MEMORIA CGAC 2020

74
CGAC CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA INTRODUCIÓN | ORGANIGRAMA | MEMORIA 2020 EXPOSICIÓNS – ACTIVIDADES – CESIÓN DE ESPAZOS – PUBLICACIÓNS – BIBLIOTECA – COLECCIÓN – INTERNET E REDES SOCIAIS – INFORME SOBRE NÚMERO DE VISITANTES | ORZAMENTO 2020-2021 | PROGRAMACIÓN 2021 EXPOSICIÓNS – ACTIVIDADES – COLECCIÓN

Transcript of MEMORIA CGAC 2020

Page 1: MEMORIA CGAC 2020

CGACCENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

INTRODUCIÓN | ORGANIGRAMA | MEMORIA 2020 EXPOSICIÓNS – ACTIVIDADES – CESIÓN DEESPAZOS – PUBLICACIÓNS – BIBLIOTECA – COLECCIÓN – INTERNET E REDES SOCIAIS – INFORME SOBRE NÚMERO DE VISITANTES | ORZAMENTO 2020-2021 | PROGRAMACIÓN 2021 EXPOSICIÓNS – ACTIVIDADES – COLECCIÓN

Page 2: MEMORIA CGAC 2020
Page 3: MEMORIA CGAC 2020

ÍNDICE

INTRODUCIÓN

ORGANIGRAMA

MEMORIA 2020EXPOSICIÓNS 09ACTIVIDADES 15CESIÓN DE ESPAZOS 21PUBLICACIÓNS 23BIBLIOTECA 27COLECCIÓN 29INTERNET E REDES SOCIAIS 45INFORME SOBRE NÚMERO DE VISITANTES 47

ORZAMENTO 2020-2021

PROGRAMACIÓN 2021EXPOSICIÓNS 51ACTIVIDADES 59COLECCIÓN 65

05

07

09

49

51

Page 4: MEMORIA CGAC 2020
Page 5: MEMORIA CGAC 2020

5 |

O centro alberga, ademais, fondos pertencentes á colección da Xunta de Galicia e á Colección Carlos Areán.

O crecente número de préstamos solicitados por outras institucións é, sen dúbida, o mellor indicador da relevancia e prestixio conseguidos pola política de adquisicións e depósitos desenvolvida até hoxe polos sucesivos equipos directivos do centro.

ACTIVIDADES E EDUCACIÓNO Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha fi nalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Por iso, ademais dun espazo expositivo, o CGAC é un centro dinámico e multidisciplinar no que se celebran ciclos de conferencias, obradoiros impartidos por artistas e incursións no campo da música, as artes escénicas, a arquitectura, a moda e o cinema, que permiten a participación activa do público e favorecen o intercambio de ideas entre profesionais de distintos ámbitos.

Ao mesmo tempo, o centro desenvolve programas específi cos para familias, centros educativos, determinados grupos profesionais ou colectivos con necesidades especiais e mantén un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos públicos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

PUBLICACIÓNSAs publicacións son outro dos piares do proxecto cultural dun centro que, desde o inicio, prestou sempre especial atención ás posiblidades creativas da edición. O Departamento de Publicacións do CGAC encárgase da elaboración e

O Centro Galego de Arte Contemporánea é un espazo de difusión cultural cuxa principal misión consiste en dinamizar o panorama artístico actual e refl exionar sobre a diversidade das conformacións culturais na sociedade contemporánea.

EXPOSICIÓNSDesde os seus inicios, o CGAC amosou as liñas directrices da arte das últimas décadas mediante exposicións temporais dedicadas a difundir entre o público galego a obra de artistas de recoñecido prestixio internacional.

Outra das liñas de traballo do Departamento de Exposicións, centrada na investigación sobre a evolución histórica do contexto artístico en Galicia, concrétase nunha serie de exposicións de revisión de autores e momentos claves, pero sen esquecer a aposta polos talentos emerxentes, que lle corresponde ao museo como difusor e catalizador dos debates artísticos máis vixentes.

Por último, o centro dedica os seus esforzos á divulgación e posta en valor da Colección CGAC a través de presentacións temáticas e parciais dos seus fondos, que refl icten a diversidade de debates e tendencias representativas da arte actual.

COLECCIÓNO centro conta, desde 1995, cunha colección permanente que non deixou de se enriquecer con incorporacións de obras procedentes do contexto galego e internacional, con especial atención aos artistas españois, portugueses e latinoamericanos.

Os seus fondos fóronse incrementando grazas a unha política de adquisicións coherente, baseada en criterios de calidade e diversidade. Na actualidade conta con máis de 1.300 pezas adquiridas con cargo aos orzamentos anuais da institución ou ben mediante doazóns de coleccionistas particulares, institucións ou artistas.

INTRODUCIÓN |

Page 6: MEMORIA CGAC 2020

supervisión do material gráfi co e os documentos de difusión das exposicións e actividades do museo.

Baseándose nun modelo no que priman o diálogo e a colaboración cos diferentes axentes do mundo da arte, desenvolve unha intensa actividade editorial que se refl icte nos seus catálogos de exposicións, monografías e libros de artista, así como nunha liña paralela de publicacións que recompilan outros documentos e materiais incorporados ao seu fondo editorial a partir dos encontros e sinerxías xerados pola actividade do centro.

O catálogo do CGAC, que hoxe en día supera xa os 300 títulos, contribúe a documentar e divulgar as liñas de traballo desenvolvidas polos diferentes departamentos do centro, a afondar no estudo da arte contemporánea e a difundir nos circuítos internacionais da arte o traballo de artistas, críticos e comisarios.

BIBLIOTECAEntre outros servizos, o CGAC conta cunha biblioteca especializada en arte e cultura contemporánea, dirixida a persoas investigadoras, estudantes e ao público en xeral. Entre as súas funcións principais destaca o labor de documentación e asesoramento que presta aos distintos departamentos do centro para o desenvolvemento da súa actividade.

CAFETERÍA E LIBRERÍAO centro conta ademais cun servizo de cafetería e unha librería especializada en arte contemporánea, deseño e fotografía.

UN ANO DIFÍCIL E COMPLICADOO ano 2020 foi un ano cargado de incertezas e condicionado polas restricións derivadas da excepcional situación socio-sanitaria provocada pola COVID-19.

Tras decretarse o estado de alarma, o 14 de marzo de 2020, e como medida preventiva, o Centro Galego de Arte Contemporánea tivo que pechar as súas portas ao público durante máis dun mes. Esta situación excepcional requiriu un esforzo para repensar o concepto de museo e reformular a súa actividade, reforzando a presenza da institución en liña e fomentando a participación da súa comunidade a través das redes sociais e a xeración de contidos dixitais específi cos (publicacións, vídeos e audios) que contribuíron a enriquecer a oferta en liña do museo.

Tralo peche, as salas de exposicións recuperaron rapidamente a súa actividade, aínda que se fi xo necesario un reaxuste do calendario e unha reconfi guración do

programa anual de actividades. Outros servizos do museo, como a biblioteca, adaptaron o seu funcionamento á nova situación establecendo protocolos especiais para a atención ao público usuario ou facilitando a resolución de dúbidas e consultas por vía telemática. A cafetería e a librería tamén se viron afectadas polo peche do centro e posteriormente polas restricións impostas durante as sucesivas fases da desescalada. A reticencia do público a frecuentar lugares pechados sumada ao notable descenso de visitantes estranxeiros e provenientes doutras comunidades autónomas, supuxo unha mingua considerable dos ingresos para as dúas entidades concesionarias.

A reapertura do centro produciuse o martes 19 de maio e xerou unha gran expectación, xa que o CGAC foi un dos primeiros museos de arte contemporáneo de España en retomar a actividade presencial. As expectativas xeradas pola intensa actividade nas redes e na páxina web do museo propiciaron un aumento no fl uxo de visitantes, que se produciu sempre dentro do estrito cumprimento dos protocolos de seguridade sanitaria decretados pola Xunta de Galicia.

As salas de exposicións recuperaron rapidamente a súa actividade e servizos como a biblioteca pasaron a ofrecer con cita previa. Porén, fíxose necesario un reaxuste do calendario de exposicións e o programa actividades prolongando a duración de algunhas delas e adiando outras.

Tendo en conta que as exposicións inauguradas en febreiro e marzo non tiveran practicamente visibilidade, que o turismo non se reactivaba e que persistían condicións de inseguridade e contaxio, con gran incerteza sobre o futuro máis inmediato, propúxose manter o programa xa inaugurado ata inicios do 2021 sen inaugurar exposicións novas que puidesen atoparse con problemas de transporte ou afl uencia de público.

Así pois, as dúas grandes exposicións inauguradas no primeiro trimestre de 2020, Francesc Torres. Crebas e Antón Patiño. Caosmos mantivéronse abertas ata xaneiro 2021 e optouse por organizar proxectos máis pequenos vinculados á colección, como Wonder Women, artistas mulleres na Colección CGAC, ou La Ribot, unha mostra que estaba prevista para o mes de abril no marco do Festival Plataforma e que tivo lugar fi nalmente no mes de setembro.

Por último, en 2020 o Centro incorporou á súa colección un bo número de obras de artistas galegos ou residentes en Galicia, a través da convocatoria pública para a realización de compras extraordinarias enmarcada no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19.

Page 7: MEMORIA CGAC 2020

7 |ORGANIGRAMA |

ORG

AN

IGRA

MA

DO

CG

AC

Page 8: MEMORIA CGAC 2020
Page 9: MEMORIA CGAC 2020

9 |

desde un punto de vista analítico, partindo desas derivas case situacionistas, nas que camiñar, como práctica estética, xa constitúe unha forma de construír paisaxe. Materiais naturais, mesmo orgánicos, mestúranse con elementos industriais, que oprimen, condicionan ou dirixen, nunha refl exión sobre a acción ineludible do home.

Permeable a toda a historia da  land art, Villamide tamén intervén na propia natureza; cada obra rexistra así a pegada dun percorrido, dun exercicio físico, mental e intelectual, dunha inmersión crítica e estética na paisaxe para coñecer e recoñecer, para crear efecto desde o afecto.

CABRITA. WORK (always) IN PROGRESS

COMISARIOS: SUSANA GONZÁLEZ, SANTIAGO OLMO

15 NOVEMBRO 2019 - 2 FEBREIRO 2020

HALL, PLANTA BAIXA, PLANTA PRIMEIRA E DOBRE ESPAZO

O proxecto expositivo WORK (always) IN PROGRESS formula un discurso secuencial que permite abordar os principais aspectos do traballo de Pedro Cabrita Reis (Lisboa, 1956) a través de series representativas como Compounds, Favorite Places, True Gardens  ou  Floresta  nun arco temporal que percorre tres décadas. A mostra articúlase por medio dunha trintena de obras que ocupan o vestíbulo e as plantas baixa e primeira do CGAC, xunto con intervencións  site specifi c  no exterior do edifi cio. As obras reunidas dan conta da súa extensa produción artística, que evidencia o potencial dialéctico do seu traballo, entre referencias a principios construtivistas e procesuais, cuestións formais minimalistas e o uso prominente do obxecto preexistente.

O sentido da obra de Cabrita Reis, implícito no título da mostra, é o resultado da súa particular mirada, nunha permanente refl exión plástica e fi losófi ca. Cabrita practica un modo de pensamento que se atopa entre as premisas ontolóxicas e as formulacións empíricas, relacionado con aquilo que non resulta tan evidente e que alude á existencia, ao

EXPOSICIÓNS 2020

CHRISTIAN VILLAMIDE

COMISARIA: PAULA CABALEIRO

27 SETEMBRO 2019 - 23 FEBREIRO 2020

ESPAZO DE PROXECTOS

Christian Villamide (Lugo, 1966) refl exiona nesta mostra acerca desa distancia que as persoas adoitamos tomar fronte ao territorio que habitamos para poñer o foco sobre a forza e a violencia coa que sometemos a natureza.

Sabemos que o termo paisaxe é unha construción cultural que parte daquilo que vemos ao contemplar un territorio. O artista fala da paisaxe actual desde a escultura e a instalación, visibilizando escenarios ou non-lugares que chegamos a ocultar como sociedade. Fala “do que tamén é paisaxe” nesa tensión entre a forza da natureza, en continuo cambio, e a súa relación co ser humano. Pon de relevo o confl ito no que a economía capitalista está a someter a natureza e o coñecemento en benefi cio da especulación, inducindo e connotando un mundo de pobreza e destrución enerxética e ecolóxica. Destapa elementos naturais agochados (e afogados) baixo o efecto do ser humano, ironiza sobre aqueles espazos naturais case prefabricados, acoutados, que semellan un ornamento inmellorable nas novas cidades etiquetadas como sustentables. Refl exiona tamén sobre as novas tendencias completamente artifi ciais, nas que “vivir unha experiencia única na natureza” se torna nunha clase de peregrinación de masas na procura da mellor instantánea. Christian Villamide fai unha chamada á autocrítica. Que está nas nosas mans para non sermos cómplices deste sistema opresivo cara á natureza?

Desde unha linguaxe plástica e visual multidisciplinar, Christian Villamide evoca e provoca, nunha perfecta simbiose entre ética e estética, nesa acción de contemplar, tan propia do Romanticismo, na procura do sublime; pero

MEMORIA 2020 |EXPOSICIÓNS |

Page 10: MEMORIA CGAC 2020

| 10

contexto artístico norteamericano na primeira metade dos anos setenta. A súa experiencia vital e artística levouno vivir a medio camiño entre Barcelona e Nova York, e nos últimos vinte anos estableceu un forte vínculo con Galicia, chegando a pasar varias tempadas na Costa da Morte.

Torres analiza de forma tenaz os acontecementos máis destacados do convulso século XX e as súas repercusións na actualidade. O seu traballo tradúcese en hábil exercicio poético e abafadora refl exión crítica verbo da sociedade contemporánea, plasmados ao longo de cinco décadas de intensa produción artística.

Crebas  é un termo propio do léxico da Costa da Morte, que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na ribeira, a consecuencia dun naufraxio ou outras circunstancias. Baixo este título, a exposición mostra unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019, que sintetizan a esencia da obra de Torres. É unha nova oportunidade de reler o seu traballo desde outras perspectivas, observando os vínculos existentes entre as diferentes etapas da súa traxectoria artística, que explora aspectos de carácter histórico, fi losófi co, político e antropolóxico, expresados a través de múltiples medios como a instalación, a fotografía, o debuxo ou a escultura.

Na exposición do CGAC preséntase unha serie de obras inéditas directamente relacionadas con Galicia, que enlazan coas súas primeiras pezas conceptuais dos anos setenta, articuladas en perfecto diálogo con obras posteriores, moi particularmente instalacións multimedia, concibidas como un dispositivo de narración complexo, con frecuencia resultado dun exhaustivo proceso de investigación.

Especialmente destacables son unha das súas pezas históricas Construction of the Matrix, presentada na Bienal de Venecia de 1976, e La campana hermética, unha monumental instalación a modo de  Wunderkammer  ou gabinete de marabillas, revelada aquí como xénese e sustento de toda unha vida de creación. Miles de obxectos de enorme carga simbólica que, do mesmo xeito que as crebas, testemuñan vivencias persoais, sucesos históricos e reiteracións da memoria.

No traballo de Francesc Torres subxace, ademais, un acto refl exivo do seu papel como artista e defende que a arte é, ante todo, un patrón de comportamento da especie humana como forma de aprehender o mundo e a súa propia existencia, unha acción que lle dá sentido. Deste xeito, a práctica da arte non se entende tanto como unha profesión senón como unha necesidade radical, primaria. Este sentir de Torres, acentuado baixo o infl uxo do  fi nis terrae  galego que dá pé a esta

substancial da natureza do ser. A base do seu traballo sitúase na refl exión antropolóxica sobre o comportamento social a través do espazo e do tempo. Pero, lonxe da perspectiva científi ca da análise sociolóxica, o método de Cabrita baséase na capacidade de concibir o mundo de maneira simbólica. Para iso utiliza unha engrenaxe conceptual ligada ás ideas fi losófi cas de transitoriedade, existencia e memoria, refl exionando sobre o esencial desde a evidencia da fi nitude da vida.

Pedro Cabrita Reis propón unha formulación construtiva de hibridación de técnicas e de utilización de múltiples materiais industriais e en desuso, que conforman a obra por superposición, xustaposición, repetición ou axuste. Atópase entre os artistas que teñen como punto en común a refl exión sobre a escultura a través da construción con materiais e formas asociadas ao ámbito arquitectónico. Con todo, o seu traballo expón unha particular visión do elemento construtivo, desde a exploración de territorios metafísicos que se liberan de calquera tipo de dependencia ou subordinación política ou social propia desta disciplina. Pedro Cabrita Reis non pretende emitir diagnósticos da sociedade senón interpretala a través dun proceso creativo que transforma o vello en novo, sobre a base do anterior. A súa intención é sempre a progresión en liña ascendente, un  WORK (always) IN PROGRESS, desde unha postura melancólica de autoconciencia sobre a posición do home fronte á natureza.

FRANCESC TORRES. CREBAS

COMISARIA: ROCÍO FIGUEROA GUISANDE

21 DE FEBREIRO 2020 - 10 XANEIRO 2021

PRIMEIRA PLANTA E DOBRE ESPAZO

Francesc Torres (Barcelona, 1948) é amplamente recoñecido como un dos referentes históricos da instalación multimedia, membro da primeira xeración de instaladores xurdida no

MEMORIA 2020| EXPOSICIÓNS|

Page 11: MEMORIA CGAC 2020

11 |

ANTÓN PATIÑO. CAOSMOS

COMISARIO: ALBERTO RUIZ DE SAMANIEGO

13 MARZO 2020 - 17 XANEIRO 2021

PLANTA BAIXA E SOTO

Caosmos  é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.

A súa é unha fi gura poliédrica mesmo se nos cinguimos á faceta de activista cultural. Profundo investigador das referencias culturais da Galicia moderna (desde Reimundo Patiño a Urbano Lugrís, Carlos Oroza ou Luís Seoane), mantén estreitos vínculos con poetas e escritores, e despregou unha intensa actividade como valedor e difusor da nosa cultura e literatura fóra de Galicia. O obxectivo da exposición é visibilizar todas estas conexións e pór de relevo as múltiples caras dunha personalidade rica e complexa.

O título, Caosmos, é ademais un concepto clave co que o artista vén traballando desde hai anos, un paradigma que defi ne a sofi sticación da hipermodernidade. As lendarias nocións antagónicas da cultura clásica, caos e cosmos, establecen unha fusión dialéctica nunha expresiva aleación conceptual, caosmos, seguindo a intuición do neoloxismo de Joyce.

As polaridades antagónicas como fontes de enerxía creativa estruturan un campo magnético de intuicións poético-artísticas. A presente mostra vai á procura deses espazos de confl ito que defi nen a condición humana. Tensións entre natureza e cultura, pensamento e materia. A cor, o trazo, as representacións iconográfi cas establecen un espazo de fusión e de hibridacións.

exposición, xustifi ca as súas palabras: “Fronte ao mar non hai carreira, non hai mercado, non hai profesión no sentido clásico do termo, só hai pulsión e resposta ante o feito de estar vivo”.

MUSEO (DO ERMITÁN) MAN

COMISARIAS: ANDREA SERODIO, CARMEN HERMO

6 MARZO - 6 SETEMBRO 2020

ENTRADA DO CGAC, ESPAZO DE PROXECTOS E CAFETERÍA

Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936 - Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi presentado durante décadas polos medios de comunicación como un personaxe extravagante, o que non permitiu ver máis alá e recoñecer a verdadeira dimensión artística da súa vida e obra. Man foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente apartado do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que lle deron forma ao seu museo.

O 16 de novembro de 2002, a marea negra do Prestige chegou ao seu xardín e destruíuno por completo. Pouco despois, o 28 de decembro dese mesmo ano, ao ver a súa obra vital arrasada, faleceu. Anos máis tarde, ao acceder ao interior da súa casa para recuperar os seus bens, púidose comprobar a verdadeira magnitude creativa do artista.

O seu legado deixóunolo en forma de proxecto museográfi co, seguindo un proxecto totalmente innovador, no que se plasmaban conceptos moi actuais sobre xestión, difusión e divulgación museística. Sistematizouno nun compendio de 606 fotografías, debuxos e escritos denominado  Museum vom Einsiedler Man. Camelle (La Coruña). Spanien, no que se recolle a esencia da súa creación artística entre os anos 1969 e 1978.

MEMORIA 2020 |EXPOSICIÓNS |

Page 12: MEMORIA CGAC 2020

| 12

imaxe que, aplicada á vida cotiá, atravesa e caracteriza o século XX.

A colección é, para un museo de arte contemporánea, unha ferramenta de traballo imprescindible, un instrumento en constante crecemento e, como tal, nas últimas décadas situouse no centro dun debate sobre  a necesidade de establecer novas narrativas que sexan máis inclusivas e sobre todo plurais. Ese debate estivo focalizado na discusión e revisión dos canons e, moi especialmente, na restitución de lecturas e presenzas que poñan de relevo o papel das mulleres na historia.

Cada unha das pezas desta exposición mostra os cambios profundos producidos ao longo das últimas décadas. Voces de artistas mulleres que non só falan de feminismo ou de cuestións vinculadas con debates de xénero, senón que abordan tamén problemas estéticos ou construtivos. Pintura, escultura, arte sonora,  ready-made  ou obxecto atopado, vídeos e instalacións tenden a subliñar as condicións visuais das obras, en diálogo tanto entre elas como co espazo (vestíbulo, auditorio e outros lugares intermedios ou de tránsito que non foron concibidos orixinalmente polo arquitecto Álvaro Siza Vieira como espazos expositivos).

Esta mostra temática é o punto de partida para un traballo de equipo cuxo obxectivo é investigar sobre a Colección CGAC e as súas posibilidades con vistas a unha futura exposición razoada e histórica.

LA RIBOT. MANUAL DE USO

COMISARIO: IÑAKI MARTÍNEZ ANTELO

18 SETEMBRO 2020 - 14 FEBREIRO 2021

HALL, ESPAZO DE PROXECTOS E AUDITORIO

Manual de uso é unha exposición de La Ribot (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos

Nunha sala de tránsito que comunica os dous niveis da exposición, atópase o arquivo con publicacións, cartas e apuntamentos do artista. Esta sección documental, que se completa coa proxección das ergografías e cun mapa conceptual, confi gúrase como unha sorte de labirinto ou arañeira que describe os cumios de intensidade do Caosmos.

Outra das paradas signifi cativas da mostra é a estancia denominada Inventario de escumas, con centos de xanelas abertas ao mar, cada unha delas coa súa salpicadura ao chou. Unha peza amniótica onde as texturas sonoras do mar están presentes a través dun monitor que nos permite contemplar as obras na paisaxe dos areais atlánticos.

WONDER WOMEN. ARTISTAS MULLERES NA COLECCIÓN CGAC

COMISARIADO: EQUIPO DE TRABALLO SOBRE A COLECCIÓN (AGAR

LEDO, PEDRO DE LLANO E SANTIAGO OLMO)

ARTISTAS: DARA BIRNBAUM, ESTHER FERRER, FERNANDA FRAGATEIRO,

ISABEL GARAY, DORA GARCÍA, MENCHU LAMAS, JAC LEIRNER, LUZ

LIZARAZO, EVA LOOTZ, ALICIA MARTÍN, SUSAN PHILIPSZ

19 XUÑO - 6 SETEMBRO 2020

HALL E AUDITORIO

O título  Wonder Women  fai referencia a unha obra da artista norteamericana Dara Birnbaum, presente na Colección CGAC, que se inspira pola súa vez nunha superheroína concibida orixinalmente para os cómics, a cal chegaría a protagonizar unha serie de televisión de grande éxito nos anos setenta.

