Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga...

126
Memoria Curso : 2.016 – 2.017 C.E.I.P. A RAMALLOSA (Teo - A Coruña) Páx. 1

Transcript of Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga...

Page 1: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

MemoriaCurso : 2.016 – 2.017

C.E.I.P. A RAMALLOSA (Teo - A Coruña)

Páx. 1

Page 2: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Índice de contidos

1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS......................................................................................................32.- PRINCIPIOS BÁSICOS ..............................................................................................................43.- DOCUMENTOS QUE REGULAN A ACTIVIDADE DO CENTRO................................................44.- DEPENDENCIAS........................................................................................................................5 4.1. MELLORAS NAS INSTALACIÓNS.......................................................................................55.- OS SERVICIOS COMPLEMENTARIOS......................................................................................7 5.1 O TRANSPORTE..................................................................................................................7 5.2. O COMEDOR ESCOLAR.....................................................................................................76.- INFRAESTRUTURA DE PERSOAL............................................................................................8 6.1. O CLAUSTRO DE PROFESORES.......................................................................................8 6.2. ADSCRICIÓN E HORARIOS DO PROFESORADO.............................................................8 GARDAS DESENVOLTAS NO CURSO 2016-17.................................................................9 6.3. REFORZOS EDUCATIVOS................................................................................................10 6.4. O ALUMNADO....................................................................................................................11 6.5. O PERSOAL NON DOCENTE............................................................................................11 6.6. OS ÓRGANOS DE GOBERNO..........................................................................................12 6.6.1. ORGANOS UNIPERSOAIS........................................................................................12 6.6.2. O CONSELLO ESCOLAR..........................................................................................127.- O PLAN DO CURSO 2.015-16..................................................................................................13 7.1. OBXECTIVOS XERAIS......................................................................................................13 7.1.1.) EN CANTO AO PROFESORADO:............................................................................13 7.1.2.) EN CANTO AO ALUMNADO.....................................................................................13 7.1.3.) EN CANTO AOS PAIS...............................................................................................14 7.1.4.) MEMORIA DA ANPA “RIO TELLA”............................................................................15 7.1.5) EN CANTO Á CONTORNA:.......................................................................................19 7.1.6.) EN CANTO Á ADMINISTRACIÓN E RECURSOS....................................................19 7.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DOS ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE..........20 7.2.1.) EQUIPOS DE NIVEIS (ANTIGOS CICLOS), PT, AL, CCP, ORIENTACIÓN..............20 EDUCACIÓN INFANTIL..................................................................................................20 1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA................................................................................27 3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA................................................................................31 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA................................................................................32 COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA............................................................35 DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.............................................................................37 PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA (Mestre: Manolo Maneiro).................................................44 PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA (Mestra: Alicia Leiro)..........................................................46 AUDICIÓN E LINGUAXE..................................................................................................49 7.2.2. TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (EDTIC)......................55 AVALIACIÓN DO PROXECTO EDIXGAL.........................................................................57 INFORME DO PERSOAL TÉCNICO ABALAR.................................................................59 7.2.3 O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA...............................................62 7.2.4. A COMISIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTAR. E EXTRAESCOLARES...........82 7.2.5. BIBLIOTECA ESCOLAR / PLAMBE...........................................................................93 7.3. CALENDARIO DE REUNIÓNS.........................................................................................121 ÓRGANOS COLEXIADOS...............................................................................................121 7.4. A AVALIACIÓN..................................................................................................................122 7.4.1. A AVALIACIÓN DOS ALUMNOS..............................................................................122 AVALIACIÓNS DE 3º DE PRIMARIA.........................................................................122 7.4.3 A AVALIACIÓN DO PLAN XERAL ANUAL. ...............................................................1228. ORZAMENTOS:.......................................................................................................................123

Páx. 2

Page 3: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS

“A convivencia é obxectivo formativo en si mesmo e non pode entenderse soamen-te no sentido de que sexa un simple medio con vistas ao aproveitamento e progreso nosdemais niveis de formación e instrución.Como tal terá que ser tratada nos proxectos do centro, nos que se farán explícitos os tra-zos e características do modelo de convivencia, de relacións e de traballo que se aplicano Centro Educativo, tanto no relativo á convivencia interna dentro de cada sector (profe-sorado, equipo directivo, persoal non docente, alumnado e familias), como dos diferentessectores entre eles”.

Recollemos novamente, a xeito de introdución, unha das conclusións dos Encon-tros de Consellos Escolares das CCAA e do Estado. A mellora da convivencia en todos osseus aspectos e en todos os sectores segue sendo unha máxima do conxunto dos profe-sionais, docentes e non docentes, do noso centro, co apoio e participación das familiasnos ámbitos que lle competen.

É, por iso, o marco de todas as actuacións levadas a cabo no curso que remata eque recollemos nesta memoria.

Nos diferentes apartados explicamos con detalle as accións e proxectos desenvol-tos, segundo o equipo ou comisión responsable, partindo da experiencia dos cursos ante-riores e intentando desenvolver aquelas propostas de mellora e outras novas que xurdironno equipo docente. As máis salientables e que definen a filosofía do centro e o camiñoque pretendemos manter son:

- O “Plambe” de bibliotecas escolares que inclúe numerosas propostas de traballo entorno á lectura, dende o plan lector ata a participación de escritores/as, actividades de animación e dinamización como as mochilas viaxeiras e as mochilas de xénero, recomendacións de lectura, deseño e exposición de traballos elaborados polo alumnado como os libros artesanais e carteis… Este curso, ademais, desenvolveu-se un proxecto global de traballo no centro, dinamizado dende o equipo da bibliote-ca, a partires do libro de Julio Verne “A volta ao Mundo en 80 días” que tivo un éxitonotable entre o alumnado.

- Mantemos e afianzamos as seccións bilingües no terceiro ciclo de primaria, onde dúas profesoras imparten a área de plástica en lingua inglesa, co apoio dun auxiliarde conversa.

- Desenvolvéronse tamén experiencias innovadoras na área de lingua inglesa, como o traballo co programa informático “Anki”, un sistema de repetición espazado SRS (as siglas Spaced Repetition System), un algoritmo que axuda na aprendizaxe de todo tipo de contidos, neste caso a lingua inglesa. Esta iniciativa levou aos respon-sables de Abalar a estudar o seu funcionamento. Hoxe en día está incluído en to-dos os equipos do proxecto Edixgal en toda Galicia.

- Levamos seis cursos xa participando no proxecto “Abalar” nos cursos de quinto e sexto de primaria.

- Por terceiro ano consecutivo participamos no proxecto “Edixgal”, consistente no tra-

Páx. 3

Page 4: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

ballo sobre soportes dixitais e sen libros de texto. No remate do curso fíxose unha avaliación do proxecto (ver o apartado correspondente)

- Volvemos a participar nos contratos-programa nas modalidades de PROA e ME-LLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE (C. Lingüística e matemática). Ámbolos dous, impartidos por profesorado do propio centro (1 en PROA e 7 na modalidade de competencias).

- Participamos coa nosa colaboración en distintos proxectos de investigación da USC, como foron o proxecto “Elisa” (estudo sobre o desenvolvemento saudable da infancia e a prevención en grupos de risco) e unha investigación relacionada coa aprendizaxe mediante recursos e metodoloxías TIC na aula e a súa relación coa exclusión social.

- Por último pero non menos importantes, as actividades propias da cultura da con-torna e que xa forman parte do ADN do centro e que son apoiadas e mesmo reivin-dicadas polas familias: a festa de fin de ano, o entroido, a festa do samaín, o ma-gosto, a romaría das Letras Galegas e os xogos tradicionais. Complementadas coas actividades de animación ofrecidas polo Concello, ANPA e outras entidades, ou organizadas polo propio centro, como se relata nos apartados correspondentes desta memoria.

2.- PRINCIPIOS BÁSICOS QUE INSPIRAN O FUNCIONAMENTO DO CENTRO E O DE-SENVOLVEMENTO DO P.X.A.

Ratificamos os principios enumerados na Programación Xeral Anual (P.X.A), impul-sando a participación democrática de toda a comunidade educativa, permitindo unha flexi -bilidade e dinamismo nas propostas e iniciativas xurdidas durante o curso e facendo unhaavaliación continua do Plan Xeral Anual.

Fixemos, novamente, fincapé nas dinámicas internas para impulsar maiores cotasde xestión democrática e transparente, ao mesmo tempo que se apoiaron e promoveroniniciativas encamiñadas a crear ambientes propicios para o traballo no marco dunha con-vivencia agradable.

Seguimos a manter contactos e colaboracións con centros educativos e organis-mos e institucións do entorno participando en diversas actividades, de índole pedagóxica,lúdica ou cultural que nós lles solicitamos ou ben que nos ofertaron e das que quedaráconstancia nos seguintes apartados.

3.- DOCUMENTOS QUE REGULAN A ACTIVIDADE DO CENTRO

Tiñamos como obxectivo para este curso a redacción do Plan de Convivencia paraadecualo á nova normativa. Conseguimos finalmente desenvolver o proxecto nun docu-mento que será aprobado, previsiblemente, no último Claustro e Consello Escolar destecurso, unha vez que a Comisión de Convivencia lle ten dado o seu visto bo.

Páx. 4

Page 5: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

En canto á formación do profesorado desenvolvemos a primeira fase dun Plan Per-manente de Formación no Centro (PPFC) “Programación de competencias clave e con-creción curricular”, que consistiu nun curso de 10 horas sobre planificación das programa-cións didácticas segundo a LOMCE, e un grupo de traballo de 20 horas para o deseño eredacción das mesmas. Esta actividade pertence á oferta da Consellería de Educación através do Centro Autonómico de Formación e Innovación. Compre sinalar que neste pro-ceso cumpríronse os obxectivos e presentamos todas as programacións didácticas dosdistintos niveis e áreas. No proceso participamos 22 profesoras/es do centro, se ben endistintas fases do mesmo tamén asistiron outros compañeiros e compañeiras que por dife-rentes motivos non puideron facelo de xeito oficial.

Para o vindeiro curso participaremos na segunda fase deste mesmo proxecto, xaque foi aprobado para dous cursos. Nesta ocasión traballaremos, en principio, sobre o tra-ballo por proxectos e/ou a elaboración de unidades didácticas integradas (UDI). O formatoé o mesmo que este ano: curso de 10 horas e grupo de traballo de 20 horas.

Non se produciron cambios significativos no resto da documentación base de traba-llo (PEC, PAT, Plan TIC, Plan de Auto-protección…)

4.- DEPENDENCIAS

Insistimos, como en anos anteriores, na importante precariedade de espazos quesufrimos para desenvolver a actividade académica, sendo frecuente ter que utilizar aulaspara as actividades de apoio con mobiliario inadecuado á idade do grupo.

Seguimos por tanto vendo necesario e imprescindible a ampliación de aularios.Como xa recollemos no P.X.A. outros locais dos que dispón o colexio son:

⁻ Almacén-laboratorio⁻ Aula de informática⁻ Audiovisuais⁻ Biblioteca⁻ Salón de actos (utilizado tamén, pola limitación de espazos, como aula de arte de

educación infantil)⁻ Ximnasio⁻ Pavillón polideportivo (cedido para uso no horario escolar polo Concello de Teo)⁻ Aula de música.

4.1. MELLORAS NAS INSTALACIÓNS

Estas son as solicitudes de obras e melloras pendentes tramitadas á Xefatura Te-rritorial:

1. Continuación da eliminación de barreiras arquitectónicas. Dotación dun ascensor,

tendo en conta a posibilidade de ter alumnado do 3º ciclo e que tería serias dificul-

tades para acceder ás aulas Abalar (situadas no 2º andar), entre outros problemas

de mobilidade polo centro.

Páx. 5

Page 6: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

2. Melloras que contribúan a un mellor aproveitamento enerxético (calefacción): Re-

modelación das ventás, persianas e portas de aulas e aseos.

3. Construción de escaleiras exteriores de emerxencia no edificio principal.

4. Remodelación dos pisos (terrazo) e das escaleiras interiores (moi gastadas) do edi-

ficio principal.

5. Construción dun aseo na planta baixa no edificio anexo. Durante o desenvolvemen-

to das clases, o alumnado dunha aula de educación primaria, música e aula de in-

formática ten que subir e baixar so as escaleiras para usar os servizos.

6. Mantemento estético do exterior do edificio principal e pintado exterior do edificio

anexo.

7. Substitución de cubertas (tellados de uralita) no edificio principal e no edificio ane-

xo.

8. Eliminación do desaugue ao patio de infantil das pipetas dos aseos do patio cuber-

to.

9. Reparación dun cristal roto dunha placa solar do ximnasio.

10. Acondicionamento de parte dos xardíns do lado da pista de entrada ao aparcadoi-

ro do persoal para ampliación do mesmo.

11. Porta nova, escaleiras e rampla de acceso na entrada sur do recinto escolar e ta-

piado da porta actual, pegada ao pavillón polideportivo.

12. Eliminación do antigo depósito de auga e canalización das augas (cando chove

con intensidade reborda e a auga corre polo patio facendo sucos e arrastrando are-

as e follas que logo atascan os desaugues na zona de paso máis frecuente.

13. Substitución das portas pequenas dos sotos para o acceso ás bombas de auga e

gasóleo por pranchas de aluminio ou aceiro inoxidable con apertura vertical.

14. Actualización de equipos informáticos antigos e obsoletos.

15. Acondicionamento do soto que está debaixo da cociña e reparación de desaugues

por filtración e perdas que provocan a aparición de insectos e produce malos olo-

res.

Páx. 6

Page 7: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

RELACIÓN DE OBRAS DE MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DESENVOLTAS

POLO CONCELLO DE TEO:

Ademais das obras acometidas no verán do 2.016, recollidas no P.X.A., durante o

curso o Concello de Teo desenvolveu estas tarefas:

1. Reparación dunha fuga de auga nos aseos do primeiro andar.

2. Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-

xio.

3. Eliminación da caseta do antigo motor do pozo e colocación de contador de auga.

OBRAS DESENVOLTAS POLO COLEXIO:

1. Colocación de andeis no patio cuberto para as mochilas con equipos informáticos

do alumnado (5º e 6º de primaria).

2. Illamento con malla termosoldada da zona de aparcamento do persoal de cociña.

5.- OS SERVICIOS COMPLEMENTARIOS

5.1 O TRANSPORTE

Mantivéronse os cinco itinerarios que compoñen as rutas de transporte e que estáncubertos polas empresas Monbús e Seoane. Non hai cambios sobre as situacións prece-dentes.

5.2. O COMEDOR ESCOLARO comedor escolar está clasificado como categoría D, polo que dispón do seguinte

persoal laboral: unha oficial 2ª e tres axudantes de cociña.

No presente curso atendemos a 305 alumnos/as usuarios/as de comedor, dos ca-les 93 son de pago e o resto de gratuidade total. A estes hai que engadirlles 9 nais colabo-radoras, 4 membros do persoal de cociña e o director. O director do centro ten solicitada aacumulación de funcións por non dispoñer de encargada/o de comedor. Polo tanto, en to-tal, resultan 319 usuarios/as de comedor. O número máximo de usuarios/as autorizadospola Consellería é de 339.

A confección dos menús realízouse mensualmente e comunicóuselle as familiaspara favorecer unha dieta equilibrada que se complemente coas outras comidas que osalumnos toman na casa: cea, merenda... Para a súa confección, seguíronse as recomen-dacións das autoridades sanitarias en materia de hixiene, nutrición..., tendo tamén comoreferencia os monográficos editados pola Xunta de Galicia “ Alimentación e nutrición naescola: Menús saudables no comedor escolar ” e Xermola (Plan para a prevención daobesidade infantil en Galicia).

As nais colaboradoras do comedor foron as responsables de servir e axudar aosnenos e nenas que o precisen. Os nenos maiores só axudan a recoller as mesas ao finaldo xantar.

Páx. 7

Page 8: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Entendemos que o comedor debe servir, ademais de cubrir as necesidades alimen-ticias dos nenos e das nenas, como un instrumento para tratar aspectos educativos rela-cionados cos contidos de carácter transversal do currículo como a convivencia, a colabo-ración e o servizo aos demais, os hábitos hixiénicos, dietéticos,... Neste sentido, ademaisdos que xa son inherentes á propia utilización do comedor estaremos atentos as ofertasque as distintas administracións nos propoñan en materia de obradoiros que desenvolvanaspectos relacionados con hábitos alimenticios saudables, prevención de trastornos ali -mentarios,...

A comida desenvolveuse nunha soa quenda, de dúas e media a tres e media,aproximadamente. Ademais do Director, durante a comida e o descanso posterior ata ahora de saída do transporte escolar os/as alumnos/as foron atendidos polo persoal cola-borador do comedor: nove nais que fixeron gardas diariamente.

Desde fai nove cursos, xestionado pola ANPA, funciona un servizo de almorzosdesde as 7:30 ata as 9:30 atendido por unha persoa que contratou esta asociación cocontrato laboral correspondente.

O protocolo de funcionamento do comedor escolar elaborado fai dous cursos e queestá icorporado as NOF está publicado na páxina web do colexio no seguinte enderezo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/1215

6.- INFRAESTRUTURA DE PERSOAL

6.1. O CLAUSTRO DE PROFESORES

A relación do profesorado que compuxemos o Claustro neste curso pode consultar-se na aplicación XADE.

6.2. ADSCRICIÓN E HORARIOS DO PROFESORADO

A adscrición e os horarios tamén poden consultarse en XADE e funcionaron comose estableceron no PXA.

As substitucións, cando se produciron faltas de asistencia do profesorado, reali-záronse seguindo os criterios establecidos pola Xefatura de Estudos e asumidos poloClaustro de Profesores. En función da liberación porcentual calculada sobre un curso es-tándar de 34 semanas de cada un dos profesores e profesoras, na que se tivo en conta aredución que establece a normativa para o desempeño dos distintos cargos. Tratousesempre de que houbese unha equiparación non tanto no número de sesións cubertas,canto proporcionalmente ao volume total de liberación, respectando cando foi posible queas clases fosen atendidas por profesorado do mesmo nivel ou ciclo ou os máis próximosposible para favorecer a familiaridade dos alumnos co profesorado, sobre todo nos cursosmáis baixos.

Na gráfica da seguinte páxina reflíctense o número de substitucións absolutas e aporcentaxe relativa con respecto á liberación anual de cada mestre/a.

A liña punteada marcaría unha media porcentual ponderada das substitucións reali-zadas durante o curso 2016-17. Aproximadamente estaría ao redor do 9%. Compre sina-lar que as desigualdades observadas na gráfica son causa das coincidencias entre maiorou menor número de horas de garda coas faltas do profesorado. Aínda que intentamosequilibrar ao máximo sempre se producen desaxustes inevitables:

Páx. 8

Page 9: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

GARDAS DESENVOLTAS NO CURSO 2016-17

Páx. 9

Page 10: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Todo o profesorado cumpriu coa disposición da Consellería de vixilancia do trans-porte escolar, desde as 9:15 ata as 9:30. Realizaba esta tarefa o mesmo profesorado quetiña a garda de recreo cada día.

As substitucións do profesorado por baixas médicas ou licenzas relaciónanse naseguinte táboa:

PERÍODOPROFESOR/ASUSTITUTO

PROFESOR/ASUSTITUIDO

MOTIVO

DesdeAta

12.09.1611.01.17

Dna. Vanesa Rilo Mera Dna. Alicia Leiro Parajó Lesión severa

DesdeAta

15.09.1630.06.17

Dna. Mª Isabel Prados García Dna. María Pilar Castro Pastoriza Accidente e baixa

DesdeAta

05.12.1603.02.17

Dna. Ana Nuñez Castreño D. Rafael Vilar Seoane Lesión severa

DesdeAta

09.01.1730.06.17

Dna. Sandra Álvarez Domínguez Dna. María Mella Pintor Permiso maternidade

Colaboramos novamente coa Facultade de Ciencias da Educación da USC nosprogramas de prácticas. Tivemos un total de 5 alumnos e alumnas desenvolvendo asmesmas durante distintas fases do curso. Esta é a relación:

PERÍODO ALUMNO/A TITOR ESPECIALIDADEOutubro-Novembro Brais Codesido Tojo María Jesús Mateos Macías Ed. primariaOutubro-Novembro Ángel Manuel Moreira

LoureiroMaría Carmen Álvarez Garea Ed. primaria

Novembro-Decembro Manuel A. Lareo Camiña Benxamín Salgado Gómez Ed. primariaNovembro-Decembro Noelia Mella Perol Maria Cruz Otero Liste e Xosé

M. Ferreirós PiñeiroEd. primaria

Novembro-Decembro María Montes Vesteiro J. Francisco Nanín Castro Ed. primariaXaneiro-Febreiro-Marzo Silvia Mañá Varela Benxamín Salgado Gómez Ed. primariaFebreiro Nicolás Martínez López María Luísa González Santoa Pedagoxía

Establecemos as necesidades de profesorado provisional para o vindeiro curso doseguinte xeito:

- 1 profesor/a de educación infantil para cubrir unha unidade habilitada nesta eta-pa.

- 1 profesor/a de inglés para cubrir unha vacante correspondente a unha comi-sión de servizos.

- 1 profesor/a especialista en PT para cubrir horario desa especialidade.

6.3. REFORZOS EDUCATIVOS

Recollemos nesta táboa os reforzos educativos do profesorado de primaria (non seinclúen as intervencións do profesorado de P.T. nin de A.L.)

Intervención Profesor/a de apoio Alumnado Sesións

Apoio María Nora Pousa DíazAlumna procendente do

Brasil, apoio de integración5º A

50 min. por sesión:xoves e venres.

Obradoiro de competencias clave.

Manuel 2º A50 min. por sesión:mércores e xoves

María Jesús Mateos Macías 2º B50 min. por sesión:

luns e xoves

Páx. 10

Page 11: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Isabel Fabeiro 3º A e 3º B50 min. por sesión:martes e venres

6.4. O ALUMNADOTendo en conta os resultados da avaliación e as solicitudes de ma-

trícula para o curso que vén a previsión do número de alumnos nos distintos niveis reflíc-tese nos seguintes cadros:

ETAPA CICLO NIVEL Nº ALUMNOS/AS GRUPOS

Educación Infantil 2º Ciclo

3 anos 38 2 grupos

4 anos 301 grupo de 228 en aula mixta

5 anos 382 grupos, un deles mixtocon nenas/os de 4 anos

TOTAIS EDUCACIÓN INFANTIL 106 5

NIVEL Nº ALUMNOS/AS GRUPOS

Educación Primaria

1º 48 3

2º 43 2

3º 43 2

4º 53 3

5º 47 2

6º 53 3

TOTAIS EDUCACIÓN PRIMARIA287 15

TOTAIS ALUMN@S e UNIDADES 393 20

En resumo: teremos unha matrícula arredor de 390 alumnos en 20 titorías, exacta-mente igual que no curso que remata.

6.5. O PERSOAL NON DOCENTE

O persoal non docente que prestou servizos este curso no colexio foi o seguinte:1 conserxe, 4 traballadoras/es como persoal de cociña, 1 coidador e 2 traballadoras

do persoal de limpeza.

Páx. 11

Page 12: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

6.6. OS ÓRGANOS DE GOBERNO

6.6.1. OS ÓRGANOS UNIPERSOAISO Equipo Directivo para o vindeiro curso estará integrado por:

DIRECTOR XEFE DE ESTUDOS SECRETARIO

José Manuel Ferreirós Piñeiro

D. Benxamín A. Salgado Gómez

Celso Fernández Arias

6.6.2. O CONSELLO ESCOLAR

No presente curso houbo eleccións ao Consello Escolar para as renovaciónspertinentes polos prazos legais, quedando constituído do seguinte xeito:

Presidente: O director do centro.

Xefe de estudos.

Secretario (con voz e sen voto).

REPRESENTANTES DOS PAIS

D. Roberto Blanco Martínez

D. Núñez Da Silva, José Renato

D. Fernando Pernas Rodríguez

Dna. Miriam Castro Paramá

Dna. Marta Picado Barreiro

REPRESENTANTES DO PROFESORADO

Dna. Ana Isabel Costa Piñeiro

Dna. Maria Cruz Otero Liste

Dna. Janet Flores García

Dna. Carmen Midón López

D. Rafael Vilar Seoane

REPRESENTANTE DO PERSOAL DE SERVIZOS

Dna. María Elena Argerey Bargados

Páx. 12

Page 13: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

REPRESENTANTE DO CONCELLO

Dna. Uxía Lemus de la Iglesia

7.- O PLAN DO CURSO 2.015-16

7.1. OBXECTIVOS XERAISOs obxectivos deseñados e sinalados no P.X.A. seguen a considerarse coma uns

referentes permanentes que tentarán acadarse a través do seu desenvolvemento siste-mático e continuo en cursos sucesivos. Estes fóronse acadando en maior ou menor medi-da segundo a complexidade que cada un deles leva consigo. Así:

7.1.1.) EN CANTO AO PROFESORADO:1.- Potenciamos o valor do funcionamento en grupo para que a coordinación meto-

dolóxica, didáctica e organizativa entre Equipos de traballo, Ciclos e Niveis sexa unha nor-ma de traballo pedagóxico no Centro.

Ao longo do curso reuníronse os distintos equipos docentes, as Comisións… espe-cialmente para deseñar as programacións das actividades dos Ciclos, a revisión das pro-gramacións didácticas, as sesións de avaliación, os reforzos educativos e os grupos deapoio e outras actividades comúns a todo o colexio: celebracións...

2.- Facilitouse a formación do profesorado permitindo sen ningunha restri-ción a asistencia a cursos de formación, licenzas por estudos, xornadas… Este curso de-senvolvemos unha sesión de formación no centro sobre o encerado dixital interactivo e aferramenta común de utilización no centro (software libre)

3.- Polo que respecta á acción titorial, seguiremos desenvolvendo as actuaciónsque se propoñen no Plan de Acción Titorial e continuaremos na busca de fórmulas quepermitan facela máis efectiva.

4.- Por último, sinalar que se mantivo informado ao profesorado das novidades queforon saíndo relacionadas coa normativa educativa de interese, actividades de forma-ción…

7.1.2.) EN CANTO AO ALUMNADO

1.- Fomentouse a participación do alumnado e a súa responsabilidade:- No coidado, limpeza, mantemento e utilización racional de todos os recursos rela-cionados co centro e con eles mesmos, a través de actividades realizadas tantocon motivo de celebracións concretas como co traballo diario nas aulas sobre oscontidos transversais. - Na colaboración nas actividades da biblioteca escolar (alumnos e alumnas doscursos de 5º e 6º de E.P. que axudaban co préstemo de libros, organización, ase-soramento de compañeiros/as…) e nas actividades extraescolares: montaxe de ex-posicións, traballos para murais, festivais....- Procurouse sempre manter unha convivencia baseada no respecto mutuo e nocumprimento das normas.

Páx. 13

Page 14: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

2.- Insistiuse dende as titorías na necesidade de acadar hábitos de estudo e traba-llo, así como un achegamento á lectura como un medio recreativo e instrutivo. Pretende-mos seguir traballando nesta liña, tanto cos propios alumnos coma coas familias, para lo-grar a súa colaboración fundamental neste aspecto.

3.- Aparte das actuacións de cada profesor/a titor/a na súa clase, nas sesións deavaliación analizáronse outros aspectos ademais dos puramente académicos para incre-mentar o coñecemento do/a alumno/a por parte dos mestres.

4.- A participación dos alumnos noutros estamentos da Comunidade Escolar e conaspectos relacionados coa tarefa educativa limitáronse máis ben ao ámbito da clase (de-legados/as...).

