New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC),...

24

Transcript of New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC),...

Page 1: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...
Page 2: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...
Page 3: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

Betanzos

EDITA

ISSN 2603-9583

Page 4: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

casadosespellos.gal

facebook.com/casadosespellos/[email protected]

PERIODICIDADE CALL FOR PAPERSCasa dos Espellos é unha revista anual que recibe os seus artigos antes do 31 de outubro

COLABORACIONS

DESEÑO E ILuSTRACIONSYosune Duo Suárez

(Ilustración de portada baseada en Camilo Díaz Baliño, ilustración do templete do Parque do Pasatempo baseada nunha imaxe de Jose Souto Santé)

Diana Sobrado

Jose Souto San

Mar Vieites

(A partir dunha imaxe de Jose Souto santé: escudo de Betanzos da seguinte páxina tomado do cartel das festas de Betanzos do 1934 obra de Camilo Díaz Baliño e filigrana do índice sacada dos mosaicos de azulexos da Casa dos Espellos)

COmITE TECNICOLucía Díaz VilariñoYosune Duo SuárezNoelia Fraga Pérez

Diana Sobrado

COmITE CIENTIFICOPilar Cagiao Vila (Universidade de Santiago de Compostela))

Carlota González Míguez (Asociación de Amigos del Parque del Pasatiempo)David Martín López (U. Granada)

Ernesto Vázquez-Rey (U. da Coruña)José Manuel Rey Bao (IES Francisco Aguiar)Julián Ferrer García (IES Francisco Aguiar)

Patrizia Granziera Ceotto (Universidad Autónoma del Estado de Morelos)Paz Moreno Felíu (Universidad Nacional de Educación a Distancia)

Uxía Cagiao Teijo (IES Francisco Aguiar)Xosé Luís Mosquera Camba (IES Francisco Aguiar)

COORDINAÁngel Arcay Barral

Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

CONTACTO

Ángel Arcay BarralAdrián Brandariz López

Laura Camino PlazaSara Fraga Pérez

Adrián FeijooSánchezCatuxa Gómez Teijo

Juan antonio Rodríguez ArnaoJose A. Souto Santé

Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Page 5: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

Ricardo Varela Fernández

Laura Camino Plaza

Jose A. Souto Santé

Juan Antonio Rodríguez Arnao

Sara Fraga Pérez

Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Adrián Brandariz López

Ángel Arcay Barral

Ángel Arcay Barral e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Adrián Feijoo Sánchez

Catuxa Gómez Teijo

pax 8-15

pax 16-23

pax 24-51

pax 68-87

pax 88-115

pax 116-131

pax 132-151

pax 152-181

pax 182-203

pax 204-215

pax 52-67

Estatua de Mercurio do Parque do Pasatempo: Unha postal de Pedro Ferrer

Materiais empregados na construción do Pasatempo

Placas en honor de los Hermanos García Naveira y sus obras

Xardíns temáticos ou arte interactiva? O Parco Museo Jalari e o Parque do Pasatempo

A arte no Pasatempo de Betanzos (II): Entre as súas pezas e os catálogos franceses de fundición artística

Tradición e modernismo en Sada. Visual do patrimonio arquitectónico local conservado na actualidade

Laboratorio de formas: O Parque do Pasatempo no arquivo persoal de Isaac Díaz Pardo

Fontes documentais arredor dos García Naveira (II): A chegada da estrada ao Parque do Pasatempo

A emigración no cine de Chano Piñeiro: Mamasunción (1985) e Sempre Xonxa (1989)

O Parque do Pasatempo como recurso educativo: Unha proposta interdisciplinar

A outra metade do Pasatempo: Reconstrución gráfica do recinto inferior. Hipótese da recuperación da casiña dos espellos

Page 6: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...
Page 7: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...
Page 8: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...
Page 9: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

205C D E

205

Resumo O seguinte artigo recolle unha proposta didáctica para Educación Primaria na que se presentan posibles

actividades para traballar co Parque do Pasatempo, obra de Don Juan García Naveira, e ben patrimonial,

como recurso; así como se explica a relación do parque coas súas posibilidades didácticas.

