Memoria PLAMBE curso 2014-2015 -...

25
Memoria PLAMBE curso 2014-2015 ceip ondesa de Fenosa cod. 32015116 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Transcript of Memoria PLAMBE curso 2014-2015 -...

Page 1: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Memoria PLAMBEcurso 2014-2015

ceip Condesa de Fenosacod. 32015116

O Barco de Valdeorras(Ourense)

Page 2: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

Índice 1. Grao de cumprimento dos obxectivos

2. Horario do encargado da biblioteca escolar

3. Actividades desenvolvidas: Accións, procedementos e recursos

3.1. Temporalización inicial

3.2. Desenvolvemento das actividades

a) Actuacións en relación coa organización e xestión

b) Actuacións en relación coa relación e dinamización e promoción dos

recursos da biblioteca, coa súa integración no tratamento do

currículo e a súa contribución ao desenvolvemento da competencias

básicas do alumnado.

c) Actuacións en relación coa formación do usuarios e educación para o

acceso á información (Educación Documental)

d) Actuacións en relación ao fomento da lectura e co desenvolvemento do

Proxecto Lector de Centro.

e) Outras actuacións

4. Grao de implicación da Comunidade Educativa

5. Grao de integración dos recursos da biblioteca no proceso de ensino

e aprendizaxe das diferentes áreas do currículo

6. Produción de materiais

7. Avaliación

8. Previsión de futuro

2

Page 3: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

Grao de cumprimento dos obxectivos

Temos que valorar como positivo o traballo desenvolvido duranteeste curso escolar, que foi, basicamente, un curso de continuidadee consolidación de actividades postas en marcha en anos anterioressen que puxeramos en marcha actividades novedosas.A razón desta falla de iniciativas débese sen dúbida, ao esforzorealizado a nivel de centro para a posta en marcha do proxectoEDIXGAL, e á intensa actividade de formación na programación LOMCEe na xestión da aula dixital e na creación de cursos nestacontorna educativa.Non termos actividades específicas de formación na biblioteca nonquer dicir, nin moito menos, que os membros do equipo de apoio nonparticipasen activamente das actividades de formación, seminariose cursos, dándolle aos traballos realizados un enfoque debiblioteca. Daniel Casany introducira o debate de se a bibliotecaescolar era un lugar ou un concepto: de contestarmos un concepto,idea que nós defendemos, pensamos que se ten realizado moito porestender o xeito de traballo da biblioteca ao resto doscompañeiros do centro.O que si se deu é un cambio de orientación dalgunhas actividadesque viñamos realizando, como a idea de traducir textos, que no seudía nos aconsellou nunha visita Darío Xohan Cabana, e que tentamosfacer con artigos para a galipedia. Este ano, atopamos grazas áasesoría, unha editorial na rede (editorial Weeble) que ofrecelibros educativos gratuítos en formato dixital. Xa que nós estamosinteresados na tradución e no fomento da lectura dixital, aecuación é ben doada de facer: ofrecémonos á editorial pararealizar as traducións dos libros ao galego, do que resultou unharelación bastante frutífera da que falaremos máis adiante.Tamén fixemos algunha modificación nos nosos planos de traballo anivel audiovisual. Se ben en anos anteriores usabamos aplicaciónswebs que nos permitían facer deseños animados, o paso destas aformatos de pago, levounos a dar o paso de tentar facer as nosaspropias producións. Aínda que o resultado final aínda non estádispoñible, e de que hai moito que mellorar, temos elaborado unvídeo que combina o musical coa stopmotion, para falarmos dasnormas da biblioteca.Se ben non agardamos recoñecementos nin do festival de Cans,outramente resultou unha actividade moi motivadora para o alumnadoparticipante no club de escritura, que traballaron na elaboracióndo seu guión, texto e mesmo no seu papel de actores e actrices.En resume queremos incidir que se ben non hai novidades de relevono noso traballo deste ano, si estamos satisfeitos cos resultados,

