NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en...

22
NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL A las puertas de Leningrado (William Lubbeck). O autor foi un soldado que viviu o pesadelo da impotencia alemá fronte aos soviéticos en Leningrado durante 4 anos. A obra recolle con fidelidade e amplas descricións aqueles interminables anos de guerra. Alicia, mi historia (Elie Wiesel). Historia real dunha nena polaca de 12 anos que viu morrer a toda a súa familia a mans de alemáns e rusos e que tivo que sobrepoñerse a esa dor para seguir vivindo. Alto riesgo (Ken Follet). Acción e espías nesta novela na que un grupo de mulleres recrutadas pola espionaxe británica debe infiltrarse na central de comunicacións dos nazis para acelerar a fin da guerra. Arde París? (Larry Collins e Dominique Lapierre). Describe con detalle os momentos que precederon á liberación da cidade durante a Segunda Guerra Mundial. Aún te quedan razones para cazar (Blanca Álvarez). Relato para mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame, a soidade, a barbarie, o amor…

Transcript of NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en...

Page 1: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

A las puertas de Leningrado (William Lubbeck). O autor foi un soldado que viviu o pesadelo da impotencia alemá fronte aos soviéticos en Leningrado durante 4 anos. A obra recolle con fidelidade e amplas descricións aqueles interminables anos de guerra.

Alicia, mi historia (Elie Wiesel). Historia real dunha nena polaca de 12 anos que viu morrer a toda a súa familia a mans de alemáns e rusos e que tivo que sobrepoñerse a esa dor para seguir vivindo.

Alto riesgo (Ken Follet). Acción e espías nesta novela na que un grupo de mulleres recrutadas pola espionaxe británica debe infiltrarse na central de comunicacións dos nazis para acelerar a fin da guerra.

Arde París? (Larry Collins e Dominique Lapierre). Describe con detalle os momentos que precederon á liberación da cidade durante a Segunda Guerra Mundial.

Aún te quedan razones para cazar (Blanca Álvarez). Relato para mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame, a soidade, a barbarie, o amor…

Page 2: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Auschwitz. Los nazis y la “solución final” (Lauren Rees). Relatos das barbaries cometidas nos campos de concentración a partir de testemuñas de vítimas e verdugos.

b10279 sobreviviente de Auschwitz (Enrique Benkel). Memorias deste prisioneiro do campo de concentración que ante as preguntas dos seus fillos pequenos de por que tiña un número tatuado no contestaba que era un número de teléfono. Ao cabo de corenta anos decidiu escribir estas memorias.

Bajo una estrella cruel (Heda Margolius Kovály). A autora, checoslovaca de acomodada familia, sufriu a deportación a campos de concentración. Parte da familia foi asasinada pero ela sobreviviu. Pasada a guerra casou cun gobernante comunista checo, pero será asasinado por orde de Stalin, ademais do repudio dela e de seu fillo.

Bela Bartok contra el Tercer Reich (Kjell Espmark). O compositor sabe que os nazis virán a por el; non lle perdoan que desafiara as ordes cunha declaración de apoio aos xudeus.

Capesius, el farmacéutico de Auschwitz (Dieter Schlesak). Durante anos, o autor da obra investigou a figura dun farmacéutico do campo de concentración que se enriqueceu coas pertenzas dos veciños xudeus que enviaba á cámara de gas.

Chico de barrio (Ermanno Olmi). O autor lembra a súa infancia durante a guerra mundial, primeiro en Milán e logo no campo, mesturando tristes lembranzas con outras experiencias agradables no espertar da vida.

Page 3: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Ciudad de ladrones (David Benioff). Unha novela na que dous amigos sobrelevan o cerco de Leningrado con certo humor e enxeño no medio dos horrores da guerra.

Corre, chico, corre (Uri Orlev). Cando os nazis invaden Polonia, a familia do protagonista decide escapar da cidade ao campo, pero o plan fracasa e atópase só. Durante case 3 anos terá que vivir de forma clandestina como vagabundo para non ser enviado a un campo de concentración.