Cando Dara Birnbaum profunda nunha lectura crítica do personaxe e se apropia dela como icona pop, Wonder Woman xa se convertera nun emblema do feminismo: a idea dunha muller corrente que se transforma nunha guerreira, nunha loitadora pola xustiza e pola igualdade, que triunfa polo seu esforzo e a súa capacidade, é unha

MEMORIA 2020| EXPOSICIÓNS|

Page 13: MEMORIA CGAC 2020

13 |

dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais. Para unha artista que se move entre ambos os mundos, entre teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e mesmo feiras de arte, moitas das súas creacións foron concibidas nestas oportunidades que ten para poder abordar diferentes traballos nos que un dos condicionantes principais é a temporalidade, unha cuestión que será tratada neste proxecto no CGAC.

Desde principios dos noventa comeza a traballar na construción dunha obra distinta na que empeza a desenvolver as Pezas distinguidas: solos de curta duración que iría acumulando en series/espectáculos desde 1993 e que xogan cos límites entre disciplinas artísticas. Algúns destes traballos chegaron mesmo a ser adquiridos por coleccionistas, expondo cuestións sobre o efémero, o inmaterial e o mercado da arte.

As súas coreografías teñen unha duración que vai desde apenas trinta segundos ata as seis horas de Laughing Hole, unha performance que, tras a súa estrea na feira Art Basel en 2006, puido verse en Galicia no MARCO de Vigo e continúa representándose por todo o mundo, como moitas outras das súas creacións.

O traballo de La Ribot está estruturado mediante un sistema que lle permite investigar, expandir e cuestionar os límites espaciais e temporais da danza e deixar atrás as fronteiras entre público e artista, recoñecendo tamén a fi gura dos técnicos e dos fi gurantes.

A exposición de La Ribot está enmarcada na primeira edición de Plataforma, Festival de Artes Performativas, un proxecto desenvolvido por Performa S. Coop. Galega.

MEMORIA 2020 |EXPOSICIÓNS |

Page 14: MEMORIA CGAC 2020
Page 15: MEMORIA CGAC 2020

15 |MEMORIA 2020 |ACTIVIDADES |

FILOCAFÉ

DO 12 XANEIRO AO 10 MAIO DE 2020

Os primeiros domingos de mes, desde xaneiro ata maio, o CGAC, en colaboración coa Asociación Galega da Crítica, ofreceu novos encontros para fi losofar e gozar dun café diante dunha obra de arte.

Os fi locafés no CGAC son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

As sesións estiveron dirixidas por profesionais de diversos ámbitos disciplinarios, como o dramaturgo Quico Cadaval, a antropóloga Beatriz Busto Miramontes, a fi lóloga Manuela Palacios González, o autor Antón Lopo e o divulgador de arte Miguel Ángel Cajigal Vera (coñecido en Twitter como El Barroquista).

Unha vez ao mes, retiramos unha obra de arte da ColecciónCGAC dos almacéns do museo para que nos acompañase e propiciase un debate sobre ela. As pezas elixidas funcionaron como motor de arranque para cada unha das conversas, que xiraron arredor de cuestións suxeridas polas obras no ámbito temático, conceptual, formal ou mesmo anecdótico.

Debido ás medias sanitarias este ano só se puideron celebrar as sesións dirixidas por Quico Cadaval, Beatriz Busto e Manuela Palacios, respectivamente. Quedan pendentes as sesións dirixidas por Antón Lopo e Miguel Ángel Cajigal.PARTICIPANTES: 101

ACTIVIDADES 2020

TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA. MIES ES + 2019/2020 E 2020/2021

DO 26 OUTUBRO 2019 AO 27 SETEMBRO DE 2020

O CGAC presentou a quinta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea e dirixido ao público infantil.

Os talleres, que tiveron lugar a última fi n de semana de cada mes, desenvolvéronse baixo a dirección do arquitecto Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo foi proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves precisas para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.

Ao longo do ano 2020 desenvolvéronse dúas edicións, a segunda das cales rematará en maio do vindeiro ano. En ambas as dúas abordáronse diversas temáticas de xeito transversal, empregando a arquitectura como fío condutor e centrándose na fi gura de diversos autores como Bruno Zevi, Lilly Reich, Alejandro de la Sota, Wang Shu e Lu Wenyu, ou Diébedo Francis Keré.

Os talleres dedicados a Walter Gropius e Denise Scott Brown tiveron lugar en liña, por mor das limitacións asociadas á pandemia de COVID-19.PARTICIPANTES NOS TALLERES CELEBRADOS NO 2020: 131

CURSO DE HISTORIA DA MODA ALEGACIÓNS A MEDIDA. INDUMENTARIA DO SÉCULO XX

DO 8 XANEIRO AO 11 MARZO DE 2020

Alegacións a medida persegue o serpeante percorrido social, económico e cultural do século XX en Occidente a través da evolución da vestimenta. A moda, en estreita relación coa arte, a música e o cinema ao longo do século, é manifesto fi el da historia do seu tempo.

Ademais de contextualizar os parámetros que hoxe en día seguen vixentes, este curso posibilita unha crónica na que a moda é comunicadora activa dos importantes avances que se produciron, aínda con ocasión de claros retrocesos, na consecución do ansiado progreso colectivo das sociedades occidentais ao longo do convulso e igualmente fascinante século XX.PARTICIPANTES: 70 INSCRITOS PARA CADA SESIÓN

Page 16: MEMORIA CGAC 2020

| 16 MEMORIA 2020| ACTIVIDADES|

un tema transversal que está presente en todas as etapas educativas: a identidade.

Este eixe, de enorme importancia na arte contemporánea e na vida, permite coñecer numerosos referentes creativos e profundar na cuestión da subxectividade (individual e colectiva) a través da experimentación visual e plástica.

O nome, o corpo, a pegada, os obxectos e lugares, as relacións, a imaxe ou a acción serán o noso campo de xogo.

Cunha metodoloxía dinámica e participativa, no curso alternáronse o traballo coas obras de arte, as sesións de observación, refl exión e debate, e os obradoiros de creación.

Supuxo ademais unha oportunidade para pór en práctica propostas didácticas, refl exionar e xerar dinámicas adaptadas aos diferentes contextos educativos.

O contido de Eu, min, me, comigo. Arte, identidade e educación estaba vertebrado arredor dun eixe común, pero organizado en tres bloques que se podían cursar de xeito independente.

Por mor das medidas sanitarias excepcionais aplicadas a causa da COVID-19. Só se puido levar a cabo o primero bloque temático Eu: o corpo como relato. Os dous bloques restantes, Min: obxectos e lugares que me defi nen e Comigo: cruzamentos, lazos e outros encontros, quedaron pendentes. PARTICIPANTES: 20

KINO GALICIA 2020, II MARATÓN INTERNACIONAL DE CREACIÓN DE CURTAMETRAXES

DO 10 AO 18 DE FEBREIRO DE 2020

Do 10 ao 18 de febreiro de 2020, o Centro Galego de Arte Contemporánea acolleu a segunda edición da Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes, unha cita anual que forma parte dun movemento presente en máis de oitenta cidades dos cinco continentes.

Kino Galicia benefi ciouse do programa O Teu Xacobeo (Xunta de Galicia); e contou co apoio do CGAC, a Film Commission e Turismo de Santiago de Compostela, entre outros.PARTICIPANTES: 110

CURSO DE HISTORIA DA ARQUITECTURA. INTRAHISTORIAS DA ARQUITECTURA II. EDICIÓN EN LIÑA

DO 25 MARZO AO 3 XUÑO DE 2020

A segunda edición do curso Intrahistorias da arquitectura tratou áreas transversais desta disciplina. Abordamos temas

TALLERES PARA FAMILIAS 2020. PRÓXIMA PARADAAAAA! ARXENTINA

DO 18 XANEIRO A DECEMBRO DE 2020

En 2020 continuamos a viaxe polo mundo a través do programa de talleres para familias indagando sobre diferentes culturas e xeitos de facer. Nesta edición detivémonos na Arxentina, para explorar o traballo de cinco artistas cuxas miradas, intereses e recursos artísticos permitiron ás familias experimentar e xogar co espazo, coa percepción das cores, a ambientación e a ilusión sensorial.

Dentro do programa desenvolvéronse os bloques temáticos dedicados a Julio Le Parc (Combinacións), Marta Minujin (A escena!), Liliana Porter (Un día +), Leandro Erlich (Non todo é o que parece) e Marina de Caro (Con cobertura).PARTICIPANTES: 207

CURSO DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA ARTE NA AULA. ARTE, IDENTIDADE E EDUCACIÓN

DESDE O 7 DE FEBREIRO

Ciclo de cursos prácticos para docentes, dirixidos pola profesora e historiadora da arte Gael Zamora Lacasta, que presentan a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe na aula.

Despois dun primeiro ciclo de cursos dedicados á aprendizaxe globalizada da lingua, as matemáticas e o coñecemento do medio natural a través da plástica, este ano incorporamos ao programa de educación artística

Page 17: MEMORIA CGAC 2020

17 |

Eses creadores que, en fi n, viaxan ao imposible para encontrar o posible.PARTICIPANTES: 60 (NÚMERO MÁXIMO PERMITIDO DE ASISTENTES)

CURSO DE INTRODUCIÓN Á ÓPERA CONTEMPORÁNEA: CECI N’EST PAS UN OPÉRA

23, 24, 30 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO DE 2020

O termo ópera pode evocar unha arte destinada ao mundo burgués ou, cando menos, allea ás inquedanzas propias do sé culo XXI, coas sú as controvertidas e poliédricas visións da arte e do ser humano.

No entanto, poucas artes teñen refl exionado con tal impacto sobre quen somos e como actuamos como a ópera contemporánea, na que teñen cabida unha ampla variedade de linguaxes novas e rupturistas, escenografías radicais e dramaturxias que xa forman parte do novo canon estético.

Este curso pretende iniciar na ópera actual a aquelas persoas totalmente alleas a ela que queiran indagar, preguntarse e coñecer os conceptos básicos musicais que a conforman, por que e como xorden, mergullarse nas distintas tipoloxías de ópera: expresionista, dodecafónica, serial, ópera-instalación, Literaturoper, etc., sempre concedéndolles unha especial relevancia ás producións máis emblemáticas.

Durante as catro sesións de que consta o curso, revisaranse aquelas óperas que fi xeron evolucionar o xéneros desde o século XX ata a mais estrita contemporaneidade, vinculándoas co seu contexto social e artístico, deténdonos nos seus elementos musicais máis importantes e elaborando un estudo estético-hermenéutico que relacione a produción dos seus compositores coas correntes estéticas que cada ópera mellor representa.PARTICIPANTES: 18

AULA DIVERSA. CORPO EXPRESIVO - CORPO ARTICULADO

DO 5 DE FEBREIRO AO 17 DE XUÑO DE2020

No 2020 o CGAC abriu un novo programa de educación artística para a integración de persoas con diversidade funcional. O proxecto Aula diversa, dirixido pola xestora cultural e educadora Adriana Pazos Ottón, emprega a arte contemporánea como ferramenta de inclusión social e o museo como espazo de aprendizaxe aberto ao encontro das diferenzas.

Entre os meses de xaneiro e xuño de 2020 tiveron lugar unha serie de sesións abertas a colectivos ou persoas con

como a innovación, os arquitectos inventores, a educación a través do xogo de construción, a bioconstrución, as ricas relación entre arquitectura e deseño ou a arquitectura e a arte, así como as relacións entre o arquitecto e o cliente. Falamos de comunidades e dos mestres da arquitectura, deixando sempre un oco para os pioneiros.

Contamos coa proxección de documentais e coa intervención de arquitectos como Manuel Gallego Jorreto e coa colaboración diferentes axentes da construcción como clientes e usuarios da arquitectura contemporánea tales como o estudo Arrokabe, as arquitectas Iria Sobrino, Laura Martínez de Guereñu, o arquitecto Mario Sangallli e a artista Carme Nogueira.

En cada sesión unimos conceptos como a idea e a forma, o deseño e o usuario, a arte e a industria, a historia e o contemporáneo ou a razón e a técnica.PARTICIPANTES: 44

CURSO DE CINE: VIAXES AO IMPOSIBLE (PARA FACER UNHA PELÍCULA, PRIMEIRO TES QUE SUBIR A UNHA MONTAÑA)

DO 7 OUTUBRO AO 16 DECEMBRO DE 2020

Por cada película que chega a ver a luz son moitas as que permancen no limbo do infi lmado. Estas últimas son as únicas películas perfectas porque so existen en potencia, como idea ou como soño, e non sufriron o choque coa realidade. En cambio, as que si chegaron a exixtir serán sempre e necesariamente imperfectas, un catálogo de compromisos e renuncias e , quizás, dalgús felices encontros. “Todo é posible a condición de ser o sufi cientemente insensato”, dixo Orson Welles; pero como el mesmo desubriría, tal optimismo non era máis ca ca o obstinado desexo dun rebelde inconformista.

Cada película que chega aos nosos ollos é polo tanto, un pequeno milagre, un fragmento arrancado da escuridade, do nada e imposible. Porque a beleza do cinema podería estar precisamente no seu caráter improbable e perecedoiro, no milagroso da súa maquinaria tecnolóxica que, como tal, sempre estará a mercé da imperfección, da anomalía, do defecto ou do erro.No interior de cada película aniña a posibilidade de non ser e a historia do cine será sempre unha negociación entre o visible e invisible, entre as súas películas posibles, é dicir, aquelas que chegaron a fi lmarse se ainda se conservan, e as imposibles, aquelas que non se fi lmaron xamais ou se perderon para sempre.

MEMORIA 2020 |ACTIVIDADES |

Page 18: MEMORIA CGAC 2020

| 18

a arte contemporánea como vehículo de aprendizaxe inclusiva e o museo como espazo para o encontro. Un foro no que todo o mundo pode achegar os seus coñecementos, as súas experiencias e as súas perspectivas múltiples.A celebración do DIM 2020 adaptouse ás medidas implementadas por mor da COVID, mediante a organización de actividades en liña. As actividades presenciais leváronse a cabo no mes de novembro.

GUÍA BÁSICA DO CGAC CON PICTOGRAMAS18 DE MAIO

O CGAC presentou un cartel e unha guía básica do CGAC co apoio de pictogramas para facilitar o acceso á información e o achegamento á arte das persoas con TEA (Trastorno do  Espectro do Autismo). A guía pode consultarse na recepción do CGAC e na web do centro.

TALLER EN LIÑA AULA DIVERSA. CORPO EXPRESIVO - CORPO ARTICULADO20 DE MAIO 

O taller Corpo expresivo-corpo articulado  forma parte do programa  Aula diversa. Un proxecto dirixido por Adriana Pazos Ottón para acadar a integración de persoas con diversidade funcional a través da arte contemporánea. 

Durante a sesión traballaremos a linguaxe corporal e a xestualidade e revisaremos expresións físicas que facemos inconscientemente a diario para coreografar a experiencia.

As claves desta proposta son o espertar corporal, a improvisación e a exploración das posibilidades expresivas do espazo que nos rodea e das propias ferramentas que nos ofrece a plataforma en liña.PARTICIPANTES: 27

RUTA O CGAC E OUTROS FITOS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA COMPOSTELÁ13 DE DECEMBRO

DIRIXE: CARMEN REY, ARQUITECTA

Ruta arquitectónica partindo do exterior do CGAC, onde falaremos da importancia desta primeira obra na cidade de Álvaro Siza Vieira, cando acababa de ser galardoado co Premio Nacional de Arquitectura de España.

Continuaremos a andaina deténdonos noutros fi tos da arquitectura contemporánea compostelá, como o conxunto de Xoán XXIII; a residencia do presidente da Xunta de Galicia, de Manuel Gallego Jorreto; a

diversidade funcional e ao público en xeral, que combinaron visitas guiadas e talleres creativos.

O obxectivo era establecer accións integradoras que creasen puntos de encontro entre colectivos e persoas diversas capaces de achegar coñecementos e experiencias desde perspectivas múltiples xerando un espazo físico, conceptual e social común.

Nas distintas sesións traballouse sobre a interdisci-plinariedade nas artes. Amosáronse os traballos de artistas como Joseph Beuys, Marina Abramovic, Bruce Nauman, Pina Bausch ou, no caso de España, Itziar Okariz, Esther Ferrer e Yolanda Domínguez, entre outras fi guras destacadas.

Fíxose referencia así mesmo ás vertentes performativas dalgúns dos artistas que expuxeron no CGAC en 2020 como Francesc Torres e Antón Patiño.

As claves desta proposta son o espertar corporal, a improvisación e a exploración das posibilidades expresivas do espazo que nos rodea e do medio audiovisual.

Ao longo do ano tiveron lugar cinco sesións, tres delas na modalidade en liña.PARTICIPANTES: 76

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2020

DE MAIO A NOVEMBRO DE 2020

O 18 de maio o CGAC sumouse á celebración do Día Internacional dos Museos baixo o lema proposto polo ICOM (Consello Internacional de Museos): “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”.Este ano o centro reforzou a súa aposta pola accesibilidade de todos os colectivos á arte e á cultura contemporáneas, implementando ferramentas de accesibilidade e levando a cabo programas de educación artística nos que se emprega

MEMORIA 2020| ACTIVIDADES|

Page 19: MEMORIA CGAC 2020

19 |

talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas, claustros e espazos abertos de Santiago de Compostela.

O CGAC colabora co  Festival  HerDanza na súa V edición cunha residencia de creación dirixida polo bailarín/ intérprete Mikel Aristegui.PARTICIPANTES: 72

PLATAFORMA. FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS

DO 10 AO 18 DE SETEMBRO DE 2020

Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño. Dirixido por David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo, o Festival nace coa intención de traballar en rede e buscar a complicidade do meirande número de axentes, institucións e espazos posible nunha cidade referente cultural como Santiago de Compostela.

Plataforma  reúne performances, concertos, danza, poesía, deseño e arte contemporánea en exposicións, accións e conversas capaces de ligar a protagonistas galegos con valores recoñecidos internacionalmente como La Ribot, Premio Nacional de Danza e recentemente galardoada co León de Ouro da Bienal de Danza de Venecia, cuxo traballo está exposto no CGAC até o 14 de febreiro de 2021.PARTICIPANTES: 77

fi nca Simeón, tamén coñecida como parque de Vista Alegre, coas obras de César Portela, Arata Isozaki e Antón García Abril; e o  Auditorio de Galicia, de Julio Cano Lasso. Remataremos o paseo retornando á arquitectura de Siza, na Facultade de Ciencias da Comunicación. 

CONCERTO TREATISE DE SUELEN ESTAR QUARTET No mes de novembro o CGAC sumouse á comunidade internacional, nunha segunda convocatoria do Día Internacional dos Museos, para celebrar a Noite dos Museos e o 74.º aniversario do ICOM (Consello Internacional de Museos) cun concerto de música contemporánea no que o cuarteto de corda Suelen Estar Quartet interpretou a peza titulada Treatise. PARTICIPANTES: 30 (LIMITACIÓN DE NÚMERO DE ASISTENTES)

PRESENTACIÓN DO LIBRO CHRISTIAN VILLAMIDE IN LANDSCAPE MODE

26 DE XUÑO DE 2020

O venres 26 de xuño ás 18:30 horas, o CGAC presentou o catálogo da exposició n In Landscape Mode, do artista Christian Villamide, que tivo lugar no CGAC do 27 de setembro de 2019 ao 23 de febreiro de 2020.

Ao acto asistiron Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, a comisaria da exposició n Paula Cabaleiro, o artista Christian Villamide, e o director do CGAC Santiago Olmo.

Logo de colonizar temporalmente os espazos intermedios do museo, a mostra In Landscape Mode trasladouse ás páxinas dun catálogo de exposición onde o artista nos convida a repensar a nosa relación coa natureza a través da refl exión e a contemplación das súas paisaxes reais e imaxinadas. PARTICIPANTES: 50 (CAPACIDADE DA SALA LIMITADA A 50 ASISTENTES)

V EDICIÓN FESTIVAL HerDanza 2020

DO 31 DE AGOSTO AO 5 DE SETEMBRO

Desde este festival buscamos a dinamización e promoción  da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar.

O festival desenvolverase durante unha semana e ofrecerá diversas actividades arredor da danza contemporánea:

MEMORIA 2020 |ACTIVIDADES |

Page 20: MEMORIA CGAC 2020

| 20

Participaron: Antón Patiño, Estíbaliz Espinosa, Manuel Rivas, Xabier Romero e Santiago OlmoPARTICIPANTES: 20

VISITAS GUIADAS DURANTE A FIN DE SEMANADURANTE TODO O ANO

Todos os domingos do ano o público puido achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte. Este servizo ten como fi nalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

Debido ás medias sanitarias as visitas víronse interrompidas de marzo a xuño. Retomáronse en xullo e leváronse a cabo con restricións do número de e participantes estiveron suspendidas de novo durante o mes de novembro. PARTICIPANTES: 239

VISITAS GUIADAS CON CITA PREVIA

DE XUÑO A SETEMBRO DE 2020

O CGAC ofrece visitas guiadas gratuítas ás súas exposicións temporais de martes a venres para todos os colectivos ou persoas que o desexen. Este servizo ten como fi nalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.No caso dos grupos escolares dos ciclos de educación infantil e de primaria, o persoal do Departamento de Actividades e Educación deseñou ademais talleres didácticos específi cos para complementar a visita ás mostras artísticas.Debido ás medidas sanitarias, este servizo víuse interrompido desde o mes de marzo até a actualidade. PARTICIPANTES: 929

ENCONTROS CO PÚBLICO DE ARTISTAS E COMISARIOS/AS DAS MOSTRAS QUE SE INAUGURAN NO CGAC

Estes encontros teñen lugar o mesmo día da inauguración de cada unha das exposicións que se realizan no CGAC. De modo que o público ten a posibilidade de oír e poder preguntar aos diferentes artistas e comisarios/ as directamente sobre o seu traballo e a realización de cada proxecto.

ANTÓN PATIÑO. CAOSMOS. PROGRAMA DE ACTIVIDADES

DE SETEMBRO 2020 A XANEIRO 2021

Co obxectivo de visibilizar as diversas facetas e aspectos de Antón Patiño como escritor, poeta e ensaísta ademais de pintor, programáronse unha serie de presentacións, diálogos e mesas redondas sobre libros, ideas e sobre a propia exposición Caosmos. Deste xeito ponse de relevo a singularidade dunha exposición que vai alén da pintura desde a pintura.

