Nº 60 · me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de ... toria para o ano 2010 (código de...

15
4.552 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 60 Martes, 30 de marzo de 2010 A Orde do 11 de xullo de 1996, pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996, e que os seus membros serán nomeados por orde da Con- sellería de Sanidade. En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicio- nal primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, DISPOÑO: Artigo único.-Cesa, por petición propia, como secretario do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, a persoa que se relaciona no anexo. Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2010. Pilar Farjas Abadía Conselleira de Sanidade ANEXO Cesamento como secretario do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia de: Xoán X. Casas Rodríguez. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA Orde do 23 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a conce- sión de subvencións, en réxime de concorren- cia competitiva, aos clusters empresariais galegos para a mellora da competitividade do tecido empresarial da Comunidade Autó- noma de Galicia, e se procede á súa convoca- toria para o ano 2010 (código de procede- mento IN540A). Os grandes cambios producidos no ámbito empre- sarial e, en especial, o fenómeno da globalización, provocaron que desde as distintas administracións públicas se planeasen políticas industriais para a mellora da competitividade das pequenas e media- nas empresas, que constitúen a armazón empresarial de moitas áreas xeográficas. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, vén apostando nos últimos anos por unha política de creación e consolidación de clusters empresariais, como instrumento de impulso daquelas accións que poidan xerar unha mellora da vantaxe competitiva das empresas que, pola súa vez, supoñan unha mellora da competitivi- dade da nosa Comunidade Autónoma galega. Esta política de clusters está baseada na máis ampla cooperación interempresarial como medio para fortalecer a competitividade do tecido empresa- rial galego. Esta cooperación configúrase como un elemento estratéxico para reforzar os clusters, invo- lucrando os empresarios da actividade principal e das actividades de subministración e apoio, os cen- tros de investigación e as administracións públicas, e estruturándose como foros explícitos de debate e actuación, en que afrontar e resolver problemas comúns e avanzar na mellora da calidade, a innova- ción, o proceso tecnolóxico e a formación. O apoio ao fortalecemento dos clusters constitúe un medio para paliar as consecuencias que certas deficiencias de mercado, relacionadas con proble- mas de tamaño e coordinación, teñen sobre as posi- bilidades das empresas de relacionarse entre si, establecer fluxos de coñecemento e acadar a masa crítica suficiente para desenvolver proxectos inno- vadores que melloren a súa competitividade. De conformidade co exposto, esta orde diríxese aos clusters empresariais galegos articulando catro liñas de axuda, a liña de Reforzamento para a mellora competitiva dos conglomerados empresariais gale- gos, a liña de Formación para a mellora da capacita- ción do seu capital humano, a liña de Bolseiros para a capacitación de novo capital humano para os ditos conglomerados e a liña de Funcionamento para o financiamento de parte dos custos do persoal propio do cluster. En virtude do exposto e en exercicio das atribu- cións que me foron conferidas, DISPOÑO: Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras. 1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas cales se rexerá a con- cesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria aos clusters empresariais galegos, para a mellora da competitividade do tecido empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas subvencións para o ano 2010. Artigo 2º.-Solicitudes. 1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, Á que se xuntarán os documentos que se especifican no artigo 4º das bases reguladoras. 2. Os formularios normalizados de solicitude de subvención regulados nesta orde deberaos obter, cubrir, validar e imprimir necesariamente o solici-

Transcript of Nº 60 · me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de ... toria para o ano 2010 (código de...

4.552 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010

A Orde do 11 de xullo de 1996, pola que se crea oComité Ético de Investigación Clínica de Galicia, noseu artigo 3, dispón que a composición do comité seaxustará ao establecido no Decreto 32/1996, e queos seus membros serán nomeados por orde da Con-sellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades queme confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 defebreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, aOrde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicio-nal primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro,polo que regula a realización de ensaios clínicos naComunidade Autónoma de Galicia, por proposta daSecretaría Xeral da Consellería de Sanidade,

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesa, por petición propia, comosecretario do Comité Ético de Investigación Clínicade Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996,a persoa que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2010.

Pilar Farjas AbadíaConselleira de Sanidade

ANEXO

Cesamento como secretario do Comité Ético deInvestigación Clínica de Galicia de: Xoán X. CasasRodríguez.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍAE INDUSTRIA

Orde do 23 de marzo de 2010 pola que seestablecen as bases reguladoras para a conce-sión de subvencións, en réxime de concorren-cia competitiva, aos clusters empresariaisgalegos para a mellora da competitividadedo tecido empresarial da Comunidade Autó-noma de Galicia, e se procede á súa convoca-toria para o ano 2010 (código de procede-mento IN540A).

Os grandes cambios producidos no ámbito empre-sarial e, en especial, o fenómeno da globalización,provocaron que desde as distintas administraciónspúblicas se planeasen políticas industriais para amellora da competitividade das pequenas e media-nas empresas, que constitúen a armazón empresarialde moitas áreas xeográficas.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería deEconomía e Industria, vén apostando nos últimos

anos por unha política de creación e consolidaciónde clusters empresariais, como instrumento deimpulso daquelas accións que poidan xerar unhamellora da vantaxe competitiva das empresas que,pola súa vez, supoñan unha mellora da competitivi-dade da nosa Comunidade Autónoma galega.

Esta política de clusters está baseada na máisampla cooperación interempresarial como mediopara fortalecer a competitividade do tecido empresa-rial galego. Esta cooperación configúrase como unelemento estratéxico para reforzar os clusters, invo-lucrando os empresarios da actividade principal edas actividades de subministración e apoio, os cen-tros de investigación e as administracións públicas,e estruturándose como foros explícitos de debate eactuación, en que afrontar e resolver problemascomúns e avanzar na mellora da calidade, a innova-ción, o proceso tecnolóxico e a formación.

O apoio ao fortalecemento dos clusters constitúeun medio para paliar as consecuencias que certasdeficiencias de mercado, relacionadas con proble-mas de tamaño e coordinación, teñen sobre as posi-bilidades das empresas de relacionarse entre si,establecer fluxos de coñecemento e acadar a masacrítica suficiente para desenvolver proxectos inno-vadores que melloren a súa competitividade.

De conformidade co exposto, esta orde diríxese aosclusters empresariais galegos articulando catro liñasde axuda, a liña de Reforzamento para a melloracompetitiva dos conglomerados empresariais gale-gos, a liña de Formación para a mellora da capacita-ción do seu capital humano, a liña de Bolseiros paraa capacitación de novo capital humano para os ditosconglomerados e a liña de Funcionamento para ofinanciamento de parte dos custos do persoal propiodo cluster.

En virtude do exposto e en exercicio das atribu-cións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, quese inclúen como anexo I, polas cales se rexerá a con-cesión das subvencións da Consellería de Economíae Industria aos clusters empresariais galegos, para amellora da competitividade do tecido empresarial daComunidade Autónoma de Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse asditas subvencións para o ano 2010.