Day (A.L Kennedy). A vida dun piloto da RAF cambia por completo co remate da guerra, deixa de ter sentido. Por iso tratará de comprender por que a guerra non o preparou para a paz.

De los vivos y los muertos (Konstantin Simonov). (En edicións anteriores co título La batalla de Moscú). O autor describe as súas vivencias como oficial do exército soviético e corresponsal de guerra desde o inicio da guerra contra Alemaña ata a batalla de Moscova.

Diario (Helen Berr). Diario dunha xudía francesa en París desde 1942 ata que foi detida en 1945 e levada a un campo de concentración.

Page 4: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Diario de Ana Frank (Ana Frank). Diario persoal escrito pola nena xudía entre xuño de 1942 e agosto de 1944 no que relata as súas vivencias do tempo que estivo escondida nunha casa de Ámsterdam para ocultarse dos nazis.

Diario de Praga (Petr Ginz). O autor viviu en primeira persoa as duras condicións na capital checa durante o dominio nazi e de todo elo deixou constancia escrita no seu diario.

Diario del levantamiento de Varsovia (Miron Bialoszewski). O 1 de agosto de 1944 comezou a operación Tempestad para liberar a capital polaca da ocupación nazi antes de que o fixesen as tropas soviéticas, pero a operación fracasou, causando un levado número de vítimas. O autor viviu os acontecementos e plasmounos na obra anos despois.

Dora Bruder (Patrik Modiano). A partir do anuncio nun periódico e dunha listaxe de deportados ao campo de Auschwitz, un pais tratan de localizar á súa filla de 15 anos. Un exemplo concreto que é todo un símbolo dunha época de dor e desesperación.

El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para salvar do holocausto aos xudeus incluídos nunha listaxe, de modo que logrou salvar a 1.100. Versión cinematográfica co título de La lista de Schindler.

Page 5: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

El buen alemán (Joseph Kanon). A guerra toca á súa fin. Os negociadores aliados están deseñando o futuro. Aparece o cadáver dun oficial norteamericano cos bolsillos cheos de diñeiro. A investigación parece dar indicios de que pode iniciarse un novo conflito.

El chico de la caja de madera (Leon Leyson). O autor é o supervivente máis novo da Lista de Schindler e relata as vivencias durante o tempo de permanencia no campo de concentración e nos anos posteriores á súa liberación.

El cuaderno de Rutka (Rutka Laskier). A autora, unha xudía polaca, escribe un diario en 1943 que se mantivo oculto durante décadas, ata que unha irmá decidiu sacalo á luz.

El día D. La batalla de Normadía (Anthony Beevor). Deste autor tamén: Stalingrado e Berlín. La caída sobre os sucesos bélicos acaecidos naqueles lugares durante a Segunda Guerra Mundial.

El diario de Helga (Helga Weiss). Autobiografía na que narra as vivencia dela e da súa familia nos campos de concentración de Terezin e Auschwitz.

El invierno del mundo (Ken Follet). En 1933 o ascenso do nazismo resulta imparable e moi pronto poderán apreciarse os efectos da represión e a tiranía. Desde Inglaterra, numerosas persoas tratarán de frear esta tolemia que se estende por Europa.

Page 6: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

El ejército de Isaac (Mattehew Brzezinski). Está baseada nas experiencias reais dun grupo de membros da Organización Xudía de Combate que foi o núcleo do levantamento do gueto de Varsovia de abril de 1943.

El falsificador de pasaportes (Cioma Schonhaus). Historia real vivida polo autor do libro cando, no Berlín de 1942, decide pasar a formar parte da resistencia falsificando pasaportes os que puidesen escaparse os seus compatriotas xudeus.

El festín de la muerte (Jesús Díez de Palma). Protagonizada por nenos e mozos, fixa o seu interese en diversos puntos de vista e resulta interesante para unha panorámica da Segunda Guerra Mundial.

