NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia |...

31

Transcript of NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia |...

Page 1: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao
Page 2: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

CATÁLOGO2017

NOVIDADES

Page 3: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

MISTERIO VOCES NOVAS

IGUALDADE LIBERDADE CRÍTICA

CLÁSICOS LINGUA SOÑOS

REFLEXIÓN AVENTURA FEMINISMO

LITERATURA TRAMAPERSONAXES

TODO ESTÁ NOS LIBROS

E ESTÁN, ADEMAIS, EN GALEGO

© EDITORIAL GALAXIA, S. A. 2017Avenida de Madrid, 44, baixo, 36204 Vigowww.editorialgalaxia.gal

Depósito legal: VG 516-2017

Page 4: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

COSTA OESTECelia Díaz Núñez

A boca do monte . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10iria Collazo lópez

A soidade das medusas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12paula Carballeira

Nunca mascotas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14JorDi Sierra i Fabra

As palabras feridas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16María Solar

Os nenos da varíola . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18Jorge eMilio bóveDa

O monstro de Ille . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20Marilar aleixaNDre

Ali Babá, Morxiana e os corenta usureiros . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22

LITERARIACarloS CaSareS

Á Marxe, 1999-2002 . obra xornalística . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 26O expreso da literatura e outros ensaios . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 28Álvaro CuNqueiro

No obradoiro do fabulador . artigos en lingua galega . . . . . . . . . . . . . . . 30aNa Cabaleiro

Sapos e sereas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 32eMMa peDreira

Bibliópatas e fobólogos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 34MaNuel Núñez SiNgala

Camiños na auga . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 36aNtóN riveiro Coello

A ferida do vento . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 38Miguel aNxo FerNÁNDez

Blues para Moraima . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 40xavier SeNíN

O alfaiate portugués . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 42Miguel SaNDe

A candidata . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 44blaNCa rieStra

Noire Compostela . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 46DaNiel aSorey

Nordeste . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 48Celia Díaz Núñez

Unha verdade amarga . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 50

BIBLIOTECA DE INTERVENCIÓN SOCIAL / DIDÁCTICAMaNuel Núñez SiNgala

Sacar a lingua é de mala educación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 54ÁNgeleS e iSabel abelleira barDaNCa

Os fíos de infantil . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 56

Page 5: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao
Page 6: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica

Nº De pÁxiNaS: 168

iSbN: 978-84-9865-688-6

a boCa Do MoNte

Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse.

E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos . Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal . Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravi-zar . Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade . Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos . Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamén, puxo as súas gadoupas na nosa terra .

Celia Díaz Núñez

Naceu no Páramo en 1961 . Vinculada desde os anos da infancia a Quiroga, reside en Ourense, onde desenvolve a súa actividade docente . Deuse a coñecer como narradora en 2003 cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando . En 2007 obtén o premio Breogán de contos co relato Un tango na noite . É autora de obras de teatro infantil: Cataventos e cía . (premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004) e Velaí vai o papaventos (2014), o ensaio literario Voces na terra (1995) e materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega . En Galaxia publicou tamén A boca do monte (2016) .

© Celia Parra Díaz

CoSta oeSte 11

Page 7: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

13

iria Collazo lópez

Naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero leva no Morrazo (primeiro Moaña, agora Cangas) desde os sete anos . As historias que lle contaron, que vive e que respira nestes dous lugares impregnan boa parte do que escribe . Estudou Filoloxía Galega na Univer-sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario e hoxe exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES As Barxas, de Moaña . Coma unha áncora é a súa primeira obra literaria publicada, e tamén a primeira que se atreveu a escribir .

CoSta oeSte 13

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica

Nº De pÁxiNaS: 84

iSbN: 978-84-9151-019-2

a SoiDaDe DaS MeDuSaS

Que poden ter en común unha pianista, un escritor, unha nena, un vello e unha reputada fotógrafa…

Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexis-tente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos, unha nena de ollos tristes e pasado cruel que foxe do vento, unha reputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun vello inconsciente no deserto do hospital ou unha oficinista presa dos seus propios rituais e dun amor imposible? A resposta está nos relatos deste libro, A soidade das medusas, cheo de personaxes que transitan por un océano de encrucilladas onde, como dixo a filósofa María Zambrano, “todo ten dereito a ser, incluso o que non puido existir endexamais” .

outroS títuloS

CoMa uNha ÁNCora

Sobre todo, é unha novela de amor . Esa cla-se de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coi-damos normal . Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protago-nizar grandes páxinas na literatura galega . Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais ta-mén a vida con toda a súa forza, tanta, que vai por enriba da morte . Empe-zarás a ler e xa non vas poder parar . Prepárate para naufragar dentro dunhas páxinas cheas de feitizo…

Page 8: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

15

outroS títuloS

olo-iepu-iepu

Árbore. Esta historia trata sobre unha tribo de África, chamada Mangala . Os homes e as mulleres de Mangala son os mellores contacontos do mundo .

a era De lÁzaro

Os mortos non de-ben volver . Se regresa-sen, provocarían o caos, a aparición dunha nova era .

o lobiShoMe De CaNDeÁN

Xa non se escoitan ouveos a medianoite . Os lobos visten coma per-soas, pero pensan coma animais .

