Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as...

15
Normas de Convivencia CPR Santa María del Mar Jesuitas A Coruña Avda da Pasaxe, 69 - 15006 A Coruña - Tfno 981 283 000 - www.santamariadelmar.org - [email protected]

Transcript of Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as...

Page 1: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

Normas de

Convivencia

CPR Santa María del MarJesuitas A Coruña

Avda da Pasaxe, 69 - 15006 A Coruña - Tfno 981 283 000 - www.santamariadelmar.org - [email protected]

Page 2: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-2-

Curso 2015/2016 / Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar

INTRODUCIÓN

Para que o Colexio poida cumprir a súa función educadora e estas Normas de Convivencia teñan sentido, toda a Comunidade Educativa ten que valorar e pór en práctica o respecto, o diálogo e a responsabilidade.

Os pais son os primeiros responsables na educación dos seus fillos e teñen o deber de apoiar os esforzos dos educadores do centro, procurando manter un clima educativo respectuoso. Asumen esta responsabilidade ao:

• Coñecer, participar e apoiar a evolución do seu proceso educativo, en colaboración co profesorado e co centro docente.

• Coñecer as normas establecidas polo centro docente, respectalas e facelas respectar, así como respectar e facer respectar a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado no exercicio das súas competencias.

• Fomentar o respecto polos restantes compoñentes da comunidade educativa.

• Colaborar co centro docente na prevención e corrección das condutas contrarias ás normas de convivencia dos seus fillos.

0s alumnos deben tratarse con respecto a si mesmos, aos demais e ás súas responsabilidades escolares e cívicas. Manifestan ese respecto e esa responsabilidade, ao:

• Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros á educación.

• Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.

• Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos entre mu-lleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa.

• Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente.

• Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro.

• Intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquilo que afecte á convivencia do centro docente.

• Seguir as directrices do profesorado respecto da súa educación e aprendizaxe.

• Asistir a clase con puntualidade e co material preciso.

Os profesores e o resto do persoal son os encargados de manter a convivencia no centro e esixir que todos os alumnos actúen conforme ás normas establecidas dun modo respectuoso e responsable, e fano ao:

• Respectar e facer respectar as normas de convivencia escolar e a identidade, integridade e dignidade per-soais de todos os membros da comunidade educativa.

• Adoptar as decisións oportunas e necesarias para manter un adecuado ambiente de convivencia durante as clases e as actividades e os servizos complementarios e extraescolares, corrixindo, cando lle corresponda a competencia, as condutas contrarias á convivencia do alumnado ou, no caso contrario, poñéndoas en coñe-cemento dos membros do equipo directivo do centro.

• Colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contrarias á convivencia e, en particular, das situacións de acoso escolar.

• Informar ós pais ou ou titores sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou pupilos, cumprindo as obrigas de dispoñibilidade dentro do horario establecido no centro para a aten-ción a aqueles que lle impoña a normativa aplicable.

• Informar aos responsables do centro docente e, de ser o caso, á Administración educativa das alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional sobre a información e as circunstancias persoais e fa-miliares do alumnado.

Page 3: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-3-

Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2014/2015

0. Dereitos e deberes dos membros da comunidade educativa

Neste apartado, recóllense de forma esquemática e agrupados en dous bloques, os dereitos e deberes dos distintos membros da comunidade educativa.

ALUMNADO

DEREITOS–A recibir unha formación integral que

contribúa ao pleno desenvolvemento da súapersonalidade.

–A que se respecte a súa identidade, intimida-de e dignidade persoais.

–A que se respecte a súa liberdade de concien-cia.

–A que su dedicación, esforzo e rendemento sexan valorados e recoñecidos

–Á protección contra toda agresión física e moral.

–A recibir orientación educativa e profesional.

–A que se respecte a súa liberdade de expresión.

–A reunirse no centro, a asociarse no ámbito educativo e a participar no funcionamento e na vida colexial segundo o disposto nas normas vixentes.

–A utilizar as instalacións do centro con finali-dade educativa.

–Á igualdade de oportunidades.

–A recibir as axudas e os apoios precisos para compensar as carencias e desvantaxes de tipo persoal, familiar, económico e sociocultural, especialmente no caso de presentar necesidades educativas específicas.

