memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12...

12
memoria de actividades 2015 Asociación Xuvenil Amencer Praza Don Bosco 1, baixo 32003 Ourense [email protected] www.amencer.org FB: /a.x.amencer IG/TW: @axamencer

Transcript of memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12...

Page 1: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

memoria de actividades 2015 Asociación Xuvenil Amencer

Praza Don Bosco 1, baixo 32003 Ourense

[email protected]

www.amencer.org

FB: /a.x.amencer

IG/TW: @axamencer

Page 2: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

Os números de 2015 3 Infancia 4 Mocidade 6 Voluntariado 8 En rede 9 Economía 10 Colaboración 10

Nota: Na presente publicación, cando falamos de rapaces e rapazas, mozos e mozas, animadores e animadoras..., usamos o termo xenérico masculino. Este recurso non o empregamos por ningunha motivación sexista, senón coa intención de facilitar a lectura do texto.

2

Page 3: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

A Asociación Xuvenil AMENCER nace o día 23 de marzo de 1987. Dende as súas orixes, hai máis de 25 anos, é unha asociación xuvenil de ámbito do tempo libre que trata de educar integralmente aos seus destinatarios: nenos e mozos, aínda que indirectamente abrangue toda a sociedade ourensá. AMENCER move semanalmente unha media de 150 rapaces e mozos en grupos de tempo libre, dende os 6 até os 18 anos de idade. E ofértanse máis de 60 proxectos para todas as idades e centros de interese: música, expresión, solidariedade, medios de comunicación, deporte, etc. Hai un equipo de 60 responsables e animadores que coordinan e traballan de forma voluntaria para levar a cabo todo isto

Facemos actividades de tempo libre nos grupos do Itinerario, organizamos e colaboramos en actividades que promoven a solidariedade e o compromiso social,participamos en encontros formativos de diversa índole e localización, favorecemos o desenvolvemento artístico-musical dos nosos animadores e destinatarios, potenciamos momentos de encontro e convivencia ao longo de todo o ano, lanzamos actividades abertas a toda a cidade, nas que calquera que o desexe pode participar, informamos de novas e actividades tanto de carácter interno como externo, traballamos en prol da lingua e a cultura galegas, movémonos e organizámonos en rede con entidades, tanto de ámbito salesiano como entidades públicas e privadas, relixiosas e laicas, do noso país. Organizamos a nosa xestión para dar chegado a todo o que poidamos e a todos… Todo o que facemos, facémolo desde o voluntariado, desde a convicción de que outro mundo mellor é posible, tratando de potenciar e favorecer o protagonismo xuvenil; facémolo por e para os nenos e a xente moza.

_0____________

1.6620 nenos 182 nenos grupos Trisquel 3.254 nenos en “Xangal”

5.029 nenos na Sala Aberta 6.665 en actividades infantiles ATP

604 en “Mañás de ....” 22 en “ Mañás lúdico-deportivas

115 en “Tempos de diversión” 33 en “Tempo de troula” xuño

16 en “Tempo de troula” setembro 621 no “Campamento Urbano”

56 en Apoio Educativo 13 en Obradoiro de guitarra

10 en ciencia divertida

9.294 mozos 104 en grupos xuvenís

226 en cada actividade en SAFS 1898 na sala de xogos

111 no “Campamento urbano xuvenil”

2.169 mozos en cada ATP 29 mozos en un Nadal de Verán

3.434 mozos na Sala Aberta 160 Liga do Centenario

418 Actividades musicais 745 Actividades deportivas

413 voluntarios 249 durante todo o ano

132 no “Campamento urbano” 24 voluntarios en prácticas

3 premonitores 1 preanimadores

2 Servicio Voluntariado Europeo 2 Servicio Civil Italiano

15 contratos profesionais

3 xornadas de 40 horas 1 xornada de 35 horas 1 xornada de 20 horas 1 xornada de 15 horas 1 xornada de 10 horas 1 xornadas de 5 horas 4 xornadas de 2 horas