15CoSta oeSte

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica

Nº De pÁxiNaS: 64

iSbN: 978-84-9865-728-9

paula Carballeira

Paula Carballeira Cabana (Contadoris absurdus) . Animal da especie dos faladores, moi común en zonas de chuvia . Adoita abrir a boca para contar historias e limpar ben as orellas para escoitalas onde queira que vaia . Gústalle comer e viaxar . Das súas diferen-tes viaxes pódense encontrar datos en A percura, Robin e a Boa Xente, Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima e Mateo . A súa viaxe máis recente foi a África, ás aldeas Mangalas . As últimas noticias que se teñen dela din que está a preparar unha excursión extraterrestre .

En 2006 foi a primeira gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, galardón creado polo IGAEM, pola súa obra Boas noites .

NuNCa MaSCotaS

Hai poucos títulos máis claros para contar o que hai dentro dun libro. Nun-ca mascotas.

Animais, nunca mascotas . Seres de seu, nunca mascotas . Vida, non cousas . Ani-mais que son máis persoas que as persoas, que poden ser moi animais . E unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar, dende a beleza, dende a reflexión, á mocidade, que pensa ela sobre esta vida animal da que temén formamos parte . Un libro do que estamos moi orgullosos na Editorial Galaxia . Poesía para a xente máis moza . Que ten a ollada aínda limpa que, dende logo que si, teñen moitos seres da natureza . Ás veces máis ca nós .

© Paco Rodríguez

Page 9: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

OutrOs títulOs

17

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica

Nº De pÁxiNaS: 196

iSbN: 978-84-9151-025-3

CoSta oeSte 17

KaFKa e a boNeCa viaxeira

Árbore. Un libro que contaxia emoción e paixón pola literatura .

DurMiDo Sobre oS eSpelloS

Diego ten 19 anos . Un día descobre que o seu avó, a quen cría mor-to, vive en Cuba .

NuN lugar ChaMaDo guerra

Unha novela sobre a amizade, pero tamén unha descarnada mostra da vida doa rapaces e rapazas víti-mas da guerra .

aS palabraS FeriDaS

Estamos, sen dúbida, diante dunha das mellores novelas de Jordi Sierra i Fabra.

Unha historia sobre a liberdade e o poder das palabras para cambiar o mundo . Nun país dominado por líderes que non deixan pensar, no medio dun cárcere perdido no medio da nada máis baleira, mergullado nunha realidade abafante que anula a perso-nalidade en nome da “patria”, o protagonista desta historia, responsable da vixilancia dun vello profesor e poeta detido por “disidente”, comprobará como o seu mundo se derruba por dentro ao descubrir a forza indestrutible do amor . E que quen ama, é libre de verdade .

JorDi Sierra i Fabra

Naceu en Barcelona en 1947 . É un dos autores españois máis prolíficos e recoñecidos internacionalmente . Autor de máis de douscentos libros e traducido a máis de vinte linguas, iniciouse profesionalmente no xornalismo e foi director de revistas fundamentais para a introdución en España da música rock, como Disco Exprés . Entre as súas obras máis popu-lares destacan Historia de la música pop, El joven Lennon, El tiempo del olvido, Nun lugar chamado Guerra e Durmido sobre os espellos . En 2006 e 2010 foi candidato ao Nobel da literatura para xente moza, o premio Hans Christian Andersen, representando a España . En 2011 entrou no padroado do Instituto Cervantes . A lista dos seus premios é interminable: Ateneo de Sevilla, Gran Angular, Vaixell de Vapor, Abril, Edebé, Cervantes Chico… En 2007 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra Kafka y la muñeca viajera, publicado en galego por Galaxia .

Page 10: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

OutrOs títulOs

19

vou ter uN irMÁN!!!

Árbore. Premio Frei Martín Sarmiento 2013 . Un libro protagonizado pola incerteza que unha nena sente cando os seus pais lle din que vai ter un ir-mán .

a verDaDeira hiStoria Da MoSCa Da tele

Árbore. Premio Frei Martín Sarmiento 2014 . Hai moscas que non se con-forman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión .

o Meu peSaDelo Favorito

Árbore . Premio Laza-rillo 2014 . Premio Libro do Ano na Gala do Libro Ga-lego 2016 . Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz . Un libro divertidí-simo .

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica

Nº De pÁxiNaS: 208

iSbN: 978-84-9151-026-0

oS NeNoS Da varíola

Sen dúbida, estamos diante da novela máis ambiciosa e lograda de María Solar.

Desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da hu-manidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes . Aínda que o foron . Nos seus pequenos corpos, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América . Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isa-bel Zendal, xogará un papel determinante . A historia comeza en 1803 . Na miseria dos orfanatos . Nun barco que pode ser tamén unha tumba . Nun mar hostil e desapiadado . No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro . O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca .

19CoSta oeSte

María Solar

María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela . É presentadora do programa A revista fin de semana da TVG . Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademais de ser diplomada en Maxisterio . A súa actividade profesional sempre se centrou no xornalismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión . Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magazine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos progra-mas de todos os xéneros . Ademais foi actriz de dobraxe .