Artigo 2º.-Solicitudes.

1. Para poder ser beneficiario das subvenciónsdeberá presentarse unha solicitude axustada aomodelo normalizado que se inclúe como anexo IIdesta orde, Á que se xuntarán os documentos que seespecifican no artigo 4º das bases reguladoras.

2. Os formularios normalizados de solicitude desubvención regulados nesta orde deberaos obter,cubrir, validar e imprimir necesariamente o solici-

Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010 4.553DIARIO OFICIAL DE GALICIA

tante a través da aplicación informática Axudas vir-tual (procedemento IN540A), dispoñible no endere-zo da internet https://axudasindustria.xunta.es/att.

Tamén se pode acceder, na oficina virtual desta conse-llería, sita no enderezo da internet http://economiaein-dustria.xunta.es e no enderezo http://www.xunta.es/pre-sentacion-electronica-da-xunta-de-galicia facendo usodo enlace dispoñible co procedemento IN540A.

Para cubrir correctamente os formularios de solici-tude, no citado enderezo da internet disporase deinstrucións de axuda, que deberán ser observadas entodo momento polos solicitantes.

O prazo para iniciar solicitudes a través da aplica-ción informática remata 24 horas antes da finaliza-ción do prazo de presentación de solicitudes sinala-do no punto 3 deste artigo.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou nece-sidade de máis información, poderán dirixirse áDirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a tra-vés dos medios sinalados no artigo 4º.

Os anexos desta convocatoria publícanse no DOGexclusivamente para efectos informativos, e é nece-sario empregar a aplicación informática indicadapara a obtención dos formularios de solicitude.

A presentación de solicitudes farase por vía escri-ta (en soporte papel) ou en formato electrónico anteo Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, logo daobtención e formulación dos formularios de acordoco previsto neste artigo.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dunmes, contado deSde o día seguinte ao da publicacióndesta orde no DOG. Entenderase como último día doprazo o correspondente ao mesmo ordinal do día dapublicación. Se o último día de prazo fose inhábil,entenderase prorrogado ao primeiro día hábilseguinte e, se no mes do vencemento non houbesedía equivalente ao inicial do cómputo, entenderaseque o prazo expira o último do mes.

As solicitudes en formato papel presentaranse pre-ferentemente no Rexistro da Xunta de Galicia, asícomo nos de calquera outro órgano da Administra-ción xeral do Estado, das comunidades autónomasou das entidades que integran a Administraciónlocal, sempre que neste último caso se subscribise ooportuno convenio, ou polos restantes medios pre-vistos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 denovembro, de réxime xurídico das administraciónspúblicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes tamén se poderán presentar en for-mato electrónico, en vez de en papel, ante o Rexis-tro Telemático da Xunta de Galicia, mediante sina-tura electrónica do/a representante legal do solici-tante ou persoa que o/a representa e cando non sexapreciso achegar ningunha documentación en papel,teranse que cumprir os seguintes requisitos:

-O presentador deberá posuír un certificado dixitalen vigor baixo a norma X.509 V3 recoñecido polaplataforma de validación e sinatura electrónica @fir-

ma. Os prestadores recoñecidos son: DNI electróni-co, Camerfirma, Izenpe, CATCert (Axencia Cataláde Certificación), ANF AC, SCR (Servizo de Certifi-cación dos Rexistradores), ACA, ACCV (Autoridadede Certificación da Comunidade Valenciana),Ancert (Axencia Notarial de Certificación), FNMT(Fábrica Nacional de Moeda e Timbre), Firmaprofe-sional e BANESTO CA.

-Xunto cos formularios de solicitude, deberá ane-xarse en formato electrónico a documentación a quefai referencia o artigo 4.2º das bases reguladoras.Para isto, no proceso de formalización telemáticapermitiranse anexar á solicitude os arquivos infor-máticos necesarios (preferentemente en formatoPDF e cun tamaño máximo de 7MB por arquivo). Nocaso de presentación telemática, unha vez asinadosco certificado dixital do presentador os formulariosnormalizados, procederase á transferencia telemáti-ca da dita documentación ao Rexistro Telemático daXunta de Galicia, creado polo Decreto 164/2005, do16 de xuño. Unha vez completado o proceso detransferencia telemática, efectuarase a anotacióncorrespondente no rexistro de entrada, e nesemomento expedirase, empregando as característicasda aplicación telemática, un recibo no cal quedaráconstancia do feito da presentación.

4. A Consellería de Economía e Industria velarápolos datos de carácter persoal que serán obxecto detratamento, e para eses efectos procederase á súaincorporación a un ficheiro que cumprirá as exixen-cias da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro,de protección de datos de carácter persoal, adoptán-dose tanto as medidas de seguridade técnicas comoorganizativas.

A finalidade da recolla e tratamento dos datos per-soais será estritamente a xestión e tratamento do expe-diente correspondente e as que deriven da aplicaciónda Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e deboas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros;no entanto, a Consellería de Economía e Industriarevelará ás autoridades públicas competentes osdatos persoais e calquera outra información queestea no seu poder ou sexa accesible a través dosseus sistemas e sexa requirida de conformidade coasdisposicións legais e regulamentarias aplicables aocaso.

Decláranse recoñecidos e poderán exercerse osdereitos de acceso, rectificación, cancelación e opo-sición previstos na lei, dirixindo un escrito á Direc-ción Xeral de Industria, Enerxía e Minas, EdificioAdministrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar,15781 Santiago de Compostela, indicando no sobreou no asunto do escrito Dereitos LOPD - Procede-mento IN540A.

Artigo 3º.-Prazo de duración do procedemento deconcesión.

Unha vez rematado o prazo para a presentación desolicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de

4.554 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010

acordo co procedemento establecido nas bases regu-ladoras, que non poderá ter unha duración superiora seis meses.

Artigo 4º.-Información aos interesados.

Sobre este procedemento administrativo, que ten ocódigo IN540A, poderase obter documentación nor-malizada ou información adicional na DirecciónXeral de Industria, Enerxía e Minas, a través dosseguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería: http://econo-miaeindustria.xunta.es.

b) Os teléfonos da dita dirección xeral: 881 99 9283 e 881 99 93 24.

c) O enderezo electrónico: [email protected].

d) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ououtro procedemento, poderá facerse uso do teléfonode información xeral da Xunta de Galicia, que é o012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase o director xeral de Industria, Enerxía eMinas para que dite as resolucións que sexan preci-sas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao dasúa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2010.

Javier Guerra FernándezConselleiro de Economía e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, enréxime de concorrencia competitiva, aos clusters

empresariais galegos para a mellora da competitividade dotecido empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. As subvencións reguladas por estas bases teñenpor obxecto as seguintes liñas: Reforzamento, For-mación, Bolseiros e Funcionamento.

