MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO...

13
LUGO MONUMENTAL LUGO RURAL

Transcript of MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO...

Page 1: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

LUGOMONUMENTALLUGORURAL

Page 2: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTREMURALLAS ROMANASO corazón de Lugo, o antigo Lucus Augusti, está rodeado por unha muralla romana de máis de dous quilómetros de cir-cundo. Quen coñeza as fermosas murallas medievais que se conservan en moitas cidades europeas ficará abraiado pola enormidade deste monumento único.

Porque esta impresionante fortaleza urbana, xa unha das máis grandes de Hispania no seu tempo, é hoxe a única que conserva íntegro o seu perímetro nos tres continentes polos que se estendeu o territorio do Imperio Romano.

Por esta razón, o 30 de novembro do ano 2000 a UNESCO tomou o acordo de inscribir a muralla de Lugo na lista de monumentos declarados Patrimonio da Humanidade.

Mais non é este o único testemuño importante da presenza romana en Lugo. Os restos das termas romanas, os funda-mentos da Ponte Vella, e moi especialmente o templo tardo-rromano de Bóveda a 14 quilómetros da cidade, son elemen-tos senlleiros que tradicionalmente mereceron a atención do viaxeiro curioso. E nas últimas décadas as escavacións arqueolóxicas sistemáticas descubriron outros moitos restos de grande interese que hoxe se poden contemplar en varias fiestras arqueolóxicas ó aire libre, ou en pequenos museos que exhiben in situ os achados máis importantes: a domus señorial chamada Casa dos Mosaicos, unhas tumbas e unha fonte cultual no Centro Arqueolóxico de San Roque, un tem-plo de Mitra excepcionalmente ben conservado e anexo a outra casa que chamamos Domus do Mitreo...

Para entender a muralla e o pasado romano de Lugo, o viaxeiro dispón do Centro de Interpretación da Muralla situa-do na Praza do Campo, onde tamén se pode facer cun ex-tenso folleto especial no que se explica a muralla e os outros monumentos e restos arqueolóxicos daquela época. Pero Lugo é moito máis aínda.

A CIDADE QUE REXURDIUNA IDADE MEDIAA principios do século V, nas terras da Gallaecia romana constituíuse o reino galego dos suevos, a primeira entida-de política que na Europa Occidental se organizou sobre as ruínas do Imperio Romano. Pero a Galicia sueva carac-terizouse por ser unha sociedade de tipo rural, na que as cidades perderon case todas as súas funcións, agás a nova que debido á cristianización lles correspondeu como sés episcopais. Lugo foi unha destas, pero aínda así a cidade ficou reducida ás proporcións dunha aldea rodeada por unha muralla descomunal. Os poucos habitantes, clérigos e labradores, concentrábanse seguramente ó redor da ca-tedral antiga, e a maior parte das 35 hectáreas intra muros eran ruínas ou terras de cultivo.

Nesta situación permaneceu Lugo durante máis de medio milenio, ata que no século XI comezou un lento movemento ascendente. En 1129 empezouse a construír unha nova cate-dral de grandes dimensións. Preto dela estaba, e foise densi-ficando, o que chamamos Burgo Vello: a Praza do Campo, o Barrio do Miño, a Tinería... As casas novas estendéronse pola que aínda hoxe chamamos Rúa Nova, que arrinca da Praza do Campo cara á que chamamos tamén Porta Nova da mu-ralla, porque probablemente fora tapiada e se volveu abrir daquela para restaurar a saída cara á Coruña. E formouse ta-mén o chamado Burgo Novo, que se asentou por onde hoxe é o Campo do Castelo e a rúa de San Pedro, buscando outra das antigas portas da muralla romana, a que daba saída á cidade en dirección a Castela.

Nos séculos finais da Idade Media e nos principios da Moder-na, a cidade pasou por diversas vicisitudes, pero mantívose con poucas variacións na súa topografía: seguía sendo unha cidade moi rural, con hortas e outros cultivos no interior das murallas, e unha poboación que para os finais do século XVI andaría ó redor dos 2.000 habitantes.

Page 3: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

A CIDADE MODERNAEn 1754 prodúcese un feito transcendental: o establecemen-to das feiras de San Froilán, que contribuirían a converter Lugo na gran capital agraria de Galicia. En pouco máis de cin-cuenta anos duplicouse a poboación, que en 1826 chegaría ós 7.209 habitantes.

A partir da Desamortización de Mendizábal houbo unha radi-cal reforma e modernización da cidade. Dúas das primeiras in-tervencións foron a ampliación da Praza Maior diante da Casa do Concello e a apertura da de Santo Domingo, as dúas sobre terreos procedentes da nacionalización de dous conventos. En 1875 chegaría a Lugo o ferrocarril, que potenciaría o papel de Lugo como capital agraria e as construcións xa iniciadas nas características rúas oitocentistas e do primeiro Novecentos: a da Raíña, a do Progreso, a do Teatro, a de San Marcos...

