Noticias

18
Podedes ler os traballos que as e os alumnos de 6º de EP presentaron ao Certame “Mellor periodista infantil e xuvenil” que convoca todos os anos La voz de Galicia.

description

As noticias de 5 e 6 para o programa Prensa Escuela

Transcript of Noticias

Page 1: Noticias

Podedes ler os

traballos que as e

os alumnos de 6º de

EP presentaron ao

Certame “Mellor

periodista infantil

e xuvenil” que

convoca todos os

anos La voz de

Galicia.

Page 2: Noticias

Para informar ben, a clave é estar ben informado.

Xa quedan poucos días

para que remate o prazo de

entrega dos traballos

do Concurso Mellor

periodista Infantil e Xuvenil.

Publicamos algúns dos

produtos finais dos

alumn@s de 6º, que proban

sorte coma periodistas

nobeles.

Page 3: Noticias

Agueda González

Grazas ao proxecto da Axencia de Defensa dos EEUU, os insectos ciborg xa son unha realidade!

O primeiro foi un escaravello da especie “Dynastes tityus” presentado por enxeñeiros da Universidade de Michigan. A este insecto implantáronselle, durante a fase de larva, estimuladores musculares e neuronais que permiten controlar os seus

movementos. Na base das súas ás colocóuselle un diminuto xerador Piezoeléctrico. O insecto recollerá información vital para misións de espionaxe, detectar bombas, rescates de persoas en zonas catastróficas…

Unha modernidade ciborg

Page 4: Noticias

David Martínez

Minecraft, é o xogo para PC mellor puntuado en 2011 e 2012. Foi creado pola pequena compañía Sueca chamada Mojang AB composta por un equipo de 15 persoas. O xogoactualízase unha vez ao mes e só se pode adquirir en www.Mojang.com. Ten versións para PC, Xbox, Android e Apple. Xa superou a Skyrim e Batman e o seu mecanismo é simple.O xogador é un personaxe que aparece nun mundo virtual sen límites que pode escoller entre varias ofertas de traballo: Mineiro, leñador, constructor…

Minecraft, o éxito conseguido bloque a bloque

Page 5: Noticias

Estela Araújo

Durante o ano 2012, Protección Civil de Teo recolleu 198

animais, destes 175 eran cans.

As mascotas recollidas foron levadas ao

refuxio de Bando. Protección Civil

recorda que é importante que todas as

nosas mascotas leven microchip, porque

permite devolvelas aos seus donos.

Sesenta e nove destes animais foron

entregados nos seus fogares. En 2011,o

número de animais mortos, recollidos en

Teo, ascende a 62, e o nº de

intervencións efectuadas por esta

agrupación pasou de 253 a 331 saídas.

“Stop ao maltrato animal”

Protección Civil de Teo recolle 200 animais.

A túa mascota é a túa responsabilidade!

Page 6: Noticias

María Rodríguez

A empresa xaponesa Hitachi

deseñou un prototipo dun vehículo

eléctrico destinado principalmente

ás persoas da terceira idade ou con

problemas de movilidade.

Tras introducir unhas

coordenadas, o vehículo leva ao/á

ocupante ao seu destino. A este

prototipo chamáronlle ROPITS.

Para detectar baches ou espazos

emprega mapas tridimensionais. No

futuro, Hitachi planea realizar

diversos experimentos na provincia

de Ibaraki para mellorar as

funcións do ROPITS, que se

presentará oficialmente na

conferencia de robótica

ROBOMEC.

ROPITS: MADE IN JAPAN

Page 7: Noticias

Lucía Pérez

En épocas de crise é importante contar cun combustible barato e alternativo ao

petróleo.

Un grupo de investigadores españois

e arxentinos, en colaboración co Instituto de

Catálise e Petroleoquímica (CSIC) deseñaron

un método de aproveitamento de cenorias. A

partir da fermentación das cenorias, que

diariamente se desbotan nos mercados

porque non cumpren os requisitos de tamaño

e/ou forma, poderíase producir unha

cantidade rentable de bioetanol, un

combustible alternativo na automoción ou

para a calefacción.

Un combustible 100% ecolóxico

Enche de cenorias o teu depósito!

Page 8: Noticias

María Domínguez

O martes ao mediodía, algo

inusual aconteceu na escalinata

da igrexa “SANTA MARIA NAI” de

Ourense.

Un coche precipitouse pola

escalinata da citada igrexa, foi

algo incrible!

O coche chegou a baixar seis

chanzos seguidos. O conductor

non coñecía ben a zona xa que

era do país veciño, Portugal. Ao

condutor realizóuselle a proba de

alcoholemia que deu negativa. O

coche chegou ata a escalinata

pasando pola praza da

Magdalena.

Finalmente o vehículo foi retirado

sen causar danos tanto

económicos como persoais.

Un coche moi devoto

Page 9: Noticias

María Álvarez

Javier Ramiro, un músico

vigués, ven de presentar na

Escola de Gaitas da Real

Banda de Ourense a

Insogaita, un novo accesorio

para as gaitas, que reduce

nun 70 % o son emitido por

este instrumento tradicional.

Este gaiteiro, agora no paro,

ideou unha especie de bolsa

de insonorización que lle

permite ao músico tocar na

súa casa, sen molestar á

veciñanza.