5.- Mantívose informado ao alumnado, sobre todo aos alumnos de sexto, de as-pectos relacionados coa súa escolarización ao remate da etapa de Primaria. Concreta-mente viñeron ao colexio o director, o xefe de estudos e a orientadora do I.E.S. de Ca-cheiras e unha nai como representante da súa ANPA para informar aos pais das carac-terísticas do 1º Ciclo da E.S.O. Así mesmo, os alumnos e alumnas visitaron o I.E.S. deCacheiras para coñecer as súas instalacións e ter un primeiro acercamento ao profesora-do.

7.1.3.) EN CANTO AOS PAIS

1.- Convocáronse reunións de grupo cos pais dos alumnos por niveis (cada día unciclo distinto) coa fin de fomentar o achegamento da escola á familia e viceversa a princi-pios de curso, nas que o/a titor/a lles explicou o organigrama e o funcionamento do centroasí como unha exposición xeral dos seus obxectivos e da metodoloxía de traballo a de-senvolver na clase.

Tamén desenvolvemos unha reunión informativa con todas as familias do alumnadode quinto de primaria, nos primeiros días do curso, para trasladarlle toda a informaciónque precisaban sobre a implantación no centro do proxecto E-dixgal.

Ao longo do curso, os titores e as titoras recibiron individualmente aos pais que osolicitaron ou que foron convocados por eles/elas.

Este curso non participamos na campaña de recollida de roupa pois a Fundación“Glorr”, coa que viñamos colaborando nos últimos anos, non nos facilitou a informaciónnecesaria.

2.- Seguimos a manter unha estreita colaboración coa A.N.P.A., tanto na or-ganización de actividades como no estudo de necesidades do centro. As actividades pre-vistas no PXA, desenvolvéronse ao longo do curso tal e como estaban programadas. Ade-mais este curso realizaron estoutras:

- Colaboraron co “Banco Veciñal de Alimentos” a iniciativa do Concello de Teo. - A celebración do XI festival solidario ANPA Río Tella. - Agasallos para os alumnos e alumnas de sexto na súa festa de graduación o día23 de xuño.- Participación en distintos campionatos, galas ou festivais relacionados coas distin-tas e variadas actividades extra-escolares que organiza a ANPA.

Páx. 14

Page 15: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

7.1.4.) MEMORIA DA ANPA “RIO TELLA”

1. 1 CONSIDERACIÓNS INICIAIS

Desde a ANPA Río Tella vemos que cada ano as familias incorpóranse a esta aso-ciación e implícanse de forma activa nas súas actividades, polo que valoramos de formapositiva que as anpas sigan sendo un elemento moi importante dentro da comunidadeeducativa.

A ANPA Río Tella establece vías de comunicación co CEIP e coas familias, utilizan-do para eles todos os recursos necesarios. Enviamos información impresa, aínda queconsideramos que unha forma de educación ecolóxica para os nosos fillos é reducir estemodo de comunicación, para eles dispoñemos dun blogue que estamos a mudar para da-rlle mais funcionalidade a outro aloxamento. Tamén cremos que as redes sociais teñenunha importancia crucial pola súa difusión e pola súa inmediatez, por iso dispoñemosdunha páxina de facebook e un grupo de facebook que permite a descarga de documen-tos.

Outra das funcións principais deste ANPA é formar ás familias en temas educativosque afectan os nosos fillos e para iso xerar proxectos dentro e fóra do CEIP.

A ANPA Río Tella está presente no Consello Escolar onde apoia, achega e defen-des propostas para mellóralle educativa do noso CEIP.

Formamos parte da Federación Galega de ANPAS Compostela, que nos achegaapoio e formación continua a través de cursos para os pais e para os membros da xuntadirectiva en materia de xestión de asociacións.

Blog http://anpariotella.blogspot.com.es/

Páxina Facebookhttps://www.facebook.com/AnpaRioTella/

Grupo Facebook https://www.facebook.com/groups/483625535124006/

1. 2 XUNTA DIRECTIVA

Presidente/a Milagros Piñeiro RiveraVicepresidente/a Marta Picado BarreiroSecretario/a Roberto Blanco MartínezTesoureiro/a David Pascual BallesterVogal Ana Belén Rial ReyVogal Mª del Pilar Leis Calviño

Páx. 15

Page 16: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Vogal Verónica Rosende CastroVogal Fernando Suárez PérezVogal Luis Alberto Fernández Márquez

1. 3 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ACADADAS

Inglés Luns e Venres 15:15-16:00Judo Venres 16:00-17:15Informática Luns 16:00-17:30Inglés Cambridge Luns 16:00-17:30Ximnasia Artística Luns 16:00-17:30Piscina de Luns a Xoves 16:15-17:00 e 17:45-18:30

1. 4 OUTRAS ACTUACIÓNS

Na Directiva do ANPA estamos satisfeitos polos logros conseguidos moitos delesfroito do traballo ou sacrificio familiar dos seus membros e dos pais colaboradores en ac-tos que requeren un esforzo extra.

Dentro das actuacións realizadas este curso 2016/2017 están:

1. ANPAS de Teo

Xunto coas Anpas dos de CEIP de Calo, Tilos, CRA e o IES de Cacheiras creamosunha agrupación para axuntar esforzos e minimizar gastos e a hora de organizar xorna-das, cursos ou realizar reclamacións ás institucións.

Conseguimos crear unha Escola de Familias xunto co Concello de Teo, que empe-zará a funcionar o próximo curso 2017/2018.

Durante os meses de outubro, novembro, febreiro, marzo e maio, realizaranse talle-res cun temática froito dunha enquisa realizada aos pais durante leste este curso. Igualdade, Educación sexual, Novas tecnoloxías, Mellora da autoestima, Fracaso escolare hábitos de estudo.

Este ano realizáronse dentro deste grupo dous talleres para pais:

• Intelixencia Emocional o día 20 de xaneiro ás 18:00 h. Casa Común de Oza. • Taller sobre Acoso Escolar día 27 de marzo 20:00 h. Mediateca do Grilo.• Obradoiro sobre disciplina familiar e resolución de conflitos día 21 de abril 18:30 h.

Casa Común de Oza.

2. Banco Veciñal de Alimentos de Teo

Dentro das accións sociais, para nós é unha satisfacción poder dicir que o ANPARío Tella é unha peza importante dentro do Banco Veciñal de Alimentos de Teo, realizan-

Páx. 16

Page 17: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

do e promovendo recollidas de alimentos cun resultado mais que aceptable, aínda que la-mentablemente nunca será suficiente.

• Recollida de alimentos a semana do 14 de novembro de 2016. • Semana Solidaria con Banco Veciñal de Alimentos de Teo, do 24 ao 30 de abril coa

organización dun Acto Solidario no Auditorio Constante Liste o día 30 de abril ás12:00 h. acompañado da actuación solidaria de Luís Vallecillo, e a colaboración doConcello de Teo.

Finalizado o curso escolar e como consecuencia do Festival Solidario ANPA Río Te-lla, dóase ao Banco Veciñal de Alimentos a cantidade de 150 €, cantidade recadada tantodo Mercadillo Solidario como da Cantina Solidaria.

3. Obra Social La Caixa, CaixaBank

Nos sentimos especialmente satisfeitos pola colaboración realizada este curso coaObra Social A Caixa a través da oficina de CaixaBank de Cacheiras e do seu director Ni -colás Rivas.

Presentamos un proxecto dentro do Programa Obra Social A Caixa destinado aoalumnado con “necesidades específicas de apoio educativo” que require de forma tempo-ral ou permanente apoio ou previsións educativas diferentes ás ordinarias.

Este proxecto finalizou cunha dotación de 4633 €, dos cales 1600 € dedicáronse amaterial educativo especial para os departamentos de Educación Pedagóxica Terapéuti-ca, departamento de Audición e Linguaxe e Departamento de Orientación. O restante dadotación destínase a sufragar gastos educativos dentro das actividades propostas poloANPA, para aqueles alumnos ou alumnas matriculados no CEIP A Ramallosa que o Con-cello de Teo a través dos seus Servizos Sociais considera dentro dos perfís destinatariosdesta axuda.

Seguiremos colaborando con CaixaBank de Cacheiras, e seguiremos agradecén-dolles a súa axuda.

4. Obras e melloras

O ANPA Río Tella inscrita no rexistro municipal de asociacións do Teo, solicita axu-das do Concello, que destina a sufragar os gastos xerados das actividades propostas, asícomo gastos habituais de calquera asociación.

Este curso 2016/2017 o ANPA Río Tella sufragou o gasto que supuxo o illamentodo corredor de educación infantil, reducindo os problemas de illamento que o CEIP A Ra-mallosa ten pola falta de mantemento por parte da Consellería de Educación da Xunta deGalicia.

O CEIP A Ramallosa ten unha entrada á beira do Pavillón Ezequiel Mosquera. Estaentrada é un dos principais accesos ao centro. Agora mesmo pola súa situación, acceso econfiguración, a súa situación á beira da zona de vertedura do tellado do pavillón fai que

Páx. 17

Page 18: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

en días de choiva sexa pouco aconsellable, é inaccesible para persoas con mobilidade re-ducida, e a súa configuración como porta metálica sen freo convértea nunha coitela. Poreste motivo, puxémonos en contacto co Concello de Teo e xunto coa Dirección do Centropechamos un acordo polo cal, o Concello de Teo sufragará unha obra que fará accesible aentrada ao CEIP por esta porta, así como o propio pavillón Ezequiel Mosquera, cumprindotodas as normativas sobre accesibilidade. Pola nosa banda, o ANPA xunto co CEIP A Ra-mallosa, comprométese a afrontar os gastos dunha nova porta máis ampla e coa seguri -dade suficiente para un centro escolar, así como un pequeno cuberto que solucione o pro-blema dos días de choiva.

5. Servizo de Madrugadores

Unha das actividades mais demandadas por parte dos pais, é o servizo de madru-gadores, xestionado por lle propio ANPA Río Tella que tenta facelo o máis conciliador posi-ble dentro das propias limitacións do servizo. Este servizo, mantense grazas á colabora-ción de todos os pais, pero que en calquera momento se así se pedise ou fose necesariodaríase a xestión ao Concello de Teo.

6. Torneo de Judo

O día 9 de xuño entre as 16:00 e as 19:00 realizouse o torneo de Judo no cal parti -ciparon outros cinco centros escolares e escolas deportivas. O evento organizado poloANPA Río Tella, que sufragou os trofeos, terminou sendo un éxito de participación. Agra-decemos a Judo Compostela a coordinación do campionato.

7. Despedida do alumnado de 6º de Educación Primaria

Entregáronse os agasallos a todos os alumnos de 6º de Educación Primaria comomostra de agradecemento e como paso á Educación Secundaria.

8. Festival Solidario ANPA Río Tella.

Como todos os anos e para dar por finalizado o curso escolar 2016/2017 celebrar o16 de xuño o Festival Solidario ANPA Río Tella. O festival pretende ser unha festa fin decurso ao que están convidados toda a comunidade educativa do CEIP A Ramallosa.

Dentro deste Festival celebrouse unha exhibición de actividades extraescolares eun campionato de Ximnasia Rítmica coa participación de colexios de Calo, Tordoia, Lava-colla e Tilos.

O Festival ten o seu carácter solidario co Mercadillo Solidario e a Cantina Solidariacuxa recadación se reparte entre a asociación ASPAMITE de Teo, 200 € e o Banco Ve-ciñal de Alimento de Teo, 150 €.

Páx. 18

Page 19: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

1. 5 CONCLUSIÓNS

A ANPA Río Tella agradece a toda a comunidade educativa do CEIP A Ramallosa,a súa participación e a súa colaboración.

Queremos lembrar que todo isto non sería posible sen a dedicación desinteresadados voluntarios que organizan todas estas actividades, e que a renovación dos cargos di -rectivos é por estatutos, anual e de libre presentación coa única condición de ser membroda comunidade e nais, pais e titores legarlles do CEIP A Ramallosa.

7.1.5) EN CANTO Á CONTORNA:

1.- Facilitouse o intercambio de información entre o profesorado e outras entidadesde apoio ao Centro: Concello, Centro de formación (CAFI), Consellería... na medida enque se nos demandou.

2.- Interesámonos por alumnos con posibles carencias no ámbito familiar e sociale buscáronse alternativas para tratar de emendalas na medida das nosas posibilidadesdende o propio centro e a través doutros organismos alleos (como a colaboración coa tra-balladora social do Concello) axudando nos procesos de solicitude de becas, subvenciónspara saídas educativas…

3.- Desenvolvéronse varios programas de obradoiros sobre educación en igualdadee autoestima (4º e 5º de EP respectivamente), organizados polo concello... Participamostamén noutros programas do Concello de Teo como “Coñece o teu Concello” que levouaos nenos a coñecer lugares de interese cultural e paisaxístico do contorno.

4.- Establecéronse relacións e coordinacións con outros centros educativos docontorno: sobre todo cos C.E.I.P. (por exemplo as convivencias deportivas, intercambio deinformación sobre proxectos de formación…), co I.E.S. de Cacheiras (por exemplo charlasinformativas para o alumnado de sexto...) e coa USC (Programa de prácticas, colabora-ción con proxectos de investigación)

5.- Colaboramos co Concello de Teo facilitándolle o uso das nosas instalaciónspara realizaren actividades de campamentos de períodos de vacacións (Diverteo)

6.- Colaboramos de novo coa residencia de anciáns de Oza cunha visita dun grupode alumnos e alumnas polas festas do Nadal para realizar algunhas actuacións e pasaruns momentos de convivencia coas persoas anciáns residentes na mesma.

7.1.6.) EN CANTO Á ADMINISTRACIÓN E RECURSOS

Estableceuse unha relación permanente coa Concellería de Educación do Concellode Teo establecéronse as seguintes accións:

- Contactos periódicos entre o departamento de educación do Concello. - Colaboración con este departamento para o desenvolvemento de obradoiros para o

alumnado de cuarto e quinto de primaria (igualdade e autoestima respectivamente)- Reunión da Concelleira de Educación e o coordinador de actividades extra escola-

res do centro para comunicarlle o programa de actividades educativas propostaspara o curso escolar.

Páx. 19

Page 20: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

7.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DOS ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE

A continuación transcríbense as memorias dos órganos de coordinación docente tale como foron confeccionadas polos distintos Equipos de Profesores que os integran demaneira autónoma e independente, polo que cando hai actuacións nas que están implica-dos varios equipos, estas poden aparecer varias veces ao longo do documento.

7.2.1.)EQUIPOS DE NIVEIS (ANTIGOS CICLOS), PT, AL, CCP, ORIENTACIÓN.

EDUCACIÓN INFANTIL

O equipo de ciclo de educación infantil, constituíuse nos primeiros días do curso 2016-2017, e os membros que o integraron son os que a continuación se citan:

Dna LauraGarcía Díaz (titora de 4ºA)

Dna María Mella Pintor (titora de 5º A de E.I., no 1º trimestre)

Dna. Sandra Álvarez Domínguez (titora de 5ºA de E.I., no 2º e 3º trimestre)

Dna Mónica Seoane Maseda (titora de 4º- 5ºB)

Dna María del Carmen Vázquez Espantoso (titora de 6º A de E.I.)

Dna. Mª Paz Castillo González (titora de 6ºB de E.I.)

Dna. María Luísa Álvarez Garea (coordinadora do ciclo e mestra de apoio)

educativo)

Dna. Ana Costa Piñeiro (especialista en A.L.)

Dna. Janet Flores García (especialista en inglés)

O segundo ciclo de Educación Infantil contou con cinco unidades repartidas do seguinte xeito:

Unha aula con 22 nenos/as de 3 anos.

Un aula con 5 nenos/as de 3 anos e 15 de 4 anos, cun total de 20.

Unha aula con 22 nenos/as de 4 anos.

Unha aula con 17 nenos/as de 5 anos.

Unha aula con 18 nenos/as de 5 anos.

Páx. 20

Page 21: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

As aulas de tres anos desenvolveron nos primeiros días lectivos do mes de setembro o período de adaptación para o alumnado de novo ingreso, con redución de horario e entrada de forma progresiva. Este curso desenvolveuse do 13 ao 23 de setembro.

A mestra de apoio utilizou o salón de actos para o desenvolvemento do taller de expresión artística, e a biblioteca para sesións de animación á lectura. Ademais levou a cabo unha sesión de apoi na aula de tres anos. O ximnasio foi utilizado polos dous mestres de Educación Física que impartiron as sesións de psicomotricidade no ciclo. Tamén se fixo uso puntualmente da aula de informática. Durante os recreos utilizouse a zona de parque con areeiro e nos días de chuvia o patio cuberto compartido co alumnado do 1º ciclo.

Contamos tamén co especialista de E. Musical que imparte clases na súa propiaaula a todo o alumnado do ciclo e dúas mestras especialistas de Inglés que impartenclases nas aulas das titoras. Unha delas en 4ºA e a outra no resto das aulas.

O alumnado de Educación Infantil acadou satisfactoriamente os obxectivosxerais de cada curso.

Durante este ano sete nenos e nenas de E.I., recibiron apoio da especialista enaudición e linguaxe. Atendeu a un alumno de cinco anos con multidislalia, problemas dearticulación e alteración da fala, que apesares de non ser dado de alta, experimentou ungrande avance. Tamén foi atendida unha alumna de 4 anos con atraso da fala, pero cunavance moi significativo. O resto do alumnado atendido presentaban alteracións da fala,concretamente dislalias. Unha das nenas foi dada de alta durante o curso. Destacar quea especialista levou a cabo nas dúas aulas de 6º de E.I. un Programa de Estimulación daLinguaxe Oral (PELO), cunha sesión semanal.

Unha das mestras especialista en Pedagoxía Terapéutica desenvolveu cincosesións semanais de apoio na aula co neno antes mencionado con informe de trastornoda linguaxe.

A avaliación dos alumnos e alumnas de Educación Infantil contemplou tanto aavaliación inicial como a formativa e sumativa, mediante a observación directa esistemática de cada neno/a por parte das súas titoras e das profesoras especialistas quelles deron clase, consensuando os resultados nas reunións de avaliación que sedesenvolveron ao longo do curso escolar.

Nas actas de avaliación os aspectos máis destacados por parte da titora de 6º A,foi a atención a dous alumnos por parte da mestra de A.L., cunha evolución moi positiva.Tres nenos e nenas cun ritmo de aprendizaxe máis lento, sobre todo na lecto-escritura.Un destes nenos, é moi inquieto e non sempre respecta as normas da escola. Polacontra, destaca que ten varios alumnos e alumnas que sobresaen pola súa madurez esalienta positivamente que en xeral foi un grupo homoxéneo.

A titora de 6º B sinala do seu grupo que a maioría, acadan os obxectivos mínimosda etapa, e algúns deles supéranos incluso con éxito. Dos outros alumnos e alumnasdestaca, a un con baixa interacción social e no que se observa unha marcada diferenzaentre as súas capacidades na área da coñecemento da contorna, onde presenta unha alta

Páx. 21

Page 22: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

motivación e competencia e as linguaxes escritas, concretamente na lectura, ondepresenta moitas dificultades. Existen tamén 4 nenas e 3 nenos nos que se observa faltade madurez, polo que o seu ritmo de aprendizaxe foi menor que no resto.

A titora de 5º A, valora positivamente a marcha xeral do grupo tanto a nivelacadémico como a nivel social e emocional, sendo este bastante homoxéneo. Cabemencionar tan so, a un alumno e a unha alumna cun ritmo de aprendizaxe máis lento queo resto. O neno con trastorno da linguaxe segue a evolucionar positivamente, destacandomesmo nalgunhas área e na interacción e relación social. Dicir que a melloría éconsiderable tanto cos iguais coma cos adultos, se ben ás veces, presenta condutasdisrutivas. Sinalar a boa adaptación dun neno que se incorporou este curso.

A titora de 4º A valora tamén de forma positiva a boa adaptación do seu grupo entodos os niveis: emocional, afectivo, social e académico. Por vía de regra, o gruporespecta as normas e rutinas e foron mellorando na súa autonomía, na relación de tarefase no esforzo. Mesmo aqueles nenos e nenas que ao comezo se amosaban máis tímidos,abríronse ao grupo e aos adultos.

A titora de 5º- 4º B salienta que a aula foi evolucionando positivamente tanto anivel grupal como individualmente. Resultou complicado traballar ao mesmo tempo contodos e todas posto que existe unha heteroxeneidade de nivel. En concreto, hai 2 nenosde 5º que presentan un ritmo de aprendizaxe e maduración inferior ao grupo e unha nenaen 4º, incorporada a finais de outubro cunha evolución lenta pero positiva. Valora taménpositivamente a adaptación e evolución do seu alumnado. Destaca que foi un grupo quecomezou sendo moi heteroxéneo, posto que tiña alumnos aínda inmaduros pero que foiconseguindo presentar certa homoxeneidade cara o final. Facer mención dun neno conproblemas para a interacción e a relación tanto cos adultos como cos iguais e cunhaapatía salientable. Tamén hai unha nena con problemas acentuados de articulación eexpresión pero intelectualmente madura.

Os pais e nais dos nosos alumnos e alumnas foron informados dos avances edificultades na aprendizaxe dos seus fillos/as cada trimestre nos boletíns informativos quefixemos chegar as súas casas e nas entrevistas individuais desenvolvidas ao longo docurso no día de atención ás familias. Este foi o sexto ano onde a avaliación en E. Infantilse elaborou a través do programa XADE.

Nas sesións de avaliación, ademais das aprendizaxes acadadas por cada neno enena, analizáronse outros aspectos recollidos nun documento elaborado pola dirección,dos que destaco: a adecuación de obxectivos , contidos e criterios de avaliación áscaracterísticas do alumnado, medidas de atención á diversidade, grado de cumprimentoda programación, organización da aula e aproveitamento dos recursos, a coordinación doprofesorado...

Sinalar que metodoloxicamente, e procurando aproximarnos e ter en conta asindicación que aparecen no currículo de E.I, organizouse o traballo docente a partir deproxectos de traballo posto que fomentan o desenvolvemento das capacidades deautonomía persoal, emocionais, cognitivas, sociais, lingüísticas, de relación interpersoalpartindo dos seus intereses e motivacións nun proceso de ensino-aprendizaxecompartido. Ademais permítelle poñer en relación as distintas áreas e linguaxes,producíndose unha auténtica aprendizaxe significativa. A proposta do Equipo de

Páx. 22

Page 23: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Biblioteca que organizou e coordinou o Proxecto: A Volta ao mundo en 80 días,traballáronse no ciclo distintas actividades de forma coordinada e e nas aulas leváronse acabo pequenos proxectos sobre outros temas.

Asemade, no primeiro trimestre, celebrouse unha reunión coas familias, coninformación de carácter xeral para todo o ciclo, así como unha individual por aulas coamestra titora. No mes de xuño tivo lugar á xuntanza coas familias do alumnado de novoingreso no seguinte curso.

As cinco aulas de Educación Infantil participaron e colaboraron en todas asactividades, celebracións e conmemoracións organizadas no noso Centro:

• O Samaín: traballamos a unidade didáctica nas aulas, aprendemos cantigas,confeccionamos murais, decoramos os corredores… Contamos tamén coaparticipación das familias que axudaron aos seus fillos/as a decorar cabazas ecentros de outono para expoñer no colexio. Durante toda a semana púidose visitarno corredor de entrada do edificio da biblioteca, a exposición de cabazas e centrose materiais varios realizados con elementos típicos do outono. No ciclo,organizamos unha sesión conxunta no salón de actos onde vimos distintaspelículas, vídeos musicais e léuselles contos relacionados co tema.

• O Magosto: traballamos sobre o tema nas aulas, utilizando entre outros, recursosdixitais e fotocopiados proporcionados polo Equipo de Normalización Lingüística.Aprendemos cantigas e refráns, cancións, fixemos actividades plásticasrelacionadas co tema e xogos variados no ximnasio (comecastañas, cazadores derabos, aros musicais, encestar no cono e camiños de castañas). As aulas foronrotando ata pasar por todos os xogos de maneira que sempre estaban a xogarnalgún.) Foron convidados tamén os pais e nais dos alumnos e alumnas, ecelebramos un Magosto degustando as castañas asadas co resto do alumnado docentro e coas familias.

• O Nadal: Ao igual que nos dous pasados cursos, e logo do éxito da actividade , oclaustro decidiu volver repetir a celebración de nadal cunha “Máster class” deZumba, amenizada neste curso por un profesor, pai dunha nena de tres anos.Decidiuse convidar tamén ás familias, polo que toda a comunidade escolargozamos e bailamos xuntos. Ademais celebramos unha merenda-festa no corredorde E.I.

• Semana e Día da Paz: Este ano o lema foi: Dálle luz aos seus ollos! Organizamos unha campaña solidaria de recollida de gafas, coa fin de axudar aaquelas persoas que as precisan no Senegal e na India. O mércores 15 de marzo elogo de ter que pospoñer a data por distintas cuestións, as oftalmólogas Ana Gon-zález e Raquel Vidal, asistiron ao colexio para recoller os 400 pares que se xunta-ron. Ademais compartiron con todo o alumnado do centro a súa experiencia nestespaíses onde interveñen, operan e tratan a visión de centos de persoas sen recur-sos. Sen dúbida un gran labor solidario que deixou grande pegada nas criaturas.

• Entroido: traballamos o Entroido conxuntamente en todo o centro co exio centralde “A volta ao mundo en 80 días”. Xa que a primeira parada de Phileas Fogg foi

Páx. 23

Page 24: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

París, decidimos que unha das cousas máis representativas da capital gala é a súabohemia Rive Gauche. Para o día da celebración ambientamos o polideportivo fa-cendo pósters por aulas con debuxos disfrazados de pintores e pintoras pero coafoto da súa cara. Tamén decoramos o recanto de infantil con lenzos pintados polopropio alumnado, e entre outras cousas, unha torre Eifiel e ata unha Mona Lisa coaque poder retratarse. Cantamos e fixemos a coreografía dirixidos polo mestre demúsica, de varios temas musicais e interpretamos a canción “Eu son pintor e veñode París” de Mamá Cabra. Durante toda a semana realizáronse actividades relacio-nadas, decoración de corredores e a xa típica actividade de traer un disfraz distintocada día a petición do Meco.

• Semana e Día das Letras Galegas: traballamos a unidade didáctica facilitada poloequipo de N.L. ( en soporte papel e informático) durante toda a semana e adicada este ano ao escritor Carlos Casares. As mestras deste ciclo elaboramos unhas actividades máis sinxelas que quedaron reflectidas nun libriño sobre o autor. Ademais nas aulas e no Obradoiro de Animación á lectura, léronse a meirande parte das publicacións que o autor escribiu para os máis pequenos. O día 16 de maio celebramos unha romaría popular na área recreativa do Xirimbao con xogos edanzas populares. Contamos tamén con dous inchables para E.I. A música tradicional correu a cargo do grupo de gaiteiros e pandeireteira “Asubíos do río Tella” así como dun grupo de músicos e cantareiras composto por alumnos e alumnas do colexio. Rematouse cun xantar no que tamén participaron as familias. Volvéronse programar varios días de xogos populares durante o recreo. Un ano máis contouse coa colaboración do alumnado de 6º que actuaron de monitores cos de E.I. Os xogos realizados foron os seguintes: chave, aros musicais, zancos, ,o pano, as chapas, o pano guante-guante, petanca, relevo de ladrillos e arrastramortos.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

No primeiro trimestre fixemos a nosa primeira saída didáctica do curso o día 2 denovembro, ao Auditorio de Galicia para asistir ao espectáculo musical “Fusa, semifusa”.

O 4 de novembro celebrouse o Magosto.

O 16 de novembro, os nenos e nenas participaron no colexio no obradoiro“Fadatea”, actividade organizada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello.

O 18 de novembro tivemos unha Xornada de Obradoiros matemáticos, nos que sefixeron grupos mesturados de nenos e nenas das cinco clases onde ían rotando polasdistintas titoras e polos xogos organizados por cada unha delas.

O mércores 7 de decembro, no CSC da Ramallosa, asistimos á sesión de títeres:“Pinocho, el niño de madera” de Títeres Vergés, dentro da Campaña Titiriberia.

