NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... ·...

17
20 de xuño de 2016 Revista 1077 1 29 de agosto de 2016 – Revista 1086 EN PORTADA / 2 NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12 PREMIOS E CONCURSOS /13 NOVAS DE EMPREGO /13 NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX /16 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Transcript of NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... ·...

Page 1: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

20 de xuño de 2016 – Revista 1077

1 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

EN PORTADA / 2

NOVAS FORMACIÓN /11

BOLSAS E AXUDAS /12

PREMIOS E CONCURSOS /13

NOVAS DE EMPREGO /13

NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX /16

29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Page 2: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

2 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Galicia confírmase como unha das comunidades máis activas no Erasmus+ con 12 proxectos aprobados e un orzamento de 318.000 euros na segunda rolda do programa europeo

Mercores, 24 Agosto 2016 11:51

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado leva a cabo funcións de información, asesoramento, avaliación e seguimento de

todos os proxectos presentados no marco do ‘Erasmus+: Xuventude en Acción’ na Comunidade Autónoma de Galicia

Galicia sitúase, así, no grupo de comunidades máis activas en canto á participación de mozos e mozas en programas de mobilidade e

aprendizaxe non formal

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, como parte integrante da Axencia Nacional

Española do programa Erasmus+, leva a cabo funcións de información, asesoramento, avaliación e seguimento de todos os proxectos presentados

no marco do ‘Erasmus+: Xuventude en Acción’ na Comunidade Autónoma de Galicia. Na segunda rolda deste programa, Galicia confirmouse como

unha das comunidades autónomas máis activas tanto no número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos da Unión

Europea. Deste xeito, na segunda rolda do programa europeo ‘Erasmus+:Xuventude en Acción’ foron aprobados en Galicia 12 proxectos promovidos

por concellos, grupos informais de mozos e mozas e asociacións xuvenís cun orzamento total de 318.046,66 euros. Galicia sitúase, así, no grupo de

comunidades máis activas en canto á participación de mozos e mozas en programas de mobilidade e aprendizaxe non formal.

O programa Erasmus+: Xuventude en Acción estrutúrase en tres accións clave: mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe; cooperación

para a innovación e o intercambio de boas prácticas; e apoio ás reformas das políticas.

Respecto á mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe, diferéncianse dúas modalidades: a mobilidade de mozos e mozas a través de

proxectos de intercambios xuvenís e Servizo Voluntario Europeo, e a mobilidade das persoas que traballan no eido da xuventude a través de

proxectos de formación e intercambios de boas prácticas. Nesta segunda quenda do 2016 foron aprobados en Galicia 8 proxectos: 1 proxecto

combinado de formación e mobilidade das persoas que traballan no eido da xuventude, 2 proxectos de Servizo Voluntario Europeo e 5 proxectos de

intercambios xuvenís.

Tocante á cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas, financia proxectos de asociacións estratéxicas no ámbito da educación,

a formación e a xuventude. Nesta acción na primeira quenda do 2016 foron aprobados 3 proxectos proxectos nesta acción. No que atinxe ao apoio ás

reformas das políticas, fomenta o diálogo estruturado entre mozos e mozas e responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude. Nesta

acción clave, na segunda quenda do 2016 foi aprobado 1 proxecto en Galicia.

Outras quendas e edicións

O prazo de presentación de proxectos para a terceira e última quenda do 2016 é ata o vindeiro 4 de outubro. Na primeira rolda do programa europeo

‘Erasmus+:Xuventude en Acción’ foron aprobados en Galicia 16 proxectos promovidos por concellos, grupos informais de mozos e mozas e

asociacións xuvenís cun orzamento de 228.891 euros. No ano 2015 no marco do programa europeo foron aprobados en Galicia un total de 38

proxectos nos que participaron arredor de 1.263 mozos e mozas e cun orzamento total de 923.331 euros.

Un grupo de 14 mozos e mozas doutras rexións de España, México, Francia e Italia participan en A Laracha nun campo de traballo de temática medioambiental, etnográfica e patrimonial

Mercores, 24 Agosto 2016 11:53

Os membros deste campo internacional levan a cabo na conca dos ríos Badroso e Acheiro labores de limpeza dun roteiro, a mellora e

mantemento de paneis de sinalización, a identificación da flora do roteiro e o adecentamento de zonas de lecer. Así mesmo, coñecen o

funcionamento e as partes dun muíño, así como as costumes e tradicións arredor deste elemento da pre industria

Este ano a mocidade galega dispón de 575 prazas para participar nos campos de traballo. Destas, 120 son para campos noutras comunidades

autónomas; 250 para campos en 34 países de Europa, África, Asia e América; e 205 para campos na nosa Comunidade

A Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo internacionais por toda Galicia.

Estes datos fan da nosa Comunidade a rexión española con máis prazas para esta actividade que se enmarca dentro da Campaña de Verán

2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe aos mozos e mozas que están inscritos no campo de

traballo que se desenvolve no municipio coruñés de A Laracha, aos que lles agradeceu que tomen parte desta iniciativa de educación non formal que

“contribúe á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo”, sinalou. Así mesmo, a

directora xeral destacou que esta actividade “fomenta a mobilidade, pois ofrece aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos

doutras Comunidades Autónomas e países”.

O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata o vindeiro día 15 do presente mes un campo de traballo de carácter

medioambiental, etnográfico e medioambiental na conca dos ríos Badroso e Acheiro, no que participan un total de 14 rapaces e rapazas doutras

rexións de España e de México, Francia e Italia. Durante esta experiencia están a levar a cabo tarefas de limpeza dun roteiro, a mellora e

mantemento de paneis de sinalización, a identificación da flora do roteiro e o adecentamento de zonas de lecer. Ademais, dentro da parte etnográfica

e patrimonial desta actividade, están a coñecer o funcionamento e as partes dun muíño de río, así como as costumes e tradicións arredor deste

elemento da pre industria.

Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos campos de traballos. Destas prazas, 120 son para campos noutras

Autonomías; 250 para campos en 34 países de Europa, Asía, África e América; e 205 para campos en Galicia.

A Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo na comunidade nos meses de verán que teñen lugar en Outes, A Laracha,

Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Illa de Sálvora, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Pontón, Quiroga, Xermade,

Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, Illas Cies (catro quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa. Nestes campos poden participar mozos e mozas

galegos, descendentes da emigración, doutras rexións españolas e de países de todo o mundo.

Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, a nosa comunidade organizou o 34% dos

campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Instituto de la Juventud (INJUVE) ás

comunidades autónomas.

EN PORTADA EN PORTADA

Page 3: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

3 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Reforzo da Campaña de Verán

Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

cun orzamento de 2,6 millóns de euros. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas

ofertadas, xa que en total son 9.046, o que supón un incremento do 6% nas prazas dispoñibles con respecto ao ano pasado.

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. Cómpre destacar

que outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada, xa que grazas ao desenvolvemento destas

actividades as empresas de ocio e tempo libre de Galicia dan ocupación a máis de 900 monitores e directores de campamentos.

Voluntarios dun campo de traballo internacional da Xunta de Galicia realizan labores de escavación e limpeza no Castro de Sococastro, situado no municipio coruñés de Rois

Mercores, 24 Agosto 2016 11:54

Esta é a novena edición consecutiva en que se desenvolve este campo neste recinto castrexo, e no mesmo participa un grupo de 17 mozos e

mozas de Galicia e doutras comunidades españolas; así como de Marrocos, Rusia e Francia

Cecilia Vázquez destaca que esta iniciativa de educación non formal, que se enmarcan na Campaña de Verán 2016 da Dirección Xeral de

Xuventude, Participación e Voluntariado, “contribúe á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o

traballo en equipo”

Galicia é a Comunidade Autónoma con máis prazas en campos de traballo internacionais, organizando o ano pasado o 34% dos que se

celebraron en toda España

Un grupo de 17 rapaces e rapazas procedentes de distintos puntos de Galicia, doutras rexións de España, de Marrocos, de Rusia e de Francia

rematan mañá venres a súa participación no campo de traballo internacional que dende o pasado día 1 de agosto se desenvolve no municipio

coruñés de Rois. Estes voluntarios están a traballar no castro de Socastro, que se atopa na parroquia de San Pedro de Herbogo, onde realizan unha

intervención que consiste fundamentalmente na escavación, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá aos participantes neste campo, que este ano celebra

a súa novena edición consecutiva, e agradeceulles que tomen parte desta iniciativa de educación non formal que “contribúe á d ifusión de valores

como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo”, sinalou. Así mesmo, Cecilia Vázquez destacou que esta

actividade “fomenta a mobilidade, pois ofrece aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades Autónomas e

países”.

Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de

traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Instituto de la Juventud (INJUVE) ás comunidades

autónomas. Así ,este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos campos de traballos. Destas prazas, 120 son para

campos noutras Autonomías; 250 para campos en 34 países de Europa, Asía, África e América; e 205 para campos en Galicia.

Campos en concellos galegos

A Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo na comunidade nos meses de verán que teñen lugar en Outes, A Laracha,

Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Illa de Sálvora, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Pontón, Quiroga, Xermade,

Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, Illas Cies (catro quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa. Nestes campos poden participar mozos e mozas

galegos, descendentes da emigración, doutras rexións españolas e de países de todo o mundo.

Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

cun orzamento de 2,6 millóns de euros. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas

ofertadas, xa que en total son 9.046, o que supón un incremento do 6% nas prazas dispoñibles con respecto ao ano pasado.

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. Cómpre destacar

que outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada, xa que grazas ao desenvolvemento destas

actividades as empresas de ocio e tempo libre de Galicia dan ocupación a máis de 900 monitores e directores de campamentos.

Rey Varela destaca a calidade da programación de ocio educativo e tempo libre para a mocidade que desenvolve a Xunta de Galicia ao abeiro da campaña de verán 2016

Mercores, 24 Agosto 2016 11:56

O albergue xuvenil acolle nestes momentos a un grupo de 120 rapaces e rapazas de entre 13 e 15 anos, dos cales 50 proceden dun

intercambio con Estremadura, e que están a realizar actividades no mar como vela, táboa, kaiak polo, snorkel, skimboard ou volei praia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado incrementou de novo e por quinto ano consecutivo as prazas da Campaña de

Verán, na que neste 2016 tomarán parte un total de 9.046 mozos e mozas, o que supón un 6% máis que no ano anterior

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha desta campaña, que permitirá a contratación dunhas 900 persoas

entre monitores e directores de tempo libre

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou hoxe a calidade da programación de

ocio educativo e tempo libre para a mocidade que desenvolve a Xunta de Galicia ao abeiro da Campaña

de Verán 2016. Así o indicou esta mañá no transcurso dunha visita ás actividades que teñen lugar no

albergue xuvenil das Sinas de Vilanova de Arousa, coincidindo ademais coa celebración do Día

Internacional da Xuventude que este ano Nacións Unidas conmemora baixo a lenda: “O camiño a 2030:

erradicar a pobreza e lograr un consumo e unha produción sostibles”.

Neste sentido, Rey Varela afirmou que o estudo sobre “Os programas de Educación non formal e a

empregabilidade da Xuventude en Galicia (2016)”, realizado polo grupo de investigación ESCULCA da

Universidade de Santiago de Compostela, certifica que a satisfacción xeral dos mozos e mozas galegos

cos programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é superior ao 80%, e máis dun 70% cren que

a súa participación nestes programas terá unha incidencia positiva de cara ao emprego.

Page 4: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

4 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

En canto á Campaña de Verán, o conselleiro dixo que “Galicia ofrece aos rapaces e rapazas e ás súas familias numerosos e variados recursos de

conciliación estival no marco dunha programación de ocio activo e formativo de primeiro nivel”. Así mesmo, subliñou a importancia destas actividades

de verán porque “contribúen á difusión de valores como a participación, o compañeirismo, o traballo en equipo ou o respecto do medio ambiente”.

Este é o quinto ano consecutivo en que o Goberno galego aumenta as prazas da Campaña de Verán, na que tomarán parte neste 2016 un total de

9.046 mozos e mozas, un 6% máis que a pasada tempada estival. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos e contan con temáticas

moi diversas, como actividades náuticas; o coñecemento e a conservación do medio natural; a dramatización e a expresión cultural; os xogos

tradicionais ou os deportes de multiaventura.

No caso do campamento das Sinas, un total de 120 mozos e mozas de entre 13 e 15 anos están a participar nesta actividade, dos cales 50 proceden

dun intercambio con Estremadura. Por este albergue pasarán entre xullo e agosto un total de 620 rapaces que durante a súa estadía realizarán

actividades vinculadas ao mar e ao deporte na praia, como vela, táboa, piragua, kaiak polo, snorkel, skimboard ou volei praia. No total da provincia de

Pontevedra, a Campaña de Verán conta 1.800 prazas, das que 1.350 son de campamentos; 290 da oferta concertada e 160 de campos de traballo

(catro quendas en Cíes, Campo de emprendemento verde no rural en Cotobade e Campo de traballo Natureza e Patrimonio xunto ao mar en

Vilanova de Arousa).

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inviste 2,6 millóns de euros na actual Campaña de Verán, que inclúe na súa

programación campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das

instalacións xuvenís; actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e

mozas descendentes de galegos residentes no exterior. En total, o departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha de

todos estes programas, que supoñen a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

A Xunta de Galicia apoia máis dun centenar de proxectos de participación xuvenil no marco do programa Iniciativa Xove

Mercores, 24 Agosto 2016 11:59

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de resolver a orde que permitirá a 122 asociacións xuvenís e grupos informais

de mozos e mozas organizar, emprender e impulsar actividades para a mocidade

As 68 entidades e os 54 grupos informais beneficiarios desta achega recibirán ata un máximo de 5.000 euros por proxecto, un 20% máis que

na edición anterior

Máis de 120 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se beneficiarán este ano das achegas que a Xunta de Galicia pon a disposición

da mocidade galega para a posta en marcha de actividades nas que os protagonistas son eles mesmos. A Dirección Xeral de Xuventude,

Participación e Voluntariado ven de resolver a orde de axudas do programa de participación xuvenil Iniciativa Xove. Unha proposta pioneira no

Estado español que aposta por ceder o protagonismo á Xuventude a través da estimulación do liderado, a creatividade e o talento xuvenil. Esta

edición, un total de 122 proxectos, que teñen un orzamento conxunto de algo máis de 546.000 euros, recibirán o apoio da Xunta de Galicia.

Así as cousas, a directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, avanzaba esta mañá que do total de proxectos que

finalmente resultarán beneficiados con este programa, 68 corresponden a asociacións xuvenís e 54 a grupos informais de mozas e mozos. En liña

coas recomendacións da Unión Europea, abundaba Vázquez, “Galicia foi a primeira comunidade autónoma que financiou proxectos de grupos

informais, co fin de que a excesiva burocracia non sexa un impedimento para que leven a cabo os seus proxectos”.

A directora Xeral de Xuventude lembrou que Iniciativa Xove financia o cento por cen dos proxectos de interese cun orzamento máximo de 5.000

euros, un 20% máis que na edición anterior. Asi mesmo, todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, recibirán un

anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida. “Isto permitiralles financiar o proxecto sen ter que poñer apenas cartos do seu peto, o que

evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas”, destacaba Cecilia

Vázquez.

Iniciativa Xove está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar

actividades dirixidas á Xuventude, ao tempo que se fomenta a súa participación, se estimula o talento xuvenil e permite poñer en práctica as súas

ideas relacionadas co emprendemento, o lecer, a comunicación, as novas tecnoloxías e outros campos do seu interese. Como novidade este ano,

entre as áreas prioritarias nas que se enmarcarán os proxectos, inclúese a posta en marcha de actividades que contribúan á conservación do medio

ambiente e posta en valor do patrimonio natural.

Unha vez finalizados os proxectos, os participantes poderán obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de

xuventude, como instrumento que permitirá confirmar a participación neste programa e sobre todo valorar as competencias adquiridas.