Palabras chave: Parque do Pasatempo, proposta didáctica, Educación Primaria, Ciencias Sociais, patri-

monio.

AbstractThe following article includes an educational proposal for Primary Education in wich various activities are

suggested to work with the “Parque do Pasatempo”, made by Mr. Juan García Naveira as part of the local

heritage and an educational resource. At the same time its educational possibilities will be explained.

Keywords: Parque do Pasatempo, educational proposal, Primary Education, Social Sciences, heritage.

INTRODUCIÓN Esta proposta centraríase no uso dun es-pazo local como é o Parque do Pasatempo, situado en Betanzos e construído por Don Juan García Naveira, un dos indianos máis destacados da nosa localidade xunto co seu irmán Don Jesús.Os principais obxectivos disto serían:• Promover entre a poboación escolar o coñecemento e a concienciación sobre a valoración e conservación do patrimonio cultural e material próximo, así como o co-ñecemento da propia historia.• Desenvolver unha guía de activida-des en base a elementos propios do Parque do Pasatempo ou relativos á historia do mesmo e a historia local para ofertar aos centros da contorna nos que se imparta a

Educación Primaria.• Favorecer a interdisciplinariedade nas aulas de Educación Primaria. • Usar como medio de aprendizaxe un elemento histórico e cultural próximo ao alumnado no espazo.

A RELACIÓN CO CURRÍCULO DA EDUCACIÓN PRIMARIA E AS CIENCIAS SOCIAIS Para o deseño e o desenvolvemento des-tas actividades partiríamos do DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se es-tablece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia; centrán-donos en todo momento na área de Ciencias Sociais, destacando aspectos como a historia e o coñecemento do entorno; ademais do pa-trimonio.

Catuxa Gómez TeijoEducadora

Ilustracións: Yosune Duo

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 204-215, ISSN 2603-9583

Page 10: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

Dentro desta área de coñecemento temos que mencionar a súa relación coa didáctica, que deriva en tres paradigmas epistemolóxi-cos que á súa vez dan lugar a tres modelos de ensinanza:• Paradigma positivista ou neoposi-tivista: modelo tradicional ou ensinar para adoutrinar.• Paradigma humanista: modelo de ensinanza activa ou ensinar para ser autó-nomo.• Paradigma crítico: modelo crítico ou ensinar para reflexionar.

O ideal sería a predominancia do segundo e do terceiro destes modelos, pois buscara-se “propiciar en el alumnado una reflexión crítica y una conciencia de su propio sistema de valores, dejando lugar para la aceptación del conflicto, la argumentación entre distin-tas posturas y el planteamiento de posibles alternativas” (Tudela y Cambil, 2016, p.41).

Ademais da importancia da historia, debe-mos destacar o patrimonio histórico e patri-monio cultural, tanto material como inmate-rial. Falamos dun legado que recibimos dos nosos antepasados, modificamos no pre-sente e transmitimos ás xeracións futuras. Este patrimonio, tanxible ou intanxible, pode ser un gran recurso para traballar na aula, polo que a súa conservación é vital. Tomariamos polo tanto como base o pa-trimonio cultural e coa aplicación de propos-

tas como a presente neste traballo fariamo-que o ensino e a cultura estean intimamente relacionadas, destacando a importancia do patrimonio.

Por tanto, é deber de mestres, mestras e centros escolares formar ao seu alumnado no coñecemento do patrimonio que lles foi legado, e máis aínda se falamos dun patrimo-nio accesible a elas e eles e próximo no ámbi-to espacial, e non tan afastado en termos de tempo, e aquí é onde o Parque do Pasatempo cobra relevancia con respecto aos centros da zona.

O PARQUE COMO RECURSO INTERDISCIPLI-NAR Neste artigo tomamos o parque como un ben patrimonial que nos pode servir como re-curso educativo a utilizar nas aulas, a través dunha pedagoxía interdisciplinar que toma como base o patrimonio cultural e na que a ensinanza e a cultura están intimamente re-lacionadas.

