New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou...

16
DOLMEN DE OURO 2009 Hoxe é a festa anual do empresariado de Barbanza, na que a entrega do Dolmen de Ouro debe ser máis un pretexto que o centro do encontro. Aínda que haxa detractores, que os hai, a gala desta noite debe converterse nun escaparate fai máis fortes aos emprendedores e á sociedade na que residen. Manter viva a chama dos dolmen, 21 anos despois, é. ao mesmo tempo, un recoñecemento aos fundadores que tiveron alturas de miras para superar as discrepancias como único obxectivo de proxectar este territorio ao exterior coa mellor imaxe, a da unidade, sen dúbida o premio máis valioso que poden compartir todos os empresarios barbanceses nun foro ex- cepcional que mellora cos anos. da fortaleza económica de Barbanza, Muros, Noia, Sar e Mazaricos nunha si- tuación de crise que semella cada vez máis longa. Nas portas do restaurante Chicolino deben quedar as diferenzas para que no interior luza a unión que A unidade, o mellor premio A gala desta noite debe converterse nun escaparate da fortaleza económica da comarca CARMELA QUEIJEIRO Só unha das once empresas nomeadas sairá do restaurante Chicolino coa reprodución do dolmen, o que fará que a peza sexa máis prezada de hoxe en diante LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | Especial | XXI EDICIÓN GRAN GALA DOLMEN DE OURO 2009 FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DO BARBANZA Tel. 981 848 216 e-mail [email protected] www.feba.es Asociación de Empresarios de: Padrón, Rois e Dodro; Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Riveira, Porto do Son, Noia, Outes, Muros, Carnota, Mazaricos e Centro Empresarial da Construcción do Barbanza CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Secretaría Xeral de Política Lingüística Concello de Boiro

Transcript of New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou...

Page 1: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

DOLMEN DE OURO 2009

Hoxe é a festa anual do empresariado de Barbanza, na que a entrega do Dolmen de Ouro debe ser máis un pretexto que o centro do encontro. Aínda que haxa detractores, que os hai, a gala desta noite debe converterse nun escaparate

fai máis fortes aos emprendedores e á sociedade na que residen. Manter viva a chama dos dolmen, 21 anos despois, é. ao mesmo tempo, un recoñecemento aos fundadores que tiveron alturas de miras para superar as discrepancias

como único obxectivo de proxectar este territorio ao exterior coa mellor imaxe, a da unidade, sen dúbida o premio máis valioso que poden compartir todos os empresarios barbanceses nun foro ex-cepcional que mellora cos anos.

da fortaleza económica de Barbanza, Muros, Noia, Sar e Mazaricos nunha si-tuación de crise que semella cada vez máis longa. Nas portas do restaurante Chicolino deben quedar as diferenzas para que no interior luza a unión que

A unidade, o mellor premioA gala desta noite debe converterse nun escaparate da fortaleza económica da comarca

CARMELA QUEIJEIRO

Só unha das once empresas nomeadas sairá do restaurante Chicolino coa reprodución do dolmen, o que fará que a peza sexa máis prezada de hoxe en diante

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Especial |

XXI EDICIÓN GRAN GALADOLMEN DE OURO 2009

FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DO BARBANZATel. 981 848 216e-mail [email protected]

Asociación de Empresarios de: Padrón, Rois e Dodro; Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Riveira, Porto do Son, Noia, Outes, Muros, Carnota, Mazaricos e Centro Empresarial da Construcción do Barbanza

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIASecretaría Xeral de Política Lingüística

Concello de Boiro

Page 2: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 2 |

Toni Longueiraribeira

Ninguén quere perderse festa do empresariado que se celebra hoxe no restaurante boirense Chicolino. A Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) sinalou que este ano asistirán preto de 350 persoas, cen máis que no anterior. A expectación é máxima. De feito, a entidade presidida por Gladys Bermúdez Siaba logrou completar o aforo unha semana antes.

Un dato que parece confi r-mar este éxito de público é que un total de 75 autónomos integrados na Asociación Boi-rense de Empresarios (ABE) estarán presentes na festa dos emprendedores da comarca. «É, sen dúbida, o maior número de asistentes dos últimos anos», apuntaron na ABE.

Esta notoriedade na con-vocatoria parece estar ligada aos cambios organizativos aprobados recentemente: «Era necesario facer un lavado de imaxe porque corriamos o risco de que estes premios per-desen protagonismo», apuntou Gladys Bermúdez.

A diferenza doutros anos, en-tregarán doce obsequios —un por cada empresa nomeada pola súa patronal— e un Dol-men de Ouro, cuxo nome soa-mente coñece a presidente da FEB dende hai tres semanas.

«Este lavado de cara pretende facer desta festa unha iniciativa dinámica, alegre e participativa para toda a xente que acuda a

tempo para facer os cambios, por iso decidiuse crear este for-mato. Ademais, era a vixésima edición da festa, polo que unha cita ideal para premiar o traba-llo realizado por todas aquelas persoas que dedicaron o seu tempo a mirar polos intereses de preto das 2.200 empresas asociadas», destacou Bermú-dez Siaba.

cea», apuntou a dirixente da patronal barbancesa.

Cabe salientar que a dirección da patronal comarcal comezou a traballar nesta gala despois de que fi nalizase a do ano pasado, na que se fi xo un recoñecemen-to á labor desenvolvida polos cinco ex presidentes que tivo a entidade barbancesa dende a súa fundación: «Non había

Preto de 350 persoas acudirán á festa do empresariado barbancésA FEB completou o aforo da gala unha semana antes da súa celebración

SIMÓN BALVÍS

Hermo, Martelo, Cristobo e Penalta (con Gladys, no centro) foron homenaxeados o ano pasado

Como novidade deste ano, o nome da fi rma premiada co Dolmen de Ouro non se coñecerá ata as 21.45 horas. Hai tres semanas que a xunta directiva da FEB fi xo unha votación secreta para elixir a empresa galardoada. Cada representante conce-deu tres, dous e un punto ás súas compañías favoritas, dentro das doce selecciona-das. Ao fi nal, saíu escollida unha, e só Gladys Bermúdez coñece o seu nome.

Por outra banda, o pro-grama da gala empezará as 21.00 horas. O presentador dará a benvida aos presen-tes. A rolda de discursos abrirana o presidente da ABE, Carlos Rodríguez; e o alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes.

Ás 21.15 horas arrancará o acto de entrega dos premios desta edición e fi nalizará coa adxudicación do Dol-men de Ouro. Unha vez en-tregados os galardóns, falará o empresario distinguido, en nome todos os home-naxeados; a presidenta da FEB, o vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, e o representante da Xunta presente no acto.

A firma premiada é o segredo mellor gardado da cea

Fábrica de hielo, puerto pesquero, s/n15250 Muros - A Coruña

Telf. 981 826 851

Page 3: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Publicidad | 3 |

Page 4: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Publicidad | 4 |

Page 5: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 5 |

Moncho Aresribeira

Con doce empresas distingui-das, semella que a Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) deu moitas voltas para chegar ao mesmo sitio, por-que o ano pasado optou por facer unha gala de transición cara a unha nova etapa na que había un obxectivo: reducir o número de premiados. Non foi así porque a patronal está integrada por doce entidades locais e había discrepancias en torno ao cambio. Para resolver a situación, a organización que preside Gladys Bermúdez tivo a idea de insufl ar emoción ao asunto gardando a identidade da fi rma acredora do Dolmen de Ouro ata esta noite, no res-taurante Chicolino.

