Noticia ea Desxeo

3
La Región (07/02/2012) Aumentan a 12 los muertos por las inundaciones en Bulgaria debido al deshielo El número de muertos causados por el deshielo en los últimos dos días en Bulgaria aumentó hoy a 12 después del hallazgo de cuatro cuerpos en las últimas horas, informaron las autoridades del país balcánico. http://www.laregion.es/noticia/195567/aumentan/muertos/inundac iones/bulgaria/debido/deshielo/ Iria Vázquez González 3º Grao Educación Primaria

Transcript of Noticia ea Desxeo

Page 1: Noticia ea Desxeo

La Región (07/02/2012)Aumentan a 12 los muertos por las inundaciones

en Bulgaria debido al deshieloEl número de muertos causados por el deshielo en los últimos dos días en Bulgaria aumentó hoy a 12 después del hallazgo de cuatro cuerpos en las últimas horas, informaron las autoridades del país balcánico.

http://www.laregion.es/noticia/195567/aumentan/muertos/inundaciones/bulgaria/debido/deshielo/

Iria Vázquez González3º Grao Educación Primaria

Page 2: Noticia ea Desxeo

Aínda que ao ler o título desta noticia, pódese pensar que non se relaciona co obxecto base deste blog, a auga, son varios os temas que subxacen baixo a mesma: desxeo, neve, inundacións, cambio climático, etc. A fronte polar siberiana que sufrimos estes días demostra a importancia e a forza que ten a auga na nosa vida, e máis en estado sólido (se en estado líquido é capaz de formar ondas de moitos metros e de provocar inundacións, en forma de neve pode “conxelar” literalmente a vida das persoas, tal e como está a suceder en zonas como Bulgaria ou Romanía: non electricidade, non saír da casa, non Internet, non poder desprazarse en transportes, etc.).

Tal é a súa forza que, como se explica na noticia, foi capaz de romper un dique de contención ó desxearse e formar unha onda de case tres metros. A auga é un recurso natural é, polo tanto, só a natureza pode controlalo. Nós, como moito, podemos tratala, encauzala, canalizala ou acumulala ata que ela decida actuar e imporse. Non só non podemos controlala, senón que, ás veces, a auga amosa o seu poder e dinos que está aí, por exemplo, mediante inundacións, causadas por o propio devir da natureza ou pola nosa actuación.

Page 3: Noticia ea Desxeo

Hoxe sabemos que a neve e o xeo están diminuíndo nas rexións polares, o que afecta tanto á vida humana, animal e vexetal de ditas rexións, así como ao nivel do mar provocando un ascenso importante. O desxeo obedece ao cambio climático e, ao formar parte del, implica entrar nun círculo pechado: o cambio climático ven determinado polo aumento de temperaturas e, a máis temperatura, menos xeo.

As inundacións xeran graves desfeitas tanto materiais como tristemente humanas e as persoas non podemos facer nada (caso de Bulgaria). Se non podemos dominar a natureza no seu devir normal, tal e como exemplifica a noticia (a fronte polar, fenómeno natural sen alteración, xerou tal cantidade de neve en Bulgaria que morreron seres humanos e, ao desxearse provocou inundacións), ¿qué faremos cando a natureza, en forma de grandes xeadas e grandes secas nos devolva todo o que lle estamos facendo co pouco coidado que estamos a ter con ela?