Microrrelatos violencia de_xénero

38
ENCIA DE XÉNERO Alumnado IES POETA AÑÓN Novembro 2011 CONTRA A VIOLE

description

Relatos breves escritos polo alumnado do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña) contra a violencia hacia as mulleres

Transcript of Microrrelatos violencia de_xénero

Page 1: Microrrelatos violencia de_xénero

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Alumnado IES POETA AÑÓN

Novembro 2011

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Page 2: Microrrelatos violencia de_xénero
Page 3: Microrrelatos violencia de_xénero

Ela estaba na casa coma todos os días desexando que el non chegara

porque estaba farta. Con el chegaban berros, gritos, insultos,

dicirlle que non servía para nada. Cando chegou, ela recibiu a

primeira malleira. Dixo que non aguantaba máis e buscoulle primeira malleira. Dixo que non aguantaba máis e buscoulle

solución ó problema: puxo pes fóra e marchou.

Page 4: Microrrelatos violencia de_xénero

Ela é unha fotógrafa de prestixio e reflexa a realidade da vida nas

súas fotografías. El é contable nunha pequena empresa. El é capaz

de levar a contabilidade e o control rigoroso da casa. Ela non é

capaz de fotografar a realidade da súa triste vida en parella.

de levar a contabilidade e o control rigoroso da casa. Ela non é

capaz de fotografar a realidade da súa triste vida en parella.

Page 5: Microrrelatos violencia de_xénero

O home estaba traballando como todos os días. Cando rematou a

xornada parou no bar como de cotío pero ese día pasouse coa

bebida e acabou emborrachándose. O chegar a casa comezou a

insultar a muller e a faltarlle ó respecto coma nunca. O final insultar a muller e a faltarlle ó respecto coma nunca. O final

pegoulle e mandouna ó hospital.

Page 6: Microrrelatos violencia de_xénero

Eu son un home que se sente culpable por non ver que a ían matar.

Como veciño vin a súa evolución: comezou insultándoa, logo

empurrándoa, ameazándoa e finalmente matándoa.

Fun incapaz de comprender a situación.Fun incapaz de comprender a situación.

É fácil ver cando e como rematan as cousas pero non nos decatamos

cando comezan.

Page 7: Microrrelatos violencia de_xénero

Teño unha amiga que sufriu acoso psicolóxico. O mozo priváballe

todo: non podía saír coas amigas, estaba seguido insultándoa e facía

dela o que quería. Andaba espiándoa, no móbil léndolle os SMS.

Un día explicámoslle as cousas: non podía seguir así, pois ía collerUn día explicámoslle as cousas: non podía seguir así, pois ía coller

unha depresión e, ó final, deixouno.

Page 8: Microrrelatos violencia de_xénero

Unha vez un home pegáballe á muller. Tódolos días chegaba

borracho á casa e pegáballe. En cambio, polas mañás sempre lle

dicía que todo ía cambiar.

Un día a muller armouse de valor e foino denunciar á Garda Civil.Un día a muller armouse de valor e foino denunciar á Garda Civil.

Aos tres días o home matou á muller e logo matouse el.

Page 9: Microrrelatos violencia de_xénero
Page 10: Microrrelatos violencia de_xénero

Unha vez na aldea de Rande anunciaron no periódico que unha

muller foi asasinada polo seu propio marido. Segundo a policía, o

marido degolouna e despois, quixo tirar os restos no mar, pero

collérono. Agora está no xulgado. A asociación de veciños estase

A XUSTIZA

collérono. Agora está no xulgado. A asociación de veciños estase

unindo para a loita contra a violencia.

Page 11: Microrrelatos violencia de_xénero

Esta era unha parella que tiña moitos problemas. A muller

traballaba fóra da casa e ó voltar o único que atopaba era ó seu

home borracho que a insultaba e pegaba cada día.

Pero un día el doulle tal paliza que tivo que ingresar no hospital en

UNHA PARELLA ROTA POLA VIOLENCIA

Pero un día el doulle tal paliza que tivo que ingresar no hospital en

estado moi grave.