A iniciativa conseguiu man-ter a expectación ata hoxe mesmo, pero non evitou que xurdiran as lóxicas especula-cións; e postos a elucubrar, a ninguén se lle escapa que facendo un chequeo ás doce fi rmas que van ser recoñeci-das esta noite, unhas semella que teñen máis méritos que outras, atendendo a cuestións como facturación, emprego... pero iso xorde dun análise frío, porque, ás veces, non son os máis grandes os que teñen máis mérito, senón os pequenos que subsisten, innovan, invisten en accións sociais...

Repasando os datos das doce fi nalistas do Dolmen de Ouro un atopa un feixe de motivos para darlle a cada

unha o máis alto recoñece-mento da clase empresarial barbancesa: o primeiro, estar aí en intres tan complicados como os que está a atravesar a economía; o segundo, obter o recoñecemento dos seus compañeiros empresarios; o terceiro, crer en Barbanza, Muros, Noia, Mazaricos e Sar como territorio común no que se poden mesturar idiosin-crasias e intereses comúns;

o cuarto, estar esta noite en Boiro nunha xuntanza que proxecta ao exterior unidade, aínda que haxa discrepancias, cousa lóxica e entendible in-cluso nas mellores familias, que diría o tópico.

XustizaÉ xusto recoñecer o esforzo que fan as organizacións empresariais para que non esmoreza a gala, xa non po-

los premios, senón porque é un motivo para estar xuntos ante un aforo no que se dan cita autoridades de todas as Administracións máis pró-ximas, ás que hai demostrar forza e reivindicar Barbanza, Muros, Noia, Sar e Mazaricos como un territorio común que aínda ten pendente un reco-ñecemento ofi cial acorde co potencial dos seus empren-dedores.

O misterio anima unha gala que esmorecíade aburrimentoEsta noite coñecerase o nome da empresa que vai obter o Dolmen de Ouro e será unha das doce distinguidas polas patronais locais

Crónica | A nova festa

SIMÓN BALVÍS

A cea da patronal convértese cada ano nunha demostración de forza do tecido empresarial

Page 6: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

«A federación ten que estar por riba dos localismos»Aínda que a ABE foi das patronais máis críticas coa estrutura da gala dos Dolmen, apoia a iniciativa ao 100%. E defende a idea de que Barbanza ten que pensar «en clave comarcal»

CARMELA QUEIJEIRO

Rodríguez Muñiz é dos que pensa que é preciso unirse para superar a crise

Entrevista | Carlos Rodríguez MuñizPRESIDENTE DA ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS

Marta Gómezribeira

Boiro repite este ano como sede da gala dos Dolmen. Falamos co presi-dente da patronal anfi trioa, Carlos Rodríguez Muñiz, sobre unha gala que apoia, pero na que segue defen-dendo que hai que introducir cambios, e tamén da situación económica e da maneira na que Barbanza pode saír a fl ote desta crise. Un tema no que pensa que unir forzas é a mellor alternativa e que, de seguro, estará moi presente nos discursos que se pronuncien esta noite durante a entrega dos premios aos empresarios da bisbarra.—¿Como vive o presidente anfi trión as horas previas á celebración da gala dos Dolmen?—O certo é que con tranquilidade, porque realmente eu non son o anfi -trión, xa que é directamente a FEB a que organiza o acto. Nós somos a sede e botamos unha man.—Este ano abriuse un gran debate sobre se é preciso introducir cam-bios na estrutura da gala e vostede foi dos máis críticos co modelo actual.—Si, nós defendemos unha reforma tanto formal coma do contido dos Dol-men, pero asumimos a opción que re-cibiu o apoio da maioría das patronais. É certo que conseguimos introducir algúns cambios menores que esperamos que con-tribúan a prestixiar estes premios.—Tamén se fala de que os Dolmen foron perdendo prestixio co paso dos anos.—Estes premios teñen que ser un estímulo para quen os recibe, e tamén para a competencia dese empresa-rio, por iso pensamos que reducir o número de premiados e que sexa un xurado independente o que conceda os galardóns en base a uns criterios obxectivos que habería que deter-minar e ter moi claros, contribuiría a darlles máis prestixio. Na miña opinión, antepóñense os intereses de cada patronal ao xeral e a FEB ten que estar por riba de localismos, deste minifundismo empresarial.—¿Poderíase aplicar tamén ese con-cepto de minifundismo á realidade económica de Barbanza?—Coido que si. Debemos pensar en clave comarcal, por exemplo á hora de buscar investimentos. O localismo é un lastre tremendo para crear siner-

xías e motores económicos. É preci-so dotar de contido ás institucións supramunicipais para que lideren iniciativas encamiñadas e lograr o desenvolvemento da comarca. E as Administracións son as que deben poñer as infraestruturas necesarias para explotar os nosos recursos.—Unha frase que se aplica con frecuencia a Barbanza é que é un diamante en bruto, pero parece que custa moito comezar a explotalo.—Dicimos que a comarca ten unha po-tencialidade enorme, pero, en xeral, as apostas que se fan non son decididas, faltan certas doses de audacia en de-terminados sectores. O potencial que poida ter a bisbarra moitas veces é valorado antes polos de fóra que pola propia xente de Barbanza.—Probablemente, a crise será un tema recorrente nos discursos da gala desta noite, ¿cales cre vostede que son os camiños a seguir para que a bisbarra saia airosa da recesión?—A sustentabilidade económica pasa pola necesidade de anticiparse aos cambios na economía. É preciso conseguir unha maior diversifi ca-ción do tecido empresarial, porque non sería coherente seguir crendo que os sectores que sosteñen a nosa economía van ser eternos en termos de sustentabilidade. O desexable é

que exploremos novas alternativas de negocio, novos sectores.—¿E por onde poderían ir os tiros?—Pois no turismo, é pre-ciso potencialo e buscar alternativas, como po-dería ser o turismo de congresos. E tamén na exploración de mercados

de índole cultural, en sectores coma o audiovisual ou a industria musical. Realmente hai moi pouco disto aquí, salvo algunha iniciativa en Boiro. Son sectores cunha demanda crecente e aquí danse as condicións teóricas para a posta en marcha deste tipo de proxectos empresariais.—¿Cre que a construción dun viveiro de empresas en Boiro é un bo inicio de cara a esta diversifi cación?—É unha axuda. Xa a nivel particular, dende a ABE levamos a cabo accións para incentivar as novas iniciativas coa creación dun centro de negocios e de formación e a aposta inequívoca pola cualifi cación profesional como condi-ción indispensable para a competitivi-dade do noso tecido empresarial.