Así, presentariamos unha guía de diversas actividades relacionadas co parque para o profesorado, que poderá incorporar a un po-sible proxecto ou ás programacións que es-tea aplicando na aula de Educación Primaria, coas correspondentes adaptacións ao curso para o que se destinen as mesmas, así como ás características do alumnado que conforma o grupo-aula.

O Parque do Pasatempo como recurso educativo: Unha proposta interdisciplinar | Catuxa Gómez Teijo

Page 11: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

207C D E

207

Estas actividades estarían destinadas á consecución dalgúns aspectos do currí-culo da Educación Primaria, como son as competencias clave, incluídas no DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia; as ca-les son as seguintes: comunicación lingüís-tica (CCL), competencia matemática e com-petencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívi-cas (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións culturais (CCEC).

Algunhas das temáticas conceptuais en torno ás cales poderían xirar as actividades que se propoñan, aínda que se poderían in-cluír máis, serían as seguintes: o tempo, a emigración, as formas de goberno, os seres vivos, o envío postal, a tecnoloxía, as formas xeométricas, as relixións e a mitoloxía, as co-vas, e os cambios no parque ao longo do tem-po e a súa conservación.

Dentro de cada unha das mesmas, traba-llarase en torno a diversos aspectos en rela-ción a distintos elementos do parque:• O tempo. Traballaremos as horas, os fusos horarios e o movemento de rotación, as estacións do ano e o movemento de trans-lación, a agricultura, os dinosauros, etc., co Muro dos reloxos, a Fonte das catro estacións e representacións de dinosauros.

(Fig.1) Muro dos reloxos. Fátima López Freire.

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 204-215, ISSN 2603-9583

Page 12: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

Unha posible actividade sería que o alum-nado investigase acerca dos irmáns García Naveira e a súa importancia para Betanzos en base a libros, noticias da época, buscas en Internet coa axuda das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC); relacio-nando a súa experiencia coa importancia dos movementos migratorios do século XIX, e comparándoa cos movementos migrato-rios dos que máis se nos fala na actualida-de dende os medios de comunicación.• As formas de goberno. Traballare-mos as distintas formas de goberno pre-sentes no mundo, as que existiran en Ga-licia ao longo da súa historia, o nivel de participación cidadá en cada unha desas formas de goberno, etc.; a través do Muro da España Monárquica e as súas 18 fillas republicanas e diversos símbolos republi-canos presentes no parque

Unha das actividades relacionadas co-neste tema sería presentar ao alumnado diferentes formas de goberno e que este teña que descubrir se na rexión na que vi-ven sempre houbo a forma de goberno que eles coñecen actualmente, ou se está ins-taurada a mesma en tódolos países; outra sería a busca de símbolos republicanos no parque como medio de coñecer caracterís-ticas acerca desta forma de goberno. • Os seres vivos. Traballaremos aspec-tos relacionados cos seres vivos; ademais de destacar a importancia da existencia de especies invasoras, especies autóctonas

O Parque do Pasatempo como recurso educativo: Unha proposta interdisciplinar | Catuxa Gómez Teijo

(Fig. 2) Xirafa na Gruta da Recoleta.

Por exemplo, podería tomarse unha imaxe do Muro dos reloxos e substituír os números romanos polos arábigos e atopar a hora que marca cada un, ou borrar as agullas e debu-xar en cada un a hora que sería segundo o fuso horario no que se atopen as cidades ás que corresponden en base á hora que mar-que o reloxo relativo a onde o alumnado vive.• A emigración. Traballaremos o tema da emigración, tanto en outras épocas como na actual, coa Estatua dos irmáns García Na-veira, testemuñas persoais, fotografías, car-tas, etc.

Page 13: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

209C D E

209

ou locais, etc., tomando como referencia especies vexetais e animais presentes no parque e as representacións de animais existentes na Gruta da Recoleta.