2. O procedemento de concesión destas subven-cións tramitarase en réxime de concorrencia compe-titiva, e terase en conta o seguinte:

-Con respecto ás dúas primeiras liñas de axuda,Reforzamento e Formación, o dito procedementoquedará suxeito ao Regulamento (CE) 800/2008 daComisión, do 6 de agosto de 2008, polo que sedeclaran determinadas categorías de axuda compati-bles co mercado común en aplicación dos artigos 87e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención porcategorías).

-Con respecto á cuarta liña de axudas, Funciona-mento, o dito procedemento quedará suxeito ao Regu-lamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 dedecembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87e 88 do Tratado ás axudas de minimis, ao Regulamen-to (CE) 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo de2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tra-tado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro eque modifica o Regulamento (CE) 1860/2004, e aoRegulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, do 20 dedecembro de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87e 88 do Tratado CE ás axudas minimis no sector daprodución de produtos agrícolas.

-Con respecto á terceira liña de axudas, Bolseiros,o dito procedemento non quedará suxeito a ningúnregulamento comunitario de compatibilidade deaxudas, por tratarse de axudas que se concederán apersoas físicas, en concepto de bolsas, para comple-tar a súa formación dentro dun determinado conglo-merado empresarial.

3. Consideraranse actuacións e gastos subvencio-nables dentro de cada liña de axuda, os recollidosnos seguintes números 3.1, 3.2, 3.3 e 3.4.

3.1. Liña de reforzamento.

Esta liña de axuda quedará suxeita ao artigo 26Axudas ás pemes para servizos de consultoría doRegulamento xeral de exención por categorías.

Dentro desta liña consideraranse subvencionablesos servizos de consultoría prestados por consultoresexternos que teñan por finalidade procurar a mello-ra competitiva do conglomerado empresarial querepresente o cluster. Estes servizos poderán estardirixidos:

-Directamente ao cluster, caso en que terán unharepercusión sobre o conxunto do conglomeradoempresarial, e poderán consistir en: elaboración oureformulación dos plans estratéxicos, elaboración edesenvolvemento de plans ou estudos de dinamiza-ción, comunicación, potenciación, benchmarking,cooperación, etc.

-Ao cluster en colaboración con empresas adheri-das a el, que deberán ter a categoría de pequena oumediana empresa (peme), e poderán consistir en:elaboración, programación e implementación deaccións para a mellora das distintas áreas funcionaisdas empresas participantes (aprovisionamento, pro-dución, loxística, recursos humanos, financeira,etc). Nesta modalidade, para a consideración depeme observarase ao disposto no anexo I do citadoRegulamento xeral de exención por categorías.

Consideraranse subvencionables os custos destesservizos, sempre que cumpran os seguintes requisi-tos:

-Deberán realizarse dentro do período comprendi-do entre a data de presentación da solicitude de sub-vención e a data límite de xustificación establecidano artigo 16º.

Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010 4.555DIARIO OFICIAL DE GALICIA

-Non poderán consistir en actividades permanen-tes ou periódicas, nin estarán relacionados cos gas-tos de explotación normais, como son os servizosrutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicosperiódicos ou os de publicidade.

-Non poderán corresponder a servizos de consulto-ría relacionados con internacionalización ou expor-tación.

3.2. Liña de formación.

Esta liña de axuda quedará suxeita á sección 8 Axu-das á formación, no que respecta á formación xeral,do Regulamento xeral de exención por categorías.

Dentro desta liña consideraranse subvencionablesaquelas accións formativas desenvolvidas ou contrata-das polo cluster que teñan por finalidade procurar amellora da capacitación do capital humano pertencenteao conglomerado empresarial que represente o cluster.

Dentro destas accións formativas consideraransecomo gastos subvencionables, sempre que fosen rea-lizados dentro do período comprendido entre a datade presentación da solicitude de subvención e a datalímite de xustificación establecida no artigo 16º, osseguintes custos:

-Custos de persoal docente.

-Gastos de desprazamento do persoal docente,incluído o aloxamento.

-Outros gastos correntes tales como materiais esubministracións vinculados directamente á acciónformativa.

-Amortización de instrumentos e equipamentos enproporción á súa utilización exclusiva para a acciónformativa.

-Custos de servizos de asesoría en relación coaacción formativa.

-Custos indirectos xerais (gastos administrativos,alugueres, gastos xerais) ata o importe equivalenteao dos demais custos subvencionables.

3.3. Liña de bolseiros.

Dentro desta liña consideraranse subvencionablesaquelas bolsas xestionadas polo cluster que formenparte dun programa formativo e que teñan por fina-lidade procurar a capacitación de novo capitalhumano para o conglomerado empresarial que repre-sente o cluster, mediante a súa incorporación ao pro-pio cluster ou a calquera organización empresarialdo conglomerado.

Considerarase como gastos subvencionables oimporte das bolsas, dentro do período comprendidoentre o 1 de xaneiro de 2010 e a data límite de xus-tificación establecida no artigo 16º.

Sen prexuízo dos requirimentos establecidos nodito plan formativo, as persoas que desexen optar aestas bolsas deberán reunir, polo menos, os seguin-tes requisitos:

-Estar en posesión dalgunha titulación universita-ria ou de formación profesional de grao medio ousuperior.

Liñas de axuda Aplicación orzamentaria Importe máximo (€)

Reforzamento e formación 08.04.741A.781.0 Achegas para asociacións e clusters 1.900.000

Bolseiros e funcionamento 08.04.741A.481.0 Achegas a asociacións e clusters de interese empresarial

500.000

Crédito total (€) 2.400.000

-Non ter gozado anteriormente doutra bolsa destascaracterísticas no cluster.

-Non ter emprego remunerado nin gozar doutrabolsa ou axuda.

-Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tri-butarias e fronte á Seguridade Social.

-Non estar incursa en ningunha das prohibiciónspara obter a condición de beneficiario/a sinaladasno artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de sub-vencións de Galicia.

3.4. Liña de funcionamento.

Esta liña de axuda quedará suxeita ao Regulamen-to (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembrode 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 doTratado ás axudas de minimis, ao Regulamento(CE) 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo de 2007,relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do TratadoCE ás axudas de minimis no sector pesqueiro e quemodifica o Regulamento (CE) 1860/2004, e aoRegulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, do 20 dedecembro de 2007, relativo á aplicación dos arti-gos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas minimis no sec-tor da produción de produtos agrícolas.

Dentro desta liña consideraranse subvencionablesos custos de persoal, técnico e administrativo, queforme parte do cadro de persoal propio do cluster,correspondentes ao período comprendido entre o 1de xaneiro de 2010 e a data límite de xustificaciónestablecida no artigo 16º.