A Insogaita, tamén é útil

para as escolas, onde 2

músicos poden tocar

simultaneamente sen

molestarse. O invento xa é

utilizado por numeros@s

gaiteir@s entres os que se

encontra Cristina Pato.

Tocar a gaita nun piso xa é posible

sen medo as denuncias por exceso de “ruído”

Page 10: Noticias

OS PEQUENOS ACTORES

Brayan Calviño

Medio centenar de escolares

galegos entre 12 e 18 anos,

procedentes de aulas de teatro

entre provincias de Lugo e a

Coruña, o pasado 21 de

marzo no teatro principal de

Ourense, repre- sentaron unha

obra na que tamén se xoga con

distintas linguas como o Latín.

Esta iniciativa fomenta

intercambios culturais entre as

aulas de teatro. Traballan co

grupo Metátese que dirixe

Alfonso García Penas, que xa

ofreceu as súas primeiras

obras en Ourense a beneficio

da fundación Meniños, que

traballa na provincia para

evitar exclusións sociais.

Page 11: Noticias

España adianta a Francia camiño de

Brasil.

Diego Céspedes

O 26 de marzo de 2013 a

selección Española

impusose a Francia en

Paris no Saint Denis

gañando 1-0 con un gol de

pedro na segunda parte .

O combinado español tiña

Que gañar para porse lider

do grupo e pasar mais

fácilmente ao mundial de

Brasil de 2014.

Page 12: Noticias

GRAZAS POR FACERNOS RIR

Fermin Cruz

A actriz Mariví Bilbao

coñecida pola serie “ La que se

avecina “ como Izaskun

Sagastume morreu, según

Fernando Tejero coas botas

postas, o día 3 de abril do 2013.

A súa morte provocou aluvións

de comentarios nas redes

sociais entre os seus

compañeiros de profesión e

seguidores da serie na que

actuaba.

O presentador Matías Prats

comentou en Twitter: “que non

che falten cigarrillos e

chinchón… nin o postigo na

porta … nin un bingo

cerquiña…

Grazas por facernos disfrutar,

Mariví Bilbao.

Page 13: Noticias

80 ANIVERSARIO DO PRIMEIRO VOO

SOBRE O EVEREST

Iulian Tincu

En abril do ano 1933 dous

británicos pilotaron os seus

avións e lograron pasar sobre o

pico máis alto do planeta. “Os

riscos eran altos debido aos

fortes ventos e á falta de

osíxeno. Ademáis, os avións

eran dun so motor e tiveron

que empregar un combustible

especial para que non se

conxelase. E voaron sen

paracaídas para reducir peso” –

comentou o neto dun daqueles

pilotos, que participou no voo

conmemorativo que se realizou

para celebrar os 80 anos

daquela fazaña.

Page 14: Noticias

MASAXES GRATUÍTOS

Fermin Cruz

A Jose F. C., un profesor

substituto que daba clases no

colexio Isaac Peral, de Ferrol

gustáballe que os alumnos lle

deran masaxes nos pés.

Os pais dos nenos, ao darse

conta, denunciaron ao profesor

na Inspección de Educación ,

porque ademais, tamén ataba

con celo o pelo das nenas e

ameazaba con tirar dos pelos aos

nenos.

Un grupo de país reuniuse co

equipo directivo e considerouse

que os actos realizados polo

maior eran o suficientemente

graves para que intervira a

policía.

Page 15: Noticias

A FOCA VIAXEIRA

Rodrigo Rivera

O día 2 de xaneiro, cunha grave

infección ocular, unha cría de

foca foi atopada varada na praia

coruñesa do Orzán.

Agora que xa está recuperada, o

presidente da CEMMA propuxo

enviar a “Orzán”, nome co que

foi bautizada, a Gran Sol, ao sur

de Inglaterra e Irlanda, onde

están as colonias de cría destes

animais, porque a esa zona

empezan a regresar a estas

alturas do ano, tras emigrar ao

sur nos meses de máis frío.

Agora a foca poderá vivir mellor

grazas a xente que a coidou cada

día.

Page 16: Noticias

¡QUE “ESTRADA” TAN EXTRAÑA!

Yago González

Eso foi o que debeu pensar o conductor que onte pola mañan se precipitou pola

escalinata da igrexa de Santa María Nai, na Praza Maior de Ourense.

Os transeúntes que onte ao

mediodía pasaron pola praza

maior de Ourense encontráronse

cunha imaxe sosprendente e

inédita: un Audi A-4 suspendido

na escalinata da igrexa de Santa

María Nai.

Ese vehículo precipitouse sobre

as 12.40 horas debido ao despiste

do seu condutor. O vehículo foi

retirado rapidamente e todo

quedou nun susto .Según informou

a Policía Local, o foi sancionado

pola Policía por circular por unha

zona peatonal

Page 17: Noticias

VAIA SUSTO!

Yesica Ribeiro

Un conductor que accedeu á Praza Maior

pola Praza da Magdalena provocou un

susto entre os transeúntes ao quedar

pendurado na escalinata da igrexa de

santa María Nai.

A policía , ante o risco de que se

precipitase escaleiras abaixo, avisou a

grúa municipal para que o retirase.

A pesar do aparatoso do suceso, non

houbo danos nin víctimas.

O vehículo poido quedar suspendido na

escalinata por un despiste do conductor,

que non coñecía a zona.

Page 18: Noticias