1

Page 4: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

e fundamentalmente estamos moi esperanzados de que determinadoscambios que se están a dar no colexio (o deseño de UnidadesDidácticas desde unha perspectiva construtivista) e odesenvolvemento da aula virtual, fagan agromar un novo xeito detraballo na aula, embebido do espírito investigador da biblioteca.Tamén temos que falar do noso Proxecto Documental que cambiou detemática a respecto da que nós tiñamos proposta. Nun principioquixemos poñer en marcha un PDI que tratara unha temáticacientífica, pero os intereses do profesorado diante dunha serie deproblemas de conduta do alumnado levou a que se traballase o temada Convivencia. Así reformulamos o proxecto inicial e propuxemosrealizar unha procura das normas e regulamentacións que dende ahistoria máis remota organizaron a convivencia humana, para queservise de base a unha reflexión sobre determinados conceptos(empatía, equidade, solidariedade...) que nos levase a crear unhaconstitución escolar redactada e aprobada en referendo poloalumnado. Os dous primeiros puntos están realizados e pendentes derealización nos primeiros días do vindeiro curso a redacción eaprobación da constitución escolar.O programa de axudantes da biblioteca segue funcionando econsideramos que dun xeito bastante aceptable, aínda que sempre émellorable. Así deberiamos organizar a biblioteca en varias zonasbaixo a responsabilidade dun encargado evitando que os tres degarda en cada recreo se encontren xuntos na zona de xestión deempréstamos, e tamén sería interesante incrementar a competenciano manexo do programa de xestión da biblioteca, que se ben estámellorando con respecto de anos anteriores aínda presenta algunhasdificultades, sobre todo nas procuras de fondos ou lectores.A nivel de avaliación incluímos unha enquisa en google docs econtinuamos a empregar a ferramenta de autoavaliación, como o anoanterior, sempre coa intención de mellorar os nosos servizos ácomunidade educativa.

Horario do encargado da biblioteca escolar

O encargado da biblioteca foi Xoaquín C. Freixeiro Álvarez, querealiza tamén as funcións da xefatura de estudos e coordinaciónTIC. Dado que o noso centro está inmerso en múltiples proxectos deinnovación educativa (Abalar, Edixgal, axenda21, PFPPC...) e quetodos estes requiren a intervención da xefatura de estudos, nonsería posíbel que todo o peso da biblioteca descansase sobre unhaúnica persoa, así que contamos cun equipo de apoio á bibliotecaconformado por un equipo estable de profesorado, ao que todos os

2

Page 5: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

anos se suma algún mestre provisional con ganas de traballar etraer novas propostas á marcha da biblioteca.Este equipo organiza os clubs, as quendas de conta-contos, deactividades como “vaille co conto ao profe”, colabora naorganización da olimpíada, adorna a biblioteca no mercado deintercambio de libros e na entrega de diplomas e premios ao finaldo curso.Tamén participa nas actividades de formación, que se ben este anonon tiveron un carácter específico da biblioteca, si que setentou, como xa se comentou dar un enfoque da ALFIN aos cursos quese realizaron.Este ano o Equipo de Apoio á Biblioteca estivo constituído por:

Ensino Infantil Sonia González Mercedes Molina Teresa López

Primeiro Ciclo Mercedes Gallego Aurora DelgadoMª Carmen Marcos

Segundo Ciclo Mª Carmen García Emilia PereiraConsuelo González

Terceiro Ciclo Xoaquín FreixeiroLuis Fernández

Departamento

Orientación

Manuela ÁlvarezConcepción D. Sánchez

A presencia de membros do equipo de biblioteca en cada un dosequipos e departamentos do centro fai que sexa doado transmitir asiniciativas da biblioteca ao resto do profesorado do centro, asícomo dotarnos dun potente feedback sobre a valoración de cadaactividade e poder deste xeito adoptar as medidas correctorasindicadas.O horario de dedicación á Biblioteca é o seguinte:

10:00-11:00 Recollida dos empréstamos polas clases,devolución dos exemplares e colocación nosandeis.Catalogación de novos exemplares

12:05-12:35 Empréstamos, ordenadores14:30-15:30 Empréstamos, ordenadores, hora dos deberes

3

Page 6: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

17:00-18:00

(Martes)

Os Martes... Conto

Tamén existe un horario asignado a cada aula en horario lectivopara o uso da biblioteca en tarefas de investigación.

Actividades desenvolvidas, accións, procedementos e recursos

Temporalización inicial

Desenvolvemento das actividades

Actuacións en relación coa organización e xestión.

Non se fixeron melloras significativas na biblioteca, toda vez queno curso anterior se instalaron novas librarías e o equipamento ésuficiente, axeitado e novo. Seguimos sen ter unha porta de separación entre as dúas salas dabiblioteca, porta que necesitamos para, entre outras cousas, poderfacer sen interferencias as sesións do cine-club dos xoves. Dadoque coa nova lei de propiedade intelectual non temos moi claro seesta actividade se pode realizar, deixamos de efectuala, polo quea necesidade da porta xa non é tan perentoria. Aínda así

