Memoria anual 2016 - planteis.org · Recollemos as demandas dos veciños e veciñas de Teis...

63
Memoria anual 2016 Plan Comunitario de Teis

Transcript of Memoria anual 2016 - planteis.org · Recollemos as demandas dos veciños e veciñas de Teis...

Memoria

anual 2016

Plan Comunitario de Teis

Memoria anual 2016

A forma de traballar do Plan Comunitario de Teis, permite estruturar todos os cimentos sociais,

urbanísticos e mediambientais da comunidade, fortalecendo o tecido social para construir un barrio

mellor.

No noso barrio, existe unha veciñanza con sentido de pertenza e arraigo territorial, con intereses comúns en relación ao que significa a mellora do barrio, tal e como se reflectiu na Dagnose Comunitaria (2007-2010), identificando problemáticas e establecendo liñas comunitarias de traballo:

Desde o Plan Comunitario de Teis canalizamos e coordinamos as sinerxias creadas na rede

veciñal para ir facendo o barrio desexado. A veciñanza convírtese, así, en protagonista e

destinataria do proceso de cambio.

Recollemos as demandas dos veciños e veciñas de Teis (poboación destinataria do Programa) e

tratamos de darlle resposta a través dos programas comunitarios, organizando o traballo

nasdiferentes comisións en coordinación con todos/as os/as axentes sociais e recursos presentes no

barrio.

Memoria anual 2016 R

Este ano, o Plan Comunitario de Teis, optimizou o uso do Centro Municipal de Rios e

deulle un contido social e de participación do tecido asociativo do barrio de Teis.

Xuntanzas de planificación, estruturación, organizanización e coordinación

dos colectivos sociais e asociativos buscando en todo momento o fortalecemento dun

tecido social vivo, que atopou un espazo municipal no que se realizaron:

o Actividades comunitárias conxuntas

o Coordinación e desenvolvemento de actividades propias de cada

colectivo, asociación e/ou entidade.

o Consignación de documentación e material propios de cada asociación e

/ou colectivo social.

Xuntanzas e actividades do Comité técnico do barrio, facilitando a coordinación

entre servizos e profesionais.

Comité de asesoramento técnico e coordinación entre profesionais das diferentes

areas, servizos e recursos sociais, sanitarios, educativos…existentes no barrio.

Entre as entidades e servizos integrantes do Comité técnico atópanse Plan

Comunitario de Teis, Centro de Saúde de Teis Alborada-Vigo Cáritas diocesana

Tui-Vigo, Centro de día de maiores “Atalaia”, Hnos. misioneros de los

enfermos pobres, Fogar Santa Isabel, representación orientadores centros de

ensino e as dúas UTS que actuán no territorio: UTS de Teis e UTS Travesía (

dependentes dos Servizos Sociais do Concello de Vigo).

Xuntanzas e actividades do Comité interANPAS para intercambiar ideas,

coordinar accións, propoñer proxectos e intervir na Comunidade para mellorala.

Espazo formado pola totalidade das ANPAs dos Centros Educativos do Barrio de

Teis para traballar conxuntamente con elas na mellora da calidade da educación no

sentido máis amplo: Na Escola, no Lecer, nas Familias.

Actualmente integran este Comité InterANPAs as Asociacións de Nais e Pais

dos Centros de Ensino públicos e privados seguintes: CEIP Frián Teis, CEIP

Paraixal, CEIP San Salvador de Teis, CEIP St Tegra, Colexio Possumus, EEI Monte

da Guía

Desde o Comité InterANPAs realízanse Actividades

comunitarias:

o Recuperación e potenciación de festas populares (o Entroido, os Maios,

o Día das Letras Galegas, etc.),

o Banco de Libros, o Olimpiadas Interanpicas,

o Andainas,

o ...

Ao tempo que xorden Programas preventivos (ex.: Saúde na escola / Programa de

Prevención do Consumo de Drogas na Escola (PPCDE), Máis que un teito, Activa,…)

Memoria anual 2016

que pasan a articularse desde a Comisión de Saúde e Educación e Comisión de Ocio e

Tempo Libre e nos que as ANPAs colaboran e participan.

Xuntanzas periódicas dos colectivos do barrio para actuar conxuntamente

e coordinarnos para calquera actuación reivindicativa e/ou de interesse común.

Acuden regularmente os seguintes colectivos e ntidades:

Voces polo Litoral de Teis (representado pola súa directiva)

Comunidade de Montes de Teis (representado pola súa directiva)

Marinetea (representado pola súa directiva)

Club Deportivo a Guía (representado pola súa directiva)

Club Ciclista de Teis (representado pola súa directiva)

Club de Remo Teis (representado pola súa directiva)

outros Colectivos e persoas interesadas e que poidan aportar coñecementos sobre o tema e/ou programa de que se trate.

Un representante da xunta directiva do Plan Comunitario de Teis

Equipa técnica do Plan Comunitario de Teis (Coordinadora Técnica e

Educadora Social)

Actividades de formación, información e asesoramento social, familiar

e comunitario a través de:

Formación para a mellora da empregabilidade e a búsqueda activa de emprego.

Seminarios de formación, coordinación e apoio a colectivos obxecto de

reinsercion social para a tramitación de ofertas de emprego.

Información, formación e potenciación das novas tecnoloxías como apoio

a busqueda de emprego e ferramenta de empregabilidade.

Potenciación e información sobre Servizos e instalacións municipais para o fomento da

empregabilidade.

Memoria anual 2016

PROXECTO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS E CONDUTAS

ADICTIVAS

Avaliación de necesidades da poboación destinataria do Proxecto

Segundo os datos do Concello a poboación do barrio de Teis, onde se desenvolve o Plan Comunitario de Teis, é duns 31.895 habitantes (según censo a 01/01/2014). Ver doc que se achega. Teis sitúase na cara leste da cidade de Vigo, e convertiuse nunha área suburbana onde se mantén un sistema de asentamento rururbano con actividades urbanas intercaladas, pero totalmente integrado na cidade. A configuración do espazo urbano xurdiu coa creación da rede de tranvías para unir os lugares de maior crecemento co centro da cidade. Neste sentido trazouse unha liña que enlazaba o centro de Vigo con Teis e Chapela. Teis deixou de ser unha unidade territorial uniforme; A parroquia San Salvador de Teis sofre, pola súa situación estratéxica na cidade, unha desestructuración brutal e contínua, fragmentándose e divídindose nas 6 parroquias que actualmente ten. Teis é un barrio dos que se di “de aluvión”. Recibiu moitísima poboación foránea. Viu incrementado o seu número de habitantes nun corto período de tempo. Xenerouse un desenvolvemento urbanístico acelerado e desordeado para dar cabida a toda esa poboación. Todo este desenvolvemento urbanístico leva consigo unha sobresaturación de infraestructuras nun espazo físico moi reducido (rede viaria da cidade, 2 liñas férreas, 1 autoestrada, cables de alta tensión, nun espazo de 5,8 Km2), coa particularidade de que o trazado de estas infreestructuras realiza unha participación horizontal do barrio, marcando artificialmente as zonas: zona de asentamentos tradicionais e zona urbana. Entre unha e a outra zona non existe transversalidade algunha.