No século XX o crecemento urbano acelerouse e Lugo, que xa tiña desde moi antigo algúns pequenos barrios extra mu-ros, medrou primeiro sobre todo cara ó norte e logo en to-das as direccións, ata converterse na pequena gran cidade que é hoxe, con preto de 100.000 habitantes, dos que a in-mensa maioría viven fóra das murallas. Pero o circundo amu-rallado segue sendo o Lugo monumental, románico, gótico, renacentista, barroco, neoclásico, cunha forte presenza dos estilos oitocentistas nas rúas da época liberal. E é tamén un núcleo vigoroso e vivo, quizabes pola grande definición que lle outorga a propia muralla, con moito e moi variado comer-cio e unha espléndida hostalaría. Unha cidade para pasear amodo, gozando da paisaxe urbana xeral e parándose a ad-mirar os senlleiros edificios de todos os estilos.

/1/ /2/ /3/LUGO MONUMENTALPAZO DO CONCELLO E PRAZA MAIOR. O CAMPO DO CASTELOO Pazo do Concello, situado na cabeceira da Praza Maior, é unha das obras máis interesantes do barroco civil galego. Foi proxectado por Lucas Ferro Caaveiro, un dos mellores arquitectos galegos da época, e erixido en 1738, para substituír a anterior casa consistorial construída en 1573 no mesmo lugar. Consta de dúas plantas, a primeira con soportais definidos por dez robustos arcos de medio punto, oito frontais e dous laterais; a segunda ten dous grandes balcóns apoiados en belos canzorros. A fachada está simetricamente dividida

por unha pilastra central que lle serve de apoio visual ó gran escudo real que a preside; nos extremos ten senllas pequenas torres, e debaixo delas, formando as esquinas, figura o escudo da cidade, todo en cantería moi ben labrada. A torre do reloxo, obra do arquitecto Nemesio Cobreros, é de 1874.

A Praza Maior formouse na súa extensión actual no século XIX, despois da Desamortización, ampliando a vella praza –chamada en diversas épocas Campo, Foro, Cortiñas de San Román, Feira Vella, ou simplemente Cortiñas– cos terreos que ocupaba o convento das agostiñas recolectas. Extingui-do o señorío episcopal, a nova praza subliñaba o papel reitor do concello na época liberal, e hoxe continúa sendo o centro simbólico e vital da cidade. A pesar do seu tamaño, ten algo de íntimo e familiar que retratou coma ninguén Luís Pimentel (1895-1958) cando lle chamou “sala de visita da miña vila”. Entre os seus edificios destaca o Círculo das Artes, obra de Luís Bellido inaugurada en 1898, o vello seminario de San Lourenzo, actualmente colexio dos franciscanos, e as nobres casas con soportais, barrocas e dos estilos característicos do século XIX, ademais do quiosco da música construído en 1888 e o monumento de bronce a Luís Pimentel, o gran poeta de Lugo, obra de Otero Besteiro. Na mesma banda –ou cantón– dos soportais destaca un edificio racionalista bastante des-contextualizado, aínda que en si mesmo de mérito, construí-do en 1944 polo celebrado arquitecto Eloi Maquieira.

O Campo do Castelo, contiguo á Praza Maior, recibe este nome dun castelo medieval integrado na propia muralla ro-mana, substituído contra 1756 por outro edificio que serviu de cárcere eclesiástico e do que se conservan restos moi modificados. Entre esta praza e a contigua de Anxo Fernán-dez Gómez pódese ver unha estatua de bronce de Ramón

1

Page 4: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

Conde dedicada ó escritor Ánxel Fole (1903-1986), un dos mellores narradores en lingua galega. Neste espazo, ademais das típicas casas antigas, algunhas coa traseira apoiada na muralla, destaca un edificio de esquina do 1900 con gale-rías redondas de estilo neomudéxar, proxectado por Juan Álvarez de Mendoza, e dúas obras moi diferentes de Eloi Ma-quieira: unha de estilo ecléctico detrás da estatua de Ánxel Fole, construída onde estaba a casa natal do escritor, e outra contigua xa puramente racionalista.

