MEMORIA FINAL: PRECARIEDADE E POBREZA [S2D] · Búscase, tamén, facer unha explicación...

25
MEMORIA FINAL: PRECARIEDADE E POBREZA [S2D] Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1] García Vegas, Cintia [S2D2] Gómez García, Silvia [S2D3] Gutiérrez Caneda, Beatriz [S2D4] López Fernández, Alejandro [S2D5] Mouriño Almeida, Jacobo [S2D6]

Transcript of MEMORIA FINAL: PRECARIEDADE E POBREZA [S2D] · Búscase, tamén, facer unha explicación...

MEMORIA FINAL: PRECARIEDADE

E POBREZA [S2D] Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1] García Vegas, Cintia [S2D2]

Gómez García, Silvia [S2D3]

Gutiérrez Caneda, Beatriz [S2D4]

López Fernández, Alejandro [S2D5]

Mouriño Almeida, Jacobo [S2D6]

1­ Resumo do traballo

1.1.­ Resumo do traballo realizado. Resultados en relación ao blog. Resultados consonte ás competencias. Eficacia e solucións para superar os obstáculos atopados. Actividades significativas realizadas. Este traballo xorde da necesidade de loitar por un xornalismo veraz e de carácter social, que dé voz á cidadanía, deixando de tratar as persoas como material de traballo (meras fontes informativas) e comezando a tratalas como persoas afectadas. Perseguíuse potenciar a comunicación interpersoal e comunitaria entre os distintos actores sociais, fomentando así accións conxuntas para solventar os problemas da comunidade e darlles voz nos medios de comunicación. Para isto, a creación de círculos de aprendizaxe, a realización de dabates con expertos ou implicados no tema e a transmisión das pequisas e conclusións a través do blog do Observatorio, foron ferramentas claves. Ao igual que traballo en equipo. Por outra banda, abordáronse os medios de comunicación dende un punto de vista crítico, prestando especial atención ó tratamento da información relacionada coa Pobreza e a Precariedade nos mesmos para poder compartir ós principais problemas que existen e aportar posibles solucións. Isto somentes foi posible grazas a lectura crítica da información e unha especialización dos membros do equipo nos distintos Indicadores. En canto as actividades levadas a cabo, destacan os dous Círculos de Aprendizaxe levados a cabo con persoas afectadas por unha situación de pobreza ou precariedade e expertos no tema. Cada un dos debates estivo centrado nunha temática distinta, para poder obter máis información e unhas conclusións máis claras. Para o primeiro debate, focalizado na pobreza, contamos coa presenza de dous afectados, unha acompañante dos mesmos, unha experta en precariedade (Manuela Caneda), unha técnica social do Centro Vieiro de Cáritas (Marta) e un voluntario do Banco de Alimentos de Santiago. Nun primeiro momento ían colaborar co proxecto a directora e unha traballadora da Cociña Económica, pero horas antes da realización do debate e tendo firmadas as cartas de garantía, botáronse atrás, tendo que buscar máis participantes para poder seguir co Círculo. O segundo Círculo de Aprendizaxe estivo centrado na precariedade. Nun primeiro momento, o Círculo estaba previsto que estivera formado por dous membros que xa participaran no primeiro debate: Manuela Caneda e Miguel Ángel. Para completalo e tratar máis detidamente o tema da precariedade laboral, puxémonos en contacto con un membro da CIG que accedeu a participar. Horas antes da xuntanza, Miguel avisounos de que non podía asistir. Por iso, contactamos de novo coa CIG e conseguimos que outro membro accedese a participar no debate esa mesma tarde. Por outra banda, tal e como se expoñía o inicio deste epígrafe, levouse a cabo unha transmisión das conclusións obtidas e dos problemas atopados no tratamento da información nos medios de

1

comunicación a través do blog da asignatura. Isto foi posible grazas as interpretacións que se fixeron de ambos círculos e a realización de tres artigos por cada membro do grupo. Paralelamente, seguiuse o traballo dos outros grupos da clase, realizándo comentarios para solicitar, a ve que aportar, máis información sobre as distitnas temáticas. Outra parte das actividades levadas a cabo centrouse na documentación a base de manuais, documentos e vídeos para aumentar o noso coñecemento sobre o tema e poder ofrecer unhas conclusións máis completas e veraces. Nun primeiro momento esta fase do traballo non resultou sinxela, xa que a meirande parte dos documentos dispoñibles estaban enfocados a pobreza fóra das nosas fronteiras, a nivel mundial, mentre que nós buscabamos centrarnos máis no ámbito local e da nosa comunidade autónoma. Finalmente, grazas a axuda dos participantes do círculo e contactos dos mesmos, conseguimos facernos cunha documentación máis apropiada.

1.2. Rexistro­itinerario. Diario de resultados. 22/04/2016: Publicación da conclusión do traballo, o artigo de Jacobo e o de Marta Quintas como firma invitada. 21/04/2016: Marta Quintas confirma a súa vontade de querer continuar co Círculo de Aprendizaxe unha vez rematado o noso proxecto. 20/04/2016: Confirmación de dúas das persoas que formaron parte dos círculos que teñen interese en continuar co Círculo. Publicación do artigo individual de Beatriz. 19/04/2016: Publicación da interpretación. Publicación dos artigos individuais de Alejandro e Silvia. Comezamos a redactar a conclusión do traballo e contactamos cos membros do Círculo para saber se queren continuar traballando co Observatorio tras a finalización do noso proxecto. Publicación do 12/04/2016: Publicación do artigo individual de Noelia e Cintia. Comezo das reunións para publicar a interpretación do segundo debate. 11/04/2016: Realización do segundo debate. Xorde unha traba pola mañá que tivemos que solventar de xeito inmediato. Así que, tras conseguir ao membro da CIG consultámoslle se con el podería vir outra persoa máis que este informada sobre o tema e que poida aportar noticias e críticas constructivas para o debate. Conseguimos a un membro máis e as 7 da tarde realizamos o debate cos dous membros de CIG e con Manuela, persoa especializada en precariedade laboral. Quedamos satisfeitos xa que aportaron moitas noticias e foi un debate ameno e no que houbo moitas opinións e centráronse nos medios e no seu tratamento respecto a ese tema. Publicación de artigo individual de Silvia e Jacobo 8/04/2016: Publicación do artigo individual de Beatriz. 6/04/2016: Contato coa CIG para que participen no debate, aceptan sen problema e conseguimos así unha fonte máis. 4/04/2016: Publicación do artigo individual de Noelia, Cintia e Alejandro. Acordos para realizar o próximo debate, xa que debido á falta dos afectados debemos buscar outros contactos. Comezamos

2

por falar con UGT, do cal xa conseguiramos un contacto, e estamos a espera de que nos faciliten a alguén para poder participar no próximo debate, que tiñamos programado para esta semana. 3/04/2016:Realización artigo Silvia. 28/03/16: Publicación do artigo individual de Bea e contestación de comentarios nos artigos publicados no blogue 18/03/2016: Publicación do artigo individual de Noelia 17/03/2016:Realización do primeiro debate na aula de Filoloxía. Primeira introdución para presentalos e para que ollearan as noticias que trouxeron uns e outros e do que ían a falar. Posterior realización do debate (duración aprox: 2hrs). 16/03/2016: Comezamos a preparar xa o segundo debate, centrado na precarierdade, polo que acudimos a UGT e a CIG, os cales se mostran interesados en participar.. Facilítannnos o seu contacto para poder enviarlle a información sobre o desenvolvemento dos debates, os Indicadores e poder avisalos da data e hora establecidos para o encontro. Tamén se contactou con CCOO, na cal unha persoa que forma parte da asociación vai a colaborar xa no primeiro debate. A súa vez, contactamos co Concello para poder realizar alí a reunión e somos enviados ao centro Sociocultural para solicitar un espazo para elaboracion e posible grabación dos debates. 15/03/2016: Rechazo por parte das fontes da Cociña Económica para participar nos debates por falta de dispoñibilidade. Polo tanto búsqueda de novas fontes coa idea de celebrar o debate o Xoves 17. Contacto con Stop Desahucios a través da cal conseguimos un novo voluntario que nun principio estaría interesada en participar nos debates (María). Ao igual que tivemos o contacto dun xornalista que colabora con esta agrupación e que está tratando este tema. Tamén nos facilitaron a posibilidade de ter acceso a unha reunión que vai ser o 10 de Abril e na que van abordar precisamente este tema. Contactamos, asemade, cun catedrático da Facultade de Económicas para que nos facilitase información de interese sobre o ámbito e tamén participase nalgún debate. 14/03/2016: Contacto de novo coas fontes para acordar data e hora do debate. So unha confirma a data e polo tanto nun principio non se podería realizar o debate. Pendentes as demais de recibir resposta para saber a súa dispoñibilidade. 10/03/2016: Publicación do artigo individual de Cintia. Intento de crear o primeiro debate. Contacto coas fontes que posteriormente, dúas delas se botarán atrás. Mentres atopamos a posibilidade de ter un afectado do centro de Cáritas de Vieiro. Chámamos ó centro e comprométense a chamarnos nos próximos días. 03/03/2016: Realízase a primeira reunión do círculo de lectura, á cal as representantes da cociña económica non puideron asistir por seren convocada a última hora unha reunión do persoal. Únicamente acudiu o representante da Sociedade San Vicente de Paúl, co cal intercambiamos impresións sobre o tema de cara a preparación do debate, e comentamos o funcionamento do círculo de lectura. Acordamos mandarlles os indicadores e as instruccións por correo (tanto a Miguel como as vountarias da Cociña económica) para preparar o primeiro debate, a realizarse nas próximas semanas.