A Xunta posibilita o acondicionamento dun castro en Ortigueira ao abeiro do programa Iniciativa Xove

Mercores, 24 Agosto 2016 12:00

Os impulsores do proxecto reciben unha achega de 5.000 euros que lles permite levar a cabo a limpeza do manto vexetal do Castro de Punta

dos Prados, que está situado na parroquia de Espasante, co obxectivo de facelo visible e que se poida visitar

Celia Vázquez destacou que Iniciativa Xove “é un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar,

emprender e impulsar actividades dirixidas á xuventude, ao tempo que se fomenta a súa participación, se estimula o talento xuvenil e permite

poñer en práctica as súas ideas”

Este ano un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se benefician dunha achega conxunta de 546.000 euros a

través do programa Iniciativa Xove

Un grupo de mozos e mozas realizarán tarefas de acondicionamento e divulgación do Castro de Punta dos Prados, situado no municipio coruñés de

Ortigueira, en concreto, na parroquia de Espasante. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, presentou

hoxe xunto cos seus responsables esta actividade, que se enmarca na acción Iniciativa Xove. Así, os rapaces e rapazas impulsores destes traballos

reciben ao abeiro deste programa de participación xuvenil unha axuda de 5.000 euros que lles permite acometer a limpeza do manto vexetal do

xacemento arqueolóxico co obxecto de facelo visible e que se poida visitar, ao tempo que realizan unha serie de actividades de divulgación cultural

para achegar o castro á comunidade local e implicar aos veciños na súa conservación.

Cecilia Vázquez destacou de Iniciativa Xove que se trata dunha proposta “onde a Administración non lle di aos mozos e mozas o que teñen que

facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas, procurando que a burocracia ceda o protagonismo á xuventude”. Así mesmo, engadiu

que “este programa Xove está pensado como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e

impulsar actividades dirixidas á xuventude, ao tempo que se fomenta a súa participación, se estimula o talento xuvenil e permite poñer en práctica as

súas ideas”.

Page 5: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

5 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Este ano un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se benefician dunha achega conxunta de 546.000 euros, que a

Xunta de Galicia pon a disposición da mocidade galega a través de Iniciativa Xove. Unha proposta pioneira no Estado español que aposta por ceder

o protagonismo á xuventude a través da estimulación do liderado, a creatividade e o talento xuvenil.

Dos proxectos beneficiados con este programa, 68 corresponden a asociacións xuvenís e 54 a grupos informais de mozas e mozos. En liña coas

recomendacións da Unión Europea, Galicia foi a primeira comunidade autónoma que financiou iniciativas de grupos informais, co fin de que a

excesiva burocracia non sexa un impedimento para que leven a cabo os seus proxectos.

A directora Xeral de Xuventude lembrou que Iniciativa Xove financia o cento por cen dos proxectos de interese cun orzamento máximo de 5.000

euros, un 20% máis que na edición anterior. Así mesmo, todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, reciben un

anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida. “Isto permitiralles financiar o proxecto sen ter que poñer apenas cartos do seu peto, o que

evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas”, destacaba Cecilia

Vázquez.

Unha vez finalizados os proxectos, os participantes poderán obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de

xuventude, como instrumento que permitirá confirmar a participación neste programa e sobre todo valorar as competencias adquiridas.

A Xunta de Galicia promove a posta en valor da cultura inmaterial e urbana de Lobios a través do programa Iniciativa Xove

Mercores, 24 Agosto 2016 12:01

Estes dous grupos informais de mozos e mozas desenvolverán obradoiros de oficios tradicionais, mostras de traballos comunitarios, xogos

populares así como talleres de graffiti, turntablim ou skateboard

Cecilia Vázquez asegurou que “as políticas máis modernas e innovadoras en materia de Xuventude en toda Europa teñen como nexo de unión

programas de educación non formal como Iniciativa Xove”

Este ano un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se benefician dunha achega conxunta de 546.000 euros a

través deste programa

A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe as iniciativas que

están a levar a cabo dous grupos informais de mozos e mozas no municipio ourensán de Lobios dentro do

programa Iniciativa Xove. Unha visita na que Vázquez aproveitou para e animar á mocidade a perseverar na

participación, xa que “cando un mozo ou unha moza protagonizades un proxecto asociativo, estades

adquirindo unha serie de aptitudes interpersoais altamente importantes e valoradas”.

O grupo informal Xóvenes do Xurés desenvolve o proxecto “Mes da cultura arriana”, que ten como obxectivo

a recuperación e posta en valor da cultura inmaterial da comarca, con obradoiros de oficios tradicionais,

mostra de traballos comunitarios, de xogos populares ou de contos e lendas de tradición oral. Por outra

banda, o proxecto do grupo Aires do Paraño de Lobios céntrase na difusión da cultura urbana entre os mozos

e mozas do rural a través de talleres de graffiti, turntablim ou skateboard.

Así as cousas, a directora xeral destacaba esta mañá que “as políticas máis modernas e innovadoras en materia de Xuventude en toda Europa teñen

como nexo de unión programas de educación non formal como Iniciativa Xove como medio para mellorar as competencias curriculares dos mozos e

mozas”. De feito, lembraba a publicación este mesmo ano do Estudo da Universidade de Santiago sobre “Os programas de Educación non formal e a

empregabilidade da Xuventude en Galicia”, que analizou cientificamente varios programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e

Voluntariado, entre eles Iniciativa Xove.

En dito estudo, os participantes deste programa valoraban sobre todo estas competencias adquiridas: adaptación con máis facilidade a outros

ambientes culturais; relación máis fácil con outras persoas; disposición a asumir novas funcións e tarefas; traballo en equipo; e mellora na

capacitación para a coordinación dun grupo de persoas. Nesta liña, a satisfacción xeral coa formación adquirida no caso de Iniciativa Xove foi do 82%

e ante a pregunta de si recomendarían o programa, un 88% responderon afirmativamente. En canto á utilidade dos coñecemento adquiridos para o

emprego, responderon positivamente un 76% dos participantes.

Cecilia Vázquez tamén explicou que “este programa está concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade

para organizar, emprender e impulsar actividades dirixidas á xuventude, ao tempo que se fomenta a súa participación, se estimula o talento xuvenil e

permite poñer en práctica as súas ideas”.

Iniciativa Xove 2016

Este ano un total de 122 entidades xuvenís e grupos informais de mozos e mozas se benefician dunha achega conxunta de 546.000 euros, que a

Xunta de Galicia pon a disposición da mocidade galega a través de Iniciativa Xove. Dos proxectos beneficiados con este programa, 68 corresponden

a asociacións xuvenís e 54 a grupos informais de mozas e mozos. No caso da provincia de Ourense, os proxectos subvencionados por este

programa son 22, 17 correspondentes a asociacións e 5 de grupos informais, cun investimento de 91.000 euros.

En liña coas recomendacións da Unión Europea, Galicia foi a primeira comunidade autónoma que financiou proxectos de grupos informais, co fin de

que a excesiva burocracia non sexa un impedimento para que leven a cabo os seus proxectos.

A directora Xeral de Xuventude lembrou que Iniciativa Xove financia o cento por cen dos proxectos de interese cun orzamento máximo de 5.000

euros, un 20% máis que na edición anterior. Así mesmo, todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, reciben un

anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida. “Isto permitiralles financiar o proxecto sen ter que poñer apenas cartos do seu peto, o que

evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas”, destacaba Cecilia

Vázquez.

Unha vez finalizados os proxectos, os participantes poderán obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de

xuventude, como instrumento que permitirá confirmar a participación neste programa e sobre todo valorar as competencias adquiridas.