A catedral de Lugo empezouna a construír no ano 1129 o mestre Raimundo de Monforte, e rematouse no máis puro estilo románico, con planta de cruz latina, tres naves e tres ábsidas na cabeceira. Pero xa a principios do século XIV a cabeceira primitiva foi derrubada para dar lugar a unha capela maior e un deambulatorio con cinco novas capelas absidais de estilo gótico e planta hexagonal. No século XVIII a capela absidal central abriulle paso a outra máis grande, a da Virxe dos Ollos Grandes, obra maxistral do gran arquitecto barroco Fernando de Casas Nóvoa, autor tamén da fachada do Obradoiro da catedral compostelá. A principios do século XVI construíuselle un

abrigo á portada románica do norte, hoxe a máis usada; e a finais do mesmo, sobre dous corpos medievais, púxoselle remate á podente torre do reloxo. En diversas épocas fixéronse outras obras e engadidos, entre eles o claustro, iniciado por frei Gabriel das Casas e rematado por Casas Nóvoa a principios do século XVIII. Finalmente, alegando ruína inminente da primitiva fachada románica, esta foi

derribada para construír a actual, comezada contra 1769 con trazas neoclásicas de Julián Sánchez Bort; as torres que a flanquean foron rematadas case a finais do XIX baixo a dirección de Nemesio Cobreros.

A catedral require un percorrido demorado. Puntos de gran-de interese son:

- Portada norte co seu Pantocrátor, obra mestra da escultura románica, e a súa porta gornecida coas ferraxes orixinais.

- Capela barroca da Virxe dos Ollos Grandes, cunha imaxe medieval en alabastro de Santa María, primeira patroa da ci-dade, cantada por Afonso X nunha das súas Cantigas.

- Capela maior, refeita entre 1762 e 1768 para realzar o Santísimo Sacramento en exposición permanente. As pinturas da bóveda, recentemente restauradas, son obra do astorgano José de Terán.

- Retablo renacentista (1534) de Cornelis de Holanda, hoxe distribuído nas cabeceiras da nave do cruceiro.

- Cadeirado do coro, acabado en 1624 polo gran escultor Francisco de Moure.

- A soberbia vista xeral do templo desde o triforio.

De estilo barroco e con certo aire de pazo rural, o pazo epis-copal está situado fronte á catedral, coa que define a praza de Santa María. A porta principal está presidida polo escudo do bispo Caetano Xil Taboada, baixo cuxo pontificado se re-matou a obra, no ano 1743.

/4/CATEDRAL

/5/PAZO EPISCOPAL E PRAZA DE SANTA MARÍA

4 5

Page 5: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

No mesmo soar houbo un pazo gótico tardío, mandado construír en 1478 polo bispo Afonso Henríquez de Lemos sobre as vellas casas episcopais. Algunhas partes deste foron integradas na nova fábrica; unha delas é o corpo con balcón ou ladroeira que sobresae do edificio na parte central.

Na praza de Santa María, lugar privilexiado para concertos, pódese ver tamén unha pequena piscina romana con restos do seu revestimento de mosaicos, hoxe protexida por unha grande fiestra arqueolóxica.

A do Campo é unha pequena praza triangular preto da catedral. Na Baixa Idade Media constituíuse como centro comercial da cidade, e conserva moi ben o seu carácter, aínda que no correr dos tempos as súas edificacións foron renovadas. O seu aspec-to actual é produto da primitiva ordenación medieval, pero for-temente impregnada polo estilo barroco dominante nas casas, construídas maiormente por ricos comerciantes na segunda metade do século XVIII. No centro érguese unha fonte presidida pola estatua de San Vicente Ferrer, acabada de facer en 1754 a custa do bispo Izquierdo, que fixo unha nova traída de auga para a cidade, aproveitando en parte o vello acueduto romano.

As casas de dous dos lados da Praza do Campo apoian as súas fachadas de cantería en fortes arcos que forman abrigosos soportais. Unha delas está destinada a Centro de Información Turística e de Interpretación da Muralla do Concello de Lugo.

Coa Praza do Campo articúlanse algunhas interesantes rúas de orixe medieval. Unha delas é a longa e dereita Rúa Nova, que foi a máis populosa da cidade até que esta empezou a medrar extra muros. Na do Miño, eixe do barrio do mesmo nome, predomina

visualmente a edificación barroca, pero aínda conserva algunhas casas da Idade Media; ó principio áchase o Pazo das Pombas, entre barroco e neoclásico, e xa fronte á Porta Miñá o barroco de Orbán ou de Sangro, hoxe hotel-monumento. Na rúa da Cruz está o pazo tamén barroco do rexedor Osorio, e na Praciña da Universidade a casa dos Saavedra e o edificio do Vicerreitorado.

/8/IGREXA DE SAN PEDROSita na Praza da Soidade, contigua ó Museo Provincial, esta igrexa pertenceu ó antigo convento dos franciscanos. É tra-dición que San Francisco fundou o seu convento en Lugo durante a peregrinación que fixo a Santiago de Compostela en 1214. Sexa isto certo ou non, xa en 1230 parece haber constancia da presenza dos franciscanos na cidade.