4

Page 7: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

seguiremos tentando de colocala, se ben, temos que confesar, quecase a damos por imposíbel.Os axudantes da biblioteca seguiron realizando actividadesrelacionadas coa xestión. Neste curso foron moitos os nenos enenas que solicitaron ser axudantes e que realizaron esteslabores. As quendas realízanse coa participación de encargados(alumnos dos cursos superiores) e axudantes (alumnado dos cursosinferiores, dende 2º a 4º), sendo os encargados os que se dedicana formar nas cuestións básicas da xestión aos axudantes, modeloque segue dando uns froitos altamente positivos, e que, polotanto, insistiremos e potenciaremos no futuro. Sen embargo na enquisa de avaliación que cubriron os alumnosreflíctense críticas ao desempeño dos axudantes, relacionadas cocontrol do silencio, quendas de ordenadores e a non saber facerfronte a determinados problemas coa xestión do programa deempréstamos. Como xa comentamos anteriormente tentaremos de cara ao curso quevén esforzarmos máis na preparación previa dos mesmos, nadelimitación das súas funcións e afondar no manexo do programapara que sexan quen de resolver os problemas máis básicos para quepoidan actuar con maior autonomía e sen tanta supervisión porparte do encargado.Tamén fixemos algunha mellora no apartado de sinalización,colocando máis carteis explicativos da CDU e elaborandoindicadores que se colocaron no alto dos andeis nos que se dáinformación sobre a temática dese apartado. De cara ao curso quevén pensamos que teremos que mellorar aínda máis este aspecto,repintando os cantos dos andeis e colocando etiquetas de coresidentificadoras nos libros que non as teñen.

Actuacións en relación coa dinamización da biblioteca e promoción

dos recursos da biblioteca, coa súa integración no tratamento do

currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias

básicas do alumnado.

Como todos os anos mantemos o sistema de empréstamos nos períodosde recreo, tanto na sesión da mañá como ao mediodía, e a recollidadas devolucións nas propias aulas durante as primeiras horas damañá. Os nenos e nenas que collen libros en empréstamo dispoñendunhas caixas para o seu curso onde deixan os libros, e así podensaír ao recreo sen ter que levar o libro ao patio. Ao remate dorecreo da tarde o encargado da clase pasa pola biblioteca e leva acaixa á clase onde se reparten os libros emprestados. A rutina damañá é deixar os libros devolvidos na caixa que pasa a recoller o

5

Page 8: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

encargado co carro dos libros. Nesta visita sempre se fai algúncomentario co que se tenta incentivar ao alumnado para que fagauso do servizo de empréstamo.“O Barquiño de Papel” é o boletín dabiblioteca (realizado en papel pero taméncon edición dixital) que ten un caráctertrimestral e onde se dá conta das novidadesen relación coa biblioteca, actividadespostas en marcha e, como non,recomendacións lectoras.No exterior da biblioteca, no corredor quelle dá acceso temos un espazo para asexposicións de novidades e outras decarácter temático, relacionadas coascelebracións anuais, e que actúa coma unpotente reclamo para o empréstamo e parafamiliarizar, no caso das novidades, cosnovos fondos que se van adquirindo ao longodo ano.Como elemento fundamental para a lecturasilenciosa, da que falaremos máis adiante, a biblioteca aportafondos axeitados a cada idade e nivel lector ás diferentes aulasque constitúen así unha biblioteca de aula actualizada e adaptadaao seu alumnado. Estas bibliotecas renóvanse unha vez portrimestre cando menos, asegurando así lecturas novas emotivadoras. Tamén as bibliotecas de aula se dotan de materiais específicos (ocorpo humano, zooloxía, máquinas...) segundo os temas tratados notemario de sociais e naturais, servindo de apoio ás investigaciónsque sobre temas curriculares se desenvolven nas clases.O blogue (http://biblogtecacondesa.blogaliza.org) tamén serve paraos mesmos fins que o boletín da biblioteca, aportando novas dasactividades da biblioteca, recomendacións lectoras, as enquisas desatisfacción e as producións dos clubs de escritores e dandodifusión aos documentos elaborados no PDI.Sabemos que un blogue de primaria non pode ter a mesma difusión eparticipación, en forma de comentarios, ca un blogue de secundariaou dirixido a un público adulto, pero aínda así botamos en faltaunha maior participación, que tentaremos incrementar posibilitandoas visitas ao blogue dende a clase de informática e animando arealizar comentarios, como xeito de fomentar que esas visitas ecomentarios se fagan autónomos.

6

Portada do boletín de Nadal

Page 9: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

Actuacións en relación coa formación de usuarios e educación para

o acceso á información (Educación Documental)

Co gallo do PFPPC comezamos a facer funcionar a aula virtual docentro e alí inserimos unha serie deactividades en formato Jclic sobreformación de usuarios, adoptando unhaforma de curso que, dado que era oprimeiro que fixemos, teremos queretomar para darlle unha mellorestrutura e dotar de máis contidos.Con todo é significativo que oprimeiro curso realizado nesteproxecto de formación teña o seloinconfundíbel da biblioteca.Como todos os anos realizáronseactividades de formación de usuarioscon este material, e, como acabamosde comentar, esperamos que o vindeirocurso poidamos ofrecer non só estasactividades senón unha chea deposibilidades cun formato benestruturado, atractivo e interesante.Na mesma aula virtual, e dentro do apartado de bibliotecaelaboramos unha presentación de “A historia de Erika” da editorialKalandraka que foi utilizada por todoo colexio nos días previos ácelebración do día da Paz.Por último, e para sabermos máis dodía das letras galegas fixemos, namesma aula unha caza do tesouro aoredor da orixe do día, dos seuspromotores, do libro homenaxeado e dasúa autora, Rosalía.Sendo francos a verdade é que resultanmáis acabadas, tanto estética comotecnicamente, as cazas realizadas enformato web ca as que se fan seguindoos modelos da aula virtual, máisestereotipadas e ríxidas, pero dadoque queremos espallar entre todo oprofesorado esta práctica, abofé queresulta máis doado este sistema.No día da ciencia en galego tamén, como en anos anteriores, a