Page 12: Microrrelatos violencia de_xénero

Estaba asustada. O seu marido estaba fóra, seguramente borracho.

Tiña medo, non sabía o que facer. Dubidaba, estaba indecisa e

non sabía se denuncialo ou non. Sentíase soa, desamparada. Ao

fin decidiuse, sabía que era o correcto. Aínda así sentíase

A DECISIÓN

fin decidiuse, sabía que era o correcto. Aínda así sentíase

insegura. Pero cando contou o seu problema sentíase moito

mellor.

Page 13: Microrrelatos violencia de_xénero

Gisela ten 16 anos. Leva 4 meses co seu mozo. Lévanse moi ben.

Pero un día el prohíbelle a ela saír da casa se el non ía con ela.

Gisela négase e él pégalle. Ela reacciona e tamén lle pega. Gisela sae

correndo e vai denunciar a agresión sufrida.

GISELA

correndo e vai denunciar a agresión sufrida.

Page 14: Microrrelatos violencia de_xénero

Ana estaba co seu mozo, e xa levaban dous anos vivindo xuntos.

Manuel, despois de cear, marchaba e non regresaba ata as 3 da

mañá. Co paso do tempo, Ana deuse conta de que o seu mozo a

ANA CONTRA A VIOLENCIA

mañá. Co paso do tempo, Ana deuse conta de que o seu mozo a

maltrataba, e ela sentía medo. Ana colleu o control: chamou ó 016.

Page 15: Microrrelatos violencia de_xénero

Unha muller chegou a casa do traballo. O seu home esperaba na cociña. A muller chegou á cociña e o seu home empezou a berrarlle

a ameazala. A muller estaba triste e tíñalle medo. Ao dia seguinte a

muller colleu un trauma e encerrouse na habitación e non comía.

O MALTRATADOR

muller colleu un trauma e encerrouse na habitación e non comía.

Page 16: Microrrelatos violencia de_xénero

Esta é a historia de Violeta, unha nena que recibiu abusos do seu

mellor amigo.

Todo empezou fai dous meses cando na súa propia casa o seu

amigo abusou dela. Violeta síntese intimidada pero grazas á axuda

VIOLETA

amigo abusou dela. Violeta síntese intimidada pero grazas á axuda

das súas amigas está logrando superar o trauma.

Chama ó 016. Pénsao.

Page 17: Microrrelatos violencia de_xénero

Nunha casa vivían o home , a muller e unha filla que tiña 13 anos.

Maltratábana, pegábana, etc. A rapaza cada día tiña máis medo e

non lle gustaba ir á casa, prefería estar todo o día na escola. Ela

denunciou ós seus pais e foi vivir co seu tío.

VIOLENCIA CARA A LUCÍA

denunciou ós seus pais e foi vivir co seu tío.

Page 18: Microrrelatos violencia de_xénero

Cando te sintes maltratada polo teu home, sintes medo. Hai que

loitar moito, e seguir adiante pero quédanche moitas secuelas.

Pensar que todos os días por calquera cousa era abuso continuo e

tristeza. Cando sigues loitando e non aguantas máis chamas o 016 e

SENTIRSE MALTRATADA

tristeza. Cando sigues loitando e non aguantas máis chamas o 016 e

contalo. A vida despois parece outra.

Page 19: Microrrelatos violencia de_xénero

Carme era unha muller maltratada polo marido.

Tanto ela como os seus fillos vivían con moito medo porque os

maltrataba.

Un día, mentres Xosé o seu marido, a maltrataba Carme fartouse e

ADEUS Á VIOLENCIA

Un día, mentres Xosé o seu marido, a maltrataba Carme fartouse e

plantoulle cara, chamou ao 016 e agora o seu ex-marido está en

prisión.

Agora vive feliz.