3

27­28­29/04/2016: Contáctase cos membros do Círculo para establecer a data e o horario para unha reunión inicial con todos os participantes. Servirá como primeira toma de contacto entre tódolos compoñentes de Círculo, ademais de ser o primeiro visionado en grupo dos indicadores seleccionados. Búscase, tamén, facer unha explicación pormenorizada sobre o rol de cada un dos membros do Círculo. Nun primeiro momento resulta complicado fixar unha data de encontro, xa que os membros teñen responsabilidades distintas e é moi difícil compaxinar todos os horarios. Finalmente, establécese a primeira reunión o día 3 de marzo de 2016 ás 18hrs. 26/02/2016: Xornada adicada a procura de documentación e a preparación dos futuros artigos individuais. 25/02/2016: Seminario: cúbrense as fichas dos membros dos Círculos de Lectura para a súa posterior incorporación o blog. Tarea sen complicacións xa que poseemos tódolos datos nas cartas de garantías. Inténtase, unha vez máis, contar coa participación de Xosé Cuns (EAPN Galicia) dentro do Círculo pero se recibe unha nova negativa. 24/02/2016: Achegámonos ao albergue Juan XXIII San Francisco, situado na Rúa dos Castiñeiros (Santiago de Compostela). Este albergue encárgase de atender a persoas durante o día ofrecendo alimentos e roupa. Durante a noite, acolle a un máximo de 25 persoas sen fogar por motivos legais. Non puidemos contacar coa traballadora social pero o recepcionista ofreceunos a posibilidade de volver outro día para falar con ela. De momento, deixamos esta fonte como segunda opción e centrarémonos nas outras. O horario no que a traballadora social nos pode atender é de 10:00 a 12:30/13:00 (dependendo do día) de luns a venres. Visita ao Banco de Alimentos e primeiro contacto con Miguel Ángel Hombre Eiras, membro da Sociedade de San Vicente. Esta sociedade encárgase de recoller comida no Banco de Alimentos e repartila entre a poboación. Miguel Ángel Hombre Eiras entra a formar parte do Círculo de Lectura. 22/02/2016:Visita á Cociña Económica. Nazaret López Calviño, traballadora social pertencente á Cociña Económica, firma a carta aval e comprométese a formar parte dos Círculos de Lectura. 19/02/2016: Noelia e Cintia visita a Cociña Económica e contactan con Mª Esther Seoane Sánchez, directora da Cociña Económica de Santiago de Compostela. A directora firma a carta aval e formará parte dos Círculos de Lectura. Dificultades: a directora non se atopaba no local da Cociña Económica situado na Zona Vella e tivemos que achegarnos ao outro local seguindo ás indicacións do recepcionista. 18/02/2016: Primeira chamada ao Banco de Alimentos, ofrécennos a posibilidade de acudir ao seu local.Chamada á EAPN. Non colaborarán co proxecto por ser unha rede de asociacións. Falamos con Javier García Sánchez, director adxunto e de comunicación de Cáritas, que accede a participar no traballo. 17/02/2016: Visita de Jacobo a Cáritas para contactar cos responsables. Conseguiuse o contacto co xefe de comunicación.

4

16/02/2016: Primeira visita de Silvia e Jacobo a Cáritas. A recepcionista recoméndanos vir máis tarde outro día, pois a esa hora aínda non chegaron o resto de traballadores 15/02/2016: Visita á Cociña Económica e primeiro contactos con Nazaret López Calviño, traballadora social pertencente á Cociña Económica. Ofrécese a axudar e comentar o tema nunha reunión cos seus compañeiros de traballo. 1.3. Pequeno test ao traballo realizado

1.3.1 Procedementos levados a cabo polo GT Nun primeiro momento escolleuse de entre varios temas propostos (situación dos refuxios animais, chuvia ácida en As Pontes, micromachismos) a Precariedade e a Pobreza como o eixo do noso proxecto. Procedeuse posteriormente á busca de documentación e ó contacto cos que serían os membros do Círculo. Tras unha primeira toma de contacto con estes, procedeuse a realización de dous debates: un centrado maioritariamente na Pobreza na cidade de Compostela, contando para isto con afectados que ofreceron unha visión de primeira man do asunto, e o segundo, centrado na Precariedade Laboral. Paralelamente a estas accións, levouse a cabo unha observación dos medios de comunicación coa intención de facer unha crítica sobre o tratamento que fan da información. Para conseguir isto, publicáronse con regularidade artigos no blog da asignatura e interpretacións dos círculos realizados, fomentando o intercambio de información e opinións entre os distintos GT.

1.3.2 Estimación sobre o seguemento do tema nos artigos e nas interpretacións grupais realizadas. Axuste aos indicadores. Realizáronse artigos sobre todos os indicadores. Destacando a invisibilización do problema nos medios e tamén como estes vulneran os seus dereitos. Claros exemplos son as entrevistas realizadas a dous afectados que sufriron as consecuencias destes indicadores. En ambas interpretacións tratáronse tódolos indicadores, ou a mioría deles, facendo unha crítica constructiva dos medios de comunicación. Ao largo do debate pensouse que era preciso crear unha nova dimensións de indicadores xa que había temas que non estaban representados polos xa existentes. Estes son: a falta de investigación previa, xeneralización e superficialidade; influencia da liña editorial do medio no tratamento de medio; e abandono da labor social dos medios de comunicación a favor dos intereses políticos e económicos.

1.3.3 Estimación dos comentarios realizados polos membros dos GT a outros grupos e alumnos. Cortizo Salgueiro, Noelia. Comentou un total de 9 artigos, contestando a súa vez aos comentarios realizados nos seus artigos:

5

“Maiores” e medios de comunicación, de Isabel Negreira Chávez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/maiores­e­medios­de­comunicacion/)

Morta ou asasinada?, de Iria Figueroa Torres (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/morta­ou­asasinada/)

Patrimonio e relixión non accesible a todos, de David Costoya (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/patrimonio­e­relixion­non­accesible­a­todos/)

I Círculo de debate. Manipulación nos medios de comunicación. Grupo S2A (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/i­circulo­de­debate­manipulacion­nos­medios­de­comunicacion/)

Medios de comunicación, armas de manipulación masiva?, de Lara Fontela Alvelo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/18/medios­de­comunicacion­armas­de­manipulacion­masiva/)

O tratamento informativo nos medios escritos: o atentado de Bruselas, de Ana García Fernández (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/01/o­tratamento­informativo­nos­medios­escritos­o­atentado­de­bruselas­2/)

A mnipulación na radio, de Ana García Fernández https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/22/a­manipulacion­na­radio/comment­page­1/#comment­1151

Día mundial da Liberdade de Prensa, de Julián González García https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/dia­mundial­da­liberdade­de­prensa/

Multi­Viral, De Lara Fontela Alvelo https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/22/multi­viral/

García Vegas, Cintia: realizou un total de 9 comentarios (8 a artigos individuais e 1 a unha interpretación grupal) e contestou ós comentarios recibidos en todos os seus artículos, facendo isto un total de 23 interlocucións.

