Noticias violencia contra a muller

18
alumnas e alumnos da ESO X X o o r r n n a a l l d d e e N N o o t t i i c c i i a a s s I I . . E E . . S S F F e e r r n n a a n n d d o o B B l l a a n n c c o o e e n n c c o o n n t t r r a a d d a a v v i i o o l l e e n n c c i i a a d d e e x x é é n n e e r r o o

description

violencia, muller

Transcript of Noticias violencia contra a muller

Page 1: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

XXoorrnnaall ddee NNoottiicciiaass

II..EE..SS FFeerrnnaannddoo

BBllaannccoo eenn ccoonnttrraa ddaa

vviioolleenncciiaa ddee xxéénneerroo

Page 2: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

UUNNHHAA MMUULLLLEERR FFOOII

AASSAASSIINNAADDAA PPOOLLAA SSÚÚAA

EEXX PPAARREELLLLAA.. 02/07/2010

A muller de 42 anos morreu na localidade granadina

de Pinos Puente debido a un golpe na cabeza que

lle propinou a súa ex parella de 67 anos. A vítima

puxera dúas denuncias con anterioridade e o

agresor tiña unha orde de alonxamento.

A parella mantivera unha relación sentimental

durante uns cinco anos e non tiñan fillos en común.

A vítima gozaba dende había uns días dunha orde

de proteción e teleasistencia tras denuncialo dúas

veces, e, casualmente, foi agredida tras ser atendida

polos servicios sociais onde fora xestionar as axudas

relacionadas co caso.

Page 3: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

DDEETTIIDDOO UUNN HHOOMMEE EENN

PPAALLEENNCCIIAA PPOOLLAA MMOORRTTEE

DDAA SSÚÚAA EEXX PPAARREELLLLAA.. 09/09/2010

J.S.G. de 43 anos foi detido como responsable do

asasinato da súa muller de 42; do que estaba

separado e tiña unha orde de alonxamento.

O home presentouse arredor das catro da mañá na

casa da súa ex muller cun coitelo e agrediu a vítima

e a unha das súas fillas que resultou ferida.

A parella tiña tres fillas maiores de idade, unha delas

conseguiu agocharse e avisar a emerxencias.

O presunto agresor foi detido posteriormente nun

camiño cercano ó domicilio familiar e foi ingresado

no hospital debido ós cortes que supostamente el

mesmo se produciu tras cometer o crime.

Page 4: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

DDEETTIIDDOO UUNN HHOOMMEE EENN

PPOONNTTEECCEESSOO PPOORR MMAATTAARR

AA MMAARRTTEELLAAZZOOSS ÁÁ SSÚÚAA

EESSPPOOSSAA 16/09/2010

Un home de 56 anos mata a martelazos a súa muller

de 34 anos en Ponteceso ( A Coruña); a cal tiña

dous fillos de 11 e 5 anos dunha relación anterior.

A alarma xurdiu cando a muller non acudiu a recoller

ós seus fillos ó colexio e o agresor foi visto con

feridas superficiais e manchas de sangue na súas

roupas nun bar da vila. Os veciños alertaron á

policía, quen o detivo no bar e os conduxo ó seu

domicilio, onde atoparon o corpo da súa muller sen

vida con evidentes síntomas de ser atacada cun

martelo.

Page 5: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

UUNN HHOOMMEE MMAATTAA ÁÁ SSÚÚAA

EEXX PPAARREELLLLAA EE DDEESSPPOOIISS

SSUUIICCÍÍDDAASSEE 13/09/2010

Achado na localidade almeriense de Roquetas de

Mar o cadáver dunha muller de 39 anos, morta ó

parecer en mans da súa ex parella; un home de 50

anos que se suicidou posteriormente na súa casa.

Page 6: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

AATTOOPPAANN MMOORRTTAA AA

UUNNHHAA MMUULLLLEERR

AAPPUUÑÑAALLAADDAA PPOOLLOO SSEEUU

MMAARRIIDDOO 06/07/2010

Felicia López, de 68 anos faleceu presuntamente por

varias puñaladas asestadas polo seu marido P.L. de

77 anos.

A muller foi atopada morta na súa casa tras a voz de

alarma dada por unha veciña, quen ó querer saber

dela, o marido da vítima lle dixo que estaba

durmindo; cando a muller xa estaba morta.