Page 20: Microrrelatos violencia de_xénero

Ana estaba a punto de entrar na consulta de rehabilitación. Ela fora

unha muller maltratada psiquica e psicoloxicamente polo seu marido

durante anos, o seu marido (drogadicto e alcohólico) do que se

separara facía un ano; por fin chamou ó “teléfono da maltratada” e

ANA

separara facía un ano; por fin chamou ó “teléfono da maltratada” e

liberouse do seu verdugo.

Page 21: Microrrelatos violencia de_xénero
Page 22: Microrrelatos violencia de_xénero

Onte á noite volveume a chamar, estaba chorando. Díxome que lle

volvera a pegar, xa non aguanta máis.

Mañá virá pasar un tempo, afastarse del. Logo díxome que o vai

denunciar. É o mellor, antes de que vaia a máis.denunciar. É o mellor, antes de que vaia a máis.

Estaremos sempre con ela, apoiándoa, isto acabarase aquí dunha vez.

Page 23: Microrrelatos violencia de_xénero

Cheguei a casa do colexio, entrei na casa e volvín escoitar berros e golpes non o podo soportar, outra vez non, o mesmo de cada

día, isto debe acabar, pero non acabara se ela non quere, ela ten

que denuncialo pero o medo hacia el impídelle reaccionar antes que denuncialo pero o medo hacia el impídelle reaccionar antes

de que acabe mal.

Page 24: Microrrelatos violencia de_xénero

ELA:ELA:ELA:ELA:

Día un:

Perfección.

Día trescentos:

Insuperable perfección

Día setecentos:

Insospeitable perfección superada.

ELELELEL::::

Día un:

Sufrimento

Día trescentos:

Insufrible sufrimento

Día setecentos:

DOR,DOR,DOR

DESPOIS DA VIDA TODO É ASÍ. PERO ANTES:DESPOIS DA VIDA TODO É ASÍ. PERO ANTES:DESPOIS DA VIDA TODO É ASÍ. PERO ANTES:DESPOIS DA VIDA TODO É ASÍ. PERO ANTES:

Día un:

Amor, amizade felicidade

Día trescentos:

Gritos, dor

Día setecentos

Dor sufrimento MORTEMORTEMORTEMORTE

Page 25: Microrrelatos violencia de_xénero

Roberta estaba casada e tiña un fillo de 5 anos. Sempre tiña

discusións co seu marido, e decidiu separarse.

O home empezoulle a pegar e ela ao seu fillo.

O veciño, xa sabía daquelas pelexas constantes, e ao oír os gritos, O veciño, xa sabía daquelas pelexas constantes, e ao oír os gritos,

chamou á policía, e despois dun xuízo, acabou no cárcere.

Page 26: Microrrelatos violencia de_xénero

Todo ía ben, pero non sei o que me ocorreu, descontroleime.Odio, egoísmo, medo a perdela, non houbo un día en que ela

non sufrise. Ese foi o único e gran fallo na miña vida. Agora non

teño nada, só gañas de saír desta escuridade inmensa, chea de

SENTIRSE MALTRATADA

teño nada, só gañas de saír desta escuridade inmensa, chea de

presos salvaxes.

Page 27: Microrrelatos violencia de_xénero

Cando Uxía chegou á casa non se sorprendeu do que viu … pero

o pánico envolveuna de novo. Atopou á súa nai no chan da

cociña … Esta vez non choraba, non temblaba, simplemente

estaba tirada como unha boneca rota. Non vía a seu pai. estaba tirada como unha boneca rota. Non vía a seu pai.

¿Escaparía?

Uxía non volveu a ser ela.

Page 28: Microrrelatos violencia de_xénero

Eu non sei! Non sei nada... actúo sen pensar... non podo evitalo... e

que é tan... xa non sei o que é! Pero ela sácame das miñas casillas!

Non podo evitalo. Sempre se fai a mártir... eu eso non o aturo e

cando quero doume conta xa mallei nela…cando quero doume conta xa mallei nela…

Page 29: Microrrelatos violencia de_xénero

-Por que non intentas facer algo?-Teño medo...

-Medo? Pero se malla en ti todos os dias? Mírate!

-E se me mata?