O venres 16 de decembro á sede da SGAE a ver: “O apalpador contra o ladrón de xoguetes” de Cachirulo Teatro.

Páx. 24

Page 25: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

O 21 de decembro a Fundación Granell, entregounos 3 premios acadados polonoso alumnado no Certame de Arte Escola: premio único de Educación infantil,construción e collage. O museo organiza unha exposición de todos os traballospresentados, durante as vacacións de nadal no Pazo de Bendaña. No mes de xaneiro asobras son trasladadas a Área Central.

O 22 de decembro bailamos zumba xunto coas familias e como colofón detrimestre.

0 30 de xaneiro, conmemoramos o día da escolar pola paz e non violencia

O 22 de febreiro asistimos a un simulacro de voo no salón de actos onde unhaazafata e nai dun alumno de tres anos, exerceu de mestra de cerimonias onde mesmopasaron control de seguridade,e facturaron.

O venres 24 de febreiro celebramos o día grande do entroido.

O 2 de marzo asistimos ao CSC da Ramallosa ao espectáculo musical “ChuchesAmil” .

O 8 de marzo realizamos un acto conxunto no salón de actos, co gallo do “Día daMuller”. Vimos un vídeo. Lemos un par de contos e falamos sobre o tema. Ademaisfixéronse outras actividades nas aulas.

O 15 de marzo recibimos a visita das dúas oftalmólogas ferrolás, dentro daCampaña” Dálle luz aos seus ollos”, arriba mencionada.

O 16 de marzo, o Concello organizou un Obradoiro de Educación Ambiental sobrea reciclaxe e agasalláronnos con pequenos colectores para as aulas coa fin de separar olixo.

O 29 de marzo as aulas de 4º A e 4º-5º B, visitaron o museo da sede da FundaciónGranell e participaron nun obradoiro artístico. Esa mesma actividade foi repetida poloalumnado de 5ºA e 6º A e B o día 30.

O 24 de abril, gozamos dunha experiencia compartida con compañeiras ecompañeiros de 3º que organizaron unha sesión de lectura no patio de area por mor dasemana do libro. Os maiores lían para os pequenos os libros que se sacaron para fóra,que tamén podían ver e ler libremente.

Durante o mes de maio, cada aula tivo cadanseu día para facer un obradoiro decociña e preparar unhas pizzas.

O 30 de maio fixemos un percorrido pola exposición “ Ramalloseir@s viaxeir@s” ,organizada polo equipo de Biblioteca . Ese día puideron ver tamén o vídeo elaborado,logo da colaboración de todo o alumnado do colexio.

O 31 de maio fixemos a excursión de fin de curso á Apípolis, en Santo André deXeve, un espazo educativo ao redor do mundo das abellas.

Páx. 25

Page 26: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Durante case todo o curso estivo instalada no corredor de infantil unha exposiciónsobre obxectos variados de distintas partes do mundo como apoio ao proxecto de traballoe onde colaboraron as familias aportando material.

O día 2 de xuño recibimos a visita e pasamos unha mañá de convivencia coscompañeiros e compañeiras de 6ª de infantil do CRA que para o curso van vir á nosaescola.

O 12 de xuño todo o alumnado do ciclo, gozou da visita do Paiaso Piticlín, grazas ácolaboración da mestra de P.T. que se prestou á lúdica actividade.

E xa como remate o 23 de xuño, todo o ciclo celebramos unha pequena festaconxunta no corredor de E.I como despedida de curso.

Participamos no concurso de debuxo de postais de nadal do propio colexio e doConcello de Teo.

Durante case todo o curso estivo instalada no corredor de infantil unha exposiciónsobre obxectos variados de distintas partes do mundo como apoio ao proxecto de traballoe onde colaboraron as familias aportando material.

Nos últimos días do curso, o venres9 e sábado 10 de xuño en colaboración coConcello de Teo, expuxéronse os traballos artísticos realizados no Obradoiro de Artepolo alumnado de E. Infantil durante todo o ano. O lugar da exposición foi a Casa Comúnde Cacheiras, coa finalidade de abrir portas e sacar o traballo realizado dende a escola atoda a comunidade.

Comentar que da maioría das actividades queda mostra fotográfica na páxina webda escola e nos blogs.

• Contacomigo: Retomamos de novo, esta exitosa actividade mensual que tencomo obxectivos achegar a familia á escola e potenciar o hábito lector das criaturasa través da presenza dunha persoa achegada á nena ou neno (pai, nai, avó, avoa,irmáns,...) e utilizando as técnicas e materiais que consideraron oportunos; asícontáronse contos a través de títeres, fotografías, láminas, DVDs, textosescritos,...deixando reflectida a actividade nos blogs das aulas e na galería da webdo colexio.

• Mochila viaxeira: sexto curso desta proposta que decidimos organizar de novo,logo da valoración positiva feita tanto pola nosa banda como por parte das familias.A partir do mes de xaneiro, por quendas semanais, un alumno ou alumna leva unhamochila cargada de libros, contos, dvds e cds musicais de distintos xéneros, paraser compartidos con toda a familia. Acompáñase dunha revista educativa para as eos maiores e unha publicación sobre o Concello. Á súa vez, fillos/as e pais e naisdeben deixar as súas impresións nunha libreta que acompaña ao resto dosmateriais. No mes de xaneiro tamén se comezou co préstamo semanal dabiblioteca de aula. Envíaselles unha folla onde deben recoller comentarios e ogrado de satisfacción do libro e acompañala dun debuxo do neno ou nena.

• Obradoiro de Educación Plástica. A través do traballo coa linguaxe plásticapreténdese traballar con aqueles medios de expresión que favorezan a

Páx. 26

Page 27: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

sensibilidade estética, a apreciación e a manifestación creativa das nenas e dosnenos a partir de contidos que se refiran á capacidade creativa para comunicar,representar e expresar a realidade. Durante todo o curso e segundo se vancreando e artellando propostas plásticas de todo tipo, as familias poden ir vendo ameirande parte do traballo realizado no obradoiro a través do blogue. Durante estecurso, a mestra responsable do obradoiro, seguiu a colaborar no proxectoMusaraña do Museo Thyssen e puidemos participar no Proxecto “Big Valise”, unhamaleta viaxeira que percorreu distintos colexios da xeografía española. Ademaisasistiu ao final do curso a presentar para outros docentes o proxecto plástico sobre“Habitación de hotel de Hopper.

• Obradoiro de Animación á lectura. Cunha sesión semanal por aula impartidapola mestra de apoio educativo. A elección deste obradoiro vén xustificada polanecesidade de organizar espazos e tempos que garantan unha presenza cotiá dalectura no contexto escolar. A biblioteca é un espazo privilexiado de recursos comofonte de información e de pracer. Fixéronse distintas actividades onde os nenos enenas participan como usuarios, facendo lectura libre e respectando as normas defuncionamento dunha biblioteca e como receptores, escoitando e analizandodistintos tipo de texto e as súas propiedades.

O equipo de E. Infantil

Xuño de 2017

1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O equipo docente dos niveis de 1º e 2º de Educación Primaria no presente cursoacadémico (2016-2017) estivo formado por catro titores (2 de 1º curso e 2 de 2º curso) etres mestres especialistas (PT, relixión e inglés). Os membros do equipo de ciclo participa-ron activamente nos diferentes equipos e grupos (3 en EDNLG, 2 na biblioteca, 2 en TIC e2 en ACE).

As reunións do equipo de ciclo realizáronse os primeiros martes de cada mes,como foi establecido a comezos de curso, no horario de 17:00 a 18:00 horas.

1.- Coordinación na acción titorial.

- Os titores de 1º intentaron conseguir unha adaptación dos alumnos/as de educa-ción infantil ao primeiro ciclo de Educación Primaria, e ao novo colexio, aqueles que viñe-

Páx. 27

Page 28: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

ron novos e das unitarias, cambiando a miúdo de actividades, merendando antes de saírao patio, acompañándoos antes da entrada no comedor...

-Revisáronse os obxectivos da PXA para o curso actual.

- Coordinouse a distribución de material e libros de préstamo ao alumnado. O alumnadocompartiu cos compañeiros e coas compañeiras contos e crebacabezas aportando cadaun os seus.

- Quedou constancia do alumnado que ao longo do curso debían acudir a sesións cos es-pecialistas de PT e AL, os que participaron no plan de mellora da lecto-escritura, así comoos que precisaban de reforzos educativos ou apoios nas aulas por parte doutro profesora-do, do coidador ou do propio titor.

- Revisaron os obxectivos mínimos para o curso actual e os criterios de promoción, consi-derando os casos de forma individualizada.

- Intentouse fomentar hábitos de lectura e participamos no Proxecto Lector do centro pro-movendo diferentes actividades de animación á lectura no noso ciclo como: ”hora de ler”(a diario na aula con libros da biblioteca, de aula, centro ou das casas), o cómic, a prensa,actividades coa poesía, creación de contos, lecturas interactivas e contos interactivos noordenador... Había unha hora semanal adxudicada a cada curso para ir á biblioteca e tra -ballar este hábito.

- Nas avaliacións tívose en conta o progreso do alumnado no conxunto das áreas deaprendizaxe.

- Potenciouse a aprendizaxe por competencias, tendo en conta as recomendacións euro-peas ao respecto, sendo as actividades de aprendizaxe integradas, non só baseadas naaprendizaxe de contidos.

- Realizouse a atención a diversidade atendendo aos alumnos con necesidades específi-cas de apoio educativo.

- Tivéronse en conta tamén os temas transversais do currículo fomentando a igualdade deoportunidades e non discriminación, convivencia e prevención de violencia entre o alum-nado.

- A educación dixital tamén estivo presente nas diferentes actividades realizadas polos di-ferentes titores/as empregando as TIC's permanentemente nas aulas( a maior parte dos li-bros teñen a súa versión dixital).

- Na elaboración das programacións prestouse moita atención aos elementos transversaisdo currículo (atención á diversidade, bilingüismo, uso das TIC's e Plan Lector para o fo-mento da lectura).

- Realizáronse as diferentes sesións de avaliación reunido todo o profesorado implicadono proceso educativo do noso alumnado.

Páx. 28

Page 29: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

- Programáronse as diferentes saídas e visitas co noso alumnado ao longo do curso esco-lar.

- O contacto coas familias foi positivo partindo da reunión xeral por niveis, celebrada a co-mezos de curso, para explicar as orientacións xerais, metodoloxía a empregar, funciona-mento da aula... As familias acudiron ás diferentes titorías os martes en horario de 16:00 a17:00 horas ao longo do curso sendo, en xeral, bastante participativa.

- Fomentouse o uso das novas tecnoloxías e dos novos medios dos que dispoñemos. Ta-mén tiñamos unha hora adxudicada para que os/as alumnos/as traballasen persoalmentecon algún LIM relacionado cos contidos traballados. Na aula tamén hai ordenador, canóne pantalla para proxectar vídeos, libros dixitais...

- Participación na actividade coordinada co CRA de Teo para recibir ao alumnado de se-gundo de primaria que no vindeiro curso serán compañeiros/as do noso. Visitaron o cen-tro e conviviron co alumnado do CEIP o día 20 de xuño.

- Colaborouse nas actividades que se celebraron a nivel de centro ou de ciclo.

2.- Actividades desenvolvidas.

O alumnado do 1º e 2º participou nas diferentes actividades programadas na Pro-gramación Xeral Anual do centro e nas actividades que foron xurdindo ao longo do cursoescolar (ver descrición das actividades nas memorias de EDNLG, EACE e biblioteca):

• Magosto• Nadal-zumba• Día da Paz • Proxecto da biblioteca “As viaxes”• O Entroido• Letras Galegas• Xirimbao

3.- Concursos, obradoiros e visitas (ver descrición das actividades nas memorias deEDNLG e EACE):

• Concurso de postais de Nadal organizado polo Concello de Teo• Concurso “Debuxa unha xoia para túa nai” da Asociación de xoieiros de Galicia.• Charla das oftalmólogas do proxecto da paz “Dalle luz aos seus ollos”.• Charla de Educación Ambiental do Concello de Teo.• Charla-simulacro de voo.

4.- Saídas didácticas:

• Concerto: “Pitusa Semifusa”• Contacontos: “Fadatea”.

Páx. 29

Page 30: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

• Monicreques de Fábula.• Monicreques: “Pinocho niño de madera”.• Concerto: “Fran Amil”• Saída ao Acuario, Casa das Ciencias e Casa do Home en A Coruña• Excursión de fin de curso a Vilagarcía.• Saída ao Pico da Grela

5.- Avaliación.

Alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE):✓✓ Dos especialistas de PT, fóra da aula: 1 alumno de 2º curso. Dentro das aulas reci-

biron apoio de PT 3 alumnos de 2º curso.✓ Da especialista de AL, fóra da aula: 2 en 1º curso e 3 alumno/as de 2º curso. ✓ Cabe destacar a un alumno con NEE de 2º curso que necesitaban apoio constante,

debido as súas características, polo que estaba acompañado en todomomento, dentro e fóra da aula, polo coidador, excepto as 5 sesións que fa-cía o apoio a especialista de PT.

Alumnado que participou no programa de Mellora de Competencias Clave:

✓ 8 alumno/as de 2º curso, catro por cada aula.

Os resultados finais da avaliación final foron os seguintes:

1º curso

1. 1 alumna promociona con unha área suspensa.2. O resto do alumnado promociona con todas as áreas aprobadas para 2º.

2º curso

1. 4 alumno/as non promocionan.2. 6 al umnos/aspromocionan con algunha área suspensa, un deles é un alum-

no con NEE.3. O resto do alumnado promociona con todo aprobado para 3º.

Páx. 30

Page 31: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O equipo docente estivo composto polos tres titores de 3º curso, polos dous de 4º,polo profesor de EF, o de Música e a orientadora do centro.

Ademais da adscrición correspondente, o profesorado foise integrando nos diferen-tes grupos de traballo (EACE, EDLG, TIC, Biblioteca).

As reunións de ciclo fixéronse os primeiros martes de cada mes de 5 a 6 da tardecon regularidade.1.- Coordinación na acción titorial.

Houbo reparto inicial de áreas para elaborar as programacións. Ao remate decidi-mos traballar colectiva e conxuntamente os titores de 3ª coas súas e os de 4º coas quelles correspondían. Os especialistas encargáronse das súas respectivas áreas. Na alturada primavera rematáronse, entregáronse e foron aprobadas.

Outrosí programáronse as saídas culturais, obradoiros, sesións de teatro e visitasque se ían desenvolver ao longo do curso. Tamén se valorou por aulas aos alumnos paraos contratos programa.

2.- Actividades desenvoltas.

Ao igual que o resto do centro, participamos nos eventos que con asiduidade sedesenvolven ao longo do curso: Magosto e Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, LetrasGalegas, Xirimbao e excursión de fin de curso á Illa de Ons, que forma parte do ParqueNacional Illas Atlánticas, que mesmo arelan declarar Patrimonio da Humanidade. Osalumnos do centro visitan -como norma xeral- lugares insulares vencellados co Parqueentre 3º e 5º curso. Procuramos visitar -por anos- a Illa de Cortegada, a Illa de Ons e asIllas Cíes con guías especializados na xeografía, na flora e na fauna das mesmas.

Este curso académico os alumn@s de 4º tiveron a fortuna de facer unha ruta pe-destre moi abeirada ao centro para visitar a adega Gómez & Rial, xusto cando se estabaa desenvolver a vendima. Ademais de coñecer a contorna e o espazo natural arredor dorío Tella, a estadía na adega, serviulles para ollar todo o proceso da elaboración do viño(recepción, prensado, fermentación, filtrado, estabilización e expedición). A xenerosidadedos propietarios da adega, permitiulles aos discentes coñecer de primeira man esa fas-quía.

Tamén se fixo unha saída a Compostela para ollar a obra de teatro “Pulgarcito” nasala Abanca e ao centro cultural Constante Liste da Ramallosa para ollar “Fadatea”. Valo-ramos a posibilidade de, cando nos despracemos a Compostela, aproveitar a viaxe parafacer unha andaina cultural pola cidade ou visitar o Museo de Historia Natural...

3.- Avaliación.

Fixéronse tres sesións de avaliación. Cada unha ao remate do trimestre correspon-dente. En 4º promocionan os 48 alumnos. En 3º, dos 53 alumnos, repite un. Polo xeral oscursos acadaron os obxectivos programados con solvencia.

Recibimos reforzos educativos e traballo individualizado coa axuda de PT e AL. Al-gúns alumnos mesmo desenvolveron a correspondente ACI por mor das súas singularida-des.

Páx. 31

Page 32: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O equipo docente dos niveis de 5º e 6º de Educación Primaria neste curso

2016 - 17 estivo formado por seis titores (tres de 5º e tres de 6º), unha mestra especialista

en Lingua Inglesa (tamén titora ), un mestre especialista en E.F, un mestre especialista de

PT e o Director, que tiña carga lectiva nun curso de 6º de E.P.

Todos este membros repartíronse nos diferentes equipos e grupos de traballo do

centro (EACE, EDLG, TIC'S...) para que en cada un houbese, como mínimo, un represen-

tante do noso ciclo. Reunímonos todos os primeiros martes de cada mes, como se esta-

bleceu ao principio do curso, no horario de 17:00 a 18:00 horas.

1. COORDINACIÓN NA ACCIÓN TITORIAL.

• Revisáronse os obxectivos da PXA para o curso actual e fixáronse criterios de promo-

ción.

• Quedou constancia do alumnado que ao longo do curso debían acudir a sesións cos es-

pecialistas de PT e AL, os que participaron no plan de mellora da lectoescritura, así como

os que precisaban de reforzos educativos ou apoios nas aulas por parte doutro profesora-

do ou do propio titor.

• Realizáronse as diferentes sesións de avaliación reunido todo o profesorado implicado

no proceso educativo do noso alumnado.

• Programáronse as diferentes saídas e visitas co noso alumnado ao longo do curso esco-

lar.

• O contacto coas familias foi positivo partindo da reunión xeral de cada titoría no primeiro

trimestre para explicar as orientacións xerais, metodoloxía a empregar, funcionamento da

aula... As familias acudiron ás diferentes titorías os martes en horario de 16:00 a 17:00 ho-

ras ao longo do curso sendo, en xeral, bastante participativa.

• Intentouse fomentar hábitos de lectura e participamos no Proxecto Lector do centro pro-

movendo diferentes actividades de animación á lectura no noso ciclo como: ”hora de ler”

(a diario na aula con libros da biblioteca, de aula, centro ou das casas), o cómic, a prensa,

actividades coa poesía, creación de contos, lecturas interactivas e contos interactivos no

ordenador.

Páx. 32

Page 33: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

2. ACTIVIDADES DESENVOLTAS.

* O alumnado do 3º ciclo participou nas diferentes actividades programadas na Programa-

ción Xeral Anual do centro e nas actividades que foron xurdindo ao longo do curso esco-

lar.

• Magosto e Samaín: • Exposicións de cabazas adornadas, traídas da casa • O outono:

exposición de produtos propios da estación.

• Magosto. Compartimos co resto do centro e as familias a degustación das castañas asa-

das como remate desta celebración. Decoramos o colexio con marcos propios do outono

e refráns, adiviñas... desta época do ano.

• Nadal: Participamos todo o ciclo elaborando diferentes postais para o concurso do noso

centro e para o do concello de Teo. Decoráronse aulas e corredores con diferentes moti-

vos do Nadal. Participamos co noso alumnado no festival de Nadal que este curso consis-

tiu nun baile colectivo de zumba.

• Día da Paz: Realizamos actividades en todas as aulas para conmemorar este día, cola-

borando co equipo de actividades extraescolares.

• O Entroido: Este ano o tema foi “A volta ao mundo en oitenta días”. O noso ciclo partici-

pou por niveis: os nenos/as de 5º de primaria foron vestidos como hindús, e os nenos/as

de 6º de primaria foron vestidos como a Garda Real Británica

• Letras Galegas . O noso alumnado traballou ao longo desa semana sobre o autor ao

que estaba adicado este ano (Carlos Casares). Usamos diferente material impreso ou de

diferentes páxinas web. Asistimos a unha representación de contacontos arredor dos con-

tos deste autor. O día da celebración realizouse unha Romaría Galega no Xirimbao á que

foron invitados todos os membros da comunidade educativa. Alí leváronse a cabo xogos

populares por grupos, logo houbo a actuación duns gaiteiros e comemos todos xuntos.

3. SAÍDAS E OUTRAS ACTIVIDADES DIDÁCTICAS:

• Tres xornadas de Convivencia dos alumnos de 6º cos alumnos-as dos centros de Os Ti-

los e Calo (unha cada trimestre)

• Acampada de fin de curso.

* Visita oa museo de Ciencias de Santiago

• Actividades propostas polo Concello como:

. ▪ Roteiro de Teo

• Charla da Guarda Civil: seguridade en internet

Páx. 33

Page 34: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

* Representación da obra de teatro “Sira e o robot”.

• Concertos no Auditorio

▪ Reguefesta

• Actividades ABANCA

▪ Pistateatro: “La maravillosa historia de violín y trompeta”

• Visita ao IES de Cacheiras: para favorecer a boa coordinación entre os mestres do cole

e do IES e que os nenos puideran coñecer o que será o seu centro o ano que ben, reali-

zouse unha visita ao IES de Cacheiras na que os titores de 6º e a Xefa do Departamento

de Orientación puidemos adiantar información ó departamento de Orientación do IES dos

nenos que se incorporarán en setembro susceptibles dunha maior atención.

• Tamén se realizou unha charla informativa aos pais dos nenos-as de 6º sobre as carac-

terísticas da etapa da ESO por parte do Departamento de Orientación do Instituto.

• Excursión de fin de curso ás Illas Cíes do alumnado de 5º

4. AVALIACIÓN.

Da análise que se fixo da adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avalia-

ción ás características dos grupos, os mestres deste ciclo cree que foron os correctos aín-

da que algún neno presentou dificultades para acadar os obxectivos programados.

Entre as medidas de atención á diversidade sinalar que varios nenos presentaron

unha ACI nalgunha área, moitos recibiron un reforzo por parte do mestres que impartían

as diferentes áreas, nalgunha aula recibiron apoios na aula do mestre de PT e outros ne-

nos/as baixaron a traballar de xeito máis individualizado cos mestres de AL e PT.

Os membros do equipo de ciclo coordináronse para levar a cabo as diferentes tare-

fas e actividades do ciclo. Ao longo do curso escolar varios alumnos/as do noso ciclo reci-

biron apoios por parte dos especialistas de PT e AL así como reforzos educativos dentro

das aulas.

Tamén se levou a cabo no noso ciclo o Obradoiro de mellora das competencias. Da

valoración que se fixo nas reunións de ciclo, dos resultados da primeira avaliación, che-

gouse a conclusión de idoneidade de que determinados rapaces participaran no programa

PROA. Propúxoselles e, aínda que algún desestimou o participar, a maioría si o fixeron lo-

grando unha melloría destacable na actitude de cara ás tarefas da clase, e nalgúns casos

nos resultados académicos.

Páx. 34

Page 35: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Realizáronse tres sesións de avaliación (unha en cada trimestre) nas que estiveron

presentes a maiores dos integrantes do equipo de ciclo os mestres de AL e PT.

Os procedementos de avaliación do alumnado foron os correctos, aproveitándose

os recursos que oferta o centro. Podemos destacar os recursos TIC's das aulas ABALAR

e a introdución de avaliacións dalgúns temas en soporte informático a través da Aula Vir-

tual sobre todo nas aulas de 5º e 6º.

Todos os/as alumnos/as do terceiro ciclo promocionan ao curso seguinte agás un.

Polo tanto, a avaliación deste curso, foi moi satisfactoria.

COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

COMPOÑENTES:

Director: José Manuel Ferreirós Piñeiro ( Presidente)

Xefe de Estudos: Benxamín Salgado Gómez

Coord. de E.I.: María Luisa Álvarez Garea

Coord. de 1º ciclo de E.P.: Isabel Turnes García

Coord. de 2º ciclo de E.P. : Santiago Prol Blanco

Coord. de 3º ciclo de E.P.: Mª Cristina Sanmartín Veiga

Coord. do ENDL: Oscar Suárez Carbia

Coord. Da Biblioteca: Francisco Javier Sánchez Bouzán

Orientadora: Mª Luísa González Santos

Especialista en P.T.: Manolo Maneiro Castañeda

Especialista en P.T.: Alicia Leiro Parajó

Especialista en A.L.: Ana I.Costa Piñeiro ( Secretaria)

A Comisión de Coordinación Pedagóxica reuneuse nas seguintes datas:

02/09/2016, 29/11/2016 e 09/05/2017.

Páx. 35

Page 36: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

De forma xeral, tratáronse os seguintes aspectos:

- Constitución da CCP.

- Criterios a considerar na elaboración dos horarios ( apoios, modificacións LOMCE, hora-

rio dos especialistas ...)

- Coordinación entre o Departamento de Orientación e os titores/as ( necesidades dos

grupos, do alumnado, etc.)

- Calendario datas das avaliación e pautas para desenvolver ditas sesións.

- Data para a entrega das Programacións Didácticas.

- Continuación dos Talleres de Mellora das Competencias Clave.

- Continuación do Programa de Reforzo e Orientación Académica ( PROA).

- Renovación do Consello Escolar.

- Elaboración do Plan de convivencia.

- Subvención económica de La Caixa para alumnado con nee.

- Agrupamentos para o curso 2017/2018.

- Previsión do alumnado que non promociona.

A CCP non se reuníu en máis ocasións como tal porque fixéronse outras reunións a

nivel de Claustro, de Ciclo e /ou Departamento de Orientación para tratar algunas cues-

tións puntuais.

A Ramallosa, xuño de 2017

Ana I. Costa Piñeiro

Páx. 36

Page 37: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

Nesta memoria redáctanse, en cumprimento das ordes ditadas pola Consellería de

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, os puntos desenvolvidos ao longo do cur-

so de 2016/17 :

• Modificacións introducidas, si as houbera, no desenvolvemento do plan de orienta-ción inicial.

• Cambios na realidade educativa.• Actuacións desenvolvidas e consecución dos obxectivos establecidos no plan.• Implicación e participación dos diferentes profesionais que colaboren nel.• As conclusións e propostas de mellora, constatando a idoneidade e adecuación ou

non das actuación desenvolvidas e propoñendo accións concretas a desenvolver no curso próximo.

ACTUACIÓNS DESENVOLVIDAS

Segundo acordo do claustro con data de 2 setembro de 2016 tivo lugar a constitu-

ción do Departamento de Orientación do centro, quedando formado polos “coordinadores

dos ciclos” que no noso centro temos nomeados . Por tanto, o Departamento, conta para

o mellor funcionamento, cos seguintes membros:

• Coordinadora do Ciclo de E.I. : María Luisa Álvarez Garea.• Coordinador do 1o Ciclo de Educación Primaria: Isabel Turnes García• Coordinadora do 2o Ciclo de E.P. : Santiago Prol Blanco• Coordinadora do 3o Ciclo de E.P. : Ma Cristina Sanmartín Veiga• Mestra especialista en Audición e Linguaxe: Ana I. Costa Piñeiro• Mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica : Manuel Maneiro Castañeda.• Mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica (Provisional): Alicia Leiro Parajó• Xefe de Estudos: Benxamín A. Salgado Gómez.• Xefa do Departamento de Orientación: María Luisa J.González Santos.

Ao longo do primeiro trimestre, producíronse cambios con respecto á mestraespecialista en pedagoxía terapéutica, nomeada a tempo completo para este curso.