4. Cando o importe do gasto subvencionable superea contía de 12.000 euros no suposto de prestación deservizos por empresas de consultoría ou asistenciatécnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimotres ofertas de diferentes provedores con carácter pre-vio á contratación do compromiso para a prestacióndo servizo, salvo que polas especiais característicasdos gastos subvencionables non exista no mercadosuficiente número de entidades que o presten.

A elección entre as ofertas presentadas, que debe-rán achegarse na xustificación ou, de ser o caso, nasolicitude de subvención, realizarase conforme cri-terios de eficiencia e economía, e deberá xustificar-se expresamente na memoria a elección cando nonrecaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 2º.-Financiamento e concorrencia.

1. As subvencións que se establezan para asactuacións obxecto desta orde, segundo a liña deaxuda Á que pertenzan, serán con cargo ás dúasaplicacións orzamentarias seguintes:

4.556 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010

Establécese o dito importe máximo sen prexuízode ulteriores variacións producidas como conse-cuencia da existencia dunha maior dispoñibilidadeorzamentaria, o que poderá dar lugar á concesión demáis subvencións de acordo coa orde de prelaciónde solicitantes que resulte da aplicación dos crite-rios do artigo 9º.

2. Nos seguintes puntos 2.1, 2.2, 2.3 e 2.4 indíca-se, para cada liña de axuda, a contía da subvencióne a intensidade máxima de axuda.

A intensidade máxima de axuda reflicte a porcentaxemáxima de subvención, definida en equivalente ensubvención bruta, que se pode obter para os mesmosgastos subvencionables, despois de sumar todas asaxudas ou subvencións procedentes de calquera Admi-nistración ou calquera dos seus organismos, entespúblicos ou privados, nacionais ou internacionais.

2.1. Liña de reforzamento.

A subvención poderá acadar ata o 50% dos custossubvencionables, e será esta porcentaxe a intensida-de máxima de axuda.

2.2. Liña de formación.

A subvención poderá acadar ata o 60% dos custossubvencionables, e será esta porcentaxe a intensida-de máxima de axuda.

2.3. Liña de bolseiros.

A subvención poderá acadar ata o 100% do impor-te das bolsas, e será esta porcentaxe a intensidademáxima de axuda, estando limitado o importe porbolsa e mes a 1.200 €.

2.4. Liña de funcionamento.

A subvención poderá acadar ata o 100% dos cus-tos subvencionables, e será esta porcentaxe a inten-sidade máxima de axuda, estando limitado o impor-te da subvención a 50.000 € por cluster.

Así mesmo, observarase o disposto nos regulamen-tos de axudas minimis a que está suxeita esta liña,en relación co límite da axuda:

-A axuda total de minimis concedida a un clusterdeterminado non será superior a 200.000 € durantecalquera período de tres exercicios fiscais.

-A axuda total de minimis concedida a un clusterque opere no sector do transporte por estrada nonserá superior a 100.000 € durante calquera períodode tres exercicios fiscais.

-A axuda total de minimis concedida a un clusterque opere no sector pesqueiro non será superior a30.000 € durante calquera período de tres exerciciosfiscais.

-A axuda total de minimis concedida a un clusterque opere no sector da produción de produtos agrí-colas noN será superior a 7.500 € durante calqueraperíodo de tres exercicios fiscais.

A axuda de minimis non se acumulará conningunha axuda estatal, correspondente aos mesmosgastos subvencionables, se a dita acumulación dálugar a unha intensidade de axuda superior á esta-

blecida para as circunstancias concretas de cadacaso nun regulamento de exención por categorías oununha decisión adoptada pola Comisión.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das subvencións, senprexuízo de reunir os demais requisitos establecidosnestas bases, os clusters empresariais galegos per-tencentes aos sectores industriais e de servizos aque se refire o artigo 3 da Lei 21/1992, do 16 dexullo, de industria, sen prexuízo do establecido polalexislación comunitaria.

Para estes efectos considerarase cluster empresa-rial galego calquera entidade asociativa sen ánimode lucro e legalmente constituída, que cumpra osseguintes requisitos:

-Que da súa denominación e dos seus fins se dedu-za o seu funcionamento como cluster.

-Estar configurado como unha concentración deempresas representativas dos diferentes elos queconforman unha cadea económica ou conglomeradoempresarial galego.

-Actuar de forma conxunta, potenciando as rela-cións e interconexións máis alá das estritamentecontractuais, para lograr melloras de competitivida-de individuais.

-Operar nunha mesma cadea de valor con intere-ses comúns, xa sexan mesmos clientes, mesmo cam-po de actuación, mesmo produto, mesmos procesos,necesidade de compartir coñecementos, etc.

-Respectar a autonomía das empresas e, en coope-ración, construír recursos, capacidades e competen-cias que de forma individual non poderían acadar,mellorando o atractivo do territorio no que se sitúanpara o desenvolvemento futuro das actividades pro-dutivas.

En todo caso, de acordo co establecido no Regula-mento xeral de exención por categorías, para a liñade axuda de Reforzamento, quedarán excluídos osclusters que representen cadeas económicas ou con-glomerados empresariais que abranguen as seguin-tes actividades:

-Actividades nos sectores da pesca e da acuicultura.

-Actividades de produción primaria de produtosagrícolas.

-Actividades no sector do carbón.

Artigo 4º.-Solicitudes.

1. As solicitudes para participar no procedementode concesión das subvencións presentaranse na formae prazo que se indica no artigo 2º da convocatoria.

2. Xunto coa solicitude deberá presentarse aseguinte documentación (en orixinal ou copia com-pulsada, cando a presentación da solicitude se fagapor vía escrita) ou anexarse en formato electrónico(cando a presentación da solicitude se faga en for-mato electrónico):

a) Acta e estatutos de constitución e modificaciónsposteriores, se é o caso, e acreditación da súa inscri-

Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010 4.557DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ción no rexistro correspondente, así como o códigode identificación fiscal.

b) Poder suficiente do representante do clustersolicitante, acompañado do seu documento nacionalde identidade.

Alternativamente á presentación do DNI, a persoarepresentante poderá dar o seu consentimento paraque o órgano instrutor comprobe os seus datos decarácter persoal, por medio de conexión telemáticaco servizo horizontal de acceso aos sistemas de veri-ficación de datos de identidade e de residencia doMinisterio de Administracións Públicas, de acordoco disposto nos artigos 2.2º e 3.2º do Decre-to 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifi-ca a documentación para a tramitación dos procede-mentos administrativos e se fomenta a utilización demedios electrónicos.

c) Datos do cluster solicitante (modelo normaliza-do do anexo III).

d) Memoria e orzamento de cada unha das actua-cións para as que se solicita subvención, ordenán-doas pola súa prioridade de realización dentro decada liña de axuda, que deberá incluír (modelo nor-malizado do anexo IV):

Liña de reforzamento:

-Descrición, obxectivos e calendario de realiza-ción dos servizos de consultoría.