Ademais da igrexa, das edificacións do convento consérvan-se a cociña, o refectorio e o claustro, actualmente integrados no Museo Provincial. O conxunto foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1931.

A igrexa conventual é unha xoia do gótico mendicante moi ben conservada. Ten planta de cruz latina, cunha soa nave estreita e longa, á que se entra por unha bela portada de tripla arquivolta apuntada, coroada por unha gran fiestra con dous parteluces.

Tanto a nave principal como a do cruceiro están cubertas de madeira sobre altos arcos apuntados. A cabeceira está com-posta por tres ábsidas poligonais cubertas por bóvedas de abano. Altísimas fiestras oxivais dobres e con parteluces, catro na ábsida central e tres en cada unha das laterais, colaboran co amplo rosetón orientado ó sur en iluminar o templo, que é un puro gozo de luz matizada polas vidreiras polícromas.

/9/IGREXA E PRAZA DE SAN DOMINGOSSita na Praza de Santo Domingo e hoxe vinculada ó convento ocu-pado polas monxas agostiñas, pertenceu antigamente ó convento dos dominicanos, do que hai constancia documental desde 1274.

A pesar das reformas e engadidos, a igrexa conserva esen-cialmente a súa estrutura gótica e a súa beleza interior. Ten planta de cruz latina, e a cabeceira consta de tres ábsidas po-ligonais con bóvedas de nervios, con altas fiestras de remate

/6/ /7/PRAZA DO CAMPO E BARRIO DO MIÑO

6

Page 6: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

trifoliado. A nave central e a do cruceiro cóbrense con bóve-das apuntadas; a central está coroada por unha cúpula.

A portada sur da igrexa, única accesible, está albergada nun pórtico barroco que terma dun corpo alto de edificio con fiestras cadradas. É unha porta belísima, de arco apuntado formado sobre tres pares de columnas e con catro arquivol-tas de excelente decoración.

Na ábsida lateral do sur hai un rico arcosolio que alberga un sepulcro coa estatua xacente “do moy firme balente leal cavaleiro Fernán Días de Ribadeneyra que finou eno ano de MCCCCX”.

Preto da igrexa, no medio da praza, vese unha aguia imperial de bronce pousada nunha columna de orde corintia, monu-mento conmemorativo do bimilenario da fundación de Lugo. A longa praza de San Domingos, que se formou no século XIX, consolidouse como importante centro comercial despois da chegada do ferrocarril a Lugo. Nela destaca o edificio ra-cionalista da esquina coa rúa do Teatro, obra de Eloi Maquiei-ra (1943), ou a casa historicista de pedra que fai esquina coa rúa de San Marcos, de Manuel Gómez Román (1925).

/10/PAZO DA DEPUTACIÓN E RÚA DE SAN MARCOSO pazo ocupa case unha banda enteira da rúa de San Marcos; a outra está formada case toda por harmoniosas casas de fins do XIX coas súas características galerías de madeira e cristal.

O pazo empezouse a construír en 1866 para hospital pro-vincial, pero cando se rematou, en 1874, dedicouse a sede da Deputación Provincial (que continúa alí) e do Instituto de

Ensino Medio. É un enorme edificio de dúas plantas, cun corpo frontal simétrico e tres naves posteriores, coas partes nobres en boa cantería. A súa traseira dá á muralla romana e ten un sobrio xardín no que prosperan magníficos magno-lios, ó que se pode entrar desde a praza de Ferrol.

A rúa de San Marcos foi recentemente reformada para dar lugar a unha praza alongada, na que ás veces se celebran fei-ras e mostras especializadas. Nela tamén se pode ver unha fiestra arqueolóxica con restos do acueduto romano.

/11/ /12/IGREXA DE SAN FROILÁN E PRAZA DE FERROLNa Praza de Ferrol, preto da Porta Falsa, esta igrexa foi capela vinculada ó hospital de San Bartolomeu, fundado en 1621.

Na súa forma actual, o templo foi construído en 1768, en tempos do bispo Izquierdo. Está cuberto por bóveda de ber-ce, cunha pequena cúpula central. Ten un frontón barroco moi característico, co escudo do bispo construtor, coroado por unha estatua de San Rafael, o arcanxo médico. A imaxe de San Bartolomeu preside a porta dentro dunha fornela, e a fachada está flanqueada por dúas pequenas torres.

Desaparecido o hospital a causa dun incendio en 1878, a ca-pela converteuse pouco despois en igrexa parroquial de San Froilán, patrón da cidade.