A manipulación na radio, de Ana García (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/22/a­manipulacion­na­radio/comment­page­1/#comment­1140)

Internet, un novo xornalismo, de Ana González (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/internet­un­novo­xornalismo/comment­page­1/#comment­1129)

O tratamento dos excluídos sociais nos medios de comunicación, de Jesús Carrera Álvarez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/o­tratamento­dos­excluidos­sociais­nos­medios­de­comunicacion/comment­page­1/#comment­1122)

Estranxeiro ou inmigrante?, de Eila Rodríguez Filgueiras (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/22/estranxeiro­ou­inmigrante/ )

A cura dos males xornalísticos, onde está?, de Ramón Rubén Rivas Pérez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/a­cura­dos­males­xornalisticos­onde­esta/comment­page­1/#comment­932)

6

O cine e o xornalismo, de Marina García Diéguez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/o­cine­e­o­xornalismo­spotlight/)

Medios de comunicación, armas de manipulación masiva?, de Lara Fontela (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/18/medios­de­comunicacion­armas­de­manipulacion­masiva/)

O tratamento informativo nos medios escritos: o atentado de Bruselas, de Ana García Fernández (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/01/o­tratamento­informativo­nos­medios­escritos­o­atentado­de­bruselas­2/)

I Círculo de Debate: manipulación nos medios de comunicación, del grupo S2A (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/i­circulo­de­debate­manipulacion­nos­medios­de­comunicacion/)

Gómez García, Silvia: Realizou un total de 6 comentarios e contestou a todos os comentarios recibidos nos seus artigos, facendo un total de 26 interlocucións:

Medios de comunicación, armas de manipulación masiva?, Lara Fontela Alvelo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/18/medios­de­comunicacion­armas­de­manipulacion­masiva/)

O cine e o xornalismo: Spotlight, Marina García Diéguez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/o­cine­e­o­xornalismo­spotlight/)

A manipulación nos telexornais, Ana González Núñez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/18/el­poder­de­la­television/)

As voces silenciadas, Nagore Fernández Ruiz (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/14/terceira­idade­e­fontes­de­informacion/)

A discapacidade nas aplicacións e portais de contactos, David Costoya (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/15/a­discapacidade­nos­sitios­de­contactos­online/)

As presións sobre os periodistas medioambientais, Julián González García (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/as­presion­aos­medios­de­comunicacion/)

Gutiérrez Caneda, Beatriz: Realizou un total de 12 comentarios, contestando á súa vez aos comentarios realizados nos seus artigos o que fai un total de 28 interlocucións.

Emigración Vs Inmigración, Laura Parada Vila (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/emigracion­vs­inmigracion/)

Testemuñas sen fala, Laura Parada Vila (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/01/testemunas­sen­fala/)

A cura dos males xornalísticos. Onde está?, Ramón Rivas Pérez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/a­cura­dos­males­xornalisticos­onde­esta/)

O cine e o xornalismo: Spotlight, Marina García Diéguez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/o­cine­e­o­xornalismo­spotlight/)

7

Eurocentrismo o primeiro, Nerea Sande Barbeito (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/eurocentrismo­lo­primero/)

O prezo do diñeiro, Nerea Sande Barbeito (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/o­prezo­do­dineiro/)

A desigualdade lexislativa no mundo, Kelly Iglesias Hervella (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/06/ainda­queda­moito­por­avanzar/)

Ética e ideoloxía da fotografía na prensa, Ana González Núñez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/14/etica­e­ideoloxia­da­fotografia­na­prensa/)

Cine e discapacidade, Marta Eireos Currás (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/18/cine­e­discapacidade/)

Ocio e cultura adaptados ás persoas con deficiencias auditivas, Lola Antía Reino Gorín (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/07/ocio­e­cultura­adaptados­as­persoas­con­deficiencias­auditivas/)

As trampas do xornalismo, Lara Fontela Alvelo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/11/as­trampas­do­xornalismo/)

Internet, un novo xornalismo, Ana González Núñez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/internet­un­novo­xornalismo/)

López Fernández, Alejandro: realizou un total de 7 comentarios e contestou aos comentarios recibidos nos seus artigos, facendo un total de 26 interlocucións:

A situación laboral das persoas con deficiencias auditivas, de José Carlos Riande Cortizo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/a­situacion­laboral­das­persoas­con­deficiencias­auditivas/)

No punto de mira: Sudamérica, de Eila Rodríguez Filgueiras (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/15/no­punto­de­mira­sudamerica/)

A criminalización dos mozos portadores do VIH nos medios, de Ricardo Baloira Armas (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/15/a­criminalizacion­dos­mozos­portadores­do­vih­nos­medios/)

Os traballadores de informativos RTVE lanzan “unha mensaxe de socorro contra a escandalosa manipulación”, de Julián González García (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/15/os­traballadores­de­informativos­de­rtve­lanzan­unha­mensaxe­de­socorro­contra­a­escandalosa­manipulacion/)

As trampas do xornalismo, de Lara Fontela Alvelo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/11/as­trampas­do­xornalismo/)

Tipos e causas de xordera, de José Carlos Riande Cortizo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/tipos­e­causas­de­xordera/)

Día Internacional da Liberdade de Prensa, de Julián González García (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/dia­mundial­da­liberdade­de­prensa/)

8

Mouriño Almeida, Jacobo: Realizou un total de 6 comentarios e contestou a todos os comentarios recibidos nos seus artigos, facendo un total de 14 interlocucións.

Criminalización do independentismo e da copa menstrual, Iria Figueroa Torres (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/criminalizacion­do­independentismo­e­da­copa­menstrual/)

A situación real dos inmigrantes, Laura Parada Vila (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/09/discriminacion­dos­medios­aos­inmigrantes/)

As trampas do xornalismo, Lara Fontela Alvelo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/11/as­trampas­do­xornalismo/)

Manual de boa praxe xornalística en noticias LGTBI, Ana Lemos Alonso (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/manual­de­boa­praxe­xornalistica­en­noticias­lgtbi/comment­page­1/#comment­1165)

Coñece os xitanos antes de xulgalos, Jesús Carrera Álvarez (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/06/coneceos­antes­de­xulgalos/)

Defendo que eu son Antía e que sempre o fun” María Losada Miguéns (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/defendo­que­eu­son­antia­e­que­sempre­o­fun­non­hai­mais­volta­de­folla­respecto­a­iso/comment­page­1/#comment­1195)

1.3.4 Pertinencia e permanencia dos círculos xerados desde o GT de Aprendizaxe. Contactos. Estado no que fica o Círculo. Nun principio estableceuse contacto con dúas representantes da Cocina Económica de Santiago ­ Nazaret e Esther­ as cales o día da primeira cita para debatir botáronse atrás a pesares de teren firmado a Carta de Garantías. Ao mesmo tempo, contactouse conMiguel Ángel, voluntario da Asociación San Vicente, quen participou activamente ó longo de toda a investigacion. Tamén se contou con dúas persoas afectadas directamente polo tema a tratar: Jesús e Manuel Aurelio. Estes viñeron acompañados de Beatriz, unha persoa pertencente ao Centro Vieiro de Cáritas, e Marta, técnica social do mesmo centro. Por último, e para ofrecer unha visión máis ampla do tema, estableceuse tamén contacto conManuela, experta en precariedade laboral. Así, chegouse a conformar o Círculo ,o cal cambiaría lixeiramente para a segunda reunión nun intento por focalizar máis no tema da precariedade laboral, polo que se contou coa participación de Manuela e dous representantes da CIG: Anxo e Benedicto. A día de hoxe, Miguel, Manuela e Marta expresaron a súa vontade de continuar co Círculo, participando mediante a publicación de artigos no blog e facendo reunións e debates cada certo tempo para compartir información.

1.3.5 Estimación sobre a vinculación do realizado no blog con conceptos, modelos e teorías vistos e entregados polo profesor na aula (apropiación dos coñecementos nas publicacións realizadas).

9

Un dos conceptos que máis aplicamos foi a lectura crítica do discurso según Van Dijk, tendo en conta cómo se fala dos axentes; se se una o “nós” cando se comunica algo positivo ou o “eles” cando é negativo. Sobre isto publicáronse varios artigos, sempre mirando cara a pobreza e a precariedade. Tamén tivemos en conta o concepto de Simmel, explicado na clase, que cree na existencia de xerarquías de subordinación supraordinadas, na que a comunicación deixa de ser un intercambio multilateral. Xustamente, no ámbito da pobreza, detectamos que os medios exercían este abuso xerárquico, poñendo muros ante as partes a silenciar dunha realidade. Finalmente, tamén tivemos en conta o plano espacial, procedente da Escuela de Cichago, que fai referencia aos distintos recursos que ten a comunidade. Isto axudounos a comprender cómo se debe materializar a comunicación comunitaria analizando con qué recursos se conta e cómo se lles pode sacar máis partido. No noso caso, dar voz a Marta (membro do círculo I) a través do observatorio para que puidera expresar a súa opinión foi unha boa iniciativa desde o noso punto de vista.