Características definitorias trama Urbana

Características definitorias trama Tradicional

Ubicación do equipo dotacional de servizos

Viais deficientes

Mala accesibilidade

Exceso de construcción de vivendas sociais

Grandes bolsas de solo sen urbanizar

Desequilibrio construtivo con calificacións urbanísticas incopatibles

Falta de transversalidade

Dificultade de comunicación

Inaccesibilidade aos servizos dotacionais

Zonas insalvables urbanísticamente:

Falta de desenvolvemento urbanístico

Alto nº de construccións ilegais

Alto nº de túneles, pasos soterrados...

Grandes espazos descoidados e/ou abandoados

Por outra banda, a integración de Teis na cidade ten a súa orixe no desenvolvemento industrial. Este auxe industrial rematou drásticamente coa crise e reconversión industrial na década dos 80. Teis tamén se veu afectada, conformándose unha nova realidade socio-económica e urbanísticamente máis

Memoria anual 2016

deteriorada (abandono de fábricas, deterioro do entorno...). O crecemento acelerado da cidade e do barrio precisaba de dotacións e servizos que puderan atender á nova poboación, así como dotacións empresariais que absorvera a man de obra que estaba a chegar e que presaxiaba o benestar económico. Nestas circunstancias urbanísticas danse as condicións para a proliferacón de espazos ou “micropuntos” segregadores onde converxen un gran número de poboación vulnerable e/ou socialmente marxinada, moita dela con problemas derivados do consumo de sustancias. Teis é unha zona cunhas características sociodemográficas típicas: Desarraigo motivado pola procedencia do rural; de barrios tradicionais da Cidade e doutras nacionalidades. Poboación nova, e con baixo índice de ocupación. É común o baixo nivel cultural. A cualificación profesional é escasa, maioritariamente operarios, fundamentalmente do sector industrial portuario e servizos.

O Plan Comunitario de Teis pertence a Área Sanitaria de Vigo que consta como

1ª na Taboa de priorización segundo o Indice de Risco Epidemiolóxico (IRE),

polo que se considera a de maior indice de Risco en consumo de drogas, cunha

calificación de 12 puntos de Indice de Risco Absoluto de Prioridade. Os principais

factores de risco cos que se atopa a poboación do barrio de Teis

Factor Familiar Factor Persoal

Abuso do alcohol ou drogas polos país

Agobio pola situación económica familiar

Enfermidade mental ou nerviosa na familia

Malas relacións entre cónxuxes ou parella

Malas relacións país/nais –fillos/as

Fracaso escolar. Insatisfacción persoal

Sensación de agobio ou tensión

Sensación de non poder superar as dificultades

Sentimento de perda de confianza en sí mesmo

Factor Social Factor Laboral

A non participación social

Coñecer consumidores/as de drogas

Dependencia do grupo

Facilidade de obter as drogas

Insatisfacción no ocio

Estigma social

Percepción social negativa

Agobio ou estrés no traballo

Esgotamento intenso no traballo

Inquietude ante o futuro laboral

Insatisfacción co trato recibido

Insatisfacción na función ou traballo

Mala situación contractual

Xornadas de traballo prolongadas

Descripción das áreas de actuación do Proxecto

Nos comezos do proxecto definíronse catro grandes ámbitos de actuación:

Escolar, Familiar, tempo libre e laboral, desde unha perspectiva transversal de

dinamización e participación comunitaria. Actualmente mantéñense os

programas no ámbito escolar, familiar, xuvenil e de ocio e transversais.

O Proxecto ten 9 Programas. 6 de carácter básico: No ámbito escolar, o

programa de prevención universal, Saúde na Escola/ PPCDE: “Obradoiros de

educación en saúde e hábitos de vida saudable” e “Obradoiro socioeducativo nas

aulas a través da natureza”; O programa de prevención selectiva, Non pasa

nada. ¿Pasa algo? ; No ámbito Familiar o programa de prevención universal,

Máis que un teito: “Escola de Nais e Pais”, o programa de prevención selectiva

Memoria anual 2016

En familia, todos contan: “asesoramento e orientación socioeducativa á familia”

e o programa de prevención indicada “Entre todos/as””; No ámbito xuvenil e

de ocio, o programa de prevención universal Activa: “Actívate xogando”.

Un de carácter complementario con compoñentes de tipo universal e selectivo o

programaen clave de xénero “Penélope”.

E dous, de carácter libre no ámbito comunitario: os programas de prevención

universal Información- sensibilización (“coordinación Xeral” e “Comité Técnico

asesor de barrio”) e Formación de mediadores sociais (“comité interanpas” e

“formación monitores/as de tempo libre e animadores/as socioculturais”).

Principios metodolóxicos xerais do proxecto

Como é propio dos plans comunitarios, o Plan Comunitario de Teis actúa baixo o

marco conceptual do modelo comunitario de intervención; polo tanto as liñas

de actuación a seguir veñen definidas pola metodoloxía de traballo

comunitario, onde a comunidade é, non só obxecto, senon tamén suxeito da

intervención. Asumir este modelo, implica asumir con todas as consecuencias o

principio de participación, guiado polos criterios de universalidade,

integralidade das propostas, globalidade das accións, transversalidade dos

principios, coordinación dos servizos, institucións e axentes sociais,

prevención de situacións de exclusión, perspectiva de xénero e emprego da

lingua galega.

Como complemento e soporte deste modelo comunitario, nos diferentes

programas utilízanse ademáis os modelos teóricos que se consideran mais

apropiados según os seus obxectivos.

Descripción do grao de interacción con outras entidades/recursos ou

grupos de interesese

ENTIDADES COLECTIVOS E SERVIZOS QUE SE INTEGRAN

PERMANENTEMENTE NO PROXECTO:

Recursos escolares Públicos: CEIP Paraixal, CEIP Frián, CEIP San Salvador

de Teis, CEIP Vicente Risco, CEP Santa Tegra; CEI Monte da Guía, IB A Guía,

IES Rosais I (ROU), IES de Teis. Colexio Possumus e Colexio Monterrey

(concertados).

Recursos sanitarios: Centro de saúde de Teis; Unidade Asistencial Alborada

Vigo

Memoria anual 2016

Recursos sociais: U.T.S Teis e Travesía, Caritas Diocesana Tui-Vigo, Hnos.

