Na Escola 2009 envés

1

Click here to load reader

description

Xornal do CPI de Xanceda con motivo da Semana da Prensa 2009

Transcript of Na Escola 2009 envés

Page 1: Na Escola 2009 envés

F T D L E O X I W R

J E R A D I O N A E

E L M U H T R C T V

L E P M A E N X L I

Y F H K Ñ N A E F S

G O A U B R L J C T

W N B X C E M K K A

V O J Z O T M W G J

I U F Ñ A N E L X Ñ

T E L E V I S I O N

a b c d e

1

2

3

4

5

f

6

Vacas sí, vacas non? Os nenos/as de 3º colaboramos nos traballos das cortes,

coidando as vacas, deste xeito axudamos aos nosos pais. O que máis facemos é dar de comer e beber ás vacas, metelas ao prado e na corte, coller o silo e cargalo no tractor, limpar as parrilas, axudar a poñer os pendentes aos becerros, dárllelo leite, etc. De momento a todos/as nos gusta facer estes traballos Pero a moitos de nós, os máis deles, non nos gustaría seguir traballando na gandería porque pensamos que é un traballo cansado, atado, sin ningún día libre, hai que se erguer moi cedo e tamén pode ser algo perigoso. Aos poucos que nos gustaría seguir este oficio opinamos que o mellor é estudar para poder facelo ben e aprender máis do traballo coas vacas. Tamén pensamos que con máis empregados nas granxas ou traballando por turnos sería máis levadeiro e teriamos vacacións e tempo libre. Opinamos, tamén, que canto máis mecanizadas estean as cortes máis doado sería.

Entroido con glamour O pasado sábado 21 de febreiro tivo lugar no fabuloso pavillón do CPI de Xanceda a festa de Entroido que organizou o concello de Mesía. D u r a n t e t o d a a t a r d e organizáronse diferentes talleres e os nenos puideron disfrutar de xogos e inchables. Pero un entroido sen orellas non sería entroido, así que os asistentes gozaron dos riquísimos postres típicos destas festas. Bueno, non tódolos asistentes, xa que a proximidade do verán provocou que algúns e algunhas se abstiveran dunha inxesta de calorías. Todo sexa por gardar o tipo! Para rematar o día, tivo lugar o desfile de máscaras onde os nenos recibían fantásticos agasallos. Entre os asistentes atopábase a concelleira de cultura, Pilar Sánchez; e a encargada da casa da cultura, Isabel Manteiga. Ámbalas dúas levaban unha vestimenta moi pouco adecuada para a ocasión, porque polo visto non se deberon dar de conta que estaban nunha festa de “disfraces”.

Ven da páxina 1 ...cos alumnos de Sexto curso, quedando gañadores os alumnos de Sexto B, aínda que foi moi disputado. Para finalizar a festa aderezámola cunha degustación de doces típicos desta festividade, orellas e filloas, e bebemos zumes, foi moi divertido. Outra actividade a destacar dentro dás últimas novas do colexio foi a posta en marcha Radio Azul. Durante días situamos o noso estudio de radio na aula de música, dende alí todos os recreos matinais emitimos programas creados polos distintos grupos de alumnos; entre outras cousas os nenos realizaron entrevistas a distintas persoas que

Outro ano máis temos a satisfacción de elaborar unha nova edición do noso xornal “Na escola”. Queremos, dada a boa experiencia do ano pasado, continuar poñendo en contacto ao noso alumnado con este medio de comunicación. Pretendemos estimular a súa participación na elaboración dun xornal, coñecendo as distintas seccións que o compoñen. Parécenos un paso importante para crear unha actitude positiva e crítica ante a sua lectura. Setímonos moi satisfeitos da ilusión que poñen na elaboración dos contidos que logo saen nestas páxinas. Igual que no ano anterior esperamos que o leades con gusto.

VÉNDESE poldra dun ano sen domar, cor marrón clara. Interesados falar con Santiago Cao Grobas.

BÚSCASE gata negra, cariñosa e xoguetona. Atende ao nome de Noche. Información Lydia Carnota.