-Xustificación da súa viabilidade técnico-econó-mica e a súa necesidade.

-Indicarase se os servizos de consultoría estándirixidos directamente ao cluster ou ao cluster encolaboración con pemes adheridas a el, caso en quese incluirá a súa relación (razón social, CIF, locali-zación, categoría empresa, facturación e nº deempregados).

-O custo de servizos de consultoría prestados porconsultores externos, tendo en conta a este respectoa obriga sinalada no artigo 1.4º.

Liña de formación:

-Descrición, obxectivos e calendario de realiza-ción da acción formativa.

-Xustificación da súa viabilidade técnico-econó-mica e a súa necesidade.

-Número de empregados do conglomerado empre-sarial e número de empresas deste beneficiarios daacción formativa.

-Relación de custos considerados subvenciona-bles, segundo o establecido no artigo 1.3º, tendo enconta a obriga sinalada no artigo 1.4º para os custosde servizos de asesoría.

-Custo por alumno (custo subvencionable/nº deempregados beneficiarios).

Liña de bolseiros:

-Descrición, obxectivos e calendario de realiza-ción do programa formativo en que están integradasas bolsas.

-Descrición de cada unha das bolsas: obxecto, titu-lación requirida, duración e importe.

Liña de funcionamento:

-O custo de todo o persoal propio do cluster para oano 2010.

-Relación do persoal técnico e administrativo pro-pio do cluster, para o que se solicita subvención(identificación, posto, período e custo).

e) Declaración responsable de non estar incurso enningunha das circunstancias previstas nos puntos 2e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, desubvencións de Galicia (modelo normalizado do ane-xo V).

f) Declaración expresa sobre a concesión ou solici-tude doutras axudas ou subvencións para a mesmafinalidade, procedentes de calquera Administraciónou calquera dos seus organismos, entes públicos ouprivados, nacionais ou internacionais (modelo nor-malizado do anexo VI).

g) Declaración expresa sobre a concesión ou soli-citude nos últimos tres anos doutras axudas ou sub-vencións, amparadas pola cláusula de minimis, pro-cedentes de calquera Administración ou calquerados seus organismos, entes públicos ou privados,nacionais ou internacionais (modelo normalizado doanexo VII).

h) Declaración de compromiso de utilización dalingua galega (modelo normalizado do anexo VIII).

i) No caso de estar exento do imposto sobre o valorengadido (IVE), documentación acreditativa damencionada exención.

j) Certificacións expedidas polos organismos com-petentes, acreditativas de estar ao día no cumpri-mento das súas obrigas tributarias e coa SeguridadeSocial, e de non ter pendente de pagamentoningunha débeda, por ningún concepto, coa Admi-nistración pública da Comunidade Autónoma, nocaso de que o solicitante denegase expresamente aautorización ao órgano xestor para que solicite deoficio estas certificacións.

Artigo 5º.-Consentimentos e autorizacións.

1. A presentación da solicitude implica o coñece-mento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. De conformidade co disposto no artigo 20.3º daLei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Gali-cia, a presentación da solicitude de concesión dasubvención polo interesado comportará a autoriza-ción ao órgano xestor para solicitar as certificaciónsque deben emitir a Axencia Estatal da Administra-ción Tributaria, a Tesouraría Xeral da SeguridadeSocial e a Consellería de Facenda da Xunta de Gali-cia.

Non obstante, o solicitante poderá denegar o con-sentimento, facéndoo constar expresamente no for-mulario de solicitude, deberá presentar entón as cer-tificacións a que fai referencia este punto.

De conformidade co artigo 20.3º da Lei 9/2007, do13 de xuño, de subvencións de Galicia, as solicitu-

4.558 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010

des dos interesados irán acompañadas dos documen-tos e das informacións determinadas na norma ouconvocatoria, salvo que os documentos exixidos xaestivesen en poder de calquera órgano da Adminis-tración actuante; neste caso o solicitante poderá aco-llerse ao establecido na letra f) do artigo 35º daLei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídi-co das administracións públicas e do procedementoadministrativo común, sempre que se faga constar adata e o órgano ou a dependencia en que foron pre-sentados ou, se é o caso, emitidos, e cando nontranscorresen máis de cinco anos desde a finaliza-ción do procedemento a que corresponda.

Nos supostos de imposibilidade material de obter odocumento, o órgano competente poderá requirirlleao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto,a acreditación por outros medios dos requisitos a quese refire o documento, con anterioridade á formula-ción da proposta de resolución.

3. De acordo co establecido na disposición adicio-nal primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo,de creación dos rexistros de axudas, subvencións econvenios e de sancións da Xunta de Galicia, a per-soa solicitante da subvención consentirá expresa-mente a inclusión e publicidade dos datos relevan-tes referidos ás axudas e subvencións recibidas, asícomo ás sancións impostas, no devandito rexistro,feito que terá lugar agás nos supostos legalmenteestablecidos.

4. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006,do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticasna Administración pública galega, esta conselleríapublicará na súa páxina web oficial a relación dosbeneficiarios e o importe das subvencións concedi-das, polo que a presentación da solicitude levaimplícita a autorización para o tratamento necesariodos datos dos beneficiarios e a súa publicación nacitada páxina web, coas excepcións previstas nasleis.

Artigo 6º.-Órganos competentes.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minasserá o órgano competente para a instrución do pro-cedemento de concesión das subvencións, e corres-póndelle ao conselleiro de Economía e Industriaditar a resolución da concesión.

Artigo 7º.-Instrución do procedemento.

1. De conformidade co establecido no artigo 71 daLei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídi-co das administracións públicas e do procedementoadministrativo común, se a solicitude non reúnealgún dos requisitos exixidos nestas bases regulado-ras ou na correspondente convocatoria requirirase ointeresado para que, nun prazo de dez días hábiles,emende a falta ou achegue os documentos precepti-vos. Neste requirimento farase indicación expresade que, se así non o fixese, se lle terá por desistidona súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se dascertificacións obtidas de conformidade co artigo 5.2ºresulta que o solicitante non está ao día no pagamen-

to das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comu-nidade Autónoma e coa Seguridade Social, ou nosuposto de que sexa necesario achegar calqueraoutra documentación, logo de aplicarse o disposto naletra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novem-bro.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior,poderá requirirse o solicitante para que acheguecantos datos, documentos complementarios e aclara-cións resulten necesarios para a tramitación e reso-lución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendasfeitas, aqueles expedientes administrativos que reú-nan todos os requisitos e a documentación necesariaserán remitidos á comisión encargada da súa valora-ción, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixenciascontidas nestas bases ou na normativa de aplicación,ou que non conteñan a documentación necesaria,quedarán á disposición do órgano instrutor para queformule a proposta de resolución de inadmisión, nacal se indicarán as causas desta.