7

Captura da sección da Biblioteca na Aula Virtual

Captura da Caza do Tesouro das letras galegas

Page 10: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

biblioteca axudou cos seus recursos a atopar experimentoscientíficos para a súa realización durante a celebración destacita anual coa ciencia e co idioma.Dispoñemos na nosa web dun mapa interactivo da Biblioteca queusamos para mostrar os distintos contidos que teñen os nososfondos e a súa localización no espazo da biblioteca. Gustaríanosde cara ao próximo curso renovar este mapa, e tentar facer unhapanorámica, moito máis vistoso que o plano actual, aínda que nossuscite problemas técnicos que aínda temos que resolver.Igualmente temos en mente mellorar e actualizar a guía de benvidada biblioteca, que informa ao alumnado e profesorado chegado denovo das actividades e recursos que ofrece a biblioteca do centro,xa que este ano atopamos que está bastante desfasada e non cumpreben cos obxectivos que tiñamos programado.Como sempre, mención a parte merece o Proxecto Documental

Integrado que este ano se fixo co título de “Convivimos”. Se benno curso pasado dende a biblioteca propuxeramos un PDI que tratasede temas científicos, ao comezo deste curso, e dado que habíacertos problemas de convivencia, o claustro acordou traballarsobre o tema da convivencia, así que reformulamos a nosa proposta,e propuxemos realizar un traballo no que se puidese constatarcomo, dende os primeiros pasos da humanidade, o home ao vivir ensociedade dotouse de normas, estableceu dereitos e deberes...O traballo de investigacióndesenvolvérono os alumnos deterceiro ciclo de primaria e foipresentado ao resto do colexioao través dunha presentación enPrezi que recolleu resumidas asdistintas investigaciónsrealizadas por cada aula dociclo, e que foi explicada polosnenos e nenas que a realizaron.O seguinte paso foi a procura deimaxes para a discusión e areflexión, sobre termos que se considerou interesante tratar, comoson equidade, solidariedade, empatía, igualdade...Ao través do convencemento de que é necesario dotarmos de normaspara convivir e de falarmos destes termos básicos para a nosaconvivencia, realizaremos a comezos do próximo curso escolar unproceso constituínte a fin de dotarnos dunha constitución escolaronde se recollan os dereitos e deberes do alumnado, elaboradapolos seus representantes recollendo as achegas que os debates nasclases poidan dar.

8

Portada da presentación en Prezi

Page 11: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

Unha vez elaborada a constitución votarémola para que se convertano documento eixo da convivencia dentro da nosa comunidadeescolar.No mesmo ámbito da educación documental está o concurso da“Olimpíada do Saber”, concurso de enigmas cunha moi grandeparticipación do alumnado (practicamente o 100% do alumnado deprimaria) e que, dado o tema do noso PDI enfocámolo a persoas edocumentos que fixesen relación coa convivencia humana. Así asrespostas foron dende o cilindro de Ciro deica a declaración dosdereitos do neno, ou dende Ghandi a Rosa Parks.Un papel importante na educación documental téñeno tamén oscomputadores da biblioteca, nos que as distintas aulas que baixana biblioteca a realizar traballos de investigación poden facer assúas procuras, ao tempo que nos recreos e na hora dos deberespermiten o acceso á aula virtual ou un uso máis lúdico. Tamén ocomputador de audiovisuais ofrece a posibilidade de proxectar osfondos de DVDs do catálogo.Na mesma liña que antes falamos de cuestionar se a Bibliotecaconsiste nun espazo ou nunha actitude, a aula de informática docolexio nos permite traballar especificamente a educacióndocumental con varios grupos de primaria. Temos determinado nonoso horario un desdobre das clases de plástica en dous grupos, unque traballa na aula ao tempo que outro acode a clases deinformática. Deste xeito quincenalmente dispomos dunha clase deinformática na que traballamos entre outras cousas, os Jclic deformación de usuarios e cazas do tesouro e/ou webquests. Taméntraballamos a capacitación ofimática para preparar documentos cosque expoñer os seus traballos (Writer, Draw e Impress da suitelibreoffice).No tema da formación de usuarios deixamos para o final, coma o boviño de Canaán, ás xoias da nosa coroa, que é o nutrido grupo devoluntari@s que desenvolven as tarefas de empréstamo nos recreos,control das quendas de computadores e da orde na biblioteca. Xatemos comentado o moito que teñen mellorado e a notable autonomíacon que se desenvolven no manexo do programa de xestión, maisaínda así teremos que facer un esforzo para mellorar de cara aospróximos cursos.Tamén, e como veremos nas enquisas de avaliación, haberá quemellorar o control do silencio, xa que nos recreos é tal acantidade de nenos e nenas que acoden por diversos motivos ábiblioteca, que manter un nivel aceptable de ruído é difícil.Queremos valorar especificamente o feito de que os axudantes conmaior experiencia van ensinando moitos aspectos das súas tarefasaos máis novos, sendo o papel do encargado da biblioteca só de