Como autora, céntrase no público infantil . Ten publicado entre outros O fillo do Pintamonas (Tambre, 2010), Boa sorte (Baía, 2008), O tempo do revés (Baía, 2008) e os libros divulgativos O libro do noso mar (Lea, 1999), Ecoloxía na aula (Lea, 1998) . No ano 2014 alzouse co Premio Lazarillo polo seu libro O meu pesadelo favorito, que entra-ría, en 2015, na Lista White Ravens da Biblioteca de Múnic .

© Xoan Diéguez

Page 11: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

21

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica

Nº De pÁxiNaS: 148

iSbN: 978-84-9151-046-8

o MoNStro De ille

Unha novela escura sobre un tempo escuro.

Cando todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición con-vivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible . Esta é a historia de tres mulleres ás que a historia e a ignorancia van pasar por enriba, esnaquizándoas . Tamén é a historia dun instante en que a Fe e a Ciencia chocan violentamente . Te-mores e envexas, malfalares e maldicires, odios, nenos que veñen e non deberían vir, sacerdotes que desexan o que non deberían . Un crebacabezas cheo de intensidade, de violencia e de agochos misteriosos . A primeira achega narrativa de Jorge Emilio bóveda ao catálogo da Editorial Galaxia .

21CoSta oeSte

Jorge eMilio bóveDa

(Ourense 1975) . Defínese como lector, escritor, mestre de inglés no ensino público e cinéfilo . Tivo relación coa música e o audiovisual, e hoxe, eventualmente tira algún traballo gráfico en prensa baixo o heterónimo Vault . Entre as súas moitas obras destacan Xeonautas e Asasinato no centro comercial, ambas as dúas de 2014 . Esta é a súa primeira obra publicada na Editorial Galaxia na colección Costa Oeste .

© Josef Menéndez

Page 12: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

OutrOs títulOs

23

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica

Nº De pÁxiNaS: 68

iSbN: 978-84-9151-053-6

baSiliSa, a priNCeSa Sapiño

Árbore. Non sempre o fillo máis novo é quen leva a mellor parte e tam-pouco todos os sapos son o que parecen .

a vaCa CaNíbal

Árbore. Un relato di-vertido, pero tamén crí-tico, no que imos asistir á aventureira vida das vacas e ao coñecemento das Vacas exemplares

a CoMpañía ClaNDeStiNa De CoNtrapubliCiDaDe

literaria. Unha aven-tura urbana e actual coa publicidade como arma contra o poder .

ali babÁ, MorxiaNa e oS CoreNta uSureiroS

Era unha vez o xefe funha banda de corenta ladróns.

E un home bo que se chamaba Alí Babá . E unha cova chea de tesouros que abría cando alguén dicía: “Ábrete, sésamo!” Todos coñecemos a historia . Mais, o que ás veces se esquece é que a verdadeira protagonista é Morxiana, unha muller afouta que lle vai dar a volta ao mundo, e á historia tradicional, e vai salvar a súa familia e a vila toda . E sobre todo, vai loitar contra os usureiros e os ditadores, e todos os que fan a fortuna erguéndose sobre os cadáveres dos máis febles e desafiuzados da historia . Ma-rilar Aleixandre cóntanos o conto de sempre mais non coma sempre . Como Morxiana, rebelándose contra o mundo e as relacións de xénero e de dominación . Empoderán-dose . Muller de seu .

CoSta oeSte 23

Marilar aleixaNDre

Nacida en Madrid en 1947, é licenciada en Bioloxía e profesora de Didáctica das Ciencias na USC . Instalada en Galicia desde 1973, adoptou o galego como lingua lite-raria . As súas primeiras obras foron narracións dirixidas aos lectores máis novos, como A formiga coxa (1989) e O rescate do peneireiro (1990) . Continuou con libros para ado-lescentes como A expedición do Pacífico (1994), coa que obtivo os premios Merlín e Lousada Diéguez . A novela que a deu a coñecer nun ámbito máis amplo foi Tránsito dos Gramáticos (1993), unha orixinal intriga ambientada nunha Compostela futurista .

En 1996 publicou a colección de relatos Lobos nas illas . Con A Compañía Clandes-tina de Contrapublicidade gañou a IV edición do Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa (1998) . En 2001 publicou Unha presa de terra . Recibiu o Premio Xerais de Novela 2001 por Teoría do Caos .

Fonte: AsociAción de escritores en LinguA gALegA (AELG)

Page 13: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao
Page 14: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

OutrOs títulOs

27

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eDiCióN: Rústica con lapelas

Á Marxe, 1999 obra xorNalíStiCa, viiiNº De pÁxiNaS: 392

iSbN: 978-84-9865-429-5

Á Marxe, 2000 obra xorNalíStiCa, ixNº De pÁxiNaS: 396

iSbN: 978-84-9151-032-1

Á Marxe, 2001-2002 obra xorNalíStiCa, xNº De pÁxiNaS: 468

iSbN: 978-84-9151-033-8

Á Marxe, 1999 - 2002. obra xorNalíStiCa, viii, ix e x

Tres volumes que inclúen os artigos publicados en La Voz de Galicia dos anos 1999 a 2002.