–Á protección social e ao apoio educativo, nos casos de infortunio familiar ou accidente.

–Garantía no exercicio dos seus dereitos.

DEBERES–Estudar e esforzarse para conseguir o

máximo desenvolvemento segundo as súas capacidades.

–Asistir a clase con puntualidade e partici-par nas actividades orientadas ao desenvolve-mento do currículo.

–Cumprir e respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades do centro.

–Seguir as orientacións do profesorado respecto da súa aprendizaxe e mostrarlle o debido respecto e consideración.

–Respectar o exercicio do dereito ao estudo dos seus compañeiros.

–Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar.

–Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, e a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da comunidade educativa.

–Respectar as normas de organización, de funcionamento e de convivencia do centro.

–Conservar e facer un bo uso das instala-cións do centro e materiais didácticos.

–Recoñecemento e colaboración con outros membros da comunidade educativa.

Page 4: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-4-

Curso 2015/2016 / Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar

PROFESORADO

DEREITOS

–A participar nos órganos do centro.

–A desempeñar con liberdade a súa función docente.

–A participar na elaboración do Proxecto curricular de etapa, da Programación xeral anual e as programacións didácticas.

–A participar na vida do centro e na xes-tión da convivencia escolar.

–A reunirse no centro de acordo coa lexislación vixente.

–Ao respecto, recoñecemento, colabo-ración e apoio de todos os membros da comunidade educativa no exercicio das súas funcións.

–A utilizar, de acordo coas súas funcións, os medios materiais e as instalacións do centro.

–A recibir formación continua que posibilite o seu desenvolvemento persoal e profesional ao longo da súa carreira docente.

–Aos demais dereitos contemplados na lexislación vixente.

DEBERES

–Exercer as súas funcións conforme á lexisla-ción vixente, ao Proxecto educativo de centro, aos proxectos curriculares de etapa e ao previsto no Regulamento de réxime interior do centro.

–Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da comunidade educativa.

–Favorecer un clima de convivencia e respecto na comunidade educativa.

–Informar á comunidade educativa das normas de convivencia e das medidas correctoras aplicadas aos alumnos por condutas contrarias á convivencia do centro.

–Velar polo cumprimento das normas de convi-vencia e contribuír a mellora da convivencia escolar.

–Velar pola utilización dos recursos con responsa-bilidade e de forma sostible.

–Calquera outro deber contemplado na lexislación vixente.

-Respectar o segredo profesional e a confiden-cialidade dos datos dos membros da Comunidade Educativa.

-Colaborar nas tarefas das distintas dimensións colexiais.

Page 5: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-5-

Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2014/2015

PAIS OU TITORES LEGAIS

DEREITOS

–A que os seus fillos ou tutelados reciban unha educación coas máximas garantías de calidade.

–A estar informados sobre o progreso de aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou tutelados.

–Ao respecto, recoñecemento, colabo-ración e apoio de todos os membros da comunidade educativa.

–A participar na organización, funcio-namento, goberno e avaliación do centro educativo.

–A ser oídos naquelas decisións que afecten á orientación académica e profesio-nal dos seus fillos.

–A ser informados sobre todas aquelas decisións relacionadas coa convivencia escolar que afecten aos seus fillos.

–A participar na elaboración do Plan de convivencia e das normas de convivencia.

–A colaborar na proposta de medidas e iniciativas que favorezan a convivencia escolar.

–A coñecer o Plan de convivencia e as normas de convivencia do centro.

–Aos demais dereitos contemplados na lexislación vixente.

DEBERES

–Coñecer, participar e apoiar a evolución do seu proceso educativo, en colaboración co profesorado e o centro.

–Contribuír a mellora da convivencia escolar, res-pectando as normas establecidas polo centro e procu-rando que os seus fillos ou tutelados as cumpran.

–Colaborar en todos aqueles aspectos relacio-nados coa convivencia escolar e na aplicación e cumprimento das medidas educativas de corrección de condutas que afecten aos seus fillos ou tutelados.

–Adoptar as medidas necesarias, ou solicitar a axuda correspondente en caso de dificultade, para que os seus fillos ou tutelados cursen os niveis obriga-torios da educación e asistan regularmente a clase.