Programa de actividades : Antón Patiño. Caosmos

SETEMBROVenres 25. Presentación do cómic Esquizoide (Editorial Elvira, 2020)Participaron: Antón Patiño, Xabier Romero e Santiago OlmoPARTICIPANTES: 27

OUTUBROVenres 2. Presentación pública da exposición  Antón Patiño. CaosmosParticiparon: Antón Patiño, Alberto Ruiz de Samaniego e Santiago OlmoPARTICIPANTES: 48

Xoves 8. Conferencia e mesa redonda arredor dos libros De dónde vienen las imágenes (Fórcola, 2018), Todas las pantallas encendidas  (Fórcola, 2016) e Manifi esto de la mirada (Fórcola, 2018)Participaron: Antón Patiño, Fernando Castro Flórez e Santiago OlmoPARTICIPANTES: 20

Xoves 29. Presentación do libro  Libro dos lugares II (Editorial Elvira, 2020)

MEMORIA 2020| ACTIVIDADES|

Page 21: MEMORIA CGAC 2020

21 |

• Encontro co público: Cabrita Reis, Susana González e Santiago Olmo

• Encontro co público: Santiago Olmo, Paula Cabaleiro, Chrisitian Villamide

• Conversa co público de Joan Mallarach, Carmen Hermo, Andrea Serodio e Santiago Olmo

• Encontro co público: Francesc Torres, Rocío Figueroa e Santiago Olmo

• Presentación: Antón Patiño, Alberto Ruiz de Samaniego e Santiago Olmo

PARTICIPANTES: 362

CINEMA NO NADAL BAFTA SHORT FILM 2019

12 E 19 DE DECEMBRO DE 2020

Este nadal o CGAC presenta,  en colaboración co British Council e a British Academy of Film and Television Arts (BAFTA),  unha selección das mellores  curtametraxes producidas durante ou 2019 no Reino Unido. 

O programa inclúe oito curtametraxes, tres delas de animación, que se proxectarán en versión orixinal con subtítulos en castelán.

VISITAS DIDÁCTICAS EN LIÑA UN ACHEGAMENTO Á ARTE CONTEMPORÁNEA: O CGAC E A SÚA COLECCIÓNDE SETEMBRO DE 2020 A XUÑO DE 2021

Durante as sesións realizaremos unha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplifi cando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual. 

O obxectivo deste novo servizo é continuar achegando á arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións na creación artística do seu tempo.

MEMORIA 2020 |ACTIVIDADES |

AUTORIZACIÓN DE USO TEMPORAL DOS ESPAZOS DO CGAC EN 2020

8 DE XANEIROGravación dunha entrevista para o programa A revista da TVGAuditorioAsistentes: 4

8 DE XUÑOReunión de traballo do conselleiro de Cultura e Turismo cos secretarios xerais: plan anual do XacobeoHallAsistentes: 20

9 DE XUÑOReunión do conselleiro de Cultura e Turismo coa comisaria do XacobeoSala de xuntasAsistentes: 10

17 DE XULLOConcerto dúo DeLis de violoncelo e piano (repertorio Beethoven) dentro do programa O teu Xacobeo 2020AuditorioAsistentes: 20

28 DE XULLOPresentación VIII Edición Premio Galicia de Fotografía ContemporáneaSala de xuntasAsistentes: 6

4 DE OUTUBROGravación dun videoclip do Grupo Vocal EntrElas para o proxecto “Entre Padrón A Santiago” pertencente ao Fondo Cultural X21AuditorioAsistentes: 14

13 DE OUTUBROGravación no CGAC para o programa UN PAIS EN 360 da TVGEdifi cio e terrazaAsistentes: 5

23 DE OUTUBROPresentación do libro de poemas Nenas medrando de Silvia GarcíaAuditorioAsistentes: 20

7 DE NOVEMBROConcerto da banda galega MOMBOL dentro da programación do Xacobeo 2021AuditorioAsistentes: 20

Page 22: MEMORIA CGAC 2020

| 22 MEMORIA 2020| ACTIVIDADES|

18 DE NOVEMBROGravación para o documental Ruta do Cavaquinho: o son que conecta Braga con Ribadavia (actividade dentro do marco dos fondos Xacobeo 21 de axuda á Cultura da Xunta de Galicia)BibliotecaAsistentes: 3

23 DE NOVEMBROGravación dunha entrevista para un documental sobre a Xeración NósBibliotecaAsistentes: 6

11 DE DECEMBROEntrega do Premio Executivas 2020, acto promovido pola Secretaría Xeral da IgualdadeAuditorioAsistentes: 60

DO 1 DE DECEMBRO DE 2020 ATA O 7 DE XANEIRO DE 2021Proxección de luz na fachada de San Domingos de Bonaval dende a terraza do CGAC.

Page 23: MEMORIA CGAC 2020

23 |MEMORIA 2020 |PUBLICACIÓNS |

PUBLICACIÓNS 2020

CHRISTIAN VILLAMIDE. IN LANDSCAPE MODE

TEXTOS: PAULA CABALEIRO, SANTIAGO OLMO, CHRISTIAN VILLAMIDE

24 X17 CM. 128 PP. COR. TAPA DURA

COLECCIÓN: CGAC_SINGULAR

LINGUAS: GALEGO-CASTELÁN-INGLÉS

PREZO: 16 EUROS

Que axentes interveñen unha paisaxe e a transforman? Onde están e cales son os seus lindes? Na súa conversa con Paula Cabaleiro, a comisaria da exposición In Landscape Mode, Christian Villamide (Lugo, 1966) refl exiona acerca da distancia que as persoas adoitamos tomar fronte ao territorio que habitamos para poñer o foco sobre a forza e a violencia coa que sometemos a natureza. Na procura dunha maior sensibilización, que permita cambiar a maneira de relacionarnos co mundo natural, Villamide lévanos a cavilar sobre a nosa paisaxe e o territorio desde a introspección, repensándonos a partir dos vínculos que establecemos ao

longo da vida coa nosa contorna máis inmediata.

LORETO MARTÍNEZ TRONCOSO.

VESTIGES D’UN ICI, VESTIXIOS DE SI

TEXTOS: LORETO MARTÍNEZ TRONCOSO, CHUS MARTÍNEZ

DOMÍNGUEZ, PEDRO DE LLANO NEIRA, IGNACIO BARCIA, JULIE

PELLEGRIN, SANTIAGO OLMO, ALEJANDRA POMBO

28 X 21 CM. 272 PP. COR. RÚSTICA

COLECCIÓN: CGAC_SINGULAR

LINGUAS: GALEGO-CASTELÁN-FRANCÉS

PREZO: 30 EUROS

Vestiges d’un ici, vestixios de si é un dispositivo aberto e complexo onde confl úen experiencias iniciáticas, instantes privilexiados, colaboracións e refl exións críticas acerca do acontecido no transcurso da exposición homónima de Lore-to Martínez Troncoso (Vigo, 1978) no CGAC.

A través da palabra e a imaxe propícianse momentos ín-timos, instantes poéticos que permiten expresar todo aquilo que non pode ser dito, furgar nos recunchos, nas entrañas do museo e do proceso de creación e exposición, naquilo que acontece entre bastidores e no que perdura cando re-mata a obra, en defi nitiva, nos vestixios dun aquí...

Page 24: MEMORIA CGAC 2020

| 24 MEMORIA 2020| PUBLICACIÓNS|

PUBLICACIÓN

21 X14,5 CM. 50 PP. B/N E COR. RÚSTICA

TEXTOS: DAVID LAMELAS, KEITH ARNATT, ROBERT BARRY, MARCEL

BROODTHAERS, STANLEY BROUWN, DANIEL BUREN, VICTOR

BURGIN, MICHEL CLAURA, GILBERT & GEORGE, JOHN LATHAM,

LUCY R. LIPPARD, MARTIN MALONEY, BARBARA M. REISE, LAWRENCE

WEINER, IAN WILSON

LINGUAS: GALEGO, CASTELÁN

P.V.P.: 9 EUROS

En novembro de 1970 o artista arxentino David Lamelas editou por primeira vez Publication, un libriño sen ilustracións con textos de Keith Arnatt, Robert Barry, Stanley Brouwn, Daniel Buren, Victor Burgin, Michel Claura, Gilbert & George, John Latham, Lucy R. Lippard, Martin Maloney, Barbara M. Reise, Lawrence Weiner. O libro recolle as reaccións destes artistas e críticos de arte a tres afi rmacións formuladas por Lamelas en torno a unha cuestión central da arte conceptual: a relación existente entre arte e linguaxe. A peza, que se presentou por primeira vez na galería Nigel Greenwood Inc. Ltd. de Londres, poderá verse na exposición individual de David Lamelas no CGAC en 2021. Como novidade, a edición do CGAC inclúe un debuxo a cor de Marcel Broodthaers que non fora reproducido en ningunha das edicións e reimpresións anteriores da obra.

CABRITA. WORK (always) IN PROGRESS

TEXTOS: PEDRO CABRITA REIS, SUSANA GONZÁLEZ, SANTIAGO

OLMO

32 X 22 CM. 180 PP. COR. TAPA DURA

COLECCIÓN: CGAC_SINGULAR

LINGUAS: GALEGO-INGLÉS; CASTELÁN-INGLÉS

PREZO: 35 EUROS

Esta publicación é, como suxire o seu título, o testemuño necesariamente incompleto dunha obra sempre en proceso. Ao longo das súas páxinas podemos acompañar a xestación do proxecto expositivo e o proceso da montaxe, ao tempo que abordamos os fi tos da biografía e da obra de Pedro Cabrita Reis (Lisboa, 1956). O libro documenta como a obra po portugués avanza polos diferentes espazos do museo deseñado polo seu compatriota Álvaro Siza Vieira, colonizando o vestíbulo, o Dobre Espazo e as plantas baixa e primeira do CGAC, e estendendo a súa infl uencia ao exterior do edifi cio a través dunha serie de intervencións site specifi c.

As obras reunidas dan conta da súa extensa produción artística, que evidencia o potencial dialéctico do seu traballo, entre referencias a principios construtivistas e procesuais, cuestións formais minimalistas e o uso

prominente do obxecto preexistente.

Page 25: MEMORIA CGAC 2020

25 |MEMORIA 2020 |PUBLICACIÓNS |

MUSEO (DO ERMITÁN) MAN

TEXTOS: ANDREA SERODIO, CARMEN HERMO, SANTIAGO OLMO,

JUAN CREUS, COVADONGA CARRASCO

25 X 20 CM. 180 PP. COR. TAPA DURA

COLECCIÓN: CGAC_SINGULAR

LINGUAS: GALEGO-CASTELÁN-INGLÉS

P.V.P.: 35 EUROS

Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936 - Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente á marxe do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que lle deron forma ao seu museo.

Este libro, centrado no aspecto museográfi co da obra de Man remite de algunha maneira á clasifi cación que o propio Gnädinger nos deixou da súa obra así como ás ideas que tiña acerca da súa presentación, conservación e recepción por parte do público. Todos estes aspectos, abordados polas comisarias da exposición nos seus textos, compleméntanse coa documentación achegada polos arquitectos responsables da recuperación da casa-museo do ermitán, Juan Creus e Covadonga Carrasco, autores ademais da réplica desta mesma casoupa que se puido ver no CGAC durante a exposición.

A ARTE ESTÁ FEITA DUNHA MATERIA INCERTA E FRAGMENTARIA

TEXTO: ROSENDO CID

18 X 13 CM. 124 PP. B/N. RÚSTICA

COLECCIÓN: CGAC_ENSAIO

LINGUAS: GALEGO

P.V.P.: 12 EUROS

Este libro inaugura a colección CGAC_Ensaio, un dispositivo editorial concibido polo CGAC para promover e difundir a escrita sobre arte e cultura contemporánea.

Rosendo Cid (Ourense, 1974) é o autor desta divertida refl exión acerca da práctica artística contemporánea titulada A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria. Os membros do xurado do I Premio CGAC de Investigación e Ensaio, co que resultou galardoado este libro en 2019, valoraron especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun texto marcado polo humor e a ironía, dúas estratexias moi presentes tamén na obra plástica do artista ourensán.

María Ramos, deseñadora experta en tipografía e cofundadora do selo NM Type, foi a encargada de crear unha tipografía ad hoc para identifi car a nova colección e é tamén de concibir a cuberta deste primeiro título.

Page 26: MEMORIA CGAC 2020

| 26 MEMORIA 2020| PUBLICACIÓNS|

III EDICIÓN DO PREMIO CGAC DE INVESTIGACIÓN E ENSAIO SOBRE ARTE CONTEMPORÁNEA

En 2020, o Centro Galego de Arte Contemporánea convocou a terceira edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea co fi n de promover a produción de pensamento sobre arte contemporánea en lingua galega.

A participación nesta iniciativa foi medrando paulatinamente desde a primeira convocatoria, que tivo lugar en 2018. Nesta ocasión presentáronse sete orixinais cunha grande diversidade temática e estilística.

O xurado, presidido polo director do CGAC, Santiago Olmo, e integrado por Natalia Poncela, Alberto Ruiz de Samaniego e David Chao, decidiu premiar o orixinal titulado Memoria do azul: a afección monocroma do contemporáneo, unha persoal refl exión acerca da presenza do azul na arte contemporánea. A partir de diversos exemplos a autora do texto, a alumna de posgrao da USC Laura Calvo, refl exiona acerca dos valores e signifi cados asociados a esta gama cromática, recorrendo a exemplos diversos que van desde o pigmento azul de Yves Klein até as implicacións políticas dunha obra emblemática como Blue (1993), de Derek Jarman.

Este ano precisamente verá a luz a obra que resultou gañadora da primeira edición do premio A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria, do artista ourensán Rosendo Cid, que sairá do prelo a vindeira semana. Será o primeiro número da colección CGAC_Ensaio, unha serie de libros de pequeno formato concibida polo Departamento de Publicacións do CGAC en colaboración coa deseñadora e tipógrafa María Ramos

TEORÍA DO ASOMBRO

TEXTOS: ANTÓN PATIÑO, SEVE PENELAS, JOSÉ LUIS CORAZÓN

ARDURA, JACINTO RUIZ, LUPE GÓMEZ, NICO V. BEN,

SAMUEL BOSSINI, MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE

19 X 15 CM. 200 PP. B/N. TAPA DURA

COLECCIÓN: CGAC_SINGULAR

LINGUAS: GALEGO E CASTELÁN

P.V.P.: 16 EUROS

Teoría do asombro funciona como unha guía en clave simbólica da exposición Antón Patiño. Caosmos (CGAC, Santiago de Compostela, 13 marzo 2020 - 17 xaneiro 2021). Pódese ler como un ensaio ou como un relato fragmentario. Como en moitas das obras de Antón Patiño, entre as páxinas deste volume axítase subliminarmente a idea de mapa, de itinerario guiado ou percorrido comentado, que vai trazando un retrato do seu autor entre a pintura e a escritura, entre a mirada poética, o sentido cívico e transformador da cultura e a práctica pictórica.

A publicación complementarase coa edición en 2021 do catálogo da exposición de Antón Patiño, con textos de Alberto Ruiz de Samaniego, Bea Espejo, Santiago Olmo e Manuel Rivas.

Page 27: MEMORIA CGAC 2020

27 |

BIBLIOTECA

A Biblioteca do CGAC, pioneira en Galicia no estudo da arte e a cultura contemporáneas, mantén o seu compromiso coa promoción do coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea, a través dun fondo bibliográfi co e documental que supera xa os 25.000 volumes. Ao longo do ano 2020 a Biblioteca do CGAC emprendeu unha serie de accións para actualizar e mellorar a calidade da atención que presta aos seus usuarios e usuarias. Con este fi n, desenvolvéronse entre outras as seguintes tarefas:

• Actualización do programa de xestión bibliotecaria. Este labor, que comezou en 2019 coa migración automática da meirande parte dos rexistros do catálogo continúa na actualidade coa revisión exhaustiva dos datos e a adición manual de novos rexistros.

• Atención ás necesidades dos diferentes departamentos do centro. A biblioteca do CGAC desenvolve un labor permanente de documentación das exposicións, publicacións e actividades producidas polos diferentes departamentos do centro.

• Atención e formación. A atención ao público é outro dos piares do traballo desenvolvido pola biblioteca, en particular ao estudantado universitario, ao que se lle ofrece soporte e información bibliográfi ca para os seus estudos de grao, máster, así como para a redacción dos Traballos de Fin de Grao e Traballos de Fin de Máster.

• Por último, a biblioteca mantén o seu compromiso de ofrecer ao alumnado da Facultade de Xeografía e Historia da USC, a través do contacto co profesorado do Departamento de Historia da Arte, sesión formativas sobre a estrutura e utilización dos seus fondos así como sobre as fontes básicas para o estudo da arte contemporánea.

Este ano, de maneira excepcional, estableceuse un sistema de previa cita para acceder á biblioteca, xa que a capacidade da sala de lectura estivo limitada polas restricións sanitarias relacionadas coa COVID-19.

MEMORIA 2020 |BIBLIOTECA |

En paralelo, e co propósito de mellorar e reforzar a atención non presencial, promovemos a utilización de novas canles para a comunicación cos usuarios e usuarias, esforzándonos por mellorar a atención das súas demandas por teléfono e por correo electrónico.

Así mesmo, na celebración do Día do Libro, o tradicional Bookcrossing foi substituído pola liberación, en formato dixital, do catálogo do artista Christian Villamide e pola elaboración dun pequeno vídeo promocional da biblioteca no que se convidaba aos usuarios e usuarias a seguir participando das iniciativas culturais desde os seus domicilios.

Tamén en 2020 inaugurouse un novo apartado na web do CGAC, no espazo dedicado á biblioteca, onde se poden atopar recursos para a investigación, que se irán ampliando nos vindeiros meses.

VISITAS AO CATÁLOGO ONLINE EN 2020: 1.893USUARIOS/AS DA BIBLIOTECA EN 2020: 271

Page 28: MEMORIA CGAC 2020
Page 29: MEMORIA CGAC 2020

29 |MEMORIA 2020| COLECCIÓN |

COLECCIÓN. COMPRAS E DOZAZÓNS 2020

COMPRAS COLECCIÓN CGAC 2020(TOTAL COMPRAS = 57.792,60 € IVE INCLUÍDO)

ÂNGELA FERREIRA

MESSY COLONIALISM / WILD DECOLONIZATION, 2019

MADEIRA E VÍDEO MONOCANLE, B/N, SEN SON E LOOP

190 X 330 X 220 (APROX.) E 5 MIN 56 S (VÍDEO)

OFERTA DE COMPRA: 23.400,00 €

OFERTANTE: GALERÍA CRISTINA GUERRA CONTEMPORARY ART (LISBOA,

PORTUGAL)

Ângela Ferreira (Maputo, Mozambique, 1958). A obra de Ângela Ferreira refl exiona sobre como os efectos da colonización e a descolonización constrúen o imaxinario do presente. En Messy Colonialism / Wild Decolonization, Ferreira sinala como estes procesos propiciaron desprazamentos de refuxiados cuxa interpretación crítica e relación coa memoria colectiva fi ca aínda pendente en Portugal. No vídeo integrado na peza pódense ver os centos de caixas que contiñan as pertenzas dos chamados retornados, que a artista materializa pola súa vez noutro conxunto de caixas de madeira de diversos tamaños dispostas como un grupo de persoas que agardan a seren cargadas nun peirao imaxinario ou metafórico, á espera de que a súa historia —en realidade moitas historias cun nexo de identidade común— sexa levada de volta ao fogar.O prezo de mercado desta peza ascende a 45.000,00 €

KIKO PÉREZ

KIWI AND THE FROG, 2018

ESCULTURA. PINTURA AO ACEITE SOBRE PAPEL MONTADA SOBRE

TABOLEIRO DE DM

220 X 244 X 122 CM

OFERTA DE COMPRA: 17.908,00 €

OFERTANTE: GALERÍA HEINRICH EHRHARDT (MADRID)

Kiko Pérez (Vigo, 1982). En Kiwi and the Frog, Kiko Pérez enfróntase a algo novo no seu traballo. A dualidadepintura-escultura, que podiamos atopar prefi gurada nalgunhas pezas anteriores, vólvese nas súas series e traballos recentes, moito máis física, verosímil e evidente. A escultura non é allea á obra de Kiko Pérez, como tampouco o son a madeira e o DM, materiais que utiliza na meirande parte das súas novas fi guras recortadas. Pero o que se se podería considerar descoñecido na propia confi guración espacial desta peza é o lugar, a escala e a transición sufrida desde o fragmento ata a forma.

VÍTOR MEJUTO

FONTÁN, 2018

ACRÍLICO SOBRE LENZO. CARTA XEOMÉTRICA

DE GALICIA 1817-1845

220 X 202 CM

OFERTA DE COMPRA: 14.520,00 €

OFERTANTE: GALERÍA TRINTA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Vítor Mejuto (Barcelona, 1969). O interese de Vítor Mejuto por Martius e Fontán levouno inevitabelmente a unha época anterior á tecnoloxía e á produción en serie. Esta obra retrotráenos aos albores da segunda revolución industrial, un pouco antes da irrupción de William Morris e moito antes da creación da Bauhaus. Naquela época,

Page 30: MEMORIA CGAC 2020

| 30 |MEMORIA 2020COLECCIÓN |

principios do século XX, o debuxo e a cor eran ferramentas moi útiles para os investigadores. Os botánicos e os naturalistas debuxaban. Tamén o facían os xeógrafos e os cartógrafos. Era o debuxo, e non a fotografía, o encargado de documentar o mundo.A obra Fontán de Vítor Mejuto, céntrase na extracción de valores pictóricos de todos estes traballos. Non necesita contar as mesmas cousas que eles contaban nin descifrar o seu código. Tampouco non precisa entendelo. Mejuto pretende recoller o gran caudal plástico que debemos á intuición artística duns personaxes que estaban certamente máis interesados en explicarnos o mundo. A inocencia e a fe na intuición adoitan producir cousas fermosas.

MONTSE REGO

SERIE BOLSOS (BOLSO PRIMAVERA, BOLSO “A HUEVOS”, BOLSO

MONDRIAN, BOLSO JAMÓN Y..., BOLSO UN METRO DE RÍMEL, BOLSO

QUENTE, BOLSO POMPONIBLE, BOLSO POMPONIBLE E BOLSO

POMPONIBLE), 2009

TÉCNICA MIXTA

9 ELEMENTOS DE VARIAS MEDIDAS

OFERTA DE COMPRA: 968,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

Montse Rego (Lugo, 1969). A Serie Bolsos de Montse Rego, engloba un grupo de obxectos manufacturados cunha grande carga artística. Nove elementos homoxéneos e dispares á vez, onde a materia e a forma xogan unha importante baza visual e case irónica que vén defi nida polo título de cada unha das pezas, nese sutil baile entre o descriptivo e o metafórico.Tomando como referencia obxectos extraídos de distintos contextos para transformalos e darlles unha nova vida,

Rego traballa engadíndolles sutilmente outros elementos que transforman o obxecto inicial en outro completamente diferente e afastado do uso primeiro, sendo a maxia desta transformación, precisamente, a que os fai sorprendentemente singulares. Dálle así a volta ao principio “función-forma”, no que a primeira vén condicionada pola segunda, para que a función á que se destina o obxecto poida desenvolverse da forma correcta.

SERIE ESCULTURAS DE USAR (EL PRECIO LO PONES TÚ, DINERO,

SPRINGRING E XARDÍN

COLGANTE), 2000-2013

TÉCNICA MIXTA

4 ELEMENTOS DE VARIAS MEDIDAS

OFERTA DE COMPRA: 556,60 €

OFERTANTE: A ARTISTA

Ao longo da súa traxectoria como artista multidisciplinar, Montse Rego inspirouse en obxectos extraídos de diversos contextos, para tranformalos e darlles unha nova vida, engadíndolles sutilmente outros elementos que transforman o obxecto en outro completamente diferente e afastado do uso para o que foron concibidos.A evolución desta transformación é palpable na serie Esculturas de usar, onde esta metamorfose é sorprendentemente singular, inxectando a cada un dos elementos o misterio do sublime. Nestes obxectos fai unha busca de equilibrio entre a beleza natural dos elementos que selecciona e a beleza artística de saber combinalos con unidade e coherencia, dándoos a coñecer a esa inquilina habitual en todas as súas creacións: a maxia.