Diálogo constante, cita obrigada e cotiá cos lectores, os artigos xornalísticos de Carlos Casares conforman un dietario persoal onde a vida discorre coma un fluxo per-manente . Como unha novela aberta, as columnas de “Á marxe” constitúen quizais un exemplo sobranceiro desta dimensión .

veNto FeriDo

A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do sécu-lo XX, e iníciase en 1967 con Vento ferido .

oS eSCuroS SoñoS De Clío

En doce relatos, mes-tura de fantasía e realida-de, Carlos Casares faille chiscadelas cómplices a Clío, a musa da Historia, cunha clara intención pa-ródica .

o Sol Do verÁN

Unha historia de amor e morte, un canto melan-cólico á beleza, á xuventu-de e á plenitude da vida e da memoria .

CarloS CaSareS

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002 . Es-critor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas .

É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío . Dirixiu a Editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento .

Autor homenaxeado do Día das Letras Galegas 2017 .

literaria

biblioteCa CarloS CaSareS

Page 15: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 240

iSbN: 978-84-9151-050-5

o expreSo Da literatura e outroS eNSaioS

Neste libro reúnense dezaseis escritos de Carlos Casares que compoñen un volume dun feitío similar a Un país de palabras (1998).

Unha escolma de artigos e conferencias sobre escritores como Albert Camus, Castelao, Ánxel Fole, Torrente Ballester, Valle-Inclán e Bryce Echenique . Tamén re-flexións sobre as tertulias en Pontevedra, as cidades de Vigo e Ourense, e sobre o pasado e o futuro do idioma galego . Ensaios literarios que o propio escritor describía así: “Se me piden que fale de algo, que dea unha opinión ou exprese unha idea, dunha maneira espontánea póñome a contar” .

Page 16: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

OutrOs títulOs

31

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 400

iSbN: 978-84-9151-047-5

DoN haMlet e outraS pezaS

Reúnense neste libro as obras de teatro escritas en galego por Cunqueiro, desde Rúa 26, publicada en 1932, ao Don Hamlet .

MerlíN e FaMilia

Libro poboado de per-sonaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas pro-dixiosas .

aS CróNiCaS Do SoChaNtre

Nos tempos da Revo-lución Francesa, o sochan-tre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias .

literaria

biblioteCa Álvaro CuNqueiro

No obraDoiro Do FabulaDor. artigoS eN liNgua galega

Reúnense neste libro os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1963, ano en que aparecen as primeiras colaboracións en galego, e 1971.

Cunqueiro desenvolveu unha intensa actividade xornalística no periódico vigués como redactor (1961-64), subdirector (1964-65) e director (1965-70) . Textos que pre-ludian a obra do autor de Merlín e familia, non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunqueiro o obradoiro do fabulador .

Álvaro CuNqueiro

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981) dedicouse desde moi novo á lite-ratura e ao xornalismo . A súa obra abrangue todos os xéneros e os máis diversos temas, desde a poesía ao libro de cociña, pasando pola narración e o drama . Dotado dunha singular fantasía e dunha extraordinaria capacidade de fabulación, Cunqueiro anovou fondamente a literatura galega . A súa mestría lingüística, o seu libérrimo uso das con-vencións literarias, o poder que a súa literatura lle asigna á imaxinación, a integración de distintas tradicións culturais e estilísticas nun todo novidoso e persoal fixeron do autor de obras como Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Os outros feirantes, Don Hamlet, Herba aquí e acolá, Si o vello Sinbad volvese ás illas…, Escola de menciñeiros, Tesouros novos e vellos, unha das figuras máis importantes da historia da literatura galega que, ademais, conta con múltiples traducións a outras linguas .

Page 17: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

33

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 96

iSbN: 978-84-9151-035-2

aNa Cabaleiro

(Saídres, Silleda, 1974) é licenciada en Xornalismo, profesión que exerce intermi-tentemente desde hai dúas décadas . Cursou, ademais, o Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da USC, no que investigou e publicou sobre contracultura e ciberactivismo artístico . Tamén ten traballado no eido da discapacidade intelectual e no da cooperación ao desenvolvemento .

Como autora, formouse en obradoiros e cursos de escrita, sempre na procura de voces femininas coas que abeirar as mareas da vida . Froito desta experiencias nace a compilación de relatos Sapos e Sereas, a súa primeira obra publicada . Como muller con raíces no rural, aínda conserva unha lagoa con máis dun millón de sapos e dúas ducias de ras cantoras .

SapoS e SereaS

É a estrea literaria de Ana Cabaleiro.

Unha voz especialmente singular dentro da nosa literatura e que nos vai agasallar, no futuro, páxinas coa mesma potencia literaria coma as que temos neste mollo de relatos . Neste volume nada é o que parece . A autora disponse a darlle a volta a moitas historias que pensabamos que só se podían contar dunha maneira . E, grazas á súa ollada nova, descubrimos que hai moitos Sapos que non merecen saír da fochanca, que hai Sereas atrapadas en destinos tráxicos e que a realidade é, cando menos, cues-tionable . Mellor dito, que hai que a cuestionar .