1.4 Materiais

1.4.1 Referencias consultadas Balseiro, Ana. (2016). “¿Es España un país tan desigual?”. Recuperado o 21 marzo 2016, de La Voz de

Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2016/02/07/espana­pais­desigual/0003_201602G7P35991.htm

Visión de como é tratado este colectivo nos medios.

Blanchar, Clara. (2016). “Colau multará a las suministradoras si cortan servicios a los pobres”. Recuperado o 6 abril 2016, de El País Sitio web: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/04/06/catalunya/1459939798_167200.html?id_externo_rsoc=FB_CM

Noticia aportada polos membros dos debates. Delgado, Adrián.(2013). "Los madrileños, rehenes de las huelgas". Recuperado o 4 de abril de 2016, de

ABC Sitio web: http://www.abc.es/madrid/20131123/abci­madrileos­rehenes­huelgas­201311222018.html

Claro exemplo da criminalización dos traballadores.

EAPN Galicia, (2014). Guía de estilo: Pobreza, vulnerabilidade e voluntariado. Recuperado o 28 de febreiro 2016. Guía de estilo de referencia para tratar o tema da pobreza no xornalismo. Web: http://eapn­galicia.com/wp­content/uploads/2014/07/Gu%C3%ADa­Estilo­Pobreza­Vulnerabilidade­e­Voluntariado.EAPN_Galicia.pdf

Documentación útil para a realización dos círculos.

EAPN Galicia, (2014). Guía de estilo: Personas sin hogar. Recuperado o 28 de febreiro 2016. Guía de estilo de referencia para tratar o problema dos sen teito no xornalismo. Páxina Web:

10

http://eapn­galicia.com/wp­content/uploads/2014/07/Gu%C3%ADa­Estilo­Personas­sin­Hogar.EAPN_Madrid.pdf

Documentación útil para a realización dos círculos.

EAPN ES, (2015). V informe annual sobre el riesgo de pobreza y exclusión de eapn basado en el análisis de datos de la encuesta de condiciones de vida del INE. Recuperado 28 de Febreiro 2016, de: http://www.eapn.es/ARCHIVO/documentos/recursos/1/1444999999_151014_resumen_ejecutivo_v_informe_pobreza_eapn.pdf

Documentación útil para a realización dos círculos.

El Correo Gallego, (2015). “Un 20,8% de los hogares gallegos tiene dificultades económicas para llegar a fin de mes”. Recuperado o 28 de marzo 2016, de El Correo Gallego. Sitio web: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/aumenta­pobreza­espana­bajar­ingresos­personas­un­2­3/idEdicion­2015­05­26/idNoticia­934206/

Datos oficiais e valorados pola prensa. Que é o que resaltan eles.

Fundación FOESSA, (2014). “Informe sobre exclusión y desarrollo social en Galicia”. 23 febreiro 2016, de Fundación FOESSA Sitio web: http://www.foessa2014.es/informe/uploaded/ccaa/11122014060822_8174.pdf

Datos de interese sobre a situación socioeconómica en Galicia García Vázquez, Yolanda, (2015). Desenvolvemento, pobreza e desemprego en Santiago de Compostela.

Cidade de ricos ou cidade de pobres?. Revista Gallega de Traballo Social , 17, 57­60. Datos de interese para o noso traballo e interpretación sobre os mesmos

Ginzo Villamayor, M.J. Ginzo, (2011). Índices de pobreza en Galicia . Recuperado o 20 de febreiro

2016, de Departamento de Estatística e Investigación Operativa USC. Sitio web: http://eio.usc.es/pub/mjginzo/descargas/pobrezaGalicia.pdf

Documentación útil para a realización do círculo.

Gómez, Luis, (2016). “¿Qué quieren decir los expertos cuando nos llaman pobres?”. Recuperado o 23 Febreiro 2016, de El País. Sitio web: http://politica.elpais.com/politica/2016/02/20/actualidad/1455968769_112101.html

Visión sobre como son valorados pola sociedade.

L. Congostrina, Alfonso, (2016). “El indigente que da clases recibe un alud de trabajos el fin de semana”. Recuperado o 2 marzo 2016, de El País. Sitio web: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/03/01/catalunya/1456863767_533921.html

Destaca por la homoxeinización do perfil do afectado pola pobreza. La Huerta, María de, (2014). “La pobreza infantil aumenta seis puntos en Galicia desde 2007 y supera ya

el 22%”. Recuperado o 17 marzo 2016, de La opinión de A Coruña. Sitio web:

11

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2014/03/11/pobreza­infantil­aumenta­seis­puntos/819585.html

Información sobre a pobreza infantil, tema relevante no primeiro debate. Melchor, Xurxo, (2016). “El último Pipí de Sara en O Toural”. Recuperado o 31 abril 2016, de La Voz de

Galicia. Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/03/29/ultimo­pipi­sara­toural/0003_201603S29C2995.htm

Tratamento despectivo ao colectivo tratado Periodista Digital, (27 de marzo de 2016). “La ‘feminazi’ que mea en plena procesión de Santiago ante

los indiferentes podemitas”. Recuperado o 3 de abril 2016, de: http://www.periodistadigital.com/politica/sucesos/2016/03/27/la­mujer­que­se­mea­en­plena­procesion­de­santiago­ante­indiferencia­podemita.shtml

Noticia aportada ao II Círculo Redacción Diario de Compostela, (2016). “40 días tardan los Servicios Sociales para atender a un

ciudadano”. Recuperado o 20 Febreiro 2016, de Diario de Compostela. Sitio web: http://diariocompostela.es/40­dias­tardan­en­servicios­sociales­para­atender­ciudadano/

Información relevante para o noso proxecto Redacción Europa Press, (2015). “Expertos analizan en Santiago la pobreza como una lacra social

evitable”. Recuperado o 6 marzo 2016, de Europa Press Galicia. Sitio web: http://www.europapress.es/galicia/noticia­expertos­analizan­santiago­pobreza­lacra­social­evitable­20150610112128.htm

Tratamento despectivo considerando á pobreza coma unha lacra

Secretaría de Acción Sindical ­ Coordinación Área Externa. Gabinete Técnico Confederal, (2015). La precarización del mercado de trabajo en España. Algunas evidencias.Recuperado o 4 de abril 2016, de UGT. Sitio web: http://www.ugt.es/Publicaciones/precarizacion_mercado_trabajo_evidencias_espanya_UGT.pdf

Documentación sobre a precariedade laboral no noso país

Varela Texto, Suso, (2015) “La cochambre convive a pocos metros con el vino y las tapas”. Recuperado o 28 de marzo 2016, de La Voz de Galicia. Sitio web:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2015/12/27/cochambre­convive­pocos­metros­vino­tapasrinconada­minola­murallarua­catedralrua­falcon/0003_201512L27C2993.htm

Tratamento despectivo cara ao colectivo tratado.

Xunta de Galicia, (2014, 4 de Julio). Diagnóstico de Situación socieconómica y territorial de Galicia. Recuperado o 29 de Febreiro 2016, de conselleriadefacenda.es: http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/3678822/A06_Diagnostico_sociec_Galicia.pdf/b5a04b87­2b13­4b66­8b4d­a8c749c8c5d0

Datos oficiais sobre a situación socioeconómica da nosa comunidade.

