Modelo regresivo e ilegal

11
O modelo regresivo e ilegal do decreto 79/2010 Alba Nogueira

Transcript of Modelo regresivo e ilegal

Page 1: Modelo regresivo e ilegal

O modelo regresivo e ilegal do decreto 79/2010

Alba Nogueira

Page 2: Modelo regresivo e ilegal

As tachas de ilegalidade

Page 3: Modelo regresivo e ilegal

1.Regresividade vs. Progresividade As políticas de normalización lingüística son políticas finalistas

orientadas ao coñecemento en igualdade das dúas linguas oficiais Normas de resultado nas que a distribución horaria non é o relevante

(STC 87/1983, FX5º). Coa intensidade precisa para conseguir o obxectivo Sentenza 337/1994 (FX 15): “el precepto cuestionado es una norma de carácter finalista,

que establece un objetivo a alcanzar en el desarrollo de las capacidades a que deben contribuir los estudios básicos, a saber: que todos los estudiantes, al término de estos estudios, puedan utilizar normal y correctamente ambas lenguas oficiales en Cataluña”.

Medidas de discriminación positiva para conseguir corrixir a situación de desigualdade STC 337/1994, FX 7º: “Dentro destas accións políticas inclúense, como xa se declarou por

este Tribunal, as disposicións das Comunidades Autónomas encamiñadas a promover a normalización lingüística no seu territorio (SSTC 69/1988 e 80/1988). Disposicións cuxo obxectivo xeral non é outro que a de asegurar o respecto e fomentar o uso da lingua propia da Comunidade Autónoma e cooficial nesta e, a este fin, corrixir positivamente unha situación histórica de desigualdade respecto ao castelán, permitindo alcanzar, de forma progresiva e dentro das esixencias que a Constitución impón, o máis amplo coñecemento e utilización da devandita lingua no seu territorio”

Limites á configuración progresiva do coñecemento da lingua propia Exclusión do castelán Consecución do obxectivo de igualdade real no coñecemento

Page 4: Modelo regresivo e ilegal

2. Violación da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias Modelo de inmersión Fundamentalmente nas linguas rexionais ou minoritarias Non obrigatorio para todos os nenos e nenas Non abonda cun 50%

“el Comité de Expertos considera que, según la información de que dispone, el modelo educativo actual no alcanza el nivel exigido por los compromisos específicos contraídos por España, que suponen que la enseñanza o una parte fundamental del programa escolar se impartan esencialmente en gallego, y no sólo unas pocas asignaturas. El sistema educativo establecido actualmente en Galicia corresponde a la obligación menos importante contenida en el pár. 1.a/b/c del artículo 8 (por lo tanto, las obligaciones contenidas en los párs. 1.a.ii, 1.b.ii y 1.c.ii del artículo 8)”. Sobre o Decreto vixente nos mandatos de Fraga

“el Comité de Expertos alienta a las autoridades competentes a establecer modelos educativos en gallego para la enseñanza preescolar, primaria y secundaria, de conformidad con los compromisos específicos contraídos en estos ámbitos”

Os compromisos da Carta non son dispoñibles para a Xunta de Galicia nin en canto á súa interpretación, nin na súa periodificación.

O Reino de España podía ter suscrito compromisos menos esixentes para o conxunto das linguas ás que se lle aplica ou mesmo para o galego, mais non o fixo.

A “plena aplicación” da Carta da que fala o Decreto 79/2010 (Disp.ad.5ª), prodúcese pola súa ratificación e non pode ser violada por unha norma xerarquicamente inferior.

Page 5: Modelo regresivo e ilegal

Niveis de compromiso

1. En materia de ensino e, polo que se refire ao territorio en que se falan as ditas linguas e segundo sexa a situación de cada unha delas, sen prexuízo do ensino da(s) lingua(s) oficial(is) do Estado, as partes comprométense a: a i) prever unha educación preescolar garantida nas

linguas rexionais ou minoritarias correspondentes; ou ii) prever que unha parte substancial da educación

preescolar se faga nas linguas rexionais ou minoritarias correspondentes; ou

iii) aplicar unha das medidas a que se refiren os puntos i) e ii) anteriores, polo menos, para os alumnos cuxas familias o desexen e cuxo número se considere suficiente;

ou iv) se os poderes públicos non teñen competencia directa en materia de educación preescolar, favorecer e/ou fomentar a aplicación das medidas a que se refiren os puntos i) a iii) anteriores;