© Mónica Patxot

literaria

Page 18: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

35

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 148

iSbN: 978-84-9151-037-8

literaria

bibliópataS e FobólogoS

Neste libro de Emma Pedreira hai libros que falan de libros que conteñen libros que nos poden enfermar ou sandar ou sandar ou sacar o mellor de nós, que pode ser o peor.

Un mollo de relatos, dende micros a máis longos, nos que a trama e o desenlace se adiviñan entre páxinas, entre lombos de volumes curiosos para xente así de curiosa: os biblíopatas e fobólogos . Libros polos que matar e polos que vivir . Libros que dan a vida e a quitan . Personaxes nos lindes da razón que atopan na lectura, nas letras, nas semánticas máis estrañas, a súa razón de ser ou un motivo para mandar . Unha nova proposta literaria de Emma Pedreira, unha das autoras con máis proxección da literatura galega actual .

eMMa peDreira

(A Coruña, 1978) . É licenciada en Filoloxía Hispánica, poeta e narradora . Entre a súa ampla produción destacan os poemarios Xoguetes póstumos (2010), Libro das menti-ras (2012) e s/t (2015) . Como narradora, publicou varios libros e en 2016 gañou o Premio Narrativas Quentes, que convoca Edicións Positivas, co libro Corazón e demais tripas.

Page 19: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

37

outroS títuloS

literaria

MaNuel Núñez SiNgala

Naceu en Lugo en 1963, pero en Vilalba é onde transcorre a súa infancia e adoles-cencia . A Terra Cha é a súa primeira patria . Estuda, traballa e vive máis tarde en Com-postela, que é como el mesmo di, a súa segunda patria .

Sempre foi un grande afeccionado á lectura, pero a súa inclinación pola escrita, di que quizais lla deba aos certames literarios do instituto de bacharelato vilalbés . Nese centro estreou as primeiras obras de teatro, ata tres montaxes aló contra final dos anos setenta . En Galaxia ten publicado O achado do castro (1991, Premio Xiria de Creación Teatral 1987), Comedia bífida (2007), Planificación estratéxica (2009), Mar de fondo (1997), Menú de en-ganos (2010, Premio Frei Martín Sarmiento 2011) . Tamén o ensaio e os traballos de inves-tigación sobre a normalización do idioma ocuparon boa parte do seu tempo, como se recolle no libro En galego, por que non? (2009) ou Sacar a lingua é de mala educación (2017) .

MeNú De eNgaNoS

Premio Frei Martín Sarmiento 2011 . Historias para darlle gusto ao noso padal . Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir .

iNStruCióNS para toMar CaFé

literaria. Conxunto de relatos cos que consegue reunir o que ben poderían ser catro volume nun úni-co e engaiolante libro .

CoMeDia bíFiDa

CoSta oeSte. Velaquí un xuízo á lingua . Ou ao em-prego que dela facemos os galegos .

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 296

iSbN: 978-84-9865-684-8

CaMiñoS Na auga

O protagonista da novela, Szymo, queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por casualidade e na que se acaba por recoñecer.

¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa pregunta artella unha historia que intenta reformular a ficción da “diferenza” contrapoñéndoa á igualdade da Ilus-tración e a Revolución Francesa . Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o au-tor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo —Szymo— cuxa identidade contradí as súas características físicas .

Page 20: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

OutrOs títulOs

39literaria

aNtóN riveiro Coello

(Xinzo de Limia, 1964) . Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica . Riveiro Coello é un dos narrado-res máis premiados da literatura galega durante a pasada década . Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias, ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos Parque Central (1996) e Airadas de palabras (1998), onde se recollen os contos que lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R . Figueiredo entre os anos 1991 e 1997 . Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín corrrespondente a 1999 . As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Homónima.

aS rulaS De baKuNiN

Premio García Barros 2000 . Guerra Civil e anar-quismo nunha novela histórica magnificamente narrada .

hoMóNiMa

Premio Álvaro Cunquei-ro 2000 . Unha aventura que transcorre en México, nun ambiente de misterio e vio-lencia primitiva .

a quiNta De Saler

Un editor contrata a dous escritores, que non se coñecen entre eles, para que escriban unha novela compartida sobre O liberal de Saler .

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 144

iSbN: 978-84-9865-735-7

a FeriDa Do veNto

En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeria moza.

O avó Mauro, unha persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto para lle dar unha nova que o deixará abraiado . A partir deste mo-mento, Antón sentirá o peso do mundo e buscará nos personaxes extravagantes unha alianza para as feridas do amor e da vida .

Novela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor limiao non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes memorables, entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a representación exquisita do paso da infancia á adolescencia .

Page 21: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

OutrOs títulOs

41

a bela otero, pioNeira Do CiNe

Fóra De ColeCCióN. Un percorrido pola relación profesional e vital da Bela Otero co cinema do seu tempo .

uN NiCho para MarilyN

Frank Soutelo, de-tective californiano de pais galegos, encárgase de investigar a desapari-ción do cadáver de Ma-rilyn Monroe

o Sabre Do FraNCéS

Nova edición corrixi-da e ampliada polo autor . Inclúese un relato inédito, A negativa do dragón Éme-ri Vendermot, e incorpórase O sangue dos Cortiña .