3 xornada de 1 hora

5.202 adultos 4.762 persoas en Sala Aberta 398 en Actividades Conxuntas

12 no Curso de Monitores 30 en comunidades xuvenís

Operación quilo 1.204 familias formadas por

3.580 persoas 18. 822 quilos de alimentos

1.006 quilos de xoguetes 423 voluntarios

3

Page 4: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

Desde sempre, en Amencer a opción polos máis cativos está presente nas nosas actividades de tempo libre educativo que, co paso do tempo fóronse ampliando até chegar á oferta de grupos de ritmo semanal que temos na actualidade; de ter só grupos ADS (12-14 anos), pasamos a ofertar tamén os grupos Andaina (9-11 anos) e máis recentemente os Buxaina (6 a 9 anos). Tamén desde o inicio de Amencer coma asociación ofertou seo “Campamento Urbano”, unha oferta libre, gratuíta e aberta a todo rapaz de 8 a 15 anos de idade, que durante a primeira quincena de agosto queira gozar dun campamento na nosa cidade. Co paso do tempo, foron moitas as actividades infantís que se foron incorporando á nosa programación anual: ATP, Apoio Educativo, Xangal, Mañás de..., Tempos de Diversión. Algunhas levan moitos anos de andaina, e outras pertencen á nosa historia máis recente, pero desde todas elas trátase de dar resposta a unhas necesidades e demanda reais.

Trisquel: actividades de ritmo semanal dentro dun itinerario de educación no tempo libre para rapaces e rapazas de 6 a 13 anos. O número de participantes foi: 66 rapaces Buxaina, de setembro a xuño 73rapaces Andaina,de setembro a xuño 43rapaces ADS,de setembro a xuño Coordinadora infantil 79 rapaces na Festa de Reis (10/01/15) 46pais e 97 rapaces na Festa infantil Xoán Bosco (31/01/15) 146 participantes na Saída a neve (28/02/15) 87 rapaces no Entroido infantil (14/02/15) 116 rapaces na Noite en Amencer (19/03/15) 102 na Festa do pano(25-26/04/15) 57 na Festa infantil de María Auxiliadora (23/05/15) 65 na Feira sen fume (31/05/15) 67 na Xincana de auga (06/06/15) 33 rapaces na Saída fin de actividades(13/06/15) 72 rapaces e 54 familias no Inicio de actividades “Día da familia”(17/10/15) 145 rapaces no Magosto infantil (7/11/15) 68 rapaces e 26 familias en Sementadores de estrelas(12/12/15) A Tope na Ponte Nas pontes do curso escolar tratamos de organizar actividades abertas e alternativas para os rapaces e rapazas da cidade. Este ano participaron: 505 rapaces no Entroido (05/02-13/02/2015) 595 rapaces en Semana Santa (01-06/04/2015) 24 rapaces na Ponte de Maio(27/04-03/05/2015) 601 rapaces en Tódolos Santos (30/10-2/11/2015) 358 rapaces en San Martiño(10-11/11/15) 1459 rapaces en Constitución-Inmaculada(4-8/12/15) 1502 rapaces en Nadal(21/12/15-05/01/16)

4

Page 5: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

Campamento Urbano Infantil co lema “Atrévete!”,629 rapaces do 3ó13 de agosto puideron participar neste campamento gratuitamente. Participan rapaces e rapazas de 8a16anos.

Apoio educativo apoio a nenos e nenas con carencias educativas especificas e que pertencen ao noso contorno. 56 rapaces e rapazas de 6 a 16 anos formaron parte deste proxecto.

Xangal Ludoteca para nenos e nenas onde poden pasar a tarde xogando e unha biblioteca infantil. Luns a xoves:sobre 42 nenos diarios Venres e sábados: sobre 27 diarios Mañás de...:

actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido (16-18/02) 336 rapaces en Mañás de Verán (22/06-10/07) 40 rapaces en Mañás de Semana Santa (30-31/03, 1e 6/04/15) 188 rapaces en Mañás de Nadal (21/12/-5/01/2015)

5

Page 6: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

Que Amencer sexa unha asociación xuvenil implica que o central da súa acción educativa no tempo libre é a mocidade, subliñando desde os inicios a participación, a responsabilidade e a creatividade. En Amencer existen grupos xuvenís de tempo libre desde o principio. Son grupos de ritmo semanal, formados por mozos acompañados por un animador, que participan en diversas actividades ao longo do curso e rematan co campamento de verán, xunto con outros mozos de Galicia, Asturias e Castela e León. Nesta clave tamén están as Comunidades Xuvenís, grupos nos que, máis que compartir un tempo nunha reunión, tratase de compartir vida. Por outra banda, en Amencer sempre houbo un local de encontro para a xente moza. Pasouse dunha sala a unha sala moza, e de aí á actual Sala Aberta, da que xorden novos proxectos e actividades: concertos, torneos, obradoiros... Na clave de organización xuvenil, en Amencer fóronse creando distintas comisións nasque se traballan diferentes centros de interese da xente moza: a “Comisión Xalgarete”, a “Comisión Música”, a “Comisión Solidariedade”, a “Comisión de Deportes”... E, no verán, unha oferta nocturna complementaria ao “Campamento Urbano”: o “CU Xuvenil”