«Dende a ABE apostamos pola cualificación profesional como condición para a competitividade do tecido empresarial»

Para Rodríguez Muñiz e o seu equi-po directivo, a formación é unha das bases para o desenvolvemento empresarial de Boiro e da bisbarra en xeral. Por iso, desde a ABE, pro-moven un ambicioso proxecto que está a piques de converterse nunha realidade e que permitirá aos autó-nomos boirenses ter acceso a cursos e á infraestrutura necesaria para de-senvolver a súa actividade.—Antes falaba da importancia da cualifi cación profesional, ¿cre que a formación que reciben os traba-lladores é a adecuada?—Non, hai unha falta de adapta-ción da formación profesional ao tecido empresarial no que se atopa, e sucede que, incluso en tempos de crise, ás empresas lles custa atopar traballadores cualifi cados nas listas do paro.—Vostedes traballan nun proxecto para poñer o seu gran de area neste ámbito.—O centro de negocios e formación vai supoñer un punto de infl exión. Vai permitir dotar ao noso tecido empresarial dunha infraestrutura e uns medios técnicos dos que a maioría carecemos e, por outra par-te, pretendemos que sexa un centro de referencia con formación inicial, continua e a distancia.

—Este será un servizo importante para os empresarios, sobre todo nun contexto económico desfavo-rable, ¿cre que a crise contribúe a fomentar o asociacionismo?—Sen dúbida, os galegos acordámo-nos de santa Bárbara cando chove. Asociarse permite aos empresarios comprobar que pertencer a un colec-tivo aporta unha serie de benefi cios que a nivel particular non son al-canzables. E é responsabilidade das asociacións aproveitar este contexto para convencer aos empresarios das bondades do asociacionismo, pero sen caer na atomización.

«O centro de negocios vai supoñer un punto de inflexión»

CARMELA QUEIJEIRO

Rodríguez dí que a formación non está adaptada ao tecido empresarial

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 6 |

Page 7: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Publicidad | 7 |

Ladeira, 33 - Chazo. Boiro. Tel. 981 84 74 40 - www.asteleirostrinanes.com

CAMPOS DE

ACTIVIDADE

- Construción de

embarcacións de pesca

- Construción de

embarcacións de

acuicultura

- Construción de

embarcacións tradicionais

(recuperación do

patrimonio marítimo)

- Reparación e mantemento

de todo tipo de

embarcacións

- Tratamentos de

prevencións de osmose

en embarcacións de

poliéster

SERVIZOS QUE

PRESTA O ASTELEIRO

Co sistema de traballo

nomeado “chave en man”

ofrecemos ós nosos

clientes a totalidade dos

servizos de montura das

embarcacións e xestións

administrativas:

- Xestión de subvencións

- Aporte de baixas

- Solicitudes de

modernizacións etc...

Os “Asteleiros Triñanes Domínguez S.L.” atópanse situados no lugar de Ladeira-Chazo, no concello de Boiro.

Dende que comezou a súa ac� vidade no ano 1978, a carteira de pedidos está baseada en dis� ntos � pos de embarcacións (pesqueiros, auxiliares de acuicultura, chalanas, dornas, embarcacións de recreo, etc…), levando construído máis de 150 unidades, a maioría de máis de 10 TRB, u� lizando métodos constru� vos artesanais, aplicando novas técnicas de construción naval en madeira, e u� lizando as úl� mas tecnoloxias, dando resposta ás esixencias de modernización, propostas polas dis� ntas direc� vas europeas en materia de seguridade e op� mización das fl otas pesqueiras e de acuicultura.

No ano 1986 trasládase a ac� vidade de Agañan Boiro ao Chazo, comezando un sistema de traballo baseado na innovación coa u� lización de madeira laminada, a combinación de madeira-poliéster, etc...No ano 2000 constrúese unha rampa-varadoiro cunha capacidade de varada de ata 200 toneladas de desprazamento e cunha superfi cie ú� l de 2.500 m2.

É nesta combinación de produto artesán coas novas tecnoloxías onde radica o carácter diferenciador de Asteleiros Triñanes, creando un es� lo de construción propio, que lle permite desenvolver unhas embarcacións cunhas únicas e difi cilmente mellorables prestacións.

Page 8: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

«Vai ser seguro a mellor gala dos últimos aA dirixente, que leva un ano e medio no cargo, pretende que a festa dos empresarios se converta nun referente a n

Gladys Bermúdez é a máxima responsable

Entrevista | Gladys Bermúdez SiabaPRESIDENTA DA FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DO BARBANZA (FEB)

Toni Longueiraribeira

As ideas moi claras. Así se po-dería defi nir á presidenta da Federación de Empresarios do Barbanza (FEB), Gladys Bermúdez Siaba (Muros, 1960), que leva no cargo desde o 8 de febreiro do 2008, tras superar nuns comicios moi igualados ao dirixente da patronal po-brense, Manuel Tomé Arca.—Na entrevista que se lle fi xo pouco tempo despois de saír elixida, o titular que se lle puxo foi: «Os empresarios xóganse moito e hai que es-tar á altura». ¿Cambiou algo este discurso?—Para nada. Esta xunta directi-va está pola labor de defender a este colectivo. Non se esqueza que representamos a preto de 2.200 empresas da comarca e non podemos permitirnos o luxo de deixalas na estacada. Hai que estar cos autónomos e apoialos no que se poida.—¿Como con J. J. Chicolino?—Evidentemente. O que lle

sucedeu a Juan José Fajardo foi unha desgraza que lle pode pasar a calquera. O que sucedeu con este empresario boirense é que se trata dun dos mellores emprendedores do Barbanza, pola a súa aposta na innovación, investigación e desenvolvemento, que ademais xeraba moitos postos de traba-llo. Por iso, a FEB vaille facer unha pequena homenaxe na gala anual como símbolo de que se está con el, e non o imos deixar só na tarefa de reconstruír a súa empresa.—Falando da gala anual. Moito se escribiu sobre ela, sobre todo do sistema á hora de entregar os galardóns.—Había que facer cambios na entrega dos Dolmen porque existía o risco de que perderan a identidade coa que naceron hai 21 anos.—As patronais pequenas criticaron que só houbese un Dolmen de Ouro, porque así benefícianse as agrupacións con maior peso dentro da

federación comarcal.—Iso é mentira. Cando se falou de facer cambios organizativos tívose en conta este feito. Por iso creáronse unha serie de apartados, como innovación tecnolóxica, respecto polo me-dio ambiente, produtos ou ser-vizos pioneiros, ou o emprego do galego na empresa, para que así poida saír elixida calquera proposta que se fi xera. Non fai falla ter centos de miles de euros de facturación e moitos postos de traballo directos para conseguir o Dolmen de Ouro. O que se pretende con este sistema é que a empresa que reciba este distintivo o consi-dere como un valor engadido para o desenvolvemento do traballo diario.—A festa do empresariado do ano pasado estivo marcada polas discrepancias mostra-das por algunhas entidades.—É certo, pero a xunta direc-tiva, formada por doce agrupa-cións, decidiu, por maioría, que era necesario facer cambios e

así se fi xo. O que ocorreu foi que non había tempo material para introducilos, por iso, deci-diuse facer unha homenaxe aos ex presidentes con motivo do 20 aniversario da festa. A partir de aí, establecéronse os pasos oportunos para meter estes cambios.—Fágame un prognóstico para esta edición.—Vai ser a mellor gala dos últi-mos anos. Iso seguro. Noto en-tusiasmo entre os autónomos e vai a ser unha festa dinámica e alegre.—¿Nótase a crise económica á hora de confeccionar un programa destas caracterís-ticas?—Os recursos fi nanceiros non son os doutros anos e as axudas públicas, tampouco. Aínda así, organizouse unha festa digna deste colectivo. Non se esque-za que o peso das empresas da comarca no conxunto de Gali-cia e máis que relevante, máis aínda desde que estoupou a burbulla inmobiliaria.