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 260

iSbN: 978-84-9151-049-9

literaria

Miguel aNxo FerNÁNDez

(O Carballiño, 1955) . Doutor en Comunicación Audiovisual, investigador e teórico cine-matográfico, está vencellado ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no ano 2001 . En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual . Entre a súa obra especializada, destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed .) . No eido da ficción, publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ade-mais dos libros sobre o detective Frank Soutelo: Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), O espido de Gina (2014) e Un dente sen cadáver (2016) .

blueS para MoraiMa

Un cineasta exiliado decide retornar ao país décadas despois de salvar a vida tras unha fuxida á desesperada. Co seu regreso, tensións políticas e vellas historias da guerra do 36 volven ao presente. Mais tamén volve a lembranza dos amores perdidos naqueles días de terror . Sen sospeitalo, o xornalista da televisión que o animara a regresar para reivindicar a súa obra cinematográfica terase que enfrontar ás temibles e violentas consecuencias de desenterrar un pasado negado e maldito . Combinando memoria his-tórica, elementos de thriller policial e unha homenaxe ao cinema político, Miguel Anxo Fernández logra con Blues para Moraima unha das súas obras literarias máis ambiciosas . Unha novela de grande axilidade narrativa e unha intriga que apreixa o lector .

preMio blaNCo aMor 2016

© Dunia-Álvarez

Page 22: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

43

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 204

iSbN: 978-84-9865-732-6

literaria

o alFaiate portuguéS

Conxunto de narracións no que descubrimos o talento dun cronista da realidade de noso.

Unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anécdotas e tipos humanos da cultura tradicional . Un mundo vizoso, próximo e así e todo distante . Case descoñecido . Lobeira é o espazo narrativo de Xavier Senín, territorio máxico onde se desenvolve a meirande parte destas historias . A do alfaiate que vén das terras tramontanas de Portugal rodeado de miste-rio e que co mesmo misterio desaparece . A do cobrador da luz que percorre de a cabalo as parroquias e a do sancristán que dá concertos de campás e arroutadas de sineta no momento da consagración . A do organista que toca “Yesterday” na misa do Corpus . Un territorio no que fumega a cunca de chocolate das señoritas da vila . Onde perdura o recendo inesqueci-ble do pan quente no forno e a onde seguen a chegar as cartas dos emigrados .

xavier SeNíN

Naceu en Pontecesures (Pontevedra) en 1949 . Licenciado en Filoloxía Francesa, foi catedrático de bacharelato e subdirector xeral do Libro .

Corrector lingüístico, coordinador de libros de texto, e profesor colaborador do ICE e da Consellería de Educación nos cursos de formación do profesorado de galego . Redac-tor responsable da edición en galego da revista O Correo da Unesco . Realizou máis de cen traducións, as máis delas de literatura infantil e xuvenil .

© Maricarme Mera

Page 23: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

OutrOs títulOs

45

Se algúN Día eSta Muller Morta

Premio de Narrativa Bre-ve Repsol 2006 . Despois de ir ao cinema, coma sempre soa, unha muller decátase de que acaba de ver a súa vida reflectida na pantalla .

a viDa Fóra

illa Nova. Miguel San-de volve con A vida fóra, outro convite para lec-tores apaixonados polas historias intensas .

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 136

iSbN: 978-84-9865-736-4

a CaNDiData

A crise afectou a moitas familias, traendo consigo non só dificultades econó-micas senón tamén emocionais.

O relato dunha desas quebras e o intento posterior de reconstrución é a cerna da novela coa que Miguel Sande obtivo o Premio García Barros . Narrativa intensa, de impacto, na que non se furta a súa capacidade ferinte, afastada de calquera mirada politicamente correcta . Escrita cunha linguaxe franca, dura e directa, tamén con mo-mentos tenros . A candidada dá voz a unha desas familias para que os seus membros —nai, filla e pai— relaten a súa historia . Ferinte . Impactante . Abrupta . Incorrecta . Algo estoupa para nos conmover e perturbar .

preMio garCía barroS 2016

literaria

Miguel SaNDe

Naceu en Pastoriza, Concello de Arteixo, no ano 1961 . O seu primeiro libro publi-cado, Á alba pide comigo vivir, quedou finalista do Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca no ano 1984, un libro que, según di o autor, contou co apoio de Ramón Pi-ñeiro . En 1998, publicou o segundo libro de teatro, Ninguén chorou por nós, premiado co Rafael Dieste, editado pola Deputación da Coruña . No ano 2000 na Editorial Dixital na Universidade da Coruña publica 39 veces chao. Tamén publicou varios poemarios, dos que se pode salientar: A palabra soterrada, editado en Espiral Maior no ano 1985 .

Gañou o I Premio Repsol YPF de Narrativa Breve coa novela Se algún día esta mu-ller morta, editada por Galaxia . Habitualmente dedícase ao xornalismo, delegado de La Voz de Galicia na Mariña lucense e no occidente de Asturias .