Con motivo da súa baixa, foi substituída por outra mestra especialista e provisional.Os coordinadores de Ciclo foron nomeados no 1o Claustro celebrado o 2 de

setembro do 2016.Segundo o acordado e na primeira reunión semanal, unha vez constituído o

Departamento de Orientación, acordáronse os seguintes puntos importantes e decisivos

para a organización do curso e planificáronse, ademais, cuestións importantes a desen-

volver no principio de curso :

Páx. 37

Page 38: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

• Como tódolos anos, o acordo derivado do Claustro sobre as datas de reunión en pleno dos membros do Departamento de Orientación, fixouse para o 4o martes de cada mes, en horario de 17:00 a 18:00 horas, alternando ou compartindo coas reu-nións da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

• Fixación do horario no que se desenvolverían as xuntanzas semanais entre os mestres especialistas en a.n.e.a.e. e a orientadora para tratar os asuntos máis rele-vantes e inmediatos relativos ao propio Departamento de Orientación (Avaliación das necesidades, intervención e seguimento, propostas de mellora...). Acordouse que terían lugar os venres, na 5a sesión.

• Posta en común das conclusións e acordos de xuño respecto ao alumnado con ne-cesidades específicas de apoio educativo. Así mesmo, valorar as necesidades do alumnado derivado polo Departamento de Orientación do CRA e o de nova incor-poración que requira dita atención.

• Unha vez resolto o punto anterior, e, elaborados os horarios definitivos do profeso-rado polo xefe de estudos, os mestres especialistas en aneae, e Orientadora, ela-boraron os horarios de atención ao alumnado con neae tanto dentro, como fora da aula ordinaria, así como o horario de coordinación e atención semanal ás distintas titorías, especialistas, equipo directivo e familias por parte da orientadora.

• Acordáronse, xunto co equipo Directivo, a escolarización do posible alumnado des-prazado e derivado ao Centro de rehabilitación neurolóxica Foltra, comunicados da Inspección e Unidade Territorial e, por conseguinte, posibles ditames de escolariza-ción realizados pola Orientadora.◦ Neste curso, incorporáronse: 1 alumno con necesidades educativas especiais,

debido a retraso cognitivo cun grao de discapacidade do 41%, e escolarizado no 4o curso de primaria.

◦ Contouse coa continuidade no centro, dun alumno de 2o de E.P. con parálise cerebral infantil por encefalopatía e Epilepsia e que tiña unha escolarización parcial.

◦ Un alumno matriculado en 2o curso de educación primaria, procedente de Ru-manía, con Trastorno do desenvolvemento (alumno que non rematou o curso nocentro).

• Comunicación da elaboración e tramitación, no mes de setembro, por parte da orientadora, dos Informes do alumnado que solicita axudas para alumnado con ne-cesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo MEC no BOE, segun-do Resolución de 27 de xullo de 2016, da Secretaría de Estado de Educación, For-mación Profesional e Universidades para o curso académico 2016-17 e tramitados no mes de setembro. (Foron solicitadas e concedidas :4).

• Información da documentación e tramitación dos informes psicopedagóxicos do alumnado desprazado a outros centros e dos de final de etapa de educación prima-ria e se trasladan ao IES para comenzar a ESO.

• Así mesmo, acordo do compromiso da asistencia e participación en todas as se-sións de avaliación trimestrais de todos os niveis e etapas educativas así como participación nas xuntanzas da Comisión de Coordinación Pedagóxica e nas dos Equipos docentes de Ciclo.

• Información sobre a solicitude dos contratos- programas que tanto o Equipo Directi-vo como a Orientadora e coordinadora, e o profesor acompañante, levarían a cabo para desenvolver as dúas actuacións solicitadas :

Páx. 38

Page 39: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

◦ 1- Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) impartido polo especialis-ta en Pedagoxía Terapéutica fora do horario lectivo.

◦ 2- Programa da Mellora das Competencias Clave con dúas actuacións :▪ Competencia lingüística e Competencia Matemática. Impartido por tres pro-

fesores e profesoras do centro, con dispoñibilidade horaria (este reforzo em-pezou no mes de novembro).

◦ 3- A coordinación, foi levada a cabo pola Orientadora do centro.• Acordo das actividades que se levarían a cabo en colaboración co Concello, pro-

poñendo a continuación de dous obradoiros impartidos pola psicóloga do CIM: Au-toestima e Igualdade. Foron dirixidos aos cursos de 4º e 5º respectivamente, e tive-ron lugar durante o mes de febreiro e marzo. (4 sesión mensuais , 1 á semana).

• No mes de abril, procedeuse por parte da Orientadora, á proposta do Ditame de escolarización do alumnado novo, matriculado para o curso 2107/18, en 4o curso de educación Infantil, con necesidades educativas especiais. (un alumno e unha alumna). A día de hoxe, unha vez recibido o comunicado da autorización da devan-dita proposta pola Xefatura Provincial, cos informes favorables por parte da Inspec-ción educativa e Equipo de Orientación Específico de A Coruña, a familia da alum-na, comunicou o cambio de matrícula polo que, si non hai cambios, sería só un alumno para 4o curso de E.I.

En xeral, as actividades levadas a cabo polo Departamento de Orientación no pre-

sente curso académico 2016-17, foron acordadas nas reunións e enfocadas ás correspon-

dentes funcións tanto da xefatura do Departamento de Orientación como ás dos seus

compoñentes e contempladas na:

• Elaboración do Plan Anual do Departamento de Orientación e cumprimento do mesmo.

• Elaboración e colaboración no Plan Anual de Atención á Diversidade.• Colaboración no Plan de Acción Titorial.

A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EN CANTO AOPLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

• Fomentouse a necesaria acomodación do proceso de ensino-aprendizaxe ás con-dicións particulares do alumnado (nivel de coñecementos previos, estilo e ritmo de aprendizaxe, aptitudes, situación socio-familiar, estado emocional...).

• Atención do alumnado con necesidades educativas específicas: colaborouse, de acordo coas competencias neste senso, na avaliación inicial, revisión de expedien-tes e coas avaliacións psicopedagóxicas necesarias, así como dos alumnos de nova incorporación, alumnado repetidor e seguimento dos alumnos atendidos o ano anterior, procurando as medidas máis axeitadas en cada caso. En relación ao Plan de apoio e ao Proceso de ensino-aprendizaxe actuouse da maneira seguinte:

Páx. 39

Page 40: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

• Estudo das necesidades de cada titoría e priorización das mesmas en función das carencias detectadas, tanto nos cursos anteriores, coma nas resultantes da avalia-ción inicial e as que ao longo do curso foron xurdindo.

• As conclusións do estudo anterior serviron para concretar o alumnado que debera recibir os distintos apoios propostos polo Departamento de Orientación e o Xefe de Estudos. (Fixáronse os criterios de atención por parte do D.O.)

• Colaborouse, xunto coa xefatura de estudos, os titores e persoal implicado, na se-lección do alumnado susceptible de asistir ao PROA (Programa de Reforzo, Orien-tación e Apoio), formándose dous grupos. O número de alumnado no grupo A foi 12e no grupo B, 11, producíndose, ao longo do curso, dúas baixas. Foi impartido polo mestre especialista en PT e coa coordinación da orientadora.

• Xa no primeiro trimestre, propúxose a atención do alumnado do contrato-programa de ”MELLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE” nas dúas actuacións:

• Competencia Lingüística e Competencia Matemática. O alumnado seleccionado re-cibiu Reforzo Educativo como medida ordinaria, dúas sesións semanais fóra das aulas. Foi impartido polos titores ou profesorado con dispoñibilidade horaria, e, diri-xido, ao alumnado de primeiro, segundo e terceiro curso coa flexibilidade oportuna,en horario lectivo, e coa colaboración de titores/as, xefe de estudo eautorización das familias. (recibiron este reforzo : 12 alumnos e alumnas, con 3 mestres/as).

• Atención coas familias derivadas ao Centro de Rehabilitación Neurolóxica Foltra deCacheiras e que lle corresponde o noso centro na procura dos recursos necesariospara unha atención axeitada. Mantivéronse dúas reunións : visita dos profesionais do noso centro ao centro de Foltra, e, visita dos especialistas deste centro ao noso

• Aplicación das medidas acordadas para a atención das necesidades educativas existentes tras o estudo dos informes de CRA despois da reunión coa Directora e PT do CRA co obxecto da atención as súas necesidades.

• En Educación Infantil seguiuse traballando co “Programa de Estimulación Oral”, im-partido pola mestra especialista en Audición e Linguaxe, cos grupos de 6o curso deE.I., sendo o tempo adicado a tal efecto, dunha sesión semanal (45 ). O desenvol-vemento e avaliación do mesmo, foi positivo. Tratarase de continuar o curso que ven por considerar que conséguense os obxectivos propostos tanto da detección de posibles dificultades, como da estimulación oral.

• Elaboración dos informes do alumnado con neae que termina a etapa e comeza a ESO. Este ano presentaranse 7

• Continuouse co acordo dos desdobramentos en Educación Infantil coa colabora-ción da Profesora de apoio.

Páx. 40

Page 41: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

• O número de alumnos que non promocionaron este curso académico serán: 8 (4 en segundo curso, 2 en terceiro, 1 en cuarto e 1 en 6o curso de E.P.)

Medidas de atención á diversidade. Avaliacións Psicopedagóxicas

A avaliación psicopedagóxica é entendida como proceso de recollida, análise e va-loración da información relevante, por parte dos titores/as, equipos docentes, familias, es-pecialistas en nee e orientadora, sobre os distintos elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe, complementaria a este proceso.

Aplicáronse as diferentes ferramentas complementarias á avaliación e aplicadas por parte da orientadora do centro:

• Aplicación individual da BOEHN (conceptos básicos), PLON- R( Proba de linguaxe oral) , Cuestionario EDAH para a detección do TDAH , PROLEC (probas da lectu-ra), WISC-R ( Escala de Intelixencia Wechsler para niños-Revisada) , BADyG (Ba-tería de Aptitudes Diferenciais e Xerais)

• Aplicación colectiva da BADyG-2 (Batería de Aptitudes Diferenciais e Xerais) en 3oA, 3o B e 5oC).

• Observación directa do alumnado dentro das aulas e nos distintos espazos do centro.

• Con carácter restrinxido e específico, coordinadas pola xefatura do Departamento de Orientación, e coa colaboración do profesorado, titor/a, familias, e mestres es-pecialistas en a.n.e.a.e., leváronse a cabo as avaliacións psicopedagóxicas e infor-mes “novos” de 11 alumnos/as; 2 Ditames de escolarización; 15 avaliacións de se-guimento e actualizacións do alumnado avaliados en cursos anteriores, mais o alumnado con dificultades de articulación e con atención de AL.

• Adaptacións Curriculares Significativas: elaboráronse dúas ACS, (4o curso e 6o curso de E.P.) que foron autorizadas pola Inspección Educativa. Quedarían pen-dentes de elaboración, dúas adaptacións curriculares significativas.

• Entrevistas coas familias, con alumnas e alumnos e cos seus titores, do alumnado avaliado ou por circunstancias puntuais, así como, a relación telefónica e a estable-cida nos protocolos a seguir cos profesionais do Servizo Médico, gabinetes psico-lóxicos que os atenden fora do centro e coas distintas asociacións .

• As Medidas de apoio ao alumnado levadas a cabo polo profesorado especialista enaneae, fora e/ou dentro da aula, e, derivadas das distintas actuacións de interven-ción, foron as seguintes: (contando coa flexibilidade derivada da súa evolución).

• Dende o aula de A.L., cun total de 29 alumn@s, atendéronse necesidades deri-vadas de: Atraso evolutivo na fala, Dificultades na articulación, Trastorno da Lin-guaxe, Dislexia, Dificultades asociadas a TDAH, Trastorno Mixto da linguaxe , Tras-

Páx. 41

Page 42: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

torno de aprendizaxe da lectura e/ou escritura e dificultades derivadas do trastorno espectro autista.

• Dende as aulas de P.T. un total de 12 alumnos e alumnas. Tanto dentro como fora da aula ordinaria, atendéronse: Trastorno do desenvolvemento da linguaxe mixto , trastornos asociados a Parálise cerebral, Síndrome Asperger, TDAH, Retraso cog-nitivo, Trastorno Mixto do Desenvolvemento da Aprendizaxe, Trastorno de aprendi-zaxe da lectura e/ou escritura, e/ou cálculo, dificultades na psicomotricidade fina, alumnado con TEA., trastorno da linguaxe, Retraso escolar, Dislexia.

• Ao mesmo tempo, 4 alumnos precisaron, segundo a gravidade das súas necesida-des educativas especiais, da axuda do coidador (auxiliar técnico), compre destacar que ademais das funcións que lle corresponden polo seu posto de traballo, amosa unha actitude de colaboración en todas as actividades que propón o centro, partici-pando tanto na súa preparación coma no seu desenvolvemento. As función realiza-das foron: acompañamento na aula, nos desprazamentos polo centro, saídas extra-escolares, acompañamento dentro da aula, animando correccións posturais, facili-tar a atención,......etc, a efectos de facilitar condutas adaptativas, movilidade, e en xeral, desenvolvemento persoal e autonomía.

EN RELACIÓN Á COORDINACIÓN EFECTUADA CON OUTROS SERVIZOSEXTERNOS AO CENTRO É DE SINALAR:

• Derivacións aos servizos de pediatría, neuropediatría ou psiquiatría (TDAH, Disle-xias,...) ou especialistas médicos pertinentes previa avaliación psicopedagóxica se-guindo o protocolo sinalado pola Consellería.

• Derivacións ou entrevistas cos Servizos Sociais do Concello, por asuntos sociais, familiares.... (seguimento de 3 alumnos/a).

• Cos centros adscritos: xuntanza coa Orientadora e co especialista en PT do CRA de Teo para entrega e estudo de dous informes existentes nese centro e de nova incorporación ao noso, asi como o seguimento dos mesmos.

• Unidade de Altas capacidades da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compos-tela. (2)

• Xuntanzas en xuño e setembro co orientador do IES de Cacheiras para acollida dos alumnos de sexto e seguimento dos que se incorporan ao mesmo. (Participan-tes: orientadores/as do CEIP Os Tilos , CEIP de Calo e IES, e CEIP da Ramallosa).

• Reunións coa educadora de Servizos sociais e Psicóloga do CIM do Concello para a atención ás familias, información, colaboración, formación,....

• Visita á Inspección Educativa para entrega de datos referidas ao aneae, tramitacióndas axudas do MEC para alumnado con necesidades educativas especiais, reu-nións extraordinarias co CRA de Teo, CEIP de Calo e CEIP Os Tilos, CAFI, co

Páx. 42

Page 43: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Equipo Específico de Orientación, cos gabinetes psicolóxicos implicados, co centro de rehabilitación neurolóxica de FOLTRA (Cacheiras).

• Cumprimentar a principio de curso o DRADI (outubro) para a colaboración coa Consellería. Cumprimentar ao final de curso o DRD-ORIENTA solicitado pola Direc-ción Xeral de Innovación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (xuño-xullo).

RESPECTO AO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

Leváronse a cabo as actuacións contempladas no plan de acción titorial e que xa se reflicten ao longo desta memoria, tanto no referido aos obxectivos xerais como aos ob-xectivos específicos.

RESPECTO AO PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

A orientación académica céntrase tamén no alumnado do 6o curso de educación primaria. O Plan de transición do alumnado de 6o á etapa da ESO contempla :

• Reunións de coordinacións entre os xefes de Departamento de Orientación adscri-tos ao IES e o do D.O. do propio Instituto.

• Elaboración e tramitación dos informes psicopedagóxicos do alumnado con aneae que continúa estudos no I.E.S. de Cacheiras.

• Visita do alumnado ao centro receptor con : charla informativa por parte do orienta-dor do IES e xefe de estudos, coñecemento das instalacións do centro e presenta-ción dalgúns profesores. Actividade deportiva (pendente). (Dita visita desenvolveu-se no día 12 de xuño)

• Sesións informativas aos pais deste alumnado no noso centro, cos representantes do IES de Cacheiras. (realizouse o día 20 de xuño)

• Xornada de entrega dos diplomas e festival “Fin de etapa” para o alumnado.

• Acollida de infantil.

PROPOSTAS DE MELLORA E ASUNTOS PENDENTES

• Colaboración por parte do D.O. en caso de levar a cabo a revisión do PAT.• Acordo da aplicación das probas colectivas ao alumnado. Segundo este Plan que-

dou por aplicar a BADyG- 2 nun terceiro.

• Decisión da continuidade dos contratos programas

• Revisar os criterios de prioridade de cara a atención do alumnado.

Páx. 43

Page 44: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

• Incidir na transmisión ao profesorado, ao principio de curso, da información sobre oalumnado con necesidade específica de apoio educativo que teña informes e que lle sexa útil para o desenvolvemento das súas tarefas docentes, avaliadoras e orientadoras.

• Revisión das ACS existentes e previsión e elaboración por parte dos titores e tito-ras das ACS novas para o 1o trimestre preferentemente, co obxecto de non ir fora do tempo axeitado.

• Promover a coordinación entre etapas e cursos. Para elo sería preciso fixar a prin-cipio de curso unha reunión co profesorado implicado e fixar uns obxectivos e crite-rios a seguir para facilitar o cambio de etapa.

• Axustar e revisar os obxectivos propostos no Plan Anual do Departamento de Orientación a principio de curso coa colaboración dos membros que o compoñen.

• Para a mellora da realización das avaliación psicopedagóxicas, foi elaborado pola Orientadora o novo cuestionario de recollida de información necesaria para seguir o protocolo de derivación, ao Departamento de Orientación, do alumnado con ne-cesidades específicas de apoio educativo.

• Acercar e comprometer ás familias coas aprendizaxes dos alumnos e alumnas.

PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA (Mestre: Manolo Maneiro)

Durante o curso 2016/17 a actuación pola miña parte cos nenos e nenas do Centro

podemos dividila en dous tipos:

• Unha de carácter INDIVIDUAL.

• E outra de carácter máis xeral APOIO EN AULA.

Podo dicir que o período lectivo estivo repartido ao 50% entre ámbalas dúas modalidades.

INDIVIDUALMENTE atendín este ano a seis rapaces, dous de sexto e catro de cuarto.

En todos os casos eran atendidos en parella na AULA de P.T.

Seu horario era dunha media de tres sesións semanais e nalgún caso de catro sesións.

Un alumno, paciente de Foltra, tiña a maiores dúas sesións da “Hora de Ler”.

O progreso foi bo en todos, destacando un alumno de cuarto que promociona de curso

con todas as áreas con avaliación positiva.

Mencionar unha alumna que aínda mellorando moitísimo ten que repetir, xa que seus pro-

blemas veñen de antaño.

Páx. 44

Page 45: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Os outros dous alumnos promocionan por imperativo legal e teñen as súas corresponden-

tes A.C.S.

Os dous alumnos de sexto (nena/neno), tiveron un total de cinco horas lectivas adicadas a

materia das Matemáticas, os dous promocionan para primeiro da ESO, superando esa

materia...

A nivel de APOIO EN GRUPO, o traballo foi realizado sobre un total de tres aulas (5ºB,

5ºA e 6º A).

En cada aula o numero de alumnos que tiña que apoiar era variado.

En 5º A, desenvolvín un seguimento a tres alumnos, os cales tiveron un progreso bastante

considerable, o traballo no grupo pódese considerar agradable e sen ningún problema, xa

traballara anteriormente co titor. Consideramos o progreso dos nenos moi bo e no único

caso non perfecto estamos convencidos que progresará o vindeiro curso.

En 5º B, era un traballo con catro alumnos/as, foi tamén un traballo interesante e en xeral

cualificado de positivo, nalgún caso podería ser de resultados mellores pero non podemos

queixarnos.

Aínda que algún pasa para sexto con áreas suspensas...

En 6ºA, o traballo centrouse en tres alumnos ,un repetidor, outro xa con informe que o fi-

nal repite e un terceiro a maiores que promocionou pero con moitos problemas.

O traballo realizouse en moi bo ambiente e o repetidor pasou de curso só coa área de ma-

temáticas con avaliación negativa...

En todos estos casos o apoio era de tres horas semanais, empregando para realizalo o

horario adicado as matemáticas ,menos en certos momentos determinados, prestado en

outras materias, dicir que o traballo nos diversos grupos foi moi ameno e sempre traba-

llando a materia con normalidade.

Era o traballo igual ao resto de compañeiros, era traballo normal de Aula.

En todos os casos o traballo foi desenvolto dunha maneira moi normal. sentíndose os

alumnos moi cómodos durante os apoios...

Agradecer os titores a súa prestancia para a realización estes apoios e considero a súa

valoración coma moi positiva.

O profesor especialista de P.T. Manuel Maneiro Castañeda.

Páx. 45

Page 46: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA (Mestra: Alicia Leiro)

Como mestra de Pedagoxía terapéutica no presente curso 2016-2017, e segundo o

establecido no Decreto 374/1996, do 17 de outubro, os alumnos con nee recibirán aten-

ción docente directa por parte dos profesores do grupo no que se integran, coa axuda do

profesorado de apoio, sendo as funcións destes últimos as seguintes:

- Coordinar, en colaboración co xefe de estudos, as cuestións relacionadas coa educación

e a estancia no centro dos alumnos con algún tipo de minusvalía física, psíquica ou sen-

sorial.

- Colaborar coa Comisión de Coordinación Pedagóxica na elaboración do plan de actua-

ción respecto ó alumnado con nee.

- Orientar ó profesorado que imparta docencia ós alumnos con nee, así como a eles mes-

mos e ós pais sobre cuestións de interese para o seu desenvolvemento.

- Colaborar co profesor titor e co resto do profesorado na elaboración da adaptación curri-

culares e no seguimento e a avaliación das mesmas.

- Aqueloutras funcións que se lle puidesen asignar no ámbito do apoio ó alumnado con

nee.

- Asistir ás reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

- Prestarlle atención docente directa ó alumnado con nee que así o requira.

- Aqueloutras funcións que a Administración educativa lles poida asignar.

- Responsabilizarse do apoio especializado que requiran os alumnos/as que presenten di-

ficultades na comunicación oral e escrita, elaborando os programas de intervención que

se consideren oportunos.

- Colaborar coa orientadora na valoración das nee e na elaboración e desenvolvemento

de programas relacionados con problemas de comunicación.

- Asesorar ó profesorado na programación de actividades para prevención e tratamento

das dificultades na área da linguaxe.

- Coordinarse cos/as titores/as, o equipo docente e a especialista de A.L.

Páx. 46

Page 47: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

- Coordinarse coas familias para intercambiar información, orientalas no tratamento e fo-

mentar a súa colaboración.

Tendo sempre presente que a miña intervención como mestra de P.T. ao longo do

presente curso fundamentouse no establecido con carácter legal, así como no recollido

nos documentos de centro ( Proxecto Educativo, Plan Xeral de Atención á Diversidade,

PXA,...)

ALUMNADO

EDUCACIÓN INFANTIL:

5º E.I.) Un alumno con NEAE asociadas a “interacción social, comunicación e inflexibili-

dad conductual” encuadrables en el TEA según el informe médico. Presenta TEL.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

2ºA) Un alumno con dificultades a nivel linguaxe expresivo (tanto oral como escrito), aten-

ción, ademais de inflexibilidade conductual.

- Unha alumna con dificultades de aprendizaxe e atención.

2ºB) Un alumno con NEAE asociadas a “parálise cerebral infantil secundaria a encefalo-

patía hipoxico-isquémica/epilepsia secundaria a lesión cerebral” segundo os informes

médicos.

O traballo con este alumno centrouse no traballo das competencias lingüística e mate-

mática, xunto cun importante traballo nos terreos da atención, memoria e autonomía.

3ºA) Un alumno con dificultades de aprendizaxe, sobre todo a nivel lectoescritor, o que

afecta ao terreo da lóxica-matemática, entre outros.

- Unha alumna con dificultades de aprendizaxe, sobre todo a nivel lectoescritor, o que

afecta ao terreo da lóxica-matemática, entre outros. Ademais, presenta problemas de con-

duta e tamén a nivel emocional.

- Un alumno con dislexia.

3ºB) Unha alumna con dificultades de aprendizaxe, así como, con chamadas de atención

que se reflexan nun inestabilidade emocional e comportamental.

Páx. 47

Page 48: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

AGRUPAMENTOS E TEMPORALIZACIÓN:

O horario foise adaptando ás necesidades de cada momento do curso segundo ían

xurdindo. Co alumno de Educación infantil todas as sesións realizáronse dentro da aula (5

semanais de 50 minutos) e co alumnado de Educación Primaria as sesións foron tanto

dentro como fóra da aula segundo se considerou necesario e tamén de 50 minutos cada

unha.

En total foron atendidos un total de 8 alumnos/as.

PAUTAS PARA A INTERVENCIÓN:

En cada caso, a intervención foise modificando para adaptarse a cada alumno/a e

circunstancia ao longo do curso, pero a nivel xeral os pasos a seguir foron os seguintes:

Elaboración de avaliacións iniciais, tomando como referente os informes do D.O.,

xuntanzas co profesorado,... para ver cal era o punto de partida dos alumnos/as.

Elaboración dos Programas de Intervención específicos para cada un dos

alumnos/as, onde se concretan principalmente: as necesidades, os obxectivos, as activi-

dades, os recursos empregados, a temporalización e criterios de avaliación.

Ao longo do curso, estes Programas fóronse adaptando á temporalización e cir-

cunstancias de cada aula, cunha programación semanal máis precisa, sempre mantendo

a flexibilidade en función das necesidades que ían xurdindo. As actividades foron, en gran

medida, manipulativas, significativas, variadas e motivadoras.

Priorizouse o traballo lóxico-matemático, de atención e emocional, aínda que sem-

pre da man da lecto-escritura (expresión e comprensión) en coordinación coa compañeira

de Audición e Linguaxe.

Os resultados deste alumnado foron variables, aínda que, en xeral, na reunión de

avaliación final o equipo docente coincidimos en que se apreciou unha gran melloría nas

dificultades, aínda que en moitos casos a evolución é moi lenta, tendo que continuar pro-

bablemente todos os alumnos/as con apoio de P.T. para o vindeiro curso.

Ramallosa, xuño 2017

Alicia Leiro Parajó: Especialista de Pedagoxía Terapéutica.

Páx. 48

Page 49: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

AUDICIÓN E LINGUAXE

A miña intervención como mestra de A.L. ó longo do presente curso fundamentouse

no establecido con carácter legal, así como no recollido nos documentos de centro ( Pro-

xecto Educativo, Plan Xeral de Atención á Diversidade, PXA,...)

Deste xeito no que respecta ás miñas funcións destaco o establecido no Decreto

374/ 1996, do 17 de outubro, nel sinálase que os alumnos/as con nee recibirán atención

docente directa por parte dos profesores do grupo no que se integran, coa axuda do pro -

fesorado de apoio.

Ademáis da atención docente directa, os mestres de apoio, desenvolverán as se-

guintes funcións:

- Coordinar, en colaboración co xefe de estudos, as cuestións relacionadas coa educación

e a estancia no centro dos alumnos con algún tipo de minusvalía física, psíquica ou sen-

sorial.

- Colaborar coa Comisión de Coordinación Pedagóxica na elaboración do plan de actua-

ción respecto ó alumnado con nee.

- Orientar ó profesorado que imparta docencia ós alumnos con nee, así como a eles mes-

mos e ós pais sobre cuestións de interese para o seu desenvolvemento.

- Colaborar co profesor titor e co resto do profesorado na elaboración da adaptación curri-

culares e no seguimento e a avaliación das mesmas.

- Aqueloutras funcións que se lle puidesen asignar no ámbito do apoio ó alumnado con

nee

- Asistir ás reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

- Prestarlle atención docente directa ó alumnado con nee que así o requira.

- Aqueloutras funcións que a Administración educativa lles poida asignar.

- Responsabilizarme do apoio especializado que requiran os alumnos/as que presenten

dificultades na comunicación oral e escrita, elaborando os programas de intervención que

se consideren oportunos.

Páx. 49

Page 50: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

- Colaborar coa orientadora na valoración das nee e na elaboración e desenvolvemento

de programas relacionados con problemas de comunicación.