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 8 |

En 1977 después de pasar 13 años tra-

bajando en la construcción en Francia,

era el momento de decidir, o regresar o

quedarse. Los niños en edad de colegio

obligatorio y por experiencia de compa-

ñeros, o te quedas para siempre o te

vas. Nosotros decidimos regresar.

En 1978 nace “ Construcciones y re-

paraciones en general, Basilio Cas-

tro Sueiro” hasta 1992, donde pasa

a llamarse “ Construcciones Xuño

S.L.”hasta la fecha.

Desde el primer momento nos dedi-

camos mayoritariamente a vivienda

unifamiliar y restauración, con una

amplia variedad de proyectos de vivien-

da nueva ( más de 70 ) y otras tantas

restauradas, además de bajos comer-

ciales, piscinas…buen conocimiento

en escaleras curveadas y acabados

en piedra.

Desde el comienzo hasta entonces la

media de trabajadores es entre 4 y 6

trabajadores.

Actualmente estamos preparando el

relevo.

ConstruccionesXuño, S.L.Carballal, 15 - Xuño (Porto do Son)Tels.: 699 92 01 03 - 699 92 01 05

HISTORIA

Page 9: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

anos»nivel galego

SIMÓN BALVÍS

e da FEB dende febreiro do 2008

«A directiva está pola labor de defender a este colectivo. Nonse esqueza que representamos a preto de 2.200 empresas»

«Había que facer cambios na entrega dos Dolmen porque existía o risco de que perderan a identidade coa que naceron hai 21 anos»

«Non fai falla ter centos de miles de euros en facturación e moitos postos de traballo para obter o Dolmen de Ouro»

«Noto entusiasmo entre os empresarios e vai a ser un festa dinámica e alegre»

Gladys Bermúdez cree que nos últimos tempos a Federación de Empresarios do Barbanza logrou dar un xiro no que a propostas feitas se refi re.—Vostede gañou os últimos comicios por seis votos a cin-co. ¿Existen tantas diferenzas entre os directivos como se percibe desde fora?—Creo que a dualidade da que vostede fala non é tan profunda como se poida pensar. É certo que a veces as posturas no son homoxéneas, pero non vexo cisma por ningún lado.—Pero hai patronais que non están conformes coa súa xes-tión e, ademais, mostraron o seu descontento en público. Algo está a ocorrer... —Como é lóxico, existen for-mas de pensar diferentes, pero tamén lle podo dicir que as reunións que mantemos son moi produtivas, e nelas os di-rectivos mostran abertamente as súas opinións.

—Ultimamente, as entidades locais estanse a renovar con empresarios de entre 30 e 40 anos, ¿está a cambiar algo dentro da FEB? —É bo que exista zume novo. Iso implica compromiso social e empresarial coa comarca do Barbanza. A incorporación de xente nova facilita a comunica-ción á hora de facer proxectos conxuntos. Os debates son sempre en clave positiva, é di-cir, mediante o achegamento de ideas e programas pionei-ros. Neste senso, a federación conta na actualidade con xente moi válida que ten iniciativas moi interesantes.—Póñame un exemplo.—Hai anos, pensar en facer cambios na gala dos Dolmen era case imposible e, sen em-bargo, conseguiuse agora. ¿Por que? Creo que hai xente que ve necesario impulsar novas ini-ciativas e propostas para non facer sempre o mesmo dende

hai dúas décadas. Os asocia-dos queren cousas novas, pero mantendo o espírito con que naceron estes premios. E iso é o que se pretende con esta gala dos empresarios: impulsar unha iniciativa que engloba a 2.200 empresas da zona e que están a desenvolver un magnífi -co traballo, pese ás circunstan-cias económicas tan adversas que lle tocan vivir.—Un desexo para esta gala.—Que todo saia a pedir de boca e que os empresarios gocen da súa festa porque, repito, é a de todos os barbanceses.

«A incorporación de xente nova facilita a comunicación á hora de facer proxectos conxuntos»

A dirixente sempre apostou por cambiar o formato da gala

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 9 |

La Basella, s/n - VILANOVA DE AROUSA

Telf: 986 55 40 06 • Fax: 986 55 57 07

e-mail: [email protected]

MANUEL VICENTE MOSQUERA E HIJOS, S. A., fúndase empresarialmente o 4 de de-cembro de 1989. O Centro de Produción está ubicado en Vilanova de Arousa é a razón social está en Rianxo, de onde é nativo o seu fundador. No ano 1999, inaugurase a nova nave é comeza a nova andaina ata a data actual.

As marcas que se comercializan son “LA VIEIRA” e “POMARES”. As nosas conservas continúan elaborándose seguindo un esixente e minucioso proceso de fabricación que inclúe: produción artesanal, uso de materia prima de primeira calidade (basicamente de orixe das rías galegas), non utilización de aditivos químicos e o uso de persoal con ampla experiencia no sector de conservas. O persoal contratado componse dun total de 50 tra-balladoras.

A Facturación na actualidade, ascende a uns 3. Millóns de euros.

A dedicación por parte da familia de sacar adiante este negocio, fi xo que o ritmo de crecemento fose progresivo ó longo dos anos, e que o servizo de información “ARDAN” outorgase á nosa empresa o califi cativo de empresa “GACELA”, califi cativo que se refi re ás empresas con un aumento anual de facturación e creación de emprego, proba disto son os datos que o xustifi can.

MANUEL VICENTE MOSQUERA E HIJOS, S. A.

”O mellor das nosas rías feito artesanía en conserva”

Page 10: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 10 |

X. Noalribeira

Asteleiros Triñanes é unha de-sas empresas das que un sem-pre se pregunta como tivo que esperar á gala número vinteún para obter un merecido recoñe-cemento social na comarca, e xa non pola actividade empre-sarial, que é meritoria, senón por tratarse esta do medio a través do que o seu xerente, Xerardo Triñanes, espalla o seu compromiso social, primeiro participando activamente en distintas entidades locais; e agora, liderando ao sector da carpintería de ribeira galega.

No eido exclusivamente em-presarial, cabe subliñar que o asteleiro empezou a súa acti-vidade no ano 1978, na Ladeira do Chazo, aínda que xa dera os primeiros pasos en Agañán. Dende entón e ata hoxe, das súas instalacións saíron 150 embarcacións cun nexo común: que foron construídas con mé-todos artesanais. A empresa fai barcos de todo tipo, entre eles pesqueiros, chalanas, dornas, unidades de recreo, mexilloeiros ou auxiliares de acuicultura.