Misioneros de los enfermos pobres, Fogar Santa Isabel, Centro de Día de

Maiores “Atalaia”

Colectivos e Entidades privadas: ANPA Frián; ANPA San Salvador de Teis;

ANPA Paraixal; ANPA Sta. Tegra; ANPA EEI Monte da Guía; ANPA Possumus;

Comunidade de Montes de Teis, Voces polo Litoral de Teis; Colectivo parroquial

Santo Ignacio de Loiola e as Neves; Parroquia San Francisco Xavier; Marinetea;

Club Ciclista Teis; Club deportivo A Guía (puntualmente outros colectivos

deportivos, culturais e veciñais).

Outras entidades implicadas e coordinadas no desenvolvemento do

Proxecto: Coordinadora Galega de Plans Comunitarios; Plan Local sobre drogas

e outras adicións do Concello de Vigo.

1.- PROGRAMAS LIBRES

1.1.- Pograma de “Información-Sensibilización – Difusión”

Xustificación da necesidade da intervención:

Das características sociodemográficas xerais definidas pode desprenderse que,

dada a diversidade de servizos e asociacións no barrio, a Unidade de Prevención

do Plan Comunitario eríxese coma canal vertebrador das demandas e

inquedanzas, para a coordinación efectiva das diferentes iniciativas que atinxen

á prevención e á poboacion xeral, artellando recursos, sen duplicar os mesmos.

Actuando así coma factor de protección esencial e prevención estrutural ante

posibles riscos e/ou problemáticas derivadas do consumo e/ou abuso de

sustancias, creando un entorno preventivo que asenta as intervencións nas

propias forzas e recursos da comunidade organizándoas, coordinándoas,

optimizándoas e mobilizándoas na búsqueda de estratexias innovadoras e

imaxinativas que permitan alternativas viables de traballlo. É así que a Unidade

de Prevención do Plan Comunitario promove a creación do comité técnico asesor

que queda configurado como tal a finais do ano 2004, consolidándose como

punto de encontro, participación, coordinación e intervención na comunidade

desde unha óptica de profesionalidade.

Poboación obxectivo

Programa dirixido á poboación xeral: 31.895 habitantes

Cronograma da intervención:

De 1 de xuño de 2015 a 30 de xuño de 2017, todos os días en horario flexible.

Memoria anual 2016

Finalidade e obxectivos:

A finalidade do programa é implicar aos distintos sectores cidadáns nas

actividades de carácter preventivo e de inserción social que beneficien ao barrio

Obxectivos:

Propiciar a organización da comunidade como factor de protección e prevención estrutural frente ao uso e abuso de sustancias.

Fomentar o establecemento dunha rede estruturada de traballo que permita unha mellor resolución de situacións conflictivas derivadas do uso e abuso de sustancias.

Identificar e valorar os obstáculos e as potencialidades comunitarias. Optimizar o coñecemento dos recursos presentes no barrio.

Dinamizar o tecido asociativo e a participación social.

Consolidar un espazo permanente de encontro e diálogo entre os profesionais dos diferentes recursos que interveñen no territorio de Teis.

Propoñer e asesorar, desde o punto de vista técnico.

Favorecer o intercambio de información entre recursos de maneira regular e sistemática. Favorecer a colaboración/coparticipación dos diferentes recursos nun proxecto común. Elaborar programas comunitarios en todo o territorio de intervención.

Promover a formación e o intercambio de experiencias entre os técnicos e os profesionais dos diferentes recursos do Barrio.

Actividades e metodoloxía:

“Coordinación Xeral, Seguimento e Difusión"

Realizáronse asembleas, xuntanzas, visitas de coordinación e seguimento dos

programas preventivos e promotoras da dinamización social, con colectivos

sociais, asociacións medioambientais, deportivas, veciñais e culturais. (ver

programa “facendo barrio”)

"Comité Tecnico asesor"

Realizáronse xuntanzas periódicas, foros de debate e elaboración de documentos

e protocolos de intervención sociocomunitaria cos/as profesionais dos servizos,

recursos e institucións que actúan no barrio.

Recursos humanos

Unha traballadora social, como coordiadora técnica, da Unidade de prevención

para coordinación, seguimento e difusión do programa. Como persoal

colaborador: integrantes dos colectivos e asociacións presentes no Barrio e

profesionais integrantes do comité técnico: (traballadoras sociais de UTS Teis e

Travesía (Concello de Vigo), do Centro de Saúde de Teis e Centro de Saúde

Memoria anual 2016

Pintor Colmeiro (Xunta de Galicia-Sergas), de Allborada-Vigo, Caritas Diocesana

Tuy-Vigo, de Centro de Día de Maiores “Atalaia” (Consorcio Galego), de Hnos.

Misioneros de los enfermos pobres (Albergue) de Vida Digna, de Asvidal;

Psicologas de Centro de Día de Maiores “atalaia” (consorcio galego) e Fogar

santa Isabel; Educadoras Sociais Hnos. Misioneros de los enfermos pobres

(Albergue) e Centro de Día de Maiores “Atalaia” (consorcio galego); Pedagogo/a

e orientadores/as dos centros de ensino.

Recursos materiais

Folletos, fotocopias, material funxible, memorias e material divulgativo,

ordenador portátil, etc.

Avaliación

Realizóuse unha avaliación continua por parte de todos e todas as participantes

na que se avaliaron e revisaron os obxectivos establecidos ao inicio do

programa. Queda pendente a avaliación final para valorar o nivel de satisfación

e consecución final de obxectivos.

Actividades Poboación beneficiaria Poboación participante

“Coordinación Xeral, Seguimento e Difusión" 18000 3160

"Comité Tecnico asesor"

25

Cadro 1. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

1.2.- Programa de “Formación Mediadores/as Sociais”

Xustificación da necesidade do programa:

Dadas as características sociodemográficas xerais definidas no proxecto e a

concentración de centros escolares xa descrito, as ANPAS constitúense nus dos

colectivos máis presentes no barrio e máis importantes como mediadores

naturais en prevención. Para poder dar cauce á súa participación efectiva, fai

máis de 10 anos formouse, no seo da Unidade de Prevención do Plan

Comunitario de Teis, un Comité interanpas que permitira a coordinación entre as

diferentes anpas para intercambiar información e promover actuacións conxuntas

con respecto á educación dos seus fillos e fillas. Con este programa dáselle

continuidade ao traballo desenvolvido nestes anos. Ademáis, e coma centro

colaborador de prácticas profesionais, desde o ano 2000, formamos aos

alumnos/as de ocio e tempo libre (monitores/as e animadores/as) como

mediadores sociais, tanto a nivel profesional como de mediación entre iguais.

Memoria anual 2016

Poboación obxectivo:

ANPAS dos centros educativos do barrio de Teis: 10 anpas (100 nais e pais

aprox.) e monitores/as e animadores/as socioculturais en prácticas ou

contratados.