El hijo de Noé (Eric Emmanuel Schmitt). No medio da persecución xudía, un sacerdote cristián ensina aos nenos, aos que oculta para protexelos, a doutrina xudía tratando,o como fixo Noé, de salvar do holocausto a memoria da súa relixión e cultura.

El hospital de la transfiguración (Stanislaw Lem). Un xoven psiquiatra comeza a traballar nun hospital de saúde mental tratando de dar un trato máis humano aos enfermos, actitude que choca co desprezo e a deshumanización dos nazis cos enfermos mentais.

Page 7: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

El inicio de la tormenta (Jeff Shaara). No inverno de 1942 o exército norteamericano está a punto de implicarse nas operacións militares da Segunda Guerra Mundial, concretamente na operación Torch no norte de África. O xeneral Eisenhower toma nota dos erros cometidos para o próximo enfrontamento cos alemáns.

El judío de Shangai (Emilio Calderón). O exército xaponés organiza un gueto xudeu na cidade china. O cónsul de España tratará de axudar a algúns dos internados coa axuda dunha antiga escrava sexual do exército xaponés.

El largo viaje (Jorge Semprún). Lembranzas das propias experiencias do seu paso polo campo de concentración de Buchenwald.

El librero de Varsovia (Michael O´Brien). Reflexións entre un libreiro e un rapaz xudeu ao que dá refuxio tras conseguir escapar do gueto da cidade polaca. Ao longo dun inverno hai moitas horas para opinar e contrastar opinións sobre os máis variados temas.

El mapa creador (Emilio Calderón). O Terceiro Reich persegue un libro que dá resposta aos misterios esotéricos nos que se basean as súas crenzas. As dificultades económicas da Academia de Belas Artes de Roma levan a vender un lote de libros entre os que está o exemplar que buscan os nazis. A partir dese momento a trama complícase cunha complexa rede de espionaxe.

Page 8: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

El método Coué (Javier Menéndez Llamazares). Aventuras dun piloto da Escuadrilla Azul que combateu xunto aos nazis na Segunda Guerra Mundial que, ademais de sobrevivir, debe resolver unha intriga familiar que o leva ás portas da Gestapo.

El niño con el pijama de rayas (John Boyne). Berlín, 1942. Un neno de 8 anos, fillo do comandante dun campo de concentración, non é consciente das atrocidades que se están cometendo. Pero todo cambia cando coñece a un neno xudeu que vive ao outro lado da cerca que rodea o campo.

El niño del holocausto (Jack Kuper). Historia dun neno de 9 anos que un día, cando regresa a casa, descubre que os nazis levaron a toda a familia. Debe sobrevivir sen un lugar seguro no que cobixarse a través da perigosa Polonia. É un clásico traducido a numerosos idiomas.

El pianista del gueto de Varsovia (Wladyslaw Szpilman). O autor era un recoñecido pianista xudeu que estaba traballando para a radio estatal polaca cando a aviación alemá bombardeo a emisora. Coa súa familia foi desaloxado da súa casa e tivo que gañarse a vida tocando en bares nos que se reunían desde traficantes do mercado negro ata xente da resistencia.

El pintor de Cracovia (Joseph Bau). Autobiografía dun supervivente do campo de concentración de Plaszow grazas a que foi incluído na listaxe de Schindler. Describe a experiencia vivida en medio da humillación e a morte dos seres queridos.

Page 9: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

El puente sobre el río Kwai (Pierre Boulle). Aínda que os datos concretos son ficción, a obra parte do feito real da construción do ferrocarril de Birmania entre 1942 e 1943 e describe a historia dun grupo de prisioneiros británicos obrigados polo exército xaponés a levantar unha ponte para o citado ferrocarril.