Page 6: Modelo regresivo e ilegal

Valor da Carta no ordenamento interno Tratado internacional que se incorpora ao

ordenamento e que é invulnerable polas normas internas

Para alterar os compromisos adquiridos é preciso denunciar o tratado e modificar os compromisos cun novo proceso de ratificación

“Vengo en aprobar y ratificar cuanto en la misma se dispone, como en virtud del presente lo apruebo y ratifico, prometiendo cumplirla, observarla y hacer que se cumpla y observe puntualmente en todas sus partes, a cuyo fin, para su mayor validación y firmeza, mando expedir este Instrumento de ratificación firmado por Mí, debidamente sellado y refrendado por el infrascrito Ministro de Asuntos Exteriores”

Sen afectar a disposicións máis favorables que xa rexan (art.4)

Page 7: Modelo regresivo e ilegal

3. Alteración dos/as estudantes da programación educativa Decreto 79/2010 “Art.12.3. En todas as áreas, materias ou módulos, agás nas

sinaladas no parágrafo anterior e nas materias de lingua(s) estranxeira(s), o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia. Non obstante o anterior, procurarase que o alumnado utilice a lingua en que se imparte a área, materia ou módulo”.

O uso dunha lingua polo estudantado forma parte da programación educativa en tanto que permite a adquisición da competencia lingüística requirida nas dúas linguas oficiais.

A competencia non é puramente pasiva –escoitar o mestre/a- senon que esixe a capacidade de falar e escribir correctamente de acordo cos obxectivos de cada etapa. Asi o sinalou o Tribunal Constitucional (STC 337/1994 no FX10), avalando o sistema de

inmersión catalán, indicando que: “Si al término de los estudios básicos los estudantes han de conocer suficientemente y poder usar correctamente las dos lenguas cooficiales en Cataluña (art.14.4 de la Ley), es evidente que ello garantiza el cumplimiento de la previsión del art.3.1 sobre el deber de conocimiento del castellano, al exigirse en dichos estudios no sólo su aprendizaje como materia curricular sino su empleo como lengua docente (STC 6/1982). De otro, al ser el catalán materia curricular y lengua de comunicación en la enseñanza, ello asegura que su cooficialidad se traduzca en una realidad social efectiva; lo que permitirá corregir situaciones de desequilibrio heredadas históricamente y excluir que dicha lengua ocupe una posición marginal o secundaria. Concluindo que esa uso como lingua vehicular do ensino “está constitucionalmente justificado, además si se atiende a la íntima relación existente entre el conocimiento de la lengua como materia objeto de estudio, de un lado, y, de otro, su uso como lengua docente, ya que lo segundo, indudablemente potencia lo primero.”

Page 8: Modelo regresivo e ilegal

O Decreto 79/2010 non pode consagrar unha exención da competencia básica oral e escrita nas dúas linguas oficiais

A Lei orgánica de Educación no seu artigo 2 fixa como un fin do sistema educativo estatal “a capacitación para a comunicación na lingua oficial e cooficial, se a houbese, e nunha ou máis linguas estranxeiras”.

Constitue un dos fins esenciais do sistema educativo a comunicación, non únicamente a comprensión, nas linguas oficiais. LOE (art.19.2 para a educación primaria e en termos semellantes o art.26.2 para educación secundaria ou

o art.35.2 para o bacharelato): “Sin perjuicio de su tratamiento específico en algunas de las áreas de la etapa, la comprensión lectora, la expresión oral y escrita, la comunicación audiovisual, las tecnologías de la información y la comunicación y la educación en valores se trabajarán en todas las áreas”.

Existen, por tanto, competencias transversais que deben ser traballadas en todas as áreas entre as que se sinala en posición destacada a expresión oral e escrita.

A fixación do currículo é competencia dos poderes públicos e a consecución da expresión oral e escrita nas dúas linguas oficiais, de acordo coa Lei orgánica de Educación, é un fin do sistema educativo e unha competencia básica a adquirir por todos os estudantes

Non é esta unha cuestión dispoñible que poida ser sometida a unha decisión dos estudantes sustraéndose da programación do sistema educativo. Art. 6 da LOE é claro cando indica que “Para os efectos do disposto nesta lei, enténdese por currículo o

conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas nesta lei”.