SERIE ROOTS (ROOTS006, ROOTS012 E ROOTS013), S. D.

TEA E FÍO

3 ELEMENTOS DE VARIAS MEDIDAS

OFERTA DE COMPRA: 440,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

Page 31: MEMORIA CGAC 2020

31 |MEMORIA 2020| COLECCIÓN |

A serie Roots (Roots006, Roots012 e Roots013) traspasa novamente as liñas que marcan as etiquetas artísticas —case sempre reducionistas—, movéndose enre o deseño e a arte. As obras que conforman esta serie encádrase nun grupo maior de pezas que ela mesma denomina esculturas de usar.Máis preto do deseño, a Rego gústalle facer prendas de roupa para si mesma, experimentar coas cores, as texturas e os volumes. Pero ese xogo tamén o leva a cabo nas esculturas e as instalacións —onde se engade o espazo— e xoga xa non só coa validez interpretativa da obra, senón tamén coa infl uencia da súa contorna.Converter unha tea, un material non nobre e carente de volume, nun obxecto tridimensional, unha escultura, cos mínimos recursos posibles —neste caso apenas un fío de seda e un pouco de arame—, é unha das transgresións que Rego utiliza para desarmar o gusto pola clasifi cación e o etiquetado, das categorías artísticas tradicionais.

DOAZÓNS COLECCIÓN CGAC 2020(TOTAL = 419.049,52 € IVE INCLUÍDO)

ANDREA COSTAS

VÍA LÁCTEA, 2019

PAPEL HANHEMÜHLE PHOTO RAG BARYTA 315G 100% ALGODÓN

IMPRESO CON EPSON P9000

CON TINTAS PIGMENTADAS EPSON ULTRACHROME HDX, MONTADA

SOBRE DIBOND DE 3 MM CON BASTIDOR DE ALUMINIO ANODIZADO

DE 40 X 20 MM. 110 X 250 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 4.000,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

Andrea Costas (Vigo, Pontevedra, 1978). No marco do proxecto expositivo Imaxinando Compostela, que promoveu o Consorcio de Santiago —vinculado ao Xacobeo 2021—, fíxose a exposición A paisaxe e a súa pegada II, na Casa do Cabildo. Esta exposición, comisariada por Mercedes Rozas, contou coa obra de 4 fotógrafos, entre os que se atopaba Andrea Costas coa obra Vía láctea (2019). Hai nesta obra unha vontade de estilo propio, unha intención artística de explorar a maternidade —humana e ancestral— como un territorio de tránsito, ou de proxectar paisaxes ocultas nunha especie de brétema metafórica do que estamos a observar, atrapando no silencio da escuridade da fotografía en branco e negro a beleza do paso dunha liña branca marcada pola vida, polo camiño, por esa Vía Láctea que impregna de vida e ilumina en branco absoluto —o leite, a luz estelar— o percorrido sobre un lenzo negro —a nosa existencia, o universo—, capturando na fi gura feminina no propio acto da lactancia, ese desexo de andar, de experimentar vida, de deixar pegada nese camiño inacabado.

CLAUDIO ZULIAN

PERFECCIÓN, 2019

VÍDEO MONOCANAL, 17:9, FULL HD, ESTÉREO. SUBTITULADO EN INGLÉS

EDICIÓN 1 DE 3. 7 MIN 47 S

OFERTA DE DOAZÓN: 9.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Page 32: MEMORIA CGAC 2020

| 32

DIE KARTOFFELN UND DER WURM, 2018

PINTURA AO ACEITE SOBRE DM RECORTADO

240 X 165 X 4 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 5.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

DIE KARTOFFELN UND DER WURM, 2018

PINTURA AO ACEITE SOBRE DM RECORTADO

95 X 285 X 4 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 5.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Kiko Pérez (Vigo, 1982). Nestas tres obras tituladas Die Kartoffeln und der Wurm (2018) Kiko Pérez desenvolve unha tensión espacial desde o ambiental, realizando unha intervención mediante unhas siluetas de madeira coloreadas e recortadas no seu interior, que forman unha fi gura abstracta e indefi nidia, case como se fose unha mancha inexistente no interior da pintura, unha lagoa que deixa ver a parede de fondo e que permite voar á imaxinación para crear o contido ou as formas que desexemos. O traballo que desenvolve Pérez nesta obra, implica dúas maneiras complementarias de entender a capacidade de transformación espacial de certas prácticas conectadas co pictórico e o arquitectónico.Estas tres obras, realizadas en tres cores distintas (marrón escuro, ouro e negro), foron creadas ex novo para unha intervención no corredor da primeira planta das salas de exposición do CGAC dentro do proxecto expositivo En construción (xullo - outubro 2018). Con elas fai referencia ao baleiro como elemento construtivo ou como ferramenta necesaria para crear un espazo. Pérez xoga coa arquitectura da contorna onde se

|MEMORIA 2020COLECCIÓN |

Claudio Zulian (Campodarsego, Padua, Italia, 1965). Neste vídeo, o músico chileno Gabriel Brncic, refl exiona sobre a súa música e ensaia a súa peza Quodlibet VII. Tamén lembra as razóns do seu exilio, as terribles experiencias que o precederon e as consecuencias que ese feito tivo sobre a súa vida, sobre a súa percepción do mundo e de si mesmo. A cámara ségueo na súa meditación, nos seus espazos e na súa música. Tempo íntimo, tempo social, tempo histórico, tempo retraballado pola musicalidade como un camiño capaz de dotar de sentido incluso a experiencia máis dolorosa.Perfección é máis que unha historia de vida dun refuxiado. Gabriel Brncic, músico e compositor chileno, é convidado en 1965 por Alberto Ginastera a incorporarse ao Centro Latinoamericano de Altos Estudios Musicales, que dirixe, no prestixioso e infl uente Instituto Di Tella de Buenos Aires (Arxentina). A violencia política na Arxentina a principios da década dos anos setenta prepara un golpe militar que, en 1976, dá inicio a unha ditadura denominada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) e a unha represión salvaxe de calquera forma de disidencia. Gabriel Brncic é, como moitos outros, un obxectivo da violencia e isto obrígao a refuxiarse coa súa familia en Barcelona en 1974. Alí contribuirá de maneira moi efectiva á innovación da música electrónica e dirixirá o Laboratorio Phonos.

KIKO PÉREZ

DIE KARTOFFELN UND DER WURM, 2018

PINTURA AO ACEITE SOBRE DM RECORTADO

120 X 240 X 4 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 5.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Page 33: MEMORIA CGAC 2020

33 |MEMORIA 2020| COLECCIÓN |

instalaron as obras, dotando o espazo prismático do corredor, de líneas rectas e simples, dunha nova perspectiva.O título das 3 pezas, Die Kartoffeln und der Wurm (As patacas e o verme), fai referencia ás formas que Pérez inscribe nestes tres taboleiros de DM, convidando pola súa vez ao espectador a imaxinar posibles signifi cados.

HERMANOS MAYO

FONDO FOTOGRÁFICO HERMANOS MAYO, 1939-1992

FOTOGRAFÍAS B/N E IMPRESIÓNS MATE B/N SOBRE PAPEL

FOTOGRÁFICO

15 ELEMENTOS DE VARIAS MEDIDAS

OFERTA DE DOAZÓN: 10.500,00 €

OFERTANTE: MANUEL GARCÍA GARCÍA

Hermanos Mayo é un grupo de fotógrafos galegos formado polos irmáns Paco (1911-1949), Cándido (1922-1984) e Julio Souza Fernández (1917-2018) que, xunto aos tamén irmáns Faustino (1913-1996) e Pablo del Castillo Cubillo (1922-2019), fundaron unha axencia fotográfi ca en España ao comezo da guerra civil española e despois continuaron a súa actividade en México.O fondo fotográfi co que nos ocupa está composto por 15 fotografías en branco e negro, cunha marcada vocación fotoperiodística e histórica, que se poderían dividir en dous grandes grupos heteroxéneos: un primeiro grupo fotografías de personaxes e momentos históricos que enlazan coa categoría do retrato e inclúen fotografías de varios integrantes da axencia Mayo, e un segundo grupo de fotografías que, malia que tamén poden ser califi cadas de históricas pola súa antigüidade, entroncan máis directamente coa tradición do costumismo.Estes dous conxuntos de fotografías están ademais ligados

á experiencia do exilio dos integrantes do grupo en México con fotografías como Exiliados españoles a bordo del vapor Sinaia, 1939 (copia de 1992). Coas súas fotografías de claro corte fotoperiodístico, os Hermanos Mayo mostraron nas súas instantáneas o seu compromiso político e social ao producir milleiros de fotografías ligadas á memoria histórica de España e de México.

MAX DE ESTEBAN

TWENTY RED LIGHTS, 2017-2019

VIDEOINSTALACIÓN. 44 IMPRESIÓNS DE PIGMENTO SOBRE PAPEL

ARCHIVAL HAHNEMÜHLE BARYTA E TINTA PIGMENTADA SOBRE

CARTÓN E 1 VÍDEO MONOCANAL EN LOOP (V.O. INGLÉS CON

SUBTÍTULOS EN CASTELÁN).

20 ELEMENTOS DE 45 X 50 CM C/U, 3 ELEMENTOS DE 250 X100

CM C/U, 1 ELEMENTO DE 82 X 68 CM, 20 ELEMENTOS DE 55 X 100

CM C/U E 1 ELEMENTO DE 00:15:46

OFERTA DE DOAZÓN: 92.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Max de Esteban (Barcelona, 1959). O proxecto Twenty Red Lights (2017-2019) é un ensaio político que desvela as implicacións da fi nancialización dixital da economía e a súa relación coa radicalización da axenda neoliberal, un tema de suma importancia no contexto da nosa cultura global que merece unha refl exión rigorosa desde a arte.As tecnoloxías dixitais condúcennos cara a unha profunda e acelerada transformación do noso mundo. Os Rolling Stones refl ectirían esta deriva precipitada da sociedade globalizada nunha das súas cancións, canción na que se basea o título deste proxecto: “é a fe a que tería que salvarnos das nosas temerarias decisións”. Cruzar vinte semáforos en vermello sobre a única base da fe é precisamente a lóxica que subxace no actual modelo de fi nanzas. As fi nanzas son a tecnoloxía que determina as fronteiras da investigación, a innovación e do investimento e son, por tanto, o ámbito apropiado, necesario e urxente para profundar nunha avaliación crítica da

Page 34: MEMORIA CGAC 2020

| 34

correspondencia entre a forma e a función. Rego xoga, unha vez máis, a darlle a volta ao binomio función-forma. A inversión destes factores e unha boa dose de sentido do humor son os ingredientes ideais para comprender en profundidade o que, para Montse Rego, é unha escultura.

VÍTOR MEJUTO

SERIE APARELLOS PARA CARTOGRAFAR UN PAÍS (ASTROLABIO,

COMPÁS CALIBRE, REGLA PREGABLE, GRAFÓMETRO, SEXTANTE,

TEODOLITO, PLANCHETA, BALLESTINA, PLACA DE USO NAÚTICO E

CADRANTE TRIGONOMÉTRICO), 2018-2019

ACRÍLICO SOBRE LONA FINA

10 ELEMENTOS DE 30 X 30 CM C/U

OFERTA DE DOAZÓN: 10.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Vítor Mejuto (Barcelona, 1969). Esta obra completa a peza de Mejuto, Fontán (2018). Unha peza singular na traxectoria deste artista polas súas características conceptuais, onde demostra que desde unha pintura como a súa, que afunde as súas raíces na tradición, se poden tratar temas como a apropiación, a autoría ou a identidade, sen se afastar un ápice do atávico feito de pintar. Na serie Aparellos para cartografar un país (…)(2018-2019) están presentes algúns dos aparellos que Fontán utilizou para confeccionar o seu célebre mapa de Galicia en 1817. Ferramentas arcaicas dunha tecnoloxía moito máis humana, ao servizo da Ilustración. Unha prolongación da ollada do home sen a túrbida intermediación binaria.Temos pois a representación plana, a modo de pictogramas, dun astrolabio, un compás de calibre, unha regra pregable, un grafómetro, un sextante, un teodolito, unha plancheta, unha ballestina, unha placa de uso naútico e un cadrante trigonométrico. Todos eles dan nome —literal e fi gurado— ao subtítulo da obra. Elementos e ferramentas de medición, de escrutinio, de proxección matemática, espacial e ata cuantitativa, que serven a Mejuto de metafórica caixa de ferramentas coas que axudarse para facer o seu propio mapa de Galicia (Fontán, 2018).

|MEMORIA 2020COLECCIÓN |

nosa contemporaneidade, co fi n de construír novos modelos económicos, políticos e sociais que poidan ser sostibles.Este proxecto completo conformou a exposición Max de Esteban. 20 Red Lights, que tivo lugar no CGAC entre xuño e setembro de 2019.

MONTSE REGO

ESCULTURA DE USAR “MR LAB1”, 2017-2020

FÍO DE NAILON, TUBO DE VIDRO ACODADO EN T DE LABORATORIO

MEDIDAS VARIABLES

OFERTA DE DOAZÓN: 200,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

ESCULTURA DE USAR “MR. LAB2”, 2017-2020

FÍO DE NAILON, TUBO DE VIDRO ACODADO EN T DE LABORATORIO

MEDIDAS VARIABLES

OFERTA DE DOAZÓN: 200,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

Montse Rego (Lugo, 1969) sempre se sentiu atraída polo instrumental de laboratorio. No título desta serie, defi ne os obxectos que a integran (Mr. Lab1 e Mr. Lab2) como esculturas de usar. O uso transgresor dos materiais —moitas veces tales como estropallos, cintas métricas, pompóns, dedais, céspede artifi cial e, neste caso, fío e material de laboratorio— sorprende ao ollo acostumado á perfecta

Page 35: MEMORIA CGAC 2020

35 |MEMORIA 2020| COLECCIÓN |

DOAZÓN DE OBRAS DA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CGAC 2003-2004

Este conxunto de obras vén completar a doazón de obras que a Asociación de Amigos do CGAC iniciou en 2010. Nesta ocasión procédese a incorporar á Colección CGAC un conxunto de pezas adquiridas pola Asociación de Amigos do CGAC nos anos 2003 e 2004, cuxo valor actualizado supera os 800.000,00 €

TOTAL PREZOS DE COMPRA/DOAZÓN ORIXINAIS (2003-2004):

278.149,52 €

TOTAL PREZOS ACTUALIZADOS (2020): 861.000,00 €

Este grupo está conformado polas obras dos artistas Agnès Propeck, coa serie de 3 fotografías Sans Titre (Glaçons 1, 2 e 3) (2001-2002); David Rosenfelt, coas dúas series fotográfi cas Les Faux Passants n.º 1, 3, 6, e 13 (1997-1998) e Les Modernes n.º 6, 7, 9 e 10 (2000-2001); un grupo de pequenas esculturas de Efrain Almeida titulado Beijos (2002); a gran serie fotográfi ca Fuoricentro (2003) de Gabriele Basilico; as tres fotografías de gran formato de Günther Förg, Sen título. School of Journalism-Parque de Bonaval (2004); 3 fotografías de Humberto Rivas, dúas tituladas Coimbra (1994) e unha titulada Lleida (1994); unha serie de serigrafías de Jonathan Hernández, You Are Under Arrest (2000-2002); 2 obras de Marie-Jo Lafontaine, da serie fotográfi ca Babylon Babies (2002), e o vídeo Passio (2000); e, por último, o vídeo dobre de Runa Islam, Parallel (2001).

AGNÈS PROPECK: SANS TITRE (GLAÇONS 1), 2001

EFRAIN ALMEIDA: BEIJOS, 2002 GABRIELE BASILICO: FUORICENTRO, 2003

HUMBERTO RIVAS: COIMBRA, 1994

Page 36: MEMORIA CGAC 2020

| 36 MEMORIA 2020 |COLECCIÓN |

COMPRAS EXTRAORDINARIAS. SECCIÓN CGAC-XACOBEOTOTAL = 199.530,99 € (IVE INCLUÍDO)

No marco do Plan de reactivación nos sectores cultural e turístico  fronte aos efectos derivados da COVID-19, a Dirección Xeral de Politicas Culturais,  a través do CGAC, promoveu unha convocatoria para a adquisición de obras de arte contemporánea de artistas galegos para a súa incorporación á Colección CGAC dentro da sección CGAC - Xacobeo cos seguintes obxectivos:

• Apoiar o sector das artes visuais e máis concretamente aos autores galegos/as de obras de arte e galerías de arte da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Enriquecer a Colección CGAC cunha oferta ampla, diversifi cada e atractiva de obras que completen os seus fondos e dialoguen con eles.

Á dita convocatoria presentáronse un total de 152 solicitudes das cales 135 foron formuladas directamente por artistas e as restantes por outras entidades, principalmente galerías.

ALMUDENA FERNÁNDEZ

BANZAI, 2017

ACRÍLICO E ÓLEO SOBRE TEA

195 X 195 CM

OFERTA DE COMPRA: 13.200,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

Almudena Fernández Fariña (Vigo, 1970). A adquisición desta peza permítenos cubrir un oco na parte da Colección CGAC dedicada ás primeiras xeracións de artistas formadas na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A coherente traxectoria de Fernández Fariña, e a súa

relevancia no contexto galego, xustifi ca a incorporación deste traballo recente que, para unha mellor comprensión, debería verse acompañado nos fondos do museo por obras de épocas anteriores, fundamentalmente dos anos noventa. Isto axudaría a entender o funcionamento do sistema da arte galega nun momento de cambios provocados pola creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, o CGAC e de galerías como SCQ ou VGO (xa desaparecidas) ás que esta artista estivo vinculada.

ANDREA COSTAS

SERIE TIEMPO AL TIEMPO, 2001

FOTOGRAFÍA B/N. BROMURO DE PRATA EN PAPEL BARITADO

7 ELEMENTOS DE 40 X 50 CM C/U E 2 ELEMENTOS DE 50 X 40 CM C/U

OFERTA DE COMPRA: 7.700,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

Andrea Costas Lago (Vigo, Pontevedra,1978). Tiempo al tiempo converteuse nun traballo icónico na traxectoria da ar-tista e na historia recente da fotografía en Galicia. Ademais, a adquisición supón completar a presenza de Costas na Co-lección CGAC, onde ata o momento está representada tan só cunha fotografía doada pola artista. A súa mirada trata desde unha perspectiva moi sutil e poética cuestións sociais e de xénero. Andrea Costas é unha artista que posúe un dominio moi preciso da técnica fotográfi ca.

Page 37: MEMORIA CGAC 2020

37 |MEMORIA 2020| COLECCIÓN |

BERIO MOLINA

CAMPO, 2016

VÍDEO FULL HD / EDICIÓN 1 DE 2

12 MIN 45 S

OFERTA DE COMPRA: 1.540,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Berio Molina Quiroga (A Fonsagrada, Lugo, 1979). Esta peza audiovisual refl icte as investigacións experimentais de Berio Molina sobre o son e a performance. A súa adquisición permítenos incorporar á Colección CGAC a un artista representante de colectivos pioneiros da arte sonora en Galicia, como Alg-a ou Escoitar.org, vinculados ademais ás primeiras xeracións formadas na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

CARLOS RODRÍGUEZ-MÉNDEZ

CASAS GALLEGAS, 2008

FOTOGRAFÍA B/N

40 ELEMENTOS DE 90 X 120 CM C/U

OFERTA DE COMPRA: 15.400,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Carlos Rodríguez-Méndez (As Neves, Pontevedra, 1968). O conxunto representa a dimensión performativa do traballo de Rodríguez-Méndez, ademais dunha cartografía do rural

galego. A adquisición da serie supón a integración na Colección CGAC dun artista galego cunha sólida traxectoria e un recoñecemento internacional que o levou a expoñer individualmente en espazos como o SMAK de Gante. Esta obra converteuse moi rapidamente nunha peza de culto por combinar aspectos propios dunha mirada antropolóxica, dunha sensibilidade performativa con respecto ao territorio e dunha análise crítica da cultura popular galega. Foi esta unha ocasión excepcional para adquirir unha obra tan extensa formada por 40 fotografías enmarcadas de 120 x 90 cm e cuxo prezo de mercado ascende a 22.000,00 €.

DAMIÁN UCIEDA CORTÉS

DEMOLITION, 2015

FOTOGRAFÍA B/N / EDICIÓN 1 DE 3 + 2 A. P. / 150 X 212 CM (170

X 232 CM ENMARCADA)

OFERTA DE COMPRA: 13.750,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Damián Ucieda Cortés (A Coruña, 1980). Esta adquisición permite incorporar á Colección CGAC un dos fotógrafos ga-legos con maior proxección exterior e cun excelente control técnico. Demolition resume a súa singular mirada cinemato-gráfi ca, pero tamén nos sitúa nun contexto histórico marcado polo declive do modelo de vivenda social que triunfou en Eu-ropa na segunda metade do século XX. Damián Ucieda é un fotógrafo que combina a atención ás realidades do territorio que habita mediante un estilo documental cunha mirada críti-ca que contextualiza a representación do social e o político.

ISAAC PÉREZ VICENTE

MATRIZ, 2004

INSTALACIÓN. FELTRO, MADEIRA, PAPEL, RELOXO E IMPRESIÓN SOBRE

PAPEL

100 X 75 X 20 CM (CAIXA MADEIRA)

OFERTA DE COMPRA: 13.200,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Page 38: MEMORIA CGAC 2020

| 38 |

Isaac Pérez Vicente (O Rosal, Pontevedra, 1955). A adqui-sición desta instalación de Pérez Vicente vén a completar a presenza do artista na Colección CGAC, onde ata o momento estaba representado con dous lenzos dos anos noventa, pertencentes tamén ao proxecto Umbra (en pro-ceso desde 1990). Este novo traballo, formulado como instalación, permitirá entender o traballo deste artista, fun-damental para explicar a historia da arte galega das últi-mas décadas, en toda a súa complexidade a través dos fondos do museo. A peza mostra a versatilidade do artista, a súa capacidade para reducir a realidade a fórmulas con-ceptuais temáticas e mirada pictórica e para establecer a instalación como un modelo participativo de visualización.

JACOBO BUGARÍN

NADIE LO SABRÁ, SEGURO (PROXECTO NARCOARQUITECTURA,

ARQUITECTURA DO NARCOTRÁFICO EN GALICIA), 2013-2020

INSTALACIÓN. 160 DIAPOSITIVAS, METACRILATO, VÍDEO B/N E

AUDIO / EDICIÓN 1 DE 3 + P.A.

MEDIDAS VARIABLES

33 MIN 07 S (VÍDEO)

OFERTA DE COMPRA: 15.400,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Jacobo Bugarín Osorio (Santiago de Compostela, 1983). O artista Jacobo Bugarín incorpórase á Colección CGAC, onde ata hoxe non estaba representado, cun dos seus traballos máis ambiciosos, resultado dunha investigación sobre a arquitectura ligada ao narcotráfi co en Galicia. Á análise formal da arquitectura, o artista engade a di-mensión emocional con testemuños de persoas afectadas polo tráfi co de drogas, como a activista e presidenta da Funtación Érguete-Integración, Carmen Avendaño. A peza desenvólvese como unha instalación de carácter narrativo e ambiental, que combina proxeccións, fotografías, diapositi-vas e estruturas de madeira adaptables ao espazo.