12

1.4.2 Materiais audiovisuais aportados. Enlaces activos á memoria audiovisual do blog.

EAPN ES (octubre de 2013). #Contralapobreza [vídeo]. En Youtube.com. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=Hp5BSbk4lM0

RockStar Deportes (15 de marzo de 2016). Aficionados del PSV humillan a mujeres mendigas en Madrid [vídeo] Recuperado el 3 de abril de: https://www.youtube.com/watch?v=CavC8vVzFM0

Audios do Círculo I máis trascripción: https://drive.google.com/folderview?id=0B9HA90gJfgkHVVNUN0lkX0Qxc1E&usp=sharing

Fotografías tomadas durante o Círculo I: https://drive.google.com/folderview?id=0B9HA90gJfgkHMEo2V1RUUDRRN2c&usp=sharing

Audio do Círculo II máis trascripción: https://drive.google.com/folderview?id=0B9HA90gJfgkHaEQyeEVTRWYyRWs&usp=sharing

Fotografías tomadas durante o Círculo II: https://drive.google.com/folderview?id=0B9HA90gJfgkHVkxOVzBLWmpvTmM&usp=sharing

1.4.3 Axenda de contactos (fichas, nomes, roles, que aportaron) Nome: Miguel Ángel Hombre Eiras Contacto: [email protected] ; 629781173 Labor que desempeña: voluntario da Asociación San Vicente Aportacións: experiencias persoais, xunto con noticias que lle resultaron importantes.Foi o moderador do primeiro Círculo. Nome: Manuela Caneda Cabrera Contacto: [email protected] Labor que desempeña: experta en precariedade laboral. Aportacións: experiencias persoais e tamén algunhas das que foi testigo. Nome: Jesús Tajes Contacto: 610981522 Labor que desempeña: é afectado. Aportacións: experiencia persoal. Nome: Manuel Aurielio Calvelo Penide Contacto: 648034337 Labor que desempeña: afectado. Aportacións: historia persoal. Nome: Anxo Noceda Carballo Contacto: [email protected] Labor que desempeña: Traballador da CIG Aportacións: noticias que foron relevantes e tamén historias persoais referentes ao tema.

13

Nome: Marta Quintás Vila Contacto: [email protected] ; 635256476 Labor que desempeña: Técnica Social e Traballadorea do Centro Vieiro de Cáritas. Aportacións: noticias que lle resultaron relevantes. Nome: Nazaret López Calviño Contacto:[email protected] ; 652356501 Labor que desempeña: Traballadora social da Cociña Económica de Santiago Aportacións: abandonou Nome: Benedicto Blanco Lema Contacto: 660724181 Labor que desempeña: Traballador da CIG Aportacións: noticias que reflicten o mal tratamento dos medios e anécdotas interesantes. 2­ APORTACIÓNS INDIVIDUAIS 2.1.Aproveitamento individual do traballo. Coñecementos, capacidades e destrezas conseguidas. 2.2. Posibilidades de mellora do traballo e crítica construtiva do mesmo. 2.3.Actividades realizadas polo/a alumno/a, tanto no blog, como fóra del (relativo ó traballo de grupo) Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1] 2.1 Con este traballo aprendín moito máis sobre a situación que lles tocou vivir a algunhas persoas. Ter que contactar con eles, ver como actúan cando se encontran ante uns medios de comunicación e che mostran as súas gañas de falar e que alguén lle dea voz mostra a carencia de contacto por parte dos medios de comunicación con eles. Estar integrada no blog, interactuando con outras persoas que están traballando temáticas diferentes a nosa, pero que teñen un transfondo similar axuda a interlocución, que é a finalidade dun medio comunitario. Tamén axuda a ter unha mellora en canto a reflexión sobre os temas e como debes de tratalos, posto que non todo vale. Antes de publicar no blog, xa desde un comezo tes que seguir unhas pautas de estilo e forma e tamén de contido, se non as cumples xa non tes posibilidade de que estea validado polos teus coordinadores para a súa posterior publicación. 2.2 Como crítica constructiva do traballo dicir que para estes proxectos é moi importante o traballo en equipo e que todos poidan opinar. Nun traballo en equipo todos participan, tanto na búsqueda de información como no contacto con fontes e na realización dos debates, xa que cada un, neste decátase e realiza cousas disitnas. Mentres un pode estar fixándose nos xestos, outro podería estar buscando as noticias das que falan. Isto é moi importante para as posteriores interpretacións e tamén para unha reflexión persoal, e ter máis coñecementos sobre o tema. Un importante paso a seguir e a consolidación das fontes para poder ter así unha continuidade do círculo. Isto conleva a ter unha mellora na organización grupal e un enfoque común da temática a tratar.

14

2.3 Para o blog realicei tres artigos individuais, entre os cales está incluído unha entrevista a unha persoa que vive na rúa e que estivo disposto a contar as súas experiencias. Mentres os outros dous foron criticas ao tratamento dos medios de comunicación cara a este sector da sociedade que se senten marxinados. Tamén estiven pendentes doutras temáticas que teñen interese e tamén que trataban os indicadores que foron tratados nos nosos debates. Un deles é o de manipulación dos medios de comunicación, neste grupo falaron moito sobre como traballan os xornalistas, deixando de lado en moitas ocasións a ética profesional, sen importarlle a influenza que fan na sociedade. Tamén me interesei por como son tratados os maiores e tamén os discapacitados. Fora do blog, estiven documentándome e lendo traballos sobre a pobreza. Estiven na Cociña Económica, no momento da comida, foi unha experiencia rara posto que foi ver como funcionaba e os trámites que teñen que realizar para poder comer un día alí. Ao igual que no Albergue Juan XXIII, no cal unha persoa nos contou, a miña compañeira e a min, a súa historia, xa que estabamos ambos para falar coa traballadora social, pero para el tiña máis urxencia xa que podía durmir na rúa. Realicei, como xa mencionei, unha entrevista a un afectado pola precariedade e pobreza, que posteriormente empreguei para a realización dun artigo individual. García Vegas, Cintia [S2D2] 2.1 A realización deste traballo levoume a mellorar a miña visión crítica con respecto ós medios de comunicación e a información que se publica, cuestionando todos os datos. Ao mesmo tempo, aprendín a seleccionar aquela documentación e fontes informativas a utilizar na producción dun proxecto como este, escollendo só aquelas válidas e que máis se axustan o requerido. Tamén quero destacar a miña mellora no proceso de comunicación interpersoal neste tempo, xa que ata a posta en marcha deste traballo, nunca antes prestara tanta atención á importancia de falar directamente coas persoas implicadas e a necesidade de porse na súa pel para posteriormente poder transmitir a súa realidade á sociedade. Creo que, ademáis do enriquecemento persoal, supuxo tamén un cambio na miña visión sobre o xornalismo e cada día estou máis convencida da gran labor social que temos por diante. Aprendín tamén pautas para levar a cabo este novo xornalismo, como son o contacto directo coas persoas implicadas e a loita pola verdade. Hoxe en día o xornalismo perdeu a súa esencia, e está en nós poder devolverlle o seu rumbo. 2.2 Considero, aínda así, que a pesares dos bos resultados ós que chegamos coa nosa investigación, puideramos ter chegado moito máis lonxe. Por unha banda, faltou quizáis algo de traballo en equipo e unha maior presión sobre os membros do Círculo de Aprendizaxe, pero tamén hai que ter en conta todos os compromisos que eles tiñan debido a súa profesión e a súa situación socioeconómica (afectados pola pobreza, técnicos sociais, voluntarios de ONG’s…). Por outra banda, tamén quero destacar a forte campaña de información e promoción que levamos a cabo para transmitir as nosas conclusións e pesquisas, conectando coa sociedade a través redes sociais, medios comunitarios… pero quizáis, e que esto sirva de cara a próximos proxectos relacionados co Laboratorio, fai falta unha mellor coordinación entre coordinadores, GT e Grupos de Apoio para obter uns resultados óptimos. 2.3 Por unha banda, contactei con gran parte das fontes e visitei distintos lugares, como a Cociña Económica, para saber como é a situación das persoas afectadas pola precariedade e a pobreza. Tamén