El refugio secreto (Corrie Ten Boom). Tenra historia dun reloxeiro holandés que, a pesar dos seus escasos recursos, esconde e traslada a xudeus a lugares seguros para evitar que sexan capturados polos nazis.

El Reich africano (Guy Saville). A partir da consulta dunha ampla documentación sobre os plans de Hitler con respecto a África, o autor imaxina este continente dominado polos nazis.

El séptimo velo (Juan Manuel Prada). O protagonista queres descubrir as claves do seu pasado, o que o leva a reconstruír escuros episodios familiares da época da guerra mundial, da guerra civil española e da historia recente de Arxentina, onde se refuxiaron moitos criminais nazis.

El soldado olvidado (Guy Sajer). Historia escrita en primeira persoa por un simple soldado alemán na fronte do leste, un testemuño de quen viviu as penalidades da guerra nos campos de batalla e de quen perde toda esperanza de gañar a guerra ante o avance do exército soviético.

El tambor de hojalata (Günter Grass). Narra o drama dun neno polaco que non deixa de tocar o tambor que lle regalaron cando cumpriu 3 anos para mostrar o seu rexeitamento ao nazismo.

Page 10: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

El tiempo de los emperadores extraños (Ignacio del Valle). No inverno de 1943, na fronte de Leningrado, un soldado da División Azul é atopado morto nun lago cunha enigmática frase gravada no peito. Será a primeira vítima dunha cadea de crimes que hai que desentrañar.

El tren llegó puntual (Heinrich Boll). Narración dos horrores do conflito bélico a través da mirada dun soldado alemán que se dirixe á fronte de guerra.

Escapar de Sobibor (Richard Rashke). O campo de concentración de Sobibor foi o escenario dunha das maiores fugas de prisioneiros e o libro está redactado a partir das entrevistas do autor con algúns dos superviventes.

Espada de honor (Evelyn Waugh). Triloxía formada por Hombres en armas, Oficiales y caballleros e Rendición incondicional unidas polo personaxe principal, un home que sofre un proceso de desilusión e de maduración interior e que nas tres novelas vive en escenarios diferentes ao longo dos anos nos que se desenvolveu a Segunda Guerra Mundial.

Esta niña debe vivir (Helene Holzman). A autora, alemá, estaba casada cun xudeu e vivían en Lituania coas súas fillas. Cando entran os nazis asasinan ao marido e a unha das fillas e a nai determina que a súa razón de vivir é salvar á outra filla. Pero non é ela a única que quere salvar vidas axudando aos perseguidos polo réxime nazi.

Page 11: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Estrella amarilla ( Jennifer Roy). A autora conta a historia de Syvia Perlmutter, unha dos 12 cativos que lograron sobrevivir no gueto de Lodz en Polonia. Durante máis de 50 anos non quixo contar as súas experiencias, pero acabou confiándoas á súa sobriña, a autora do libro.

Europa Central (William Tanner Vollmann). Novela ambientada na Segunda Guerra Mundial na que o autor examina o comportamento dunha serie de personaxes reais e outros de ficción que permiten ao lector comprender moitas das claves dos réximes totalitarios.

Fürer (Allan Prior). Retrato de quen quixo dominar o mundo e causou millóns de mortos, con tratos da personalidade de A. Hitler analizados a partir de arquivos periodísticos, notas de diarios e entrevistas persoais.

General SS (Sven Hassel). Retrato do home que pretendeu dominar o mundo con datos procedentes da consulta dunha ampla documentación.

HHhH (Laurent Binet). O título son as siglas dunha frase (Himmlers Hirn heisst Heydrich, o cerebro de Himmler chámase Heydrich) que se dicía nas SS de Reinhard Heydrich, Xefe da Gestapo, considerado o home máis perigoso do III Reich. En 1942, dous membros da resistencia planifican un atentado para asasinalo pero, delatados por un traidor e cercados por setecentos homes, suicídanse.

