Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

29
NOVO DECRETO SOBRE O GALEGO NO ENSINO CAMBIOS FUNDAMENTAIS

description

Actualización da presentación sobre as "Bases do borrador do Decreto do Plurilingüismo" elaborada polo ENDL do IES Ribeira do Louro do Porriño.

Transcript of Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

Page 1: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

NOVO DECRETO SOBRE

O GALEGO NO ENSINO

CAMBIOS FUNDAMENTAIS

Page 2: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

EDUCACIÓN INFANTIL (Decreto actualmente vixente)

- O profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado

- Determinarase polo claustro, de acordo cos datos achegados polo mapa sociolingüístico de

Galicia, os datos estatísticos e a información achegada polas familias.

(No caso de contornos castelán falantes, por exemplo as cidades, o uso da lingua galega será polo menos do 50%)

Page 3: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

EDUCACIÓN INFANTIL (Novo Decreto)

- O profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado

- Determinarase preguntándolle cada ano ás familias

- Engádese que “o profesorado coidará que adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento

da outra lingua”, pero non se establecen porcentaxes de tempo mínimas para o galego.

Page 4: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

EDUCACIÓN PRIMARIA (Decreto actualmente vixente)

- Polo menos o 50% do horario en galego

- Concrétase nesa porcentaxe que Matemáticas e Coñecemento do medio teñen

que se impartir en galego.

Page 5: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

EDUCACIÓN PRIMARIA (Novo Decreto)

• Un 33% en galego, un 33% en castelán e un 33% en inglés

• Matemáticas e Coñecemento do medio: agora unha será en galego e outra en castelán, segundo as

preferencias das familias cada catro anos. Se fosen en inglés, poderían ser as dúas.

Page 6: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

(Decreto actualmente vixente)

- Polo menos o 50% do horario en galego

- Especifícanse unha serie de materias que se deben impartir en galego. Entre outras, Matemáticas e

Ciencias Sociais.

Page 7: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

(Novo Decreto)

- Un 33% en galego, un 33% en castelán e un 33% en inglés.

- Xa non hai materias obrigatorias en galego establecidas pola Administración educativa.

- No caso das Matemáticas e as Ciencias Sociais son as familias as que deciden. As dúas por

exemplo poderían ser en castelán, ou en inglés.

- O resto das materias decídeo o Consello Escolar, respectando aquelas porcentaxes.

Page 8: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

BACHARELATO (Decreto actualmente vixente)

- Polo menos o 50% do horario en galego.

- Especifícanse unha serie de materias que deben impartirse en galego: por exemplo, en 1º: Filosofía e

cidadanía, e Ciencias para o mundo contemporáneo; e en 2º: Historia da Filosofía e Historia de España.

- Lembremos que na actualidade o horario completo dun estudante de 1º Bacharelato atinxe as 32 horas á semana. Se sumamos todas as horas

que un alumno recibe nesas materias que por lei se especifican (contando Lingua e literatura galegas) obtemos só 10 horas. O resto (6 horas) debe completalas o Claustro para chegar polo menos a ese 50%

Page 9: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

BACHARELATO (Novo Decreto)

- Xa non hai o mínimo do 50% nin materias obrigatorias en galego

establecidas pola Administración.

- Só se di xenericamente: “Cada centro educativo aprobará unha oferta equilibrada de materias comúns, de modalidade e optativas para impartir en galego, en

castelán e en linguas estranxeiras”

Page 10: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

FORMACIÓN PROFESIONAL (Decreto actualmente vixente)

- Debe garantirse polo menos un 50% da docencia en galego.

- Especifícase que o módulo de Formación e orientación laboral deben impartirse en galego.

- Para chegar a ese mínimo, a lingua dos outros módulos decídeos a Dirección, oídos os Departamentos

- En todos os módulos garantirase que o alumnado coñeza o vocabulario específico en galego.

Page 11: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

FORMACIÓN PROFESIONAL (Novo Decreto)

- Xa non se establecen porcentaxes mínimas nin materias concretas en galego.

- Nin siquera se fai referencia, como si se facía non Bacharelato, a que debe existir un equilibrio entre linguas

(neste caso, o galego e castelán, xa que curiosamente o inglés en FP non se contempla como materia vehicular de ensino)

Page 12: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

EDUCACIÓN DE ADULTOS (Decreto actualmente vixente)

- Nos niveis I e II deben impartirse como mínimo o 50% das materias.