A Xunta de Galicia apoia a recuperación e divulgación da cultura e tradicións de Galicia e Portugal a través do programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción

Mercores, 24 Agosto 2016 12:03

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, visitou hoxe aos rapaces e rapazas que estes días están

a desenvolver un proxecto de carácter cultural e tamén centrado no ocio e no tempo libre que denominan “Algo noso 2.0”

Page 6: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

6 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Galicia é unha das rexións europeas máis activas do programa Erasmus+: Xuventude en Acción e só na primeira e segunda quenda deste ano

foron aprobados 28 proxectos promovidos por concellos, grupos informais de mozos e mozas e asociacións xuvenís

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, visitou hoxe aos mozos e mozas de Vedra e Portugal que

participan estes días no municipio coruñés nun intercambio bilateral ao abeiro do programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción. Este grupo

está a desenvolver o proxecto “Algo noso 2.0”, que ten como finalidade recuperar e divulgar a cultura e as tradicións de ambos territorios, e cubrir a

necesidade de ofrecer alternativas de ocio saudable á xuventude no seu tempo libre.

Cecilia Vázquez manifestou que “a participación de mozos e mozas galegos no programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción, foi unha das

máis activas tanto no número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos da Unión Europea, o que da boa mostra do

dinamismo da nosa mocidade e do interese que espertan este tipo de programas de mobilidade e educación non formal”. A directora xeral destacou

que a nosa comunidade xestiona preto do 9% do orzamento do programa Erasmus+ a nivel estatal, pese a que poboación xuvenil de Galicia

representa só un 5,3% do total español.

Unha mostra do éxito desta iniciativa é que só na primeira e segunda quenda deste ano foron aprobados en Galicia 28 proxectos promovidos por

concellos, grupos informais de mozos e mozas e asociacións xuvenís cun orzamento conxunto de 550.000 euros, sen prexuízo dos proxectos

aprobados noutros países europeos e nos que organizacións e mozos e mozas galegos participan activamente. O prazo de presentación de

proxectos para a terceira e última quenda de 2016 é o 4 de outubro.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, como parte integrante da Axencia Nacional Española

do programa Erasmus+, leva a cabo funcións de información, asesoramento, avaliación e seguimento de todos os proxectos presentados no marco

de Erasmus +; Xuventude en Acción na Comunidade Autónoma de Galicia.

Erasmus+ é o programa da Unión Europea para a educación, a formación, a xuventude e o deporte que está en vigor dende o 1 de xaneiro de 2014

ata o 31 de decembro de 2020. O capítulo de Xuventude brinda apoio para que mozos e mozas adquiran habilidades esenciais para o seu

desenvolvemento persoal e profesional mediante a educación non formal e informal e potencia o papel dos traballadores e das organización

favorecendo a mobilidade e cooperación no ámbito da xuventude.

A directora xeral de Xuventude visita o Complexo Xuvenil As Mariñas onde 1500 rapaces e rapazas disfrutan da campaña de verán da Xunta de Galicia

Mercores, 24 Agosto 2016 12:04

Cecilia Vázquez Suárez destacaba esta mañá “a gran calidades dunhas instalacións” nas que os participantes poderán realizar unha ampla

variedade de deportes náuticos ademais de rutas ambientais, xogos tradicionais, escalada ou tiro con arco entre outras

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe as instalacións do Complexo Xuvenil As Mariñas,

composto polos albergues Marina Española de Sada e Gandarío de Bergondo, onde un total de 1570 mozos e mozas participan durante os meses de

xuño, xullo e agosto nas actividades da Campaña de Verán da Consellería de Política Social. No seu percorrido Vázquez destacou a “gran calidade

das instalacións e da programación dunha Campaña de Verán da Xunta de Galicia que é das máis importantes de todo o Estado”.

Nesta liña, a directora Xeral apuntaba que no caso de Gandarío, que conta cunha ocupación total de 970 mozos e mozas, están nestes intres a

participar nun campamento de actividades no mar 150 mozos e mozas de entre 12 e 14 anos entre o 17 e o 28 de agosto. Os participantes contan

cunha programación que inclúe actividades de vela, windsurf, kaiak, paddle surf, wakeboard, excursións e aula TIC mariña. No caso de Marina

Española, a ocupación no total do verán será de 600 mozos e mozas. Arestora, participan no campamento “Aventura nas Mariñas” 100 nenos e

nenas de 9 a 11 anos, que contan con actividades como waterball, paddleboard, fotografía submarina, rutas ambientais, xogos tradicionais, kurling,

xeocaptura, tirolina, tiro con arco e escalada. “Con estas cifras – destacaba a directoral xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado - o complexo

Xuvenil As Mariñas é a instalación con máis capacidade de todas as que conforman a programación da Campaña de Verán da Consellería de Política

Social”.

No total galego, na Campaña de verán toman parte 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas

entre 9 e 30 anos, e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade. O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de

euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre. Na

programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada

das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con

mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

A Xunta de Galicia recupera o entorno do Monte da Espenuca, en Coirós, no marco dun campo de traballo internacional

Mercores, 24 Agosto 2016 12:05

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, explicou que os voluntarios realizarán tarefas de

eliminación de especies foráneas, coidado de exemplares autóctonos, así como limpeza e acondicionamento de camiños e sendeiros

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá os

participantes no campo de traballo de Coirós, que forma parte da Campaña de Verán da

Consellería de Política Social. Esta iniciativa ten lugar do 20 ao 31 de agosto e nel participan mozos

e mozas de Galicia, do resto de España e de varios países do resto do mundo como Rusia,

Francia, Corea do Sur, Xapón, Italia, Alemaña ou República Checa.

Cecilia Vázquez explicaba esta mañá que “os voluntarios realizan tarefas como eliminación de

especies alóctonas como acacias e eucaliptos e coidado de exemplares de especies autóctonas

como castiñeiros ou carballos no Monte da Espenuca, miradoiro natural das Mariñas”. Tamén

acometen a limpeza e acondicionamento de camiños, sendeiros e estruturas como muros. Os

participantes tamén contan con actividades máis lúdicas e culturais, como visitas a lugares de

interese de Coirós e concellos próximos, asistencia a festas tradicionais e eventos culturais e

deportivos, visita ao Parque Natural das Fragas do Eume ou rutas de sendeirismo.

A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destacou que “os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a

participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes”. Así mesmo, “fomentan a mobilidade, pois

ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países”.

Galicia é a comunidade de referencia en materia de Campos de traballo. O ano pasado a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de traballo

internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance realizado polo Injuve. Este ano a Consellería de Política Social organiza un total

de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán e os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nestas

iniciativas. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América

e 205 para Campos en Galicia.

Page 7: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

7 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

No total galego, na Campaña de verán toman parte 9.046 mozos e mozas de entre 9 e 30 anos. Así mesmo, máis de 900 persoas entre monitores e

directores de tempo libre fan posible esta nova edición dos campamentos que programa a Xunta de Galicia para a época estival. Unha programación

que inclúe campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das

instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e

mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

A Xunta de Galicia e a Fundación Exponav asinan un convenio de colaboración para fomentar o coñecemento da construción naval entre a mocidade

Mercores, 24 Agosto 2016 15:18

Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, achegará a 17.000 euros para a realización de visitas

guiadas de centros educativos e grupos de mozos e mozas, talleres formativos e demais eventos relacionados co ámbito naval e marítimo

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o almirante xefe do Arsenal de

Ferrol, Francisco Javier Romero Caramelo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para

o fomento entre a mocidade da actividade da Fundación para o Fomento do Coñecemento

da Construción Naval e das Actividades Marítimas (EXPONAV). O montante deste acordo,

subscrito a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ascende a

un total de 17.000 euros.

O principal obxectivo desta iniciativa é a posta en valor dos fondos de EXPONAV entre os

rapaces e rapazas contribuíndo desta forma a mellorar o coñecemento por parte destes

sobre a industria da construción naval. Así, a Fundación de EXPONAV levará a cabo visitas

guiadas ao museo naval para centros educativos e grupos de mozos e mozas, así como

talleres formativos ou exposicións e outro tipo de eventos relacionados co ámbito naval e

marítimo: mostras pictóricas, fotográficas, temas históricos, presentación de libros,

conferencias, xornadas técnicas, etc. Todas estas actividades serán de acceso gratuíto para a mocidade.

Rey Varela destacou a importancia que ten a Fundación EXPONAV para a divulgación dun sector cun claro interese xeral para Galicia e para a

dinamización do comarca, posto que “a través do fomento e divulgación da actividade museística contribúe a un mellor coñecemento da industria da

construción naval”.