Grupos xuvenís grupos de mozos e mozas de 14 a 19 anos(mozos/as) e as súas actividades foron: 19 mozos na Xuntanza en Vigo(17/01) 7 mozos na Pascua xuvenil (02-05/04/2015) 36 mozos nos Campamentos de verán (7-15/07) 18 mozos no Donbosco.Contigo e Campobosco (28-29 /11) 29 mozos en IV Un Nadal de Verán (21/12)

Comunidades xuvenís maiores de 18 anos 8 mozos na Comunidade do 82 6 mozos na Comunidade do 84 9 mozos na Comunidade do 89 3 mozos na Comunidade do 92

Xalgarete proxecto no que participan 13 mozos de Amencer que se encargan de coidar a nosa lingua, cultura, tradicións...

Vive a Música distintas actividades musicais organizadas por14 mozos/as na que participan nas distintas actividades: 92 mozos na Feira da música(13-15/11/15) Camiño á fama (31/05/14) 326 participantes; 24 de organización

SAF actividades nocturnas para maiores de 14 na sala aberta: Concerto: media de 209 mozos/as

6

Page 7: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

Deporte para todos actividades deportivas: 30 mozos no Torneo de 5x5 baloncesto (6/01) 120mozosno Torneo de fútbol sala (30/03) 55 mozas no Torneo de fútbol sala feminino (1/05/15) 158 mozos na Andaina solidaria (25/04) 102 mozos no Torneo de fútbol sala (08/12) 280 mozos no Torneo de fútbol sala 24 h (29-30/12) Campamento Urbano xuvenil actividades nocturnas gratuítas para maiores de 15 anos 3-12/08 (111mozos/as) Xangal espazo dotado de ciber, futbolín, pimpón, sala de xogos... Luns a xoves: sobre 24 mozos/as diarios Venres e sábados: sobre 19 mozos/as diarios Sala Aberta Un lugar para encontrarse e estar cos amigos e amigas. Con música, televisión, xornais do día, xogos de mesa, exposicións, punto de información xuvenil... Luns a xoves: Media de 39 nenos/as diarios Media de 28 mozos/as diarios Media de 36 adultos diarios Venres: Media de 57 nenos/as diarios Media de 36 mozos/as diarios Media de 53 adultos diarios Sábados: Media de 14 nenos/as diarios Media de 31 mozos/as diarios Media de 12 adultos diarios

Exposicións Achegamento ao mundo da arte e a súa cara máis creativa e xuvenil. Exposición “Museo creativo sobre Xoán Bosco” do 22 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2015 na Sala dos 15 anos Exposición“Libros de Don Bosco para todas as ideas” do 22 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2015 na Sala Aberta Exposición “Cartaces ourensáns” do 8 de febreiro ó 5 de marzo de febreiro de 2015 na Sala dos 15 anos de Amencer

Exposición “Ti es o Entroido” do 24 de febreiro ó 5 de marzo de 2015 Exposición “O Carrabouxo invítate a falar en galego” do 9 de marzo ata o 6 de abril de 2015 Exposición “Mulleres protagonistas do desenvolvemento” na Sala dos 15 anos de Amencer do 13 de abril ao 26 de abril de 2015 Exposición “Descubrindo diversas técnicas pictóricas” do 27 de abril ao 10 de maio de 2015 na Sala dos 15 anos de Amencer Exposición Maios do 3 ao 8 de maio de 2015 na Sala Aberta Exposición Letras Galegas do 11 ao 31 de maio de 2015 na Sala Aberta Exposición “Experiencia pedagóxica: os mestres republicanos de parada de Sil” do 11 ao 24 de maio de 2015 Exposición “Mil e unha instantáneas do verán” do 7 de setembro ó 29 de outubro de 2015 Exposición Decoración Samaín do 22 de outubro ao 3 de novembro de 2015 na Sala Aberta Exposición “Unha fiestra a Cuba” do 3 de 30 de novembro de 2015 Exposición “Dereitos da Infancia” do 16 ao 30 de novembro na Sala Aberta Exposición Feira da música “Artistas de onte e hoxe” do 6 ó 16 de novembro de 2015 na Sala Aberta Exposición Decoración do Nadal do 6 de decembro de 2015 ao 6 de xaneiro de 2016

PIX servizo de información xuvenil: (1 mozos/as)