Page 24: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

47

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: rúStiCa CoN lapelaS

Nº De pÁxiNaS: 136

iSbN: 978-84-9865-737-1

literaria

Noire CoMpoStela

En Internet hai algo profundo, algo fondo, maligno. Sen sabelo, convivimos cun pozo insondable, ignoramos o que se agocha nel.

Noire Compostela iníciase cunha conversa entre un estudante, Xurxo, e Dafne, cama-reira nun dos bares da zona vella compostelá . A partir de aquí, a trama enguedéllase nunha espiral de segredos e misterios de consecuencias arrepiantes cuxa orixe se remonta no tem-po . Os enigmas que envolve a chamada Internet profunda parecen asolagar tamén a cidade nunha realidade ata daquela oculta . O inspector Touriñán e os axentes especializados en delitos cibernéticos van intentar sacar á luz ese submundo fantasmagórico e virtual que —coma antonte o escurantismo e o cheiro a incenso— invade o ventre pétreo da cidade .

blaNCa rieStra

(A Coruña, 1970) en castelán é autora das novelas Anatol y dos más (1996), La can-ción de las cerezas (2001, Premio de novela Ateneo Joven de Sevilla), El sueño de Borges (2004), Todo lleva su tiempo (2007, Premio de Novela Tigre Juan), Madrid blues (2008), La noche sucks (2010, Premio Eñe), Vuelo diurno (2012), Pregúntale al bosque (2013, Premio Internacional de Novela Ciudad de Barbastro), Greta en su laberinto (2016, Pre-mio Torrente Ballester) . Na acualidade vive na Coruña e traballa como profesora univer-sitaria no Cesuga .

Noire Compostela é a súa primeira novela publicada en galego .

preMio De Novela por eNtregaS De la voz De galiCia 2016

© R

édou

ane

Bou

rahi

Page 25: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

49

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: Rústica con lapelas

Nº De pÁxiNaS: 156

iSbN: 978-84-9151-011-6

literaria

DaNiel aSorey

Profesor de lingua galega e literatura no ensino secundario, é autor de relatorios, artigos e recensións sobre literatura e lingua galegas, ademais de material didáctico e li-bros de texto . No eido literario, recibiu premios como o I Certame de Relato Curto Cida-de Vella (1988), o Premio de Narración Curta no I Certame Literario e de Investigación Terra de Melide (2001) e o do Certame de Narracións Manuel Murguía (ex aequo, 2002) . Algúns dos seus textos están recollidos en obras colectivas como De soños e memorias (2003) e Muralla de Crescornio (1989) .

NorDeSte

No bergantín Leboreiro, volve a unha Compostela poderosa e marítima Carme de Candingas, vedora maior da República das Santas Irmandades da Galiza . Moito despois, na década de 1930, Matilda, unha xornalista que traballa en São Paulo, viaxa tamén ao Nordeste para informar sobre a máis perigosa banda de cangaceiros . Na dureza daquela viaxe coñecerá a Maria Bonita, a máis famosa saltea-dora do Brasil . A bandoleira, cunha vida fóra das leis ditadas polos homes, presen-taralle o sertao desértico, fermoso e implacable . As tres mulleres sentirán o amor, a violencia e a beleza dunha terra castigada e esquecida . As tres compartirán, ao cabo, a difícil e perigosa opción da liberdade .

preMio repSol De Narrativa breve 2016

Page 26: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

51

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 135 x 210

eNCaDerNaCióN: rúStiCa CoN lapelaS

Nº De pÁxiNaS: 168

iSbN: 978-84-9151-059-8

literaria

uNha verDaDe aMarga

Cando Daniel Pereira inicia os trámites para presentar unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, a vida das dúas familias verase radicalmente trastornada . Pilar e Carlos, por un lado, Daniel e Silvia, polo outro, buscarán xustifi-cación á súa conduta, que remite a amores e desencontros, débedas pendentes, culpas non purgadas e aldraxes amoreadas en moitos anos de silencio . Entremedias, dous rapaces, Alberte e Marta, vítimas tamén dunha guerra que non é a súa . E Aurelio, paso a paso privado de recordos, sabe que avellentar é mirar atrás e enfrontarse a un pasado onde ás veces custa recoñecerse . Ao cabo, os vellos segredos de familia sem-pre acaban por aflorar, porque nin o amor nin o rancor poden agocharse eternamente . Unha historia sobre a identidade e a memoria .

Celia Díaz Núñez

Naceu no Páramo en 1961 . Vinculada desde os anos da infancia a Quiroga, reside en Ourense, onde desenvolve a súa actividade docente . Deuse a coñecer como narradora en 2003 cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando . En 2007 obtén o premio Breogán de contos co relato Un tango na noite . É autora de obras de teatro infantil: Cataventos e cía . (premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004) e Velaí vai o papaventos (2014), o ensaio literario Voces na terra (1995) e materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega . En Galaxia publicou tamén A boca do monte (2016) .