–Proporcionarlles, na medida das súas posibili-dades, os recursos e as condicións necesarias para o progreso escolar.

–Estimulalos para que leven a cabo as actividades de estudo que se lles encomenden.

–Participar de xeito activo nas actividades que se establezan en virtude dos compromisos educativos que os centros establezan coas familias, para mellorar o proceso educativo e o rendemento dos seus fillos ou tutelados.

–Fomentar o respecto por todos os membros da comunidade educativa.

–Respectar a liberdade de conciencia, as convic-cións relixiosas e morais, a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da comunidade educativa.

-Respectar o Proxecto Educativo do Centro.

Page 6: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-6-

Curso 2015/2016 / Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

DEREITOS

–A participar na organización, funcionamen-to, goberno e avaliación do centro educativo, nos termos establecidos nas disposicións vixentes.

–A exercer a súa función de acordo coas obrigacións do posto que desempeña.

–Ao respecto, recoñecemento, colaboración e apoio de todos os membros da comunidade educativa, no cumprimento das súas funcións.

–A utilizar, segundo as súas funcións, os me-dios materiais e as instalacións do centro.

–A reunirse no centro de acordo coa lexisla-ción vixente e tendo en conta o normal desen-volvemento das súas tarefas.

–Aos demais dereitos contemplados na lexis-lación vixente.

DEBERES

–Exercer as súas funcións de acordo coas obrigacións do posto que desempeña, a lexis-lación vixente e co previsto no Regulamento de réxime interior do centro.

–Atender e seguir as instrucións do director.

–Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro e, especialmente, dos relativos á convivencia.

–Contribuír á utilización dos recursos con responsabilidade e de forma sostible.

–Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da comunidade educativa.

–Calquera outro deber contemplado na lexislación vixente.

-Respectar o segredo profesional e a confi-dencialidade dos datos dos membros da Comu-nidade Educativa.

-Colaborar nas tarefas das distintas dimen-sións colexiais.

Page 7: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-7-

Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2014/2015

1. NORMAS XERAIS

A educación integral dos alumnos do colexio “Santa María do Mar”, da Compañía de Xesús na Coruña requi-re, nas dimensións académica, humana, cristiá e paraescolar, un ambiente de convivencia ordenada, na que se manifeste o debido respecto ás persoas e bens comúns, a urbanidade, a orde e a limpeza. A preocupación por esta educación integral non se limita ao que ocorre dentro do colexio, senón que abarca a vida do alumno na súa totalidade.

Por iso, considérase necesario establecer uns principios e hábitos de comportamento xeral, como son:

• O estudo e a realización das tarefas asignadas constitúe un deber básico de todos os alumnos.

• O respecto a todas as persoas: profesores, compañeiros, pais, persoal de administración e servizos, cola-boradores, etc.

• O respecto ao Proxecto Educativo e Carácter Propio do Centro.

• A asistencia ás clases e outros actos obrigatorios do centro.

• A puntualidade en todos os actos da vida colexial.

• A participación na vida e funcionamento do centro.

• A corrección no modo de falar e noutras formas de urbanidade e de relación entre compañeiros.

• O rexeitamento de calquera tipo de actuación que puidera ser catalogada de acoso.

• A debida compostura en xestos e modos de relación con compañeiras e compañeiros.

• A vestimenta, a hixiene e a aparencia persoal do alumno debe cinguirse ás normas aceptadas pola comu-nidade e acordes co lugar de traballo que é un centro educativo. Tal adecuación leva non traer prendas con mensaxes racistas, sexistas, que inciten á violencia ou calquera outras que, en xeral, contradigan o Ideario do Colexio.

• O uso obrigatorio, ata 4º de ESO, dos dous uniformes colexiais: o habitual e o deportivo (agás en EI e EP) para os tempos de Educación Física e Deportes.

• O mantemento da limpeza das instalacións do centro: aulas, corredores, escaleiras, comedores, vestiarios, servizos, biblioteca, capela, …

• A orde e limpeza na disposición e no uso do material de traballo individual e grupal que se utiliza en aulas, mesas e andeis.