Amencer é unha festa 39 mozos na Festa de reis xuvenil (9/01) 74 mozos en Xoán Bosco en Amencer (31/01) 34 mozos no Entroido xuvenil (13/02) 34mozos na Convivencia festiva de Animadores (16/05) 24 mozos nos Maios(23/05) 35mozosnasCacharelasde San Xoán (23/06) 71mozos na Inauguración xuvenil (16/09) 87 mozos no Magosto xuvenil (13/11) 46 mozos na Cea de Nadal (19/12)

7

Page 8: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

Amencer é unha asociación de voluntarios desde as súas orixes. Entre todos os que formamos parte de Amencer ímonos responsabilizando de distintos sectores e proxectos. Cremos na xente moza, e de aí que toda a historia de Amencer sexa unha historia de compromiso que xorde no cotián e en distintas idades e momentos. Facilitamos ese camiño de traballar gratuitamente polos demais, e sobre todo pola xente máis nova. Nese senso, co cambio sociolóxico que vivimos vanse creando proxectos que axuden a sensibilizarnos, a acompañar e a formar aos nosos equipos de voluntarios e responsables da Asociación. Nesta clave xurdiron desde hai uns anos o “Plan de Acompañamento”, o “Plan de formación de animadores, preanimadores e premonitores”, o grupo de reflexión “I+D+i”, o “Proxecto Compartir”, o CMTL e/ou o CDTL, a participación en cursos on-line e monográficos (algúns organizados por nós mesmos), o “Foro de voluntarios”... Todo un camiño que quere facilitar a calidade na nosa opción de educadores no tempo libre.

Plan de acompañamento Vén sendo unha guía para facilitar os inicios como voluntario de calquera persoa que chega, axudando a súa integración na Asociación e para favorecer que vaia asumindo responsabilidades sen sentirse só ousen que lle resulte unha carga pesada.

Formación de animadores ofertamos formación para os nosos voluntarios, que cremos é indispensable para a nosa maduración e para enfrotarnos a nosa tarefa de animación: Asemblea, Asemblea trisquel, FA... Asemblea Anual: (41) 26-27/09 Asemblea Trisquel: (27 mozos/as) 3/10 Asemblea Trimestral:(41 mozos/as) 19/12 Asemblea Trimestral:(32 mozos/as)28/03 Asemblea Trimestral: (23 mozos/as) 23/06 FA:media 22mozo/as diarios

Foros charlar, dialogar, debater... son algunhas das cousas que facemos nos foros de animadores.

I+D+i animadores veteranos que deseñan e reflexionan sobre o centro xuvenil.

Área de creatividade equipo de animadores que deseñan novas actividade ou propoñen actualizacións nas actividades de sempre.

Compartir experiencias formativas compartidas con Castela e León e Asturias. FAC II/III (13 mozos/as) 21/11/15 FAC II/ III (11 mozos/as) 12-13/03/15 Convivencias cristiáns (4 mozos/as) 16/03/14 Asemblea do itinerario (22 mozos/as) 21-22/11/15

Cursos: monitores:favorecer que os nosos animadores contén cunha titulación oficial. 12 mozos en CMTL Decembro/Marzo (12mozos/as) cursos en rede:organizados por outras entidades nos que participan voluntarios de Amencer. Monográficos: organizados por Amencer e que poidan participar xente de fóra.

8

Page 9: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

Sempre tivemos claro que sós non chegamos a todos nin podemos avanzar en reflexión e en acción. Traballar en rede é clave para poder ter calidade e eficacia nun proxecto de tempo libre educativo. Desde este punto de vista xorde o feito de que Amencer estableza relacións coas Administracións Públicas da nosa cidade, provincia e país, que estea en foros xuvenís no ámbito da Casa da Xuventude de Ourense e na Diocese, e tamén que se relacione cunha morea de asociacións e entidades coas que compartimos experiencias, formación e ideas. Nesa mesma liña se traballo en rede na que se véntra ballando desde as orixes, Amencer pertence á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, á Mesa de Tempo Libre e ao “Seminario de Mocidade e Tempo Libre”, que se reúne trimestralmente en Compostela. Ademais, traballamos con persoas que nos veñen derivadas de ATOX, Proxecto Home, Arela, Lar e outras entidades relacionadas coa infancia e mocidade en dificultades e/ou risco de exclusión social, tanto en actividades puntuais como integrándoas na vida ordinaria da Asociación. Hoxe en día son moitas as asociacións, entidades e organismos cos que compartimos ilusións, esforzos e traballo a prol da mocidade ourensá.