- Asesorar ó profesorado na programación de actividades para prevención e tratamento

das dificultades na área da linguaxe.

- Coordinarme cos/as titores/as, o equipo docente e os especialistas de P.T.

- Coordinarme coas familias para intercambiar información, orientalas no tratamento e fo-

mentar a súa colaboración.

ALUMNADO

EDUCACIÓN INFANTIL:

- Un alumno escolarizado en 5º que presenta un Trastorno da Linguaxe. Indicar que a súa

evolución estivo marcada pola inestabilidade.

- Unha alumna con Retraso na Fala ( multidislalias) escolarizada en 5º. A evolución desta

alumna foi moi significativa.

- Un alumno con Retraso na Fala (multidislalias) escolarizado en 6ª, a evolución deste

neno é moi lenta.

- Catro alumnos de 6º con Alteracións da Fala, concretamente Dislalias. Destes alumnos,

tres empezaron a asistir á aula de A.L. no último trimestre, co cal o vindeiro ano conti-

nuarán co proceso rehabilitador. A nena que empezou ó principio de curso foi dada de

alta.

- Ademais no presente curso levouse a cabo un Programa de Estimulación da Linguaxe

Oral nas aulas de 6º de E.I.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º A)

- Un alumno con Alteracións da Fala ( Dislalias), presentaba un sigmatismo ( fonema /s/) e

un rotacismo ( fonema /r/). Este alumno ten ambos fonemas están rehabilitados.

1º B)

Páx. 50

Page 51: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

- Un alumno con Alteracións da Fala ( Dislalias), este alumno presentaba alteracións en

varios fonemas ( /l/, /s/, /r/ simple e /r/ forte) así como nos sinfóns con /r/. Neste momento

ten adquirido e xeneralizado o fonema /l/, ten adquirido o fonema /s/ pero ainda non con-

seguimos o fonema /r/ e os sinfóns.

- Un alumno con Alteracións da Fala ( Dislalias), concretamente presentaba un sigmatis-

mo ( fonema /s/) e un rotacismo ( fonema / r/ suave e vibrante múltiple). Este alumno ten

os fonemas rehabilitados e integrados na linguaxe polo que deixou de recibir apoio dep-

sois do primeiro trimestre.

- Un alumno con Alteracións da Fala ( Dislalias), presentaba un rotacismo ( fonema /r/

suave e vibrante múltiple). No segundo trimestre considerouse oportuno prescindir do

apoio, xa que os fonemas estaban rehabilitados.

2ºA)

- Un alumno con Dislalias, presentaba alteración dos fonemas /r/ suave e /r/ vibrante múl-

tiple, ambos fonemas rehabilitados. Ademais presenta un retraso significativo no proceso

lectoescritor. Este alumno non promociona a 3ª de E.P.

- Unha alumna con Dislalias presentaba alteración dos fonemas /r/ suave e /r/ vibrante

múltiple, neste momento estes fonemas están rehabilitados. Presenta tamén un retraso

significativo no proceso lectoescritor. Esta alumna non promociona a 3ª de E.P.

- Un alumno con retraso no proceso lectoescritor. Este alumno repiteu 2º de E.P., destacar

que a súa evolución foi moi favorable polo que despois do primeiro trimestre considerouse

oportuno prescindir do apoio de A.L.

2ºB)

- Un alumno con Dislalias, concretamente un rotacismo. Neste momento ten adquirido o

fonema /r/ suave, ainda que o fonema /r/ ainda non está adquirido. Xunto con isto, este

alumno presenta dificultades de aprendizaxe, polo cal non promociona a 3º de E.P.

Páx. 51

Page 52: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

3ºA)

- Unha alumna con dificultades na lectoescritura ( confusións, omisións, substitucións de

grafemas e nas sílabas trabadas). Ademais esta alumna presenta dificultades de aprendi-

zaxe, polo tanto non promociona a 4º de E.P.

- Un alumno con dificultades no proceso lectoescritor ( confusións, omisións, unións, frag-

mentacións,...), a evolución foi lenta debido á súa actitude.

3ºB)

- Unha alumna con alteracións da fala ( Dislalias) e dificultades de comprensión e expre-

sión oral e escrita.

- Un alumno con alteracións da fala ( Dislalias) e dificultades na lectoescritura. Destacar

que este alumno evolucionou moi favorablemente.

- Un alumno con retraso lectoescritor, indicar que neste momento as maiores dificultades

preséntanse na comprensión.

3º C)

- Un alumno con TDAH e dificultades de lectoescritura ( retraso lector e disgrafía), así

como tamén dificultades de expresión e comprensión oral e escrita. Considerase oportuno

elaborar un A.C.S. de cara ó vindeiro curso.

- Unha alumna con Alteracións da Fala ( Dislalias), concretamente presentaba un sigma-

tismo ( alteración do fonema /s/). Esta alumna foi dada de alta no segundo trimestre.

4ºA)

- Un alumno con TDAH e Trastorno expresivo - comprensivo con moitas dificultades na

lectoescritura ( comprensión baixa, unións e fragmentacións, disortografía, disgrafía...). A

súa evolución está marcada polo estancamento.

4ºB)

- Un alumno con TEA ( Trastorno do Espectro Autista), Trastorno da Linguaxe Expresiva e

Trastorno Atencional. A evolución deste neno é moi favorable e significativa.

Páx. 52

Page 53: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

5º A)

- Un alumno con alteracións da Fala ( Dislalias), concretamente un sigmatismo

( fonema /s/). É que articular o fonema d forma illada e case está integrado na linguaxe

espontánea.

5ºC)

- Un alumno con Déficit de Atención e dificultades de lectoescritura ( retraso lector, disgra-

fía, disortografía, unións e fragmentacións,...).

- Un alumno con Alteracións da Fala ( Dislalias), concretamente un rotacismo. Evolucio-

nou moito na articulación dos fonemas pero ainda non están xeneralizados na linguaxe

espontánea.

6ºA)

- Un alumno con Trastorno da Linguaxe e dificultades tanto na expresión e comprensión

oral e escrita. Este alumno promociona a 1ª da E.S.O.

AGRUPAMENTOS E TEMPORALIZACIÓN:

O horario foi cambiando ó longo do curso para poder adaptalo ás necesidades que

ían xurdindo. Co alumnado de Educación Primaria as sesións foron de 50'/55', así como

as de Estimulación da Linguaxe, as sesións de articulación co alumnado de E.I. foron de

30'.

En total foron atendidos un total de 30 alumnos e alumnas xunto coas sesións de estimu-

lación en E.I.

PAUTAS PARA A INTERVENCIÓN:

Como norma xeral o esquema de traballo que se levou a cabo foi:

* Elaboración de avaliacións iniciais, tomando como referente os informes do D.O., xun-

tanzas co profesorado,... para ver cal era o punto de partida dos alumnos/as.

* Elaboración dos Programas de Intervención específicos para cada un dos alumnos/as,

onde se concretan principalmente: as necesidades, os obxectivos, as actividades, os re-

cursos empregados, a temporalización e criterios de avaliación.

Páx. 53

Page 54: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

* Ó longo do curso ditos Programas de Intervención desglosáronse en sesións, as cales

foron programadas semanalmente. Esta programación foi aberta e flexible, en función das

necesidades que foron xurdindo.

Gustaríame destacar que, na medida do posible, tentouse que as actividades realizadas

foran variadas, lúdicas e o máis significativas posibles, adaptándose en todo momento ós

intereses, necesidades e avances do alumnado. Priorizouse a expresión e a comprensión,

oral e escrita; e as actividades, organizáronse, a groso modo, ó redor dos catro com-

poñentes da linguaxe:

- Compoñente fonético- fonóloxico.

- Compoñente semántico.

- Compoñente morfosintáctico.

- Compoñente pragmático.

Os resultados ó longo do curso foron moi variables. En xeral hai unha melloría das dificul -

tades, aínda que nalgúns casos a evolución é moi lenta. A maioría deles continuarán o

vindeiro curso con apoio de A.L.

Ramallosa, xuño 2017

Ana I. Costa Piñeiro

Especialista en A.L.

Páx. 54

Page 55: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

7.2.2. TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (EDTIC)

Ao longo do curso 2016-17 funcionou o Equipo Abalar, encargado de facilitar

unha axeitada implementación das TIC na práctica diaria de aula. Para acadar ese obxec-

tivos o Equipo Abalar ofrece o soporte técnico que se demande e achega propostas que

se consideren relevantes dende o punto de vista da innovación a través dos recursos que

nos ofrece a tecnoloxía.

Os membros do equipo reuníronse nas datas marcadas no PXA para tratar asuntos

do seu ámbito de actuación. Nestas reunións tomáronse acordos que afectan tanto a xes-

tión dos recursos materiais como a cuestións relacionadas coa formación ou as experien-

cias educativas.

Cómpre sinalar que o feito de que o noso centro sexa sede do Asesor Abalar de

Zona é de moita axuda tanto para a implementación do Proxecto Abalar, O proxecto Edi-

xgal ou o mantemento do equipamento que o profesorado emprega de xeito habitual.

A modo de resumo podemos dividir as actuacións do Equipo Abalar en dúas liñas

que se complementan

1.EQUIPAMENTO TECNOLÓXICO:

1.Ao longo deste curso continuouse a renovación dos equipos de aula tratando de

que en todas houbera un ordenador con capacidade e recursos suficientes para o desen-

volvemento diario das clases.

2.Completouse, mediante un acordo de cesión co CRA de Teo, a dotación de todas

as aulas do centro con encerados dixitais interactivos e ofreceuse apoio ao profesorado

para facilitar o seu emprego na aula.

3.Completouse o proceso de instalación en todos os equipos de uso do profesora-

do e do alumnado da maqueta Abalar libre que nos proporcionou a Consellería de Educa-

ción.Este feito, que era unha vella demanda, supuxo unha mellora importante en canto a

xestión de equipamentos.

4.Continuouse facendo un mantemento do hardware dos equipos informáticos do

centro e acudiuse ao servizo técnico cando foi preciso.

Páx. 55

Page 56: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

5.Mercáronse dous equipos de sobremesa para as aulas que sumados a outros

dous que enviou a Consellería de Educación completaron unha renovación parcial de

equipamentos que deberá continuar nos seguintes cursos.

6.Mantívose en funcionamento unha Aula de Informática con 14 postos todos eles

coa maqueta Abalar Libre que é empregada polo profesorado de acordo cun horario esta-

blecido a principios de curso.

7.Iniciouse o estudo da viabilidade dun proxecto que consiste en por a disposición

do centro un carro de carga con 12 equipos portátiles de xeito que poida ser trasladado ás

aulas da primeira planta para ser empregado polo alumnado de xeito habitual. Propúxose

seguir estudando esta posibilidade que supoñería unha inversión económica importante.

8.Instaláronse dous ordenadores nunha aula de 3º curso de primaria aproveitando

dous postos de rede que a administración instalara en cursos pasados. Considérase moi

positivo poder ofertar ao alumnado un espazo onde traballar coas TIC sen saír da aula ha-

bitual e incluír os recursos tecnolóxicos na dinámica diaria de aula.

2.PROXECTO EDIXGAL.

Ao longo deste curso funcionaron seis unidades Edixgal, tres de 5º curso e tres de

6º curso. Non se detectaron problemas técnicos relevantes e as averías fóronse solucio-

nando en prazos razonables. A estabilidade dos equipos foi satisfactoria e non houbo pro-

blemas importantes de conectividade polo que podemos concluír que o funcionamento foi

correcto.

Durante o segundo trimestre cambiáronse todos os ultraportátiles de uso do alumnado o

que significou unha mellora importante xa que había moitos con problemas de carga da

batería.

O asesor Abalar de zona ofreceu formación ao profesorado sobre aspectos puntuais ou

sobre cambios na plataforma.

Os equipos informáticos empréganse regularmente forman parte do traballo diario

de aula.

Páx. 56

Page 57: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

3. AVALIACIÓN DO PROXECTO EDIXGAL

A finais do curso que remata o equipo docente participante no proxecto Edixgal de-senvolvemos unha avaliación do funcionamento do mesmo, dende o análise profesionalata a repercusión na aprendizaxe e a aceptación familia. Estas son as conclusións acada-das:

Aspectos valorados positivamente

• O proceso de incorporación ao proxecto non foi casual nin repentino, foi a conse-

cuencia dunha evolución metodolóxica xa iniciada no equipo docente de 5º e 6ºnos anos precedentes nos que apoiados na plataforma Moodle, dentro da oferta deferramentas da Consellería, xunto cos recursos acumulados de creación propia eallea favoreceron que comezáramos a abandonar progresivamente o traballo con li-bros de texto.

• Valoramos adecuada a decisión e apoiamos a continuidade.

• Este proceso implicou accións formativas que contribuíron ao éxito posterior do

programa.

• Atopamos unha disposición e motivación elevada no alumnado dende o comezo do

primeiro curso do proxecto.

• Amosan unha rápida superación dos retos e dificultades iniciais.

• Valoramos moi positivamente a información que se lle proporciona ás familias den-

de o comezo do curso, para resolver dúbidas e disipar os medos que os pais e naismanifestan con frecuencia cando non se senten preparados para o apoio aos seusfillos ou fillas con ferramentas dixitais e sobre as condicións de uso dos materiaisque se lles proporcionan.

• Cremos que a organización técnica do proxecto e a dispoñibilidade do equipo fora

do centro (non obrigando ás familias a ningún tipo de gasto) facilita que se minimi -ce a fenda dixital entre o alumnado máis desfavorecido.

• A ampliación na velocidade da rede veu a contribuír no bo funcionamento do siste-

ma, non só no proxecto Edixgal, xa que afectou positivamente a todo o centro.

Dende o punto de vista profesional:

• Destacamos a inmediatez que proporcionan as ferramentas contribuíndo a unha di-

dáctica máis viva, divertida e motivadora.

• Facilitan os procesos de investigación, mellorando visiblemente a competencia dixi-

tal e o manexo da información de xeito progresivo.

• Multiplican as posibilidades do traballo colaborativo, interdisciplinar e en equipo.

Páx. 57

Page 58: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

• Melloran a autonomía ante o estudo e a investigación.

• Facilitan en moitos casos, sobre todo en alumnado de “nee”, maiores niveis de

atención e concentración.

• Axudan a tratar as “boas prácticas” nos dispositivos dixitais, preparando ao alum-

nado para enfrontarse correctamente ao reto tecnolóxico da sociedade actual.

• Entendemos que a formación e interese de todo o profesorado contribúe decisiva-

mente ao funcionamento adecuado do proxecto.

• Destacamos a facilidade para crear novas propostas de traballo inmediatas a partir

da evolución na aula das unidades de traballo.

• A liberdade metodolóxica do docente é total, dende a utilización de unidades dixi-

tais ata a creación dos seus propios recursos.

• Favorece claramente a posibilidade de traballar con UDI (unidades didácticas inte-

gradas) e/ou proxectos interdiciplinares e outras metodoloxías semellantes (we-bquest, tesouros na rede...).

• Descubrimos na comunicación coas familias que en moitos casos estase contri-

buíndo tamén á mellora competencial nos propios pais e nais.

• O apoio permanente do asesor Abalar de zona, con destino no propio centro, é cla-

ve tamén no funcionamento correcto da infraestrutura e por conseguinte do proxec-to. A cambio, o profesorado colabora permanentemente, como centro piloto, na me-llora de todos os aspectos que o funcionamento do sistema poida precisar, para be-neficio de todo o Edixgal a nivel galego (ver informe técnico sobre o proxecto donoso centro)

Propostas de mellora

• Na evolución do proxecto no centro tamén fomos descubrindo lagoas que se foron

corrixindo, outras que están en fase de experimentación para facelo e outras quepropoñemos para que sexan tidas en conta no futuro.

• Estamos de acordo coa preocupación das familias en cato ao tamaño das pantallas

dos equipos do alumnado. Na última xuntanza de coordinadores na Conselleríaprometéusenos unha mellora neste sentido nas novas dotacións no vindeiro curso.

• No caso das propostas editoriais dixitais cremos que se poden ampliar e mellorar

en varios sentidos: facilitar o traspaso de actividades interactivas da unidade a ou-tras ferramentas para utilizar, por exemplo, como avaliación de procesos determi-nados; corrixir os erros que ten algunha editorial para recoñecer o traballo nas acti-

Páx. 58

Page 59: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

vidades interactivas e avalialo correctamente... Tamén manifestouse interese porparte da Consellería para avanzar nesta cuestión.

• O profesorado do equipo Edixgal tratamos sempre de facer un traballo colaborati-

vo, compartindo os recursos elaborados por cada mestra/e. Pero moitas veces aferramenta é demasiado complexa para efectuar os traspasos de recursos dun aulavirtual a outra, dificultando a nosa tarefa.

• Gustaríanos dispoñer de mellores ferramentas de colaboración entre o alumnado.

Actualmente recorremos con frecuencia a outras externas á plataforma do E.V.A.

• Tamén sería bo ter maior control do mestre sobre as comunicacións entre o alum-

nado dentro da plataforma (como fai Edmodo, por exemplo), facéndoas máis trans-parentes, sobre todo nas primeiras fases do desenvolvemento do proxecto, candoaínda as normas non están aprendidas ou asumidas.

• Sería de moito interese a formación das familias para axudalas a situarse neste

mundo dixital, aínda descoñecido en moitas facetas e dotalos de ferramentas paragarantir a seguridade dos seus fillos e fillas.

Facemos, pois, unha valoración altamente positiva destes anos de traballo no pro-xecto. Tanto é así que na mesma xuntanza de avaliación o equipo decidiu solicitar a parti-cipación nun novo proxecto da Consellería de Educación e O.U. para implantar a “robóti -ca” nos mesmos cursos do Edixgal e poder así complementar a formación e afondar naprocura dunha maior competencia dixital, matemática e lingüística ao traballar de xeito in-terdisciplinar entre varias áreas do currículo.

INFORME DO PERSOAL TÉCNICO ABALAR

O CEIP da Ramallosa é un centro que dende o primeiro momento de implantacióndo Proxecto Abalar por os centros educativos de Galicia, estivo sempre aberto aos técni -cos e asesores abalar dependentes da Consellería de Cultura, Educación e OrdenaciónUniversitaria e AMTEGA , que así o requerían para realizar as probas que fosen precisasnunha contorna real de centro educativo, tanto é así que incluso o persoal docente docentro sempre participou activamente nestas probas.

Nesta contorna atopamos que no día de hoxe un dos asesores abalar de zona, tencomo sede dito centro e froito da colaboración tic establecida atopamos o desenvolve-mento para a posterior implantación por os diversos centros educativos das seguintes ac-tuacións:

Páx. 59

Page 60: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

• Probas de virtualización de servidores OpenSuse: Todos os centros públicos in-tegrados no proxecto Abalar, na actualidade 430 centros, contan cun servidor decentro educativo que é preciso manter e actualizar de xeito centralizado. Unha ac-tuación importante e complexa que foi preciso realizar sobre este elemento é a vir-tualización e cambio do sistema operativo e establecendo en todo momento as ga-rantías de que o centro non perdía servicio nin a información almacenada no equi-po.

• Probas e implantación das novas maquetas de equipamento abalar: Todos ecada un dos dispositivos cos que contan tanto alumnos coma profesores na aulaabalar conteñen un sistema operativo xunto cunhas aplicacións de usuario que épreciso manter constantemente actualizadas, cando o cambio é moi significativoque implica un novo sistema operativo, é preciso realizar un clonado de todos ecada un dos equipos, co conseguinte transtorno a nivel funcional nas contornas do-centes.

• Resolución de incidencias en Encerados Dixitais Integrados da marca SMARTTech: Cada aula Abalar conta cun destos dispositivos para os que é preciso garan-tir o seu correcto funcionamento, e para o cal foi preciso realizar certas interven-cións in-situ validando o comportamento do dispositivo.

• Integración de novo equipamento de alumnado: Coa chegada de novos disposi-tivos ao Proxecto Abalar existe a necesidade de verificar o correcto funcionamentona contorna da aula cunha serie de actuacións que requiren a validación das fun-cionalidades esixidas ao dispositivo.

• Execución da sincronización dos distintos elementos que conforman a infra-estrutura do proxecto Abalar: Código dispositivo cliente, sistemas de clonación,etc.; todos e cada unha destas operacións esixen unha serie de probas en centroseducativos.

En canto as tarefas desenvoltas neste centro na contorna do proxecto Edixgal destacanas seguintes:

• Centro de referencia para a resolución de incidencias na infraestrutura Edi-xgal: Calquera das incidencias detectadas, son verificadas neste centros e proba-da a correspondente solución.

• Implantación das diferentes versións a aplicación cliente EVAOffline: dita apli-cación que garante que o alumnado Edixgal dispoña de contidos cando non estáconectado á Internet, sufriu varias transformacións e adaptacións que foi precisoprobar.

• Nova contorna EvaOnline en probas con novo espazo titorías e novas funcio-nalidades de avaliación: Estes novos aspectos para a contorna EVAOnline estana ser probados e avaliados neste último trimestre por o profesorado deste centroen colaboración co asesor de zona, coa finalidade de que si as probas, como demomento o reflexan, son satisfactorias, estas novas adaptacións ao EvaOnlineserán trasladadas ao resto dos centros Edixgal.

A maiores de todo o anteriormente citado, cabe destacar que como iniciativa de profesora-do deste centro, xurdiu a idea de estudar un novo software, chamado Anki, con gran in-terés educativo, e como resultado deste estudo hoxe está implantado en todos os disposi-

Páx. 60

Page 61: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

tivos pertencentes ao proxecto Abalar. Publicada dita experiencia no espazo Abalar na se-guinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/o-uso-do-programa-anki-na-aula

Na actualidade este centro conta cun total de 54 alumnos en 5º curso e 62 en 6º curso, to -dos eles alumnos Edixgal, dos cales podemos indicar que analizando o uso da rede e oacceso aos contidos tanto da plataforma EVA, do servidor Abalar ou de calquera outro re-curso dixital empregado por o profesorado do centro, a totalidade do alumnado empregadurante algún momento da xornada lectiva o dispositivo dun xeito totalmente direccionadopor o profesorado pero cunha autonomía e soltura impresionante no emprego desta novaferramenta de traballo.

Páx. 61

Page 62: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

7.2.3 O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Neste curso o EDLG estivo constituído polos seguintes mestres e mestras:

• Óscar Suárez Carbia (coordinador)

• María Nora Pousa Díaz

• Carmen Midón López

• María Luísa Álvarez Garea

• Fernando Cruces García

• Francisco Nanín Castro

• María Cruz Otero Liste

• Ana Isabel Costa Piñeiro

• María del Carmen Álvarez Garea

• Mónica Seoane Maseda

• M. Isabel Prados García

A EDLG reuniuse o terceiro martes de cada mes (e sempre que foi necesarioa nivel

organizativo), facendo un total de 10 xuntanzas ao longo do curso, das que se levantou a

pertinente acta.

OBXECTIVOS XERAIS

1. Fomentar a concienciación de toda a comunidade educativa ante a riqueza que supón

posuír unha cultura e lingua de noso e a responsabilidade de mantela viva.

2. Valorar o galego como lingua propia de Galicia tendo en conta a realidade diglósica do

país e a necesidade dunha discriminación positiva da nosa lingua.

3. Potenciar o uso do galego dun xeito interdisciplinar.

4. Fomentar e promover actitudes positivas cara á lingua galega, facendo uso dela con

normalidade en todas as situacións de comunicación.

5. Valorar a lingua como sinal de identidade colectivo e recoñecer as pautas que

impoñen a súa utilización social e a súa valoración identificando prexuízos sobre o seu

uso.

6. Potenciar a cultura, o coñecemento da historia, xeografía, etnografía, lingua, literatura,

Páx. 62

Page 63: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

arte e folclore galegos no ensino.

7. Potenciar o uso do galego como lingua de comunicación entre todos os sectores e

utilizala en todos os documentos pedagóxicos e administrativos do centro.

8. Establecer canles de participación e colaboración entre o centro educativo e o resto

da comunidade.

9. Colaborar nas actividades promovidas pola ANPA, Concello, colexios da zona e outras

entidades e asociacións do contorno.

10. Participar activamente nas actividades propostas e organizadas polo Concello de Teo

para que a comunidade educativa coñeza e valore as principais celebracións do noso

concello, sobre todo a feira do San Martiño e o Entroido dos Xenerais.

11. Utilizar estratexias atractivas e lúdicas para desenvolver un proceso de sedución e

convencemento, non de imposición, cara toda a comunidade escolar (profesorado,

alumnado, familias).

12. Darlle publicidade e difusión ás actividades desenvolvidas neste proxecto entre todos

os sectores mencionados.

13. Fomentar o traballo en equipo e a cohesión do grupo para mellorar a iniciativa e

creatividade do profesorado, logrando a colaboración dos distintos órganos colexiados

nas actividades de normalización e dinamización.

14. Artellar unha colaboración e coordinación efectiva entre todos os equipos docentes:

EDL, de biblioteca, actividades extra escolares, dinamización TIC e ABALAR e equipos

de ciclo.

15. Posibilitar que o alumnado castelán falante valore a lingua galega como sinal de

identidade e manteña actitudes positivas cara o seu uso.

16. Poñer ó alumnado en contacto coa realidade do país mediante a realización de

visitas de carácter didáctico e as charlas con escritores e personaxes significativos da

vida social galega.

17. Contribuír á difusión da literatura, da historia e do coñecemento das personaxes

máis significativos da lingua galega.

18. Fomentar o gusto pola lectura a través da participación en campañas de fomento da

lectura como vehículo transmisor da cultura e saber da nosa terra.

19. Celebrar no centro actividades tendentes á recuperación das festas e tradicións da

nosa cultura: Samaín, magosto, Nadal, Entroido, Maios, Día das Letras Galegas, etc.

Páx. 63

Page 64: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

20. Fomentar a participación do alumnado en actividades de emprego da lingua escrita:

concursos de redacción, murais, carteis e traballos colectivos, revista escolar, blogues de

aula, campañas de promoción da lingua ...

21. Potenciar a “visibilidade” permanente da lingua galega no centro, facendo dela unha

lingua próxima tanto nas aulas como fóra delas.

22. Utilizar a lingua galega en todos os documentos do centro tanto administrativos e

pedagóxicos como nos dirixidos ó alumnado e as familias, e en todo tipo de carteis,

letreiros, avisos, ...

23. Continuar ampliando a adquisición de material impreso e textos en galego tanto para

a biblioteca do centro como para as de aula.

24. Ampliar tamén a adquisición de material en galego en formato multimedia.

25. Realizar campañas que proporcionen información e estímulos positivos de valoración

da lingua e axuden a fuxir da identificación do seu uso como algo só académico e

curricular, inseríndoa nos usos da vida cotiá.

CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS

O grado de consecución dos obxectivos é moi satisfactorio, non só grazas ás

actividades levadas a cabo este curso senón tamén pola continuidade dun proxecto de

dinamización da nosa lingua e cultura integrado e coordinado cos demais equipos

docentes do centro, e cunha traxectoria xa moi longa neste senso.

Cómpre, pois, seguir avanzando e traballando na mesma liña, contando coma

sempre co apoio de toda a comunidade educativa.

MEMORIA DESCRIPTIVA DAS PRINCIPAIS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LIN-

GÜÍSTICA LEVADAS A CABO NO CENTRO ESTE CURSO ACADÉMICO:

A.- RELACIONADAS CO CONTORNO SOCIO-LINGÜÍSTICO:

Colaboración con outros centros educativos

Neste senso, e en colaboración co “Equipo de Actividades Extraescolares” (respon-

sable e promotor da actividade), podemos citar as seguintes:

Páx. 64

Page 65: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Xornadas de convivencia escolar cos outros centros do Concello de Teo para o alumna-

do de 6º curso de Ed. Primaria. Celébranse 3 xornadas ó longo do curso (unha en cada

trimestre e cada unha nun centro, A Ramallosa, Calo e Os Tilos) nas que se desenvolven

xogos tradicionais e actividades lúdicas e deportivas, para establecer relacións entre

alumnos e alumnas que terán que convivir o curso seguinte no ensino secundario.