© Celia Parra Díaz

Page 27: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao
Page 28: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 170 x 240

eNCaDerNaCióN: rúStiCa CoN lapelaS

Nº De pÁxiNaS: 84

iSbN: 978-84-9151-042-0

SaCar a liNgua é De Mala eDuCaCióN oportuNiDaDeS Do MultiliNgüiSMo Na iNFaNCia e Na iDaDe aDulta

Procura argumentos e estratexias para aproveitar as posibilidades que, tanto a adultos como a nenos, lles brinda a vida nunha comunidade bilingüe que se insire nunha Europa multilingüe e nun mundo cunha extraordinaria riqueza idiomática .

A aprendizaxe de idiomas, así, en plural, é algo para o que os nenos e nenas de todo o mundo están perfectamente capacitados e para o que nacen dotados dunhas aptitudes excepcionais que só é preciso desenvolver e aproveitar . Ao longo deste volu-me expóñense de maneira sinxela e clara os motivos polos que todos os habitantes de Galicia deberían ser competentes nas dúas linguas oficiais da comunidade e empregar esa destreza como trampolín para adquirir outras o antes posible . Porque en cuestión de linguas o importante é sumar .

biblioteCa De iNterveNCióN SoCial / DiDÁCtiCa

outroS títuloS

MaNuel Núñez SiNgala

Naceu en Lugo en 1963, pero en Vilalba é onde transcorre a súa infancia e adoles-cencia . A Terra Cha é a súa primeira patria . Estuda, traballa e vive máis tarde en Com-postela, que é como el mesmo di, a súa segunda patria .

Sempre foi un grande afeccionado á lectura, pero a súa inclinación pola escrita di que quizais lla deba aos certames literarios do instituto de bacharelato vilalbés . Nese centro estreou as primeiras obras de teatro, ata tres montaxes aló contra final dos anos setenta . En Galaxia ten publicado O achado do castro (1991, Premio Xiria de Creación Teatral 1987), Comedia bífida (2007), Planificación estratéxica (2009), Mar de fondo (1997), Menú de en-ganos (2010, Premio Frei Martín Sarmiento 2011) . Tamén o ensaio e os traballos de inves-tigación sobre a normalización do idioma ocuparon boa parte do seu tempo, como se recolle no libro En galego, por que non? (2009) ou Sacar a lingua é de mala educación (2017) .

eN galego, por que NoN?biblioteCa De iNterveNCióN

SoCial/DiDÁCtiCa. Contra os prexuízos e as simplifica-cións sobre a lingua galega .

55

Page 29: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

CaraCteríStiCaS

DiMeNSióNS: 170 x 240

eNCaDerNaCióN: rúStiCa CoN lapelaS

Nº De pÁxiNaS: 184

iSbN: 978-84-9151-063-5

ÁNgeleS e iSabel abelleira barDaNCa

Ángeles (Ames, 1966) e Isabel (Ames, 1970) son mestras de educación infantil, a primeira na EEI Milladoiro e a segunda no CEIP A Maía, ambos centros no Concello de Ames (A Coruña) . O Milladoiro é unha escola infantil de 12 unidades onde o alumnado procede de familias traballadoras, moitas de orixe estranxeira . A Maía é unha macroes-cola de 3 liñas con 9 unidades de infantil, situada nunha contorna residencial de nivel sociocultural medio-alto . En 2010 estas irmáns abriron o blog InovArte Educación Infantil (http://innovarteinfantil .worpress .com), que actualmente ten máis de 1 .100 entradas, cheas de experiencias e reflexións educativas . Con esta iniciativa na rede gañaron o Premio Francisco Giner de los Ríos e con este libro o Premio Marta Mata de Pedagoxía, sendo as primeiras en ter as dúas distincións máis importantes no ámbito educativo en España . A súa experiencia non é só docente, engloba tamén a dirección de centros, a formación do profesorado e a administración educativa, onde tiveron res-ponsabilidades na innovación e ordenación educativa .

oS FíoS De iNFaNtil

iNNovarte eDuCaCióN iNFaNtil

Un libro que emociona, que achega o coñecemento e as experiencias de dúas mes-tras comprometidas coa calidade e a innovación educativas . As súas ideas brillantes, as reflexións cheas de sentido, as críticas consistentes fan desta obra unha guía de recursos que melloran as competencias profesionais dos mestres e os coñecementos dos pequenos e das pequenas, lonxe de modas pasaxeiras e de urxencias burocráti-cas . Un libro que inspira para que cada persoa que o lea atope o seu propio camiño . Unha decidida aposta holística por unha escola segura de si mesma, pola calidade, pola creatividade, pola vida, pola educación integral, a favor dos nenos e das nenas e, tamén, das súas familias . Unha reflexión e uns recursos froito dunha práctica cotiá continuada, cunha base científica e unha técnica solvente e actual .

traballo gañaDor Do xxxvi preMio Marta Mata De peDagoxía 2016

57biblioteCa De iNterveNCióN SoCial / DiDÁCtiCa

Page 30: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao

LENDO CONTIGO

DENDE 1950

Page 31: NOVIDADES CATÁLOGO - Editorial Galaxia | Portadaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2017/09/Catalogo...sidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira . Ao