Fundación Benito Losada:

Outono Fotográfico

ATOX:

Deporte contra a droga

Club Volei praia Ourense:

M. Lúdico-deportivas

Cultural Auriense e colecti-vos da cidade:

Magosto na rúa

Proxecto Home:

Boscomusic

Cáritas diocesana:

Operación Quilo

Expourense:

Megaxove

Escola de arte Antonio Fail-de: Expo obras de alumnos da escola

Fundación Alexandre Bóve-da e colectivos da cidade: Roteiro Alexandre Bóveda

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco: Somos entidade fundadora. Coa Federación compartimos o día a día dos nosos proxectos e actividades (grupos infantís e xuvenís, actividades de verán, representación…) que se coordinan a nivel autonómico desde a Federación. Escola de Tempo Libre Don Bosco: Colaboramos con ela na realización do Curso de Monitores; somos a súa sede en Ourense. Fundación Juan Soñador: Colaboramos con eles na integración dos seus nenos de Teranga e Espabila a través do “Proxecto Espabila”, destinado a menores e xente moza en situación de desprotección social en Galicia. Colexio salesiano Mª Auxiliadora: Desde Amencer mantemos estreita colaboración co Departamento de Pastoral e co Departamento de Orientación, ademais de colaborar en moitas das actividades colexiais: inauguración oficial do curso, magosto, festas de Don Bosco e Mª Auxiliadora… ANPA do Colexio Salesiano: Estreita colaboración con ela a través da organización e participación nalgunhas das actividades organizadas por, con e para as familias que a forman JyD: Colaboramos con esta ONGD fundamentalmente a través das campañas de cooperación ao desenvolvemento e traballando con eles desde a sensibilización, a educación e a procura de axudas económicas para os proxectos que desenvolven no Terceiro Mundo.

9

Page 10: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

A Asociación Xuvenil Amencer é posible grazas á participación directa de moitas entidades. A aportación da Federación e dos Salesianos cubre unha estrutura básica que permite o posterior desenvolvemento das actividades da asociación, asumindo custes de persoal e locais. A continuación sinálase a procedencia de ingresos e destino de gastos das diferentes entidades que fixeron posible as actividades en 2015

10

21%

2%

3%

35%4%

31%

4%

INGRESOSADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS: 38.847,82 €

ENTIDADES PRIVADAS: 5.000€

COTAS SOCIOS: 5.500€

ACTIVIDADES DE AUTOFINANCIAMENTO: 64.726€COLABORACIÓNS E PARTICIPACIÓNS EN ACTIVIDADES: 7.183€DONATIVOS: 58.037,16€

OUTROS INGRESOS: 6.995,53 €

33%

46%

12%

9%

GASTOS

GASTOS DE PERSOAL: 61.146,35 €

DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES: 85.621,27 €

BECAS E DOAZÓNS: 22.409,97€

XESTIÓN: 18.052,48

Coas Administracións Públicas

Con entidades privadas

Page 11: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido

No Campamento Urbano

Cos Medios de Comunicación Social

Prensa Escrita: Comunidade, Faro de Vigo, La Voz de

Galicia, La Región, Ourense por Barrios...

Prensa on-line: Tempo de Lecer

Televisión: Auria TV, Telemiño, Televisión de Galicia,

TVE Galicia

Radio: Cope, Ser, Onda Cero, Punto Radio, Radio

Galega, RNE de Galicia, Radio Voz, Radio Lider...

Na Operación Quilo

Aceites Abril SL Clesa Bimbo Café Las Antillas Distrib. C. Casado Disbegón Café Lisboa Distribuciones Carballo Distrior Couto Comidas Elcor Grupo Revi Pescanova Froitas Raul-Olivia Madisor Manzano Galicia Milhojas Patatas Fritas Guays Rebollo Varela Xamóns Martínez Mc Donalds

E todos os 49 supermercados que nos permiten poñer o carro para os alimentos.

E todos os 276 establecementos que nos permiten poñer petos

E 15 perruquerías colaboraron nunha nova iniciativa que consistiu en convidar á clientela doar 2 € polo servizo realizado:

Rocholl, Millenio, Victor Feijoo, Lúa, Cachaldora Seoane, Zig-Zag, Tito Heideger, Imagen, Aruna, Por los pelos me arriesgo,

Shauka, CYC, Diego Negro, perruquería Trasno, perruquería Conchi, perruquería Irene e a Asociación provincial de

perruquerías e estéticas de Ourense.

11

Page 12: memoria de actividades - amencer.org · actividades lúdico educativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos favorecendo a conciliación da vida laboral. 37 rapaces en Mañás de Entroido