-De seguir así eu non tardarei en ir detrás da túa caixa, mamá!-De seguir así eu non tardarei en ir detrás da túa caixa, mamá!

-Deus Santo! Non digas eso!

-Chorando e rezando as cousas non mellorarán...

-Xa pero…

Page 30: Microrrelatos violencia de_xénero

Espertándote todos os días igual. Con moito medo, coa túa fermosa

cara totalmente desfeita... Non estás farta? Alégraste algunha vez que

non está na casa pero o medo segue aí. Sabes que volverá a por ti, a

pagar contigo a súa ira... Rebélate! Non estás soa! Non llo permitas. pagar contigo a súa ira... Rebélate! Non estás soa! Non llo permitas.

Page 31: Microrrelatos violencia de_xénero

O meu ex marido tratábame moi mal e eu sospeitaba del. Ao saír

do traballo, encontrábame cas rodas do coche pinchadas e tiña que

volver á casa andando e un día farteime. Chamei ao 016 e

denuncieino. Xuroume que me mataba e outras cousas peores pero

eu non lle facía caso.eu non lle facía caso.

Page 32: Microrrelatos violencia de_xénero

Hoxe volveume a pegar, pero esta vez non foi unha simple labazada

ou agarrarme malamente do brazo. Colleume polo pelo e

arrastroume polo chan ata botarme fóra da casa.

Empecei a chorar, tiña os ollos morados dos golpes e sangraba pola Empecei a chorar, tiña os ollos morados dos golpes e sangraba pola

cabeza. Decidín chamar á policía e agora vivo mellor.

Page 33: Microrrelatos violencia de_xénero

Chego á casa cansada e suplico que deixe de gritar, os rapaces

dormen; síntome prisioneira na casa.

Se non son del, non serei nunca de ninguén.

Son as catro, esperto polos pesadelos e asómome á ventá; é tan fácil Son as catro, esperto polos pesadelos e asómome á ventá; é tan fácil

saltar e deixalo atrás...

Pero, por qué non o fago?

Page 34: Microrrelatos violencia de_xénero

Chego a casa, oio berros e suspiro. Non podo máis.

Entro na cociña e collo un coitelo. Métome na súa habitación e

vexo a meu pai pegándolle a miña nai.

Corro cara el e crávolle o coitelo no peito. Non sei que pasará Corro cara el e crávolle o coitelo no peito. Non sei que pasará

despois, pero agora xa non teño medo.

Page 35: Microrrelatos violencia de_xénero

Dor, dor intermitente e forte. Vólveme pegar. Non resisto mais.

Estou soa, sen ninguén, el non me entende. So quero desaparecer.

Neste mundo xa non hai sitio para unha alma en pena como a

miña. Adeus mundo, que un dia me deches a vida e hoxe ma

quitas.quitas.

Page 36: Microrrelatos violencia de_xénero

Ela volveume pegar, xa estou farto, isto non pode seguir así, ela non

me volverá a maltratar .

Mañá pola mañá cedo irei á vía do tren, esperarei a que veña o

primeiro tren rápido e cando chegue á estación...primeiro tren rápido e cando chegue á estación...

Collo e marcho da casa! Non a volverei ver! Marcho para Galicia.

Page 37: Microrrelatos violencia de_xénero

O neno pechouse no seu cuarto e comezou a chorar. Tiña dous

exames o día seguinte, pero... Como podía estudar así? Os seus pais

estaban discutindo outra vez. Colleu o móbil, finalmente decidiu

escapar de rutina, puxo os cascos e intentou refuxiarse na música.

Xa non podía oír nada máis.Xa non podía oír nada máis.

Page 38: Microrrelatos violencia de_xénero

25 de novembro de 2011. Día Mundial contra a violencia de xénero.

En todo o mundo moitas mulleres acaban asasiñadas a mans das

súas ex – parellas. En España o índice de mortalidade do maltrato

de xénero foi diminuíndo pero non acabou. Iso é un problema moi

grave para a sociedadegrave para a sociedade