BUSCO a Lúa, periquito amarelo con algunha pluma verde. Falta da casa dende o 4 de marzo. Ana Varela.

VENDO xogos para o PC, 2ª man, orixinal. Prezo barato. Iago López.

VÉNDESE cachorro de gato siamés. Interesados/as falar con Tamara.

VENDO cómics en bo estado. Lucas López Botana.

NECESITO información sobre Pope, can pequeniño, branco e manchas marróns. Falta da casa dende hai un mes. Silvia López

VENDO DVD orixinal dos Simpson, segunda man perfecto estado. Rubén Abellón.

INTERESADA en números dous e catro de Geronimo Stilton “En el reino de la Fantasia”.

INTERCAMBIO cómics de Golfiño, Mortadelo, Zipi e Zape. David Marante Manteiga.

INTERCAMBIO bandas deseñadas de Mortadelo, Sacarino, Súper López... Iago López Golpe

INTERESADA na colección de libros Junnie B. Jones. Se alguén ten libros diferentes áos da biblioteca... Paula Pérez López

SEMANA DO 9 AO 13 DE MARZO DE 2009 conoutramirada.blogspot.com cpi de xanceda

O l e i r o s de Buño O día 13 de marzo, virán ao noso colexio para facernos unha demostración do seu traballo, os Oleiros de Buño. Poderemos ver, como con barro, auga e lume crean bonitos obxectos. Traerán o seu torno e deixaránolo utilizar tamén a nós. Vide preparados para pasalo moi ben.

Concello de Mesía e Frades Nos nosos concellos, tamén podemos aprender a divertirnos, coas seguintes actividades: clases de m ú s i c a , p a t i n a x e , informática, teatro, saídas ao balneario de Guitiriz, o de Brión, mecanografía… Anímate e participa!!!!

Cine Este ano, no noso colexio estamos moi ledos porque luns e martes despois de comer, temos unha forma de pasalo ben: “O CINE”. Quixemos saber que película foi a mellor de todas, para iso fixemos unha enquisa entre todos os nenos/as do colexio. Estiveron moi igualadas dúas pero a gañadora foi (chinta, tachan):

EDITORIAL OPINIÓN HUMOR

CULTURA

O TEMPO PASATEMPOS

SOCIEDADE

COLEXIO

ANUNCIOS POR PALABRAS

Novo canal do cole en Youtube A través do blog podedes entrar neste novo canal de televisión onde hai actuacións nos distintos festivais, vídeos feitos por compañeiros, e outros intersantes que percorren a rede. Facede unha visita e deixade os vosos comentarios.

4º 3º

Busca os nomes de seis medios de comunicación

Cando vas vir á miña casa?

Sopa de letras

Crucigrama

Xeroglífico

O inverno andivo e anda moi revolto: neve, xeada, choiva, temporais e moito frío e un pouquiño de sol. Na primavera vai mellorar con máis sol e menos choiva e vento. As temperaturas subirán. O verán será moi caluroso.

Horiontais a. Animal que lle gusta o mel. 6º nota musical b. Animal que dá moito leite. 2ª letra do alfabeto c. Saúdo. 2ª vogal d. A primeira letra. Fabrícano as abellas e. O contrario de noite. 50 en romanos f. Primeira nota musical. Entrada do mar nun río Verticais 1. Pono a galiña. 500 en romanos 2. Contrario de doce 3. De...a...e tiro porque me toca. 1 en romanos 4. A primeira letra. Onde hai moita auga salgada 5. 50 en romanos. 2ª vogal. 3ª vogal 6. Animal que fabrica o mel Nota: Escapoúsenos unha palabriña que non está en galego. Sabes cal é? O TT

desempeñan o seu labor neste centro escolar. O día 19 e marzo realizouse un concurso de bandas sonoras , durante o recreo emitíronse músicas de diferentes películas, os alumnos tiñan que identificar o maior número posible de temas e apuntalos nun papel, ao final os gañadores foron dous nenos de terceiro, Manuel e Samuel, con catorce temas acertados, o cal non está nada mal.

INTERNACIONAL