JUAN LÓPEZ

SEN TÍTULO #2 (DA SERIE HIMNO), 2018

INSTALACIÓN. PANTALLA LED DE 32”, VÍDEO HD LOOP, CADEIRAS E

AURICULARES

MEDIDAS VARIABLES / 2 MIN 2 S (VÍDEO)

OFERTA DE COMPRA: 1.650,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Juan Luis López Pérez (Ferrol, A Coruña, 1973). A recente tra-xectoria do artista Juan López caracterízase pola coherencia e a narratividade dunhas pezas sempre ligadas ao ámbito da música, no que é especialista. Na obra adquirida, López expón unha acción performativa dobre: por unha banda, na pantalla, onde dous trompetistas se amolan entre eles mentres interpretan o himno galego; por outra banda, na audiencia, que visiona a escena sentada nas mesmas cadeiras que apa-recen na pantalla. Esta dimensión performativa, unha das liñas de traballo nas que vén centrándose o CGAC desde os anos noventa, xustifi ca a pertinencia da peza na colección.

VERÓNICA VICENTE

FIGURAS DECORATIVAS, 06 / FIGURAS DECORATIVAS, 02, 2018

FOTOGRAFÍA IMPRESIÓN DE TINTAS PIGMENTADAS SOBRE PAPEL

HAHNEMÜHLE E VIDEOPERFORMANCE FULL HD

MEMORIA 2020COLECCIÓN |

Page 39: MEMORIA CGAC 2020

39 |

EDICIÓN DE 2 (FOTOGRAFÍA) E EDICIÓN DE 5 (VÍDEO)

2 ELEMENTOS DE 110 X 154 CM E 4 MIN 26 S

OFERTA DE COMPRA: 4.290,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

Verónica Vicente (Tomiño, Pontevedra, 1988). Conxunto de fotografía e videoperformance pertencentes ao proxecto Fi-guras decorativas. A adquisición destes dous traballos per-mite que a artista Verónica Vicente se incorpore á Colección CGAC cun dos seus proxectos máis representativos. Nel resume o seu interese por mostrar o corpo como material e por tratar cuestións como a identidade ou a fraxilidade a partir da performatividade. É unha liña de investigación na que a creadora vén traballando desde hai case unha déca-da e que, ademais, é afín ás liñas de traballo do CGAC.

XURXO LOBATOGALICIA CANÍBAL. CHANTADA, 1995

FOTOGRAFÍA SOBRE PAPEL ILFORD RC 310 G / EDICIÓN ÚNICA

120 X 85 CM

OFERTA DE COMPRA: 2.530,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Xurxo Lobato Sánchez (A Coruña, 1956). A incorporación dunha das máis icónicas imaxes do fotógrafo Xurxo Lobato á

MEMORIA 2020| COLECCIÓN |

Colección CGAC supón non só ter representado a un dos pro-tagonistas indiscutibles da historia galega da fotografía (ata o de agora ausente na colección), senón tamén ampliar os fon-dos fotográfi cos da Colección CGAC cun tipo de fotografía entendida como documento que nos axuda a comprender os contextos e acompaña o desenvolvemento dun relato histórico-social. Precisamente una das ausencias máis sorprendentes na Colección do CGAC é a da fotografía documental e an-tropolóxica, que en Galicia resulta esencial para abordar os diversos contextos da cultura popular, desde a arquitectura, as escenas costumistas ou as dinámicas sociais e a represen-tación dos retratos individuais ou colectivos. A obra de Xurxo Lobato circula entre a estrita documentación e a composición que actúa como unha mirada crítica.

AMAYA GONZÁLEZ REYES

YO GASTO (IN MEMORIAM), 2008-2020

INSTALACIÓN. 78 CADROS, ARQUIVO DOCUMENTAL (BOLSAS DE

PLÁSTICO DO PROXECTO, CERTIFICADOS EN PAPEL, SINATURAS

ORIXINAIS EN PAPEL ADHESIVO, ARQUIVO DOCUMENTAL IMPRESO EN

DIN A4, 18 FOTOGRAFÍAS DOCUMENTAIS DA ACCIÓN E ARQUIVO

DIXITAL). / EDICIÓN ÚNICA / MEDIDAS VARIABLES

OFERTA DE COMPRA: 11.578,39 €

OFERTANTE: GALERÍA DE ARTE LA DOCE (BOIRO, A CORUÑA)

Amaya González Reyes (Sanxenxo, 1979). Sería difícil enten-der a traxectoria de Amaya González Reyes sen esta instala-ción, presentada en 2008 na que naquel momento era a súa galería en Madrid, Parra & Romero, e o ano seguinte en ARCO 2009, que situou á artista como unha das máis relevantes da súa xeración no panorama estatal. Agora, grazas a esta adqui-sición, complétase a presenza de González Reyes na Colec-ción CGAC mediante unha versión da peza que inclúe docu-mentación daquel evento, reafi rmando o impacto que a peza e a artista tiveron tanto no contexto galego como na súa xeración. A obra encerra un enorme interese para a colección do museo,

Page 40: MEMORIA CGAC 2020

| 40 |

DA SERIE LUGAR DE AUSENCIA #30, 2018

FOTOGRAFÍA / EDICIÓN DE 3 + 1 P.A. + 1 C.E.

90 X 125 CM

OFERTA DE COMPRA: 2.783,00 €

OFERTANTE: GALERÍA MARISA MARIMÓN (OURENSE)

Eva Díez (Vigo, Pontevedra, 1982). Esta convocatoria ta-mén nos permitiu incorporar á Colección CGAC a obra de Eva Díez, representante das novas xeracións de artistas galegas que traballan coa fotografía. Na serie Lugar de au-sencia, a artista refl exiona sobre a relación entre humanos e natureza. Faio mediante un proceso de experimentación coa paisaxe e a súa modifi cación a través da incorpora-ción de espellos, material que produce transformacións que dependen do comportamento da contorna natural.

MAURO TRASTOY

SEN SER 1 + SEN SER 2. DA SERIE SEN SER, 2019

LA SOBRE TEA DE SACO

2 ELEMENTOS DE 66,5 X 58 X 2,5 CM E 25 X 20,5 X 4 CM

OFERTA DE COMPRA: 2.420,00 €

OFERTANTE: GALERÍA MARISA MARIMÓN (OURENSE)

MEMORIA 2020COLECCIÓN |

xa que permite exhibir simultaneamente os documentos que re-fl icten tanto o proceso de creación como a súa recepción pú-blica e o seu impacto nos medios de comunicación, elementos que, co tempo, acabaron formando parte desta singular peza.

MENCHU LAMAS

LABIRINTO VERMELLO, 2005

DÍPTICO. PINTURA SOBRE TEA

2 ELEMENTOS DE 250 X 200 CM C/U

OFERTA DE COMPRA: 16.940,00 €

OFERTANTE: GALERÍA LUISA PITA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Menchu Lamas (Vigo, 1954). Menchu Lamas é unha artis-ta claves no desenvolvemento da escena artística galega desde mediados dos anos setenta. A adquisición desta peza e a súa incorporación ao CGAC, completa a pre-senza na colección dunha artista central no contexto da arte estatal e galega, entre outras razóns porque partici-pou de acontecementos artísticos fundamentais como a creación de Atlántica. A obra, producida en 2005 e in-cluída na retrospectiva que o CGAC lle dedicou á artista en 2006, permítenos entender (en compañía das pezas dos anos oitenta e noventa, que xa posúe o CGAC), a progresiva sintetización das formas que se produce na pintura de Lamas ao longo da súa extensa carreira.

EVA DÍEZ

DA SERIE LUGAR DE AUSENCIA #16, 2018

FOTOGRAFÍA / EDICIÓN DE 3 + 1 P. A. + 1 C. E.

90 X 125 CM

OFERTA DE COMPRA: 2.783,00 €

OFERTANTE: GALERÍA MARISA MARIMÓN (OURENSE)

Page 41: MEMORIA CGAC 2020

41 |

SEN SER 3. DA SERIE SEN SER, 2019

LA SOBRE TEA DE SACO

29 X 29 X 4 CM

OFERTA DE COMPRA: 901,45 €

OFERTANTE: GALERÍA MARISA MARIMÓN (OURENSE)

SEN SER 4. DA SERIE SEN SER, 2019

LA SOBRE TEA DE SACO

34 X 34 X 5 CM

OFERTA DE COMPRA: 2.498,65 €

OFERTANTE: GALERÍA MARISA MARIMÓN (OURENSE)

SEN SER 8. DA SERIE SEN SER, 2019

LA SOBRE TEA DE SACO

83 X 101 X 13 CM

OFERTA DE COMPRA: 2.904,00 €

OFERTANTE: GALERÍA MARISA MARIMÓN (OURENSE)

Mauro Trastoy (Ferrol, 1971). A presenza, ata o de agora discreta, da obra de Mauro Trastoy na Colección CGAC (apenas dous debuxos de pequeno formato), vese reforza-da grazas á adquisición dun conxunto de traballos recen-tes. Neles, o artista manifesta o seu interese por buscar novas formas a partir de variados materiais e de procesos artesanais, neste caso centrados na investigación de fi bras téxtiles e as súas diversas técnicas de entrecruzamento, como o tear, os nós ou a calceta.

ANA PÉREZ VENTURA

24 NEUMAS (CHOPIN OP. 10 & OP. 25), 2014-2020

ROTULADOR PERMANENTE SOBRE PVC

24 ELEMENTOS DE 44,8 X 32,6 CM C/U

OFERTA DE COMPRA: 16.940,00 €

OFERTANTE: GALERÍA METRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Ana Pérez Ventura (Santiago de Compostela, A Coruña, 1981). Esta adquisición vén motivada pola ausencia da artista na Colección CGAC, onde a partir de agora está representada mediante un traballo, 24 neumas, que resume perfectamente as preocupacións de Pérez Ventura ao redor da interacción entre música e artes visuais. Esta peza, producida entre o 2014 e o 2020, refl icte tanto a súa formación en Belas Artes como a mu-sical. A súa incorporación á colección permítenos incrementar a presenza de traballos performativos vinculados co son ou coa música, unha liña discursiva representada por varios artistas xa representados nos fondos do museo.Cómpre salientar ademais que a música desempeñou un papel decisivo na súa consolidación do CGAC como institución así como no seu proceso de internacionalización, a través de ex-posicións, encontros, ciclos de concertos e proxectos pioneiros, que se levaron a cabo desde o departamento de música nos noventa e que mesmo terían continuidade logo da súa desapa-rición ao longo das sucesivas etapas da historia do centro.

JULIA HUETE

THÈRÉSE SOÑANDO, 2019

LENZO, LONA FINA, MADEIRA E CARTÓN

6 ELEMENTOS DE VARIAS MEDIDAS

OFERTA DE COMPRA: 4.537,50 €

OFERTANTE: GALERÍA NORDÉS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Julia Huete (Ourense, 1990). A adquisición da instalación Thè-rése soñando (2019) de Julia Huete, supón a incorporación á Colección CGAC dunha das creadoras máis consolidadas

MEMORIA 2020| COLECCIÓN |

Page 42: MEMORIA CGAC 2020

| 42

entre as novas xeracións de artistas galegas. Intégrase, ade-mais, cunha obra que supón un xiro cara a un traballo máis volumétrico e obxectual, realizada durante a súa residencia na Real Academia de España en Roma e que resultou gañadora do XI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2019. Esta obra, como o resto de traballos da artista, céntrase nunha idea de pintura realizada con teas e fíos de diferentes cores que substitúen ou suplantan os pigmentos. A peza está com-posta por diversas unidades en forma de cadros que, ao ter espesor e un certo volume, preséntanse como cadros-obxec-tos. Estas rupturas coa aparencia e a materialidade da pintura e asemade a inmersión nun marco perceptivo propiamente pictórico converten as súas pezas en innovadoras e renova-doras en moitos sentidos. Thèrése soñando, por unha banda, resume o traballo pictórico e escultórico-obxectual da artista, é unha peza clave que marca unha evolución e unha transición, e por outra banda, permite integrar na Colección CGAC unha artista cun prometedor futuro.

PABLO BARREIRO

SEN TÍTULO. DA SERIE LA CONDICIÓN DE LA FORMA, 2020

MOLDES DE ESCAIOLA

30 ELEMENTOS DE 30 X 30 X 5 CM C/U. MEDIDAS VARIABLES

OFERTA DE COMPRA: 9.075,00 €

OFERTANTE: GALERÍA NORDÉS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Pablo Barreiro (Meaño, Pontevedra, 1982). A traxectoria de Pablo Barreiro coa peza Sen título. Da serie A condición da forma (2020) estivo ligada á escultura e á reinterpretación das formas e da tradición a través da cerámica. Coa adquisición deste recente traballo, no que se percibe unha refl exión sobre a reproducibilidade das formas modulares e sobre a dicoto-mía entre orixinal e copia, completaríase na Colección CGAC a presenza dun dos artistas galegos máis rigorosos da súa xe-ración. Con esta peza incídese na afondamento nas relacións entre arte e deseño, xa que está composta por 30 placas de escaiola que portan diferentes motivos que iconografi camente poden situarse entre o ornamental e o industrial. O traballo de Pablo Barreiro desenvolveuse ao redor dunha idea da obra cerámica entendida como instalación e como escultura. Esta peza supón un xiro máis conceptual fronte ás dúas xa presen-tes na Colección CGAC, que manteñen un ton máis artesanal e un discurso en certo xeito máis narrativo.

LORETO MARTÍNEZ TRONCOSO

ÉCLATS, 2017

BARRO E PINTURA / EDICIÓN ÚNICA

10 ELEMENTOS DE MEDIDAS VARIABLES

OFERTA DE COMPRA: 12.100,00 €

OFERTANTE: GALERÍA PM8 (VIGO)

Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978). Artista galega das primeiras promocións da Facultade de Belas Artes de Pon-tevedra, vive e desenvolve gran parte do seu traballo fóra de España. A obra de Martínez Troncoso está representa-da actualmente na Colección CGAC por medio dun vídeo que refl icte as accións performativas que caracterizan o seu traballo. A adquisición deste conxunto de esculturas, cuxa dimensión performativa queda de relevo nas pegadas do barro manipulado e pintado, axuda a completar a presen-

|MEMORIA 2020COLECCIÓN |

Page 43: MEMORIA CGAC 2020

43 |

za no CGAC dunha das artistas galegas con máis proxec-ción e representante fundamental da arte de acción da última década. Esta peza, que formou parte da mostra indi-vidual da artista Vestiges d’un ici. Vestixios de si no CGAC en 2019, ten un extraordinario interese polo seu carácter á vez escultórico e performativo, nun momento en que a produción da artista se centra na produción audiovisual, o que abre a porta a que no futuro poidan incorporarse aos fondos do museo outras pezas fílmicas ou videográfi cas.

CARLA ANDRADE

EL PAISAJE ESTÁ VACÍO Y EL VACÍO ES PAISAJE, 2017

INSTALACIÓN. 2 VÍDEOS HD (16:9, COR, SON ESTÉREO), 1

FOTOGRAFÍA DIXITAL, 1 FOTOGRAFÍA 120 MM TRANSFERIDA A PAPEL

FOTOGRÁFICO POR CHORRO DE TINTA, 2 FOTOGRAFÍAS 120 MM &

35 MM IMPRESAS SOBRE LONA E PAU DE MADEIRA. EDICIÓN 5 + P. A.

MEDIDAS VARIABLES. 00:15:00 (VÍDEO), 00:03:39 (VÍDEO), 75 X 50

CM (FOTOGRAFÍA), 110 X 150 CM (FOTOGRAFÍA) E 2 ELEMENTOS

DE 150 X 93 CM E 110 X 80 CM C/U (FOTOGRAFÍAS) E 1 ELEMENTO

DE 110 X 5 Ø CM (PAU)

OFERTA DE COMPRA: 14.520,00 €

OFERTANTE: GALERÍA TRINTA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Carla Andrade (Vigo, 1983). Carla Andrade posúe unha das traxectorias máis coherentes entre os creadores da súa xeración. Vinculada ao novo cinema galego, o seu traballo fílmico e fotográfi co transita entre o documen-to e a fi cción. Esta adquisición, ademais de completar a simbólica presenza da autora na Colección CGAC, permítenos ter nos fondos unha peza que representa a complexidade do traballo de Andrade e ese diálogo, tan habitual na súa obra, entre a fotografía e a imaxe en movemento, que crea unha atmosfera e un ambiente de experiencia fílmica.

SALVADOR E JUAN CIDRÁS

SEN TÍTULO, 2019

LA DE OVELLA MEIRIÑA

231 X 212 CM

OFERTA DE COMPRA: 10.890,00 €

OFERTANTE: GALERÍA VILASECO (A CORUÑA)

Salvador e Juan Cidrás (Moaña, 1965, e Vigo, 1968). O equipo formado polos artistas Salvador Cidrás e Juan Cidrás centra as súas investigacións na exploración da cerámica e o téxtil como medios de creación contemporánea. A súa recente entrada como colectivo no circuíto artístico, vén acompaña-da dunha importante recepción crítica que destaca a factura manual e a innovación formal a partir de materiais cotiáns. A adquisición desta peza de parede, creada mediante un pro-ceso ao que os artistas se refi ren como “pintar con la”, supón incorporar á Colección CGAC a un dos colectivos galegos que mellor está a renovar a hibridación entre as linguaxes da arte, a artesanía e o deseño. A inclusión do deseño na colección do CGAC é unha das liñas de investigación abertas recentemente, en especial coa exposición En construcción (2018) e con algunhas compras realizadas a partir de obras presentes nesa mostra. Nes-te contexto esta peza afonda nas conexións entre as artes visuais e as artes aplicadas, co obxectivo de difuminar os seus límites a través de hibridación e integración das súas prácticas. En Galicia esta tradición de arte e deseño, pro-pia da modernidade, está representada polo Laboratorio de Formas. Este traballo actualiza desde a contemporaneidade o espírito desa iniciativa pioneira de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane.

MEMORIA 2020| COLECCIÓN |

Page 44: MEMORIA CGAC 2020
Page 45: MEMORIA CGAC 2020

45 ||MEMORIA 2020INTERNET E REDES SOCIALS |

INTERNET E REDES SOCIAIS

O obxecto deste informe é dar conta da evolución das redes sociais dende xaneiro do 2020 ata fi nais de novembro do mesmo ano.

FACEBOOKO número de seguidores da páxina do CGAC en Facebook pasou dos 16.357 de xaneiro aos 18.398 actuais, o que representa un total de 1.990, máis de seis cada día.

O 1 de xaneiro había 16.357, co que para o sumar o total do que vai de ano hai que incorporar eses 51 máis e temos un total de 2.041 seguidores máis.

En canto aos “gústame” pasaron dos 16.580 de xaneiro aos 18.968 actuais, é dicir 2.388 máis, case 9 ao día. A estes hai que sumar outros 66, o que daría un total de 2.454 ao longo do ano.

O crecemento de Facebook chegaría ao 12,47%.O dato de alcance total sería de 293.575 persoas

alcanzadas, o que representa unha media de 1.067 diarias.

TWITTEREn Twitter realizáronse 1.076 chíos, o que supón case 4 ao día.

En canto ao alcance, chegou ás 885.200 persoas, 3.218 ao día.

O número de seguidores aumentou en 256, pasando de 4.340 aos 4.596 actuais, o que representa unha suba do 5,95%.

INSTAGRAMEn Instagram pasouse dos 3.569 seguidores de primeiros de marzo aos 4.664 actuais, o que supón 1.095 máis e, polo tanto, un crecemento do 30,7%. Para ter o dato de seguidores de Instagram a primeiros de ano remitímonos á memoria do 2019 e tomamos o dato de fi nais de decembro, que rexistraba 3.340. Sendo así, a porcentaxe de incremento sería do 39,6%.

O alcance desde marzo foi de 69.806 persoas, case 254 ao día.

YOUTUBE E VIMEOA canle de Youtube conseguiu este ano 39 novos suscriptores, situándose na actualidade en 145, o que representa unha subado 36,8%. Houbo 3.823 visualizacións durante un total de 329 horas.

Desde xaneiro subíronse un total de 11 vídeos. A Vimeo subíronse dous vídeos, un con 18 visualizacións

e outro con 1.

Métrica Facebook Twitter Instagram Youtube

Xan 20 Dec 20 Xan 20 Dec 20 Xan 20 Dec 20 Xan 20 Dec 20

Seguidores 16.357 18.398 4.340 4.596 3.340 4.664 106 145

Incremento 12,47% 5,95% 24,31% 36,8%

Page 46: MEMORIA CGAC 2020

| 46

PÁXINA WEBPolo que se refi re á páxina web do CGAC: www.cgac.xunta.gal, se tomamos como referencia o semestre comprendido entre os meses meses de abril e outubro de 2020, o total de sesións na páxina foi de 6.057 e o número de usuarios de 6.057, polo que cabe supoñer que no transcurso do ano o resultado sería o doble, é dicir 20.288 sesións e 12.114 usuarios.

O tráfi co da páxina web procede na súa maioría de Facebook, cun 82,4% de media nos seis meses analizados e momentos en que se sitúa no 92% do tráfi co total (entre os meses de agosto e setembro).

CONCLUSIÓNSMalia a situación xerada pola pandemia, que limitou notablemente a actividade no museo e polo tanto as posibilidade de comunicación, os datos cuantitativos do ano 2020 amosan que a comunidade das redes sociais do CGAC seguiu a medrar no 2020. Na actualidade está constituída por 27.763 persoas usuarias fronte ás 24.169 coas que pechou o ano 2019. Isto representa unha suba global do 14,87%.

A rede máis seguida, e tamén a que medrou máis durante este ano, é Facebook —cunha cifra total de 18.398 seguidores—e tamén a que nutre maioritariamente as visitas á páxina web do CGAC, de aí a importancia do seu crecemento. A continuación sitúase Instagram, que supera xa a Twitter con 4.664 seguidores polos 4.556 da rede do paxaro azul. Por último, o CGAC ten 145 seguidores en Youtube.

Porén, no que se refi re ao alcance, Twitter é a rede con mellores resultados, un total de 885.200 persoas, seguida de Facebook, que chegou a 293.575 persoas. A continuación está Instagram, que experimentou un gran crecemento (69.806 persoas). Instagram é pois, sen dúbida, a rede mais popular a día de hoxe, aínda que Facebook segue a ser a principal rede social do CGAC tanto por número de seguidores como por alcance e interaccións.

PROGRAMACIÓN 2021| INTERNET E REDES SOCIALS|

Page 47: MEMORIA CGAC 2020

47 ||MEMORIA 2020INFORME SOBRE NÚMERO DE VISITANTES |

INFORME SOBRE NÚMERO DE VISITANTES EN 2020

RECEPCIÓN

XANEIRO 3.886FEBREIRO 5.615MARZO* 1.934ABRIL* MAIO* 678XUÑO 1.918XULLO 2.185AGOSTO 3.310SETEMBRO 2.595OUTUBRO 2.418NOVEMBRO 1.8611-11 DECEMBRO 1.298

BIBLIOTECA 271

TOTAL: 26.985* O CGAC permaneceu pechado ao público entre o 13 de marzo e o 19 de maio de 2020. Durante este período, as exposicións non estiveron accesibles e as actividades presenciais ou ben se reconverteron en actividades en liña ou ben foron adiadas ou anuladas defi nitivamente.