9

Page 12: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

supervisor e unicamente en determinados momentos realizar algunhaexplicación puntual cando se presenta un problema que non sabenresolver.

Actividades en relación co fomento da lectura e co desenvolvemento

do Proxecto Lector do Centro.

Como todos os anos, e coa mesmavaloración positiva por parte doprofesorado e do alumnado,realizamos a lectura silenciosa,un anaco de tempo específico easí sinalado no horario docentro, co que comezamos a nosaxornada, adicado a unha lecturalibre, silenciosa e xeral, na queparticipa tamén o profesorado.Dentro deste espazo para alectura, os venres presentan uncarácter especial, xa que oalumnado dunha aula se distribúepolo resto das aulas do colexiopara facer unha lectura en voz alta, que previamente prepararon nasúa clase, na actividade que chamabamos “os nosos autores en vozalta”, pero que agora xa denominamos simplemente “a lectura dovenres”.A lectura do venres non anula a lectura silenciosa, só ainterrompe uns minutos, xa que os textos escolmados para aactividade son pequenos poemas, narracións curtas, anacos deobras... Esta actividade motiva moito aos nenos e nenas, non sóaos que len senón que tamén aos que escoitan. Supón un traballoprevio de prosodia, dicción,control dos tempos e dosnervios que tan importantes sonna lectura, e que o alumnadoasume con moita motivación xaque lles interesa demostrar queben o fan diante dos nenos enenas das outras clases. Alectura do venres remata semprecon aplausos ao lector, e nonpoucas veces, cun pequenoagasallo da clase (un debuxo,un marcador ou unha galleta).

10

Un momento dun club de lectura dixital

A lectura do venres

Page 13: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

Outras actividades que se manteñen, e nas que non vamos a deternosmoito tempo por ser xa vellas coñecidas, son “Vaille co conto aoprofe”, e “Os martes... conto”. A primeira delas consiste ensituar a un mestre voluntario do centro en situación dedispoñibilidade na biblioteca para que calquera nen@ poida irlerlle un libro ou un fragmento que queira.Na segunda os pais e nais do alumnado de infantil que non acodeautonomamente nos recreos a facer empréstamos, ao tempo que acodená biblioteca para realizar o empréstamo semanal cóntanlle contosaos nenos que acoden a esta actividade, que se realiza fóra dohorario escolar. Para facilitarlle o traballo adquirimos contostroquelados, e libros obxecto que fan que cos seus contos deixenabraiados aos nenos participantes.Tamén funcionaron, cunha alta participación durante todo o curso,os clubs de lectura e escritura. Funcionaron 6 clubs de lectura e2 de escritura, realizando semanalmente reunións cos seus case 100participantes. É de destacar que en varios destes clubs sedesenvolveron actividades de lectura en dispositivos dixitais, cosrecursos propios do centro e con tablets propias do alumnado nasque se cargaron os libros elixidos para a lectura do club.Decatámonos de que moitos destes dispositivos non tiñan instaladoningún xestor de lecturas e, en moitos casos nin sequera un lectorde PDFs. A este respecto, e coa fin de conseguir un uso máiseducativo destes dispositivos nas casas adicamos parte do barquiñode papel do mes de nadal á lectura dixital, dando recomendaciónsdos programas a instalar neles para convertelos en unidades delectura.Con respecto dos clubs deescritura comentar quetraballamos como en outrosanos diversos recursos na rede(storybird), publicamos noblogue contos por entregas,pero tivemos que deixar deempregar os servizos dedomonation, que pasou a ser depago e tivemos que pasarnos aPowtoon, que a pesares de nonter as mesmas prestaciónsserviunos para realizar asnosas animacións.Tamén realizamos unha curtacon anacos de stopmotion sobreas normas da biblioteca, que aínda temos sen publicar xa que nos

11

Un intre do encontro con Pepe Maestro

Page 14: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

falta gravar e inserir o audio, e que resultou moi ben.Tamén temos realizados vídeos con recomendacións lectoras, que éunha actividade que teremos que potenciar de cara ao ano que vén,xa que desperta un grande interese nos compañeiros e serve para adifusión de determinados libros entre eles.O Kamishibai non tivo a importancia doutros anos, entre outrascousas porque os compañeiros do Ceip de A Rúa pedíronos o nosopara facer unhas probas con el e aínda estamos esperando que nolodevolvan. Para o ano esperamos volver darlle o papel relevante quetivo en anos anteriores, tanto para a creación de contos como paraexpoñer traballos de carácter científico no día da ciencia engalego.Tamén, como non podía ser doutro xeito, tivemos distintas visitasde autores promovidos dende distintas editoriais, como PacoNogueiras, Raquel Queizás, David Vázquez ou Pepe Maestro.Valoramos moi positivamente estes encontros cos autores polo queaniman á lectura ao alumnado e lles permiten coñecer detalles daelaboración dos libros aos que doutro xeito non terían acceso.