Huérfanos del mal (Nicolás D´Estienne D´Orves). Unha investigación sobre o programa Lebensborn da SS para crear unha raza pura desemboca nunha inquietante aventura arredor dos 25.000 nenos que alí foron enxendrados.

Page 12: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Inverno en tempo de guerra (Jan Terlow). Durante a ocupación alemá de Holanda, un grupo de resistencia planea o asalto a unha oficina de racionamento, pero os plans iniciais fracasan e o protagonista, con tan só 16 anos, debe realizar a arriscada tarefa que estaba encomendada a outro compañeiro. Pero ademais de loitar pola liberación da patria ocupada, tamén hai tempo para o amor e a amizade. Hai versión cinematográfica.

Juego de espías (Michael Frayn). Mentres a Segunda Guerra Mundial asola Europa, nas rúas de Londres dous rapaces inventan un particular xogo: espiar os veciños, anotar os seus movementos e coñecer os seus secretos.

La bibliotecaria de Auschwitz (Antonio G. Iturbe). Historia dunha nena de 14 anos que estivo no campo de concentración de Auschwitz, encargándose dunha biblioteca clandestina formada por 8 libros e algúns libros viventes.

La canción de Hannah (Jean Paul Noziere). Nunha pequena vila mineira de Francia, as xentes falan da guerra como tema cotián pero sen que cambien as súas vidas. Pero todo cambiará cando os nazis e a policía comece a arrestar xudeus.

La canción de Jan (Maureen Myant). Logo do asasinato de seu pai polos nais e separado da súa familia, Jan, con tan só 11 anos, inicia unha viaxe por varios países en guerra para localizar á súa irmá que fora dada en adopción a unha familia aria.

Page 13: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

La cantante del gueto de Varsovia. Wiera Gran, la acusada (Ágata Tuszynska). Esta cantante foi acusada de cantar para os alemáns do gueto e de ser confidente deles. Canta mentres a súa nai e irmá están no campo de Treblinka. Ata os anos 80 non remitiron as acusacións sobre ela e a autora reconstrúe a dura vida desta muller.

La clave está en Rebeca (Ken Follet). Historia de espionaxe durante a campaña da guerra no norte de África para evitar que o exército alemán invada Exipto.

La Cruz de Hierro (Willi Heinrich). Descrición de forte realismo sobre os combates da fronte do leste durante a Segunda Guerra Mundial.

La habitación de arriba (Johanna Reiss). Relato autobiográfico das vivencia de cando, de nena, tivo que fuxir da súa casa ante a chegada dos nazis e durante dous anos permanecer escondida na habitación superior dunha granxa en Holanda.

La isla de las tormentas (Ken Follet). En 1944 os aliados preparan, co todo sixilo, a maior operación militar da historia: a invasión da Europa ocupada polos nazis. Pero un espía alemán descubre os proxectos inimigos e trata de levar a noticia ata o Alto Estado.

Page 14: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

La ladrona de libros (Markus Zusak). Novela na que o amor á lectura e aos libros axuda a soportar a dura realidade do mundo do nazismo.

La llave de Sarah (Tatiana de Rosnay). Tratando de non ser descuberto polos nazis, o irmán de Sarah métese nun armario e ela pecha a porta cunha chave que garda no bolsillo, pensando que volverá nun rato. Pero a familia é arrestada na gran redada que os nazis fan en París en xullo de 1942. Logo de pasar por varios campo de concentración, a nena logra escapar coa firme intención de encontrar ao irmá e demostrarlle que non o abandonou.

La mandolina del capitán Corelli (Louis de Bernières). Historia de amor que se desenvolve nunha illa grega en plena Guerra Mundial entre unha moza do lugar e un oficial italiano.

La mascota (Mark Kurzem). O autor vivía dedicado tranquilamente á súa vida académica en Oxford ata que un día seu pai desveloulle un secreto: con 5 anos tivera que escapar aos bosques rusos cando un escuadrón nazi entrou na súa casa matando a uns e levando a outros a un campo de concentración. El consegue sobrevivir converténdose na mascota dos soldados das SS.