RELACIÓN DE PARTICIPANTES NAS ACTIVIDADES EN LIÑA13 MARZO - 19 MAIO

MARZO 47ABRIL 235MAIO 327

TOTAL: 609.

Page 48: MEMORIA CGAC 2020
Page 49: MEMORIA CGAC 2020

49 |ORZAMENTOS |

Page 50: MEMORIA CGAC 2020
Page 51: MEMORIA CGAC 2020

51 ||PROGRAMACIÓN 2021EXPOSICIÓNS |

optouse por obras adquiridas por museos, institucións e coleccións privadas —moitas delas pertencen á propia Colección CGAC— pechando así o círculo do imprescindible apoio social e institucional á produción artística.

O cinco lustros de diferenza consumados entre os artistas presentes na exposición, supoñen case o cómputo de tempo dun salto de xeración (aqueles mozos que ían facer 30 anos no 2000, farán 50 no 2020); de xeito que asistiremos tamén, mediante o despregamento deste conxunto de proxectos, a algo que se aproxima bastante a unha nova substitución xeracional, con todos os cambios de modelo que isto implica.

En paralelo á exposición, Natalia Poncela e Miguel Anxo Rodríguez coordinarán un programa intensivo de actividades estruturado nun ciclo de mesas de debate, seminarios, conferencias e encontros con artistas. Ao mesmo tempo, o espazo Aula aberta, acondicionado para ese fi n nas salas do CGAC, e os espazos docentes da Facultade de Belas Artes acollerán diversas clases, seminarios e presentacións dos grupos de investigación da propia universidade.

Un dobre proxecto de edición completará este programa expositivo: o libro-catálogo da mostra coa correspondente documentación gráfi ca, e unha segunda publicación, cuxa función será documentar e rexistrar as achegas e propostas xurdidas dos debates, encontros e actividades.

PAULINE OLIVEROS. RETROSPECTIVAARTISTA: PAULINE OLIVEROS

COMISARIO: ÁLVARO RODRÍGUEZ FOMINAYA

19 FEBREIRO - 13 XUÑO 2021

DOBRE ESPAZO, AUDITORIO E VESTÍBULO DO AUDITORIO

EXPOSICIÓNS 2021

CULTIVAR INCERTEZAS. REFORMULAR O ESPAZO / CONMOCIONAR A MIRADACOMISARIO: ÁNGEL CERVIÑO

ARTISTAS: ERIK BALBUENA, VICENTE BLANCO, TERESA BÚA, MÓNICA

CABO, ROSENDO CID, SALVADOR CIDRÁS, MARCOS COVELO,

VICTORIA DIEHL, MANUEL EIRÍS, SUSO FANDIÑO, ALMUDENA

FERNÁNDEZ FARIÑA, DAVID FIDALGO OMIL, BASILISA FIESTRAS,

AMAYA GONZÁLEZ REYES, JULIA HUETE, MARTA LORENZO, RUT

MASSÓ, MANUEL MATA, NANO 4814, ÁLVARO NEGRO, DOA

OCAMPO, KIKO PÉREZ, JORGE PERIANES, MAR RAMÓN, RUBÉN

RAMOS BALSA, JUAN RIVAS, BORJA SANTOMÉ, SANDRA VARELA, MAR

VICENTE, VERÓNICA VICENTE

29 XANEIRO - 23 MAIO 2021

COORDINACIÓN DE AULA ABERTA E PROGRAMA DE ACTIVIDADES

ASOCIADAS Á EXPOSICIÓN: NATALIA PONCELA, MIGUEL ANXO

RODRÍGUEZ

Coincidindo co 30.º aniversario da posta en marcha da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020), o proxecto expositivo Cultivar incertezas. Reformular o espazo / conmocionar a mirada pretende amosar unha selección signifi cativa de traballos plásticos realizados polo alumnado que pasou polas súas aulas ao longo do xa superado cuarto de século de actividade. Seleccionáronse trinta artistas que cobren o arco temporal das diferentes promocións, desde os licenciados nos primeiros anos de existencia da Facultade até os que aínda se atopan fi nalizando, agora mesmo, a súa etapa formativa. Cada artista estará representado na exposición por unha obra, ou conxunto de obras, de especial relevancia dentro da súa traxectoria; na súa gran maioría,

Page 52: MEMORIA CGAC 2020

| 52

O CGAC, en colaboración co C3A de Córdoba, presentará en 2021 a primeira mostra retrospectiva da compositora estadounidense Pauline Oliveros (Houston, Texas, 1932- -2016).

Pauline Oliveros é unha pioneira da música electrónica e creadora do concepto de deep listening (escoita profunda). Nos anos sesenta participa na fundación do San Francisco Tape Center, do que será primeira directora trala súa integración no Mills College. O seu traballo no ámbito da improvisación, a meditación, a performance, a música electrónica e o seu labor como académica, editora e activista, desbordan calquera intento de clasifi cación. A súa investigación ao redor da escoita e o son, culmina coa creación da Deep Listening Band e a fundación do Deep Listening Institute.

Pauline Oliveros colaborou con moitos dos grandes músicos, coreógrafos e artistas da súa época, entre os que están Steve Reich, John Cage, David Tudor, Merce Cunningham, Elaine Summers, Alison Knowles, Allan Kaprow, Paula Josa- � Jones, Deborah Hai, Sonic Youth, Susan Marshall e Ione.

A mostra inclúe unha selección de documentos inéditos, fotografías, gravacións e audiovisuais mediante os cales se percorre a traxectoria creativa desta compositora. Organizada tematicamente, a exposición analiza de maneira singular os procesos e metodoloxías creativas de Pauline Oliveros, mostrando de xeito simultáneo os seus documentos de traballo (bosquexos e partituras) e as obras resultantes que estes produciron.

Entre os documentos seleccionados para formar parte da exposición hai 115 documentos (partituras, fotografías, folletos, carteis, cartas, etc.) procedentes todos eles do arquivo de Pauline Oliveros, actualmente depositado no Mills College de California. A estes hai que sumarlles unha escolma de publicacións do selo Deep Listening Publications, catro obras postais realizadas por Pauline Oliveros en colaboración con Alison Knowles, e numerosas documentos de vídeo, así como audios e álbums pertencentes á da discografía da autora.

Todo este material recompilarase nun volume, editado polo CGAC co fi n de difundir entre o público español o traballo desta compositora e teórica estadounidense.

BREAKING THE MONUMENT (IMAGES OF RESISTANCE)COMISARIOS: SANTIAGO OLMO E FERNANDO GÓMEZ DE LA CUESTA

ARTISTAS: ANA LAURA ALÁEZ, MANAL AL DOWAYAN, GHADA AMER,

ZOULIKHA BOUABDELLAH, NOELA COVELO, ANNA BELLA GEIGER,

KIMSOOJA, CLAUDIA PEÑA SALINAS, MARINELLA SENATORE,

REGINA SILVEIRA

12 FEBREIRO - 13 XUÑO 2021

PLANTA SOTO

Breaking the Monument é unha exposición colectiva que se confi gura como un acto de resistencia desde o seo da propia institución. O poder das imaxes, dos símbolos, da icona, pero tamén a representación política da historia, as súas manipulacións e omisións, son cuestións sobre as que se refl exionou de forma abundante desde a propia teoría e a historia da arte, a ética e a estética. Os relatos visuais que xorden a partir dos vectores dominantes, o patriarcado, o racismo, o colonialismo, o capitalismo, o neoliberalismo, a propaganda, a relixión, a globalización ou o dogmatismo, asolagan un mundo que se move ao ritmo frenético dunha desmesura de imaxes completamente inabarcable.

O novo monumento xa non é aquel que comparece sobre o pedestal no espazo público, xa non se trata da métopa sobre o muro, da placa sobre a parede, do busto do político, do retrato ecuestre do militar, da estatua do evanxelizador, da homenaxe ao conquistador, nin deses fálicos monólitos que se manteñen erectos nas nosas prazas. O novo monumento responde a iconografías máis sibilinas que son indiscriminadamente distribuídas polas redes, signos enxeñosos que nos resultan atractivos na súa superfi cie, símbolos de aparencia amable que asimilamos case sen darnos conta, sen apenas xerar confl ito, pero que van institucionalizando no noso interior todas esas ideas tiranas e indiscriminadas, que van logrando os

PROGRAMACIÓN 2021| EXPOSICIÓNS |

Page 53: MEMORIA CGAC 2020

53 |

seus demoledores obxectivos, en ocasións desde o ruído, noutras desde o silencio e a ocultación.

Breaking the Monument é unha selección de obras de artistas provenientes de contextos moi diferentes que, de moi diversas maneiras, atacan o poder das imaxes preestablecidas, de todas aquelas que nos manipulan e condicionan, que nos limitan, que nos reproban, censuran e autocensuran. Son un conxunto de creadoras que traballan desde a sutileza, pero tamén desde o ataque frontal, desde a iconoclastia e a subversión dos símbolos, desde unhas novas imaxes.

Un conxunto de creadoras que traballan desde a sutileza, pero tamén desde o ataque frontal, desde a iconoclastia e a subversión dos símbolos, desde unhas novas imaxes de loita e de contrapoder, desde a omisión, a transmutación e a ironía, desde a visibilización e o confl ito, unha imaxinería de defensa, reacción e contraataque, que opera desde a barricada e a poesía, que funde os bronces, que converte en entullos o mármore, que crea as novas imaxes de resistencia desde a emoción e a razón.

CARLES FONSERÉ E CAMILO JOSÉ CELA. NUEVA YORK AMARGACOMISARIOS: SANTIAGO OLMO, ADOLFO SOTELO, COA PARTICIPACIÓN

DE COVADONGA RODRÍGUEZ

ARTISTA: CARLES FONSERÉ

3 XUÑO - 26 SETEMBRO 2021

PLANTA BAIXA

O CGAC adquiriu en 2017 o arquivo fotográfi co de Camilo José Cela, que ata ese momento estaba depositado na Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, en Padrón. Este arquivo está composto por tres conxuntos de fotografías

e negativos que foron utilizados polo escritor para proxectos literarios e libros: o primeiro fórmano as fotografías e o negativos de Karl Wlasak, que se utilizaron para ilustrar a primeira edición de Viaje a la Alcarria (1948); o segundo, as fotografías e os negativos realizados por Enrique Palazuelo en Madrid a fi nais dos anos cincuenta e que Cela utiliza para escribir e ilustrar o seu proxecto literario Nuevas escenas matritenses; e, por último, as fotografías de Carles Fontseré realizadas a fi nais da década dos sesenta e durante os primeiros anos setenta en Nova York para que Cela escribise un libro dedicado a esta cidade norteamericana e titulado Nueva York amarga. O libro non chegou a publicarse xa que o autor apenas escribiu 5 capítulos, pero os textos manuscritos consérvanse no arquivo da Fundación Camilo José Cela en Padrón.

O conxunto deste fondo fotográfi co vén encher parcialmente unha lagoa moi importante da Colección CGAC, a fotografía de carácter documental entre 1940 e 1990. O arquivo fotográfi co de Camilo José Cela abre a colección do CGAC á futura adquisición e inserción nos fondos de fotografía documental realizada en Galicia por autores galegos como Raniero Fernández ou Virxilio Vieitez, ou foráneos como Anna Turbau ou Terré.

Co obxectivo de iniciar un proceso de investigación sistemático deste fondo, e en contacto coa Universidade de Barcelona, a través do grupo de investigación sobre Camilo José Cela dirixido polo catedrático Adolfo Sotelo, e coa Fundación Camilo José Cela de Padrón, impulsouse o proxecto sobre a relación entre o escritor de Iria Flavia e o fotógrafo catalán Carles Fontseré para o proxecto inconcluso Nueva York amarga.

A parte correspondente a Carles Fontseré, arredor de 350 fotografías en branco e negro, será utilizada nunha exposición específi ca sobre o proxecto Nueva York amarga. A exposición, que mostrará arredor de 140 destas fotografías, formula reconsiderar a historia deste proxecto non realizado poñendo en relación as fotografías enviadas por Fontseré a Cela e o epistolario que estes intercambiaron.

Coincidindo coa exposición celebrarase no CGAC un congreso sobre Cela e a imaxe, dirixido por Adolfo Sotelo e organizado polo departamento de Filoloxía Hispánica, Teoría da Literatura e Comunicación da Universidade de Barcelona. Deste congreso publicaranse unhas actas ilustradas que contan cun fi nanciamento parcial por parte da Universidade de Barcelona.

O proxecto completarase coa edición dun catálogo no que se incluirán as fotografías expostas acompañadas

|PROGRAMACIÓN 2021EXPOSICIÓNS |

Page 54: MEMORIA CGAC 2020

| 54

dunha selección máis ampla das imaxes que conforman o arquivo na súa totalidade. Os permisos de reprodución están certifi cados a través do Archiu de Pla de l’ Estany de Banyoles (Xirona), onde están depositados os fondos que Carles Fontseré legou ao seu falecemento á Generalitat de Catalunya.

Os documentos do arquivo Cela da Fundación Camilo José Cela, que sustentan a investigación e que se exhibirán selectivamente en vitrinas na exposición, poderán eventualmente reproducirse nunha específi ca selección no catálogo, así como a portada deseñada por Jaume Pla para o libro nunca editado Nueva York amarga. A xestión e autorización dos permisos de reprodución de textos e documentos de Camilo José Cela, deberá realizarse desde a Xunta de Galicia co lexítimo herdeiro de Camilo José Cela, o seu fi llo Camilo José Cela Conde.

CAMIÑOSCOMISARIOS: ALBERTO CARTON E SANTIAGO OLMO

ARTISTAS: -------

11 XUÑO - 26 SETEMBRO 2021

PLANTA PRIMEIRA

O camiño e o camiñar vincúlase á viaxe pero tamén ao itinerario interior, a procesos ascéticos de superación, á construción da personalidade e en defi nitiva á vida entendida como un proceso de aprendizaxe. Camiños aborda esta temática, que se converteu en esencial na arte contemporánea, mediante unha coidada selección de obras e artistas, entre outros, Richard Long, Francis Alÿs, Antony Gormley, Hamish Fulton, Beat Streuli, Bae Bien- � U, Anselm Kiefer, Luigi Ghirri, Nicolás Dumit Estévez. Destaca ademais un importante conxunto de

obras da Colección CGAC, na que o Camiño de Santiago e a cidade de Santiago de Compostela están moi presentes, tanto en proxectos producidos con ocasión doutros Xacobeos como nalgunhas pezas de recente adquisición como a serie Casas galegas, do artista pontevedrés Carlos Rodríguez Méndez.

A idea de camiño e os camiños en xeral constitúen metáforas da vida e do desenvolvemento persoal individual. O camiño, como viaxe e como itinerario espiritual ou interior, determinou formas didácticas ou existenciais da literatura (tamén do teatro, a poesía e naturalmente o cinema) de todas as épocas, civilizacións e relixións. O camiño é tamén unha experiencia e o feito de camiñar constitúe unha acción que confi gurou tamén una certa idea de performance.

Con motivo da conmemoración do Xacobeo 2021 e desde o seu lugar privilexiado á beira do Camiño de Santiago, o CGAC achégase a esta idea do camiño como metáfora da vida e do desenvolvemento persoal, a través dun proxecto que, sen pretender ser defi nitivo ou exhaustivo, da conta da complexidade das referencias ao camiño, en tanto que concepto, no panorama visual contemporáneo. Tendo en conta a relevancia que acadaron algúns proxectos realizados polo CGAC ao redor da idea de camiño e a acción do camiñar, propoñemos recuperar algunhas pezas vinculadas con estas referencias. Xunto a elas inseriranse pezas relevantes da creación contemporánea.

MEMORIA VISUAL DO LÍBANO. DEUSES DA FRONTEIRAARTISTA: CLARA CARVAJAL

COMISARIA: ZARA FERNÁNDEZ DE MOYA

ATRIO, ESPAZO DE PROXECTOS E CAFETERÍA DO CGAC

23 XUÑO - 31 OUTUBRO 2021

Deuses da fronteira recolle a memoria visual do Líbano, como se mostra a súa sociedade desde que adquire a

PROGRAMACIÓN 2021| EXPOSICIÓNS |

Page 55: MEMORIA CGAC 2020

55 |

independencia do mandato francés, nos anos corenta do pasado século XX, ata o estalido da guerra civil en 1975. Para iso, Clara Carvajal seleccionou, nas súas respectivas sedes de Beirut, unha serie de imaxes de tres prestixiosas coleccións de fotografía: a colección da Arab Image Foundation, os arquivos do xornal An-Nahar e os do fotógrafo Emile Boulos Divers. Clara Carvajal converte as imaxes en pranchas de gravado de madeira, ao estilo tradicional e, sobre elas, crea novas impresións que son testemuño dos eventos e temas arquetípicos da memoria visual libanesa.

As imaxes fotográfi cas escollidas retratan individuos e son susceptibles de ser lidas en clave simbólica a partir do arquetipo social que representan. Cada unha é o obxecto- � suxeito de partida para unha análise do imaxinario da súa identidade colectiva. Individuos que ensaian diante do fotógrafo poses reveladoras, cunha intencionalidade que mostra, a través de elementos conscientes e inconscientes, o mundo que habitan tal e como eles o interpretan: a nena feliz na súa contorna familiar, a parella sensual e namorada paseando fronte ao mar, o corpo masculino como icona divina, o pai orgulloso da súa criatura, o salvador, a coidadora, etc.

DAVID LAMELAS. LONXE, AMÉRICACOMISARIO: PEDRO DE LLANO NEIRA

ARTISTA: DAVID LAMELAS

2 XULLO - 3 OUTUBRO 2021

HALL, SOTO E DOBRE ESPAZO

David Lamelas (Buenos Aires, 1946) é unha fi gura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para se adaptar a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográfi cos ou sociais, en capitais como Londres, Bruxelas, París, Milán, Los Angeles, Nova York ou Berlín.

Como integrante do movemento conceptual o seu traballo partiu do desexo de “producir formas escultóricas despoxadas de volume físico” e derivou cara a unha refl exión crítica sobre os medios artísticos, en liña coa idea dunha arte desmaterializada. Fíxoo, por exemplo, a través da incorporación da linguaxe nas súas obras, en pezas tan emblemáticas como o libro de artista Publication (1970); do diálogo constante entre a fotografía e a imaxe en movemento; ou mediante a súa orixinal incorporación do cinema e os seus referentes ao contexto das artes plásticas. Outros aspectos importantes ao longo da súa traxectoria foron a representación da temporalidade e do espazo, a crítica institucional, a relación entre a arte e os medios de comunicación de masas, a construción de fi ccións —e as súas consecuencias na realidade— ou as relacións entre as artes visuais e a literatura.

A exposición no CGAC é a súa primeira retrospectiva en España, logo da dedicada só á súa obra fílmica polo Centro José Guerrero de Granada en 2009. Nela mostrarase a evolución do seu traballo a través de distintas etapas, desde os inicios a primeiros dos sesenta en Buenos Aires ata o momento presente, e asemade vaise incidir en dúas cuestións importantes: a relación de Lamelas con Galicia (os seus pais emigraron desde Manzaneda e Castro Caldelas durante a Guerra Civil) e a importancia do proxecto e mais do debuxo na súa práctica artística ao longo de toda a súa carreira; ben sexa como debuxos autónomos, como sucede na serie Aleph (1986-1989), ou como medio para desenvolver unha idea no ámbito escultórico, fotográfi co, fílmico ou arquitectónico.

Así mesmo, a exposición establecerá un diálogo virtual coa obra doutros artistas conceptuais que pasaron antes polas salas do CGAC, e que conforman unha parte importante da historia e da identidade do museo, algúns dos cales foron próximos a Lamelas, como Marcel Broodthaers (Cinéma, CGAC, 1997-1998) ou Bas Jan Ader (In Search of the Miraculous. Treinta años después, CGAC, 2010).O traballo de David Lamelas está representado na Colección CGAC pola obra de 2008 Buenos Aires no existe (incorporada aos fondos do museo en 2010) e antes estivo presente nas principais exposicións que confi guraron a neo vangarda conceptual (Information, MoMA, 1970; Documenta 5, 1972; e Reconsidering the Object of Art, MoCA, Los Angeles, 1995). A súa obra foi mostrada de maneira individual no Kunstverein de Múnic (1997), no Museo Tamayo da Cidade de México (2004) e, máis recentemente, nas exposicións retrospectivas que

|PROGRAMACIÓN 2021EXPOSICIÓNS |

Page 56: MEMORIA CGAC 2020

| 56

se presentaron no University Art Museum de Long Beach (California, Estados Unidos) en 2017, e no MALBA de Buenos Aires en 2018. Os seus traballos forman parte de prestixiosas coleccións públicas e privadas (o MoMA de Nova York, o MOCA de Los Angeles, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o Macba, a Fundação de Serralves, a Tate Modern, o Centre Pompidou…) e foron incluídos en bienais como as de Venecia e São Paulo, en 1967 e 1968, respectivamente, ou máis recentemente na Documenta de Kassel de 2017.

Con motivo da exposición de David Lamelas, o Centro Galego de Arte Contemporánea publicou en 2020 senllas edicións en galego e castelán do libro Publication, editado polo orixinalmente nos anos setenta. Para o 2021 está prevista a publicación dun catálogo de exposición con textos de David Lamelas, Pedro de Llano, Carlos Bernárdez, María José Herrera, Daniel Quiles, Ricardo Nicolau e Jonathan Pouthier. Nel abordaranse diversas etapas e facetas do traballo do artista desde mediados do século XX, explorando, por exemplo, as conexións da súa obra coa intelectualidade galega presente en Buenos Aires nas décadas de cincuenta e sesenta, a súa experiencia en Londres nos setenta, en plena efervescencia da arte conceptual, ou o papel que o debuxo e a pintura tiveron na súa obra dos anos oitenta na cidade de Los Angeles. O libro prestará atención á faceta máis audiovisual do artista explorando o rol que a fotografía e o cinema tiveron na súa obra.

SUSO FANDIÑOCOMISARIA: MÓNICA MANEIRO

ARTISTA: SUSO FANDIÑO

15 OUTUBRO 2021 - XANEIRO 2022

En 1952 André Malraux publica Le Musée imaginaire de la sculpture mondiale, un texto capital na historiografía da arte do século XX, relegado ao segundo plano pola preeminencia dos discursos estéticos posmodernos derivados do situacionismo francés. Malraux antecedía neste texto unha forma de concibir a Historia da Arte como disciplina aberta, na que a historia dos estilos se desdebuxa en favor dun entendemento cruzado, co que se abre lugar ás conexións indebidas, múltiples e baseadas nos afectos

e as subxectividades. Este museo imaxinario de Malraux achegábase en espírito aos procedentes do museo moderno, situándose perto dos gabinetes de curiosidades, as cámaras de marabillas nas que os burgueses e nobres do renacemento continuaban a tradición medieval coleccionando todo tipo de obxectos estraños xunto a obras de arte.

Fronte ao cubo branco que Brian O´Doherty sinalaba como espazo expositivo propio da arte contemporánea, as cámaras de curiosidades eran espazos cambiantes, abigarrados, nos que os obxectos non tendían a disporse creando discursos sinalados, senón narracións cruzadas e móbiles, microhistorias que conectaban emocionalmente co espectador.