• A prohibición de actuacións prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comu-nidade educativa ou a incitación a esas actividades (tabaco, alcol, calquera outro tipo de droga; xogos e xoguetes que poidan supoñer risco...).

• A non utilización de xogos ou aparellos electrónicos tales coma teléfonos, smartphones, blackberry, psp, etc. que dificulten ou impidan a normal convivencia dos alumnos.

• Cando se produzan danos no material doutros membros da comunidade colexial ou no do centro, á san-ción que corresponda engadirase o custo dos danos producidos

• No caso de falta de respecto a persoas, deberá engadirse unha reparación verbal.

• As familias, titores legais e visitas ao Centro poderán transitar polas zonas comunes do colexio evitando fazelo polas zonas académicas.

2. ACCESOS AO COLEXIO E PERMANENCIA NEL

• Non se permite a chegada e estancia de alumnos no colexio antes da primeira clase e logo da última. En consecuencia, os alumnos que non teñen Actividades Paraescolares non poden permanecer no centro durante o tempo desas actividades, sen permiso expreso da dirección.

Page 8: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-8-

Curso 2015/2016 / Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar

• Durante o horario escolar, non se pode saír do colexio sen o permiso expreso do conselleiro ou coordina-dor. En caso de enfermidade, se algún alumno ten que marchar a casa, avisará ao seu conselleiro, e será recollido polos seus pais ou polas persoas nas que deleguen.

• Ás horas de entrada e saída do colexio, os pais ou as persoas nas que deleguen que veñan traer e recoller aos seus fillos farano nas portas principais de cadanseus edificios.

• Os alumnos non poderán acceder ao recinto escolar conducindo moto ou coche.

3. ASISTENCIA AO COLEXIO• Tal como establece o artigo 22 do decreto 229/2011 o absentismo é a ausencia ao centro escolar sen causa

debidamente xustificada do alumnado en idade obrigatoria. Esta ausencia debe supor un mínimo do dez por cento (10%) do horario lectivo mensual.

• A asistencia puntual e diaria a todas as clases é obrigatoria.

• Para calquera ausencia prevista hai que informar o Conselleiro. Se a ausencia é de un a tres días hai que solicitar autorización ao Director de Sector. Agora ben, se a interrupción do curso é superior a tres días, calquera que sexa o motivo (persoal, viaxes, intercambios... ) deberá ser autorizada polo Director Xeral.

• En caso de incumplimento, aplicarase o protocolo de intervención ante casos de absentismo (Anexo XIV Plan de Convivencia).

• En caso dunha ausencia prevista, previa ou posterior a un fin de semana, ponte ou período vacacional, a familia pedirá permiso por escrito ao Director Xeral do Colexio.

4. NORMAS ACADÉMICAS

4.1 Clases• A asistencia e puntualidade ás clases e a todas as tarefas diarias colexiais é indispensable e esencial para a

boa orde e funcionamento do colexio.

• As faltas de asistencia, por enfermidade ou indisposición, serán comunicadas, canto antes, ao conselleiro correspondente. O uso de medios dixitais, coma o xestor escolar, pode ser alternativo ao teléfono. Ao reincorporarse a clase, os alumnos deberán xustificar ao conselleiro a súa ausencia vía telemática ou traer unha nota asinada polos seus pais ou titores.

• A falta a clase de modo reiterado pode provocar a imposibilidade da aplicación dos criterios xerais de avaliación e a propia avaliación continua. O alumno poderá chegar a perder o seu dereito á avaliación continua segundo a lexislación vixente.

• En caso de ausencia non xustificada ás clases anteriores á realización dunha proba, exame ou exercicio avaliable, o alumno non poderá realizar devandita proba.

• Durante o tempo de suspensión de asistencia ás clases, o alumno deberá realizar o traballo que se deter-mine para evitar a interrupción do seu proceso formativo.

• As inasistencias a probas, exames ou calquera tipo de exercicios avaliables suporá a realización dos mes-mos noutro momento, sempre que o profesor o considere oportuno.

• Se algún alumno chega tarde a clase, sen causa xustificada, o profesor decidirá se permite ou non a súa

Page 9: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-9-

Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2014/2015

entrada, responsabilizándose, en caso negativo, do alumno e da tarefa que ten que facer nese tempo, así como de comunicarllo ao conselleiro e á familia.