STS de 11 de febreiro de 2009 sobre a materia de educación para a cidadanía: “El punto de equilibrio constitucionalmente adecuado puede ser a veces difícil de encontrar; pero es indiscutible que los padres no tienen, en virtud del artículo 27.3 , un derecho ilimitado a oponerse a la programación de la enseñanza por el Estado. El artículo 27.3 , dicho de otro modo, permite pedir que se anulen las normas reguladoras de una asignatura obligatoria en tanto en cuanto invadan el derecho de los padres a decidir la enseñanza que deben recibir sus hijos en materia religiosa o moral; pero no permite pedir dispensas o exenciones”.

Mesmo nun ámbito no que a Constitución recoñece unha capacidade de elección aos pais e nais –a formación relixiosa ou moral- estes non poden pretender exencións cando a programación educativa non invade este ámbito”.

Page 9: Modelo regresivo e ilegal

4. Incumprimento do dereito ao ensino na lingua materna no primeiro ensino A Lei de normalización lingüística establece o dereito a recibir o

primeiro ensino na lingua materna. As normas regulamentarias que desenvolvan a LNL deben fixar

o concepto de primeiro ensino –en Cataluña considérase, por exemplo, que chega ata a finalización do primeiro ciclo de educación primaria, 8 anos- e, tamén, como se garante ese dereito, que habería que harmonizar co principio de non-separación en aulas diferenciadas con carácter xeral.

O Art.5.3. do Decreto establece : “Atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna”.

Non se garante con esta regulación, polo tanto, o dereito a recibir o primeiro ensino na lingua materna senon tan só que esta se “terá en conta”.

Unha redacción como esta, combinada coas previsións de uso da lingua maioritaria da contorna do art.5.1, non permite deducir que o alumnado recibirá o ensino na súa lingua materna nin sequera cando sexan obxecto de atención individualizada.

Page 10: Modelo regresivo e ilegal

5. O Problema da consulta aos pais e nais non é de rango normativo senon de fondo A pretensión do goberno de regular por lei a consulta aos

pais e nais para decidir a lingua das materias non salvaría A deixación da Administración educativa das súas funcións de

programación do ensino (art.27 CE) A imposibilidade de que unhas familias adopten decisións

sobre a formación dos fillos/as doutras familias Diferencia co sistema de elección que hai noutras CCAA

Choca co dereito de educación como un dereito de libertade a pretensión de configuración legal dun dereito de imposición da lingua vehicular das materias por unhas familias ás outras.

Se non existe oferta de modelos lingüísticos distintos na educación, a posibilidade de que a decisión sobre a lingua na que cursan materias uns nenos a poidan adoptar as familias doutros estudantes (do mesmo curso ou mesmo de cursos anteriores dada a intención de que a escolla se manteña invariable varios anos) viola o art.27 CE

Page 11: Modelo regresivo e ilegal

Consecuencias de ilegalidade dun regulamento A Constitución Española (art.9.3) garante a xerarquía normativa que neste

caso supón que o Decreto 79/2010 non pode contradicir as normas que ocupan unha posición superior no ordenamento xurídico (leis e tratados internacionais incorporados ao ordenamento como é o caso da CELRM).

Os regulamentos, ao estaren subordinados ás leis e tratados internacionais, teñen un papel de desenvolvemento dos principios e normas fixadas por estes.

Non pode haber regulamentos contraditorios coa normativa de rango superior. A consecuencia prevista no ordenamento para este suposto sería a súa ilegalidade.

O artigo 62.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións públicas e procedemento administrativo común establece que “tamén serán nulas de pleno dereito as disposicións administrativas que vulneren a Constitución, as leis ou outras disposicións administrativas de rango superior”.

De coñecer os recursos contra os regulamentos ilegais están encargados os xulgados e tribunais da orde contenciosa-administrativa (art.1.1 da Lei da Xurisdicción contencioso-administrativa).

Ademais a Lei Orgánica do Poder Xudicial incorpora un mandato (art. 6 LOPJ) que establece que “Los Jueces y Tribunales no aplicarán los reglamentos o cualquier otra disposición contrarios a la Constitución, a la ley o al principio de jerarquía normativa”.