Finalidade e obxectivos:

Mellorar a base de coñecementos científicos/técnicos da poboación destinataria (mediadores sociais) para a implementación de intervencións preventivas de calidade.

Posibilitar a execución de programas de prevención de diferentes ámbitos (escolar, familiar, laboral, ocio etc.),

Estimular a implicación activa dos/as mediadores/as sociais no desenvolvemento de programas preventivos.

Optimizar as actitudes preventivas dos/as mediadores/as participantes.

Incrementar os coñecementos sobre contidos preventivos que se van transmitir por parte da poboación mediadora destinataria.

Actividades:

"Comité interanpas" e "Formación de monitoras/es de tempo libre e

animadores/as socioculturais"

Desenvolvéronse actividades de coordinación, debates, foros e propostas de

contidos e actividades de formación e mediación.

Realizáronse xuntanzas/sesións formativas e informativas tendentes a:

Establecer canles de comunicación e diálogo entre as anpas, a comunidade educativa e a comunidade en xeral.

Asesorar, Informar e formar as anpas e monitores/as e animadores/as socioculturais en prácticas ou contratados/as.

Implicar aos axentes sociais na prevención.

Potenciar tanto a anpas como monitores/as e animadores/as socioculturais en prácticas ou contratados/as, como mediadores/as naturais de prevención e fomento de estilos de vida saudable.

Recursos humanos:

Unha traballadora social coordinadora Técnica e una educadora da Unidade de

Prevención do Plan Comunitario de Teis, para a coordinación organización e

execución do programa e persoal colaborador entre os profesionais dos recursos

do barrio.

Recursos materiais:

Material divulgativo, folletos, carteis, fotocopias, libriños diagnósticos, proxector,

ordenador portátil, Tablet, etc.

Memoria anual 2016

Avaliación:

Avaliación continua dos obxectivos con todos/as os/as axentes implicados.

Realizouse unha avaliación final con variables que valoraron as propostas

realizadas, as propostas consensuadas e as actividades realizadas. (Este

resultado contrastarase no comité técnico). A avaliación centrouse en:

Contidos do programas (utilidade, aplicación á realidade, adecuación aos intereses dos/as participantes, adecuación ao seu nivel de experiencia etc.). A utilidade-adecuación aos intereses dos/as participantes é moi alta, xa que eles/as mesmas son os que proponen segundo intereses cales son as actividades e intervencións que fomos realizando.

Método (adecuación contidos, participación, ritmo de traballo, proximidade á realidade, adecuación para traballar as habilidades dos participantes). As xuntanzas regulares para preparación e execución de actividade, permitiron unha coordinación óptima e unha recondución case inmediata de obxectivos e actuacións, cando foi necesario.

As habilidades ou recursos desenvolvidos para o traballo preventivo (empatía, escoita activa, improvisación, espontaneidade, creatividade, asertividade, resolver conflitos, reflexión, crítica, reforzo, animar, organizar, programar actividades). Derivado da variable anterior, a reflexión crítica, a creatividade e a empatía foron unha constante no desenvolvemento das actividades programadas.

Con respecto á avaliación do proceso, hubo un feetback continuo entre todos/as os/as participantes e axentes implicados, dando completa cobertura ás súas demandas, logrando un alto grao de satisfacción, tanto có proceso como co desenvolvemento das actividades.

Actividades Poboación beneficiaria Poboación participante

“Comité interanpas” 210 175

"Formación de monitoras/es de tempo libre e

animadores/as socioculturais" 6

Cadro 2. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

Colectivos: Comunidad de Montes de Teis, Voces polo Litoral de Teis, Club

ciclista a Guía, Club Deportivo A guía, Marinetea, Club de Remo, Zona Teis

(Centro comercial aberto) e Agrupación parroquial Sto. Ignacio de Loiola, as

Neves e S. Salvador de Teis.

Memoria anual 2016

3

2

6

4

1

CENTROS EDUCATIVOS TEIS

PRIVADOS

COOPERATIVA

PÚBLICOS I. E P.

INSTITUTOS

CPR

2.- PROGRAMAS NO ÁMBITO ESCOLAR

2.1.- Programa Saúde na Escola/PPCDE: Intervención socioeducativa nas

aulas

1. Xustificación e necesidade da intervención: No barrio de Teis, ámbito de actuación do Plan Comunitario de Teis, existen 6

Centros de Educación infantil e Primaria públicos e 4 Institutos - ademais de 3

centros escolares privados-concertados e 2 en cooperativa- de ESO e Bacharelato,

polo que a intervención dentro das aulas convírtese nun instrumento de indubidable

valor preventivo por canto supón de poboación potencialmente beneficiaria en

idades comprendidas entre os 5 e os 18 anos de idade.

ALUMNADO POR TIPO DE C. EDUCATIVO

Gráficos 1-2 elaboración propia 2016

Poboación obxectivo

Alumnado de primaria, ESO/FP básica e Bacharelato dos centros educativos do

barrio: 7.050 alumnos/as (aprox.).

Finalidade e obxectivos:

Servir de base para elaborar un novo estilo de vida: impulsar a adquisición dunha conciencia, valores e comportamentos que favorezan a participación efectiva da poboación escolar no proceso de toma de decisións en canto aos seus hábitos de vida, cara a promover a adopción de estilos de vida saudables, potenciando diversos factores de protección:

Valores Alternativos: Coidado do corpo e da saúde, Colaborar cos demais, Manterse á marxe dos consumos do grupo de iguais.

Memoria anual 2016

Actividades Alternativas: Participación en actividades sociais, Practicar deporte.

Entorno e Prevención: Ausencia de drogas e delitos no barrio, Coñecer mensaxes preventivas de drogas, Integración no barrio, Participación en actividades preventivas, Prevención de drogas na escola

Trátase tamén de reducir o impacto de determinados factores de risco asociados

ao consumo de drogas:

Factor Persoal: Fracaso escolar. Insatisfacción persoal, Sensación de non poder super as dificultades, Sentimento de perda de confianza en si mesmo.

Factor Social: A non participación social, Coñecer consumidores de drogas, Dependencia do grupo, Facilidade de obte-las drogas, Insatisfacción no ocio…

Actividades e metodoloxía:

"Obradoiros de Educación en Saúde e Hábitos de vida saudable"

Descrición da poboación:

Alumnado de ESO/FP básica e Bacharelato en xeral dos centros educativos do

barrio: 3.305 alumnos/as (aprox).

Metodoloxía e Contidos:

Impartíronse en colaboración co departamento de orientación e o profesorado de

cada centro ao que se acoudíu.

Desenvolvéronse actividades de habilidades sociais, fomento de valores, toma de

decisións, autocontrol das emocións, autonomía persoal, reforzo da autoestima,

interación social e comunicación interpersoal, relacións afectivo-sexuais.