Na praza de Ferrol está a máis monumental das escaleiras de acceso ó adarve da muralla, de orixe máis antiga pero cons-truída na súa forma actual en 1888.

9

12

Page 7: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

Un edificio singular desta praza é o antigo cuartel de San Fer-nando, construído a finais do século XVIII nun estilo neoclá-sico de grande austeridade ornamental. Hoxe fóra de uso, o desexo do pobo de Lugo é que se converta no gran museo da romanización de Galicia.

/13/ /14/ /15/ /16/IGREXA DE SANTIAGO “A NOVA” RÚAS DE SAN PEDRO, DA RAÍÑA E DO PROGRESOEsta igrexa está na esquina da rúa nova da Raíña coa vella de San Pedro. Parroquial de Santiago desde 1859, antigamen-te pertenceu ó extinguido convento de freiras dominicanas que se instalou no lugar en 1363. Daquela tiña como patroa a Santa María, e chamábase Santa María a Nova para dis-tinguila da catedral, tamén dedicada á Virxe. A actual igrexa barroca data do século XVIII, pero a fachada reconstruíuse en estilo neoclásico a principios do XX.

Despois da Desamortización, o antigo convento pasou a albergar diversas oficinas e servizos públicos, e hoxe só quedan del algúns restos arquitectónicos integrados nos edificios de nova planta onde están a Delegación de Fa-cenda e Correos.

O lateral da igrexa dá á rúa de San Pedro, eixe principal do Bur-go Novo medieval, que mira cara a fóra da muralla pola porta de San Pedro ou Toledana. Por esta rúa van cara a Santiago de Compostela os peregrinos que seguen o Camiño Primitivo.

A rúa da Raíña, tradicional paseo lucense, foi bautizada con este nome pola visita de Isabel II a Lugo en 1858. O seu vigor comer-cial e social fai que hoxe sexa un bo mostrario de varios estilos

arquitectónicos dos séculos XIX e XX, bastante ben harmoniza-dos e resaltados pola súa ancha calzada rigorosamente peonil.

Outra rúa característica do século XIX é a do Progreso, para-lela á da Raíña e tamén peonil.

/FÓRA DA MURALLA/

/17/CAPELA DE SAN ROQUEEstá na rúa de San Roque, á beira da antiga estrada de Cas-tela, inmediata á muralla romana, fronte da Porta de San Pe-dro ou Toledana; o santo titular deulle nome ó barrio que se formou ó seu redor. De estilo barroco, proxectada por Lucas Ferro Caaveiro, ten planta de cruz latina e está cuberta con bóveda de berce e cúpula semiesférica no cruceiro. Cons-truída contra 1731, en data posterior engadíuselle un pórtico frontal cunha balconada na parte superior.

/18/CAPELA DO CARMENa rúa do Carme, extra muros e inmediata á Porta Miñá, á beira do Camiño Primitivo de Santiago e o Regueiro dos Hortos, no barrio onde é tradición que naceu San Froilán, patrón de Lugo. Foi construída contra finais do século XVIII en estilo neoclásico.

/19/ /20/OS SEMINARIOS E O VELLO CÁRCEREO antigo seminario de San Lourenzo foi substituído por outro construído extra muros a fins do século XIX, segundo un proxecto de Nemesio Cobreros inspirado en modelos clásicos. A súa fachada e a súa planta lembran –coma outros seminarios da época– o mosteiro do Escorial. É un gran edificio de cantería en tres plantas, cunha soberbia escaleira central, recentemente rehabilitado. Segue sendo seminario e está situado na rúa Anxo López Pérez.

O que foi Seminario Menor imita tamén modelos clasicistas, pero neste caso máis ben italianos ou franceses, e sen recurso á pedra, senón ós moldurados en cemento. Adquirido polo concello, actualmente está destinado a oficinas municipais.

19

Page 8: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

1

P

2

3

4

5

67

829

23

26

30

28

31

9

10

11

12

13

14

15

16

17

27

18

19

19

20

25

PP

P

P

1 Pazo do Concello2 Praza Maior3 Campo Castelo4 Catedral5 Pazo Episcopal6 Praza do Campo7 Barrio do Miño8 Igrexa de San Pedro9 Igrexa e Praza

de San Domingos

10 Pazo da Deputación e rúa San Marcos

11 Igrexa de San Froilán12 Cuartel de San Fernando13 Igrexa de Santiago “A Nova”14 Rúa de San Pedro15 Rúa da Raíña16 Rúa do Progreso17 Capela de San Roque18 Capela do Carme

19 Seminario Maior e Menor20 O Vello Cárcere21 Parque de Rosalía de Castro22 O Barrio da Ponte23 Centro de Interpretación

da Muralla24 Museo Interactivo

da Historia de Lugo25 Sala Porta Miñá26 Casa dos Mosaicos

27 Centro Arqueolóxico de San Roque

28 Domus do Mitreo29 Museo Provincial30 Pazo das Pombas31 Museo DiocesanoP Aparcadoiro

Acceso á muralla por escaleiras

Acceso á muralla por rampla

Porta da muralla

21

22

24

LUGOMONUMENTALLUGORURAL

1,5 km

1,5 km

0,3 km

Page 9: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

O Vello Cárcere é outro edificio singular de Nemesio Cobreros, destinado a centro cultural municipal.

