Miau! O último berro da fábrica (GL)

4
Miau! O último berro da fábrica por Uxío Reinoso Fotomontaxe de U. Reinoso

description

Miau é agora o son do feche das portas dunha das fábricas máis senlleiras da nosa cidade, Miau é o berro de protesta dunha plantilla de centos de traballadores e traballadoras...

Transcript of Miau! O último berro da fábrica (GL)

Page 1: Miau! O último berro da fábrica (GL)

Miau! O último berro da fábrica

por Uxío Reinoso

Fotomontaxe de U. Reinoso

Page 2: Miau! O último berro da fábrica (GL)

Miau, é o nome dunha novela do xenio realista de Pérez

Galdós publicada no ano 1888.

Miau tamén é o nome dunha liña de productos que adoptou a

Conserveira Bernardo Alfageme cando en 1931 inaugurou a

súa nova factoría en Bouzas.

Miau é agora o son do feche das portas dunha das fábricas

máis senlleiras da nosa cidade, Miau é o berro de protesta

dunha plantilla de centos de traballadores e traballadoras

enganados pola dirección da Bernado Alfageme SA; e Miau é

o clamor que lanzamos os cidadáns ante o risco de que

,unha vez máis, fiquemos sequera co desfrute e opcións de

futuro que suporía a conservación do noso patrimonio

histórico-cultural.

Imaxe: Vigoenredados

En 1995 a empresa Bernardo Alfageme S.L. (nome social que

adoptou a cuarta xeración dos Alfageme) atravesaba certas

dificultades coxunturais. Comezouse entón un proceso de

Page 3: Miau! O último berro da fábrica (GL)

reinverisón (nese a ano o BBV compra o 40% das accións) e

reorganización productiva: primeiro féchouse a factoria de

Algeciras e a comezos de 2006 estudábase o feche da do

Grove, trasladando aos seus empregados a Ribadumia e Vigo

e, ao mesmo tempo, o traslado da factoría de Bouzas a o

novo polígono industrial en Valadares.

Xa entón, o inmoble da factoría de Bouzas formaba dunha

complexa operación urbanística: o Concello recalificaría

os 13.000 m2 da parte S do complexo cunha edificabilidade

de 45.000 m2, coa única condición de que para manter os

postos de traballo, os industriais reinvertisen tales

beneficios nunha nova factoría na futura "Cidade da Pesca

de Valadares".

De súbito, en febreiro do mesmo 2006, e a pesares de que

B.A.S.L. desmentirá recentemente a posibilidade da venda,

o grupo de Inversiones Louredo adquire a B.A.S.L.

Inversiones Louredo é unha empresa vinculada en orixe ao

mercado inmobiliario, pero que xa era propietaria dunha

atunera no Brasil e recentemente adquirira Conservas Peña

e a Thenaise-Provoté, o que lle permite presentarse ante o

Consellerio de Economía da Xunta coma a promotora dun

"grupo gallego de la conserva" baixo a denominación

Bernardo Alfageme S.A.

Mais axiña, en decembro de 2006, é outra inmobiliaria

Prolamar S.L. compra, tal grupo conserveiro B.A.S.A. Nesta

ocasión é o directivo de Prolamar, Juan Lago, o que

Page 4: Miau! O último berro da fábrica (GL)

defende con éxito o proxecto industrial de B.A.S.A. ante a

Conselleira de Pesca e os traballadores.

Entretanto, o Concello de Vigo catalogou a fachada coma

elemento patrimonial a conservar e incluso falouse dun

"Museo da Conserva" e un xardín. E xa no 2008 é a Xunta a

que invalida aquela complexa operación urbanística.

Entón ao grupo conserveiro galego sáenlle fauces de

formigón e demanda ao Concello e a Xunta por chapucear no

seu "inmoble industrial" (1,2,3,...), e o Concello

resposta coas mesmas: vivenda sí pero protexida (..., 4 e

5). A fábrica xa está deshauciada, os traballadores non

cobran, os millóns das subvencións veñen e van, e as

máquinas apodrecen no interior da fábrica porque Prolamar

non ten cartos nin para pagar as materias primas.

En 2009 parte dos traballadores de Bernardo Alfageme S.A.

son despedidos por "cuestións obxetivas". En 2010 a

empresa quebra e entra en concurso de acreedores: neste

punto, a reurbanización da fábrica de Bouzas semella

inevitable porque, a pesares das axudas que a empresa

recibiu do Estado para manter as súas obrigacións sociais,

tan só unha operación deste tipo poderá pagar os atrasos

que se lle deben aos traballadores e proveedores.