Realización dunha acampada para os alumnos de 6º curso de Ed. Primaria xunto co

CEIP Vite, CPI de Rois, CEIP Igrexa- Calo e algún outro que se sume a esta iniciativa (o

ano pasado fíxoo o ceip Plurilingüe O Grupo, de Ribeira. Trátase de dous días fora das

aulas onde os rapaces e rapazas, ademais de convivir xuntos, están en contacto coa na-

tureza e fan propostas moi distintas ás que desenvolven nas aulas.

Participación en actividades normalizadoras organizadas por asociacións do con-

torno e outros organismos.

Colaboración con todas as asociacións e entidades da zona, participando nas actividades

propostas polas mesmas. Podemos citar entre elas a:

Asociación “Aspamite” de minusválidos de Teo.

ANPA “Río Tella”.

S. R. Calo (Escola de música e baile tradicional).

S. R. Calo (Banda de música e coral).

Banda Cultural de Teo.

Centro Cultural A Ponte Vella.

...

Participación en actividades normalizadoras organizadas polo Concello.

Concellaría de Educación de Teo:

Participación nas distintas actividades didácticas culturais relacionadas co fomento da

cultura e o noso idioma.

Concellaría de Cultura:

Asistencia ás exposicións e actividades culturais e artísticas organizadas

Concellaría de Benestar Social:

Páx. 65

Page 66: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Participación en exposicións e talleres de igualdade, consumo responsable, auto estima e

dinámica de grupos.

Participación nos programas “Xornadas de intercambio xeracional” e “Palabras maiores”

desenvolvidos por persoas maiores que participan no taller de memoria organizado polo

concello. Visitan periodicamente as escolas para fomentar a recuperación dos xogos po-

pulares e do patrimonio inmaterial. Na primeira proposta acoden ós centros para ensina-

rlle ós nenos e nenas, xogando con eles, xogos e xoguetes dos seus tempos, moitos de -

les xa esquecidos. Tamén traen unha mostra de xoguetes elaborados por eles imitando os

que tiveran na súa infancia. Na segunda, relátannos contos, lendas ou mostras da literatu-

ra de transmisión oral que coñecen e que, ademais, veñen de publicar nun libro.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo, brindounos a posibilidade

de participar das seguintes actuacións neste curso 2017:

- Conmemoración dos 180 anos do aniversario de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro conmemóranse os 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, polo

que o Concello quere celebrar esta data provendo de recursos os centros educativos mu-

nicipais.

Nesta ocasión os recursos escollidos son 2 CDs de música en galego que posibilitaron

o emprego deste recurso nas aulas de Infantil, e que pretenden que, a partir da sonorida-

de musical, os nenos e nenas se identifiquen coa lingua galega nos seus momentos de

ocio.

O 23 de febreiro, véspera do Día de Rosalía, o alcalde de Teo, Rafael Sisto Edreira, xunto

coa concelleira de Educación e Cultura, Pilar Pérez Faxil, visitaron o noso centro, para

agasallarnos con 2 discos en galego que se distribuiron entre as aulas de 4º, 5º e 6º de

Educación Infantil no centro.

Os discos teñen relación coa autora Rosalía de Castro e trátase de:

Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle

A miña primeira Rosalía, de Xiana Lastra

Páx. 66

Page 67: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

- Día das Letras Galegas:

O Día das Letras Galegas, adicado a Carlos Casares, foi unha data sinalada para que o

Concello de Teo fixera coincidir unha acción de dinamización lingüística nos centros de

ensino municipais. Esta acción ten como obxectivo poñer en valor tanto o autor homena-

xeado, como a lingua, literatura e cultura galega. En concreto, este ano visitaron o centro

para facernos chegar unha laranxa para cada neno e profesorado, co seguinte lema no

envoltorio de papel “Día das Letras Galegas: Vitaminas para a Lingua Galega”.

Tamén nos agasallaron cuns carteis circulares dedicados a Carlos Casares, para expoñer

nos corredores e tamén na romaría das letras organizada polo centro, como cada ano, na

Área Recreativa de Xirimbao (Teo).

“Regueifesta”

O venres 13 de abril asistimos a un gran espectáculo de regueifa no que participou (a par-

te de noso centro como asistentes), o alumnado de Euskal Herría (con anos de experien-

cia na improvisación do verso) e alumnado de Compostela, Baio, Vila de Cruces e Vigo,

que neste curso estiveron experimentando a materia da Regueifa como unha materia op-

tativa no seu currículo.

Esta aproximación a este espectáculo pretende servir de punto de partida para que, no

vindeiro curso se puidese establecer unha colaboración para promover a materia da Re-

gueifa nos centros de ensino teenses.

A parte destas propostas, o centro participou de xeito activo en todas as actividades pro-

postas dende a Concellería de Cultura. Entre estas pódense destacar as seguintes temáti-

cas dentro da programación anual que nos ofertan:

COÑECE O TEU CONCELLO: Programa de visitas escolares

A Concellaría de Educación do Concello de Teo continuou co programa didáctico

de visitas guiadas ó patrimonio natural e histórico do noso concello dirixidas ó alumnado

dos centros escolares. Entre estas actividades podemos destacar as seguintes:

Páx. 67

Page 68: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

COÑECE O CONCELLO:

Visita ó edificio do concello (salón de plenos e dependencias de atención ó público), e ó

centro sociocultural (arquivo municipal, aula de informática, auditorio). Nesta visita puide-

ron coñecer o funcionamento e a estrutura básica de organización dun municipio.

CARBALLEIRA DE FRANCOS:

Inicio da ruta na Carballeira de Francos, na parroquia de Calo, onde se poden ver restos

do Camiño Real.

Paseo ata a ponte romana de Paradela e ruta andando ata o Castro Lupario, para ver os

restos da muralla.

Aldea de Francos, onde se pode ver o Pazo de Raíces. Volta á carballeira para ver a Igre-

xa do Espírito Santo, o cruceiro gótico, e o cine Garpeni.

Duración aproximada da ruta: Entre 3 e 4 horas.

AS RIBEIRAS DO ULLA:

Visita á Burga de Xermeade e paseo ata a ponte de Pontevea (800 metros aproxi-

madamente).

Visita á área recreativa do Xirimbao.

Duración aproximada da ruta: 3 horas.

BATALLA DE CACHEIRAS (5º e 6º de Ed. Primaria)

Ruta da batalla de Cacheiras. Inicio en Bamonde e finalización en Oza (3,5 km aprox.). De

Oza ata Montouto en autobús.

Duración aproximada da ruta: 3 horas.

Outra plataforma a ter en conta é o EDUCATEO:

Traballo co alumnado sobre o Concello de Teo (historia, creación, parroquias, patrimonio),

sobre a Feira do San Martiño e o seu contorno, e sobre o Entroido dos Xenerais, típico do

noso concello.

Trátase dun material educativo multimedia en formato EDILIM específico para o aproveita-

mento didáctico do contorno que pretende incentivar o traballo tanto do profesorado como

Páx. 68

Page 69: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

do alumnado a través de programas educativos que fomenten o coñecemento das tradi-

cións populares e a revitalización da súa celebración.

B.- PROFESORADO E ALUMNADO.

O primeiro aspecto a ter en conta é a dotación de diferentes materiais e ferramentas de

traballo. Entre elas podemos citar as seguintes:

Adquisición de material impreso (libros de consulta, dicionarios,) para axudar a mellorar a

competencia lingüística en galego do profesorado.

Elaboración de unidades didácticas de apoio que permitan traballar as celebracións reco-

llidas neste proxecto.

Actividades multimedia

Elaboración de materiais didácticos curriculares en lingua galega co programa

Edilim. Estes materias de elaboración propia estarán á disposicición de toda a co-

munidade educativa, así como dos centros que os desexen utilizar a traves da

páxina web do centro.

En colaboración co Equipo TIC, actualización da páxina web dinámica do centro,

animando e axudando ó profesorado a compartir nela as súas actividades e ex-

periencias.

Creación de blogues de aula para publicar novas e traballos.

Elaboración dunha pequena guía con explicacións detalladas dos pasos para su-

bir material didáctico á páxina web e ós blogues de aula, que anime e facilite ó

profesorado a compartir os materiais con toda a comunidade educativa e conver-

ta esta páxina nunha experiencia dinámica e participativa.

Recompilación de materiais TIC e espazos na Internet que faciliten o traballo coa

lingua galega.

A continuación detallamos os eixes e actividades escolares, complemetarias e extraesco-

lares, vertebradoras da nosa práctica educativa como docentes e en consecuencia, da

vida e desenvolvemento no centro dos discentes como estudantes.

Páx. 69

Page 70: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Proxectos educativos

Constitúen o núcleo sobre o que xiran as demais actividades, que lle servirán de comple-

mento e ampliación. Levouse a cabo un un proxecto completo sobre cada festa e cele-

bración e todos seguirán o mesmo esquema. Ao final, expoñénse os traballos feitos polos

cativos no propio centro. As celebracións principais foron as seguintes:

Outono: Samaín e Magosto.

Nadal - Inverno: Entroido.

Primavera: Letras Galegas, Romaría de Xirimbao, .

A modo de exemplo, este é o esquema de traballo orientativo para todos eles:

Exposición con diferentes formatos: centros decorativos, murais, cadros...

A tradición oral: recollida de ditos, refráns, lendas, contos... sobre cada celebración. Ela-

bóranse fichas para o arquivo dos datos e posteriormente xúntanse nun ficheiro.

Os traballos no campo: investigación sobre os traballos que se fan no campo en cada

época: semente, poda, seitura... (exposición fotográfica, aportada polas familias, e textos

informativos elaborados polo alumnado).

Gastronomía: transcrición e elaboración de receitas típicas.

Exposición de fotografías: montaxe de murais con fotografías de cada evento aportadas

polas familias que ambientan os corredores do centro.

Na música: recolleita, identificación (e elaboración propia nalgún caso) das principais can-

tigas ou danzas de cada festa: cantigas de seitura, de muiñada, de traballo co liño, de

santos e patróns; panxoliñas, aguinaldos, xaneiras, reis; regueifas, atranques e coplas sa-

tíricas de Entroido; coplas de Maios; danzas gremiais...

Na arte: recompilación, realización propia e exposición de obras artísticas propias de cada

momento.

Na literatura: en colaboración co equipo de Biblioteca, exposición de libros, contos e tex-

tos sobre cada festa.

O... noutras culturas: materiais para coñecer celebracións semellantes doutros lugares

con estreita colaboración coas profesoras de inglés.

Para saber máis: direccións de internet e materiais que nos axudarán a ampliar informa-

ción, en colaboración co equipo TIC.

Páx. 70

Page 71: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Festas e celebracións tradicionais

Samaín/Magosto (4 de novembro): Este curso escolar, unificamos nunha soa celebra-

ción as dúas festividades, por coincidencia nas datas e pola compatibilidade que dan as

dúas a nivel organizativo e temático.

A vella tradición celta celébrase coincidindo co día de Defuntos. Toda a semana

previa trabállase en cada titoría no coñecemento desta tradición a través das uni-

dades didácticas que se proporcionan; información e recursos que se suben na

páxina web do colexio, vanse adornando tamén as cabazas que se expoñen dous

días antes do Samaín nun corredor do colexio, exposición que visita en quendas

todo o alumnado.

O Magosto, coincide cos días previos ó San Martiño, festivo no noso concello por

ser unha celebración de grande tradición, traballamos na aula coa unidade didácti-

ca correspondente. Na clase de Educación Musical os nenos e nenas aprenden

cancións e coplas relativas a esta festa axeitadas a cada idade.

O día escollido para a celebración, a primeira parte da sesión desenvólvese no pa-

tio a través de xogos populares infantís como a chave, os aros, zancos, carreiras

de sacos, os peóns, ...Posteriormente, todos xuntos (alumnado, profesorado e fa-

milias) gozamos coas castañas que se asan nos asadores dispostos para a oca-

sión e que son aportadas polas familias e polo centro. Os alumnos e alumnas ela-

boran previamente nas aulas os cartuchos, bolsos, sombreiros e outros adobíos

para ambientarse na celebración. Contamos ademais co material educativo EDU-

CATEO I: “A Feira do San Martiño”, elaborado polo Conc. de Educación sobre o

noso concello e dita feira, por ser a celebración máis antiga de todo o contorno.

E para rematarmos, todos os anos, o centro canta unha cantiga alusiva á festivida-

de aprendida na aula de música. Pero este ano o alumnado compuxo e cantou a

súa propia cantiga; “O SamaGosto”. O título veulle dado precisamente, porque

nela se fala das dúas temáticas. Por suposto, engarzouse a letra e audio da mes-

ma á páxina web do centro.

Nadal – Reis (21 de decembro): Arredor destas festas elaboráronse postais con frases e

lemas para felicitar as familias así como as actividades ornamentais propias destas da-

tas. Como actividade conxunta celebramos como xa fixemos en anteriores anos, unha

xornada lúdica con música baile. Este ano da man do pai dunha alumna de infantil, que

Páx. 71

Page 72: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

como monitor de danza nos veu a dar unhas sesións de “zumba” dirixidas a toda a comu-

nidade educativa. A actividade levouse a cabo no pabillón do centro.

Día da Paz (30 de Xaneiro): Baixo o lema “Dalle luz aos teus ollos! Doando as túas

vellas gafas”, o alumnado do CEIP da Ramallosa organizou unha campaña de recollida

de gafas usadas en colaboración coa oftalmóloga Ferrolá Ana González, e a súa auxiliar,

Raquel Vidal. Co fin de axudar a persoas de paises sen recursos, afectadas con proble-

mas de visión, a mellorar as súas vidas. As dúas acudiron ao centro a facer a recollida e

dar unha charla no centro sobre a súa labor, onde os cativos puideron coñecer de primeira

man as súas experiencias e preguntarlles todas as dúbidas que lles xurdiron a raíz desta

fermosa iniciativa.

Entroido (24 de febreiro): O eixe central das actividades do entroido estivo baseado na

temática anual elexida polo centro; “A volta ao mundo en 80 días”.

Para isto, repartimos a temática (país), de cada uha das viaxes da novela entre os

diferentes niveis educativos. Elaboráronse murais e outros elementos como “photo-

call´s”, representativos para cada grupo, que ía caracterizado con temáticas do seu

correspondente país.

Engalanamos o pabillón con todos os traballos plásticos levados a cabo para o fes-

tival, onde cada nivel educativo bailou unha coreografía acompañada dunha mon-

taxe audiovisual producida polo equipo docente para cada país.

A esta festividade, foron convidadas como é costume, todas as familias.

Tamén recuperamos o traballo de murais da unidade didáctica EDUCATEO II, ex-

posto no recibidor do centro. Incidindo sempre no coñecemento da ampla tradición

galega sobre o Entroido, e coñecendo as máis típicas de Galicia (os Peliqueiros, as

Pantallas, os Cigarróns) pero con especial atención á tradición dos “Correos” e “Xe-

nerais” do Ulla, xa que Teo pertence a esa comarca e celebra dito Entroido en to-

das as súas parroquias.

Na terceira avaliación recuperamos todos os traballos plásticos da temática do en-

troido para facer unha gran exposición no aceso do edificio do salón de actos.

“Xornadas de xogos tradicionais no centro”: Durante o horario de recreo da semana

previa á celebración da Romaría de Xirimbao, programáronse unha serie de xogos tradi-

cionais nos que participou por quendas todo o alumnado, coa supervisión do profesorado.

Maios: Trabállase cos nenos e nenas nas dúas vertentes da festa, tanto recollendo coplas

Páx. 72

Page 73: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

tradicionais para cantar como na elaboración de Maios con flores, follas e arbustos que se

recollen nos arredores. Traballo realizado este ano a nivel aula. Ben a través das titorías

como a través da área de Ed. Artística.

Letras Galegas (17 maio): Esta celebración merece unha atención especial neste pro-

xecto pola súa importancia, pola implicación de toda a comunidade e polas actividades

programadas.

Traballo sobre a vida e obra do autor ó que se lle dedica cada ano utilizando o ma-

terial didáctico aportado pola Consellería de Educación e por outros organismos.

Traballo sobre a música tradicional galega a través do coñecemento dos principais

instrumentos e ritmos galegos e dos principais intérpretes de música tradicional, en

colaboración coa área de educación musical.

O EDLG facilitou a todo o alumnado unha ampla batería de recursos imprimibles e

interactivos para saber máis sobre o noso poeta da terra Chá.

Asemade expuxéronse na entrada do colexio os murais que sobre a vida e a obra

de Manuel María enviou a Consellería.

Outras actividades relacionadas coa celebración das Letras Galegas foron:

- Romaría de Xirimbao (16 maio): Como tódolos estes derradeiros anos, dende o

centro organízase unha gran romaría nunha das áreas recreativas da contorna; O

Coto de Xirimbao. Faise precisamente a semana das letras galegas para conme-

morarmos esta festividade. Unha romaría en toda regra, onde os xogos tradicio-

nais, a música e o baile galegos, as nosas comidas máis típicas, as paisaxes, o

paso en pequenos grupos da tan sonada “Ponte colgante de Xirimbao”, etc. Xunto

co carácter familiar e integrador para coas familias (que participan da mesma), fan

desta xornada unha auténtico luxo de festa e aprendizaxes significativos.

Esta actividade leva desenvolvéndose desde o curso 2006-2007 sendo unha das

de maior éxito e participación, xa que se invita tamén ás familias e veciños, e pre-

tendemos que siga tendo continuidade. A festa ten varios momentos que sinala-

mos: Música e cantos tradicionais, circuíto de xogos tradicionais, visita á ponte col-

gante por cursos,... A festa foi acompañada tamén de música tradicional interpreta-

da por un grupo instrumental formado por, pais/nai do alumnado, profesorado e

alumnado do centro.

Páx. 73

Page 74: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Ao medio día. Celébramos un xantar popular ó que asisten familiares dos alumnos

e alumnas e que supón unha excelente ocasión para fomentar as relacións entre

os distintos membros da comunidade educativa. Todo isto, nun marco incompara-

ble do noso Concello, como xa citamos anteriormente.

- Proposta escénica “Os Contos de Toribio” (12 de maio):

Unha adaptación desta colección literaria de Carlos Casares, da man do actor ga-

lego Pedro Brandariz.

Todos os discentes do centro puideron gozar desta actuación no salón de actos do

centro durante a semana de celebración das Letras Galegas.

- Selección de contidos e actividades propostas polo equipo para homenaxe-

ar a Carlos Casares. Este traballo serviunos para dar a coñecer entre os máis cati-

vos e a comunidade educativa, a vida e obra da figura deste gran escritor ourensá,

homenaxeado no día das Letras Galegas 2017. Nesta actividade participou todo o

alumnado do centro.

As propostas foron engarzadas á web do centro para darlle a maior visibilidade po-

sible e a posteriori, moitos deste traballos foron expostos nos espazos destinados á

conmemoración desta celebración na honra da nosa lingua.

Realización de visitas culturais e saídas didácticas:

Asistiuse a concertos de música infantil e tradicional no propio centro, no Auditorio de Ga-

licia, no auditorio de Teo, Auditorio Caixa Galicia,…

Saídas a coñecer paisaxes e lugares significativos no patrimonio galego como o casco

histórico de Compostela, Illa de Ons, Illas Cíes, viaxe en tren a Vilagarcía,...

Visitas a artesáns da zona.

Están detalladas todas polo miúdo na memoria de Actividades Extra - Escolares.

Na nosa memoria gráfica tamén se fai un resumo destas saídas.

Páx. 74

Page 75: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

As TIC-TAC nas aulas ABALAR

Coa incorporación do centro ó “proxecto Abalar” as posibilidades metodolóxicas de traba-

llo nas aulas de quinto e sexto de primaria posibilítannos a integración das TIC (tecnolo-

xías da información e a comunicación) e das TAC (tecnoloxías da aprendizaxe e o coñe-

cemento) para desenvolver procesos de aprendizaxe baseados na investigación, a comu-

nicación e a colaboración. Grazas a iso a lingua, e nomeadamente a lingua galega, adqui-

re unha nova dimensión dende o punto de vista das competencias, xa que é a ferramenta

fundamental de traballo. Precisamos dela para investigar, coa recollida de datos (lectura

selectiva, elaboración de resumos e esquemas e elaboración de documentos propios do

alumnado). Logo temos que empregala para comunicar os resultados da nosa experiencia

ós demais (postas en común, exposicións da documentación nos diferentes soportes utili -

zados). E ademais é o medio sobre o que se manteñen todos os canais de comunicación

que podemos empregar (expresión musical e artística, elaboración de contos, cómic, de-

buxos, vídeos, etc). E, finalmente, nos facilita a organización das equipas e grupos de tra-

ballo na aula para os procesos en cuestión.

Para conseguir todo iso, vimos de facer uso de varias ferramentas propias da tecnoloxía

web2.0 e que estamos aumentando pouco a pouco ó tempo que avanzamos tanto no con-

trol da tecnoloxía precisa coma da introdución na aula desas novas metodoloxías. Na súa

utilización vense implicadas varias técnicas, pero podemos concretar e resumir esta ac-

ción educativa en catro elementos coas súas ferramentas correspondentes:

Escritorios virtuais: son a base organizativa dos recursos dixitais da aula na rede. Con

eles conseguimos concentrar no mesmo espazo web diversos contidos do currículo para

evitar a dispersión que a rede provoca con demasiada frecuencia. Pola súa simplicidade

de elaboración, de cara ó profesorado, estamos a traballar sobre a plataforma de “Netvi -

bes”, cos seguintes proxectos:

http://www.netvibes.com/aprendo Tratamento da área de matemáticas.

http://www.netvibes.com/aprendo2 Tratamento da área de coñecemento do medio.

http://www.netvibes.com/descubro Tratamento de distintos aspectos educativos e aplica-

ble a distintas áreas.

Cazas de tesouros e webquest: Coa súa variante das miniquest son ferramentas funda-

mentais para concretar unha das metodoloxías fundamentais do traballo de investigación.

Apoiámonos tamén nesta plataforma para presentar propostas concretas de elaboración

Páx. 75

Page 76: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

propia. Vaia como exemplo unha serie de miniquest que pretenden favorecer o coñece-

mento de persoeiros galegos ós que o centro dedicou, como homenaxe, unha das súas

aulas. http://www.netvibes.com/ramallosatic

Edmodo: Para favorecer as estruturas organizativas das equipas e de todo o grupo-aula,

e para fomentar a comunicación escrita (e incluso audiovisual) entre o alumnado, e deste

co profesorado (titor/a e especialistas), posibilitando de paso a aprendizaxe no tratamento

das redes sociais, escollemos unha proposta específica para o ensino denominada

“Edmodo”. Esta proposta contempla as características dunha rede social semellante a

“Facebook” ou “Tuenti” pero coa particularidade fundamental de ser privada, é dicir, pe-

chada a toda persoa allea ó grupo, e con algunhas ferramentas propias doutras platafor -

mas relacionadas co E-learning como “Moodle”. Precisamente por ser un espazo privado

facilitamos o enderezo da páxina de entrada, pero non do canal de traballo.

http://www.edmodo.com

Blog de aula: Ventá que dende a aula abrimos para o resto da comunidade educativa. A

través do mesmo pretendemos crear unha canle cara o exterior que nos serva como so -

porte de todo proceso significativo que o grupo teña interese por exteriorizar. Unha moti -

vación a maiores para por en valor o traballo e as aprendizaxes de todo o curso.

http://sonsdaramallosa.blogspot.com

Web do centro: Non queremos esquecer, como complemento de todo isto, a propia páxina

web do centro onde imos comunicando puntualmente as publicacións que nos soportes

mencionados van tendo saída:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipramallosa/

Proxecto E-DIXGAL:

Co obxectivo de pór en marcha o libro dixital nos centros educativos galegos, o proxecto

E-DIXGAL arrancou no curso 2014/2015, incorporando a máis de 2.300 alumnos de 5º de

primaria de 84 centros Abalar que se adscribiron á iniciativa. O CEIP da Ramallosa foi un

deses primeiros centro incorporados ao proxecto e así continuamos a traballar.

Profesorado e alumnado desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno vir-

tual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de E.P. de

diferentes provedores: a editorial EDEBÉ, a empresa de contidos dixitais Netex...

Páx. 76

Page 77: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Cómpre lembrar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén a súa dis-

posición o espazo Abalar con máis de 2.400 recursos educativos dixitais complementa-

rios en sete idiomas.

O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través

dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste

xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet

desde as súas casas, poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que

realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o

netbook volva ter conexión de rede.

No desenvolvemento desta innovadora iniciativa metodolóxica, é fundamental a implica-

ción e formación do profesorado e alumnado

O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con

conexión a internet sempre que se faga uso das claves de acceso que lle serán entrega-

das ao alumnado no centro. Porén o alumno que así o desexe, ten a posibilidade de utili -

zar tamén na súa casa o “netbook” (ordenador portátil) que emprega na clase, para o que

deberá solicitar no seu centro un formulario de préstamo do mesmo, que devolverá asina-

do no prazo máis breve posible.

A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados no mes-

mo é gratuíta para o alumno. As familias comprométense a que o alumnado realice un uso

dilixente do equipamento, ao coidado dun equipo público, que poderá ser usado noutros

cursos por outros alumnos, e a unha utilización vinculada á actividade educativa para a

que é cedido.

C.- CENTRO: Outras actividades desenvolvidas no mesmo.

Un nome para a túa aula

Despois de identificar as aulas do centro fai cinco cursos, dándolle un nome dunha perso-

nalidade galega aproveitamos para seguir traballando no coñecemento da vida e obras

dos persoeiros escollidos, dado que a maioría do alumnado cambia de aula.

- As persoas elixidas foron as seguintes:

Planta baixa: ARTISTAS E PINTORES/AS. Fernando Álvarez de Sotomayor, Menchu La-

mas, Francisco Leiro, Mª Antonia Dans, Eugenio Granell, Urbano Lugrís, Maruxa Mallo.

Páx. 77

Page 78: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Primeiro andar: ESCRITORES E ESCRITORAS. Fina Casalderrey, Xabier P. Docampo,

Xosé Neira Vilas, Marilar Aleixandre, Gloria Sánchez.

Segundo andar: CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS. Luís Iglesias, Jorge Mira, Ramón Verea,

Ramón Mª Aller, Ángeles Alvariño, Domingo Fontán.

Edificio anexo:

Planta baixa: COMPOSITORES E MÚSICOS/AS. Avelino Cachafeiro, Susana Seivane,

Pascual Veiga, Perfecto Feijoo forman parte do.

Segundo andar: PERSOEIRO LOCAL: Neste andar, atópase o salón de actos do centro,

que recibe o nome Avelino Pousa Antelo “Lucho do peto”. Veciño de Teo, Mestre, agraris-

ta, político, escritor galego e presidente da Fundación Castelao no momento de morrer.

Adquisición de materiais en galego

Tanto de libros de consulta e lectura coma en formato multimedia: discos infantís en

galego, música tradicional e folk galega, películas en formato DVD con versións en

galego, xogos multimedia en galego ou con versión nesta lingua.

Elaboración de carteis e paneis gráficos sobre a lingua galega

A través de lemas, situacións da vida cotiá,... que recollan actitudes positivas e

atractivas cara o noso idioma.

Colaboración con outros equipos didácticos

Neste punto, cabe destacar que o eixe principal entorno ao que xiraron gran parte

das actividades complementarias e extra - escolares que se levaron a cabo no cen-

tro, foi a temática de “as viaxes”, encamiñada a través da novela “A volta ao mundo

en 80 días” do escritor Francés “Julio Verne” e proposta polo “Equipo de Bibliote-

ca”.