Nesta exposición Suso Fandiño proponnos unha serie de percorridos e enlaces pouco habituais, debuxando un espazo museístico no que as obras conectan entre si creando relacións punzantes. Trátase ante todo de activar no espectador a necesidade de buscar signifi cados ocultos. Dende esta posición propónnos un espazo de xogo e refl exión sobre a morte do autor, a futilidade do discurso hexemónico na historiografía artística, o papel do espectador na arte, o xogo político de fronteiras, o marketing ideolóxico, a baixa e a alta cultura ou a análise da linguaxe como sistema de confi guración do pensamento. Todo isto o fai utilizando a obra artística como medio dende o que refl exionar sobre o social a partir da descomposición e reorganización dos produtos da sociedade de consumo.

PROGRAMACIÓN 2021| EXPOSICIÓNS |

Page 57: MEMORIA CGAC 2020

57 |

HAMISH FULTONCOMISARIO: PEP BELLOCH

ARTISTA: HAMISH FULTON

29 OUTUBRO 2021 - FEBREIRO 2022

PLANTA SOTO

Hamish Fulton (Londres, 1946) comezou a ser coñecido na década dos sesenta como integrante dun grupo de artistas británicos, entre os que se atopaba Richard Long, que exploraban novas formas de escultura e practicaban a land art. En concreto, Fulton pretendía unirse coa natureza e facer desta o centro da súa obra, en lugar de producir obxectos. Tras deixar a escola de arte en 1968 e viaxar a Dakota do Sur e Montana en 1969, Fulton deu forma ás ideas que habían determinar o seu exercicio artístico: a unión física coa natureza a través dos paseos e, polo tanto, a concepción da arte como unha práctica que brota a partir da experiencia subxectiva. Desde ese momento, o artista realizou a pé múltiples percorridos de diversa duración polos cinco continentes. As súas impresións quedan documentadas en fotografías e debuxos que máis adiante utiliza para materializar as súas experiencias e dese xeito poder compartilas. Na península Ibérica realizou 16 grandes camiñadas, entre elas percorreu, ben parcialmente ou ben na súa totalidade o Camiño de Santiago en catro ocasións. Os seus talleres consisten en realizar paseos ou camiñadas en grupo en forma de accións que permiten tomar contacto coa natureza e a contorna.

O proxecto formúlase como unha colaboración co Museo da Universidade de Navarra (MUN), cuxo propio campus é atravesado polo Camiño de Santiago, e vaise desenvolver en dous eventos principais: un en Santiago de

Compostela e outro na cidade de Pamplona ou dentro do territorio de Navarra, inicio e punto de chegada do treito do Camiño de Santiago que discorre por territorio español.

O CGAC conta con tres obras deste artista na súa colección permanente, aínda que ningunha delas está directamente vinculada co Camiño de Santiago.

UNHA IMAXE DE GALICIA. DESDE A COLECCIÓN CGACARTISTAS: CARLOS RODRIGUEZ MÉNDEZ, AMAYA GONZÁLEZ REYES,

MENCHU LAMAS, VÍTOR MEJUTO, JACOBO BUGARÍN, PAMEN PEREIRA,

ANDRÉS PINAL, XURXO LOBATO, EVA DÍEZ, ANDREA COSTAS, ANA PÉREZ

VENTURA, VERÓNICA VICENTE, TAMARA FEIJOO, CHRISTIAN GARCÍA

BELLO, PABLO BARREIRO, ROSENDO CID, LORETO MARTÍNEZ TRONCOSO,

CARLA ANDRADE, BERIO MOLINA, JUAN LÓPEZ, DAMIÁN UCIEDA... 

ITINERANTE

A Colección CGAC, que conta actualmente con máis de 1.200 pezas, crece cada ano e vai ofrecendo unha perspectiva contemporánea internacional pero vista desde Galicia e desde a arte galega, cuxa representación é moi consistente.

A través das súas pezas afl oran imaxes de Galicia, que documentan a realidade da paisaxe natural e as visións da paisaxe humana, confi gurando, tamén criticamente, un panorama cultural e simbólico.

A exposición formúlase como un percorrido, por unha banda temático e pola outra meramente visual, a partir de da idea da casa, o tempo e os afectos, o mapa e o territorio, o mar, a cidade e a cor.

|PROGRAMACIÓN 2021EXPOSICIÓNS |

Page 58: MEMORIA CGAC 2020
Page 59: MEMORIA CGAC 2020

59 |

ACTIVIDADES 2021

CURSO DE MODA VESTINDO A ÉPOCA: A MODA A OITAVA ARTE13 DE XANEIRO AO 17 DE MARZO

DIRIXE: BLANCA PAULA RODRÍGUEZ GARABATOS

Este novo curso ofrece unha refl exión sobre as orixes da moda a fi nais do século XIX e comezos do século XX. Con esta premisa analizaremos a súa contextualización histórica, semiótica e social e as súas relacións con outras disciplinas artísticas como a literatura e a arte. Analizaremos a importancia de modistas que impulsaron as novas dinámicas no vestir que aínda hoxe en día son revisitadas e recuperadas. Revisaremos a presenza da moda en obras literarias de autores como Émile Zola, Benito Pérez Galdós ou Emilia Pardo Bazán.

Constataremos a interacción entre moda e arte a través de personalidades como Joaquín Sorolla, Singer Sargent ou Madrazo. Estudaremos os primeiros mecanismos para publicitar a moda: revistas, fashion fi lms, desfi les… Analizaremos a fi gura das fashion victims do momento (actrices como Sarah Berharndt, a emperatriz Eugenia de Montijo) e os seus posibles trasuntos literarios (Espina Porcel en La quimera, Fortunata en Fortunata y Jacinta, a lendaria condesa de Greffulhe que inspirou a Proust en Á busca do tempo perdido….).

TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA MIES É +D XANEIRO A XUÑO

DIRIXE: FERMÍN BLANCO

O obxectivo deste ciclo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.

Nesta edición profundaremos novamente no pensamento dos grandes pioneiros co habitual acento nas nosas pioneiras. As artes aplicadas terán un protagonismo especial da man de Margaret Macdonald e a visión artística estará ligada á parella formada por Christo e Jeanne-Claude así como á fi gura de Yona Friedman. Por último, abordaremos a práctica do codeseño baseándonos nas experiencias de Stanley King e Susan Chung en Vancouver, e pecharemos o programa anual cun taller familiar sobre o activismo artístico e o compromiso coa visibilización da infancia da man de Palle Nielsen.

SERVIZO DE VISITAS GUIADAS CON CITA PREVIA DE XANEIRO A XUÑO

Visitas didácticas en liña Un achegamento a arte contempo-ránea. O CGAC e a súa colección

Durante as sesións realizaremos unha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplifi cando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.

O obxectivo deste novo servizo dirixido aos cursos de ESO e Bacharelato é continuar achegando á arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións na creación artística do seu tempo.  

RUTAS ARQUITECTÓNICAS O CGAC E OUTROS FITOS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA COMPOSTELÁDE XANEIRO A DECEMBRO

DIRIXE: CARMEN REY

Ao longo do ano 2021 realizaremos diversas rutas arquitectónicas partindo do exterior do CGAC, onde falaremos da importancia desta primeira obra na cidade de Álvaro Siza Vieira, recentemente galardoado co Premio Nacional de Arquitectura de España.

Continuaremos a andaina deténdonos noutros fi tos da arquitectura contemporánea compostelá, como o conxunto de Xoán XXIII; a residencia do presidente da Xunta de Galicia, de Manuel Gallego Jorreto; a fi nca Simeón, tamén coñecida como parque de Vista Alegre, coas obras  de César Portela,  Arata Isozaki  e Antón García Abril; e o Auditorio de Galicia, de Julio Cano Lasso. Remataremos o paseo noutra das obras emblemáticas da arquitectura

|PROGRAMACIÓN 2021ACTIVIDADES |

Page 60: MEMORIA CGAC 2020

| 60

de Álvaro Siza, o edifi cio da Facultade de Ciencias da Comunicación no Campus Norte da USC.

CURSO INTRAHISTORIAS DA ARQUITECTURA IIIDE MARZO A MAIO

DIRIXE: FERMÍN BLANCO

Esta terceira edición do curso Intrahistorias da arquitectura realizarase na modalidade semipresencial. Alternaremos as clases online con sesións no auditorio do CGAC.

Partiremos da arquitectura como eixo vertebrador para achegarnos transdisciplinarmente á arte, á cultura, á política e á historia, especialmente a historia contemporánea. Visitaremos a arquitectura doméstica do arquitecto, destaparemos os axentes ocultos no proceso arquitectónico, trataremos a participación cidadá e o codeseño, lembraremos as pioneiras da arquitectura e deterémonos nalgúns artistas que traballan con ou na arquitectura.

CURSO EN LIÑA ARTE NA AULA. PROPOSTAS DIDÁCTICAS SOBRE ARTISTAS CONTEMPORÁNEOSDE MARZO A NOVEMBRO

DIRIXE: GAEL ZAMORA LACASTA

A arte contemporánea entrou fi nalmente nas aulas como eixe de aprendizaxe, pero habitualmente faino da man de artistas como Picasso, Miró, Van Gogh ou Kandinsky. Figuras importantes pero afastadas xa do noso tempo e que non refl icten algunhas cuestións transversais, presentes no ámbito educativo, como son a conexión co cotián, a paridade ou a sustentabilidade.

Na aula, a miúdo, traballar a partir dun artista supón coñecer o personaxe e pintar á maneira de. Este curso propón dar un paso máis e asomarnos ao mundo da arte (no seu sentido máis diverso) como fonte de inspiración á hora de xerar experiencias educativas ricas e globalizadas. Nel os docentes poderán observar, refl exionar e experimentar a través da plástica antes de levar as súas propostas á aula, vivindo a experiencia e converténdoa en punto de partida para a programación.

SEMANA DOS MUSEOSMAIO

A fi nalidade da celebración do Día Internacional dos Museos é concienciar sobre o feito de que os museos

son un importante medio para e intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos. 

Con este fi n e ao longo dunha semana arredor do 18 de maio, o CGAC programará actividades dirixidas aos diferentes públicos como talleres didácticos, concertos, cinema ou visitas guiadas especiais.

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEAXUÑO

O CGAC continuará colaborando nas Xornadas de Música Contemporánea, organizadas polo Concello de Santiago, a USC, o Consorcio de Santiago, a Deputación da Coruña e o propio CGAC nas que se programa a música máis vangardista do panorama internacional e os grupos emerxentes galegos.

COLABORACIÓN CO PROGRAMA MÚSICA EN COMPOSTELAAGOSTO

Coa fi nalidade de dar a coñecer e difundir o patrimonio musical, o CGAC colaborará por primeira vez coa vindeira edición do ciclo Música en Compostela coa presentación dun concerto no auditorio do CGAC.

FESTIVAL PLATAFORMASETEMBRO

Nesta segunda edición do Festival Plataforma, dirixido por por David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo en colaboración co CGAC, levaranse a cabo accións con artistas como Pilar Albarracín, Janet Novás e Laia Estruch.

Un festival de artes performativas que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño.

PARTICIPACIÓN NO FESTIVAL HER-DANZASETEMBRO

O CGAC colaborará un ano máis con este festival que busca a dinamización e promoción  da danza contemporánea nalgúns dos escenarios máis emblemáticos da cidade.

PROGRAMACIÓN 2021| ACTIVIDADES|

Page 61: MEMORIA CGAC 2020

61 |

O festival desenvólvese durante unha semana e ofrecerá diversas actividades arredor da danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da  danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas, claustros e espazos abertos de Santiago de Compostela.

VI CONGRESO SOBRE PERFORMANCE FUGAS E INTERFERENCIASDE SETEMBRO A OUTUBRO

O CGAC colaborará un ano máis coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo neste congreso de acción, Fugas e interferencias, cuxo obxectivo fundamental é refl exionar sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a refl exión teórica.

CURSO DE CINE EUTOPÍAS: A PROCURA DO “BO LUGAR” NO CINEMA DE OUTUBRO A DECEMBRO

DIRIXE: JOSÉ MANUEL LÓPEZ

A utopía é hoxe tan necesaria coma sempre. Pero as utopías sociais que tratan de construír o mellor dos mundos desembocan moitas veces no seu reverso: no discurso negro da antiutopía ou distopía. Por iso neste curso tomaremos a tanxente íntima que nos afastará da utopía social e nos achegará á utopía individual (persoal, pero transferible). Porque quizais a única utopía posible sexa a nosa propia vida —aquí e agora— levada ata os límites das súas posibilidades ideais.

FEIRA CULTURGALDE NOVEMBRO A DECEMBRO

O CGAC participará na feira con diversas actividades do ámbito artístico e cultural como talleres para público infantil e algún programa de música, performance, danza ou conversas.

PRESENTACIÓNS DE LIBROS E COLOQUIOSO CGAC presentará unha serie de publicacións con mesas redondas para a promoción da cultura e a arte.

ACTIVIDADES VINCULADAS ÁS EXPOSICIÓNS

ANTÓN PATIÑO. CAOSMOSXANEIRO

Programaranse as dúas últimas actividades vinculadas á exposición de Antón Patiño Caosmos:

• Presentación do libro A mirada atlántica  (Editorial Elvira, 2020) no que participarán Antón Patiño, Xavier Seoane e Santiago Olmo.

• Mesa redonda Rompente. Grupo de Comunicación Poética (1975-1983) na que participarán Antón Patiño, Antón Reixa, Alberto Avendaño, Manuel M. Romón e Santiago Olmo.

FRANCESC TORRES. CREBASEste taller co artista Francesc Torres, inicialmente previsto para o mes de marzo de 2020, tivo que ser adiado debido á situación sanitaria relacionada coa COVID-19.

O programa está dirixido a estudantes de Belas Artes, Historia da Arte e a profesionais da cultura arredor das formulacións do artista, referente da instalación multimedia. O taller complementarase cunha mesa redonda na que participarán o profesor Juan José Lahuerta e o director do MNAC Pepe Serra.

PERFORMANCE LA RIBOTFEBREIRO

La Ribot realizará a performance Pièce distinguée n.° 45, inicialmente prevista para o mes de setembro no contexto da exposición La Ribot. Manual de uso e do Festival de Artes Performativas Plataforma.

|PROGRAMACIÓN 2021ACTIVIDADES |

Page 62: MEMORIA CGAC 2020

| 62

CULTIVAR INCERTEZAS. REFORMULAR O ESPAZO / CONMOCIONAR A MIRADADE FEBREIRO A MARZO

En paralelo á exposición, Natalia Poncela e Miguel Anxo Rodríguez coordinarán un intenso programa de actividades estruturado nun ciclo de mesas de debate, seminarios, conferencias e encontros con artistas. Ao mesmo tempo, o espazo Aula Aberta, nas salas de exposicións do CGAC, e as aulas e talleres da Facultade de Belas Artes acollerán diversas clases, seminarios e presentacións dos grupos de investigación da propia universidade.

Aula Aberta. Ao longo de varias xornadas haberá sesións de debate sectoriais. Trátase dun espazo aberto e participativo.

Mesas de debate. Haberá encontros con profesionais e especialistas (profesores, artistas, galeristas, críticos, historiadores, coleccionistas, xestores…) implicados no desenvolvemento e actividades da Facultade de Belas Artes e coñecedores da evolución do contexto artístico das últimas décadas.

Taller Risografía. Levarase a cabo un taller sobre os procesos de autoedición dirixido por Nono Bandera e Marcos Covelo.

Presentación do proxecto Formabesta, de Salvador Cidrás e Juan Cidrás, sobre prácticas educacionais, arte, obxecto cotiá e deseño.

WONDER WOMENA partir da mostra Wonder Women que tivo lugar no CGAC programarase un ciclo de cine e debates arredor das mulleres artistas coa participación de Rosario Sarmiento.

WE REFUGEESA partir da obra Perfección do artista Claudio Zulian, exhibida na mostra We Refugees e doada polo artista á

Colección CGAC, realizarase un ciclo de música sobre o músico e compositor chileno Gabriel Brncic.

PAULINE OLIVEROSDE FEBREIRO- A XUÑO

Presentarase un ciclo de cinema con sete fi lmes vinculado a exposición da artista Pauline Oliveros.

SEMINARIO CELA PALABRA E IMAGEN3 E 4 DE XUÑO

Coincidindo coa exposición Nueva York amarga terá lugar un seminario sobre Camilo José Cela e a imaxe fotográfi ca organizado polo departamento de Filoloxía Hispánica, Teoría da Literatura e Comunicación da Universidade de Barcelona e dirixido por Adolfo Sotelo.

CAMIÑOSDE XUÑO A SETEMBRO

Durante a exposición Camiños levarase a cabo un ciclo de cine e debates.

HAMISH FULTONOUTUBRO

O artista Hamish Fulton levará a cabo un taller arredor do concepto de camiñar como feito artístico.

PROGRAMACIÓN 2021| ACTIVIDADES|

Page 63: MEMORIA CGAC 2020

63 |

ACTIVIDADES QUE SE LEVARÁN A CABO EN FUNCIÓN DO CONTEXTO SANITARIO

CURSO PRESENCIAL ARTE NA AULA. ARTE, IDENTIDADE E EDUCACIÓNDIRIXE: GAEL ZAMORA LACASTA

Ao longo do ano procuraremos recuperar de xeito presencial dous bloques adiados do programa de educación artística Arte na aula: Min: obxectos e lugares que me defi nen e Comigo: cruzamentos, lazos e outros encontros.

Este programa xira arredor dun tema transversal presente en todas as etapas educativas: a identidade. Este eixe, de enorme importancia na arte contemporánea e na vida, permitiranos coñecer numerosos referentes creativos e investigar sobre o eu e o nós a través da experimentación visual e plástica.

Cunha metodoloxía dinámica e participativa, alternaremos o traballo coas obras de arte, as sesións de observación, refl exión e debate, e os obradoiros de creación. O curso formúlase como unha oportunidade para pór en práctica propostas didácticas que nos permitan experimentar, refl exionar e xerar dinámicas adaptadas aos diferentes contextos educativos.

FILOCAFÉ Unha vez ao mes, retiramos unha obra de arte da Colección CGAC dos almacéns do museo para que nos acompañe e propicie un debate sobre ela.

Os fi locafés no CGAC son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento. As sesións estarán dirixidas por profesionais de diversos ámbitos disciplinarios. Neste ano 2021 intentaremos recuperar dúas sesións adiadas no 2020 por mor da COVID-19 dirixidas polo autor Antón Lopo e o divulgador de arte Miguel Ángel Cajigal Vera (coñecido en Twitter como El Barroquista).

Ademais, se o contexto sanitario o permite, programaremos sesións con novos convidados.

TALLERES PARA FAMILIASA actividade está dirixida a familias con nenos e nenas de entre 4 e 9 anos que queiran descubrir o amplo universo da arte contemporánea ou profundar no seu coñecemento. Este ano nos talleres para familias continuaremos a viaxe

polo mundo indagando sobre diferentes culturas e xeitos de facer da arte contemporánea.

TALLERES DE LECERComo cada ano, o CGAC presentará unha oferta de talleres para nenos e nenas durante o verán. Con eles convidamos os pequenos a participaren en diversas experiencias artísticas en relación coa arte contemporánea. Neste programa ofrecémoslles aos máis novos unha oportunidade única para establecer contacto directo con profesionais de diferentes ámbitos da cultura e da arte, ao tempo que promovemos o coñecemento activo dalgúns dos procesos de creación característicos do noso tempo.

TALLERES DE NADALDurante as vacacións de nadal o CGAC acollerá diversos talleres dirixidos a nenos e nenas arredor da arte contemporánea. Un tempo para coñecer e mergullarse nos procesos creativos a través das linguaxes, soportes, materiais, técnicas e conceptos propios da arte máis actual.

TALLERES DE ARTISTAEsta actividade está a dirixida a estudantes e profesionais do mundo da cultura e o seu obxectivo é a toma de contacto directo cos traballos, discursos e xeitos de facer dos artistas contemporáneos.

SERVIZO DE VISITAS GUIADAS CON CITA PREVIA Visitas guiadas ás exposicións O CGAC ofrece un servizo de visitas guiadas de balde ás súas exposicións temporais de martes a venres de 11:00 a

|PROGRAMACIÓN 2021ACTIVIDADES |

Page 64: MEMORIA CGAC 2020

| 64

13:00 horas. Este servizo ten como fi nalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

No caso dos grupos escolares dos ciclos de educación infantil e de primaria, o persoal do Departamento de Actividades e Educación deseña, ademais, talleres didácticos específi cos para complementar a visita.

SERVIZO DE VISITAS GUIADAS SEN CITA PREVIA

VISITAS GUIADAS Á ARQUITECTURA E Á HISTORIA DO CGACO primeiro sábado de cada mes ás 12:00 horas o CGAC programa unha visita guiada á súa arquitectura. Faremos un percorrido  repasando a súa historia e as súas claves arquitectónicas desde o pórtico exterior ata a cuberta, na que está instalada de xeito permanente a obra Triangular Pavilion do artista Dan Graham. 

VISITAS GUIADAS ÁS EXPOSICIÓNS DO CGACTodos os domingos  ás 12:00 horas o público pode achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte

Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 horas e terán unha duración aproximada de 50 minutos. O grupo formarase por orde de chegada.

PROGRAMA DE ARTE E DIVERSIDADE FUNCIONALO CGAC realizará un programa de educación artística para a integración de persoas con diversidade funcional. O proxecto incluirá sesións abertas a colectivos ou persoas con diversidade funcional e ao público en xeral que combinarán visitas guiadas e talleres creativos.

PROGRAMA DE ARTE NO HOSPITALO CGAC colaborará coa aula hospitalaria do Hospital Gil Casares deseñando unha serie de talleres creativos adaptados aos nenos e nenas ingresados.

PROGRAMACIÓN 2021| ACTIVIDADES|

Page 65: MEMORIA CGAC 2020

65 |

PARTERRES IV, 2019

ESTRUTURA DE FERRO E ÁRBORES DE PLÁSTICO

50 X 25,5 X 25,5 CM

OFERTA DE COMPRA: 4.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Christian Villamide (Lugo, 1966). Parterres é unha serie de instalacións escultóricas nas que Villamide refl exiona desde a ironía sobre esa natureza case artifi cial que tanto atopamos nos espazos urbanos, onde se acouta, delimita e dirixe o crecemento de árbores, plantas, céspede... Estamos nun intento absurdo de deseñar as paisaxes naturais consonte os nosos intereses. Os xardíns con céspede e fl ores representan ironicamente esa perda do espazo natural, substituído nos espazos públicos das nosas cidades polo formigón e o cemento. Espazos onde as escasas plantas están custodiadas e protexidas por opulentos xardíns de formigón con céspede e fl ores (ou se cadra o seu propósito é protexernos a nós do contacto coa natureza). De feito, é frecuente atopar rótulos informativos en espazos públicos onde se le: “orzamento para humanizar a praza, ou xardín”; a humanización consiste en colocar uns xardíns con céspede e fl ores, bancos e acaso randeeiras… Humanizar? Talvez.

As obras Parterres II e Parterres IV, formaron parte da exposición In Landscape Mode. Christian Villamide, que tivo lugar no CGAC entre setembro de 2019 e xaneiro de 2020.