La niña de los tres nombres (Tami Shem-Tov). Novela baseada na historia real dunha nena xudía durante a ocupación nazi, tempo no que vai cambiando de casa ata atopar refuxio coa familia dun médico rural holandés, pero sempre ocultando a súa verdadeira identidade.

Page 15: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

La niña de la lista de Schindler (Stella Müller Madej). O obxectivo dos nazis é exterminar a todos os xudeus, de modo que tamén a pequena Stella será levada a un campo de concentración.

La niña que no besó a Hitler (Stella Müller). Memorias dunha nena que se opuxo ao réxime nazi e foi deportada a un campo de concentración.

La noche quedó atrás (Jan Valtin, pseudónimo de Richard Julius Herman Krebs). Memorias do autor, un comunista detido pola Gestapo que acabou converténdose nun axente dobre, odiado e temido tanto por Stalin como por Hitler.

La ofensa (Ricardo Menéndez Salmón). Historia dun xastre alemán a quen a guerra levará polo camiño do mal, identificándose co poder, a ideoloxía e a práctica nazi.

La pianista de Varsovia (Walter Zacharius). Pertencente a unha acomodada familia xudía, a pianista perde todo ao seren trasladada, xunto coa súa familia, ao campo de concentración de Treblinka. Ante o futuro coñecido, seu pai empúrraa do tren en marcha para salvala dunha morte segura. Soa e sen amparo, percorre varios países europeos e chega a EE UU, regresando a Francia convertida en espía.

La última vez que vi París (Lynn Sheene). Novela entre romántica e de guerra pola historia de amor dos seus protagonistas e polo tempo no que se desenvolve a acción. A través dos ollos da protagonista podemos imaxinar como foron avanzando os alemáns na cidade na que, a pesar da guerra, segue sendo unha das cidades máis fermosas do mundo.

Page 16: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Las benévolas (Jonathan Littell). Transcorridos 30 anos dos feitos e vivindo unha existencia agradable en Francia, o protagonista decide contar a súa historia, a dun oficial das SS, pero non porque sinta a necesidade de xustificarse senón porque quere relatar a historia tal como el a viviu.

Las hienas de Ravensbruck (Karl von Vereiter). Historia dunha muller nun campo de concentración exclusivamente feminino que describe as numerosas situacións denigrantes a que eran sometidas.

Las pinturas desaparecidas (Gauke Andriesse). Historia novelada sobre aspectos relacionados coas artes na Alemaña nazi e na figura dun pintor que, rematada a guerra descubriuse como o gran falsificador de cadros de Vermeer que vendera aos xerarcas nazis por elevadas sumas de diñeiro.

Los demonios de Berlín ( Ignacio del Valle). Un soldado da División Azul vive os últimos momentos da guerra e atopa morto a un científico alemán que ten no seu bolsillo un misterioso diagrama que parece anunciar aínda máis horror do que está a vivir.

Los desnudos y los muertos (Norman Mailer). Obra moi valorada pola crítica, narra as accións dunha patrulla de soldados americanos nunha pequena illa do Pacífico.

Page 17: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Los hornos de Hitler (Olga Lengyel). A autora, unha enfermeira húngara, foi enviada a Auschwitz, onde pereceu case toda a súa familia. Este libro é unha especie de homenaxe á memoria das vítimas daquel terrible campo.

Los niños de Hitler (Guido Knopp). Narración dos métodos de educación na Alemaña de Hitler.

Los otros niños del pijama de rayas (Licia López de Casenave). Un relato de vida e esperanza, de tenrura e inocencia centrado nas vítimas máis inocentes do terror nazi.

Los pájaros también cantan en invierno (Horace Greasley). Historia dun soldado británico confinado nun campo de prisioneiros dos alemáns en Silesia, pero que está decidido a sobrevivir ás crueldades e á degradación a que o someten.