Actividade Nº obradoiros Nº sesións Centro educativo

Obradoiro HH.SS 17 51 IES a Guía-IES Teis- ROU e P.C.T

Obradoiro Sexualidade Responsable

6 18 IES Teis- ROU-Ies a Guía

Cadro 3. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

Os obradoiros estiveron encamiñados a promover estilos de vida saudable na

poboación escolar, educar na prevención e fomentar a autoestima e o

autocoidado.Tentáronse establecer canles de comunicación e diálogo (entrenando

en habilidades que faciliten a solución de conflitos ou a prevención de condutas

problemáticas deribadas do consumo) e asesorar, informar e formar en estilos de

vida saúdable.

Ademáis de fomentar a participación da poboación destinataria en actividades

preventivas que de desenvolven na súa contorna máis próxima.

Memoria anual 2016

"Obradoiro socieducativo nas aulas a través da natureza"

Descrición da poboación:

Alumnado de primaria e ESO dos centros educativos do barrio: 3.720 alumnos/as

(aprox).

Metodoloxía e contidos:

Os contidos das actividades impartíronse en colaboración e coordinación coa

Comunidade de Montes de Teis e o departamento de orientación e o profesorado

de cada centro ao que se acudíu.

Desenvolvéronse actividades de motivación para o exercicio físico e o contacto coa

natureza como alternativa de ocio saudable. Trátase de poñer en valor a natureza,

desde o entorno máis cercano (A Madroa), como alternativa ao sedentarismo e

como ocio alternativo e saudable, a máis de fomentar valores de respecto e

autocoidado a traverso do respecto e coidado da natureza.

Realizarónse 4 sesións informativas, nas que a Comunidade de Montes de Teis

acude, en coordinación coa Unidade de Prevención, aos centros educativos cara a

explicar as diferentes posibilidades que oferta o Monte da Madroa, no que hai

sendeiros preparados e acondicionados para seren explorados, ao tempo que

revitalizan o seu proxecto de recuperación. Logo destas sesións, programáronse 2

saídas ao Monte, onde os/as alumnos/as participantes e profesionais implicados/as

puderon comprobar in situ as posibilidades que ofrece o entorno dun monte así

recuperado, abrindo a posibilidade de colaboración voluntaria e participación en

diferentes actividades medioambientais coa Comunidade de Montes.

Recursos humanos:

Unha traballadora social para a coordinación organización e participación no

desenvolvemento do programa. Una educadora social para a execución das

actividades (Unidade de Prevención). Como persoal colaborador: Profesorado e

orientadores/as dos centros escolares, persoal da comunidade de Montes de

Teis, alumnado en prácticas, persoas voluntarias derivadas de Aclad Alborada

en Vigo.

Recursos materiais:

Folletos, fotocopias, fichas de traballo, cds, portátil, proxector, Tablet, etc.

Avaliación:

Avaliación continua dos obxectivos con todos/as os/as axentes implicados/as

que permitiron dotar da flexibilidade que requería a execución dalgunha das

actividades (saídas).

Para a análise de resultados utilizaranse os seguintes indicadores:

Memoria anual 2016

CUANTITATIVOS

CUALITATIVOS

Nº de centros escolares participaron no

programa: 10

Nº de nenas e nenos participantes no

programa: 563

Nº de profesionais implicados no

programa: 28

Grao de participación dos centros:

medio-alto

Grao de satisfacción dos/as profesionais

implicados/as: alto

Grao de satisfacción da poboación

participante: medio-alto

Actividades Poboación beneficiaria Poboación participante

“Obradoiros de HH.SS” 1605 419

“Obradoiros de sexualidade responsable”

70

“Obradoiro socioeducativo a través da natureza”

74

Cadro 4. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

2.2.- Programa Non pasa nada. Pasa algo?

Poboación obxectivo:

Alumnado de 4º ESO en xeral dos centros educativos do barrio: 160 alumnos/as

(aprox).

Os principais FACTORES DE RISCO nos que se pretendeu incidir neste sector poboacional

son:

Factor Familiar: Factor Persoal: Factor Social:

Abuso do alcohol ou drogas polos/as pais/nais

Enfermidade mental ou nerviosa na familia

Malas relacións entre cónxuxes ou parella

Malas relacións pais/nais-fillos/as

Fracaso escolar.

Insatisfacción persoal

Sensación de agobio ou tensión

Sensación de non poder superar as dificultades

Sentimento de perda de confianza en si mesmo

A non participación social

Coñecer consumidores de drogas

Dependencia do grupo

Facilidade de obter as drogas

Insatisfacción no ocio.

Estigma social

Percepción social negativa

Memoria anual 2016

Finalidade e obxectivos:

A finalidade do programa é evitar o desenvolvemento e a consolidación de

consumos problemáticos de drogas, reducir a incidencia dos diversos problemas

sociosanitarios relacionados co consumo e/ou de abuso de drogas e promover a

adopción de estilos de vida saudables entre os adolescentes que permanecen

vinculados ao sistema educativo.

Obxectivos xerais:

Reducir os consumos experimentais de cannabis e outras drogas ilícitas entre os beneficiarios do programa.

Reducir a porcentaxe de consumidores/as habituais (consumo diario de alcohol e tabaco e nos últimos 30 días para as restantes drogas).

Reducir o consumo abusivo de alcohol.

Fortalecer a integración do alumnado con condutas de risco no sistema educativo.

Actividades e metodoloxía:

Pártese dos principios metodolóxicos xerais do Proxecto.

Os contidos das actividades impartíronse en colaboración co departamento de

orientación e o profesorado e familias de cada centro ao que se acudíu.

Desenvolvéronse actividades de habilidades sociais e afrontamento, toma de

decisións, autocontrol, interacción social e comunicación interpersoal, abordaxe

dos riscos do consumo, e condutas asociadas....

Durante o periodo de outubro 2015-marzo 2016 traballouse regularmente (1

sesión/semana) cun grupo formado por 15 alumnos e alumnas (aprox), con

necesidades socioeducativas e risco condutual de consumo.

A partires de xaneiro, ademais traballouse con 3 grupos de 19 alumnos/as aprox.

En 3 sesións de 50 minutos en cada un dos grupos ( ver cadro nº 4).

Tratáronse contidos sobre os riscos do consumo abusivo de drogas facendo

especial fincapé no consumo de tabaco, cannabis e alcohol. Ademais, e cara a

diminuir as condutas de risco, entrenáronse habilidades sociais e relacionais;

resolución de conflitos; toma de decisións…

Recursos humanos:

Unha traballadora social para a coordinación organización e participación no

desenvolvemento do programa. Una educadora social para a execución das

actividades (Unidade de Prevención). Como persoal colaborador: Profesorado e

orientadores/as dos centros escolares, un pedagogo terapeuta e alumnado en

prácticas.