A súa capacidade de produ-ción é de entre dúas ou tres unidades cuxas capacidades andan entre os 18 e os 22 me-tros de eslora, así como outras de pequeno porte. Ao mesmo tempo, fai servizos de mante-mento a unhas 95 naves ao ano. Ao remate do exercicio do 2008, Asteleiros Triñanes acadou unha facturación aproximada de 1,1 millóns de euros cunha

plantilla laboral de catorce persoas.

Aínda que a carpintería de ribeira é un ofi cio tradicional, en Triñanes souberon aplicar as novas tecnoloxías para adaptarse ás esixencias de modernización esixidas pola UE, empregando materias primas naturais e autóctonas, reducindo o custe enerxético e respectando a natureza.

Asteleiros Triñanes, onde os oficios convértense en arteFoi nomeada pola Asociación Boirense de Empresarios

SIMÓN BALVÍS

A figura do dolmen de Axeitos domina na gala da patronal

A distinción da patronal da Pobra foi para Peritaciones Caramés, unha empresa que ven operando 34 anos ininte-rrompidos, moi ao contrario, da súa progresión da mostra o dato de que cando empe-zou no ano 1975 tiña un só empregado, e hoxe xa conta con seis.

O mundo dos seguros e dos talleres de automóbiles coñecen ben a traxectoria desta fi rma, fundada e diri-xida polo perito de seguros Andrés Caramés Rial, quen

abriu o primeiro despacho en 1980 na rúa Gasset da Pobra, e doce anos despois daba un salto cualitativo e cuantitativo ao inaugurar novas instalacións na rúa Pin-tor Laxeiro, na mesma vila na que empezou a operar, á que incorporou os medios e as tecnoloxías máis avanzadas, así como persoal técnico altamente cualifi cado.

Importantes compañías e corredores de seguros con-fían a Caramés a avaliación dos danos.

Peritaciones Caramés, 34 anos operando na Pobra

A compañía Manuel Vicente Mosquera e Hijos, ou, o que é o mesmo, Conservas La Viei-ra, ten o domicilio social en Rianxo, pero a súa planta de operacións atópase en Vilano-va, onde tivo que consolidarse a raíz do retraso que sufriu a construción do polígono in-dustrial de Té. Esta fi rma foi elixida pola patronal rianxeira pasa ser distinguida na gala desta noite.

Dende a outra beira da ría de Arousa, pero con acento rianxeiro, saen para os mer-

cados españois e galegos as conservas que se envasan aínda con métodos tradicio-nais. Cabe dicir que o 20% da plantilla é barbancesa, e a metade desa proporción é rianxeira, e tamén, cando renovou as instalacións de Vilanova, elixiu Barbanza para establecer a actividade temporalmente, na nave de Boiromar, no Chazo.

A súa facturación ascende a tres millóns de euros e a plan-tilla de traballadores sitúase en medio cento.

Conservas La Vieira, tradición con acento rianxeiro

C/ A. nº 15. Tel./fax: 981 85 01 36 - C/ A. nº 15. Tel./fax: 981 85 01 36 - SIERRA DE OUTESSIERRA DE OUTES

COMERCIAL EMI-1ºCOMERCIAL EMI-1ºMUEBLES O CABALLEROMUEBLES O CABALLERO

Pinturas •Pinturas •Electrodomésticos •Electrodomésticos •

CORTINAS - RIELESCORTINAS - RIELES • •Ferretería - Bazar •Ferretería - Bazar •

Page 11: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

María Hermidaribeira

Que a gala dos Dolmen repita este ano escenario e volva ter a Boiro como postal de fondo fai que, por segundo exercicio consecutivo, o alcalde boiren-se, Xosé Deira Triñanes, vaia ter que coller o micrófono para falarlle aos empresarios barbanceses. O ano pasado deixou o pavillón alto. O seu discurso non deixou indife-rente a ninguén. Non en van, e malia que os do seu partido aínda gobernaban en Santiago e levaban a carteira de Indus-tria, non dubidou en lanzar dardos contra o executivo autonómico por non enviar a ningunha autoridade de primeira fi la á gala. —Outra vez os Dolmen en Boiro. Antes de falar dos des-te ano, lembremos a gala do ano pasado... Que discurso máis reivindicativo deu, ¿non lle acabaron berrando os do seu partido?—Algo houbo. Pero tampou-co faltou quen me dixo que fi xera ben, que necesitaban que lles tirase das orellas. Pensa que en todas as galas dos Dolmen viña algún alto cargo da Xunta, que o propio Manuel Fraga ten participado nesta celebración, e xusto, o ano que gobernaban uns com-pañeiros, atopeime con que o conselleiro non veu. Certo é que mandou a xente do seu departamento, pero creo que merecíamos máis. De aí que dixera iso de que Santiago nos quedaba lonxe. E volvereino dicir este ano, indubidable-mente, se se volve dar o caso. Elemental.—Diso non teño moita dúbi-da, non parece vostede dos que calan facilmente...—Tampouco é así. Alguén dixo que a xente acábase arrepentindo do que non fai. A min creo que me pasa ao revés, son máis dos que se arrepinten do que calaron que do que dixeron. —Falando, valla a redundan-cia, de falar... ¿hai que seguir falando de crise, ou ve eses brotes verdes que pintaba a ministra?—Imos por partes. A crise é como a auga, se te pilla non hai que falar dela, senón nadar para intentar saír. E, en can-to aos brotes verdes, eu de momento non os vexo. Sinto dicilo, pero creo que a situa-

ción está peor agora que o ano pasado. Nótoo cando veñen empresarios pedindo que lle fraccionemos algúns pagos. E véxoo cando saen os datos do paro, que seguen subindo. Mentres o desemprego non acougue, non podemos falar de bos tempos económicos. —¿Cre que a comarca leva mellor os malos tempos que outras zonas galegas?—Si. Creo que aquí estamos mellor que noutras zonas e é, en parte, grazas a que a nosa economía non só se sostiña no sector da construción, senón que tiñamos e temos un sec-tor primario e secundario moi importante. A toda esa xente, aos traballadores e empresa-rios responsables que se teñen esforzado tanto, lles debemos estar mellor nesta bisbarra. —¿É responsabilidade de todos, incluso das Adminis-tracións como a que vostede dirixe, loitar para que a bur-bulla inmobiliaria non volva medra sen mesura?—Todos temos que estar aler-ta. Aquí, en toda España e a nivel internacional.