15

axudei nas tarefas de documentación, visualizando documentais, videos e películas sobre o tema e analizando textos e manuais sobre o tratamento dos mesmos nos medios. Por outra lado, en canto o meu traballo no blog, este consistíu na publicación de tres artigos individuais, cada un deles centrados nunha temática distinta para poder mostrar máis amplamente as nosas pesquisas e conclusións. O primeiro centrado na contextualización da pobreza e a precariedade; o segundo, para o cal realicei unha entrevista a un dos afectados que solía habitar no Toural; e o terceiro, centrado no tratamento de varios feitos relacionados coa nosa temática nos medios e comparándoo cos Indicadores. Así mesmo, intentei realizar o maior número de comentarios posibles nos artigos e conclusións sobre o resto das temáticas propostas no observatorio, aportando contidos que lles resultasen de utilidade ós meus compañeiros. Quizais puiden ter publicado máis, pero o volume de traballo era demasiado. Tamén respondín a todas aquelas dúbidas e reflexións que eles me deixaron nas mimñas publicacións. Por último, comecei a formar parte dun medio comunitario na miña cidade,Cuac FM, co obxectivo de darlles voz a aqueles colectivos que non a teñen e poder continuar cos obxectivos do Observatorio: loitar por un xornalismo veraz, da comunidade e para a comunidade. Gómez García, Silvia [S2D3] 2.1 Este proxecto serviume para abrir os ollos sobre situacións que descoñecía e que ocorren todos os días. Por exemplo, sorprendeume o feito de que poida haber xente que non saiba cómo acceder a un medio ou a un xornalista, algo que se da por feito hoxe en día na nosa sociedade. As tardes de cine espertáronme unha curiosidade polos proxectos comunitarios coma Radio Favela, que ademáis de acercar a comunidade, fan unha gran labor tanxible. Ademáis, o observatorio tamén nos fixo coñecer outros ámbitos, nos que outros compañeiros estiveron traballando. Algúns exemplos son o caso das persoas maiores ou o dos discapacitados, grupos sociais que están igual de mal representados. Leer os seus artigos foi moi enriquecedor, ao ser un tipo de xornalismo moito máis honesto ca o que estamos acostumados. No meu desenvolvemento como xornalista, o observatorio aportoume diversas competencias, sacándome da miña zona de comfort a través de experiencias máis reais, sobre o terreo de traballo. Os círculos tamén me aportaron unha nova visión; o coñecer as persoas que ven a pobreza e as penurias polas que poden pasar os seres humáns foi algo que me facilitaría despois a labor de escribir sobre este tema. 2.2 Creo que para sentir que o noso traballo se conclueu debidamente, houbera feito falta realizar un círculo máis. Obviamente, isto non foi posible debido ás ocupacións dos membros, pero estaría ben que tras a finalización deste proxecto puidera ter lugar, reunindo a membros de ambos círculos. En canto á nosa labor como equipo, creo que houbera estado mellor se houbese máis cooperación entre nós, conseguindo así mellores resultados en canto á calidade dos artigos individuais e aos comentairos emitidos. 2.3O primeiro paso foi visitar o centro de Cáritas en Santiago, donde Jacobo e mais eu pedimos colaboración de algún membro e se nos remitiu ao xefe de prensa, Javier, que non chegou a firmar carta de garantías nin a presentarse en ningún dos círculos. Logo puxémonos en contacto coa cociña económica, á cal me acerquei para pedir a dúas persoas, Esther e Nazaret, que firmaran a carta de garantías xa apalabrada coa miña compañeira Cintia. Esther finalmente non participou en ningún dos

16

círculos, a pesares de que me firmou a carta de garantía. Finalmente, encargueime de adecuar o espazo no que se desenvolverían os círuclos. En canto á miña labor no blog, consistiu en publicar tres artigos relacionados co noso Grupo de Traballo, sempre tendo en conta os indicadores seleccionados. Tamén publiquei a conclusión do noso grupo S2D, comentei en 6 artigos e respondín a todos os efectuados nos meus. Gutiérrez Caneda, Beatriz [S2D4]: 2.1 Traballar cos membros do círculo de aprendizaxe directamente foi quizais o máis enriquecedor desta experiencia. Puiden coñecer de primeira man a realidade que se agocha detrás da información sesgada que aparece nas páxinas dun xornal. Falar con afectados e expertos fixo que me dese conta do mal tratamento da información que fan a maioría dos medios. Por que unha cousa é sospeitar que non nos contan todo ou que quizais esa palabra resulta ofensiva para os afectados e outra moi diferente é ter a oportunidade de preguntarllo a unha persoa afectada directamente. A labor dos xornalistas é darlle voz a todas as partes implicadas no feito. É incrible ver a cantidade de noticias descontextualizadas, de información non contrastada, de datos manipulados etc. que publican os principais medios de comunicación. Durante estes meses traballei conxuntamente cos meus compañeiros e cos membros do círculo para tentar atopar e reparar os fallos dos xornalistas, para tentar devolverlle á voz que lles roubaran a moitas persoas. Porque non hai nada máis inxusto que non poder dar a túa versión cando eres ti o protagonista da noticia. Por outra banda, a interacción cos demais grupos de traballo foi moi importante para poder ter unha visión máis ampla dos problemas que teñen os medios de comunicación de hoxe en día. Neste aspecto, o blogue foi unha ferramenta fundamental que nos permitiu compartir cos nosos compañeiros os nosos avances e participar ao mesmo tempo dos seus traballos. Mediante os artigos puidemos coñecer os diferentes aspectos e conclusións que ían sacando en claro individualmente e coas interpretacións puidemos ver o resultado dos seus círculos de aprendizaxe. A labor dos grupos de apoio e os comentarios dos demais compañeiros resultaron de moita utilidade xa que nos aportaron información que en ocasións pasaramos por alto ao tempo que nos ofrecían outra visión do problema e nos permitían relacionar uns traballos con outros. 2.2 Non obstante, aínda se podería ter conseguido máis. Como crítica constructiva, creo que non se lle está sacando todo o rendemento que se podería ao blogue. Unha maior promoción e difusión podería facer que as nosas achegas chegasen máis lonxe. Por outra banda, púidose presionar máis aos membros pero a verdade é que é un tema difícil xa que non lles estamos ofrecendo nada a cambio a parte da experencia e da publicación das súas achegas. Quizais faltou tamén nalgún momento unha mellor comunicación entre os membros do grupo, por exemplo, en canto ás temáticas dos artigos. Para rematar, a realización dun terceiro círculo no que se tratasen conxuntamente pobreza e precariedade e se profundizase na relación que existe entre ambos tería sido unha moi boa forma de rematar o noso traballo pero non foi posible debido á falta de tempo e á pouca dispoñibilidade dos membros. 2.3 En canto ás actividades realizadas, encargueime de contactar coas fontes visitando a Cociña Económica para unha primeira toma de contacto e o albergue franciscano para falar coa traballadora social (aínda que finalmente non se chegou a acordo). Por outra banda, xunto cos meus compañeiros, contactei cos membros por teléfono para a realización dos círculos. Contactei tamén con Manuela, experta en precariedade, para informala e ofrecerlle a oportunidade de participar e así poder con algunha fonte relacionada con ese ámbito. Busquei tamén documentación, tanto lendo artigos como

17

consultando material audiovisual. En canto ao traballo no blogue, escribín tres artigos buscando reflexar esa outra realidade que coñecimos grazas aos círculos e que anteriormente non coñecía. Respondín aos comentarios realizados polos meus compañeiros nas miñas entradas e comentei aqueles que me pareceron interesantes, ben por similitudes ou ben porque non coñecía o tema, aportando información relacionada. Participei en ambos círculos e nas súas interpretacións. Por último, conseguín que un dos membros se comprometese a continuar co círculo do debate e grazas ao traballo dos meus compañeiros, conseguimos que o círculo prevalecese. López Fernández, Alejandro [S2D5]: 2.1 Este proxecto permitiume valorar a importancia do contacto humano á hora de tratar a información, así como descubrir os grandes erros do xornalismo actual. O feito de acudir directamente onde se atopan os afectados e ver os seus problemas de primeira man resulta imprescindible para dar a coñecer a súa situación, e baixo ningún concepto debemos ocultar a súa voz. A realización dos artigos permitiume mellorar a miña capacidade á hora de analizar a temática da pobreza desde os diversos puntos de vista, e non só dende a perspectiva das cifras e a estatística. Estudar e criticar o tratamento que os distintos medios de comunicación como A voz de Galicia ou El País fan da información en relación á precariedade laboral resultoume esclarecedor no referente ás contradicións que se establecen entre a función do xornalismo social e a realidade actual. Mediante a ausencia das causas e de contexto en xeral do feito, téndese cara unha forte criminalización do traballador en situación precaria, e a isto súmaselle a escasa visibilidade que xa de por sí teñen os afectados. Por outra banda, comprendín que as fontes non son meros recursos para obter datos, senón persoas con necesidades e preocupacións que deben ser transmitidas a través do noso traballo. O contacto directo cos afectados, a humanidade do feito, incitoume a reflexionar sobre a súa importancia na transmisión da información, comparando os datos que obtivemos dos círculos, moito máis persoais e directos, cos que os se transmiten diariamente nos medios, vacíos e carentes de transfondo. Finalmente, o proxecto axudoume a mellorar a miña capacidade á hora de traballar en grupo, repartindo o traballo según as posibilidades de cada membro tanto nas interpretacións coma na búsqueda de interesados e documentación. 2.2 Como crítica construtiva, vexo necesaria unha maior publicidade do blog para fomentar así a súa difusión. A falta de tempo foi outro dos grandes inconvenientes á hora de investigar a problemática da pobreza, xunto coa obvia reticencia dos afectados á hora de participar no noso proxecto, pois non todos están dispostos dada a súa situación. 2.3 En canto ás actividades realizadas, a través dos tres artigos publicados tratei de analizar a escasa visibilidade que os afectados pola falta de recursos sofren, a falta de contexto que criminaliza ao traballador que loita contra a precariedade e a necesidade dunha maior presenza da nova pobreza nos medios. Comentei e respondín a todos os comentarios recibidos nos meus artigos, sendo a miña terceira entrada a de maior interacción lograda cun total de once comentarios. A través dos artigos consultei gran variedade de documentos referidos á nova pobreza, informes de sindicatos e novas na que o tratamento da información é totalmente erróneo. Participei ademais na interpretación de cada debate e nos traballos realizados na clase, e visitei na procura de interesados no proxecto á EAPN, ao Concello, Asuntos Sociais, ao Banco de Alimentos, ao Centro Cristiano e aos sindicatos da CIG e da UXT. No Banco de Alimentos tiven a oportunidade de observar e aprender como traballa o voluntariado, asi como obter un contacto moito más cercano dos afectados e da xente sen recursos.