Recursos materiais:

Memoria anual 2016

Folletos divulgativos, fotocopias, carteis e medios audiovisuais, portátil,

proxector, Tablet, etc

Avaliación:

Avaliación continua dos obxectivos con todos/as os/as axentes implicados. Os

Indicadores utilizados para a avaliación de resultados foron:

CUANTITATIVOS

CUALITATIVOS

nº centros participantes: 5

nº alumnado participantes:84

nº sesións realizadas: 15

nº de profesionais implicados/as: 11

grao de consecución de obxectivos: medio

grao de captación de contidos: medio

grao de satisfación do alumnado participante: medio-alto

grao de satisfación dos e das profesionais implicados: alto

Actividades Poboación beneficiaria Poboación participante

“Obradoiros de HH.SS Resolución de

conflitos” 160 84

Cadro 5. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

3.- PROGRAMAS NO ÁMBITO XUVENÍL E DE OCIO

3.1.- Programa “Activa”

Xustificación da necesidade da intervención: Análise da situación: As características sociodemográficas xerais definidas no proxecto, e o crecente

número de novas familias con fillos e fillas que necesitan dunha integración

normalizada no barrio dentro dun marco comunitario, ademáis dos resultados

diagnósticos sobre a escaseza de espacios de ocio alternativo no barrio para este

colectivo poboacional.

A maiores, no barrio de Teis, tal e como se reflicte no mapa relacional elaborado na

diagnose comunitaria, a mocidade e un dos colectivos mais alonxados das relación

sociais comunitarias e con vinculacións, cando é o caso, moi febles.

Memoria anual 2016

Tamén se ten en conta que, a pesares da relativa melloría que se ven observando

nos hábitos de consumo de drogas e as actitudes fronte a elas, síguense a dar

elevados niveis de uso de determinadas substancias entre a mocidade, ademáis

dalgúns patróns de consumo problemáticos e una baixa percepción dos riscos

asociados ao consumo de certas drogas.

Poboación obxectivo:

Nenas e nenos de 6 a 15 anos (“Actívate xogando”) e de 15 a 18 anos (“Actívate

colaborando”) que viven e/ou estudian no barrio e que pertencen a familias

desestrucuradas e/ ou con problemas derivados da adicción a sustancias: 25

nenas e nenos (de 6 a 15) e 10 mozos/as (de 15 a 18)

Finalidade e obxectivos:

A finalidade é promover a adopción de estilos saudables de vida e de ocupación

do tempo libre entre os/as adolescentes e mozos/as do barrio así como reducir a

incidencia de diversos problemas sociosanitarios relacionados co uso e/ ou

abuso de drogas por parte destes grupos de poboación. Ao tempo que se trata

de diminuír a manifestación de condutas adictivas; fomentar o sentido da

corresponsabilide no seu desenvolvemento persoal e relacional, promocionando

a mediación en saúde.

Entre os obxectivos do programa inclúense os seguintes:

Reducir a intención de consumo de drogas no futuro.

Incrementar a percepción do risco asociado ao consumo de drogas, en especial no caso do tabaco, o alcohol e o cannabis.

Reducir a tolerancia/permisividade da xente nova respecto ao consumo de drogas no seu medio social próximo.

Incrementar o rexeitamento da xente nova fronte ao consumo de drogas.

Incrementar as habilidades básicas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir polo uso/abuso de drogas.

Incrementar as habilidades de resistencia.

Favorecer a implicación e participación da poboación xuvenil en actividades de ocio saudables.

Actividades e metodoloxía:

“Activate xogando””

Desenvolvéronse actividades lúdicas e de ocio alternativo, educativas e de

colaboración responsable (6-18 anos)

Creouse un grupo de coordinación do programa no barrio (en colaboración e

coordinación co Comité interanpas, club ciclista Teis e Club deportivo a Guía);

Deseño por parte dos integrantes do grupo de coordinación das actividades

saudables a desenvolver; Difusión das actividades informativas, de sensibilización e

de ocio programadas; difusión de mensaxes preventivas entre iguais, información e

promoción de actividades de ocio saudables.

Memoria anual 2016

Tentóuse o achegamento da mocidade á natureza de xeito lúdico, educando no

tempo libre e de ocio, ao tempo que se estableceu un espazo de xogo e interacción

social e un servizo de atención controlada aos e ás menores, creando ambientes de

participación e diversión.

Ademáis consolidouse, según os casos, un espazo de apoio e derivación de

rapaces/as en situacións especiais e/ou con condutas pouco saudables detectadas

pola unidade de prevención, potenciando a integración e interacción destes/as

rapaces/ as no seu entorno (Teis).

Recursos humanos:

Unha traballadora social coordinadora da Unidade de prevención para a

coordinación e seguimento do programa e una educadora social da Unidade de

Prevención para a execución das actividades. Puntualmente poderánse contratar

monitores/as previamente formados como mediadores pola equipa de prevención.

Como persoal colaborador: un pedagógo terapeuta, departamentos de orientación

dos IES e doutros centros educativos, persoal do centro de saúde de Teis, persoal

profesional dos servizos sociais e doutros servizos presentes no barrio e mesmo

na cidade, persoal do comité interanpas e persoal voluntario de Aclad alborada en

Vigo.

Recursos materiais:

Folletos e carteis informativos, materiais xerais de información/sensibilización para a

mocidade, camisetas, material funxible, xogos cooperativos, ordenador portátil,

proxector, Tablet, etc.

Avaliación:

Avaliación inicial: por medio da observación directa das técnicas da Unidade de

Prevencion do Plan Comunitario de Teis. Nunha ficha de campo, recolléronse as

características e potencialidades dos rapaces e rapazas. Avaliación continua:

diariamente para aqueles obstáculos inmediatos, semanalmente reunións onde

se analiza a evolución de cada neno/a.

Quincenalmente contrastáronse as incidencias e as alternativas. Periódicamente,

establecéronse reunións conxuntas co equipo de profesionais dos servizos de

referencia (UTS, Equipo de infancia e Familia, Orientadores/as...). Avaliación

final onde se reflictiu o cumprimento de obxectivos, e os resultados da enquisa

de satisfación que se pasa aos e ás participantes, transladando os resultados

aos e ás profesionais de referencia. Retroalimentación interna e externa: que

permite a reformulación inmediata, en caso de que fora precisa, e a mellor

adaptación do programa ás necesidades reais dos rapaces e rapazas para o

próximo ano. Ete resultado contrastarase no comité técnico.

Actividades Poboación beneficiaria Poboación participante

“Activate xogando” 585 365

Cadro 6. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

Memoria anual 2016

4.- PROGRAMAS COMPLEMENTARIOS

4.1.- Programa “Penélope”

Xustificación da necesidade da interveción:

É evidente que ser muller e presentar un consumo problemático de drogas, constitúe

un desafío aos estereotipos sociais e culturais, polo que as mulleres, normalmente,

non contan coa mesma comprensión, oferta de axuda e acompañamento cos homes.