CAROLE ALFARAH

REBUILDING. LIFE. LOVE. MEMORIES, S. D.

VÍDEO A COR, SON. SUBTÍTULOS EN INGLÉS. VÍDEOS QUE CONTAN

A HISTORIA DE LILAS, AFRA’A AND HOSSAM E JIHAD

3 ELEMENTOS DE 00:10:08 (LILAS), 00:10:41 (AFRA’A AND HOSSAM)

E 00:08:12 (JIHAD)

OFERTA DE COMPRA: 5.000,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

|PROGRAMACIÓN 2021COLECCIÓN |

COLECCIÓN

COMPRAS CGAC 2021

ANGELA DE LA CRUZ

LOOSE FIT, 2000-2018

ACRÍLICO SOBRE LENZO

90 X 85 X 30 CM

OFERTA DE COMPRA: *30,000.00 £ (33.387,42 €) (*CUSTOS DE

NACIONALIZACIÓN NON ENGADIDOS)

OFERTANTE: LISSON GALLERY (LONDRES, REINO UNIDO)

Angela de la Cruz (A Coruña, 1965). Na peza Loose Fit(2000-2018) —que forma parte dunha serie máis ampla do mesmo nome— a obra está formada por unha tea enorme posta sobre un bastidor máis pequeno, o que crea un volume que colga por exceso do bastidor, coma un pelello que pende do corpo. De la Cruz afi rmou: “Sempre estiven obsesionada polo exceso do corpo e a resignación que isto implica. Isto ten que ver coa miña fascinación co Outro, pero tamén coa capacidade do corpo para se expandir”.

Esta obra formou parte da exposición Angela de la Cruz. Homeless, que tivo lugar no CGAC entre febreiro e maio de 2019.

CHRISTIAN VILLAMIDE

PARTERRES II, 2019

ESTRUTURAS DE FERRO E ÁRBORES DE PLÁSTICO

70 X 32 X 80 CM

OFERTA DE COMPRA: 5.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Page 66: MEMORIA CGAC 2020

| 66

Carole Alfarah (Damasco, Siria, 1981). Carole Alfarah introduce un ámbito de esperanza malia o desastre, e dálles voz a tres refuxiados sirios que deron chegado a Europa e conseguiron instalarse no vello continente.

REBUILDING. Life. Love. Memories é un fi lme documental. Dirixido, narrado, producido, fi lmado e editado pola propia Carole Alfarah  e nel móstranos historias da vida de tres refuxiados sirios en Alemaña, Dinamarca e Suecia que tras fuxir da guerra no seu país, empezan unha nova vida en Europa.

Carole Alfarah é unha narradora visual siria, produtora e editora multimedia residente en Madrid e Beirut. Utiliza as narrativas visuais para tratar asuntos sociais e humanitarios. Os seus traballos mostráronse en numerosos medios de comunicación, institucións, oenegués internacionais e axencias de fotografía de prensa e foi gañadora da bolsa Roberto Villagraz para realizar o máster.

KIKO PÉREZ

SEGUNDA PARTE, 2018

PINTURA AO ACEITE E COLAXE SOBRE PAPEL

81 X 71 CM

OFERTA DE COMPRA: 6.050,00 €

OFERTANTE: GALERÍA HEINRICH EHRHARDT (MADRID)

PROGRAMACIÓN 2021| COLECCIÓN|

Kiko Pérez (Vigo, Pontevedra, 1982). Baixo o título Misterio, Kiko Pérez presentou na Galería Heinrich Ehrhardt en 2018 a súa terceira exposición individual. Dentro deste proxecto, aparece a peza Segunda parte (2018).

Esta obra consiste nunha serie pezas en forma de cortinas rítmicas que cuestionan o feito óptico e se pronuncian nunha especie de desconcerto visual próximo a algunhas das formulacións icónicas de op art. Tiras de papel que en xogos cromáticos degradados xeran unha métrica lineal en descarada oposición á redondez das formas escultóricas.

JESÚS MADRIÑÁN

SEN TÍTULO (BARS). SERIE I AM LIGHT, 2019

FOTOGRAFÍA ANALÓXICA DE GRAN FORMATO

155 X 123 X 4 CM

OFERTA DE COMPRA: 4.840,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

SEN TÍTULO (ESTALOTES). SERIE I AM LIGHT, 2019

FOTOGRAFÍA ANALÓXICA DE GRAN FORMATO

155 X 192 X 4 CM

OFERTA DE COMPRA: 6.050,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Page 67: MEMORIA CGAC 2020

67 |

DEBUXOS, SÚPLICAS E TRIBUTOS (VIRXE). SERIE I AM LIGHT, 2019

FOTOGRAFÍA ANALÓXICA DE GRAN FORMATO

42 X 34,5 X 4 CM

OFERTA DE COMPRA: 605,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

DEBUXOS, SÚPLICAS E TRIBUTOS (FEAR OF LOVE). SERIE I AM LIGHT, 2019

FOTOGRAFÍA ANALÓXICA DE GRAN FORMATO

34,5 X 42 X 4 CM

OFERTA DE COMPRA: 605,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, A Coruña, 1984). Madriñán é unha das miradas fotográfi cas máis incisivas do panorama actual. A súa obra céntrase fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo intermedio entre o xénero psicolóxico e o arquivo de tipoloxías. As súas diversas series trataron aspectos da noite festeira en grandes cidades europeas (Good Night London, 2011,  Dopo Roma, 2016) ou no medio rural (Boas noites, 2013). A súa maneira de traballar é moi minuciosa e precisa, utiliza a cámara de gran formato e a película analóxica, o que fai máis complexo un traballo que se asocia á rapidez da reportaxe.

As obras Sen título (Bars), Sen título (Estalotes), Debuxos, súplicas e tributos (Virxe) e Debuxos, súplicas e tributos (Fear of Love), todas pertencentes á serie I am light, foron o froito da colaboración entre a S. A. de Xestión do Plan

Xacobeo e o CGAC, e preséntanse como unha renovación e actualización da mirada sobre a realidade do Camiño de Santiago e os seus peregrinos. Así, a modo de diario, estas imaxes xorden da súa propia experiencia como un peregrino máis, capturando identidades a medida que estas vaian formando parte dos seus días camiñando. A través delas pretende rexistrar a diversidade e a tolerancia presentes nas sociedades do século XXI e, por extensión, tamén no Camiño, testemuña de novas xeracións fl orecentes e renovadoras que participan desta secular viaxe desde o respecto, a espiritualidade e o progreso.

Estas catro obras, formaron parte da exposición Jesús Madriñán. I am light, que tivo lugar no CGAC entre novembro de 2019 e marzo de 2020.

SERIE “BOAS NOITES”. SEN TÍTULO (IVÁN EN MUIMENTA), SEN TÍTULO

(A MECA DAS FLORES), SEN TÍTULO (ROCÍO EN VILALBA), 2013

GRAN FORMATO ANALÓXICO. TINTAS PIGMENTADAS

EDICIÓN LIMITADA DE 5

2 ELEMENTOS DE 110 X 88 CM E 1 ELEMENTO DE 108 X 135 CM

OFERTA DE COMPRA: 9.680,00 €

OFERTANTE: GALERÍA TRINTA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

A Serie Boas Noites recolle unha colección de retratos tomados en escenarios naturais próximos a locais de lecer nocturno na contorna rural galega. Esta serie somerxe os espectadores no ambiente das noites de festa coma se en realidade estivesen a transitar por outro lugar xa que, a pesar de que podemos intuír a contorna ruidosa e caótica na que foron tomadas, as imaxes transmiten unha agradable sensación de calma e intimidade.

Os retratos de Madriñán sitúannos fronte a mozos e mozas que nos miran directamente aos ollos. O mundo que os rodea fúndese máis ou menos a negro (aínda que nalgunhas fotografías si é posible ver que está a suceder ao redor e detrás deles) e fi camos sós diante de alguén que posa diante da cámara sen recibir ningún tipo de indicación por parte do fotógrafo. O resultado é unha galería de xestos, actitudes e expresións que se extraen directamente do que cada suxeito elixe mostrar ou ocultar.

|PROGRAMACIÓN 2021COLECCIÓN |

Page 68: MEMORIA CGAC 2020

| 68

Cada un destes retratos revela unha sorte de identidade común, un sentimento de comunidade que se manifesta a través de unha serie de conexións sociais e psicolóxicas. Así mesmo, crea fotografías de paisaxes nocturnas documentando a natureza que rodea ou está a poucos metros dos locais acentuando a localización no rural, creando un diálogo entre interior e exterior.

ROLAND FISCHER

CGAC, SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2004

C-PRINT DIASEC

166 X 213,5 CM

OFERTANTE: O ARTISTA

Roland Fischer (Saarbrücken, Alemaña, 1958). A obra CGAC, Santiago de Compostela, realizada por Fischer na contorna do proxecto global de dez artistas invitados a representar a súa particular visión de Santiago de Compostela na exposición do CGAC, Compostela (2004), está dedicada á primeira arquitectura de Álvaro Siza en España, o CGAC.

As distorsións producidas polas superposicións establecen parámetros diferentes e dun xeito moi preciso trasladan ao fotógrafo á perspectiva do cubismo, non tanto como un elemento de análise, senón como un recurso visual que se adquiriu desde a pintura e se integrou una percepción cotiá. Mestura a visión interior e a exterior de partes concretas do edifi cio, evocando unha mirada onírica remarcada polo uso do branco e negro.

PROGRAMACIÓN 2021| COLECCIÓN|

FRANCESC TORRES

Á relación de obras propostas para a súa adquisición en 2021, habería que engadir unha peza fotográfi ca dos anos setenta do artista Francesc Ruiz, que viría completar os fondos fotográfi cos da Colección CGAC no período comprendido entre 1950 e 1980.

O artista ten prevista a doazón de 5 pezas realizadas en Galicia con motivo da súa recente exposición no CGAC, Crebas (21 febreiro 2020 - 10 xaneiro 2021) e a doazón dunha obra sobre a Brigada Lincoln, realizada conxuntamente co artista Santiago Ydáñez en 2016.

Page 69: MEMORIA CGAC 2020

69 |

DOAZÓN DE OBRAS 2021

CHRISTIAN VILLAMIDE

PARTERRES III, 2019

ESTRUTURAS DE FERRO E ÁRBORES DE PLÁSTICO

82 X 32 X 73 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 5.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

PARTERRES VI, 2019

ESTRUTURAS DE FERRO E ÁRBORES DE PLÁSTICO

50 X 25,5 X 25,5 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 4.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

Christian Villamide (Lugo, 1966). Parterres é unha serie de instalacións escultóricas nas que Villamide reflexiona desde a ironía sobre esa natureza case artificial que tanto atopamos nos espazos urbanos, onde se acouta, delimita e dirixe o crecemento de árbores, plantas, céspede... Estamos nun intento absurdo de deseñar as paisaxes naturais consonte os nosos intereses. Os xardíns con céspede e flores representan ironicamente esa perda do espazo natural, substituído nos espazos públicos das nosas cidades polo formigón e o cemento. Espazos onde as escasas plantas están custodiadas e protexidas por opulentos xardíns de formigón con céspede e flores (ou se cadra o seu propósito é protexernos a nós do contacto coa natureza). De feito, é frecuente atopar rótulos informativos en espazos públicos onde se le: “orzamento para humanizar a praza, ou xardín”; a humanización consiste en colocar uns xardíns con céspede e fl ores, bancos e acaso randeeiras… Humanizar? Talvez.

Estas dúas obras, Parterres III e Parterres VI, formaron parte da exposición In Landscape Mode. Christian Villamide, que tivo lugar no CGAC entre setembro de 2019 e xaneiro de 2020.

LUCIANA LAMOTHE

PRISMA, 2017

ESCULTURA. CANOS DE FERRO GALVANIZADO E NÓS DE ESTADAS

240 X 170 X 110 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 16.500,00 €

OFERTANTE: A ARTISTA

Luciana Lamothe (Buenos Aires, Arxentina, 1975). A obra Prisma de Luciana Lamothe experimenta coa arquitectura como conduto que ilustra valores sociais suxeitos á rixidez das estruturas verticais, nas que predominan o control, a hexemonía patriarcal e os modelos culturais fortemente establecidos.

Esta peza de Lamothe entronca coas súas recentes exploracións, nas que aborda a práctica da escultura industrial como un discurso de poder historicamente liderado por artistas masculinos. A partir deste concepto, a artista tenta reformular a noción de escultura unida ás ideas preconcibidas de xénero, mediante a autoridade implícita na identidade dos materiais de construción empregados no campo da arquitectura, como indicadores claros de demostracións brutais de supremacía.

Esta peza formou parte da exposición lugar: continxencias de uso, que tivo lugar no CGAC entre xuño e outubro de 2017.

PATRICK HAMILTON

MONUMENTO (LA MANO INVISIBLE), 2017

REIXA METÁLICA LACADA, LUVAS DE TRABALLO TINGUIDAS

5 ELEMENTOS DE 200 X 100 X 15 CM C/U

200 X 500 X 15 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 26.000,00 €

OFERTANTE: O ARTISTA

|PROGRAMACIÓN 2021COLECCIÓN |

Page 70: MEMORIA CGAC 2020

| 70

Patrick Hamilton (Lovaina, Bélxica, 1974). O título da escultura Monumento (La mano invisible), está tomado do título da novela homónima do escritor español Isaac Rosa, quen á súa vez o tomou prestado do concepto acuñado a mediados do século XVIII por Adam Smith. Para o fi losofo inglés “a man invisible” é unha metáfora que expresa en economía a capacidade autorreguladora do libre mercado.

Xeralmente aceptada como un dos fundamentos do liberalismo clásico, a teoría da man invisible asume que a través dun egoísmo racional e da capacidade de empatía chegaríase indirectamente ao benestar xeral das sociedades. Pola súa banda, na novela de Isaac Rosa, vemos presente o mundo do traballo —e do traballador— que fan posible que moitas das cousas e obxectos que nos rodean e que habitualmente non vemos. É unha novela que narra o que esta ocorrendo no mundo do traballo, a degradación das condicións laborais, co desemprego, a deterioración da calidade de vida e o malestar xeral nun universo económico e social abertamente en crise.

ANGELA DE LA CRUZ

ASHAMED, 1995

ÓLEO SOBRE LENZO

32 X 24,5 X 5 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 55.000,00 €

OFERTANTE: STUART TAYLOR

Angela de la Cruz (A Coruña, 1965). Ashamed pode considerarse a obra máis crucial de Angela da Cruz, xa que foi esta obra a que deu orixe á súa linguaxe como artista. A peza foi realizada despois da morte do seu pai e tamén é a primeira obra que vendeu. Angela da Cruz foi convidada a expoñer na mostra colectiva Memory nos Riverside Studios de Londres sobre a guerra de Iugoslavia en 1995 cando aínda era estudante na Slade School of Art (University Collegue,

Londres). Mentres se preparaba para a instalación da súa obra, deuse conta de que os demais artistas xa tomaran todas as paredes principais do espazo expositivo, polo que decidiu elixir un recuncho e por tanto un novo lugar no espazo ofrecido. Foi a primeira vez que Angela cortou o lenzo (para encaixar a obra no espazo), utilizando a pintura amarela en tea de rafi a e rachándoa pola metade. Colgou a peza na esquina elixida entre dúas paredes e a obra converteuse nun obxecto animado, aínda que conservando todas as características dunha pintura, polo que, aínda que esta pintura ten unha calidade de obxecto, é esencialmente unha pintura.

Ashamed inaugurou o enfoque de Angela da Cruz e a súa serie máis importante Everyday Paintings, 1995-1999. Nesta serie, a artista infl ixiu innumerables golpes ao plano pictórico, desde cortes ou picadas no lenzo ata a fractura do marco de madeira, marcando a brutalidade destes xestos para facerse eco da violencia da vida cotiá.

FRANCESC TORRES

SOFÍA Y EL ABISMO, 2019

INSTALACIÓN. FOTOGRAFÍA DIXITAL A COR SOBRE PAPEL MONTADO

SOBRE ALUMINIO E 7 LIBROS

20 ELEMENTOS DE 67 X 100 CM C/U (FOTOGRAFÍAS) E 7 ELEMENTOS

DE VARIAS MEDIDAS (LIBROS)

OFERTA DE DOAZÓN: 86.131,80 €

OFERTANTE: FRANCESC TORRES

Sofía y el abismo (2019) é unha performance na que, un día de intenso oleaxe, o artista decide lanzar a historia

PROGRAMACIÓN 2021| COLECCIÓN|

Page 71: MEMORIA CGAC 2020

71 |

universal da fi losofía (publicada nunha colección de libros de peto) ao mar. Ao día seguinte, volta para ver o que o mar lle devolveu. Dos 78 volumes lanzados ás augas retornaron só sete. Freud, Montesquieu, Santo Agostiño, Adorno, Hobbes, etc. e mais algunhas páginas soltas doutros volumes. Todo o demais tragouno a natureza. Se conservan os libros devoltos polo mar que forman parte da instalación, xunto coas fotografías do lanzamento.

Esta é unha das 5 obras que o artista fi xo en e sobre Galicia para a súa exposición no CGAC, Francesc Torres. Crebas (21 febreiro 2020 - 10 xaneiro 2021).

TIPO I (EN LA ESCALA DE KARDASHOV), 2019

FOTOGRAFÍA DIXITAL A COR SOBRE PAPEL

24 ELEMENTOS DE 75 X 112 CM C/U

OFERTA DE DOAZÓN: 8.528,47 €

OFERTANTE: FRANCESC TORRES

Tipo I (en la escala de Kardashov), combina fotografías das minas de volframio de Casaio e da baleeira de Caneliñas, en Gures, dous lugares con ruínas impregnadas dun gran peso histórico. Porén, o foco da peza non está tanto na historia deses dous espazos como no que eles ilustran: unha especie de monumentos á violencia e á destrución, consecuencia,

en parte, do capitalismo agresivo, que reactiva unha nova escravitude da produción e do consumo, e que semella non ter freo. O ser humano é o maior perigo para si mesmo e para todo o que o rodea, e atopámonos nun momento crítico.

Cómpre deixar de especular acerca de se o acto de agresión é sobre a vida humana ou sobre a vida, e punto. Está claro que é sobre a vida, e punto. Se chegamos ata esta situación, é porque se sucederon unha serie de patróns de comportamento que o fi xeron posible, de igual modo que hai patróns de comportamento que fan posible a guerra, e que se repiten constantemente. O paso dun tempo de paz a un tempo de guerra pódese facer con relativa tranquilidade, incluso despois das grandes atrocidades ocorridas na Segunda Guerra Mundial, nin así se aprende, o patrón repítese.

Esta é unha das 5 obras que o artista fi xo en e sobre Galicia para a súa exposición no CGAC, Francesc Torres. Crebas (21 febreiro 2020 - 10 xaneiro 2021).

ART DEGREE ZERO, 2019

FOTOGRAFÍAS DIXITAIS EN B/N IMPRESAS EN PAPEL E MONTADAS

SOBRE DIBOND CON BASTIDOR DE ALUMINIO E FOTOCOPIAS

26 ELEMENTOS DE 32 X 23 CM C/U (FOTOGRAFÍAS) E 838

ELEMENTOS DE 9 X 12 CM C/U (FOTOCOPIAS)

OFERTA DE DOAZÓN: 1.590,53 €

OFERTANTE: FRANCESC TORRES

Art Degree Zero presenta 26 fotografías nas que aparecen imaxes do rastro que deixan na area as navallas. Ese rastro confi gura formas estrañas moi semellantes grafi camente ao alfabeto árabe. A cada unha desas imaxes asígnaselles individualmente unha letra do abecedario e, seguidamente, con este novo código traducirase un fragmento de The Structure of Art, de Jack Burnham, compoñendo un gran mural.

Esta é unha das 5 obras que o artista fi xo en e sobre Galicia para a súa exposición no CGAC, Francesc Torres. Crebas (21 febreiro 2020 - 10 xaneiro 2021).

|PROGRAMACIÓN 2021COLECCIÓN |

Page 72: MEMORIA CGAC 2020

| 72

DESDE EL ACANTILADO, 2019

PROXECCIÓN PANORÁMICA 6:4 E TEXTO EN VINILO

OFERTA DE DOAZÓN: 500,00 €

OFERTANTE: FRANCESC TORRES

Na proxección Desde el acantilado (2019), observamos unhas casas na costa galega, cuxas veletas se moven constantemente, axitadas polo vento. Esas veletas enriba das chemineas, centellean velozmente, emitindo en código morse unha mensaxe ad infi nitum: “Sabia é a Natureza que nos fai morrer para que a vida valla algo”).

Esta é unha das 5 obras que o artista fi xo en e sobre Galicia para a súa exposición no CGAC, Francesc Torres. Crebas (21 febreiro 2020 - 10 xaneiro 2021).

CULTURA, 2019

FOTOGRAFÍAS DIXITAIS A COR SOBRE PAPEL MONTADAS SOBRE

DIBOND CON BASTIDOR DE ALUMINIO

7 ELEMENTOS DE 83 X 125 CM C/U

OFERTA DE DOAZÓN: 2.448,25 €

OFERTANTE: FRANCESC TORRES

Cultura (2019) é unha serie de sete fotografías que compoñen a palabra “CULTURA”, coas letras impresas en restos de lixo e artes de pesca que o mar trouxo á costa. Son esas crebas que dan nome á exposición do artista no CGAC, as que componen de maneira aleatoria, case sen querer —

aínda que a posta— a palabra por excelencia que é fonte inesgotable da arte. Unha dicotomía ou contradición, na que o xogo do signifi cado —o contido— é diametralmente oposto ao soporte —o continente—, agasallando así ao espectador cunha discusión aberta cara á interpretación do que posuímos, literal e metaforicamente.

Esta é unha das 5 obras que o artista fi xo en e sobre Galicia para a súa exposición no CGAC, Francesc Torres. Crebas (21 febreiro 2020 - 10 xaneiro 2021).

SANTIAGO YDÁÑEZ

SEN TÍTULO, 2016

ACRÍLICO SOBRE LIÑO

200 X 300 CM

OFERTA DE DOAZÓN: 10.000,00 €

OFERTANTE: FRANCESC TORRES

Santiago Ydáñez (Puente de Génabe, Xaén, 1969). A obra Sen título (2016), representa a diferentes personaxes da Brigada Lincoln, e que formaron parte da exposición que tivo lugar en 2017 no Centre d’Art Santa Mònica (Barcelona), e que xunto ao artista Francesc Torres conformou un proxecto global con dúas miradas diferentes pero complementarias.

Torres presentou unha videoinstalación e Santiago Ydáñez reinterpretou pictóricamente parte dun material fílmico e fotográfi co inédito da biblioteca da Universidade de Nova York, procedente da donazón do material que Harry Randall —fotógrafo e cámara da Brigada Lincoln— fi xo da unidade de voluntarios americanos que viaxaron a España para defender a República durante a guerra civil española.

O material fi lmouse durante os anos 1937 e 1938 cubrindo diversos frentes da guerra —Zona Centro (Guadalaxara), Teruel e o Ebro—, e aparecen personaxes relevantes como Ernest Hemingway, a periodista Martha Gellhorn e Vladimir Copic, comandante da XV Brigada, dentro da cal estaba integrada a Brigada Lincoln.

PROGRAMACIÓN 2021| COLECCIÓN|

Page 73: MEMORIA CGAC 2020
Page 74: MEMORIA CGAC 2020