18

Pola contra, acceder ao Concello e a Asuntos Sociais demostroume o desligado que a política está desta temática, amosando unha total indiferenza e pasividade ante as miñas preguntas. En canto aos debates, participei na interpretación de cada un deles, aportando o meu punto de vista a través das distintas notas que fun tomando. Por outra banda, logrei que tres das persoas contactadas se decantasen por participar no proxecto. Mouriño Almeida, Jacobo (S2D6): 2.1. A realización do traballo serveume para adquirir novas destrezas de traballo en grupo, dándome conta da sua gran importancia. Tamén puiden exercitar a reflexividade e o espíritu crítico para analizar minuciosamente os medios e detectar erros e posibles solucións. Aportoume así mesmo unha maior habilidade no manexo, búsqueda e uso das referencias. Tratar ca xente do círculo, ademais permitiume mellorar as miñas estratexias de interlocución e valorar máis a comunicación interpersoal que precisa dominar todo xornalista. Por último, desenrolei novas metodoloxías de análise crítica, e todo isto, xunto coa presión e esixencia do traballo, serán útiles para exercer a miña profesión o dáa de mañá. 2.2. O traballo ten o problema de que ten unha excesiva burocracia e unhas regras moi concretas e ríxidas que fan o traballo, xa de por si moi amplo e demandante, excesivamente tedioso. Penso que se se flexiblizase nese aspecto, a xente podería traballar máis comadamente e polo tanto obter mellores resultados. Ademáis, o nivel de compromiso que se lle esixe ós membros do círculo e elevadísimo tendo en conta que son voluntarios que a priori non teñen ningún interese persoal en participar no traballo máis aló de axudar os alumnos. Por exemplo, penso que sería positiva a eliminación das cartas de garantía, un formalismo tedioso que supón unha barrera a participación no círculo. 2.3 Debido a que realicei previamente un reportaxe sobre a pobreza en Santiago de Compostela, xa tiña un coñecemento previo dás asociacións e organizacións que actuaban contra a pobreza na cidade de cara a obtención de fontes e membros do círculo. Dentre esas, eu encargueime de contactar con Cáritas, conseguindo falar en varias ocasións co seu responsable de comunicación, o xornalista Javier García Sánchez, que finalmente non pudo participar no círculo de lectura por problemas de horarios e reticencia a firmar a carta de garantía. Desenrolei a tarefa de editor do grupo, revisando os artigos e comentarios efectuados. Participei en ámbolos dous círculos de lectura e na reunión introductoria, guiando en todo o posible ós asistentes, e encargueime de buscar unha sala de reunións para os debates, que finalmente foron, por cuestións práticas para os asistentes, na facultade de Filoloxía, aínda que tamén se barallou o centro sociocultural O Ensanche, por recomendación do concello. Tamén visitei o centro Vieiro para confirmar a participación de voluntarios e afectados no noso primerio círculo de lectura. Realicei tres artigos, cubrindo varios indicadores, coma a homoxeinización dos afectados ou a falta de contextualización, tanto en xeral coma en relación a temas concretos coma o tratamento mediático das medidas económicas contra a pobreza e a precariedade. Para iso, coma parte de proceso de documentación, atopei un gran numero de noticias qe trataban indebidamente o tema, referencias que tamén utilicei amplamente á hora de comentar no blog, así coma das interpretacións dos círculos e artigos de outros compañeiros do grupo.

19

3­ Materiais producidos

3.1 Interpretación final de grupo sobre o tema escollido e analizado. Traballar cos membros do círculo de aprendizaxe directamente foi, quizais, o máis enriquecedor deste proxecto. Puidemos coñecer de primeira man a realidade que se agocha detrás da información que aparece nos medios e traballamos conxuntamente cos membros do círculo para tentar atopar e reparar os fallos dos xornalistas. Intentamos, en definitiva, devolverlle á voz a aqueles que un día se lles arrebatou, sendo os protagonistas da historia. O que máis difícil nos resultou, foi ese primer contacto cos afectados. Entrar nun comedor social en hora punta causa unha impresión que xamais se esquece, o mesmo que falar con persoas que durmen na rúa ou que non teñen nin sequera algo que levar a boca. Pero todo pagou a pena, porque sen sentirse obrigados, puideron contar as súas historias, puideron informar a sociedade do que realmente pasa a diario nas cidades galegas a través das nosas palabras. E iso é o máis reconfortante de todo. Experiencias tan variadas coma a de Anxo eManuela no ámbito da precariedade laboral, a de Marta e Miguel atendendo ós máis necesitados, e por suposto as vivencias dos afectados que nos falaron da sua situación, deixáronnos unha cousa clara: Se as súas historias están fora da axenda mediática non é por criterios xornalísticos profesionais, senón pola tremenda influencia que os prexuízos, o mero morbo e, sobretodo, os poderes económicos exercen sobre a maioría de medios de comunicación. Son esas presións as que silencia e disfrazan a realidade, desviando a atención hacia temas secundarios e aportando un enfoque a noticia que nada ten que ver coa información orixinal. No falemos xa das descalificacións e denominacións tan incorrectas que empregan os medios de comunicación para referirse a determinados colectivos, tal e como observamos ó longo destes meses. Resulta impactante o punto ó que chega a manipulación mediática nestes temas tan cruciais e tan cercanos á inmensa maioría da poboación, pero sobretodo, resulta impactante a falta de humanización coa que se tratan. Falta comunicación interpersoal, falta aprender a escoitar a outra parte implicada e deixar de guiarse polo efecto “cifra”, no que todo o que leva unha porcentaxe parece verídico. Hai que empezar a tratar ós afectados como o que son: persoas que precisan axudan. Outro problema que observamos foi a falta de contextualización que acompaña as noticias que se publican. Se xa de por si son poucas, o menos que se podía facer é dar unha información completa e veraz sobre os feitos. Pero nin sequera iso é posible. De feito, nalgunhas ocasións atopámonos con que houbo noticias que tiveron que ser retiradas e rectificadas polo trato que se lle daba ó tema, tal e como nos explicaron os membros do círculo. Outra das cousas que máis nos sorprendeu foi o feito de que poida haber xente que non saiba cómo acceder a un medio, ou a un xornalista, algo que se dá por feito hoxe en día na nosa sociedade globalizada. Por outra banda, queremos destacar tamén a gran labor do Observatorio. O blogue foi unha ferramenta fundamental, non só para compartir o noso traballo, dar voz ós nosos convidados e criticar a pésima labor dos medios, senón tamén para participar ó mesmo tempo do traballo dos nosos compañeiros. Aprendimos o que é o verdadeiro xornalismo, o xornalismo honesto, á vez que coñecemos cousas sobre outros ámbitos que nunca teríamos imaxinado; seguramente porque nunca terían saído na prensa.

20

En resumo, se tivésemos que gardar na memoria unha única cousa de todas as que nos aportou o proxecto, sen dúbida sería a aprendizaxe do contacto humano, a importancia da comunicación interpersonal e comunitaria no noso día a día. Falar con persoas e non con cifras, enquisas ou fontes; coñecer a súa historia para entender así a situación na que vive; averiguar de primeira man a función de determinadas asociacións que axudan a centos de persoas, pero cuxa valía queda olvidada entre tanta saturación informativa. A humanidade é, en definitiva, a maior aportación do Observatorio pero a gran perda do xornalismo. E está nas nosas mans, como futuros profesionais da información, levar a cabo ese cambio tan necesitado e reclamado por todos para devolver á profesión a súa labor social.