De maneira que as temáticas de moitas das actividades de conmemoracións espe-

ciais como o entroido... Así como os proxectos de aula e outras actividades pun-

tuais do día a día tiveron ese nexo de conexión, co obxecto de darlle un carácter

globalizado, traballando competencias como: a xeografía (países, cidades,...), cul-

tura (linguas, traxes tradicionais, principais monumentos...), curiosidades etc.

Outras tarefas compartidas polos equipos:

Páx. 78

Page 79: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Equipos docentes: A través dos coordinadores de cada nivel transmitiráselle ás

titorías toda a información das actividades programadas.

Equipo de actividades extra - escolares: deseño, planificación e organización

conxunta das actividades programadas, especialmente das conmemoracións.

E. TIC: colaboración para a dinamización da páxina web, dos blogues de aula,

elaboración de guías explicativas e, en xeral, para todas as actividades multi -

media.

E. Biblioteca: colaboración para as mostras de textos relativos a cada festa e

para a guía de lectura para pais.

Aula de inglés: colaboración para traballar as celebracións equivalentes na cul-

tura inglesa e para a elaboración dun glosario galego/inglés sobre as palabras

máis significativas.

Aula de E. Musical: traballo sobre as manifestacións musicais máis importantes

da nosa cultura (cantigas, instrumentos, danzas, agrupacións). Creación de

contidos audiovisuais e ensaios de cancións e danzas co alumnado para al-

gunhas das principais festividades do centro “Magosto/Samaín”, “Entroido”, Le-

tras Galegas e “Acto de despedida” do alumnado de 6º curso de Ed. Primaria.

Aula de E. Física: aprendizaxe das principais danzas galegas e outras coreo-

grafías contemporáneas.

Aulas de PT e AL: traballarán cos alumnos con NEE as actividades propostas,

en función do seu nivel, características e necesidades educativas.

Acto de “graduación” do alumnado de sexto curso: Dende hai moitos anos celebra-

mos no centro un acto a modo de despedida para o alumndo de sexto curso. Nel ademais

de actividades variadas do propio alumnado como danzas, coreografías, cancións... Vivi-

mos un momento especial, cando ó final do mesmo, alumnado e profesorado cantan a

“canción oficial de despedida do centro”. Cun tema orixinal de “Coulplay” (Viva la vida),

fixemos a nosa propia versión, “Viva a Ramallosa”, con letra en Galego e sobre todo

con moito moito sentemento e amor polo noso. (Achegamos a letra tanto na memoria do

proxecto como na propia web do centro).

Outros proxectos e actividades realizadas para a promoción da lingua:

Creación musical co alumnado, dunha canción con letra propia, a modo de “canción ofi-

Páx. 79

Page 80: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

cial”, para a celebración no Centro Educativo do Samáin e o Magosto: “O SamaGosto”

(Achegamos enlace da canción aquí)

Elaboración dun calendario dixital personalizado con fotos de actividades desenvolvidas

no centro ó longo do curso e as imaxes dos traballos das obras gañadoras do concurso

de refráns, ditos, cantares e adiviñas proposto polo EDNL a nivel centro para esta acti-

vidade. Os textos gañadores, acompañaron o deseño do calendario de cada mes. Esta

actividade afianzou tamén a implicación das familias co centro. Identificándose coas dife-

rentes actividades que se desenvolven ó longo do curso e potenciando a súa colaboración

e participación nas mesmas.

Despois de seleccionarmos as diferentes “obras gañadoras”, que formaron par-

te da parte gráfica e literaria do calendario, realizamos unha exposición no “re-

cibidor” do centro e as escaleiras de aceso á 1ª planta do centro.

(Achegamos enlace ao calendario dixital aquí)

Celebración do Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro, coincidindo co seu aniversario, e seguindo as propostas

da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, realizáronse diferentes activi-

dades nas aulas co alumnado no centro.

6.4. Obradoiro de “Rap-regueifa” en galego. Iniciouse a actividade a través da ma-

teria de Ed. Musical, de cara a encamiñar aos discentes na dinámica proposta

e celebrarmos unha actividade conxunta de escenario no centro (formato festi -

val), con varios participantes e propostas. Este ano por razóns de tempo e im-

plicación a outros proxectos, foinos imposible irmos máis alá. Pero dende logo,

a actividade a nivel aula demostrou xa na aula, o positiva que resulta para fo-

mentar no alumnado a improvisación lírico - musical, a creatividade, o gusto

pola música en galego, e o recoñecemento da nosa lingua e cultura dunha ma-

neira transversal.

OUTRAS ACTIVIDADES:

- Recompilación e difusión a través da páxina web todas as actividades desenvolvidas no

centro para potenciar o uso da lingua e a cultura propias como sinal de identidade.

Páx. 80

Page 81: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

- Celebración no centro de actividades tendentes á recuperación das festas e tradicións

da nosa cultura: Samaín, Magosto, Nadal, Entroido, Maios, Día das Letras Galegas...

- En colaboración co Equipo de Biblioteca, elaboración dunha guía de libros de lectura en

galego que se reparte entre as familias, adaptada para cada idade.

- Recompilación de materiais para elaborar unidades didácticas para traballar as celebra-

cións tradicionais.

- Púxose ó alumnado en contacto coa realidade do país mediante a realización de visitas

de carácter didáctico e “feed-backs” con escritores e personaxes significativos da vida so-

cial galega.

- Participación nas actividades promovidas polo Concello e Asociacións da nosa contorna.

- Recompilación e recuperación de xogos tradicionais que se porán en práctica en distin-

tas conmemoracións do centro. Procederase ó “pintado” dalgúns destes xogos populares

no patio cuberto do centro. A actividade será levada a cabo polos propios discentes baixo

o asesoramento, orientación e organización do equipo docente do centro.

- Exposición de fotografías: montaxe de murais con fotografías de cada evento. Tamén de

obras aportadas polas familias que ambienten os corredores do centro.

- Traballo con fins expositivos sobre persoeiros dos diferentes eidos da nosa cultura que

dan nome a todas as aulas do colexio.

- Traballo cos materiais interactivos Educateo da Concellaría de Educación para coñecer

mellor as festividades do San Martiño e do Entroido na nosa comarca.

Enlace do blog do “Equipo de Dinamización da Lingua Galega”, aquí

PROPOSTAS DE CONTINUIDADE E MELLORA

- Avanzar nas medidas para difundir o proxecto entre o alumnado, familias e comunidade.

- Incrementar as canles de participación e colaboración entre o centro educativo e o resto

da comunidade nas actividades normalizadoras.

- Animar ao profesorado a formar parte do EDLG, aportando actividades anovadoras.

- Seguir potenciando o uso do galego dun xeito interdisciplinar, para mellorar as actitudes

positivas cara o noso idioma. Artellando novas propostas de actividades motivadoras co

fin de continuarmos fornecendo a nosa lingua de galego falantes que gocen de sentir

Páx. 81

Page 82: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

amor verdadeiro polo seu. Pola súa lingua, pola súa cultura, polos seus devanceiros, po-

las súas árbores, polo seu mar, polos seus xogos... Por todo iso que nos define e do que

outros senten envexa sá, e aquí, tristemente, se torna ás veces en vergoña do noso. Para

que as xeracións futuras deixen por fin de sentirse mirados ou simplemente “ter complexo

de inferioridade”, cando empregan a nosa lingua.

7.2.4. A COMISIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTAR. E EXTRAESCOLARES

En base ós obxectivos propostos para a PXA ó inicio do curso escolar 2016-17,consideramos que se alcanzaron os obxectivos propostos.

Utilizamos as actividades propostas por este Equipo co fin de fomentar a formacióne a participación do alumnado deste centro.

Para levalas a cabo aproveitamos todos os recursos: Concello de Teo, Auditorio deGalicia, ABANCA e as que constan na Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba ocalendario escolar e que a continuación detallamos:

• SETEMBRO◦ 4º de EP

▪ Roteiro pola contorna do colexio e visita á prestixiosa adega Gómez &Rial,fundada en 2002.➔ Data: 26 de setembro➔ Lugar: Adegas Gómez-Rial➔ Descrición da actividade: Fixeron un roteiro pola contorna máis próxima

ao colexio. Desprazáronse ate a adega Gómez & Rial, que está no Piro,núm. 8, na parroquia de Oza (Teo). Visitamos a adega que está baixo aregulación da D. O. Rías Baixas. Ollamos os métodos máis tradicionaisna fabricación do viño e as últimas tecnoloxías en viticultura.

• OUTUBRO◦ 5º de EP

▪ Museo de Historia Natural da USC➔ Data: 14 de outubro➔ Lugar: Santiago de Compostela➔ Descrición da actividade: Visita guiada ao Museo de Historia Natural da

USC. Inclúe un taller adaptado á idade dos nen@s. Dirixido por guías doMuseo e especialistas no tema.

◦ Educación Infantil

Páx. 82

Page 83: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

▪ Concerto didáctico: “O pais da banda”➔ Data: 14 de outubro➔ Lugar: Auditorio de Galicia.➔ Descrición da actividade: Conto musical coas distintas familias musicais

da banda.◦ 5ª de EP

▪ Teatro “De los cuentos a las cuentas”➔ Data: 25 de outubro➔ Lugar: Auditorio de Abanca➔ Descrición da actividade: A protagonista fainos viaxar a moitos lugares

sen movernos da nosa butaca nin da súa habitación.

• NOVEMBRO◦ Educación Infantil

▪ Concerto didáctico “Pitusa Semifusa e as familias de instrumentos”➔ Data: 2 de novembro➔ Lugar: Auditorio de Galicia.➔ Descrición da actividade: Pitusa Semifusa pretende aprenderlle aos

nen@s as familias de instrumentos dun xeito lúdico e ameno.◦ 2º de EP

▪ Concerto didáctico “Pitusa Semifusa e as familias de instrumentos”➔ Data: 3 de novembro➔ Lugar: Auditorio de Galicia.➔ Descrición da actividade: Pitusa Semifusa pretende aprenderlle aos

nen@s as familias de instrumentos dun xeito lúdico e ameno.◦ 2ª Ciclo

▪ Teatro “Pulgarcito”➔ Data: 10 de novembro➔ Lugar: Auditorio de Abanca.➔ Descrición da actividade: O universo fantástico do conto será recreado

entre un pai e un avó a véspera dun día moi especial para ambos. Todocomeza ao levantar o dedo pulgar dunha man e deixar voar a imaxina-ción.

◦ Educación Infantil e 1º Ciclo▪ Contacontos “Fadatea”

➔ Data: 16 de novembro➔ Lugar: Auditorio a Ramallosa➔ Descrición da actividade: Actividade que pretende dar a coñecer ao

alumnado o mundo máxico e fantástico de Fadatea, a fada do Concellode Teo, protectora dos libros e das bibliotecas

◦ 2º Ciclo▪ Contacontos “Fadatea”

➔ Data: 17 de novembro➔ Lugar: Auditorio a Ramallosa

Páx. 83

Page 84: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

➔ Descrición da actividade: Actividade que pretende dar a coñecer aoalumnado o mundo máxico e fantástico de Fadatea, a fada do Concellode Teo, protectora dos libros e das bibliotecas.

◦ 1º Ciclo▪ Monicreques “De fábula”

➔ Data: 23 de novembro➔ Lugar: Auditorio de Abanca➔ Descrición da actividade: Bulebule é unha raposa que podería ter saído

dun conto de Esopo. Ven contarnos que deixa a casa dos seus pais, paraindependizarse no bosque, cheo de riscos máis con moitas posibilidades.

• DECEMBRO◦ 5º de EP

▪ Circo “Pistacatro”➔ Data: 1 de decembro➔ Lugar: Auditorio de Galicia➔ Descrición da actividade:

◦ Educación Infantil e 1º Ciclo▪ Monicreques “Pinocho el niño de madera”

➔ Data: 7 de decembro➔ Lugar: Centro Sociocultural da Ramallosa➔ Descrición da actividade: dentro do ciclo de TITIRIBERIA, asistimos a ver

a sesión de monicreques: "Pinocho, el niño de madera" da compañía ca-talana Vergés. Ademais da magnífica adaptación do conto de Carlo Co-llodi, poidemos gozar cunha pequena exposición de títeres do século XIXe principios do XX, do avó dun dos membros da compañía

◦ Educación Infantil▪ Títeres “O apalpador contra o ladrón de xoguetes”

➔ Data: 16 de decembro➔ Lugar: SGAE, en Santiago de Compostela

• XANEIRO◦ 6º de EP

▪ Teatro “Freaky”➔ Data: 11 de xaneiro➔ Lugar: Auditorio de Abanca➔ Descrición da actividade: A obra afonda no problema do acoso infantil a

través dun neno que o resto ve diferente, raro, polo seu xeito de vestir ea súa timidez.

• MARZO◦ Educación Infantil e 1º Ciclo

▪ Concerto Fran Amil “Chuches Amil”➔ Data: 2 de marzo

Páx. 84

Page 85: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

➔ Lugar: Auditorio da Ramallosa➔ Descrición da actividade: Presentación do libro-disco “Un conto o revés

de Chuches Amil”. Nas cancións deste libro-disco vívese a historia dedous irmán soñadores que soñan historias que son soños.

◦ 3º de EP▪ “Invención” Odaiko Krea

➔ Data: 8 de marzo➔ Lugar: Teatro Principal de Santiago (Auditorio de Galicia)➔ Descrición da actividade: o espectáculo percorre distintos momentos his-

tóricos, facendo un repaso ás grandes invencións da humanidade.◦ 2º e 3º Ciclo

▪ Maxia “O Mago Xacobe”➔ Data: 9 de marzo➔ Lugar: Salón de actos do CEIP da Ramalllosa➔ Descrición da actividade: Espectáculo de maxia, que como instrumento

pedagóxico pusúe un gran valos educativo no xenxo de potenciar a inteli -xencia d@s nen@s a través do desenvolvemento do autoconcepto e au-toestima.

◦ Educación Infantil▪ Visita “Fundación Granel”

➔ Data: 29 de marzo➔ Lugar: Fundación Granel en Santiago de Compostela➔ Descrición da actividade: Visita ao museo e obradoiro creativo.

◦ Simulacro de voo▪ Air Europa 1º ciclo

➔ Data: 14 de marzo➔ Lugar: Salón de actos do CEIP da Ramalllosa➔ Descrición da actividade: Grazas á colaboración dunha nai de dous

alumnos do centro que é azafata de Air Europoa, puidemos ambientar osalón de actos como un avión e realizar un embarque en toda regra.Tróuxonos tarxetas de embarque que empregamos ao pasar o control deseguridade.Unha vez dentro do “avión” realizou todas as explicacións que se fan nosvoos antes de despegar.Unha vez todos sentados, proxectamos un despegue dun avión na pan-talla do salón de actos.

◦ Dalle luz aos seus ollos. Visita oftalmólogas de Ferrol▪ Recollida de gafasl

➔ Data: 15 de marzo➔ Lugar: Salón de actos do CEIP da Ramalllosa➔ Descrición da actividade: Os nenos e nenas da Ramallosa, organizaron

unha campaña de recollida de gafas usadas en colaboración coa oftal-móloga ferrolá Ana González e a súa auxiliar, Raquel Vidal, para axudara persoas de países sen recursos, afectadas con problemas de visión, amellorar as condicións de vida.

◦ Charlas Educación Infantil

Páx. 85

Page 86: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

▪ Educación Ambiental➔ Data: 16 de marzo➔ Lugar: aulas do CEIP da Ramallosa➔ Descrición: Obradoiro de Educación Ambiental sobre a reciclaxe. Deixa-

ron un pequeno agasallo de pequenos colectores para as aulas co fin deseparar o lixo

◦ Charlas 1º e 3º▪ Educación Ambiental

➔ Data: 20 de marzo➔ Lugar: aulas do CEIP da Ramallosa➔ Descrición: Obradoiro de Educación Ambiental sobre a reciclaxe. Deixa-

ron un pequeno agasallo de pequenos colectores para as aulas co fin deseparar o lixo

◦ Charlas 2º, 4º, 5º e 6º▪ Educación Ambiental

➔ Data: 21 de marzo➔ Lugar: aulas do CEIP da Ramallosa➔ Descrición: Obradoiro de Educación Ambiental sobre a reciclaxe. Deixa-

ron un pequeno agasallo de pequenos colectores para as aulas co fin deseparar o lixo

• ABRIL

◦ 3º Ciclo▪ Música “La maravillosa historia de Violín Trompeta”

➔ Data: 25 de abril➔ Lugar: Auditorio de Abanca➔ Descrición da actividade: Neste concerto didáctico os pequeños abrirán

as ás para voaren ao mundo da música.

• MAIO◦ 3º Ciclo

▪ Teatro “Sira e o robot”➔ Data: 3 de maio➔ Lugar: Auditorio da Ramallosa➔ Descrición da actividade: obra de teatro baseada no libro-disco “Sira e o

robot”◦ Educación Infantil

▪ Excursión “Apípolis”➔ Data: 31 de maio➔ Lugar: Granxa Apípolis, Sto Andrés de Xeve, Pontevedra

◦ Proposta escénica “Os contos de Toribio”▪ Por Pedro Brandariz.

➔ Data: 12 de maio

Páx. 86

Page 87: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

➔ Lugar: Salón de actos do CEIP da Ramallosa➔ Descrición: Unha adaptación desta colección literaria de Carlos Casares,

da man deste actor galego. Todos os discentes do centro puideron gozardesta actuación durante a semana de celebración das Letras Galegas.

◦ 5º de EP▪ Regueifesta

➔ Data: 12 demaio➔ Lugar: Auditorio de Galicia➔ Descrición da actividade: Asistimos a un gran espectáculo de regueifa no

que participou (a parte de noso centro como asistentes), o alumnado deEuskal Herría (con anos de experiencia na improvisación do verso) ealumnado de Compostela, Baio, Vila de Cruces e Vigo, que neste cursoestiveron experimentando a materia da Regueifa como unha materia op-tativa no seu currículo.

➔ Esta aproximación a este espectáculo pretende servir de punto de parti-da para que, no vindeiro curso se puidese establecer unha colaboraciónpara promover a materia da Regueifa nos centros de ensino teenses.

◦ Andaina 5º▪ Batalla de Cacheiras

➔ Data: 24 de maio➔ Lugar: Concello de Teo➔ Descrición da actividade: Pequena charla sobre a Batalla de Cacheiras.

Andaina polo percorrido da Batalla. Subida ata o punto xeodésico do mi-radoiro de Montouto.

• XUÑO◦ Educación Infantil

▪ Visita dos nenos do CRA➔ Data: 2 de xuño➔ Lugar: CEIP da Ramallosa➔ Descrición da actividade: Benvid@s compas! O venres 2 de xuño, pasa-

mos unha xornada ben agradable xunto as compañeiras e compañeirosdo CRA de Teo que van vir para o ano, para os cursos de 1º e 3º. Visita-mos o centro, pintamos, merendamos, xogamos e coido que o pasamosxenial!

◦ 1º Ciclo▪ Excursión fin de curso “Vilagarcía”

➔ Data: 20 de xuño➔ Lugar: Vilagarcía de Arousa➔ Descrición da actividade: Viaxe en tren ata Vilagarcía. Visita ao museo

do Tren e precorrido en tren turístico desde Vilagarcía ata Carril. Comi-da na praia e xogos pola tarde no parque.

◦ 2º Ciclo▪ Excursión fin de curso “Ons”

➔ Data: 2 de xuño➔ Lugar: Illa de Ons

Páx. 87

Page 88: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

➔ Descrición da actividade: Saída de Portonovo en Cruceiros Rías Baixasás 10:40. Ruta de sendeirismo pola illa con guías oficiais.

◦ 5º de EP▪ Excursión fin de curso Illas Cíes

➔ Data: 20 de xuño➔ Lugar: Illas Cíes➔ Descrición da actividade: Visita Ás illas Cíes coa explicación de dous

guías que mostrarán os aspectos máis importantes da flora, fauna e his-toria das illas.

◦ Andaina 1º Ciclo▪ Pico da Agrela

➔ Data: 22 de xuño➔ Lugar: Concello de Teo➔ Descrición da actividade: Pequena charla sobre a Batalla de Cacheiras.

Andaina polo percorrido da Batalla. Subida ata o punto xeodésico do mi-radoiro de Montouto.

◦ Andaina 2º Ciclo▪ Burga de Xermeade

➔ Data: 19 de xuño➔ Lugar: Concello de Teo➔ Descrición da actividade: Visita á Burga de Xermeade. Pequena camiña-

ta de 15 minutos. Charla formativa sobre o valor do río Ulla, a pesca dalambrea, o salmón e as burgas e as súas propiedades medicinais. Conta-contos de historias cos personaxes do río.

ACTIVIDADES

• OUTUBRO◦ Convivencias 6º

▪ A Ramallosa➔ Data: 7 de outubro➔ Lugar: CEIP A Ramallosa➔ Descrición: O alumnado de 6º participou nuns encontros deportivos cos

outros centros educativos do Concello de Teo: CEIP de Calo e CEIP OsTilos.

• NOVEMBRO◦ Magosto

➔ Data: 4 de novembro➔ Lugar: CEIP A Ramallosa➔ Descrición: A semana do 2 ao 4 de novembro dedicouse ao Outono e ao

Samaín. Desde o martes 2 o alumnado trouxo as cabazas decoradas,centros de outono e outras decoracións elaboradas cos produtos típicos.O venres 4 de novembro celebramos o Magosto. Ata as 12:00h o alum-nado traballou nas aulas con unidades didácticas desta temática. Des-pois das 12:00h baixaron ao patio onde se fixeron xogos tradicionais e

Páx. 88

Page 89: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

para rematar, a partir das 13:00h, comemos as castañas asadas. Comotodos os anos convidamos aos pais a degustalas e a visitar a EXPOSI-CIÓN DE CABAZAS e do OUTONO que se ubicou na entrada da biblio-teca.

• DECEMBRO◦ Carreira 4º, 5º e 6º

▪ Campo a través➔ Data: 2 de decembro➔ Lugar: O Pino

◦ Festival Nadal▪ Zumba

➔ Data: 21 de decembro➔ Lugar: Patio exterior do CEIP A Ramallosa➔ Descrición: na primeira sesión (de 11:30 a 12:00) o alumnado de EI e na

segunda sesión (de 12:30 a 13:30) o alumnado de primaria bailaron zum-ba no patio exterior do CEIP A Ramallosa.

• XANEIRO◦ Día da Paz “Dalle luz aos seus ollos”

➔ Data: 30 de xaneiro➔ Lugar: Patio exterior do CEIP A Ramallosa➔ Descrición: Organizouse unha campaña de recollida de gafas usadas en

colaboración coa oftalmóloga ferrolá, Ana González e a súa auxiliar, Ra-quel Vidal, para axudar a parsoas de paises sen recursos afectadas conproblemas de visión a mellorar as condicións de vida. As dúas acudironao centro a facer a recollida e dar unha charla no centro sobre a súa la-bor, onde os cativos puideron coñecer de primeira man as súas experien-cias e preguntarlles todas as dúbidas que lles xurdiron a raíz desta fer-mosa iniciativa.

• FEBREIRO◦ Entroido

▪ “A volta ao mundo en 80 días de entroido”➔ Data: 24 de febreiro➔ Lugar: Polideportivo Ezequiel Mosquera➔ Descrición: O eixe central das actividades do entroido estivo baseado na

temática anual elexida polo centro; “A volta ao mundo en 80 días”. Paraisto, repartimos a temática (país), de cada uha das viaxes da novela en-tre os diferentes niveis educativos. Elaboráronse murais e outros elemen-tos como “photocall´s”, representativos para cada grupo, que ía caracteri-zado con temáticas do seu correspondente país.Engalanamos o pabillón con todos os traballos plásticos levados a cabopara o festival, onde cada nivel educativo bailou unha coreografía acom-

Páx. 89

Page 90: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

pañada dunha montaxe audiovisual producida polo equipo docente paracada país.A esta festividade, foron convidadas como é costume, todas as familias.

• MARZO◦ Obradoiros Autoestima 5º (memoria do Departamento de Orientación)

◦ Charla 5º e 6º▪ Garda Civil

➔ Data: 6 de marzo➔ Lugar: Salón de actos do CEIP da Ramallosa➔ Descrición: charla sobre o perigo de internet

◦ Convivencias 6º▪ Calo

➔ Data: 31 de marzo➔ Lugar: CEIP de Calo➔ Descrición: O alumnado de 6º participou nuns encontros deportivos cos

outros centros educativos do Concello de Teo: CEIP de Calo e CEIP OsTilos.

◦ Obradoiro Artístico Educación Infantil.▪ Fundación Granell

➔ Datas: 29 e 20 de marzo➔ Lugar: Museo da sede da Fundación Granell

• ABRIL◦ Carrera

▪ Batalla de Cacheiras➔ Data: 22 de abril➔ Lugar: Concello de Teo➔ Descrición:

◦ Sesión de lectura para Educación Infantil▪ Sesión de lectura dos nenos de 3º aos nenos de EI por mor da semana do li -

bro.➔ Data: 24 de abril➔ Lugar: Patio de area de Educación Infantil➔ Descrición: gozamos dunha experiencia compartida con compañeiras e

compañeiros de 3º de EP, que organizaron unha sesión de lectura no pa-tio de area por mor da semana do libro. Os maiores lían libros que se sa-caron para fóra, que podían tamén ver e ler libremente

• MAIO◦ Convivencias 6º

▪ Tilos➔ Data: 18 de maio

Páx. 90

Page 91: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

➔ Lugar: CEIP Os Tilos➔ Descrición: O alumnado de 6º participou nuns encontros deportivos cos

outros centros educativos do Concello de Teo: CEIP de Calo e CEIP OsTilos.

◦ Xogos populares das Letras Galegas▪ Educación Infantil

➔ Datas 8, 10 e 12 de maio➔ Lugar: Patio do CEIP da Ramallosa➔ Descrición: A semana previa ás Letras galegas, os nenos e nenas de E.I.

poidemos gozar de varios xogos populares moi ben organizados e con-ducidos por alumnado de 6º de primaria. Xogamos á chave, ás chapas,aos aros musicais, petanca, ao pano, ao guante-guante, relevo de pelo-tas, zancos, e máis arrastramortos.

▪ Educación Primaria➔ Datas: 9, 11 e 15 de maio➔ Lugar: Patio do CEIP da Ramallosa

◦ Letras Galegas▪ Romería de Xirimbao

➔ Data: 16 de Maio➔ Lugar: Xirimbao➔ Descrición: O Lourenzo dos Soños na Gaiola reluciu no Xirimbao e

acompañounos na Romaría das nosas Letras. Coa caloriña do sol, goza-mos cos xogos tradicionais, co son de gaitas e pandeiretas, coas pezasmusicais dos Asubíos de Rebordelo, coa vista do río Ulla dende as altu-ras e co saboroso xantar ao que acudiron moitas familias do noso alum-nado. Os alumnos/as de primaria xogamos ás cordas, relevo de bolas,pano, zancos, 3 en raia, paracaidas e cruzamos a ponte sobre o río engrupos de 3.Os/as nenos/as de Infantil puideron disfrutar de dous hinchables (finan-ciados polos suministradores do comedor) e dos xogos arrastramortos,cordas e lanzamentos de aros.

• XUÑO◦ Acampada 6º

➔ Data: 31 maio, 1 e 2 de xuño➔ Lugar: Siador. A Saleta. Silleda➔ Descrición: Convivencias intercentros na natureza. Nesta ocasión partici-

paron os centros CEIP de Calo, CEIP Os Tilos, CEIP De Vite, CEIP deRoxos e o CEIP A Ramallosa.

◦ Visita ao IES de Cacheiras➔ Data: 20 de xuño➔ Lugar: IES de Cacheiras➔ Descrición: O alumnado de 6º, acompañado dos/as seus titores/as van

ao instituto a coñecer as dependencias do que será o seu novo centro deestudos a partir do vindeiro curso.