• Nas aulas e demais lugares de traballo débese garantir o ambiente adecuado a cada situación de aprendi-zaxe, respectando o traballo do resto da comunidade educativa.

• No intervalo de dúas clases consecutivas na mesma aula, mentres se espera aos profesores, os alumnos permanecerán nela, gardando un comportamento correcto.

• Nos cambios de clase e na saída aos patios é necesario proceder con orde e dilixencia a fin de non molestar aos que, por horario, non lles corresponde devandito cambio.

• Durante o tempo de recreo, de forma xeral, os alumnos permanecerán nos patios.

• O cumprimento do Código de Conduta do Colexio Santa María del Mar.

4.2 A avaliaciónA avaliación é a valoración continua do proceso educativo do alumno, a partir duns datos recolleitos e co fin de

corrixir ou reforzar ese proceso. Non se reduce, pois, a unha proba concreta senón que busca o seguimento diario do alumno, do progreso na súa educación integral (académica e humano- cristiá), desde o comezo do proceso ata o final. Para iso, hanse de utilizar instrumentos variados de recollida de información (guías de observación, cadernos de traballo, informes, intercambios orais, probas escritas, etc. ) que contribúan a introducir en devandito proceso as melloras, os axustes e as correccións necesarias para seguir avanzando nel e alcanzar, deste xeito, as competencias básicas da etapa.

• As datas de probas periódicas escritas (exames) poderán establecerse co acordo entre os profesores e os delegados dos alumnos.

• Ao finalizar a proba, os alumnos permanecerán no aula ata cumprirse o tempo sinalado para a mesma.

• Os alumnos levarán ao día os seus cadernos de traballo, recollendo neles o seu labor persoal (apuntes, exercicios encomendados, actividades de laboratorio, informes, etc.). Constitúen un recurso esencial da avaliación.

4.3 Informes e Boletíns de Avaliación

Os informes e Boletíns de Avaliación indican a situación do alumno nos diversos aspectos da súa formación integral: os niveis do seu rendemento académico (en contidos conceptuais e procedimentais), así como as súas actitudes individuais (interese, esforzo, constancia) ...e sociais (respecto aos demais, compañeirismo, solidarieda-de, traballo en grupo...). Estes aspectos, e as observacións do conselleiro, deben ser considerados e seguidos de cerca polas familias.

• O Boletín e os lnformes entréganse en man (agás en EI). Remitirase ao conselleiro o resgardo correspon-dente debidamente asinado polos pais ou titores no prazo sinalado.

• Tamén existe a comunicación dos boletíns por medio dixital.

4.4 EntrevistasA relación habitual entre a familia e o colexio é sempre a través do conselleiro.

• As entrevistas cos conselleiros poden concertarse, ben por iniciativa dos pais ou ben a petición do conse-lleiro. Solicitaranse ao conselleiro a través do alumno, mediante unha nota, chamando a Información do colexio, ou por vía dixital.

• Por razóns de organización colexial e por criterios de educación integral, o conselleiro coordina a informa-ción sobre os alumnos e a relación entre os pais e os distintos profesores.

Page 10: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-10-

Curso 2015/2016 / Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar

5. PATIOS E LUGARES DE TRÁNSITO E RECREO

Todos deben procurar que a distensión propia do tempo de recreo harmonice cun clima de respecto mutuo.

• Os alumnos evitarán as carreiras por escaleiras e corredores.

• Hase de pór un especial coidado en evitar pelexas, abusos ou calquera outro tipo de altercados.

• As actividades dos recreos non impedirán o normal desenvolvemento das clases, evitando molestar aos profesores e alumnos que traballen en aulas próximas.

• Son zonas de recreo só as expresamente fixadas para iso.

• Ao rematar o recreo, os alumnos acudirán, con orde e dilixencia, ao lugar de traballo que lles corresponda.

6. ACTITUDES E COMPORTAMENTOS EN ACTOS PÚBLICOS E EN LUGARES DE USO COMÚN

6.1 Actos relixiososÉ un obxectivo primordial do colexio fomentar a participación e a estima cara ás celebracións e expresións do

espírito cristián que inspira a educación dos centros da Compañía de Xesús.