Outras actuacións

Como xa se foi comentando ao longo desta memoria parte dos nososesforzos deste curso foi adicado á creación de cursos na AulaVirtual do colexio e ao traballo no blogue, mentres que deixamosen parada a nosa Web. A razón desta parada nas actividades foi quedado que para dotarnos dunhaaula virtual tivemos queintegrarnos dentro das WebsDinámicas, e aínda que se nosmantivo activo o espazo Webanterior, xa non dispomos dacapacidade de inserir novoscontidos, polo que estamospensando seriamente en, comoxa se fixo con outrosdepartamentos do centro,migrar a nosa páxina a Drupal.Probablemente teremos quefacelo de cara ao ano que vén,e iso suporá redeseñar oespazo atendendo ásespecifidades de Drupal.Tamén celebramos, como todos os anos, cunha participación que seachega á totalidade do centro, o mercadiño de intercambio de

12

O mercadiño en pleno trafego

Page 15: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

libros, o noso xeito de celebrar o día do libro, e que se realizouseguindo as mesmas liñas mestras que en anos anteriores.O que si desapareceu da nosa oferta foi o Xoves de Cine, xa que aincerteza sobre o uso de audiovisuais que supón a nova lei depropiedade intelectual aconsellounos paralizar a actividade deicasaber a ciencia certa que é posíbel proxectar.Pero non botamos moito de menos o cine xa que tivemos teatro,porque o grupo de nais que, xa dende hai uns cantos anos xurdironao redor da actividade de “Os martes...conto”, e que se formaroncontando contos decidiron organizarse para representar no festivalde Nadal algúns dos libros de contos que previamente contaran nesaactividade. Se o ano pasado anunciamos a instalación dun punto de intercambiode libros no exterior do colexio, a gran novidade, diante dosagoireiros que aseguraban a destrución da casiña onde se colocabanos libros, é que aínda segue viva, servindo para espallar lecturase adquirindo aos poucos unha dinámica propia moi interesante. Peroquizais o máis interesante sexa a toma de conciencia de que cousasnormais nos países nórdicos tamén pode selo aquí, na Galiza.Por último, e dado que temos interese no fomento da lecturadixital e existe un mesmo limbo de incertezas legais, como no casodo cine, ao que se suma a ausencia case total de ofertas delecturas en galego, decidimos facer algo a este respecto. Así coñecemos a oferta de editorial Weeble, que oferta librosdixitais educativos e gratuítos, e nos ofrecemos para a traducióndos seus títulos ao galego. A proposta foi moi ben acollida polopersoal da editorial, e arestora contamos xa con varios títulospublicados no noso idioma e estamos á espera da creación dunapartado exclusivo de libros en galego cando teñan preparados osúltimos títulos.Non queremos pechar esta memoria de actividades sen subliñar unhadas actividades que vimos facendo dende hai anos e que nuncareflectimos nesta memoria, e é a entrega de premios da bibliotecaque realizamos durante o festival de peche do mes das letrasgalegas. Nesta entrega de premios (en realidade a penas unsdiplomas acreditativos da súa participación) galardóase aosgañadores da olimpíada do saber, aos nenos que máis libroscolleron en empréstamo, aos participantes nos clubs de lectura eescritura, aos axudantes da biblioteca, aos que leron contos en“Vaille co conto ao profe”... ata un total de 200 premios, o quedá unha idea do nivel de participación do alumnado nas propostasda biblioteca.