Matad a Rommel (Steven Pressfield). Os ingleses organizan un plan para deter o exército do África Korps que dirixe Rommel. No relato descríbense as dificultades de guerra no deserto, así como as armas e as tácticas empregadas.

Misión Odín (James Holland). Historia centrada na invasión alemá de Noruega durante a que tres oficiais da Garda Real tratan de sacar de Oslo a un científico que ten un secreto que podería cambiar o rumbo da guerra.

Page 18: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Morir bajo dos banderas (Alejandro M. Gallo). Rematada a Guerra Civil española, moitos dos españois que combateron ao fascismo continuaron a loita nos campos de batalla europeos durante a Segunda Guerra Mundial en lugares tan dispares como o norte de África ou Normandía.

Nunca jamás (Dunia Wasserstrom). A autora foi a única supervivente do convoi de mil mulleres francesas enviadas ao campo de Auschwitz e nesta obra revive as experiencias vividas naqueles terribles momentos.

Pimpinela escarlata en Vaticano (J.P. Gallagher). Narra a historia real dun sacerdote católico que realizou numerosas accións clandestinas para salvar a persoas en perigo de ser detidas polos alemán. Pero un coronel das SS sospeita das súas actividades, establecéndose entre eles unha intensa rivalidade.

Reunión (Fred Uhlman). Obra breve pero intensa e de grande éxito de público centrada en dous personaxes, dous amigos inseparables ata a chegada de Hitler ao poder. Entón, un deles entra a formar parte das milicias nazis e o outro, por ser xudeu, ten que exiliarse. Pasados os anos, o xudeu dá os pasos para reencontrarse co amigo da xuventude esquecendo os pasados e tráxicos episodios da guerra.

Rosas blancas para Wolf (Carlos Hugo Asperilla). Desencanto dun adolescente cando ve que todo o seu mundo de xove hitleriano comeza a desfacerse: seu pai loita na fronte do leste sen éxito, a súa irmá pertence a un grupo de resistencia contra os nazis. Deste modo, o protagonista terá que decidir por si mesmo onde está a verdade e a xustiza.

Sadako quiere vivir (Karl Bruckner). O exército americana prepárase para vingar o ataque da Pearl Harbour mentres os nenos de Hiroshima tratan de burlar a fame con xogos e paseos, pero aínda máis terrible será a vida despois da explosión atómica.

Page 19: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Seis tumbas en Múnich (Mario Puzo). Un axente da intelixencia norteamericana é enviado a Europa pero cae, xunto coa súa muller, en mans da Gestapo, sendo sometidos a unha gran violencia en Múnic e asasinados. Pero horas máis tarde o axente é atopado vivo e desde entón comeza a organizar os seus plans de vinganza.

Si esto es un hombre (Primo Levi). Lembranzas autobiográficas de quen sufriu a amarga experiencia no campo de concentración de Auschwitz.

Sin destino (Imre Kertesz). Durante case dous anos, o autor, sendo un adolescente, viviu en varios campos de concentración, experiencias que narra con fría obxectividade.

Sin respiro (William Boyd). A vida de Eva Delectorskaya é un relato de espionaxe e contraespionaxe entre Inglaterra e EE UU que a protagonista contará, pasado o tempo á súa filla.

Sola ante el león (Simone Arnold Liebster). Autobiografía das experiencias vividas por unha nena de 12 anos durante a ocupación nazi de Francia durante a que decidiu non ceder ante a presión e as ameazas dos invasores, a pesar do acoso sufrido na escola e no cárcere.

Page 20: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Soldados de plomo (Uri Orlev). Autobiografía do autor lembrando cando era neno e foi confinado no campo de concentración de Bergen Bersen.

Tengo quince años y no quiero morir (Christine Arnothy). Narración das lembranzas dunha nena de quince anos que viviu o asedio da súa cidade, Budapest, polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial.