«A crise é como a auga, se te pilla non hai que falar dela, senón nadar»O mandatario boirense di que non ve aínda os brotes verdes dos que falou a ministra Salgado, pero sinala que «a economía está aquí mellor que noutros lados»

CARMELA QUEIJEIRO

Deira cre que non se pode falar de bos tempos mentres non baixe o número de desempregados

Entrevista | Xosé Deira TriñanesALCALDE DE BOIRO

Os empresarios teñen en Xosé Deira un aliado para reivindicar infraestruturas para a bisbarra. Iso queda claro nada máis preguntar-lle pola petición que moitos empresarios fi xeron de que a autovía barbancesa estea unida coa AP-9 por Catoira cun vial en condicións. —A autovía non o é todo. ¿Hai que moverse para con-seguir vertebrar o norte e o sur da ría, e unir Barbanza con Muros e Noia?—Pois claro. É fundamental que esteamos ben comunica-dos tanto co sur da ría como coas cidades do sur galego e con Portugal. É vial para a nosa economía. O de pedir que se mellore a estrada que leva ao enlace coa AP-9 en Catoira parece imprescin-dible. Así como tamén creo que é fundamental que nos unamos mellor coa zona de Muros e Noia. —¿E que opinaría de que na comarca houbese un tren de proximidade, parécelle un soño ou una infraestrutura a reivindicar?—Un tren de proximidade sería transcendental para o desenvolvemento da nosa bisbarra. Hai que atopar unha clase política responsable que se faga eco desta petición, cambiaría o noso futuro.

«Un tren de proximidade sería transcendental para o desenvolvemento da nosa bisbarra»

Falando dos empresarios e de Boiro, estes días é tema obrigado referirse á situación de J. J. Chicolino. O lume nas instalacións fabrís de Vilari-ño deixou moita impotencia e cuantiosos danos, pero tamén fi xo afl orar a unión empresarial. O alcalde foi ben consciente desta piña que fi xeron os propietarios de negocios de toda a zona. —Mentres o lume se leva-ba por diante as naves de Chicolino, a vostede, ao igual que a Juan Jesús Ares, vímolo, teléfono en man, in-tentando axudar... ¿Chegou a sentirse desbordado?—Desbordado non, chegas a sentirte case inútil, ao ver que non podes facer nada para que o incendio non avance. Foron uns días duros, e agora toca axudar a esa empresa a saír adiante. —Vostede mesmo fi xo refe-

rencia a que os responsables de Congalsa lle prestaron todo o apoio posible a Chi-colino, ¿que lle pareceron as mostras de solidariedade cos afectados do resto dos empresarios?—Creo que acabamos de ver a unión que teñen os empresarios cando hai unha traxedia. Todo o mundo é consciente de que lle pode tocar a calquera, e por iso a colaboración foi máxima. A min chegaron a chamarme algúns empresarios para ofrecerme desde palas e es-cavadoras ao que fi xera falta. De verdade que se sentiu a unión, pena que non ocorra iso sempre. Os empresarios teñen que colaborar máis e loitar xuntos, sobre todo nestes tempos de crise. —Xa hai nalgúns asuntos que fan fronte común. Por exemplo, case todas as pa-

tronais fi xeron pública a necesidade de que se poi-da ir pola autovía a 120, ¿a vostede que lle parece?—Eu entendo a reivindica-ción. Creo que sempre ten que primar a seguridade pero a realidade é que o trazado parece que está ben como para poder ir a 120. Ademais, está claro que a actual situación, tendo que cambiar de velocidade cada pouco tempo, non é boa. Quizais, no único sitio onde se faga necesario o dos 100 sexa no viaduto sobre a ría, sobre todo os días nos que faga moito vento. —Viaxemos a Boiro para rematar, ¿que importancia, de cero a cen, ten a obra do porto de Cabo de Cruz?—Tena toda. Esta actuación é fundamental para a econo-mía do noso municipio, diso non hai dúbida

«Acabamos de ver a unión que teñen os empresarios cando hai unha traxedia»

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 11 |

Page 12: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 12 |

X. Noalribeira

A patronal de Noia tamén fi xo xustiza cun dos seus socios: Construcións Ces. Esta fi rma é merecente de canto homenaxe se lle faga, e mais nestes tem-pos nos que o seu sector está a atravesar a peor crise que se recorda. Pese a elo, a compañía segue operando desde que nos anos cincuenta a fundara José Ces Nieto, dedicándose a obras de albanelería e vivendas uni-familiares.

No ano 1977, a empresa expe-rimenta o maior cambio na súa estrutura, xa que José Manuel e Manuel Ces Canle, fi llos do fun-dador, intégranse como socios da compañía na que xa traballa-ban e esta adquire o seu nome actual. A segunda xeración amplía a actividade nos anos oitenta, ao sector da edifi cación residencial e aos saneamentos e abastecementos, operando principalmente en Noia, Porto do Son, Santiago e Vigo.

Mostras do bo facer constru-

tivo hai moitas, pero a principal pode considerarse o edifi co da casa consistorial de Brión, que obtivo o Premio Europa á Rehabilitación. Tamén fi xo a piscina de Noia, o edifi cio do Club Náutico de Portosín e do de remo de Testal, ou as rehabi-litacións dun edifi cio dedicado a restaurante e hospedaxe na rúa do Franco de Santiago e do da Clínica Juanatey noiesa.

Tamén destaca Construcións Ces polo seu compromiso coas entidades cidadás e pola súa colaboración na celebración de actos deportivos e cultu-rais, entre eles, aos clubs de baloncesto, atletismo, ciclismo, fútbol e fútbol sala, ao rali, á concentración cabalar de San Marcos, a Mar de Noia, ao centro Renacer, ás festas e un sinfín de entidades.

Actualmente conta cunha plantilla estable de 25 traba-lladores e dispón dos servizos dun amplo número de fi rmas colaboradoras nos distintos ofi cios.

Construcións Ces é un exemplo empresariale social en NoiaA empresa patrocina a entidades de todo tipo, especialmente ás deportivas

SIMÓN BALVÍS

O dolmen resume a fortaleza do tecido industrial da comarca

Os empresarios de Porto do Son optaron por elixir á empresa Queiruga San Pedro Antonio y Fernando como a súa representante na gala dista noite. Non é habitual que, no mundo da pesca, se barallen méritos como a explotación sostible para destacar a unha casa armadora. Os propietarios desta fi rma contan con dous barcos, o Ansia e o Arela, cuxa actividade da emprego directo a 31 traballadores e a entre sete e oito indirectos, que son as redeiras.

A patronal sonense con-siderou, ao propoñer o seu candidato, a importancia de que esta compañía im-plantara unha complexa máquina clasifi cadora de peixe coa que logra selec-cionar as pezas por tamaño e especie, e devolver vivas ao mar aquelas inapropia-das para comercializar.

O feito de haber incorpo-rado esta máquina supuxo que o nome de Porto do Son se escoitara en distintos portos pesqueiros de todo o Cantábrico e incluso de Francia.

Queiruga San Pedro fai da innovación bandeira na pesca

A candidatura que vai optar ao Dolmen e Ouro polo Cen-tro Empresarial da Constru-ción do Barbanza (CECB) é Construcciones Xuño, unha fi rma que fundou en 1978 Basilio Castro Sueiro cando retornou da emigración, en Francia, onde operaba no sector do ladrillo. Non em-pezou só, porque a súa dona, María Selva Fuente Martínez, formaba parte da empresa en calidade de administradora.