Exemplos destas actividades serían, nunha visita ao parque, buscar e documen-tar todas as especies tanto animais como vexetais posibles presentes no mesmo, así como as representacións que atopemos, e realizar un inventario tanto de plantas coma de animais; con ilustracións, fotogra-fías, fichas técnicas de cada especie,…; é dicir, falar das características principais de cada especie e poder recoñecelas, saber se o lugar no que se atopan é o seu hábitat natural,…• O envío postal. Traballaremos isto a través do envío de cartas e producións ar-tísticas relacionadas cos irmáns García Na-veira e o parque.

Con isto, o alumnado terá que, por exem-plo, realizar unha ilustración relacionada con algún elemento do parque, dividilo en pezas e envialas dende a súa casa ao cen-tro para conformar un crebacabezas na aula con estas pezas. Poderían realizarse cartas en distintos idiomas supoñendo ser os irmáns García Naveira, ou un emigrante ou inmigrante actual,… servíndonos do ga-lego,o castelán, o inglés,…• A tecnoloxía. Traballaremos a evo-lución da tecnoloxía ao longo dos últimos séculos utilizando a Estatua da Caridade, a

Estatua dos irmáns García Naveira, fotografías, mapas, planos, etc.

Coa observación do teléfono da Estatua da Caridade, de mapas antigos e actuais e de fo-tografías tamén tanto antigas como actuais; o alumnado terá que realizar unha investigación e facer unha liña do tempo coa evolución do teléfono dende a súa invención; así como das

(Fig. 3) Estatua da Caridade.

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 204-215, ISSN 2603-9583

Page 14: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

técnicas utilizadas para trazar os mapas e tomar as fotografías. • As formas xeométricas. Traballa-remos a expresión artística, as formas xeométricas, nocións básicas de simetría, etc., con mosaicos presentes no parque. Tomando os mosaicos presentes no parque, pedirase ao alumnado que atope todas as formas xeométricas que poida (neles e en fotografías doutros elementos do parque), que realicen simetrías en base a imaxes do parque ou dos mosaicos pre-sentadas parcialmente, que reproduzan os mosaicos mantendo as proporcións ou que debuxen os mosaicos que elas e eles desexen baseándose nos mosaicos cos que están traballando,… • As relixións e a mitoloxía. Traballa-remos a diversidade relixiosa e cultural, os textos bíblicos, os mitos, as historias de

O Parque do Pasatempo como recurso educativo: Unha proposta interdisciplinar | Catuxa Gómez Teijo

transmisión oral, etc. co Muro das relixións, o Estanque de Salomón e a Boca de Hades. Respectivamente. Por exemplo, co Muro das Relixións bus-carase que o alumnado reflexione acerca de se no seu entorno todas as persoas practican a mesma relixión ou, tan sequera, se practican unha relixión. Outra actividade que se podería realizar sería investigar so-bre as historias bíblicas e mitos relaciona-dos con Salomón e Hades, respectivamen-te.• As covas. Traballaremos a forma-ción de estalactitas, os materiais, a compo-sición dos solos, etc. tomando como refe-rencia as grutas do parque.

As posibles actividades serían que o alum-nado investigue se as grutas do parque son naturais ou foron realizadas por man do

(Fig. 4) Mosaicos do parque.

Page 15: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

211C D E

211

Sobre todo mediante o uso das TIC, o alum-nado deberá comparar fotografías e mapas antigos con outros actuais, e debater na aula sobre a redución do terreo dedicado ao par-que e o uso que se deu aos terreos retirados do mesmo, para reflexionar sobre a conserva-ción do parque e do patrimonio en xeral, ade-mais de, nas saídas que se realicen ao par-que, recoller todos os produtos de refugallo que atopemos no mesmo e poidan prexudicar a súa conservación e ás especies vexetais e animais que se atopan nel. Dentro disto po-derían tamén realizar unha maqueta a escala tanto do parque orixinal como do que se con-serva.

ser humano, e de ser unha opción ou outra, de que substancias ou materiais estarían compostas. • Os cambios no parque ao longo do tempo e a súa conservación. Buscarase que o alumnado reflexione sobre os cambios su-cedidos no parque e o uso dado a terreos que xa non están dentro do recinto do mes-mo, así como acerca da conservación do parque como patrimonio cultural a través de fotografías, planos, testemuñas orais, etc.