3.2. Interpretacións das lecturas debates

Primeiro círculo celebrado o día 17 de Marzo. Neste círculo, no que contamos ca participación de afectados e con voluntarios de asociacións, así como cunha persoa que traballa coa precariedade laboral. Conseguimos unha ampla reflexión sobre a nula colaboración nos medios na difusión e apoio á loita contra a pobreza, propagando prexuízos e ignorando ás causas e consecuencias da pobreza.

“[S2D] Debate 1: pobreza e precariedade” https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d­debate­1­pobreza­e­precariedade/ Segundo círculo celebrado o 11 de Abril. Traballouse sobre todos os indicadores seleccionados para o noso proxecto. Especialmente incidiuse na visibilización, a manipulación, o non afondamento na problemática, a ocultación dos seus problemas e demandas ou cómo tratan aos afectados. “II Círculo de aprendizaxe sobre a precariedade e a pobreza.” https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/ii­circulo­de­aprendizaxe­sobre­a­precariedade­e­a­pobreza/

3.3 Artigos individuais (alfabéticamente, con data, do máis novo ao máis antigo) Cortizo Salgueiro, Noelia

Que hai detrás das noticias? (12 abril 2016) https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/12/que­hai­detras­das­noticias/

“Teño familia pero é como se non a tivera” (4 abril 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/teno­familia­pero­e­como­se­non­a­tivera/

A lingua do goberno e os ollos do cidadán (18 marzo 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/18/a­lingua­do­goberno­e­os­ollos­do­cidadan/

21

García Vegas, Cintia Xornalismo anti­social (12 abril 2016):

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/10/pobreza­e­exclusion­o­virus­do­seculo­xxi/

“A pobreza son moitas cousas, pero o ser humano reduce o seu significado só a unha” (4 abril 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/10/pobreza­e­exclusion­o­virus­do­seculo­xxi/

Pobreza e exclusión: o virus do século XXI (10 marzo 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/10/pobreza­e­exclusion­o­virus­do­seculo­xxi/

Gómez García, Silvia

A pobreza hereditaria nos medios (18 abril 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/a­pobreza­hereditaria­nos­medios/

O acceso aos medios para os necesitados (11 abril 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/11/o­acceso­aos­medios­para­os­necesitados/

A pobreza infantil nunha sociedade moderna (14 marzo 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/14/a­pobreza­infantil­nunha­sociedade­moderna/

Gutiérrez Caneda, Beatriz

Folgas e precariedade laboral nos medios (20 de Abril): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/folgas­e­precariedade­laboral­nos­medios/

Buscando o factor de noticiabilidade (08 de Abril): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/5370/

Nadando na Superficie (28 de Marzo): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/nadando­na­superficie/

López Fernández, Alejandro

A nova pobreza (19 abril 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/a­nova­pobreza/

A criminalización das folgas (8 abril 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/a­criminalizacion­das­folgas/

A pobreza e a desinformación (30 marzo 2016): https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/30/a­pobreza­e­a­desinformacion/

Mouriño Almeida, Jacobo

Os múltiples rostros da precariedade e a pobreza (22 de Abril 2016) https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/22/os­multiples­rostros­da­precariedade­e­a­pobreza/

22

Poñer fin á pobreza, unha utopía para os medios de comunicación maioritarios (11 de Abril 2016) https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/11/poner­fin­a­pobreza­unha­utopia­para­os­medios­de­comunicacion­maioritarios/

A falta de contextualización no tratamento da pobreza e a precariedade na prensa (04 de Abril 2016) https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/a­falta­de­contextualizacion­no­tratamento­da­pobreza­e­a­precariedade­na­prensa/

Firmas Invitadas

Un nuevo concepto no tan nuevo: El ecofeminismo, por Marta Quintas Vila (22 de Abril 2016) https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/22/firma­invitada­s2d­un­nuevo­concepto­no­tan­nuevo­el­ecofeminismo/

3.4 Balance do número de comentarios conseguidos por alumno e interlocucións conseguidas. Cortizo Salgueiro, Noelia:

“A lingua do goberno e os ollos do cidadán” cun total de 2 comentarios (Adrián de Matos e Lara Fontela) e 2 interlocucións.

tela)“Teño familia pero é como se non a tivera” cun total de 2 comentarios (Tatiana Villamel e Lucía Rodríguez) e 2 interlocucións.

“Que hai detrás das noticias?” cun total de 5 comentarios (Lara Fontela, Laura Parada, Lucía Rodríguez, Jaime Valdivieso e Cristina Pombo) e 2 interlocucións

García Vegas, Cintia:

“Xornalismo anti­social”: cun total de 6 comentarios: Nerea, Cristina Rodríguez, Ramón Rubén Rivas, Ana González, Jaime Valdivieso, Marina garcía) e 6 interlocucións.

“[S2D] Debate 1: pobreza e precariedade”: cun total de 9 pingbacks. “A pobreza son moitas cousas pero o xornalista reduce o seu significado a unha”: cun total

de 3 comentarios (Luis Feijoo García; Lara Fontela; Cristina Rodríguez), 3 interlocucións e 2 pingbacks.

“Pobreza e exclusión, o virus do século XXI”: cun total de 5 comentarios (María Rodríguez Vicente; Mara Senra Rivas; Iciar Rubio Rodríguez; Carmen Badía Deltell; Isabel Negreira) e 5 interlocucións.

Gómez García, Silvia

“A pobreza hereditaria nos medios” cun total de 5 comentarios (Ramón Rivas Pérez, Alejandro Estévez, Laura Parada Vila, Ana García Fernández, María Barcón Lage) e 5 interlocucións.

“O acceso aos medios para os necesitados” cun total de 5 comentarios (Ana García Fernández, Luís Feijoo García, Juncal Álvarez Álvarez, dous de David Costoya) e 5 interlocucións.

23

“A pobreza infantil nunha sociedade moderna” cun total de 2 comentarios (Iciar Rubio Rodríguez, Alicia Casas Fontán) e 2 interlocucións.

Gutiérrez Caneda, Beatriz

“Folgas e precariedade laboral nos medios” cun total de 7 comentarios (Kelly Iglesias Hervella, Alejandro Estévez Avelar, Nerea Sande Barbeito , Laura Parada Vila, Marta Eireos Currás, Antía Reino Gorín e Ana González Núñez) e 7 interlocucións.

“Buscando o factor de noticiabilidade” cun total de 5 comentarios (Antía Reino Gorín, Ramón Rivas Perez, Marina García Diéguez, Nerea Sande Barbeito, Laura Parada Vila) e 5 interlocucións.

“Nadando na Superficie” cun total de 4 comentarios (Isabel Negreira Chaves, Laura Parada Vila, Nerea Sande Barbeito, Ana González Núñez), 4 interlocucións e 1 pingback.

López Fernández, Alejandro:

A nova pobreza: recibe un total de 11 comentarios (Carlos Riande, Mara Senra, Julián González, Juncal Álvarez, Iciar Rubio, Luís Feijoo, Laura Parada, Cristina Pombo, Denise Sambad, Kelly Iglesias, Ramón Rivas) e 11 interlocucións.

A criminalización das folgas: recibe un total de 3 comentarios (Carlos Riande, Julián González e Laura Parada), 3 interlocucións e 1 pingback

A pobreza e a desinformación: recibe un total de 6 comentarios (Marina: dúas veces, Carmen Badía, Mara Senra, María Rodríguez, Iciar Rubio) e 6 interlocucións.

Mouriño Almeida, Jacobo

“Os múltiples rostros da precariedade e a pobreza” cun total de 6 comentarios (Ana García Fernández, Ana Lemos Alonso, Susana Villar, Kelly Iglesias, Adrián Álvarez Martínez, Iria Figueroa Torres) e 6 interlocucións.

“Poñer fin á pobreza, unha utopía para os medios de comunicación maioritarios” cun total de 1 comentario (Xiana Meda López) e 1 interlocución.

“A falta de contextualización no tratamento da pobreza e a precariedade na prensa” cun total de 1 comentario (Rita Tojeiro Ces), 1 interlocución e 1 pingback.

24