Artigo 8º.-Comisión de valoración.

1. A comisión de valoración será o órgano colexia-do encargado de valorar as solicitudes de acordo coscriterios obxectivos fixados no artigo seguinte, asícomo de propoñer a concesión ou denegación dassubvencións aos interesados.

2. A composición da comisión de valoración será aseguinte:

a) Presidente: o director xeral de Industria, Ener-xía e Minas.

b) Vogais: un/ha subdirector/a xeral, un/ha xefe/ade servizo e un/ha funcionario/a da Dirección Xeralde Industria, Enerxía e Minas, este último actuarácomo secretario.

c) Poderá estar asistida polo persoal técnico que seconsidere necesario.

3. Na proposta de concesión que formule a comi-sión figurarán, de xeito individualizado, os solicitan-tes propostos para obter a subvención, e especifica-rase a avaliación que lle corresponde segundo os cri-terios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indi-caranse, para cada un deles, as actuaciónssubvencionables e o importe da subvención, ataesgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables queda-rán en reserva para seren atendidas ben co créditoque quedase libre de producirse algunha renunciaou modificación nas actuacións inicialmente sub-vencionadas, ben co incremento dos créditos orza-mentarios destinados a estas subvencións. Paraestes efectos, poderán realizarse sucesivas propostasde resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 9º.-Criterios de valoración.

Cada unha das catro liñas de axuda será avaliadade forma independente, e deberá confeccionarse, en

Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010 4.559DIARIO OFICIAL DE GALICIA

consecuencia, unha orde de prelación para as actua-cións pertencentes a cada unha delas.

Os criterios de valoración que servirán de basepara a determinación da preferencia das actuaciónsconsideradas subvencionables e da contía da sub-vención, por orde decrecente de importancia, serános seguintes:

a) A tipoloxía da actuación (máximo 35 puntos).Este criterio utilizarase para as liñas de axuda deReforzamento, Formación e Bolseiros, e nel valora-rase:

-O carácter innovador da actuación dentro docorrespondente conglomerado empresarial.

-O nivel de definición, claridade e precisión namemoria da actuación (descrición, obxectivos,calendario de realización, xustificación da viabilida-de técnico-económica e necesidade).

b) A repercusión da actuación. Neste criterio valo-rase:

*Liña de reforzamento (máximo 30 puntos):

-A necesidade da actuación dentro do conglomera-do empresarial.

-A quen se dirixen os servizos de consultoría, ten-do preferencia os dirixidos directamente ao clusterpor ter unha repercusión sobre o conxunto do con-glomerado empresarial, fronte aos dirixidos ao clus-ter en colaboración con pemes adheridas a el, nascales se valorará o maior número de empresas parti-cipantes.

*Liña de formación (máximo 30 puntos):

-A necesidade da acción formativa dentro do con-glomerado empresarial.

-O maior número de empregados do conglomeradoempresarial e do número de empresas do mesmobeneficiarios da acción formativa, así como a dura-ción da acción formativa e o custo por alumno.

*Liña de bolseiros (máximo 30 puntos):

-O obxecto da bolsa, a súa duración e o seu impor-te.

*Liña de funcionamento (máximo 65 puntos):

-O custo do persoal propio do cluster para o ano2010.

-O posto e o custo do persoal propio do clusterpara o cal se solicita subvención.

c) O peso específico e o carácter estratéxico naeconomía galega do conglomerado empresarialcorrespondente (máximo 15 puntos).

d) A representatividade do cluster dentro do con-glomerado empresarial a que represente (máximo 15puntos).

e) O emprego da lingua galega na realización deactividades ou condutas para as que se solicita aaxuda, de conformidade co disposto na letra l) doartigo 20.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de sub-vencións de Galicia (máximo 3 puntos).

f) A solicitude presentada correctamente, sen quesexa necesaria a súa rectificación nin petición dedocumentación complementaria (máximo 2 puntos).

No caso de empates, elixiranse as actuaciónscunha maior puntuación na epígrafe máis pondera-da, seguindo a orde decrecente anterior.

Co obxecto de poder atender actuacións de todosos cluster e, así mesmo, poder outorgarlles a porcen-taxe máxima de subvención para garantir o seudesenvolvemento, a Comisión de Valoración poderá:

-Fixar un número máximo de actuacións que seránsubvencionadas dentro de cada liña de axuda paraun mesmo cluster.

-Limitar o custo máximo que se subvencionaránaquelas actuacións que teñan un custo significati-vo respecto das dispoñibilidades orzamentarias des-ta convocatoria.

Artigo 10º.-Audiencia.

1. Instruído o procedemento, e inmediatamenteantes de redactar a proposta de resolución, porasede manifesto aos interesados para que, nun prazo dedez días, poidan formular alegacións e presentar osdocumentos e xustificacións que consideren perti-nentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que serefire o punto anterior cando non figuren no proce-demento nin se vaian ter en conta na resoluciónoutros feitos nin outras alegacións ou probas que asaducidas polo interesado.

Artigo 11º.-Resolución e notificación.

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, acomisión de valoración formulará a proposta de reso-lución, que se elevará, a través do órgano instrutor,ao conselleiro.

2. O conselleiro, á vista da proposta, ditará acorrespondente resolución, que deberá estar debida-mente motivada e expresará, cando menos, a actua-ción que se subvenciona e o seu custo, así como asubvención concedida e a súa contía, ou, se é o caso,a causa de denegación.

En ningún caso o importe das subvencións conce-didas poderá superar o custo da actividade que vaidesenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcen-taxe máxima do investimento subvencionable legal-mente establecida.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a reso-lución ao interesado será de seis meses, contados apartir do día seguinte ao do remate do prazo para apresentación de solicitudes. Se transcorrese o prazomáximo para resolver sen que se ditase resoluciónexpresa, os interesados poderán entender desestima-das as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acor-do co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novem-bro, de réxime xurídico das administracións públi-cas e do procedemento administrativo común.

Non obstante, e de conformidade co establecido naletra b) do artigo 59.6º da indicada lei, no caso das

4.560 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010

subvencións concedidas poderase substituír a notifi-cación individual pola publicación no Diario Oficialde Galicia e na páxina web da Consellería de Econo-mía e Industria. Nesta publicación especificarase adata da convocatoria, o beneficiario, a cantidadeconcedida e a finalidade da subvención outorgada.

As solicitudes desestimadas notificaranse indivi-dualmente, con indicación das causas da desestima-ción.