- No nivel III e nos Bacharelatos de adultos, todas agás as materias de linguas específicas

Page 13: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

EDUCACIÓN DE ADULTOS (Novo Decreto)

• Non se establecen porcentaxes mínimas en galego

Page 14: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

- En conclusión, este novo decreto suporía o maior retroceso na lexislación sobre o

galego no ensino dende que se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981

- Non obstante, é probable que se se aprobase fose nulo de pleno dereito, xa que vai en contra da Lei de

Normalización Lingüística (1983), considerada de desenvolvemento estatutario, que establece no seu art. 13.2 que “as autoridades educativas da Comunidade

Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino”.

Page 15: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

Había algunha razón pedagóxica para esta

viraxe tan radical no modelo lingüístico de

ensino?

Page 16: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

INFORME PISAPrograma para a Avaliación

Internacional de Alumnos da OCDE

Page 17: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

COMPETENCIAMATEMÁTICA

Page 18: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

COMPETENCIALECTORA

Page 19: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

FRACASO ESCOLAR (Fonte: Ministerio de Educación)

GALICIA: 25,1%

ESPAÑA: 30,8%

VALENCIA: 37,7%

BALEARES: 38%

CANARIAS: 35,9%

ANDALUCÍA: 34%

CASTELA A MANCHA: 33,7%

MURCIA: 32,5%

EXTREMADURA: 32,4%

MADRID: 29,2%

ARAGÓN: 29,1%

Page 20: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

NIVEL DE ESTUDOS DOS PAIS

Page 21: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

OUTROS DATOS QUE PERMITEN COMPARAR O

SISTEMA EDUCATIVO GALEGO CO DOUTRAS

COMUNIDADES

Premios Excelencia e Premios Extraordinarios

de Bacharelato e Formación Profesional

Page 22: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

ATA AGORA EN GALICIA, GOBERNASE QUEN

GOBERNASE, SEMPRE HOUBO UN CONSENSO EN

TEMAS CLAVE COMO LINGUA E EDUCACIÓN

Page 23: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

Toda a lexislación vixente relativa á lingua no ensino (por exemplo eses mínimos do 50%

para o galego na Primaria e na Secundaria) foi consensuada e aprobada por unaniminade no

Parlamento de Galicia no ano 2004

PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Page 24: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

• ¿Pues el vicepresidente del Parlamento y aspirante a liderar el partido en Ourense, Baltar

Blanco, pide respeto al gallego.

El habla de un galleguismo que abanderamos en el PP.

• ¿Son estas realmente las bases para un decreto galleguista?

Son unas bases para el equilibrio, el consenso, ampliamente reflexionadas, consultadas con

miembros de la comunidad educativa y que tuvo el germen en la encuesta a los padres.

• ¿Con quién se consultó?

Consultar... Claro que hablamos con gente en privado: "Estoy haciendo esto, ¿qué te parece?"

Compañeros de la Administración del sector educativo, padres... Pero la consulta va a venir

ahora con todos los organismos implicados en el sistema y la defensa y promoción del gallego.

Para ver esta película, debedisponer de QuickTime™ y de

un descompresor .

Faro de Vigo: 10-1-2010

Page 25: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

RISCO GRAVÍSIMO DE CONFLITIVIDADE NOS

CENTROS

Page 26: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

A PROPOSTA DE DAR UN TERZO DAS CLASES EN

INGLÉS REVELA UN FONDO DESCOÑECEMENTO DO

SISTEMA EDUCATIVO GALEGO E ESPAÑOL, E PODERÍA

LEVARNOS A AUMENTAR ESPECTACULARMENTE AS

TAXAS DE FRACASO ESCOLAR

Page 27: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

O DESEÑO DOS CONTIDOS EDUCATIVOS, DOS

MÉTODOS DE ENSINO E DAS LINGUAS NAS QUE SE

IMPARTEN AS MATERIAS É UNHA RESPONSABILIDADE

DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA, NON DOS PAIS

(Senteza xudicial do TRIBUNAL SUPREMO: 21-9-2009)

Page 28: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

NON PODEMOS METER AS FAMILIAS NO LÍO DE SE

ESTA MATERIA HAI QUE IMPARTILA EN GALEGO,

CASTELÁN OU INGLÉS

Que pasa se logo as cousas non funcionan ben? Ímoslles botar a

elas a culpa? Iso é competencia dos técnicos da Consellería e dos

profesores, por algo lles pagan, e algo máis importante, por algo

toda a sociedade investiu cartos na súa formación, para que tomasen

as mellores decisións (o contrario sería despilfarrar todo este capital

humano). Ata agora foinos ben, por que cambiar?

Page 29: Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)

A IMPORTANCIA NOS CENTROS DOS EQUIPOS DE

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, TAMÉN PARA CONSEGUIR

UNHA MAIOR CALIDADE NO ENSINO EN GALICIA