Neste sentido, enmarcou o apoio institucional e económico da Consellería na vontade de que os mozos e mozas “teñan un mellor coñecemento dos

estaleiros galegos, da tecnoloxía empregada, dos medios e dos barcos que se produciron e se producen neste país”, s inalou. Ademais, o titular de

Política Social destacou a importancia que ten a Fundación EXPONAV para a divulgación dun sector estratéxico para o conxunto de Galicia e, en

concreto, para Ferrol e comarca.

Voluntarios do campo de traballo internacional da Xunta de Galicia colaboran na revalorización dos Muíños da Torrente

Xoves, 25 Agosto 2016 14:58

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, explicou que están a realizar tarefas de limpeza, de

adecuación do camiño que une os muíños e de recuperación da memoria etnográfica destes elementos, entre outras

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou aos participantes no campo de traballo internacional de Muíños,

que forma parte da Campaña de Verán da Consellería de Política Social. Esta iniciativa ten lugar do 16 ao 27 de agosto e nel participan mozos e

mozas de Galicia, do resto de España e de Francia.

Os voluntarios e voluntarias realizan tarefas como a limpeza dos Muíños da Torrente, a adecuación do camiño que une os muíños, a recuperación da

memoria etnográfica destes elementos da pre industria galega, o estudio da fauna na contorna e a construción de refuxios para anfibios. Os

participantes tamén contan con actividades máis lúdicas e culturais, como visitas a lugares de interese da provincia de Ourense, actividades náuticas

no encoro, rutas ambientais, etnográficas e interpretativas polo parque nacional e as vilas dos arredores ou obradoiros ambientais e de reciclaxe.

Cecilia Vázquez destacou que “os campos de traballo constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade , xa que son

accións voluntarias, que os mozos e mozas realizan de xeito altruísta e solidario, tamén promoven a participación e implicación da xuventude na

sociedade, afondando en materias do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal e fomentan a mobilidade, pois ofrecen

aos rapaces e rapazas a oportunidade de tomar parte en campos doutras comunidades e países”.

Galicia é unha comunidade de referencia en materia de Campos de traballo. Así as cousas e segundo o balance realizado polo Injuve, a Comunidade

galega organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España. Este ano a Consellería de Política Social organiza

un total de 23 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán e os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar

nestas iniciativas. Destas prazas, 120 son para campos noutras comunidades autónomas, 250 para campos en 34 países de Europa, Asia, África e

América e 205 para campos en Galicia.

A directora xeral tamén quixo destacar as grandes posibilidades do Complexo Turístico O Corgo, onde este ano tamén se celebrou o campamento

xuvenil Vive a Natureza, no que participaron 40 mozos e mozas de entre 13 e 15 anos.

No total galego, na Campaña de verán toman parte 9.046 mozos e mozas e algo máis de 900 profesionais entre monitores e directores de tempo

libre. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas en accións específicas para os distintos grupos de idade.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta

concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de

reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

Page 8: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

8 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

A oferta concertada da campaña de verán da Consellería de Política Social permite a participación de 60 mozos e mozas en actividades de ocio educativo na Illa de Ons

Venres, 26 Agosto 2016 11:58

O departamento autonómico pon a disposición de entidades e concellos 900 prazas en 7 instalacións xuvenís, medida baixo a cal o concello de

Marín está a desenvolver esta iniciativa

Entre a oferta concertada e os campamentos que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a instalación xuvenil de Ons acolle

este ano a un total de 360 mozos e mozas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe o campamento xuvenil da Illa de Ons, onde o Concello de

Marín está organizando unha actividade de ocio educativo e conciliación con 60 prazas. Esta iniciativa lévase a cabo grazas á oferta concertada da

Campaña de Verán da Consellería de Política Social, que pon a disposición de entidades e concellos un total de 900 prazas en 7 instalacións

xuvenís, para que poidan organizar as súas propias actividades de verán.

Entre a oferta concertada e os campamentos que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a instalación xuvenil de Ons acolle este

ano a un total de 360 mozos e mozas.

Na Campaña de Verán tomarán parte un total de 9.046 mozos e mozas e 900 monitores e directores de tempo libre. As actividades están dirixidas a

persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas especificamente para os distintos grupos de idade.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta

concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de

reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

Premios Estatais ao Voluntariado Social 2016

Martes, 23 Agosto 2016 07:47

A Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade ven de conceder os Premios Estatais ao Voluntariado Social 2016.

Modalidad Individual:

Premio Estatal: Jaime Garralda Barretto.

Mención Honorífica: Araceli Cavero Pérez.

Modalidad Colectiva:

Premio Estatal: Fundación "Soñar Despierto".

Mención Honorífica: Asociación PATIM "Prevención, Asesoramiento, Tratamiento e Investigación en Marginación".

Máis información no BOE do 23 de agosto de 2016

Premios ESO ao esforzo e á superación persoal

Martes, 23 Agosto 2016 07:58

A Consellería de Educación convoca premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á

superación persoal correspondentes ao curso 2015/16.

A finalidade destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado

desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e

xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento

persoal.

Poderase conceder ata un máximo de 20 premios, dotados con 750 € cada un.

Os beneficiarios serán os alumnos que cursasen durante o ano académico 2015/16 cuarto curso

de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo

equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e mereza un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo

demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural.

Solicitudes ata o 20 de setembro

Máis información no DOG do 19 de agosto de 2016

Viveiro de Talento 2016

Martes, 23 Agosto 2016 08:13

A confederación de empresarios da Coruña convoca Viveiro de Talento 2016.

Viveiro de Talento é un proxecto formativo de creación de emprego que nace co obxectivo de mellorar

a empregabilidade de mozos e mozas sen traballo que estean a iniciar o seu proceso de procura

activa de emprego por conta propia ou allea e, por tanto, queiran acceder ao mercado laboral.

Requisitos:

Para poder participar en Viveiro de Talento 2016 deberás ser menor de 30 anos e non estar a

participar no sistema educativo nin de formación, ademais de estar inscrito no Sistema Nacional de

Garantía Xuvenil.

Ademais deberás asistir, previa inscrición, ás xornadas de difusión e rexistrarte no xogo

onlineSkywards Trials como participante. Nestas xornadas previas, os participantes poderán asistir a

talleres prácticos sobre emprendemento, entrevistas de traballo, estratexias para a procura activa de

emprego na rede, deseño de plans de negocio, estratexias de emprendemento xuvenil...

Así mesmo, para entrar na fase de preselección do proxecto é importante que che rexistres no reto online Skywards Trials, onde participarás xunto

con outros xogadores na carreira cara ao mercado laboral, demostrando as túas habilidades para a procura de emprego e para desenvolver e/ou

xerar ideas empresariais innovadoras.

Máis información: https://talento.cec.es/ e na Confederación de empresarios da Coruña, teléfono 981 174 141.

EN PORTADA NOVAS E ACTIVIDADES

Page 9: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

9 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Voluntariado ambiental en Monte Branco

Martes, 23 Agosto 2016 10:10

Co fin de erradicar as especies invasoras que ameazan o rico ecosistema do

Monte Branco, un grupo de mozos e mozas do concello de Ponteceso con

inquietudes ambientais uníronse baixo o nome As Píllaras das Dunas para

organizar un programa de voluntariado ambiental que se desenvolverá do 19 ao

26 de setembro dentro do programa Iniciativa Xove.

A actividade está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos que terán

manutención e aloxamento gratuito.

Dentro do programa inclúense as seguintes actividades:

Seminarios sobre plantas invasoras.

Un percorrido por zona afectadas pola "uña de gato Carpobrotus Edulis"

Obradoiros de horta ecolóxica e compostaxe.

Obradoiro de cosmética natural.

Obradoiro de xabóns naturais.

Percorrido de Laxe a Traba polo camiño dos faros.

Percorrido de Ponteceso a Corme polo camiño dos faros.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de setembro.