A parella tiña dous fillos e contaba de asistencia

domiciliaria, xa que tanto o home como a muller

padecían trastornos mentais.

Page 7: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

UUNNHHAA MMUULLLLEERR MMOORRRREE

ÓÓ SSEERR EEMMPPUURRRRAADDAA DDUUNN

SSEEXXTTOO PPIISSOO 06/07/2010

Un home de 33 anos foi detido por empurrar a unha

muller pola ventá dun sexto piso en Girona.

A vítima, empleada de limpeza, puido avisar ó seu

xefe de que un home a estaba a perseguir.

Ó chegar ó lugar o propietario da vivenda atopou

morta a muller na rúa.

A vítima, O. K. de 37 anos, non presentara denuncia

contra o seu agresor que fora a súa parella.

Page 8: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

MMOORRRREE UUNNHHAA MMUULLLLEERR

NNAA CCOORRUUÑÑAA ÓÓ FFUUXXIIRR

PPOOLLAA VVEENNTTÁÁ DDOO SSEEUU

PPIISSOO 19/07/2010

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home en

A Coruña acusado de detención ilegal da súa muller

no seu domicilio.

A vítima, E.D.A. de 36 anos de idade, estaba

encerrada na súa vivenda e ó tratar de escapar pola

ventá precipitouse ó vacío dende unha altura dun

segundo piso, causando a súa morte.

Page 9: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

DDEECCAAPPIITTAA ÁÁ SSÚÚAA

MMUULLLLEERR EE LLOOGGOO PPAASSÉÉAASSEE

CCOOAA CCAABBEEZZAA NNUUNNHHAA

BBOOLLSSAA

20/09/2010

María T.R., unha cordobesa de 30 anos, foi

decapitada polo seu marido despois de levala ata un

descampado. O cadáver da moza foi atopado nunha

zona próxima á estrada.

Tras o asasinato, José G.G. entrou no bar dos seus

pais coa camiseta chea de sangue e unha bolsa de

lixo na que levaba a cabeza da defunta. O irmán do

agresor avisou á Policía Nacional. Os axentes

encontraron ó agresor subido a un poste eléctrico,

do que finalmente caeu e morreu.

Page 10: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

DDEETTIIDDOO EENN OOVVIIEEDDOO OO

PPRREESSUUNNTTOO AAUUTTOORR DDAA

MMOORRTTEE DDUUNNHHAA MMOOZZAA

15/07/2010

Johana T.S. de 27 anos e nai de dous fillos, foi

asasinada polo seu compañeiro sentimental, quen

posteriormente incendiou o domicilio coa vítima no

seu interior.

Os bombeiros acudiron a sofocar o lume e

descubriron o cadáver da moza; que estaba

degolada.

O asasino xa fora denunciado por agresión en

anteriores ocasións.

Page 11: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

UUNN HHOOMMEE MMAATTAA AA SSÚÚAA

EESSPPOOSSAA NNAA CCAASSAA DDEE

LLUUGGOO EE EENNTTRRÉÉGGAASSEE ÁÁ

PPOOLLIICCÍÍAA LUGO, 26/08/2010

Un home entregouse á Policía Nacional, despois

de matar a súa moza, unha enfermeira, nunha casa

na cidade de Lugo, por razóns que son investigadas.

O crime ocorrería na madrugada e o home

entregouse unhas horas despois. A vítima era unha

enfermeira na UTI do Hospital Xeral de Lugo

mentres que o suposto asasino era un profesor.

Ambos tiveron dous fillos xuntos, de 9 e 10 anos de

idade. Os veciños afirman qu era un "matrimonio

normal" que non tivo ningún comportamento

violento.

Page 12: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

UUNN VVEECCIIÑÑOO DDEE TTIIRROO DDEE

LLÍÍNNEEAA MMAATTAA AA UUNNHHAA

MMUULLLLEERR EE BBOOTTAA OO SSEEUU

CCOORRPPOO AAOO RRÍÍOO SEVILLA, 08/09/2010

Un veciño de Tiro de Línea, de 30 anos de

idade, foi detido como presunto autor dun homicidio

dunha cidadá estadounidense de 49 anos coa que

tiña relación de amizade. O corpo da vítima foi

despedazado e guindado ao río Guadalquivir.