A principal actividade da

fi rma é a construción de vivendas unifamiliares, das que ten contabilizadas máis de setenta nos núcleos rurais de Ribeira e Porto do Son. A obra máis importante que fi xo foi o centro médico de Xuño, pero tamén afronta repara-cións e restauracións.

Conta cunha plantilla de entre 4 e 7 traballadores, e Basilio Castro xa está pen-sando na sucesión, de aí que estea na empresa un dos seus tres fi llos.

Xuño levantou máis de 70 casas nos núcleos rurais

Page 13: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 13 |

A. Gerperibeira

Manuel Arcos comezou como fontaneiro autónomo na loca-lidade mazaricá de A Picota hai dezasete anos, e dende entonces non fi xo outra cousa que avanzar, medrar e conso-lidarse no mercado. Daquela pequena empresa fundada en 1992 quedan os alicerces máis importantes: o tesón e o traba-llo constante para adecuarse ás novas demandas.

O fontaneiro comezou cun axudante nunhas instalacións modestas, pero agora Instala-cións Arcos ten unha nómina de persoal que supera os corenta empregados e a súa facturación xa acadou os 1,5 millóns de euros no 2006.

Incluso, a compañía propiciou que algúns dos traballadores que se formaron nela se esta-blecesen posteriormente pola súa conta, incrementando a oferta deste tipo de servizos e xerando novos empregos.

Instalacións Arcos ofrece experiencia e calidade, avala-da pola obtención, no 2004, da norma ISO 9001:2000.

O gran salto cualitativo

da compañía de Mazaricos fundada por Manuel Arcos produciuse cando, en 1996, formou a sociedade limitada e ampliou as súas instalacións. Este crecemento acadou a súa consolidación cando, no 2002, inaugurou na cidade de A Co-ruña un comercio de mobiliario de baño e, dado o éxito, no 2004 abriu, no termo de Mazaricos,

unha tenda do mesmo tipo.Hoxe en día, Instalacións Ar-

cos continúa a ofrecer servizos de fontanería, gas e calefacción, pero como os tempos cambian, a fi rma tamén ten persoal es-pecializado en novas áreas, como son as de instalacións de enerxía xeotérmica, chan radiante, gas e equipamentos de bombeo.

Instalacións Arcos continúa co seu imparable crecementoA firma mazaricá de fontanería non é allea ás enerxías renovables

SIMÓN BALVÍS

Hermo e Martelo, ex dirixentes, saúdanse na gala do 2008

A fl ota de sesenta autocares de Hermanos Ferrín chega a todos os puntos. A compa-ñía realiza o transporte de estudantes en Muros, Outes, Noia, Ribeira e Santiago. Ademais, leva diariamente a persoal de varias fábri-cas da bisbarra, ten unha participación maioritaria na estación de autobuses de A Pobra e fai o traslado regular de viaxeiros entre diversas localidades.

Manuel Ferrín Suárez se-guiu con gran éxito e unha notable expansión a tradi-ción familiar de dedicarse ao transporte de viaxeiros.

Na actualidade, Hermanos Ferrín, fundada en 1994 tras a compra doutras fi rmas como Sarasquete e Hijos e El Celta, é un grupo de cinco empresas. Estas so-ciedades proporcionan emprego directo a máis de oitenta condutores e a unha cifra superior ás trinta coi-dadoras.

Na zona de Santiago, Hermanos Ferrín fai viaxes dentro do transporte metro-politano de Galicia, sendo unha das fi rmas pioneiras na implantación deste ser-vizo nesta cidade.

Os autocares de Hermanos Ferrín non teñen límites

A Casa dos Martínez, em-prazada en Padrón, parece pequena porque só ten cabida para 26 comensais, pero realmente é un lugar moi grande e irresistible para os padais. Os produtos galegos, principalmente os da comarca, son as ferra-mentas do seu fundador, Enrique Castillo, que sa-biamente sabe darlles un toque vangardista.

En A Casa dos Martínez pódese comer Tarta de queixo ao estilo da aldea da miña cuñada, Fabada como a da miña sogra ou sardiñas de Rianxo con pementos de Padrón. Se os pratos son irresistibles, os prezos son do máis tentador, porque esta cociña de nivel pódese degustar sen gastar máis de 35 euros.

De feito, A Casa dos Mar-tínez recibiu no 2006 o pre-mio Alimentos de España e dende o 2007 está cataloga-da como big gourmand da Guía Michelín.

Por si fose pouco, a deco-ración tamén é singular. Son fotos que Enrique Castillo saca aos veciños que lle evocan algún sentimento, son heroes cotiáns.

A Casa dos Martínez namora aos comensais

I N S T A L A C I O N E S

I n t e g r a l e s e n E d i f i c a c i ó n

• FONTANERÍA

• CALEFACCIÓN

• GAS

• CLIMATIZACIÓN• ENERGÍA SOLAR• ENERGÍA

GEOTÉRMICA, ETC.

Desde 1992 hasta hoy, M.

ARCOS, S.L., con� núa ofreciendo

su experiencia en el sector

dedicada a la instalación de

fontanería, calefacción, gas,

clima� zación, energía solar e

instalación Geotérmica.

Instalaciones Arcos es una empresa creada

en 1992 por Manuel Arcos que comienza

en la localidad de La Picota-Mazaricos,

ejerciendo de fontanero, contando con unas

escasas instalaciones y realizando pequeñas

reformas, pero su propuesta era muy seria

y su voluntad de proyección muy grande. Por

eso en el año 1996 se dio un gran impulso

y se crea la sociedad limitada dotándola

de instalaciones propias, ofi cina, almacén

y vehículos comerciales, creando nuevos

puesto de trabajo y realizar instalaciones en

obras nuevas, edifi cios de viviendas.

En el año 2002 abrimos una nueva ofi cina

en la ciudad de La Coruña e inauguramos

nuestra primera � enda de mobiliario de

baño con la ilusión de seguir creciendo y

ofreciendo una mayor variedad de servicios

y productos.

Desde el año 2004 instalaciones Arcos

posee la cer� fi cación de la NORMA UNE-EN-

ISO 9001:2000, y este mismo año abrimos la

segunda � enda y exposición de mobiliario

de baño en Mazaricos.

El ámbito de actuación profesional está

dirigida principalmente a instalaciones de

fontanería, calefacción y energía solar,

incluso instalación de red de agua en general

para el funcionamiento de edifi cios (tanto

públicos como privados), urbanizaciones

residenciales, polígonos industriales, etc.

Visítenos en:C/ Alcalde Suárez Ferrín, 10 bajo. A CoruñaTel. 981 12 88 01 - Fax: 981 12 88 72 - Móvil: 678 46 05 65fontanerí[email protected]

También estamos en:C/ Dolores González Jurjo, 11 (Al lado de los colegios). A Picota. MazaricosTel. 981 85 21 73 - Móvil: 670 80 19 96

TIENDASTODO BAÑO A PICOTA

TODO BAÑO A CORUÑA

Page 14: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Dolmen de Ouro 2009 | 14 |

J. M. Jamardoribeira

A empresa muradá Efectos Navais O Redero converteuse nos últimos anos nunha fi rma que aposta pola innovación no sector pesqueiro. Fundada en 1992, comezou operando como almacén de redes para conver-terse nunha tenda dedicada a todo tipo de útiles e mate-riais para a pesca de baixura, especializándose en montar, elaborar e distribuír aparellos para xurelo, e de todo tipo de artes. Outra das especialidades da sociedade é a fabricación de nasas de madeira e ferro.