O parque de Lugo por excelencia fíxose polos anos vinte do século pasado, e recibiu primeiramente o nome do monarca reinante, Afonso XIII. Proclamada a II República, trocóuselle o nome polo de Rosalía de Castro, a gran poeta galega e universal.

O parque ten máis de dúas hectáreas de extensión, poboadas de árbores e arbustos de máis de cen especies orixinarias de todos os continentes. As súas construcións –os quioscos, a pérgola das glicinias, o estanque– son de feitío modernista. Naceu como periurbano, pero o crecemento da cidade, sen afogalo, foino rodeando de edificacións por tres dos seus lados; o cuarto é un miradoiro aberto sobre as chamadas Costas do Parque e o val do Miño.

Situado á banda dereita do Miño, despois da Ponte Vella de orixe romana, no Camiño Primitivo de peregrinación a Santiago. É a parroquia de San Lázaro da Ponte, advocación que xa fai pensar directamente no antigo lazareto ou hospital de leprosos que tivo aquí a súa sé.

O lazareto definiu a estrutura deste barrio suburbano coas súas notables dimensións e as feituras barrocas, pois o

derradeiro hospital, obra do século XVIII, está hoxe dividido en varias vivendas particulares entre as cales se conta a reitoral. Pero a orixe da institución é moito máis antiga: as primeiras referencias documentais conservadas datan do século XII.

Ademais do conxunto monumental, o lugar merece ser visi-tado pola súa beleza paisaxística.

Entre os edificios recentes de carácter singular destacan:

- A Biblioteca Intercentros, no Campus Universitario, obra de Santiago Catalán.

- O conxunto formado polo Conservatorio de Música, o Con-servatorio de Danza e a Escola Oficial de Idiomas, na ronda de Xosé Castiñeira, dos arquitectos Pernas-Varela.

- O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), no Parque da Milagrosa, dos arquitectos Nieto-Sobejano.

/21/PARQUE DE ROSALÍA DE CASTRO

A ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

21

/22/O BARRIO DA PONTE

Page 10: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

/MUSEOS/

Oficina Municipal de Turismo e unha viaxe polo tempo de Lugo. Praza do Campo 11.

Singular edificio na súa maior parte soterrado, cunha exposición permanente sobre a historia de Lugo. Parque da Milagrosa.

/25/SALA PORTA MIÑÁExposición permanente sobre as orixes romanas da cidade. Rúa do Carme, fronte á Porta Miñá.

Instalación museística e audiovisual sobre os restos arqui-tectónicos e decorativos dunha gran domus romana. Rúa Doutor Castro.

/27/CENTRO ARQUEOLÓXICO DE SAN ROQUEMusealización in situ de restos dunha necrópole romana, un estanque ritual e un forno cerámico, con instalación audiovi-sual. Xardíns de San Roque, rúa Emilia Pardo Bazán.

Espectacular musealización in situ dunha domus romana e un templo dedicado ó deus oriental Mitra. Fronte á fachada da Catedral, xunta a Porta de Santiago.

/29/MUSEO PROVINCIALImportante museo arqueolóxico, pintura, escultura, artes menores. Inclúe o claustro románico, o refectorio e mais a cociña do antigo convento franciscano. Praza da Soidade.

/30/PAZO DAS POMBASMuseo Romántico e da Burguesía. Rúa do Miño, ó fondo da Praza do Campo.

/31/MUSEO DIOCESANOArte relixiosa. Na Catedral.

/23/CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MURALLA

24 2827

26

25

/26/CASA DOS MOSAICOS

/24/MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO (MIHL)

/28/DOMUS DO MITREO

Page 11: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

LUGO RURAL O CONCELLO DE LUGO

O concello de Lugo, con 332 km2, é o terceiro máis extenso de Galicia, despois da Fonsagrada e de Vilalba. O seu eixe é o río Miño, que o atravesa de norte a sur, e un denso sistema de afluentes e subafluentes baña as súas case sesenta pa-rroquias rurais. Os máis importantes son o Mera pola dereita e o Rato ou Fervedoira pola esquerda, que desembocan no Miño moi preto da cidade, o primeiro augas arriba e o segun-do augas abaixo. A Reserva da Biosfera Terras do Miño, que coincide basicamente co curso alto do Río Maior de Galicia, ten a cidade de Lugo como gran centro referencial.