13

Page 16: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

Grao de implicación do centro e da comunidade educativa

A comezos de curso fixemos actividades de formación do profesoradodo Equipo de Apoio á Biblioteca no programa de xestión, daorganización dos fondos e outros aspectos da vida cotián dabiblioteca. Esta actividade demostra o interese por participaractivamente na xestión da biblioteca por parte do profesorado doequipo, e non só figurar no papel como membros pero ser uns merosconvidados de pedra.De feito, a grande implicación do resto do profesorado do centro áhora de colaborar participando como coordinadores de clubs delectura, acudindo á mesa de braseiro a escoitar contos en “Vailleco conto ao profe”, a renovar as bibliotecas de aula, a participarnos PDI e a animar constantemente aos nenos e nenas a participarnas distintas actividades propostas dende a biblioteca, só se podeatribuír ao labor dos mestres do Equipo de Apoio, sempre buscandovoluntarios, organizando os horarios para que sexan o máis cómodose efectivos posíbeis... Non hai dúbida de que a nosa bibliotecanon sería a mesma sen esta implicación entusiasta do equipo.Outro punto importante é o dos alumnos voluntarios que desempeñanos labores de empréstamo, control das quendas de computadores econtrol do comportamento na biblioteca, que supera o número de 30voluntarios repartidos en 10 quendas correspondentes cos 10períodos de recreo da semana.Tamén as familias xogan un papel importante como se puido ver namemoria, acudindo a facer os empréstamos e a contar contos en “Osmartes... conto”, e mesmo participando coas obras de teatro dogrupo de nais.Tamén son aos pais e nais a quen vai dirixido principalmente opunto de intercambio de libros, e de feito son eles os maioresusuarios desta iniciativa.Tamén procuramos manter unhas boas relacións coa BibliotecaPública Municipal, e de feito unha das actividades do alumnado deprimeiro curso é acudir á biblioteca do concello e recibir alí oseu carné de usuario, xestionado dende o propio colexio.

Grao de integración dos recursos da biblioteca no proceso de

ensino e aprendizaxe das diversas áreas do currículo

A biblioteca ten un importante papel polas achegas que fai para aadquisición de determinadas competencias básicas que permiten unhamellor aprendizaxe de distintas áreas do currículo.Non vamos incidir no importante papel na adquisición dascompetencias lectoras e escritoras que as actividades

14

Page 17: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

desenvolvidas dende a biblioteca teñen, así que imos centrarnosnas competencias de aprender a aprender e na competencia dixital,que se desenvolven grazas ás actividades ALFIN que, ben no propioespazo físico da Biblioteca como na aula de computadores, do quexa se falou en apartados anteriores, axudan a adquirir bos hábitospara a selección de información, a súa estruturación e a súaexpresión en diferentes soportes.A parte destas actividades específicas a biblioteca colabora coasdistintas aulas facilitando materiais e fondos para asinvestigacións dos distintos proxectos de infantil e primaria, asícomo o proxecto documental integrado que atinxe a todo o centro.Tamén ao través da hora dos deberes a biblioteca ofrece axuda aoalumnado na procura de informacións para facer as tarefasencomendadas nas aulas, e tamén no desenvolvemento de programascontrato de acompañamento escolar e de mellora da lectura daescritura e do cálculo.

Produción de materiais

1.- O Barquiño de Papel foi editado no Nadal, nun número no quecanda recomendacións lectoras se facía unha análise do uso dastablets para a lectura dixital, con recomendacións dos programasque se poden instalar para un aproveitamento a este nivel dodispositivo. Un segundo número editouse co gallo da Olimpíada doSaber, explicando e animando á participación no concurso, ao tempoque servía de caderno de respostas para a mesma. Por último, temosen preparación para a entrega nos últimos días do curso un númerono que se farán recomendacións lectoras de cara ao verán.2.- Elaborouse unha caza do tesouro co gallo das letras galegassobre a orixe da celebración, os seus promotores e datos referidosa Rosalía e Cantares Gallegos, que se aloxou na Aula Virtual docolexio.3.- Fixemos un Prezi no que se recollían as investigaciónsrealizadas durante o PDI sobre a Convivencia.4.-Publicamos vídeos con recomendacións lectoras, obras de teatrodas nais, e estamos traballando nun vídeo explicativo das normasda biblioteca ao que aínda temos que inserir o audio.5.- Neste curso non tivemos problemas técnicos que nos impediranpublicar a revista escolar Trágame Terra, adicada a David Vázqueze Florencio Delgado Gurriarán, dous autores valdeorreses.6.- Realizáronse traducións ao galego dos libros libres daeditorial Weeble: A miña primeira viaxe ao sistema solar, Viaxe ásestrelas, Descubrindo a Mozart, Amundsen, o explorador polar, e Aguerra de Troia. Tamén están traducidos e pendentes de publicación

15

Page 18: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

Sácame as cores, Cociña a conCiencia, Descubrindo a Van Gogh, Amiña primeira viaxe ás galaxias, e A historia e as súas historias.7.- Realizouse, coma en anos anteriores, unha enquisa online paracoñecer as valoracións dos usuarios da biblioteca