Hase de coidar o comportamento na capela ou en calquera outro lugar durante a celebración de actos litúrxi-cos, mantendo unha actitude respectuosa e axeitada ao tipo de celebración.

6.2 Actividades Iúdico-deportivas

As actividades Iúdico-deportivas son un elemento importante na formación integral dos alumnos.

• Nelas seguirán as orientacións dos responsables e adestradores.

• Nas competicións de equipo, os alumnos deben asumir a responsabilidade solidaria que implican, pondo as súas mellores calidades ao servizo do grupo e evitando actitudes individualistas.

• Na actitude e no modo de exercitar o deporte han de esforzarse por manter un comportamento acorde coa súa convivencia e cos principios de deportividade e de estilo educativo propios do colexio.

• Nos vestiarios, duchas e servizos, instalacións que son de uso común e frecuente, os alumnos deberán pór un coidado especial na súa limpeza e conservación.

• Consúltense normas específicas Anexo I Plan de Convivencia.

6.3 Actividades extraescolares (convivencias, campamentos, excur-sións, saídas culturais, etc.)

En calquera destas actividades educativas que se desenvolven fóra do espazo físico do colexio, manteñen toda a súa validez as Normas Xerais de Convivencia aquí recollidas, deixando ao criterio do profesorado responsable das mesmas a aplicación ou establecemento doutras normas non recollidas neste documento.

Page 11: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-11-

Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2014/2015

6.4 Biblioteca

A Biblioteca conta cunhas normas específicas para o seu funcionamento, ás que deben aterse todas as persoas (persoal, alumnos e pais) que utilicen os seus servizos e das que se recollen aquí as seguintes:

• O préstamo, por persoa, non excederá de tres libros e terá unha duración de quince días, prorrogables outros tantos.

• As enciclopedias, por seren obras de consulta, non poden sacarse da Biblioteca.

• En caso de deterioro ou perda, o libro ou a revista, serán substituído por outro en boas condicións.

• Consúltense normas específicas Anexo I Plan de Convivencia.

6.5 Comedor. Autobuses

Estes dous servizos, como prolongación da vida colexial, están suxeitos e obrigan ás mesmas normas de edu-cación e convivencia correspondentes aos demais ámbitos escolares.

Os alumnos deberán escoitar e cumprir respectuosamente as indicacións das persoas responsables do servizo de Comedores e de Autobuses, que traballan en colaboración cos conselleiros e profesores das distintas etapas.

Consúltense normas específicas Anexo I Plan de Convivencia.

O sitio habitual para comer será o comedor, non está permitida a comida en zona académica.

Page 12: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-12-

Curso 2015/2016 / Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar

7. CONDUTAS CONTRARIAS Á CONVIVENCIA E MEDIDAS CORRECTORAS

Principios xeraisO obxectivo último das Normas aquí recollidas é lograr, coa colaboración de todos os que formamos a Comu-

nidade Educativa do Colexio, un clima de convivencia e de autorresponsabilidade que evite, no posible, calquera tipo de medidas disciplinarias. Agora ben, cando a corrección sexa inevitable, terá que:

a. Ter carácter educativo e recuperador

b. Garantir o respecto dos dereitos do alumnado e procurar a mellora da convivencia

c. Contribuír a que o alumnado corrixido asuma o cumprimento dos seus deberes e mellorar as súas relacións cos membros da comunidade escolar e a súa integración.

d. Ser proporcionais a gravidade da conduta correxida.

e. O diálogo e a conciliación serán as estratexias habituais e preferentes.

f. Non poderán impoñerse correccións contrarias á integridade física e á dignidade do alumnado.

g. Ningún alumna ou alumno poderá ser privado do exercicio do seu dereito á educación e a escolarización na educación obrigatoria.

7.1 MEDIDAS EDUCATIVAS DE RECUPERACIÓN DOS ALUMNOSAs correccións que se apliquen polo incumprimento das normas de convivencia terán un carácter educativo

e recuperador, garantirán o respecto dos dereitos do resto do alumnado e procurarán a mellora da convivencia no centro docente.