O concello ten un relevo en xeral moi suave e fácil de cami-ñar. O punto máis alto é o Outeiro Maior, con 725 m sobre o nivel do mar, e o máis baixo, naturalmente á beira do Miño, está a uns 355 m no límite co concello de Guntín.

A pesar disto, as terras do concello de Lugo son notable-mente variadas, e a mesma estrutura do poboamento das parroquias e lugares é bastante diferente dunhas partes a outras. En xeral trátase de aldeas máis ou menos dispersas, con casas de labranza moi individualizadas nos seus propios circundos, pero tamén se encontran belos núcleos bastante agrupados, por exemplo nas Terras do Mera. A arquitectura

tradicional ten dous materiais básicos de construción, segun-do o substrato xeolóxico das diversas parroquias: no eixe central do Miño a pedra de lousa, ó leste e ó oeste o granito ou pedra de cantaría. As cubertas son sempre de lousa: a tella non existe nas construcións tradicionais.

Dentro do concello pódense individualizar varias unidades xeo-gráficas. Unha das máis características é o val do Mera, terra de cantaría cunha arquitectura popular de grande valor e unhas paisaxes agrarias e montesías de grande beleza. O eixo norte-sur definido polo val inmediato ó Miño forma tamén unha forte unidade, con espectaculares bosques de ribeira compostos fun-damentalmente de ameneiros, bidueiros, salgueiros e carballos. O río Miño corre repousado e fondo a causa dos caneiros, gran-des presas tradicionais destinadas á pesca da anguía, outrora riqueza importante da comarca, que hoxe cumpren unha fun-ción reguladora facendo que a estiaxe non se note apenas.

O CAMIÑO PRIMITIVO

Un gran camiño tradicional, o Camiño Primitivo de Santiago, atra-vesa o concello de Lugo de leste a oeste, desde a parroquia de Gondar á de San Pedro de Mera, cruzando a cidade polo seu eixe medieval. Antes de que o desprazamento cara ó sur do poder cristián durante a chamada Reconquista fixera posible o “camiño francés” polas chairas de Castela, xa un camiño de peregrinación percorría as terras do arco cantábrico cara a Compostela. E este camiño aínda segue sendo hoxe percorrido por milleiros de pe-regrinos que prefiren as exuberantes paisaxes verdes de Can-tabria e Asturias á severa beleza mesetaria de Castela e León.

TERRAS DE AUGA E CULTURA

Un programa turístico e cultural destinado a poñer en valor a parte rural do concello de Lugo, xunto cos veciños do Corgo e de Rábade, sinalizou algunhas das parroquias máis intere-santes da Terra do Mera, no oeste do concello, e mais a de Romeán no leste, unidas todas elas idealmente polo eixe do Camiño Primitivo de Santiago.

Ademais da riqueza paisaxística, as parroquias do val do Mera destacan polo seu rico patrimonio arquitectónico, tanto popular como monumental. En San Xoán do Alto 1 hai que ver a aldea central e a súa igrexa con restos medievais e pórtico exento.