Avaliación

Para avaliar o noso labor neste curso seguiremos os indicadoresque marcamos no proxecto do ano pasado, sempre coa intención detirar proveito deles no senso de atopar novas liñas de mellora. Nun primeiro lugar queremos sinalar que o nivel de empréstamos vensendo similar, destacando neste ano os cursos de 2º de primaria,cunha diferencia considerable con respecto do resto dos cursos.Consideramos que a actitude e a motivación que se lles dá dende aclase é fundamental para animar aos nenos a ler. Quizais nonsoubemos implicar suficientemente aos outros mestres paramultiplicar os datos de empréstamo, que se ben se manteñen envalores similares aos de anos anteriores, nos gustaría superar.Tentaremos traballar máis a complicidade dos titores para acadaros resultados que queremos.Tamén observamos pola duración dos empréstamos a preponderancia douso entre os alumnos máis pequenos do colexio, lóxico xa que osmaiores tardan máis en ler os seus libros, e, xa que logo, lenmenos exemplares. Pero aínda así a diferencia é moi grande, poloque tentaremos estimular (vía recomendacións lectoras, vía clubs)un maior uso dos servizos da biblioteca.Por último o nivel lector das rapazas supera amplamente o dosrapaces, máis interesados no fútbol ca na lectura. Velaí outroreto que teremos que encarar.

16

Page 19: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

17

Entre as 9 aulas máis lectoras emprestáronse 6491 libros neste curso

A duración maioritaria do empréstamo é de 1 día, que sitúa aos máis pequenos

como principais usuarios

Page 20: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

A enquisa realizada ao través de Google Docs amosa os seguintesresultados:

18

As rapazas superan amplamente aos nenos como lectoras

Page 21: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

19

Page 22: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

Da análise das enquisas podemos tirar unha serie de conclusións.Nun primeiro lugar a valoración xeral de que o servizo dabiblioteca ten unha aceptación bastante alta por parte da maioríado alumnado, que o traballo dos axudantes é ben vistos en xeral, eque o maior problema da biblioteca é o do silencio, referido,loxicamente, aos momentos de recreo.Está claro que teremos que tomar medidas para evitar o ruídoinnecesario que quizais teña que pasar por unha re-estruturacióndo espazo.Temos que sinalar que na pregunta sobre as actividades daBiblioteca nas que se tiña participado só cabía dar unha resposta,polo que moitos nenos e nenas que participaron en varias, en

20

Page 23: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

realidade o que contestaron foi cal era a actividade quepreferiron de todas as ofertadas.Ao profesorado non se lle pasou enquisa, pero si comentaron nasreunións de ciclo amosando unha valoración positiva do traballodesenvolvido.Por último fixemos unha análise, empregando a ferramenta deavaliación de Inés Miret, Mónica Baró, Teresa Mañá e InmaculadaVellosillo sobre o apartado D de apoio ao currículo.As valoracións desta ferramenta son boas ou excelentes, sen quehaxa ningún apartado no que puntuaramos como deficiente oulimitado. Con todo tomamos nota dos aspectos nos que é posiblemellorar na procura da mellora naqueles aspectos nos que nonacadamos a puntuación máxima. Así teremos que procurar un servizo de impresión (quizaisinstalando a impresora de xestión en liña), establecer protocolosde contacto co departamento de orientación, mellorar a relaciónporcentual en libros informativos (tanto dixitais como impresos),buscar unha maior compensación de fondos nas distintas materias através dunha política de adquisicións adecuadas, integrar fondosnas linguas do alumnado estranxeiro (contamos cunha colecciónherdada de fondos en lingua portuguesa que non puidemos, polo deagora introducir no catálogo e que teremos que facer o esforzo poratoparlle un lugar), mellorar os nosos expurgos, acadar que máisprofesorado utilice estratexias para incentivar o uso dabiblioteca, elaborar un programa específico graduado no que secontemplen accións para o desenvolvemento das competenciaslectoras e escritoras e etiquetar os recursos dixitais conmarcadores sociais.

Previsións de futuro

As previsións de futuro da nosa biblioteca están, xa que logo,sinalados no apartado de avaliación:

• Teremos que mellorar o problema do silencio• Teremos que tentar implicar cada vez máis a máis profesorado• Teremos que procurar mellorar os nosos expurgos e acadar as

taxas de renovación de fondos• Teremos que integrar os fondos noutros idiomas• Teremos que establecer canles de coordinación, sinaladamente

co departamento de orientación• Teremos que mellorar a formación dos axudantes• Queremos continuar co proceso de tradución de títulos para a

lectura dixital e facer que as editoriais ofrezan aposibilidade de ler en galego na era dixital

21

Page 24: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor

Ceip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de FenosaCeip Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015Memoria PLAMBE 2014-2015

En fin, procuraremos que os nosos alumnos e alumnas podan lerlentamente, reflexivamente, en calquera soporte, porque é o únicoxeito de enriquecerse coa lectura.Que non nos vaia pasar como a Woody Allen que dicía:

“Fixen un curso de lectura rápida e fun quen de ler “Guerra e Paz” en vinte minutos.

Coido que dicía algo de Rusia”.

22

Page 25: Memoria PLAMBE curso 2014-2015 - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/... · 2015. 6. 8. · recomendacións lectoras. No exterior da biblioteca, no corredor