A METODOLOXÍA É importante destacar que para a realiza-ción da maioría destas actividades, sería ne-cesario que o alumnado realizase visitas ao parque, nas que vería as diferentes partes do mesmo e tomaría fotografías dos elementos sobre os que se vai traballar na aula, pois dese xeito traballaríase sobre material propio e evitaríase tomar fotografías de Internet das que descoñecemos en moitas ocasións se existen dereitos de autor sobre elas ou algún tipo de restrición que poida prexudicarnos ou evitar que as poidamos utilizar na aula.

A importancia de saír da aula, e nun contex-to próximo ao alumnado, destácana Medina, Arrebola, Mora e López (2016, p.80), cando din que “el espacio que rodea al alumna-dopuede abordarse, desde el ámbito educati-(Fig. 5) Muro das Relixións.

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 204-215, ISSN 2603-9583

Page 16: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

O Parque do Pasatempo como recurso educativo: Unha proposta interdisciplinar | Catuxa Gómez Teijo

(Fig. 6) Estanque de Salomón.

(Fig. 7) Gran gruta do parque. Fátima López Freire.

Page 17: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

213C D E

213

vo, a través de numerosas materias”. Estes mesmos autores destacan o papel primor-dial da materia das Ciencias Sociais nestas saídas, pois a través das mesmas o ser hu-mano, e polo tanto, o alumnado que partici-pe nestas saídas, aprenderá a utilizar o es-pazo, comprendelo, localizalo,…

Outro tema de especial relevancia con res-pecto a estas actividades é que, aínda que non explicitamente, todas están destinadas a cumprir os obxectivos plantexados para esta proposta e para a etapa da Educación Primaria.

Para terminar, é importante aclarar que en varias das mesmas o alumnado terá que realizar pequenas investigacións consultan-do diversas fontes de información; as cales poderían ser relacionadas coas TIC, biblio-gráficas, orais (tales como entrevistas,…), audiovisuais, etc. Por último, destacaremos a presenza da interdisciplinariedade, pois as actividades que se presentan pretenden cubrir diversas áreas do currículo e do coñecemento en xe-ral. Para iso, traballarase de xeito transversal nas actividades. Así, nunha actividade pode-riamos atopar que traballamos aspectos re-lacionados coa historia, a través de materias como a Lingua Castelá, a Lingua Galega, as Matemáticas,…, entre outras. Isto dará un maior sentido ás actividades que realice o alumnado, e conectará os seus coñecemen-

tos previos cos xa adquiridos, así como estes últimos estarán interrelacionados.

A APLICACIÓN DA PROPOSTA Polo que respecta á aplicación destas actividades, o ideal sería que fosen apli-cadas nos centros de Educación Primaria máis próximos ao Parque do Pasatempo, é dicir, os centros da localidade de Betan-zos ou en localidades non moi afastadas.

Tamén se poderían adaptar as mesmas actividades tanto á etapa de Educación Infantil, anterior á Educación Primaria, ou a etapas posteriores, como son a Educa-ción Secundaria Obrigatoria, o Bachare-lato, a Formación Profesional,… En todo caso, poderían ser aplicadas en obradoi-ros ofertados polos Concellos ou outras institucións, co cal se achegarían a toda a comunidade, o cal sería vital para evitar que se destrúa o parque e se poida pro-ceder á conservación do mesmo.