Os interesados deben cumprimentar un formulario de inscrición e envialo ao enderezo electrónico [email protected]

Máis información: https://www.facebook.com/voluntariadomontebranco/

Proxectos Erasmus+ da OMIX de Ribadavia

Mercores, 24 Agosto 2016 09:30

A OMIX de Ribadavia busca participantes para os seguintes proxectos do Programa Erasmus+:

Portugal:

INPUTS, Youth Exchange, 1 participante (30 Agosto – 10 Setembro 2016)

Italia:

CORE2, Training Course, 1 participante (13-20 Setembro 2016)

Moldavia:

Learning to learn, Training Course, 3 participantes (14-23 Outubro 2016)

Denmark:

Learning to learn, Study Visit, 4 participantes (16-23 Febreiro 2017)

Gastos cubertos de aloxamento, manutención e viaxe (ata un máximo, segundo o calculador de distancias da UE)

Interesados contactar con [email protected]

http://www.omixribadavia.wordpress.com/

Programa de Intercambio Xuvenil Internacional REAJ-2016

Xoves, 25 Agosto 2016 07:24

Mediante o desenvolvemento deste programa, a REAJ, Rede Española de Albergues Xuvenís,

pretende dar unha oportunidade de experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutro pais co

obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.

Obxectivo principal do programa

Potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas

distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues.

Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estancia no pais de acollida,

impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa

influencia nas distintas ramas profesionais.

A quen vai dirixido?

A mozos e mozas de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma, que reúnan as seguintes características:

• Ter ganas de vivir unha experiencia internacional que mellorará o seu Cv.

• Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.

• Ter un coñecemento fluído do idioma principal do pais de destino (nivel mínimo esixido de inglés: B1).

Como inscribirse?

Para realizar a correcta inscrición no programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición.

Despois de completar o formulario tes que enviar por email a [email protected] a seguinte documentación:

• Fotocopia escaneadada do carné de alberguista en vigor.

• Certificado que acredite, como mínimo, un nivel B1 de inglés.

• Carta de motivación sobre a inscrición neste programa de intercambio en albergue (Opcional).

A organización reservase a potestade de solicitar máis información aos participantes, xa sexa para comprobar a súa veracidade ou para completar a

información (Ex. Solicitude de títulos, diplomas...).

Se unha vez inscrito/a resultas seleccionado/a ademais deberás dispoñer da seguinte documentación:

•Carné de identidade ou pasaporte en vigor.

•Tarxeta sanitaria Europea.

• Así mesmo, os organizadores do programa recomendan dispoñer dun Seguro de viaxe que cubra as perdas de equipaxe, os atrasos, gastos

médicos e a repatriación se fose necesario. (Isto é opcional)

Prazos de inscrición

Podes botar a túa solicitude en calquera momento do ano.

Destinos

Podes inscribirte en varios destinos, en varias datas dentro dun mesmo destino. Cóntanos no formulario as túas preferencias e tentaremos

adaptarnos a elas. Canto máis flexible sexas, máis posibilidades terás de conseguir unha praza!

Destinos nacionais

Como novidade, ofrecemos a posibilidade de participar tamén en destinos dentro de España, nos que non é necesario contar co nivel mínimo de

inglés esixido.

Proceso de selección de mozos/as participantes

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta, elixirá os participantes

Page 10: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

10 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

entre todas as candidaturas recibidas pola web, tendo en conta os requisitos indicados anteriormente así como outro tipo de indicacións

determinadas pola Asociación Nacional de destino ou os albergues. Os albergues de destino poderían realizar tamén entrevistas vía Skype.

Custos:

Custos sufragados polo albergue de destino: farase cargo da comida en pensión completa e aloxamento do participante durante toda a súa estancia.

Custos sufragados polo participante:

Farase cargo dos custos da viaxe e transporte durante a súa estancia no país de acollida, así como calquera outro gasto derivado da súa estancia

(roupa, lecer, agasallos..). Con todo, estarán cubertos aqueles desprazamentos que sexan requiridos pola propia actividade do participante.

Duración:

A duración do programa será de entre 2 semanas a 3 meses por participante (a estancia media é dun mes).

Xornada:

A xornada será de 25-35 horas semanais de voluntariado nos albergues (5-7 horas diarias), durante as cales os mozos se familiarizarán coa xestión

dos albergues xuvenís, a súa dinámica, funcións a desempeñar...

As horas de voluntariado distribuiranse en 5 días á semana, segundo as quendas establecidas pola asociación de acollida e librarán dous días

consecutivos.

Avaliación do programa:

Todos os albergues de acollida comprométense a asignar a cada mozo voluntario un mentor que lle sirva como punto de contacto durante o

programa e coopere na súa formación.

Ao final do programa de intercambio, os organizadores facilitarán aos seus voluntarios unha folla de avaliación a través da cal o mozo voluntario

plasme as súas experiencias e permítanos mellorar o desenvolvemento e competencias do programa en futuras edicións.

Cada participante recibirá por parte dos organizadores un documento acreditativo da súa experiencia internacional nos albergues xuvenís.

Para máis información podes contactar coa REAJ para calquera dúbida ou suxestión que teñas por email [email protected] ou por teléfono 91 308

46 75 / 91 319 70 67 (de luns a venres de 09:00 a 16:00)

http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=208

http://reaj.com/intercambio.html

Tarxeta Xente Nova para transporte metropolitano gratuito

Venres, 26 Agosto 2016 07:57

A Dirección Xeral de Mobilidade crea unha tarxeta de transporte gratuita para xente nova, con idades

comprendidas entre os 4 e os 18 anos de idade, incluídos.

Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro

do ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, cun número máximo de 60 viaxes mensuais

por persoa usuaria.

Que é?

A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as

viaxes interurbanas gratuítas.

Quen a pode utilizar?

Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano.

Cando cumpras 19 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.

Como conseguila?

1. Solicita cita nesta páxina: http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn

2. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.

3. Unha vez alí, só necesitan o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante

legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.

4. A túa tarxeta xa está lista. Podes levala contigo e empezar a viaxar.

Máis información en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e

Correo electrónico: [email protected]

Bolsas de colaboración na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Venres, 26 Agosto 2016 08:31

A Secretaría Xeral para o Deporte convoca 5 bolsas destinadas a estudantes para a súa

participación como persoal colaborador na residencia do Centro Galego de Tecnificación

Deportiva, en Pontevedra.

O número de prazas convocadas é de 5, precísanse polo menos 2 prazas ocupadas polo

mesmo sexo (feminino ou masculino) e as 3 restantes ocupadas por solicitantes do sexo

contrario ás anteriores, co obxectivo de ter unha representación con paridade para poder

garantir unha correcta atención ao colectivo de deportistas do centro.

Requisitos:

a) Ter entre 19 e 30 anos feitos no momento en que se publica a convocatoria.

b) Estar empadroado en Galicia no momento de presentar a solicitude.

c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, ou un ciclo formativo de grao superior.

d) Non estar propostos para unha bolsa de deportista no CGTD nin ser beneficiario da citada bolsa como deportista no momento da solicitude.

O prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de setembro de 2016.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es

Máis información no DOG do 26 de agosto de 2016 e en https://deporte.xunta.es/

Nova convocatoria de FP dual. Setembro de 2016

Luns, 29 Agosto 2016 07:20

A Consellería de Educación fai unha nova convocatoria de FP Dual.

Santiago de Compostela

Centro: CIFP Politécnico de Santiago

Ciclo: Laboratorio de análise e de control de calidade

Empresa: Corporación Laber, Laboratorio y Consultoría, S.L.

Page 11: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

11 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Chantada

Centro: IES Val do Asma

Ciclo: Desenvolvemento de aplicacións web

Empresa: IGM WEB, S.L.

Lugo

Centro: CIFP Politécnico de Lugo

Ciclo: Construción

Empresas:

Construcciones Tellao, S.L.

Manuel Santos Gómez

Obras y Reformas Construmen, S.L.

Obras y reformas Lugo, S.L.

Odegal, S.L.

Oltaya Lugo, S.L.

Óscar Piñeiro López

José Antonio Rodríguez Cabanas

Reformas Noroeste, C.B.

Reformas y Sistemas de Galicia, S.L.

Rubén López Barreiro

Unkia, S.L.