◦ Charla Pais dos alumnos/as de 6º coa directiva do IES de Cacheiras

Páx. 91

Page 92: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

➔ Data: 20 de xuño➔ Lugar: Salón de actos do CEIP A Ramallosa➔ Descrición: reunión informativa do equipo directivo do IES de Cacheiras,

xunto coa Orientadora do Instituto, na que se informou aos pai e nais dosnenos/as de 6º sobre diferentes aspectos relacionados coa nova etapaeducativa dos seus fillos/as.

◦ EXPO-ARTE➔ Data: 9 e 10de xuño➔ Lugar: Casa común de Cachiras➔ Descrición: Exposición do obradoiro de artes plásticas de Educación In-

fantil do CEIP da Ramallosa◦ Graduación do alumnado de 6º

➔ Data: 23 de xuño➔ Lugar: Salón de actos, biblioteca e ximnasio do CEIP A Ramallosa.➔ Descrición: a partir das 12:00 invitouse aos familiares do alumnado de 6º

a un café e unhas roscas, na biblioteca. A partir das 12:30, no salón deactos, fixeron un pequeno festival no que representaron os bailes queprepararon para a acampada, tocaron unha pezas musicais con variosinstrumentos e cantaron a canción de final de etapa.Despois os seus titores fixéronlle entrega dos diplomas correspondentese proxectouse un vídeo coas súas fotos de pequenos e de maiores. Re-matamos a festa comendo todo o alumnado de 6º xunto cos profesoresque lle deron clase, no ximnasio

CONCURSOS

• DECEMBRO◦ Certame de Arte Escola da Fundación Granell.

▪ 3 premios acadados polo noso alumnado◦ Postais de Nadal

▪ Concurso de Postais de Nadal do Concello de Teo.➔ Resultaron premiados varios alumnos/as do noso Cetro.

Páx. 92

Page 93: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

7.2.5. BIBLIOTECA ESCOLAR / PLAMBE

CEIP A RAMALLOSA

Páx. 93

Page 94: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

MEMORIA DE ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO PLAMBE

1. INTRODUCIÓN

A Biblioteca do CEIP A Ramallosa de Teo leva xa varios cursos traballando no programa

PLAMBE (2006). Este curso continuouse co mesmo equipo de traballo que no curso pasa-

do e co mesmo coordinador.

O desenvolvemento dun proxecto de biblioteca escolar ano tras ano vai consolidando o

modelo de biblioteca que perseguimos. Unha biblioteca que sexa un eixe vertebrador da

vida escolar acadando tres obxectivos: desenvolvemento do hábito lector, uso e utilidade

para a aprendizaxe do alumnado e recurso para a ensinanza por parte do profesorado.

Este desenvolvemento do proxecto elaborado non sempre acada un nivel óptimo porque,

ás veces, circunstancias do devenir da escola o dificultan; pero sempre son satisfactorios

os resultados obtidos e a certeza de que a presencia da biblioteca na actividade educativa

vaise incrementando

Páx. 94

Page 95: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

O CEIP A Ramallosa conta con 5 unidades de Infantil (101 alumnos/as) e 15 de Primaria

(309 alumnos/as).

O presuposto do PLAMBE foi de 900 € e 2.299.27 € do Centro.

Este curso o proxecto da biblioteca dedicouse “As Viaxes”. As actividades que fomos de-

senvolvendo durante o curso partiron deste centro de interese.

GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS.

- Catalogación de fondos: Ademais da correspondente catalogación dos fondos de nova

adquisición, continuamos coa catalogación dos materiais que non se prestan fóra do re-

cinto escolar (enciclopedias, dicionarios, e outras obras de consulta), a fin de utilizalos

dentro das actividades de formación de usuarios/as. Catalogáronse arredor de 300 novos

fondos, ademais comezamos a catalogación de fondos que se atopaban nos distintos ci-

clos como bibliotecas de aula, co fin de integralas dentro dos fondos xerais do centro.

(Conseguido)

- Préstamo: O préstamo para a casa fíxose tódolos días no horario de recreo utilizando

os carnés e o programa informático MEIGA. O alumnado colaborador recibiu a principio

Páx. 95

Page 96: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

de curso formación para facer este préstamo, sendo supervisado polo profesorado de gar-

da. Realizouse o préstamo como estaba programado, si ben coidamos que estamos por

debaixo do movemento de fondos que desexariamos. No próximo curso trataremos de au-

mentar cuantitativamente este apartado cunha promoción máis intensa. (Conseguido

parcialmente)

- Completar sinalización: Continuamos coa sinalización dentro da sala de lectura (an-

deis, seccións específicas, temáticas, zonas da CDU), seccións de divulgación nos tabo-

leiros (libros premiados, os lectores opinan, ...) No relativo a este apartado dicir que des-

pois de asistir á conferencia de Susana Peix nos encontros de coordinadores Plambe é in-

tención do equipo de biblioteca realizar unha sinalización máis inclusiva. (En proceso)

- Incremento dos fondos de certas seccións que están escasas: durante este curso

aumentamos os fondos en Banda deseñada (en galego, cómic básicos para alumnado de

menor idade, ...) //Ficción en inglés (o profesorado de inglés asesorou esta sección) // Mú-

sica ( co asesoramento da profesora de música) //Cine clásico en DVD // CDRom: progra-

mas educativos en CDRom. //Cine e literatura (literatura infantil levada ao cine) // Informa-

tivos de diversas temáticas, niveles e en galego. A pesares de mellorar neste apartado

coidamos que debemos seguir incrementando os fondos informativos e científicos, posto

que este curso notamos a súa deficiencia cando tocou levar a cabo investigacións na bi-

blioteca por parte do alumnado para o desenvolvemento do proxecto. (Conseguido)

HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DEBIBLIOTE-

CA.

Equipo da Biblioteca

• Francisco Javier Sánchez Bouzán (coordinador)

• Mónica Seoane Maseda.

• María Carmen Vázquez Espantoso.

• Mª Paz Castillo González.

Páx. 96

Page 97: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

• Isabel Turnes García.

• Santiago Prol Blanco.

• María Isabel Fabeiro Pérez.

• Benxamín Salgado Gómez.

• María Cristina Sanmartín Veiga.

• María Pilar Castro Pastoriza

Durante o presente curso o responsable de biblioteca contou con dúas sesións semanais

en horario lectivo para dedicación a xestión e programación de actividades da biblioteca.

Horario responsable biblioteca:

Martes de 11,10 a 12,00

Xoves de 10,20 a 11,10

O profesorado colaborador non contou con horario exclusivo de dedicación á biblioteca.

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS

En relación coa organización e xestión.

Catalogación de fondos: Tódolos fondos de nova adquisición fóronse catalogando

segundo eran adquiridos. Continuamos ademais cos fondos que só se poden consultar en

sala (dicionarios, enciclopedias, atlas,...) . Os fondos catalogados da nosa biblioteca ata o

momento alcanzan a cifra de 4.300 títulos.

Carnés de usuarios/as: durante o mes de setembro preparáronse os carnés para o

préstamo para o alumnado de primeiro curso e alumnado novo; ademais renováronse

algúns deteriorados ou perdidos de outros cursos. O alumnado de 3º curso a 6º teñen o

carné na aula e o alumnado de 1º ciclo o ten na biblioteca para evitar extravíos.

Colaboradores/as de biblioteca: Como en anos anteriores escollemos varios grupos entre

os rapaces e rapazas de sexto curso que foron alternando os seus labores de

Páx. 97

Page 98: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

colaboración na biblioteca. Antes da apertura do servicio, en setembro, se realiza unha

sesión de formación máis exhaustiva con elas, para que coñezan a fondo a organización

dos materiais e poidan logo axudar na busca ou recolocación dos fondos. As funcións dos

colaboradores-alumnos/as exclúen as de manexo do programa MEIGA para evitar erros

que alteren a base de datos do centro. Ademais hai que dicir que alumnado que non é de

sexto nivel tamén se sumou ao grupo de colaboradores.

- Aumento de fondos:

Libros: Ampliamos a sección de libros en inglés con varios títulos.

A sección de libros de música tamén se vai ampliando co asesoramento da especialista

deste área.

Por suposto, as novidades de interese que nos achegan as editoriais ou que o equipo

valora, tamén chegaron á nosa biblioteca.

Libros informativos, poesía e albumes ilustrados son tres seccións que sempre precisan

ser completadas e actualizadas.

Cine: Estes fondos continúan aumentando pois teñen unha grande demanda. Xunto co

equipo de normalización lingüística seleccionáronse algúns títulos en galego.

Revistas: Continuamos coas subscrición ás revista CLIJ e Reporteiro Doc.

Promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do

currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas.

Solicitóuselles aos coordinadores de ciclo que na primeira reunión co profesorado

recolleran as necesidades en canto a fondos de tipo informativo que detectan, e aquelas

que vaian xurdindo no desenvolvemento do currículo ao longo do curso.

Nos taboleiros de exposición da entrada da nosa biblioteca presentáronse diversas

seleccións de libros (de recente adquisición ou relacionados cun tema de interese). En

Páx. 98

Page 99: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

moitas ocasións estas presentacións van acompañadas dun cartel informativo para

orientar mellor aos usuarios/as (alumnado e profesorado).

Puxéronse a disposición do profesorado listados de títulos de ficción dos que a biblioteca

conta cun número suficiente de exemplares para o desenvolvemento do proxecto lector

na aula.

A sección que a nosa biblioteca ocupa na web do colexio permítenos dar difusión ás

diversas actividades de fomento da lectura que se van programando, os materiais

elaborados para educación documental, novas relacionadas co mundo dos libros,

recomendacións de libros, guías de lectura,...

Fomento da lectura

• Hora de ler: todos os niveis educativos teñen vinte e cinco minutos de lectura diarios entre

as 12,30 horas e as 12,55 horas.

• Difusión de libros relacionados co proxecto e novidades. O noso proxecto estivo dedicado

“As Viaxes”, polo que fixemos unha promoción de libros de lectura relacionados con dife-

rentes lugares do mundo:

. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/1355

Celebracións, conmemoracións, datas sinaladasSemana da bibliotecaDurante unha semana fixemos unha serie de actividades en torno á conmemoración do

Día da Biblioteca:

- Exposición de diversos carteis nos taboleiros relacionados coa función e importancia da

biblioteca.

- Exposición de libros de entre os nosos fondos relacionados coa biblioteca.

- Aproveitamos esta data para poñer en marcha as mochilas viaxeiras en tódolos grupos

de primaria; e de 6º de educación infantil. A actividade segue a ser moi satisfactoria para

alumnado e familias, e os cadernos viaxeiros recollen moitas experiencias positivas e

Páx. 99

Page 100: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

enriquecedoras derivadas da actividade.

- Realizamos unha enquisa entre o noso alumnado para coñecer que libros lle interesaban

máis para que así eles e elas participasen na compra de fondos para a biblioteca.

Outono e Samaín

- Cada ano por estas datas saen ao noso expositor libros e carteis informativos

relacionados co tema para facelos visibles ao alumnado. Relacionados co Samaín

expoñemos ademais as novidades dos nosos fondos que traten o tema do medo.

- Lembramos ás titorías a disposición dun tríptico sobre o Samaín (a tradición, receitas,

cancións) para traballar o tema co alumnado.

Páx. 100

Page 101: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Día contra a violencia de xénero

O alumnado de 5º curso recibiu un obradoiro sobre desigualdade. A biblioteca mercou

libros que tratan, de xeito adecuado a súa idade, sobre desigualdade.

Nadal

- Exposición de libros sobre o tema.

- O alumnado de sexto elaborou murais recollendo a explicación sobre algunhas das

tradicións destas datas (uvas, árbore, roscón,...)

- Lembramos de novo a figura do Apalpador que se está a recuperar, cun cartel

informativo; e algúns libros que contan a súa historia, estiveron á disposición do noso

alumnado.

Día da Paz e a non violencia

- Exposición de carteis e frases relacionadas coa Paz. Exposición de libros con este tema,

recomendacións dende os nosos taboleiros dalgúns libros que puideran sensibilizar ao

alumnado sobre esta conmemoración, sobre todo como podemos contribuír cada un de

nós a acadar un mundo en Paz.

Entroido

- De novo no entroido pedíuselle ás familias aportacións en torno á festa: coplas,

regueifas, receitas, tradicións; e unha vez máis a participación foi moi numerosa.

- Na nosa páxina web aparecen cada ano actividades para traballar o tema do Entroido

tradicional galego co alumnado.

- O alumnado realizou unha actividade interactiva sobre o entroido na comarca do Ulla á

que pertence o colexio e que ten moita tradición nesta zona.

- O entroido tamén o dedicamos as viaxes. Preparamos bailes e coreografías inspiradas

na obra de Jules Verne “A volta ao mundo en 80 días”. Cada nivel vestiu representando

Páx. 101

Page 102: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

unha etapa da viaxe de Phileas Fogg: infantil Francia, primeiro Italia, segundo Exipto,...

ata completar a viaxe!

Día de Rosalía de Castro

Páx. 102

Page 103: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

O 23 de febreiro lembramos esta autora cunha semblanza biográfica, exposición de libros,

lectura de poemas, escoitamos poemas musicados, e copiamos e recitamos algún dos

seus poemas.

Poesía

O alumnado presentou traballos de documentación sobre Rosalía De Castro e a súa obra.

No expositor asomaron ademais dos libros da escritora, moitos dos fondos deste xénero

con que conta a nosa biblioteca.

Mes do libro

Na semana do día do libro sacamos a biblioteca do espazo físico propio e levamola ao pa-

tio montando unha pequena sección tanto no recreo de infantil como no de primaria. O

alumano podía ler no patio nun entorno máis informal. O alumnado de sexto curso leulle

contos ao alumnado de infantil.

Páx. 103

Page 104: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

- Colocamos un mural no patio no que invitabamos ao alumnado a expresarse sobre os

libros (que lle gusta máis dun libro, ...)

Páx. 104

Page 105: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

- Agasallo dun libro: Un ano máis desenvolvimos esta actividade de gran éxito. Trátase de

agasallar a un/ha compañei@ que toca en sorte e que ninguén coñece, cun libro traído da

casa. É un agasallo simbólico xa que realmente se prestará durante un tempo para ser

lido.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/1452

Letras Galegas

A conmemoración das Letras Galegas trae cada ano á nosa biblioteca diversas

actividades en torno ao personaxe homenaxeado.

Como cada ano os carteis que a Consellería enviou sobre Carlos Casares foron colgados

nos corredores. Como primeiro achegamento ao escritor, os grupos foron lendo e

comentando a información mediante unha visita guiada polos seus titores.

Varias unidades didácticas estiveron a disposición dos grupos para un achegamento ao

autor e a súa obra.

A través da web do colexio o alumnado puido traballar a formación documental en torno a

este autor mediante páxinas de tipo informativo ou para facer actividades en rede.

Páx. 105

Page 106: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Páx. 106

Page 107: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Outras actividades

- Guías e recomendacións de lecturas

Como cada ano elaboramos dúas recomendacións de lectura para os períodos

vacacionais de nadal e verán. Entréganse en man e publicítanse na web.

Recomendacións na web

As guías de lectura, as actividades que se van realizando así como diversas novas

relacionadas cos libros son publicadas na nosa web.

Páx. 107

Page 108: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/taxonomy/term/51

- Punto de lectura

Esta pequena sección de recomendación situada sobre o moble expositor da sala recolleu

algunhas recomendacións en formato de marcador que o alumnado podía levar

libremente.

- Mochilas viaxeiras

Páx. 108

Page 109: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Este curso puxemos en marcha esta actividade máis cedo e aínda que o tempo non daba

para levala por máis dunha semana, si permitiu cando rematou a ronda de tódolos

alumnos e alumnas do grupo, poder repetir aqueles que o desexaran.

A acollida, que observamos a través dos comentarios nos cadernos viaxeiros e os que fan

os propios lectores, é moi boa.

Cando as mochilas volven á nosa biblioteca, amosamos en exposición o recollido nos

cadernos.

Hora de ler

Seguimos, un curso máis, desenvolvendo esta actividade para axudar a conseguir o

hábito lector, comprobamos como se vai consolidando a actividade entre o alumnado e o

profesorado se ben nalgúns casos se fixeron adaptacións segundo o funcionamento do

grupo ( preséntanse as lecturas, ler en grupo,...).

Este hábito comeza a arraigar de tal maneira que algún alumnado ten o libro no pupitre e

aproveita ratos de espera para continuar con el.

-- Animación en educación infantil

Como en anos anteriores este alumnado participa nun obradoiro de animación á lectura

unha vez por semana cunha profesora especialista de infantil que desenvolve un proxecto

específico. Ademais dende as titorías participan, como o resto do alumnado, nas

propostas da biblioteca.

- Formación de usuarios/as

Nos primeiros días utilizando os carteis elaborados coa CDU adaptada para primaria coa

que organizamos a nosa biblioteca, e que se colocaron na sala, se realizan sesións de

formación de usuarios ademais de contar cunha guía de usuarios/as así como unha ficha

de actividades . A proposta para esta primeira actividade de formación é a desenvolver en

dúas sesións no ciclo medio; na primeira sería a lectura e comentario da guía para

asegurarse de que todo o alumnado entende o seu significado e na 2ª sesión se

Páx. 109

Page 110: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

realizarían as actividades da ficha. A busca no catálogo da nosa biblioteca é outra

actividade para esta formación de usuarios. Educación para o acceso á información.de

usuarios ademais de contar cunha guía de usuarios/as así como unha ficha de

actividades

Educación para o acceso á información.

O alumnado realizou algún traballo usando os recursos da biblioteca (libros, ordenadores,

espazo) tanto durante as clases como durante os recreos. Esta utilización da biblioteca

como recurso para a aprendizaxe vaise consolidando.

De tódolos xeitos tamén observamos que os ordenadores da sala chegan a pouco

durante a hora dos recreos, o hábito do seu uso vai calando en moito alumnado que

acode habitualmente á biblioteca.

PROXECTO “AS VIAXES”

Este foi o noso leitmotiv durante todo o curso. Comezamos deseñando as actividades que

íamos a realizar e como debiamos integralas no proxecto.

O proxecto comeza cunha carta de Rocky, a nosa mascota, invitando ao alumnado a

investigar sobre as diferentes culturas e lugares.

Páx. 110

Page 111: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Despois do Nadal cada aula recibiu un libro de agasallo. Tratábase do punto de partida

dende o que íamos a comezar as nosas viaxes.

Páx. 111

Page 112: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

O alumnado buscou información, recompilouna e realizou actividades plástica para

representar o que habían aprendido sobre un determinado lugar.

Páx. 112

Page 113: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

No entroido decidimos recrear as viaxes de Phileas Fogg a través do mundo. Cada aula

realizou un baile dun lugar dunha etapa da viaxe: infantil Francia, Primeiro Italia, segundo

Páx. 113

Page 114: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Exipto. Terceiro a India, cuarto a China, quinto USA e por último cerrábase o círculo coa

representación de Londres por parte dos de sexto curso.

Páx. 114

Page 115: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Por ultimo decidimos con todo o material confeccionado durante o curso no proxecto

montar unha exposición aberta a comunidade educativa sobre as Viaxes.

Páx. 115

Page 116: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Páx. 116

Page 117: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Páx. 117

Page 118: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Se queres facer unha visita virtual a exposición preme no seguinte enlace:

Páx. 118

Page 119: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

https://www.youtube.com/watch?v=w8-

kuSto9CE&feature=youtu.be&list=PL9hxyTDOTeSpEw-owzv20lnUBEWV8FGNY

Ademais montamos dous vídeos (un de infantil e outro de primaria) na que o alumnado

nos ensina o que aprendeu sobre os lugares polos que foi pasando Phileas Fogg. Os

vídeos proxectáronse a todo

Páx. 119

Page 120: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

o alumnado en diferentes sesións. Ademais Realizamos dous pases de proxeccións para

os pais e nais do alumnado que suscitaron un gran interese (mais de 130 pais e nais

asistiron a visita á exposición e a proxección dos vídeos).

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/taxonomy/term/109

Páx. 120

Page 121: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Páx. 121

Page 122: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

4 – O GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA O USO

QUE SE FAI DA BIBLIOTECA ESCOLAR.

O grao de implicación do profesorado coa biblioteca é moi positivo. Non só participa nas

actividades que se propoñen dende o equipo de biblioteca, senón que demanda da

biblioteca recursos e medios. En canto ao alumnado dicir que temos que seguir a

convencer e motivar para lograr unha maior participación en algunhas actividades de

carácter optativo (club de lectura, concursos,...). Neste senso será unha das

preocupacións do equipo de biblioteca para o próximo curso.

7.3. CALENDARIO DE REUNIÓNS

ÓRGANOS COLEXIADOS

As reunións destes órganos celebráronse nas datas que se detallan a continuación:

CLAUSTRO CONSELLO ESCOLAR

(Ordinarias) (Extraordinarias) (Ordinarias) (Extraordinarias)02/09/16 15/11/16 25/10/16

08/09/16 25/11/16 13/12/16

25/10/16 24/01/17

13/12/16 25/04/17

24/01/17 30/06/17

25/04/17

30/06/17

Confeccionáronse calendarios para cada avaliación e de fin de curso, co obxectode que non houbera interferencias na asistencia dos profesores e profesoras especialistasdas distintas áreas ás sesións de avaliación de cada un dos niveis. Tamén se establece-ron calendarios con motivo das diferentes celebracións para desenvolver as actividadesque afectaban a todas as titorías: asistencia a talleres, sesións de vídeo, visita a exposi-cións...

Páx. 122

Page 123: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

7.4. A AVALIACIÓN

7.4.1. A AVALIACIÓN DOS ALUMNOS

Houbo reunións de avaliación por cada nivel, tamén en Educación Infantil, na queestiveron presentes os/as titores/as dos grupos correspondentes e o resto do profesoradoque imparte docencia directa neses grupos, incluídos os especialistas de PT e AL, se erao caso. A orientadora e o xefe de estudos tamén asistiron ás sesións de avaliación dos di -ferentes niveis para asesorar e ter constancia das dificultades de aprendizaxe que se íandetectando ao longo do curso. Cada titor/a levantou acta de cada unha das sesións deavaliación correspondente á súa titoría.

RESUMO DOS RESULTADOS DA AVALIACIÓN FINAL

PROMOCIÓN RESULTADOS AVALIACIÓN

PromocionanPromociónobrigatoria

Non promocio-nan

AvaliaciónNegativa

Avaliación Po-sitiva

Total alum-nos

EducaciónPrimaria

1º 38 - - 1 37 38

2º 34 - 4 10 28 38

3º 52 2 1 9 44 53

4º 47 - 1 3 45 48

5º 54 1 - 8 46 54

6º 61 4 1 9 53 62

EducaciónInfantil

4 27 - - - 27 27

5 37 - - - 37 37

6 35 - - - 35 35

Totais 385 7 7 40 352 392

7.4.2. AVALIACIÓNS DE 3º DE PRIMARIA

No presente curso na avaliación de 3º de primaria só se presentaron 3 alumnos/as dos 53 que configuran o nivel. Polo tanto os resultados da mesma non son representati-vos do alumnado, razón pola cal non podemos ofrecer máis información neste apartado.

7.4.3 A AVALIACIÓN DO PLAN XERAL ANUAL. .

A presente memoria constitúe a avaliación do P.X.A.

Páx. 123

Page 124: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

8. ORZAMENTOS:

ORZAMENTOS DO CEIP “ A RAMALLOSA”

Na seguinte táboa preséntanse os orzamentos aprobados para o ano 2.017

Páx. 124

Page 125: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Páx. 125

A) Estado de ingresos:

(sen

com

edor

)

a) Dotacións procedentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 29.319,00 €

a.2) Programa de libros de texto (préstamo) - €

900,00 €

a.4) Fondos recibidos para o plan de mellora de calidade dos centros. - €

37.5

19,0

0 €

a.5) Fondos recibidos para proxectos de ordenación e innovación educativa e similares. - €

100.000,00 €

400,00 € a.8) Outros (indicar): a.8.1) Transporte PROA 6.000,00 € a.8.2) Contratos-Programa (Gastos Funcionamento EI-EP) 900,00 € a.8.3) Abastecemento N.E.E.

a) Total dotacións procedentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 137.519,00 €

- €

- €

d) Ingresos derivados de convenios con persoas físicas ou xurídicas, de acordo coa normativa reguladora. - €

- €

- €

g) Os derivados do uso das instalacións do centro. - €

h) Os remanentes do exercicio anterior. 81.833,76 €

i) Os derivados da venda de fotocopias e uso do teléfono. - €

- €

10,00 €

- €

A) Total ingresos 219.362,76 €

B) Estado de gastos:1. Arrendamentos. - €

38.780,00 €

4.000,00 € 3. Material de oficina. 1.200,00 € 4. Subministracións. 21.630,00 € 5. Comunicacións. 300,00 €

6.000,00 € 7. Traballos realizados por outras empresas. 3.500,00 € 8. Primas de seguro. - € 9. Tributos. - €

500,00 € 650,00 €

12. Mobiliario e utensilios inventariables. 1.000,00 € 13. Outros materiais inventariables.

180.582,76 €B)Total gastos: 219.362,76 € C. Ingresos - gastos (A-B)

- € (Remanente que se incorpora ao exercicio 2017)D. Saldo da/s conta/s bancaria/s (*)E. Diferenza saldo banco - xustificación (D-C)

DILIXENCIA DE APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS DO CEIP DA RAMALLOSA PARA O EXERCICIO 2017

a.1) Gastos de funcionamento. Inclúense 254 € dos gastos do profesorado itinerante

a.3) Dotacións para a biblioteca escolar (fondos documentais, mobiliario e equipos - incluídos os ingresos mellora de bibliotecas escolares para estas finalidades-) Importe aproximado estimado

a.6) Comedores escolares. O ingreso pode variar lixeiramente segundo o número de usuarios/as que asistan nas datas de control. A cantidade, pois é aproximada.a.7) Fondos recibidos da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Importe aproximado estimado

b) Os procedentes doutros organismos públicos, das institucións da Unión Europea ou doutros organismos internacionais

c) Achegas económicas procedentes de legados e doazóns legalmente adquiridas, axudas e subvencións de calquera entidade ou institución privada, ou particulares.

e) Os procedentes do alleamento de bens mobles en desuso, que requirirán a autorización documental previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

f) Os procedentes da prestación de servizos distintos dos remunerados polos prezos públicos dos servizos académicos, e os derivados das pequenas vendas de produtos obtidos polos centros a través das súas actividades lectivas.

j) Achegas de entidades ou particulares para o pagamento dos servizos de comedor, residencias, instalacións deportivas e outros.

k) Xuros da/s conta/s bancaria/s. Importe aproximado estimado

l) Calquera outro ingreso, para o que se deberá contar coa autorización da xefatura territorial da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria.

2. Reparacións, mantemento e conservación. (Inclúe reparacións e renovación TICs)

6. Transporte. (Inclúese o transporte PROA e outros desprazamentos a cargo do colexio: convivencias…)

10. Axudas de custo e locomoción. (Inclúe itinerancia profesorado compartido)11. Gastos diversos. (Inclúe gastos representación, seguridade, farmacia…)

14. Comedores escolares. Importe aproximado estimado

O presente orzamento foi aprobado polo Consello Escolar na sesión Ordinaria celebrada en abril de 2017.

Page 126: Memoria - Consellería de Educación, Universidade e ... · 2.Colocación dunha batería de auga con chaves de paso para cada sección do cole-xio. 3.Eliminación da caseta do antigo

Esta memoria foi presentada ao Claustro e ao Consello Escolar nas corresponden-tes sesións ordinarias celebradas o día 30 de xuño de 2.017.

Tras o seu estudo, ambos os dous órganos colexiados, informárona favorablemente.

A Ramallosa, a 30 de xuño de 2.017

O Secretario Vº e prace

O Director

Páx. 126