Tiempo de vivir, tiempo de morir (Erich María Remarque). Relato das penalidades dun militar que trata de encontrar a súa familia entre as ruínas da devastada Alemaña.

Todo lo que cabe en los bolsillos (Eva Weaver). Vida no gueto de Varsovia relatada a través de varios personaxes.

Trenes rigurosamente vigilados (Bohumil Hrabal). Amable e entrañable historia sobre a resistencia fronte ao invasor alemán protagonizada polos empregados dunha estación de tren dun pequeno pobo polaco.

Trilogía de la noche, el laba y el día (Elie Wiesel). Novela autobiográfica deste Premio Nobel. Secuencia da historia dun adolescente nos campos de extermino nazis (a noite), o posterior período de reflexión en Palestina (a alba) e a historia de amor en Nova York, consciente que a ferida non se pechará (o día).

Page 21: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Un niño afortunado (Thomas Buergenthal). Autobiografía dun neno xudeu que sobreviviu aos campos nazis, formouse en EEUU e converteuse en xuíz no Tribunal da Haia. A experiencia persoal fixo del un defensor da xustiza e dos dereitos humanos.

Un oscuro viaje (Alan Furst). En maio de 1941 un barco navega con bandeira da España neutral rumbo a Túnez, pero en realidade é un mercante holandés fretado pola intelixencia británica para levar a cabo a misión de salvar a un grupo de refuxiados e perseguidos polos réximes fascistas.

Unha bolsa da canicas (Joseph Joffo). Narra as peripecias dunha familia que vive en París. Cando a cidade foi ocupada, o protagonista, de 10 anos, e seu irmán escapan da cidade e terán que gañase a vida con inxenio para sobrevivir.

Una vez (Morris Gleitzman). Un neno xudeu de 10 anos agrada nun orfanato a que seus pais veñan a buscalo. Pero cando descobre que os nazis matan aos seus, escapa para buscar a seus pais. Talvez teña sorte e os atope e pase algo bo polo menos unha vez na súa vida. (Triloxía: Una vez, Entonces, Ahora).

Unos por otros (Philip Kerr). Un detective decide investigar a un famoso sádico, un espía das SS capaz de infiltrarse entre os aliados, pero no curso da investigación xurdirán moitas sorpresas.

Page 22: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame,

Vida y destino (Vasssilli Grossman). Relato biográfico de quen foi corresponsal de guerra ruso e viviu a batalla de Stalingrado e todo o que rodeo ao conflito bélico: os campos de castigo soviéticos, de concentración alemáns, guetos xudeus, científicos, estados maiores dos exércitos e moitas historias entrelazadas que ofrecen unha visión global da guerra.

Volando solo (Roald Dahl). Autobiografía de quen foi piloto de combate na Segunda Guerra Mundial e sufre un accidente en terras africanas.

Vuelo final (Ken Follet). No comezo da Segunda Guerra Mundial, o servizo de intelixencia británico sospeita que os alemáns teñen un novo sistema de radares que lles permiten derrubar tantos avións inimigos, de modo que cómpre organizar un plan para tratar de coñecer os secretos dos nazis.

Y los violines dejaron de sonar (Alexander Ramati). Relata a fuxida dun reducido grupo de xitanos que foxen desde o sur de Polonia a través de Checoslovaquia e Hungría tratando de escapar do exército alemán.

Yo combatí en el ejército rojo (Dimitri Konstantinow). Dramatismo intenso nas descricións dos sucesos que sufriron millóns de persoas, situacións reais que superan a fantasía e a imaxinación.

Yo fui medico del diablo (Enrique Sánchez Pascual, baixo o pseudónimo de Karl von Vereiter, o protagonista da novela). Hans von Klüberg foi un médico do exército alemán que foi acusado de prestar axuda aos xudeus, polo que foi enviado ao campo de concentración de Dachau e obrigado a participar, contra a súa vontade e baixo coaccións, nos experimentos con xudeus, xitanos, homosexuais…