Mentres que a cabeza e un brazo acháronse nunha

bolsa de plástico, o resto do corpo atopouse nunha

maleta.

Page 13: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

PPAARRRRIICCIIDDIIOO NNOO BBAARRRRIIOO

NNEERRVVIIÓÓNN SEVILLA, 01/10/2010 Os feitos aconteceron no número 17 da calle

Rico Cejudo do barrio do Nervión sobre as 04:30 da

mañá cando D.Luis Xabier Fernández de Bobadilla

Aya duns 30 anos de idade asesta varias puñaladas

cun coitelo de cociña a súa nai Dña.Teresa Aya

Abaurre, duns 65 anos.

Según fontes policiais, os feitos ocorren tras

unha discusión desencadeada por problemas de

drogas e alcohol que potenciaron os efectos da

esquizofrenia que padece o presunto parricida

Según testemuñas dos veciños, ninguén

escoitou nada e só decatáronse do sucedido pola

presencia policial no inmoble.

Page 14: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

DDOOUUSS DDEETTIIDDOOSS EENN

TTOORRRREEJJÓÓNN PPOOLLAA MMOORRTTEE

DDUUNNHHAA MMUULLLLEERR MADRID, 25/08/2010

A Policía Local de Torrejón de Ardoz detivo a

dous homes para esclarecer a morte dunha muller

de 25 anos que perdeu a vida ao caer desde un

cuarto piso ás catro da tarde. Segundo a testumuña

dos veciños, a vítima, Amparo, sempre tiña a cara

mazada e nos días anteriores, mal vestida e pouco

aseada, durmía na casa de familiares fuxindo do seu

marido a quen lle tiña medo.

Page 15: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

UUNNHHAA MMUULLLLEERR EE OOSS SSEEUUSS

DDOOUUSS FFIILLLLOOSS AACCHHAADDOOSS

MMOORRTTOOSS NNOO SSEEUU

DDOOMMIICCIILLIIOO TARRAGONA, 18/10/2010

Unha muller asasinada polo seu marido en

Tarragona. Os veciños afirman que un forte fedor

saía do domicilio. A muller tiña 26 anos e estaba

nunha bañeira enterrada en cal vivo e os seus fillos

mortos nunhas literas. A xoven xa denunciara

anteriormente ao seu marido por malos tratos quen

tiña unha orde de alonxamento.

Page 16: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

AATTOOPPAADDAA MMOORRTTAA NNUUNN

BBAARRRRAANNCCOO AA MMUULLLLEERR

DDEESSAAPPAARREECCIIDDAA NNOO SSUURR

DDAA IILLLLAA SANTA CRUZ DE TENERIFE, 12/07/2010 A Garda Civil atopa o cadáver enterrado entre

pedras no fondo dun barranco, con fortes signos de

violencia. A muller, Emese Kristina Bodis, de 37

anos, levaba desaparecida uns días, e o seu marido

puxera unha denuncia debido a que non fora a

traballar nin acudira ao domicilio familiar. El mesmo,

convírtese no principal sospeitoso xa que se atopou

abundante sangue no seu vehículo, polo que acabou

confesando o asasinato e o lugar onde a enterrou.

Non había denuncias por malos tratos

anteriormente.

Page 17: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

UUNN HHOOMMEE CCOONN OORRDDEE DDEE

AALLOONNXXAAMMEENNTTOO MMAATTAA

ÁÁ SSÚÚAA PPAARREELLLLAA NNUUNN

PPIISSOO BILBAO, 27/07/2010

Amelia Amaya Jiménez, de 36 anos, faleceu a

mans da súa parella a quen anteriormente

denunciara por malos tratos e sobre quen pesaba xa

unha orde de alonxamento. De noite e no domicilio

da vítima, ésta recibiu diversos golpes que lle

provocaron a rotura de varias costelas, o bazo e

unha grave hemorraxia abdominal. A Ertzaintza

detivo ao seu agresor, Antonio G.J., 42 anos de

idade, no mesmo domicilio no que se produciran os

feitos.

Page 18: Noticias violencia contra a muller

alumnas e alumnos da ESO

Contidos: Alumnas e

alumnos de 1º, 2º e 3º de

ESO

Dixitalización. Alumnas e

alumnos de informática, 4º.