Nota ampliación prazo recollida sinaturas pediatria
-
Upload
oscargaliza -
Category
Documents
-
view
786 -
download
2
Transcript of Nota ampliación prazo recollida sinaturas pediatria
NOTA DE PRENSA
Asunto: Recollida sinaturas contra o peche do servizo de urxenciascirurxícas de pediatría.
Esta plataforma informa que a resposta da cidadanía da provincia de Ourense estásendo moi importante e dado que hai moitas persoas que se están achegando, de xeitomasivo, as mesas de recollida de sinaturas temos decidido ampliar a campaña durante asemana vindeira. Polo tanto poremos unha nova mesa o martes día 19 de Novembro as18 horas na rúa do Paseo de Ourense e o día 20 reunirase a Plataforma para tomar novasdecisións.
Ao mesmo tempo decimoslle a poboación que independentemente das normativas eprotocolos creados pola Consellería de Sanidade sobre como teñen fixados os recortespara deixar a Ourense sen o servizo de atención urxente en cirurxía pediátrica, estaplataforma non vai deixar de seguir presionando e loitando para que esas normativassexan modificadas. A Xerencia de Ourense e a Consellería de Sanidade sabenperfectamente que nada é inamovible e aquelo que se publica no DOG e no BOE taménpode botarse abaixo e na historía temos cumpridos exemplos.
Polo tanto pedimos a veciñanza desta provincia que siga sumandose a esta campaña enon dea nada por perdido pois a mellora na atención a saúde e dos servizos públicos éalgo fundamental se non queremos converternos en cidadáns de terceira categoría.
Ourense 15 de Novembro do 2013.-