Requisitos das persoas solicitantes:

Ter entre dezaoito e vinte e nove anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.

Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.

Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para

concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe.

Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Presentación de solicitudes: do 1 ao 13 de setembro ás 13 horas.

Formulario de solicitude.

Máis información en http://www.edu.xunta.es/fp/fpdual-convocatoria-setembro-2016

Formación gratuita para emprego Dixital da Fundación Telefónica.

Xoves, 25 Agosto 2016 11:56

O emprego dixital, forma e prepara profesionais dixitais, de manera gratuia para xóvenes desempregados de 18 a 35 anos nas tecnoloxías con máis

demanda laboral.

A formación pode ser presencial con cursos de 4 meses de duración e online de 6 semanas.

Máis información: http://www.injuve.es/convocatorias/cursos/formacion-gratuita-para-el-empleo-digital

Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre na Coruña

Martes, 23 Agosto 2016 07:05

A Escola Tempo Libre Cruz Vermella organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre

na Coruña

Destinatarios/as: persoas interesadas en realizar actividades socio-culturais e recreativas, tanto en

tempo libre urbano como na natureza.

Requisitos: ser maior 18 e estar en posesión da ESO, Graduado Escolar, FP1 ou equivalente.

Datas: do 14 de outubro ao 18 de decembro.

Horarios:

Venres de 16:00 a 21:00

Sábados de 09.00 a 14:00 e 15:30 a 20:30

Domingos de 09:00 a 14:00

Haberá unha saída dun día enteiro.

Lugar de Realización: Centro de Formación de Cruz Vermella Española na Coruña os venres e sábados. Oficina Provincial Cruz Vermella (zona

Monte Alto) os domingos.

Prezo do curso: 300 €

Prezo para estudantes, parados/as, socios e voluntariado de Cruz Vermella Española (10% desconto): 270 €

Prezo para desempregados de máis de tres meses de duración 20%: 240 €

Posibilidade de pago en dous prazos: 1º coa inscrición e o 2º antes do 12 Novembro.

NOVAS FORMACIÓN OUTROS CURSOS

NOVAS FORMACIÓN CURSOS DE TEMPO LIBRE

Page 12: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

12 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Información e inscricións: www.formacion.cruzvermella.org

Centro de Formación de Cruz Vermella Española. R/ Médico Devesa s/n (Lonzas). A Coruña. Teléfono: 981 169 163

Curso monitores de actividades de tempo libre en Santiago de Compostela

Martes, 23 Agosto 2016 07:33

A Escola de tempo libre e animación sociocultural Don Bosco organiza un curso monitores de actividades de

tempo libre en Santiago de Compostela.

Datas: do 24 de setembro ao 18 de decembro do 2016

Horario: 9:00h – 14:00h e 16:00h – 21:00h

Lugar: instalacións do centro Don Bosco. Belvis nº2. Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 582 243

Curso monitores de actividades de tempo libre en Teo

Martes, 23 Agosto 2016 07:36

A Escola de tempo libre e animación sociocultural Don Bosco organiza un curso monitores de actividades de

tempo libre en Teo

Datas: do 24 de setembro ao 5 de xaneiro do 2017

Horario: 9:00h – 14:00h e 16:00h – 21:00h

Lugar: instalacións do concello de Teo

Enderezo: travesía da Ramallosa 38. Teo

Teléfono: 981 582 243 ou 981 815 700

Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre en Oleiros

Mercores, 24 Agosto 2016 11:44

A Escola de tempo libre Abraio organiza dous cursos de Monitor/a de actividades de Tempo Libre en Oleiros.

Datas do primeiro curso: do 3 de outubro ao 29 de novembro

Datas do segundo curso: do 7 de outubro ao 18 de decembro

Lugar: Rúa Néveda, 4. Baixo. Santa Cruz de Liáns. Oleiros (A Coruña)

Máis información na escola de tempo libre Abraio, teléfono: 680 33 76 58 e 981 929 354

Correo electrónico: [email protected];[email protected]

Páxina web: www.aseduc.es

Redes sociais: Facebook: https://www.facebook.com/abraio.etl

Contratación de axentes de emprego en asociacións

Martes, 23 Agosto 2016 07:20

A Consellería de Economía convoca axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos

programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a

contratación de axentes de emprego e unidades de apoio.

Entidades beneficiarias:

Entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais que establezan accións específicas de

conformidade cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en

risco de exclusión social,

O prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de setembro de 2016.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento TR352B

Máis información no DOG do 23 de agosto de 2016.

Axudas a asociacións para fomento do emprego

Xoves, 25 Agosto 2016 07:45

A Consellería de Economía convoca axudas para fomento de emprego en colaboración

coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación de persoas traballadoras

desempregadas e mulleres vítima de violencia para a realización de servizos de interese

xeral e social co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional

necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Entidades beneficiarias:

Entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de

Servizos Sociais, que traballen na inserción, preferentemente, das persoas con

discapacidade e/ou en risco de exclusión social,

O prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de setembro de 2016.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento TR352A

Máis información no DOG do 25 de agosto de 2016.

BOLSAS E AXUDAS OUTRAS

Page 13: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

13 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Proxectos xuvenís en Ourense

Luns, 29 Agosto 2016 07:46

O Concello de Ourense convoca subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o fomento de

actividades e proxectos xuvenís.

O obxecto desta convocatoria é subvencionar actividades en materia de xuventude dirixidas a mozos

e mozas con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos, a realizar durante todo o ano 2016.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de setembro de 2016

Máis información no BOP de Ourense do 29 de agosto de 2016 e na web do Concello de

Ourense:http://www.ourense.es/

OMIX de Ourense

Praza San Martiño nº 2, baixo.

Teléfono: 988 388 154

Concurso de fotografía "Miradas Jóvenes 2016"

Luns, 29 Agosto 2016 11:09

O Organismo Internacional de Mocidade para Iberoamérica (OIJ) convoca o concurso de

fotografía "Miradas Jóvenes", para construír unha narrativa fotográfica colectiva sobre as

realidades vividas polos máis de 158 millóns de mozos de Iberoamérica.

Tema "Realidades xuvenís iberoamericanas": quen son? que fan? que situacións viven? e

que queren as e os mozos hoxe?

Cada participante poderá inscribir unha soa fotografía ou unha serie fotográfica conformada

por ata 3 fotografías. Admitiranse só fotografías enviadas en formato dixital (fotografías

producidas en dispositivos dixitais ou escaneo de fotografías impresas, transparencias ou

negativos).

As obras deberán enviarse ao correo [email protected] coa documentación que figura nas

bases da convocatoria.

Os nomes das obras finalistas publicaranse o 12 de outubro de 2016 na

páxinahttp://www.juventud.org/ e http://www.oij.org/.

Requisitos:

Poderán participar mozos entre 15 e 35 anos de calquera dos 21 países da Comunidade Iberoamericana de Nacións.

Dotación:

Un premio de 1.000 euros para o gañador/a, presentación dos dez finalistas en espazos culturais rexionais e exposición das obras finalistas durante a

XXV Cume Iberoamericano de Xefes e Xefas de Estado e Goberno, que terá lugar os días 28 e 29 de outubro en Cartaxena de Indias, Colombia.

Prazo:

22 de setembro de 2016

Máis información en: http://www.juventud.org/ ou contacta con [email protected]

Técnicos de inserción laboral en Ames

Mercores, 24 Agosto 2016 08:02

O Concello de Ames necesita contratar 2 técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas; no ámbito do desenvolvemento das accións

do programa integrado para o emprego “InserAmes-Brión"

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de agosto de 2016

Máis información no BOP da Coruña do 24 de agosto de 2016

Bolsa de emprego de técnico de normalización lingüística en Cedeira

Mercores, 24 Agosto 2016 08:05

O Concello de Cedeira fai unha convocatoria para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou

nomeamentos interinos como técnico de normalización lingüística.