N-540

N-640

RÍO MIÑO

Río

Mera

Río

Fervedoira

RÍO MIÑO

Guntínde Pallares

O Corgo

GUNTÍN

OUTEIRODE REI

CASTRODE REI POL

FRIOL

Outeirode Rei

LUGO

O CORGO

CASTRO-VERDE

A-6

A-6

SantaComba

San Xoánde Pena

CoeoPiúgos

EsperanteSoñar

Coeses

Santa Martade Fixós

Saa

Bazar

Lamas

Calde

O Veral

Orzabai

Adai

SantaMaría Alta

Bocamaos

Ombreiro

Camoira

ToribleVilacháde Mera

Prógalo

BacurínSan Pedrode Mera

O Burgo

Poutomillos

Santallade Bóveda

Outeirodas Camoiras

San Xoándo Alto

Montede Meda

San Román

Ribasde MiñoSan Xoán

do Campo

San Martiñode Piñeiro

San Salvadorde Muxa

Pías MazoiTirimol

Meilán

Teixeiro

RubiásBenade

Muxa

Pedreda

Carballido

San Mamededos Anxos

Santo Andréde Castro

Labio

Bascuas

Gondar

Romeán

lRecimi

19

8

1

2

3

467

5

11

12

13

14

15

16

17

18

9

10

Santa Maríade Bóveda

Cuíña

N-VI

N-VI

A Coruña

Madrid

Santia

go-Oure

nse

A Fonsagrada

Río Chamoso

Río

Rom

eán

Page 12: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

No Burgo 2 , a grande e airosa igrexa barroca e a pequena capela de San Bartolomeu. En Poutomillos 3 , terra alta e fría, destacan as casas da aldea de Vilar e o estraño pazo de Recimil. En Prógalo 4 hai unha igrexa moi característica do románico rural máis sinxelo. En Santalla de Bóveda 5 , centro referencial desta pequena comarca, destaca o seu singular templo romano con espléndidas pinturas murais, pero tamén os conxuntos de casas tradicionais da aldea central de Bóveda e das de Valín e Vilar. En Bacurín 6 hai unha igrexa románica moi bela e ben conservada, e unha aldea, Vigo, de grande interese etnográfico. En San Pedro de Mera 7 o máis notable son tamén as ca-sas tradicionais de labranza. Pero estas terras son sobre todo espléndidas para camiñar a pé, polas súas atractivas paisaxes agrarias e os seus camiños tradicionais entre árbores, e ó carón do río Mera e os regueiros que van dar a el.

Romeán 8 é tamén unha parroquia de grande interese, cun pazo barroco e cunha aldea central notable pola calidade das súas casas de labranza de cantería, algunhas delas bastante grandes. Do núcleo de Romeán sae o Camiño dos Bestilleiros ata a feira de Adai, no Corgo, pasando por Gude, pequena aldea de grande atractivo.

ALGUNHAS RUTAS A PéPaseo do Rato 9 , inmediato á cidade. Camiñada de 4 km desde a Ponte do Tren á confluencia co Miño, por camiños axardiñados entre carballeiras, ó carón do río Rato ou Fer-vedoira. Punto de información de Terras do Miño, xunta un muíño transformado en café e restaurante.

Miño aberto, río abaixo 10 . Camiñada duns 3 km ó carón do río ancho e remansado, desde as termas romanas ata a desembocadura do Rato, na que se poden ver algúns intere-santes caneiros.

O vello Lugo agrario 11 . Ruta circular de 5 km con saída de xunta o templo romano de Bóveda, pasando tamén pola igrexa románica de Bacurín.

O río dos muíños 12 . Ruta de 4 km polas ribeiras do último tramo do río Mera, entre carballeiras e fragas, con muíños e pequenas presas.

As ribeiras altas, Miño arriba 13 . Ruta de 11 km de ida e volta po-las dúas ribeiras do río represado por varios caneiros, con den-sas carballeiras e arborado mixto da ribeira no que predominan os ameneiros, os salgueiros, os bidueiros e os carballos, e cunha notable presenza de prados e pasteiros sempre verdes.

OUTROS LUGARES E MONUMENTOS DE INTERESE

Igrexa de Meilán 14 , preto do Miño, románica con ábsida de dous tramos, reformada no tempo do barroco.

Igrexa do Veral 15 , na Terra do Mera, románica.

Igrexa de Santiago de Saa 16 , cun estilo barroco pouco co-mún na comarca.

Mazo de Santa Comba 17 , á beira do río Chamoso, com-plexo hidráulico tradicional cunha antiga ferraría que fa-bricou coitelos, fouciñas e outras ferramentas agrícolas de grande sona na comarca.

Ribeiras do Miño pola parte sur do concello 18 , sobre todo nas parroquias de Ribas de Miño e Piñeiro. Nesta última pa-rroquia e na inmediata de San Román están dous dos máis interesantes entre os moitos castros do concello de Lugo.

Lagos de Teixeiro e carballeiras de Outeiro Maior 19 , nas terras altas contra o concello de Castroverde.

5 6 1712

Page 13: MONUMENTAL LUGO RURALbluesmuseum.deputacionlugo.org/images/inicio/lugomonumental.pdf · LUGO MONUMENTAL UNHA CIDADE DE HOXE ENTRE MURALLAS ROMANAS O corazón de Lugo, o antigo Lucus

www.lugoturismo.com

Descarga a App Turismo de Lugo

Android IOS

ConCeLLo De LugoPraza Maior, 1T. 010 // 982 297 350

ofiCinA MuniCiPAL De TurisMo - CenTro De inTerPreTACión DA MurALLAPraza do Campo, 11T. 982 251 658

oMiC ofiCinA MuniCiPAL De ATenCión ó ConsuMiDorRonda da Muralla, 197T. 982 297 272 // 982 297 273

PoLiCíA LoCAL De LugoRúa das Artes, s/nT. 092 // 982 297 110Obxectos perdidos: 982 297 283

ProTeCCión CiviL MuniCiPALRúa das Artes, s/nT. 982 297 285

rADio TAxi Lugo (Servizo 24 h)T. 982 213 377

D. L.: LU

95-2014