Isto vese reforzado polo feito de que as mulleres con dependencia están moito máis

expostas a ser penalizadas e criticadas socialmente, porque, dacordo coa

socialización sexista, consumir drogas, alcohol e outras condutas adictivas, esta mais

asociado ao masculino, o que agrava o illamento que sofren as mulleres que, para

evitar ser estigmatizadas, tentan ocultar o seu problema. Dato fundamental o seu

illamento sociofamiliar e as dificultades de acceso aos servizos e/ou recursos.

A natureza deste programa, o carácter transversal das súas intervencións, fai que

poida ser desenvolvido en todos os ámbitos onde se recolle a implementación de

programas preventivos (ámbito escolar, familiar etc.).

Poboación obxectivo Mulleres con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos participantes dos demais

programas preventivos levados a cabo.

Finalidade e obxectivos:

A finalidade do programa é a sensibilización, información e formación sobre

consecuencias do uso abusivo de drogas desde a perspectiva de xenero,

entendendo as características específicas que comporta o feito de ser muller.

Obxectivos

Romper a tendencia á igualación das pautas de consumo de drogas das mulleres coa dos homes, reducindo deste modo a incidencia dos problemas de drogas nas mulleres.

Mellorar a información e os coñecementos das mulleres participantes sobre as diferentes drogas, os seus efectos e riscos.

Optimizar as intervencións nas mulleres afectadas por problemas derivados do consumo de drogas, facilitando e priorizando a súa accesibilidade a servizos que teñan en consideración a perspectiva de xénero.

Memoria anual 2016

Actividades e metodoloxía:

Elaboración e difusión de material de apoio aos programas de prevención,

fundamentalmente dirixido a mulleres adolescentes e mozas, nos cales se

recolla a perspectiva de xénero permitindo a focalización nas características

específicas e mantemento do consumo de drogas por parte das mulleres.

Difusión da guía sobre muller e drogas que recolle información e promove a

formación sobre as distintas drogas (en especial do tabaco, alcohol, cocaína e

cannabis), os seus efectos e riscos, dando a coñecer as alternativas preventivas e

asistenciais existentes.

Contido:

Difusión de materiais de prevención específicos para as mulleres.

Recursos humanos:

Unha traballadora social coordinadora da Unidade de prevención (formada en

xénero) para coordinación e seguimento do programa e una educadora social da

Unidade de Prevención para a execución das actividades.

Recursos materiais

Guía Muller e drogas; Guía de boas prácticas na prevención do consumo de

drogas desde a perspectiva de xénero. Folletos informativos e outros pertinentes

para a abordaxe da perspectiva de xénero.

Materiais de apoio a programas de prevención: DVD sobre os efectos diferenciais

das drogas en función do xénero e Serie de dípticos “En feminino, falamos de

drogas”.

Avaliación do programa

Realizaráse una avaliación continua para adaptar implantación do programa como

apoio e complementariedde dos outros programas. Ao final de cada ano realizaráse

unha avaliación intermedia.

Os indicadores que se utilizaron foron:

Número de mulleres participantes: 98

Número de programas preventivos incluidos: 5

Cadro 6. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

Actividade Poboación beneficiaria Poboación participante

“Penélope” 330 98

Memoria anual 2016

5.- PROGRAMAS NO ÁMBITO FAMILIAR

5.1.- Programa “Máis que un teito”

Xustificación da necesidade da intervención:

As crecentes dificultades das nais e pais en familias cambiantes, fan obligado formar

e informar as nais e pais en temas relacionados coa educación dos seús fillos e fillas

e coas propias dinámicas familiares. Hai que ter en conta que o contorno familiar

actua como factor determinante no posterior desenvolvemento, persoal, condutual e

social dos seus fillos e fillas. Neste punto, hai que incidir en que, independentemente

da tipoloxía de familia (tradicional, reconstituída...), os vínculos emocionais e

referenciais, son fundamentais para o desenvolvemento saudable da personalidade

dos/as rapaces/as ( ver gráfico que sigue e datos do programa, “En familia todos

contan”).

Factor Familiar de risco Factor familiar de protección

Abuso do alcohol ou drogas nas familias

Agobio pola situación económica familiar

Enfermidade mental ou nerviosa na

familia

Malas relacións entre cónxuxes ou

parella

Malas relacións pais/nais-fillos/as

Integración Familiar

Conta problemas na casa

Diálogo país/nais-fillos/as

Estabilidade familiar

Sentir apego pola súa familia

En canto ás relacións familiares, a súa complexidade e a desvinculación, en

moitos dos casos, da familia extensa, provoca que as carencias que poidan xurdir

no seo da familia nuclear non conte co apoio dunha mínima rede familiar, como

sería desexable.

Estilos educativos das familias. Mostra 2015

Polo que respecta aos estilos educativos na familia, destacar que, tal e coma se

reflicte no gráfico anterior, na súa maioría utilizan como estratexia de socialización

familiar o estilo permisivo que implica, por parte de pais e nais, unha certa

1

17

1

ESTILOS EDUCATIVOS

DEMOCRÁTICO

PERMISIVO

AUTORITARIO

Memoria anual 2016

indiferencia ante as actitudes e condutas dos seus fillos/as; o que se traduce nunha

certa pasividade tentando evitar as restricións e os castigos, tolerando os impulsos

dos nenos/as e accedendo fácilmente aos seus desexos, “dimitindo” da tarefa

educativa que lles corresponde e invertindo nos fillos/as o menor tempo posible

e/ou protexéndoos en exceso. As consecuencias que este estilo educativo ten para

os/as menores son as esperadas: baixa competencia social, pouco autocontrol,

escasa motivación, escaso respecto das normas, baixa autoestima, inestabilidade

emocional, autoconcepto negativo e escasas probabilidades de éxito a nível

curricular (todos eles factores de risco para o desenvolvemento de condutas

adictivas). Porén, tamén se da algún caso de familias cuxo estilo autoritario (con

normas ríxidas, castigos, poucas alabanzas, comunicación cerrada…) ten como

consecuencia (nos/as fillos/as) unha baixa autoestima e autoconfianza, unha baixa

autonomía persoal, escasa competencia social, comportamentos agresivos e

impulsivos e nenos/as menos alegres e espontáneos/as. Hai que ter conta que a

maioria das famílias, perfil deste programa veñen reproducindo patróns

comunicativos, relacionais e educativos da súa familia extensa. (Ver programa, “En

família todos contan”)

Poboación obxectivo:

Nais e pais do alumnado dos centros educativos do barrio de Teis: 75 familias

(nais/pais) aprox. C/ano

Finalidade e obxectivos:

Mellorar as habilidades educativas, de xestión e de comunicación dos pais, nais e/ou titores/as que reciben a intervención.