Dependendo da gravidade e reiteración das condutas contrarias á convivencia, o colexio establece os se-guintes medios:

7.1.1 A efectos da gradación das correccións teranse en conta os seguintes criterios:a. O recoñecemento espontáneo do carácter incorrecto da conduta e, se é o caso, o cumprimento igualmente

espontáneo da obriga de reparar os danos producidos nos termos previstos polo artigo 13 da lei.

b. A existencia de intencionalidade ou reiteración nas condutas.

c. A difusión por calquera medio, incluídos os electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos, da conduta, das súas imaxes ou da ofensa.

d. A natureza dos prexuízos causados.

e. O carácter especialmente vulnerable da vítima da conduta, se se trata dun alumno ou alumna, por razón da súa idade, de recente incorporación ao centro ou calquera outra circunstancia.

7.1.2 As alteracións da convivencia poderán ser corrixidas mediante:a. A conversación-diálogo co conselleiro.

b. A reflexión persoal que pode ser esixida por escrito.

c. A información e o diálogo coa familia.

d. Os servizos á comunidade dentro do colexio con ou sen exclusión da asistencia ás actividades académicas.

e. A mediación, cando a falta sexa entre iguais.

f. As sancións previstas nestas Normas de Convivencia.

Page 13: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-13-

Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2014/2015

CONDUTASa. As agresións físicas ou psíquicas, as inxurias e as ofen-

sas graves, as ameazas e as coaccións contra os demais membros da comunidade educativa.

b. Os actos de discriminación grave contra membros da comunidade educativa por razón de nacemento, raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, nivel social, conviccións políticas, morais ou relixiosas, disca-pacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

c. Os actos individuais ou colectivos de desafío á autori-dade do profesorado e ao persoal de administración e de servizos que constitúan unha indisciplina grave.

d. A gravación, a manipulación e a difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, a dignidade da persoa, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos demais mem-bros da comunidade educativa.

e. As actuacións que constitúan acoso escolar consonte o establecido polo artigo 28 da lei de convivencia .

f. A suplantación de personalidade en actos da vida do-cente e a falsificación, alteración ou subtracción de do-cumentos académicos.

g. Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia grave ás instalacións e aos materiais dos centros docentes, incluídos os equipos informá-ticos e o software, ou aos bens doutros membros da comunidade educativa ou de terceiros, así como a súa subtracción.

h. Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro, incluídas as de carácter complementario e extraescolar.

i. As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade edu-cativa do centro, ou a incitación a elas.

j. Portar calquera obxecto, substancia ou produto grave-mente perigoso para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa. En todo caso, reputarase indisciplina grave a resistencia ou a negativa a entregar os obxectos a que se refire o punto terceiro do artigo 11 desta lei cando se é requiri-do para iso polo profesorado.

k. A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas leves contrarias á convivencia.

l. O incumprimento das sancións impostas.

MEDIDASa. Realización, dentro ou fóra do horario lectivo,

de tarefas que contribúan á mellora e ao desen-volvemento das actividades do centro.

b. Suspensión do dereito a participar nas activi-dades extraescolares ou complementarias do centro por un período de entre dúas semanas e un mes.

c. Cambio de grupo.

d. Suspensión do dereito de asistencia a determi-nadas clases por un período de entre catro días lectivos e dúas semanas. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

e. Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de entre catro días lectivos e un mes. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

f. Cambio de centro.

Procedemento para a imposición de medidas correctoras

a. A corrección de condutas poderá realizarse segundo a instrucción dun procedemento co-rrector e poderá realizarse mediante dous pro-cedementos diferentes: conciliado ou común.

b. Utilizarase un ou outro procedemento depen-dendo das características concretas da condu-ta que se vaia corrixir.

c. As medidas correctoras de condutas grave-mente prexudiciais para a convivencia só se poden impoñer logo da tramitación do proce-demento disciplinario regulado no artigo 25 na lei.

d. Corresponde acordar a incoación do procede-mento ó director, por propia iniciativa, por pe-tición motivada do profesorado, ou do conse-lleiro, ou do coordinador, ou logo da denuncia doutros membros da comunidade educativa.

Consúltese Cap. IV anexo II do Plan de Convi-vencia.