CONCLUSIÓNS Este parque histórico, que forma par-te do patrimonio cultural da localidade de Betanzos, é un importante recurso educativo, pois, só os elementos do par-que que aínda conservamos bríndannos a oportunidade de traballar diversos te-mas, contemplados ou non no currículo establecido para a etapa de Educación Primaria. No caso de empregar cada un dos elementos que nos atopamos ao re-

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 204-215, ISSN 2603-9583

Page 18: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

correlo, ou os que podemos observar en fotografías antigas, atopariamos moitas po-sibilidades para traballar co alumnado na aula, fóra dela, etc. Ademais de polo seu potencial didáctico, é vital resaltar a importancia de traballar co alumnado dende un lugar próximo a el no espazo e co que está familiarizado; así como a importancia da historia, e polo tanto, das Ciencias Sociais, para estas actividades, ao ser o fío condutor da maioría delas; así como as súas posibilidades para traballar dende una perspectiva interdisciplinar, cun gran grao de apertura en canto a posibles modifi-cacións, adaptacións ao nivel para o que se destinen as actividades, ás características e capacidades do alumnado presente en cada aula, e aos intereses tanto do centro como de mestres e mestras ou das propias alum-nas e alumnos. Isto axudaría, ademais de a unha construción das aprendizaxes por parte do alumnado máis significativa, a un proceso de ensino-aprendizaxe menos di-rectivo, máis interactivo,… que supla a falta de información presente no estudantado e a poboación en xeral en canto ao seu pro-pio contexto e historia, co conseguinte co-ñecemento destes dun xeito significativo, e a valoración do patrimonio cultural ao seu alcance para aproveitar ao máximo o seu po-tencial educativo. Tamén contribuirá a isto darlle ás actividades un compoñente social, que fomentará entre o alumnado un espírito crítico en relación co medio, grazas ás saí-

O Parque do Pasatempo como recurso educativo: Unha proposta interdisciplinar | Catuxa Gómez Teijo

das que se realizarán. Con todo o dito ata o momento, podemos deixar claro que debe buscarse instaurar na aula unha práctica inclusiva que englo-be a todo o alumnado, fomentando unha aprendizaxe significativa no mesmo e unha reflexión crítica sobre os temas sobre os que se traballe, así como sobre o propio traballo, para o cal será imprescindible un compromiso e unha implicación por parte de todos os axentes que conforman a co-munidade educativa dos centros (familias, Administracións públicas, outras institu-cións,…).

Page 19: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

215

BIBLIOGRAFÍA

Galicia. DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 09 de septiembre de 2014, núm 71, pp. 37406-38087

Medina Quintana, S., Arrebola Haro, J.C., Mora Márquez, M y López Fernández, J. A. (2016). Pro-puesta de itinerario interdisciplinar en la formación del profesorado de Educación Primaria en el ámbito de las Ciencias Sociales y Experimentales. Didáctica de las ciencias experimentales y so-ciales, 31, 79-98

Tudela Sancho, A. y Cambil Hernández, M.de la E. (2016). Epistemología de las Ciencias Sociales. En Liceras Ruiz, A. y Romero Muñoz, G. (coords.), Didáctica de las Ciencias Sociales. Fundamentos, contextos y propuestas (pp. 23-46). Madrid: Editorial Pirámide.

C D E215

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 204-215, ISSN 2603-9583

Page 20: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

TEmA

Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cul-tura galega é unha revista anual de Arqueo-loxía, Historia, Historia da Arte, Antropoloxía e Literatura, podendo admitir outras temáticas segundo o criterio do seu Comité Científico.

TRABALLOS

Publicaranse traballos orixinais e inéditos, podendo reeditar traballos que conten cun interese especial para a nosa temática. Non se aceptarán para a súa valoración traballos que foran publicados noutros medios ou estean en proceso de ser aceptados para outra publica-ción.

PRESENTACIÓN

Os traballos serán presentados por correo electrónico dentro do proceso de recepción de orixinais.

IDIOmAS

Os idiomas dos traballos poderán ser: galego, castelán, portugués e inglés.

FORmATO

A extensión máxima será de 10 follas sen ter en conta as imaxes. Entregarase unha copia formato Word ou Open Office, cunha letra Times New Roman a tamaño 12 e cun interli-neado de 1,5. As notas ao pé terán un tamaño 10 e interlineado sinxelo. O sistema de citas será o Estilo Harvard, presentando as referen-cias completas ao final do texto.

