc. pola Defensa do Val do Liñares

Asoc. de Veciños “A Sobreira” de Callobre

14 900 Vea

10 125 Liñares

28 500 Liñares

A Merca Asoc. Xuvenil Xoldreira 19 170 Arnoia

Allariz CEA O Rexo 17 250 Arnoia

Arbo Concello de Arbo 9 150 Cea

Arteixo ADEGA Coruña 5 30 Bolaños

Arzúa

ADEGA Alto Ulla

Concello de Arzúa

Asoc. de pescadores amigos do Iso

12 350 Bolaños

Cambre Oficina de voluntariado de Cambre 33 290 Mero

Carnota ADEGA Costa da Morte adiado

Compostela ADEGA Compostela 9 185 Sarela

Cospeito Asoc. Revolta Natural 6 100 Támoga

Cuntis Asoc. Cultural “O Fervedoiro” 10 250 Gallo

Fene AETNA 20 800 Cadavo

19 700 Baa

Forcarei

Asoc. Mozos de Forcarei

C.M.V.M.C. San Miguel de Presqueiras

Asoc. Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo

Xido”

4 50 Castro

6 50 Lérez

Gondomar Asoc A Groba

Asoc Pedraghullo

45 300 Mongadans

10 700 Zamáns

Lugo ADEGA Lugo 9 800 Rato

Mañón Asoc. Cultural Barqueirock 12 180 Sor

Melide Asoc. De Pescadores do Río Furelos 6 100 Martagona

Moraña Asoc. Cultural "O Arrieiro" 10 200 Agra

Muxía Concello de Muxía 5 50 Castro

Neda Asoc. Social Néboa 30 225 Belelle

Ponteareas Plataforma pola defensa do Tea 15 600 Tea

Ourense Seixalbo

10 20 Barbaña

Pontevedra

Vaipolorío

Fundación Juan XII

ADEGA-Pontevedra

17 750 Gafos

Redondela Concello de Redondela Pte envio

Ribadumia Colectivo Ecoloxista do Salnés 9 700 Umia

Salceda de

Caselas Asoc. Trezecatorze 19 250 Caselas

San Sadurniño Concello San Sadurniño 18 200 Castro

Sarria Asoc. Cultural Crearte, Asoc. Rebuldeira Teatro e Asoc.

Sarricanta. 20 500 sarria

Trives AMPA O recreo 30 300 Fiscaiño

Xinzo de Limia CEIP Carlos Casares adiado

Zas Concello de Zas adiado

Proxecto Mandeo Proxecto Mandeo 35 25 Mandeo

Page 5: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Pódese consultar os grupos de limpeza, ríos nos que se traballou e concellos na seguinte ligazón:

https://maps.google.com/maps/ms?msid=216328131479756932764.0004cb0f2a6b1b4de5e2e&msa=0

Page 6: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Asoc. A Xesteira, A Estrada

Asoc de veciños “A Sobreira” de Callobre. A Estrada

Page 7: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

ADEGA – Paradanta, Arbo

CEA O Rexo, Allariz

Néboa, Neda

Page 8: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

ADEGA- A Coruña, Arteixo

Ofic. De Voluntariado do concello de Cambre

ADEGA- Compostela, Santiago de Compostela

Page 9: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Asoc. A Revolta Natural. Cospeito

Asoc. Cultural “O Fervedoiro”. Cuntis

AETNA. Fene

Page 10: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

CMVMC San Miguel de Presqueiras. Forcarei

Asoc. A Groba. Gondomar

Asoc. Cultural Pedraghullo. Gondomar

Page 11: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

ADEGA-Lugo. Lugo

Asoc. Barqueirock. Mañón

Asoc. De Pescadores do río Furelos. Melide

Page 12: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Asoc. Cultural “ O Arrieiro”. Moraña

Concello de Muxía

Plat. Ríos Limpos, Asoc cultural As Canellas, Asoc veciños, asoc cult. Agromadas e irmandinhos de Seixalbo. Ourense

Page 13: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Plataforma pola defensa do Tea. Ponteareas

Vaipolorío, Juán XXIII, ADEGA- Pontevedra. Pontevedra

CES. Ribadumia

Page 14: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Asoc. Trezecatorze. Salceda de Caselas

Concello de San Sadurniño

Asoc. Cultural Crearte, Asoc Rebuldeira Teatro e Asoc. Sarricanta. Sarria

Proxecto Mandeo. Betanzos

Page 15: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Dossier de prensa

Page 16: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos
Page 17: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos
Page 18: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos
Page 19: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos
Page 20: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos
Page 21: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Participamos na semana Europea da custodia do territorio

Page 22: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos
Page 23: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Páxina web da limpeza

http://limpeza.proxectorios.org

Page 24: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

ADEGA e o Proxecto Ríos agradecen enormemente o apoio e financiamento das seguintes entidades e dos 17 concellos que axudarón na V limpeza simultánea de ríos. Moitas Grazas!!

Page 25: o 2012 s - Proxecto Ríosproxectorios.org/limpeza/wp-content/uploads/2011/... · biodiversidade e deterioro do ecosistema fluvial. Calculamos que os residuos de tódolos concellos

Proxecto Ríos

Travesa de Basquiños 9, baixo

15.704. Santiago de Compostela

981 57 00 99