Artigo 12º.-Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro da corresponden-te orde de convocatoria porán fin á vía administrati-va e contra elas poderán interpoñerse os seguintesrecursos, sen prexuízo de que os interesados poidanexercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conse-lleiro de Economía e Industria, no prazo dun mescontado a partir do día seguinte ao da notificaciónda resolución, se esta fose expresa, ou de tres mesescontados a partir do seguinte a aquel en que se pro-duza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Salado Contencioso-Administrativo do Tribunal Superiorde Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses con-tados a partir do día seguinte ao da notificación daresolución, se esta fose expresa, ou de seis mesescontados a partir do seguinte a aquel no que se pro-duza o acto presunto.

Artigo 13º.-Modificación da resolución.

1. Toda alteración das condicións tidas en contapara a concesión da subvención e, en todo caso, aobtención concorrente de subvencións ou axudasoutorgadas por outras administracións ou por cal-quera dos seus organismos, entes públicos ou priva-dos, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar ámodificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da resoluciónde concesión, por instancia do beneficiario, sempreque este presente a solicitude de modificación conanterioridade á data de finalización do prazo de xus-tificación do investimento obxecto da subvención, ese cumpran os seguintes requisitos:

-Que a actividade, conduta ou modificación doproxecto estea comprendida dentro da finalidade dasbases reguladoras.

-Que se acredite a inexistencia de prexuízo a ter-ceiros.

-Que os novos elementos e circunstancias quemotiven a modificación, de ter concorrido na conce-sión inicial, non supuxesen a denegación da subven-ción.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modi-ficación da resolución será ditado polo conselleirode Economía e Industria logo da instrución docorrespondente expediente, en que se lle daráaudiencia ao interesado nos termos previstos no arti-go 10º.

Artigo 14º.-Aceptación e renuncia.

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contraa resolución, transcorridos quince días naturais des-de a notificación ou publicación desta sen que ointeresado comunicase expresamente a súa renunciaá subvención, entenderase que a acepta, e desde esemomento adquirirá a condición de beneficiario.

2. A renuncia á subvención poderase facer axus-tándose ao modelo que se inclúe como anexo IX des-tas bases reguladoras, así como por calquera outromedio que permita a súa constancia, de acordo coestablecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 denovembro, de réxime xurídico das administraciónspúblicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se comunicase a renuncia en pra-zo, o conselleiro ditará a correspondente resoluciónnos termos do artigo 42.1º da mesma lei.

Artigo 15º.-Obrigas dos beneficiarios.

a) Executar as actuacións que fundamenten a con-cesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumpri-mento dos requisitos e das condicións, así como arealización das actuacións e o cumprimento da fina-lidade que determinen a concesión ou o desfrute dasubvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación queserán efectuadas polo órgano concedente, así como acalquera outra actuación de comprobación e controlfinanceiro que poidan realizar os órganos de controlcompetentes, tanto autonómicos como estatais oucomunitarios, para o que achegará canta informa-ción lle sexa requirida no exercicio das actuaciónsanteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtencióndoutras subvencións, axudas, ingresos ou recursosque financien as actividades subvencionadas, asícomo a modificación das circunstancias que funda-mentasen a concesión da subvención. Esta comuni-cación deberá efectuarse no momento en que secoñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustifica-ción da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixen-ciados e demais documentos debidamente auditadosnos termos exixidos pola lexislación mercantil e sec-torial aplicable ao beneficiario en cada caso.

f) Conservar os documentos xustificativos da apli-cación de fondos recibidos, incluídos os documentoselectrónicos, mentres poidan ser obxecto das actua-cións de comprobación e control.

g) Adoptar as medidas de difusión contidas no arti-go 15.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-cións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarseao obxecto subvencionado, tanto na súa forma comona súa duración, e poderán consistir na inclusión daimaxe institucional da entidade concedente, asícomo en lendas relativas ao financiamento públicoen carteis, placas, material impreso, medios electró-nicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realiza-das en medios de comunicación.

Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010 4.561DIARIO OFICIAL DE GALICIA

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nossupostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16º.-Xustificación da subvención.

1. Para cobrar a subvención concedida, o benefi-ciario deberá presentar a seguinte documentaciónnos lugares sinalados no artigo 2º da convocatoria,en orixinal ou fotocopia compulsada, e terá de prazopara presentala ata o 30 de novembro de 2010(inclusive):

a) Memoria explicativa de cada unha das actua-cións realizadas que foron obxecto de subvención,clasificadas por liña de axuda (Reforzamento, For-mación, Bolseiros ou Funcionamento).

b) Documentación xustificativa do gasto:

*Liñas de reforzamento e formación:

-Resumo das actuacións realizadas, indicandopara cada unha delas os gastos subvencionables, oprovedor, o importe e a data do xustificante de cadagasto.

-Xustificación do gasto: orixinal ou copia compul-sada das facturas en relación cos gastos subvencio-nables.

-Para as actuacións pertencentes á liña de Refor-zamento deberán presentar ademais a seguintedocumentación: para aqueles gastos subvenciona-bles que superen os 12.000 €, deberase presentar adocumentación exixida no artigo 1.4º, salvo que xafose presentada coa solicitude de subvención.

-Para as actuacións pertencentes á liña de Forma-ción deberán presentar ademais a seguinte docu-mentación: programa detallado do curso, a súa dura-ción, curriculum vitae do persoal docente, número eidentificación dos participantes e empresas a quepertencen, indicando se está ou non adherida aocluster. Así mesmo, para os gastos de servizos deasesoría que superen os 12.000 €, deberase presen-tar a documentación exixida no artigo 1.4º, salvo quexa fose presentada coa solicitude de subvención.

*Liña de bolseiros:

-Resumo das bolsas outorgadas, indicando paracada unha delas o bolseiro (DNI e nome), a súaduración, as entidades en que desenvolveu a bolsa,a súa actividade e unha declaración de cumprimen-to dos requisitos exixidos no artigo 1.3º.

-Copia compulsada do documento contractual decada unha das bolsas.

*Liña de funcionamento:

-Copia compulsada das nóminas e do TC2 do per-soal propio do cluster que foi obxecto de subven-ción.

c) Documentación xustificativa do pagamento:

-Orixinal ou copia compulsada da transferenciabancaria, certificacións bancarias ou extractos ban-carios, das facturas, bolsas ou nóminas. Nestesdocumentos deberán estar claramente identificadoso receptor e o emisor do pagamento, e o concepto,

así como a identificación da factura, bolsa ou nómi-na.

-Ademais, para a liña de funcionamento, copiacompulsada do TC1.