O inicio do traballo debe contar cun título, un breve resumen e cinco palabras clave que definan o traballo, no idioma do texto e a súa respectiva traducción ao inglés.

Noutro documento a parte, deberán apare-cer os datos do autor: nome completo, correo electrónico, filiación profesional e unha breve descripción biográfica acompañada dunha imaxe para ser engadida ao apartado de “Co-laboradores” da nosa web.

A Bibliografía aparecerá ao final do texto, or-denada alfabéticamente por autores e dentro de cada autor seguirá unha orde cronolóxica. Exemplos:

· Para libros: APELIDOS, Nome (Ano). Tí-tulo. Lugar de edición, Editorial.

· Para artigos: APELIDOS, Nome (Ano). “Título do artigo”. En Título da Revista, número. Lugar de edición, Editorial, Páxi-nas.

· Para capítulo: APELIDOS, Nome (Ano). “Título do capítulo”. En APELIDOS, Nome. Título do libro. Lugar de edición, Editorial, Páxinas.

· Para notas de prensa: Título da publica-ción, data, número, páxina. Título da nota ou da imaxe.

· Para fotografías: APELIDOS, Nome (Ano). Título da fotografia. Medidas. Fon-do.

· Para cuadros: APELIDOS, Nome (Ano). Título da obra. Material, medidas. Fondo.

NORmAS DE PuBLICACIÓN

Page 21: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...

217

ImAXES

As imaxes empregadas serán de autoría pro-pia, estarán suxeitas a Creative Commons ou virán acompañadas do consentimento do autor para a súa publicación, no caso de ser un terceiro. O formato preferido será TIFF e a resolución mínima esixida será de 300ppp. De non contar ca resolución óptima poden ser desbotadas do artigo.

Non aparecerán no texto, senón que virán adxuntas no correo electrónico, cunha sinali-zación númerica (Fig. 1, Fig. 2, etc.) no traba-llo para que o equipo de deseño coñeza a súa disposición.

DIFuSIÓN

Todos os traballos presentados estarán dispo-ñibles en plataformas de acceso libre

DEREITOS

Os autores sempre serán os responsables le-gais dos seus textos. Non se poderá esixir nin-gún tipo de remuneración económica.

REVISIÓN

Será decisión do Comité Científico consulta-do, a publicación definitiva de cada traballo, tratando sempre de corrixir xunto co autor to-dos aqueles erros que sexan advertidos.

Os artigos de investigación estarán avaliados por dous expertos externos á Revista, mediante un sistema de doble cego, sendo anónimo o pro-ceso tanto para o autor coma para quen o avalíe.

A revista comprométese a adoptar unha de-cisión sobre a publicación de orixinais nun prazo de seis meses, reservándose o dereito de publicación nun prazo dun ano, dependendo sempre das necesidades da revista.

Casa dos Espellos contactará cos avaliadores aos que lles remitirá unha copia do texto sen indicio directo da identidade do autor e un modelo de informe no que se poida avaliar o contido do artigo, os aspectos formais, a cali-dade do texto, a clasificación tipolóxica no que deberemos encadralo e un veredicto no que se aconselle ou non a súa publicación ou a súa corrección. Estes datos poden ser enviados ao autor, tamén de forma anónima para o seu co-ñecemento e para favorecer as eventuais mo-dificacións.

CORRECCIÓN

Casa dos Espellos conta cun Comité de Re-dacción que revisará todos os textos e pode-rá propoñer modificacións nos mesmos aos autores, que disporán dun prazo máximo de dúas semanas para solventar os erros indica-dos. Non se permitirán cambios sustanciais do texto entregado.

— O feito de participar na revista, garante a aceptación e o cumplimento destas normas —

Page 22: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...
Page 23: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...
Page 24: New Betanzos - Dialnet · 2019. 10. 10. · Neste artigo tomamos o parque como un ... (CSC), sentido de iniciativa e espírito em-prendedor (CSIEE), e conciencia e expresións ...