Nas súas instalacións prepá-ranse tamén todo tipo de arti-gos que demandan os barcos do sector do arrastre.

Nos últimos tempos, os res-ponsables de O Redero deron un paso máis para mellorar as condicións da pesca e come-zaron a investigar no desen-volvemento de aparellos para o xurelo, buscando materiais máis lixeiros que repercutan

nun menor impacto ambiental, menos resistencia á auga, coa que diminúe o consumo de combustible, e tamén mellora seguridade das embarcacións porque alixeira o peso en cu-berta. O grupo de empresas O Redero conta ademais cunha nave para o desenvolvemento destes útiles.

Empregados Desde os seus inicios, hai uns 17 anos, a fi rma de efectos navais conta cunha tenda na vila de Muros na que, ademais, dispón dunha ampla e variada gama de artigos para a pesca deportiva.

O ano pasado, e seguindo coa súa liña de expansión, O Redero abriu as súas portas en Ribeira, onde tamén ofrece todo tipo de materiais e uten-silios para a pesca.

A fi rma conta con seis em-pregados e un comercial que se dedica á venda directa a barcos de altura con base nos portos da Coruña e Burela.

A firma muradanaO Redero aposta pola innovación na pescaFundada en Muros hai 17 anos, no 2008 abriu unhas instalación en Ribeira

O restaurante Casa da Crega, situado en Calde-barcos (Carnota) mantén a tradición na súa cociña. A responsable do negocio, Erundina Díaz, procede dunha familia cunha gran experiencia nos fogóns. É a terceira xeración dunha saga que abriu unha pe-quena tenda hai case cen anos na que tamén daban comidas.

A auténtica transforma-ción do local tivo lugar hai uns oito anos. A propietaria cambiou por completo o establecemento e a casa de comidas converteuse nun acolledor restaurante.

Na súa carta non poden faltar os excelentes peixes e mariscos da costa carnotá. Tamén son especialistas en empanadas e paellas, e con-tan ademais cunhas carnes de moi boa calidade.

O negocio é atendido pola familia da propieta-ria, pero na época estival o traballo multiplícase e a Casa da Crega chega a dar emprego ata a oito persoas para satisfacer os padais máis esixentes cun servizo acorde coa calidade da súa cociña.

Casa da Crega, unha cociña con sabor tradicional

J. M. Sandeoutes

Comercial Emi 1º é unha empresa que foi fundada no ano 1988 e que comezou a súa andaina dedicándose sobre todo á venda de pro-dutos de ferraxería, pintura e decoración, contando coa representación para a locali-dade das mellores marcas nos seus respectivos campos.

Co paso do tempo, a varie-dade de produtos que se ofre-cen foi crecendo. Nos últimos anos, os seus responsables introduciron entre os seus artigos cortinas, utensilios

de pesca, lecer, limpeza e roupa de traballo.

No ano 2000, coa reforma das instalacións, Comercial Emi 1º incorpórase ao grupo Galega do Moble, engadindo unha ampla e variada gama de mobles para o fogar. A am-pliación das instalacións, así como a construción de varias naves, déronlle a posibilidade de chegar a ofrecer aos seus clientes máis de 30.000 arti-gos dos máis de 600 provedo-res con que conta na actuali-dade. A fi rma está forxada no traballo e na calidade humana do seu persoal.

Emi 1º é un comercio outéense onde prima a calidade

SIMÓN BALVÍS

Os alcaldes arroupan coa súa presenza aos emprendedores

Familia de mariñeiros, estes tres irmáns, continúan coa traxectoria que o seu pai comenzou.

A historia destes tres irmáns comeza cando pai, que aló polos anos 60, cando éste tiña sobre 22 anos e mercou un barco, mais ben pequeno, co nome “O BONITO” e dedi-couse á pesca do cerco. Como as cousas marchaban ben, e as perspectivas de futuro eran boas, vendeu o barquiño para mercar un barco máis grande, no que o cambio era para mellor. Este barco chamábase “PRIMERO CABO NAVAL”, no que seguía coa pesca do cerco. Co paso do tempo e polas melloras que se avistaban, precisa-base dun barco maior. Así foi que se vende este barco para mercar así o “SEGUNDO CABO NAVAL”, e así co paso dos anos e as melloras queríanse facer notar, se consigue o “TERCEIRO CABO NAVAL”, este último cando tiña navegado tres anos dende a súa construción, alá polo 1986 naufragou.

A partir deste tráxico suceso, a familia de-cide construir o “CUARTO CABO NAVAL”. Dando así mostras do seu carácter empren-dedor que pronto transmitiría os seus fi llos, como demostra o feito que alá polo 1997 os tres irmáns Antonio, Fernando e Javier se fan cargo da empresa familiar.

Iniciando a súa andaina profesional coa embarcación “ARELA”(ansia en galego). Por aquel entonces esta embarcación demos-

traba o carácter innovador destes xóvenes armadores, ós ollos dos buques máis mo-dernos e avanzados da Costa Galega.

Oitos anos despois, a empresa familiar decide mercar unha nova embarcación xe-melga ó “ARELA”, que bautizarían co nome “ANSIA” en homenaxe a unha embarcación que tivera seu avó co mesmo nome.

Estes seguen coa pesca do cerco no que se captura sardiña, xurelo e anchoa.

Deste xeito Fernando ocúpase da embarca-ción “ARELA” e Antonio xunto con Javier do “ANSIA”.

Outro exemplo máis destes armadores sonenses é a modernización dos seus buques, polo que é o feito de que fosen seleccionados polas institucións públicas, tanto estatais como autonómicas para par-ticipar en diversas campañas experimentais de prospección de recursos pesqueiros en distintos caladoiros.

Actualmente están a sorprender ó mundo do mar pola implantación dun innovador sistema que permite a clasifi cación do peixe segundo especie e tamaño, ademais da de-volución ó mar dos exemplares descartados totalmente vivos.

Esta empresa ten gran signifi cado na eco-nomía de Porto do Son, dado a que xera sobre uns corenta e cinco postos de traballo directos e indirectos

Un camiño marcado pola tradición familiar mariñeira é o

que fai que tres irmáns ( Antonio, Fernando e Javier) sigan

arraigados no mundo do mar.

De avós a paise de pais a fi llos

QUEIRUGA SAMPEDRO ANTONIO Y FERNANDO C.B.

Barcos:“ANSIA” e “ARELA”PORTOSÍN(Porto do Son)

Page 15: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Publicidad | 15 |

Page 16: New LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009 | … · 2009. 10. 9. · Siaba logrou completar o aforo unha semana antes. Un dato que parece confi r-mar este éxito de público

LA VOZ DE GALICIA | VIERNES, 9 DE OCTUBRE DEL 2009

| Publicidad | 16 |