-Non se admitirán como xustificantes de pagamen-to os obtidos a través da internet se non están vali-dados pola entidade bancaria ou non dispoñen decódigos para a súa verificación por terceiros na sedeelectrónica da dita entidade.

d) Declaración complementaria do conxunto dasaxudas solicitadas para as mesmas actuacións sub-vencionadas, tanto as aprobadas ou concedidas,como as pendentes de resolución, das distintasadministracións públicas ou calquera dos seus orga-nismos, entes públicos ou privados, nacionais ouinternacionais.

e) Declaración complementaria do conxunto deaxudas solicitadas nos últimos tres anos, amparadaspola cláusula de minimis, tanto as aprobadas ou con-cedidas, como as pendentes de resolución, das dis-tintas administracións ou calquera dos seus organis-mos, entes públicos ou privados, nacionais ou inter-nacionais.

f) Certificación expedida pola entidade bancariana cal se sinale o número de conta do beneficiarioonde se deba realizar o pagamento.

g) Certificacións expedidas polos organismos com-petentes, acreditativas de estar ao día no cumpri-mento das súas obrigas tributarias e coa SeguridadeSocial, e de non ter pendente de pagamentoningunha débeda, por ningún concepto, coa Admi-nistración pública da Comunidade Autónoma, nocaso de que o solicitante denegase expresamente aautorización ao órgano xestor para que solicite deoficio estas certificacións.

2. A documentación xustificativa dos gastos epagamentos a que se fai referencia nos puntos 1.b) ec) deste artigo deberá axustarse aos períodos esta-blecidos no artigo 1.3º destas bases reguladoras,para cada liña de axuda.

3. Transcorrido o prazo indicado sen que o benefi-ciario presentase a documentación solicitada, pode-rase entender que renuncia á subvención. Nestecaso, o conselleiro ditará a oportuna resolución, nostermos do artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 denovembro, de réxime xurídico das administraciónspúblicas e do procedemento administrativo común.

4. Os órganos competentes da Consellería de Eco-nomía e Industria poderán solicitar as aclaraciónsou informes relativos á xustificación do investimen-to que consideren convenientes. No caso de que nonfosen remitidos polo beneficiario dentro do prazoque se sinale, poderá entenderse que renuncia ásubvención.

Artigo 17º.-Pagamento.

1. Recibida a documentación xustificativa da sub-vención, os órganos competentes da consellería,antes de proceder ao seu pagamento, poderán reali-zar as actuacións de comprobación oportunas para

4.562 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010

verificar o cumprimento das actuacións subvencio-nadas.

2. As subvencións minoraranse proporcionalmentese o investimento xustificado é inferior ao orzamen-to que serviu de base para a resolución da conce-sión, sempre que estea garantida a consecución doobxecto. No caso de concorrer con outras axudas,aplicarase o disposto no artigo 2.2º respecto ásintensidades máximas de axuda.

3. Cada unha das actuacións que foron subvencio-nadas poderán irse xustificando a medida que sevaian realizando, para os efectos do cobramento dasúa subvención, non tendo a consideración de paga-mento á conta xa que cada actuación subvencionadaten un obxecto único e independente do resto.

4. Poderán realizarse pagamentos anticipados dassubvencións reguladas por estas bases, de acordo coestablecido no artigo 31.6º da Lei 9/2007, do 13 dexuño, de subvencións de Galicia, nos artigos 63, 65e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo quese aproba o regulamento de dita lei, e nos seguintesparágrafos.

Os pagamentos anticipados suporán entregas defondos con carácter previo á xustificación, comofinanciamento necesario para poder levar a cabo asactuacións subvencionadas. Estes pagamentos debe-rán ser solicitados polo beneficiario, de ser o caso,logo da notificación ou publicación da resolución deconcesión e na forma e prazo indicados nela, e que-darán suxeitos ás seguintes condicións:

-Para cada unha das catro liñas de axuda regula-das nestas bases (Reforzamento, Formación, Bolsei-ros e Funcionamento), poderase anticipar ata o 80%do importe da subvención concedida en cada unhadelas, por ser autorizado polo Consello da Xunta.

-Para as liñas de axuda de Reforzamento e Forma-ción, o beneficiario queda exonerado da constituciónde garantía, por ser autorizado polo Consello daXunta.

-Para as liñas de axuda de Bolseiros e Funciona-mento, o beneficiario queda exonerado da constitu-ción de garantía, conforme o establecido na letra f)do artigo 65.4º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 18º.-Incumprimento, reintegros e sancións.

1. O incumprimento das obrigas contidas nestasbases reguladoras, na convocatoria ou na demaisnormativa aplicable, así como das condicións que,se é o caso, se establezan na resolución de conce-sión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcial-mente as subvencións percibidas, así como os xurosde demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refireo punto anterior tramitarase o oportuno procedemen-to de reintegro, que se axustará ao previsto no títu-lo II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciónsde Galicia.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladasnestas bases reguladoras seralles de aplicación o

réxime de infraccións e sancións previsto no títuloIV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións deGalicia.

Artigo 19º.-Control.

1. A Consellería de Economía e Industria poderálevar a cabo as actividades de inspección que consi-dere oportunas para controlar o cumprimento dassubvencións.

2. Ademais do anterior, as subvencións estaránsometidas á función interventora e de control finan-ceiro exercido pola Intervención Xeral da Comuni-dade Autónoma, nos termos que establece o título IIIda Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións deGalicia. Así mesmo, estará sometida ás actuaciónsde comprobación previstas na lexislación do Tribu-nal de Contas e do Consello de Contas, así como, seé o caso, dos servizos da Comisión Europea e do Tri-bunal de Contas Europeo.

Artigo 20º.-Publicidade.

No prazo máximo de tres meses contados desde adata de resolución da concesión, publicarase noDiario Oficial de Galicia a relación das subvenciónsconcedidas con indicación da norma reguladora,beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalida-de da subvención.

Malia o anterior, cando os importes das subven-cións concedidas, individualmente consideradas,sexan de contía inferior a 3.000 euros, non seránecesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia,que será substituída pola publicación das subven-cións concedidas na páxina web da Consellería deEconomía e Industria.

Artigo 21º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases observaraseo previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-cións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xanei-ro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007,do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regu-lamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agostode 2008, polo que se declaran determinadas catego-rías de axuda compatibles co mercado común enaplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regula-mento xeral de exención por categorías), no Regula-mento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 dedecembro de 2006, relativo á aplicación dos arti-gos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, noRegulamento (CE) 875/2007 da Comisión, do 24 dexullo de 2007, relativo á aplicación dos artigos 87 e88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sectorpesqueiro e que modifica o Regulamento(CE) 1860/2004, no Regulamento (CE) 1535/2007da Comisión, do 20 de decembro de 2007, relativo áaplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axu-das minimis no sector da produción de produtosagrícolas, e no resto de normativa que resulte deaplicación.

Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010 4.563DIARIO OFICIAL DE GALICIA

4.564 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010

Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010 4.565DIARIO OFICIAL DE GALICIA

4.566 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 60 � Martes, 30 de marzo de 2010