Requisitos:

título de Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Grao en Lingua Galega,

ou outras titulacións grao/licenciatura sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de setembro de 2016

Máis información no BOP da Coruña do 24 de agosto de 2016

Profesor/a de música no Barco de Valdeorras

Mercores, 24 Agosto 2016 08:11

O Concello do Barco de Valdeorras necesita contratar un/unha profesor/a de música, especialidade harmonía, para impartir clases no Conservatorio

Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras, durante o período escolar 2016-2017.

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PÚBLICO

PREMIOS E CONCURSOS PREMIOS E CONCURSOS

Page 14: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

14 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de setembro de 2016

Máis información no BOP de Ourense do 24 de agosto de 2016

www.concellodobarco.org

Educador/a no Barco de Valdeorras

Mercores, 24 Agosto 2016 08:14

O Concello do Barco de Valdeorras necesita contratar un/unha técnico/a medio (educador/a) para prestar servizo na Escola Infantil Municipal do

Barco de Valdeorras durante o ano 2016.

Titulación universitaria de Diplomatura en Maxisterio, especialidade educación infantil, Diplomado/a en EXB, especialidade preescolar ou Grao

universitario de Maxisterio de Educación Infantil

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de setembro de 2016

Máis información no BOP de Ourense do 24 de agosto de 2016

http://www.concellodobarco.org/

Oficial Sepultureiro/a en Lugo

Mercores, 24 Agosto 2016 08:18

O Concello de Lugo necesita contratar un/ha de Oficial Sepultureiro/a.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de setembro de 2016

Máis información no BOP de Lugo do 24 de agosto de 2016

Convocadas 3 prazas de Oficial varios no Cabildo Insular de Tenerife.

Mercores, 24 Agosto 2016 10:43

O Instituto Insular de Atención Social e Sociosanitaria, convoca estas prazas polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.

Máis información BOE do 24 de agosto. www.boe.es

Convocadas 17 prazas de auxiliar educativo no Cabildo Insular de Tenerife.

Mercores, 24 Agosto 2016 10:45

O Instituto Insular de Atención Social e Sociosanitaria, convoca estas prazas polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.

Máis información BOE do 24 de agosto. www.boe.es

Convocada oferta emprego público 2016 no Concello de Marín (Pontevedra)

Mercores, 24 Agosto 2016 10:46

As prazas ofertadas son 4 polo sistema de oposición: 1 de policía local, 1 de enxeñeiro tco. obras públicas e 2 de técnicos.

Máis informaciÓn: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2016/08/19/2016031756

Convocadas 5 prazas de policía local no Concello de Carreño (Asturias).

Mercores, 24 Agosto 2016 10:47

As prazas son convocadas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais,contados a partir da publicación

no BOE.

Máis información BOE do 23 de agosto. www.boe.es

Convocadas 10 prazas de operario especializado na Comunidade de La Rioja.

Mercores, 24 Agosto 2016 10:48

As prazas son convocadas polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 13 de setembro.

Máis información boletín oficial de La Rioja do 24 de agosto. www.060.es

Convocada 1 praza interina de pedagogo/a no Concello de Cangas.

Mercores, 24 Agosto 2016 10:48

A praza convocada é en réxime funcionario interino, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación o 23 de agosto na páxina www.boppo.depo.es

Máis información www.cangas.gal

Page 15: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

15 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

Convocada 1 praza interina de mestre especialista en audición e linguaxe no Concello de Cangas.

Mercores, 24 Agosto 2016 10:50

A praza convocada é en réxime funcionario interino, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación o 23 de agosto na páxina www.boppo.depo.es

Máis información www.cangas.gal

Persoal para a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

Xoves, 25 Agosto 2016 08:04

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca proceso selectivo para a contratación de persoal temporal.

O prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o 6 de setembro de 2016.

Máis información no DOG do 25 de agosto de 2016 e en www.ceteca.net

Persoal técnico para oficina de turismo en Carballo

Xoves, 25 Agosto 2016 09:08

O Concello de Carballo necesita contratar unha persoa para a atención da oficina de turismo.

Titulación: Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Grao en Empresas e Actividades Turísticas; Grao ou diplomatura

en Turismo; Grao ou licenciatura en Historia da Arte; Grao ou licenciatura en Humanidades; Grao ou licenciatura en Xeografía e ordenación do

territorio; Grao ou licenciatura en Historia; ou equivalentes.

O prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de setembro de 2016.

Máis información no BOP da Coruña do 25 de agosto de 2016

Técnico/a medio de Urbanismo en Vila de Cruces

Venres, 26 Agosto 2016 10:24

O Concello de Vila de Cruces necesita contratar un/ha Técnico/a medio de Urbanismo.

O prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de setembro de 2016

Máis información no BOP de Pontevedra do 25 de agosto de 2016 e en http://viladecruces.sedelectronica.es/

Albanel Oficial para o Concello da Capela

Luns, 29 Agosto 2016 07:40

O Concello da Capela necesita contratar un Albanel Oficial 1ª

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de setembro de 2016

Máis información no BOP da Coruña do 29 de agosto de 2016

Page 16: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

16 29 de agosto de 2016 – Revista 1086

XORNADA DE CULTURA URBANA EN BAIONA

Martes, 23 Agosto 2016 12:14

A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, organiza a I Xornada de Cultura

Urbana que terá lugar na vila Baiona, o vindeiro martes 30 de agosto de 2016.

As actividades, que están especialmente adicadas á mocidade, están programadas dende as

18:30 ás 21:30 h. no Paseo Ribeira, donde os asistentes poderán disfrutar dunha exhibición de

cellograffiti, e poderán participar en obradoiros de graffiti e breakdance, donde aprenderán,

crearán e se expresarán. A exhibición de cellograffiti, terá como temática a bicicleta, con motivo

da Volta.

As actividades serán dirixidas por membros da Asociación Vella Escola, asociación

especializada na promoción e organización de actividades relacionados coas disciplinas

urbanas.

A participación nestas actividades é aberta e gratuíta.

Máis información na OMIX, ou no teléfono 986385925.

A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, organiza unha ruta guiada do tramo

Baionés do Camiño Portugués da Costa, para o 23 de agosto de 2016.

A saída do grupo está prevista para as 9:30h. dende Baredo, punto donde se inicia o camiño,

rematando en Ramallosa, tras 9,7 kms. Durante este tramo, os participantes percorrerán

sendas fluviais, capelas, igrexas, cruceiros e pontes ata chegar a fin do tramo, na Ponte

románica da Ramallosa.

A organización disporá dun autobús para desplazar aos participantes dende Sabarís e Baiona

ata o punto de inicio da ruta.

A actividade é totalmente gratuíta.

Máis información e inscricións na OMIX, ou no teléfono 986 385 925.

Proba de Orientación nocturna Orienta-Tea

Mercores, 24 Agosto 2016 06:49

A OMIX do concello de Mondariz organiza Orienta-Tea, unha proba

de orientación nocturna.

Data: Sábado 10 de setembro

Horario: 20:30h

Destinatarios/as:

Persoas de 13 anos en adiante.

De 13 a 15 anos ten que vir acompañados por un/unha adulto/a.

De 16 a 17 anos teñen que presentar autorización por pai/nai ou

titor/a legal.

Custo: 8€ Persoa

Prazo de inscrición: Ata as 14h do 8 de setembro.

Percorrido: Para os que fagan o percorrido completo 10km máis ou

menos.

Premios para os tres primeiros equipos clasificados:

1º Premio: Noite con aloxamento e almorzo para todos os/as integrantes do equipo na casa rural A Cantura Maruxa de Mondariz.

2º Premio: Pase ao Palacio da auga de Mondariz e cea para tod@s @s integrantes do equipo.

3º Premio: Pase ao Palacio da Auga de Mondariz para todos os/as integrantes do equipo.

Para máis información e inscricións, chamando ao 986 664 306 (De 9 a 14h) ou nos

mail comunicación@concellodemondariz eturismo@concellodemondariz

NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX OMIX

Page 17: NOVAS FORMACIÓN /11 BOLSAS E AXUDAS /12xuventude.xunta.es/uploads/docs/InformeSemanal/2016/... · 2016. 11. 4. · O concello de A Laracha acolle dende o pasado 1 de agosto e ata

17 29 de agosto de 2016 – Revista 1086