7.2 CONDUTAS GRAVEMENTE PREXUDICIAIS E MEDIDA CORRECTORAS

Page 14: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-14-

Curso 2015/2016 / Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar

MEDIDAS a. Amoestación privada ou por escrito. (PROFESOR / CONSELLEI-

RO / COORDINADOR / DIRECTOR)

b. Comparecencia inmediata ante o coordinador. (PROFESOR / CONSELLEIRO)

c. Realización de traballos específicos en horario lectivo. (PROFE-SOR / CONSELLEIRO / COORDINADOR / DIRECTOR)

d. Realización, en horario non lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e ao desenvolvemento das actividades do centro. (CONSELLEIRO / COORDINADOR / DIRECTOR)

e. Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescola-res ou complementarias do centro por un período de ata dúas semanas. (COORDINADOR / DIRECTOR)

f. Cambio de grupo por un período de ata unha semana. (COOR-DINADOR / DIRECTOR)

g. Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no pro-ceso formativo. (DIRECTOR)

h. Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traba-llos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo. (DIRECTOR)

A imposición das medidas correctoras de condutas le-ves contrarias á convivencia levaraa a cabo:

a. O profesorado do alumno, oído este e dando conta ao coordi-nador e ao conselleiro do alumno, no caso das medidas pre-vistas nos apartados a), b) e c).

b. O conselleiro do alumno, oído este e dando conta ao coordi-nador, no caso das medidas previstas nos apartados a), b), c) e d).

c. O coordinador, ou o director, oídos o alumno e o seu profesor ou conselleiro, no caso das medidas previstas nos apartados a), c), d), e) e f ).

d. O director, oídos o alumno e o seu profesor ou conselleiro, no caso das medidas previstas nos apartados g) e h).

A imposición das medidas d, e, f, g e h comunicarase ós res-ponsables legais do alumno antes de que estas se fagan efecti-vas, así como ao Observatorio da Convivencia Escolar do centro.

CONDUTAS a. As condutas tipificadas como agresión,

inxuria ou ofensa no punto a), os actos de discriminación do punto b), os actos de indisciplina do punto c), os danos do pun-to g), os actos inxustificados do punto h) e as actuacións prexudiciais descritas do punto i) do apartado anterior que non alcancen a gravidade requirida no devan-dito precepto.

b. Portar calquera obxecto, substancia ou produto expresamente prohibido polas normas do centro perigoso para a saúde ou a integridade persoal do alumnado ou dos demais membros da comunidade educativa ou que perturbe o normal des-envolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares, can-do non constitúa conduta gravemente prexudicial para a convivencia de acordo co punto j) do artigo anterior.

c. A inasistencia inxustificada a clase e as fal-tas reiteradas de puntualidade

d. A reiterada asistencia ao centro sen o ma-terial e equipamento preciso para parti-cipar activamente no desenvolvemento das clases.

e. A ausencia do colexio e de calquera acti-vidade sen permiso, dentro do horario escolar.

f. Non entregar o Boletín ou os Informes de Avaliación ós pais ou ós conselleiros, no seu tempo.

g. A introdución de persoas alleas ao centro nas súas dependencias sen autorización expresa.

h. A venta, ou distribución, no colexio, de entradas a discotecas, pubs e outros esta-blecementos similares, así coma calquera tipo de publicidade dos mesmos.

7.3 CONDUTAS LEVES PREXUDICIAIS E MEDIDA CORRECTORAS

Page 15: Normas de Convivencia · 2020-07-01 · réxime interior do centro. –Atender e seguir as instrucións do director. –Contribuír á consecución dos obxectivos educativos do centro

-15-

Normas de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2014/2015

PRESCRIPCIÓN DE CONDUTAS E DE CORRECCIÓNSAs condutas gravemente prexudiciais para a convivencia nos centros docentes prescriben aos catro meses da

súa comisión, e as condutas leves ao mes.

Consúltese Artigo 56 anexo II do Plan de Convivencia.

En canto aos datos persoais do alumnado, ou de ser o caso, dos proxenitores ou representantes legais destes, estarase ao disposto na disposición adicional vixé-simo terceira da Lei orgánica 2/2006 e demáis lexislación vixente de protección de datos de carácter persoal.