morte de funcionario[1] - Asociación de Tradutores...

3

Transcript of morte de funcionario[1] - Asociación de Tradutores...

Page 1: morte de funcionario[1] - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/morte_de_funcionario.pdf · 2012. 11. 5. · comisarios de policía, e ás veces mesmo os conselleiros
Page 2: morte de funcionario[1] - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/morte_de_funcionario.pdf · 2012. 11. 5. · comisarios de policía, e ás veces mesmo os conselleiros

Antón Chékhov

Morte de funcionario

Versión galega de Perfecto Andrade Grande

Nun excelente serán o non menos excelente administrativo Iván Dmítrich Miñókov sentaba na segunda fila de butacas e e observaba cos binóculos “As campás de Corneville”. Observaba e sentíase na cima da ledicia. Pero de súpeto... Nos relatos a miúdo se atopa este “pero de súpeto”. Os autores teñen razón: a vida está tan chea de imprevistos! Pero de súpeto a súa cara engurrouse, os ollos subíronselle, o alento parou...retirou os binóculos dos ollos, inclinouse e... apchghí!! Esbirrou, como vedes. Esbirrar non lle está prohibido a ninguén en ningures. Esbirran os labregos e os comisarios de policía, e ás veces mesmo os conselleiros privados. Todos esbirran. Miñókov por pouco non se turbou, enxugándose co pano, e como persoa educada, mirou arredor de si: tería molestado a alguén co seu esbirro? Pero entón xa tivo que turbarse. Viu que un vellete que estaba diante del, na primeira fila de butacas, secaba afanosamente a súa calva e pescozo cunha luva e musitaba algo. No vellete, Miñókov recoñeceu ó director xeral Rosmónov, que servía no departamento de transportes e comunicacións. “Zarrapiqueino! - pensou Miñókov. - Non é o meu xefe, é doutros, pero aínda así é embarazoso. Hai que escusarse”. Miñókov botou unha carraspeira, avanzou o tronco e empezoulle a bisbar ó directo xeral na orella:

− Perdoe, súa -dade, zarrapiqueino... eu sen querer... − Nada, nada... − Prégollo, perdoe. Eu é que... eu non quería! − Ah, sente, por favor! Deixe escoitar!

Miñókov turbouse, sorriu coma un parvo e empezou a mirar a escena. Miraba, pero xa non sentía máis a ledicia. Empezou a martirizalo a inquietude. No entreacto achegouse a Rosmónov, camiñou á súa beira e, vencendo a timidez, murmurou: -Zarrapìqueino, súa -dade... Perdoe... Eu é que... non é que... -Ah, abonda... Eu xa o esquecera e vostede segue co mesmo! - dixo o director xeral e moveu o beizo inferior con impaciencia. “Esqueceu, pero coa aldraxe mesma nos ollos, -pensaba Miñókov, mirando o director xeral con desconfianza. - E falar non quere. Habería que explicarlle que eu non quería de ningún modo... que iso é unha lei da natureza, e el pensa que eu quería cuspir. Agora non o pensa, pero despois ha de pensalo!...” Ó chegar a casa, Miñókov contoulle á muller a súa falta de urbanidade. A muller, segundo lle pareceu a el, tomou o acontecido con demasiada lixeireza; ela só se asustou,e despois, cando soubo que Rosmónov era “de outros”, acougou.

− Pero de todas formas vai e escúsate, - dixo ela. - El pensa que non sabes comportarte en público!

− Iso, iso, velaí está! Eu escuseime, pero el comportouse dun xeito estraño... Nin unha verba de razón dixo. Si, e nunca houbo conversación.

Ó día seguinte Miñókov vestiu o novo uniforme, cortouse o pelo e foi onda Rosmónov explicar... Entrando no recibidor do director xeral viu alí moitos solicitantes, e entre os solicitantes o mesmo director xeral, que xa empezara a admisión das solicitudes. Interrogando a algúns solicitantes o director xeral ergueu os ollos cara a Miñókov.

− Onte no “Arcadia”, se lembra, súa -dade, - empezou a referir o administrativo, - eu esbirrei e sen querer zarrapiquei... Perd...

Page 3: morte de funcionario[1] - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/morte_de_funcionario.pdf · 2012. 11. 5. · comisarios de policía, e ás veces mesmo os conselleiros

− Vaia parvadas... Deus sabe que! Que se lle ofrece? - o director xeral dirixiuse ó seguinte solicitante.

“Non quere falar! - pensou Miñókov, esbrancuxado. Incomodouse, logo... Non, isto non se pode deixar así... Voulle explicar...” Cando o director xeral rematara a conversa co último solicitante e se dirixía ós apartamentos interiores, Miñókov camiñou cara a el e empezou a murmurar: -Súa -dade! Se ouso molestar a súa -dade, é por un sentimento, podo dicir, de contrición!... Non foi adrede, quería que o soubera! O director xeral fixo un aceno chorón e axitou a man. - Pero vostede está de broma, meu querido señor! - dixo el, ocultándose tras a porta. “Que bromas? - pensou Miñókov. - En absoluto hai aquí algunha broma! Director xeral, e non pode entender! Cando é así, non vou intentar escusarme máis diante dese milhomes! Que o demo o leve! Escribireille unha carta, pero non camiño máis! Por deus que non!” Así pensaba Miñókov indo a casa. A carta ó director xeral non lla escribiu. Pensou, pensou e non se lle ocorría nada para a carta. Polo que ó día seguinte tivo que ir explicarllo.

− Eu vin onte molestar a súa -dade, - empezou a murmurar, cando o director xeral ergueu cara a el uns ollos interrogativos, - non para facer unha broma, como vostede quixo dicir. Escusábame de que ó esbirrar, zarrapiqueino... pero non quería burlarme. Permitiríame burlarme? Se nos burlamos, entón non hai ningún respecto para as persoas....

− Vai de aí!! - berrou de súpeto o director xeral poñéndose azul e tremelicando. − Que? - preguntou nun murmurio Miñókov, pasmado de terror. − Vai de aí!! - repetiu o director xeral, empezando a patexar.

No bandullo de Miñókov esgazouse algo. Sen ver nin oír, retirouse cara a porta, saíu á rúa e empezou a arrastrarse... Ó chegar a casa, maquinalmente, sen sacar o uniforme, deitouse no sofá e... morreu.