Promover e reforzar os factores de protección familiar, ao tempo que se pretende reducir o impacto dos factores de risco relacionados con este ámbito.

Mellorar a calidade da información sobre drogas de que dispoñen os pais e as nais.

Reflexionar sobre actitudes fronte ás drogas e ao seu consumo por parte dos/as seus e súas fillas.

Mellorar a habilidade dos participantes para o desenvolvemento de pautas consistentes de xestión familiar.

Mellorar as actitudes educativas dos pais e das nais.

Mellorar as actitudes preventivas dos pais e das nais.

Actividades e metodoloxía:

"Escolas de nais e país"

A metodoloxía foi participativa, dinámica e flexible en todo o proceso. As liñas de

actuación a seguir veñen definidas pola metodoloxía de traballo comunitario, onde a

comunidade é, non só obxecto, senon tamén suxeito da intervención. Asumir este

Memoria anual 2016

modelo, implica asumir con todas as consecuencias o principio de participación

guiado polos criterios de universalidade, integralidade das propostas, globalidade

das accións, transversalidade dos principios, coordinación dos servizos, institucións

e axentes sociais, prevención de situacións de exclusión, perspectiva de xénero e

emprego da lingua galega.

Desenvolvéronse actividades e obradoiros a proposta do Comité interanpas e das

propias nais e pais en función das súas necesidades.

Contidos:

Sesións formativas onde se traballaron: Normas e límites na convivencia familiar;

Afectividade e sexualidade, con especial incidencia na adolescencia; As novas

tecnoloxías; Prevención do consumo en xeral. Hábitos de vida saúdable;

Entrenamento en habilidades para a resolución-solución pacífica de conflictos

dentro da familia e a comunicación como canle imprescindible de prevención.

Educación para a saúde: que facer ante a sospeita e/ ou un problema de

consumo de drogas? Ambiente familiar e educación: a familia: ciclos vitais,

límites e xerarquía, necesidades psicolóxicas básicas, autoestima, premios e

castigos, estilos de autoridade e a súa influencia educativa, comunicación,

negociación e resolución de conflitos (obradoiro de resolución de conflitos entre

pais/nais e adolescentes).

Recursos humanos:

Unha traballadora social para a coordinación organización e desenvolvemento

do programa e unha Educadora social para o desenvolvemento das actividades

(Unidade de prevención). Como persoal colaborador: un pedagogo terapeuta,

persoal do centro de saúde de Teis, persoal profesional dos servizos presentes

no barrio e mesmo na cidade.

Recursos materiais:

Folletos, Guías informativas para pais/nais fronte aos consumos de alcohol,

cannabis e drogas de síntese dos/as seus/súas fillas, vídeos de prevención e

consumo de drogas no ámbito familiar elaborados por distintas institucións,

fotocopias, libriños diagnósticos, etc.

Avaliación:

Avaliación continua dos obxectivos con todos/as os/as axentes implicados.

Realizarase unha avaliación final con variables que valoren as actividades

realizadas e o grao de satisfación coas mesmas.

As escolas deron comezo o mércores, 3 de febreiro, en horario de 17 h. a 18:30

no Centro Municipal de Rios.

Memoria anual 2016

A programación foi flexible en canto ás temáticas, posto que ao longo do

desenvolvemento das sesións xurdiron dúbidas, problemáticas, etc. relacionadas

có día a día na educación e crianza das/os nenas/os, que tratamos de resolver.

DATAS TEMAS

3 e 17 de febreiro

2 e 16 de marzo

6 e 20 de abril

4 e 18 de maio

1 de xuño (festa final e entrega de diplomas)

REDES SOCIAIS - análise e valoración dos medios de comunicación de masas – acoso escolar

FUNCIONAMENTO EMOCIONAL

ADOLESCENCIA

A PERSPECTIVA DE XÉNERO

NORMAS E LÍMITES - respecto, obediencia, cómo actuar ante as conductas dos nenos/as

COMUNICACIÓN – autoestima – autocontrol

ESTILOS EDUCATIVOS

Cadro 8. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

O Resultado nos indicadores da avaliación intermedia (xuño 2016) son como

sigue:

CUANTITATIVOS

CUALLITATIVOS

Nº de obradoiros realizados:

Nº de nais e pais participantes

Nº anpas implicadas

Nº centros escolares implicados

9

28

7

9

Grao de coñecementos adquiridos:

medio

Grao de satisfación cos contidos

tratados: alto

Grao de satisfacción coas dinámicas e

co persoal técnico: alto

5.2.- Programa “En familia, todos contan”

Xustificación da necesidade da intervención:

Dadas as crecentes dificultades das nais e pais en familias cambiantes e

desestructuradas, moitas veces a causa de problemas asociados ao consumo,

faise obligado formar, asesorar e orientar ás nais e pais en temas relacionados

coa educación dos seús fillos e fillas e coas propias dinámicas familiares.

Actividade Poboación beneficiaria Poboación participante

“Escolas de nais e país” 75 28

Memoria anual 2016

Poboación obxetivo:

Familias desestruturadas do barrio de Teis, con cuxos/as fillos/as estase a

traballar noutros programas da entidade (véase “actívate xogando”): 35 familias

(nais/pais) aprox. Poden, igualmente, participar no programa familias que sexan

usuarias dos servizos sociais, presenten dificultades de inserción laboral, que

sexan beneficiarias de RISGA, familias monoparentais, que presenten un

problema de adicción nun ou nos dous membros da parella ou sofren outros

desaxustes (habida conta de que están a aumentar as condutas disruptivas en

familias “normalizadas”). .

Finalidade e obxectivos:

A finalidade do programa é a de reducir os factores de risco e incrementar os

factores de protección presentes en familias que se encontran en situación de

vulnerabilidade con relación ás drogas.

Entre os obxectivos do programa inclúense:

Mellorar as habilidades educativas, de xestión e de comunicación de país/nais ou titores/as de familias que se atopan en situación de vulnerabilidade fronte ás drogas.

Incrementar os recursos familiares para minimizar as situacións problemáticas.

Proporcionar aos país e nais ferramentas para identificar de forma precisa os factores de risco aos que se atopa exposta a familia.

Tentar minimizar os factores de risco mediante o desenvolvemento de habilidades que os capaciten para reconducir os problemas aos que están expostos.

Mellorar as habilidades para o desenvolvemento de pautas de xestión familiar.

Entrenar na adquisición de actitudes preventivas.

Reconducir as condutas relacionadas coas drogas, de selo caso.

Fomentar a supervisión paterna/materna sobre as actividades dos fillos e fillas.

Establecer pautas de comunicación que melloren as relacións familiares.

Incrementar as habilidades educativas dos pais e nais, aumentando a empatía cos fillos/as.

Aumentar a confianza e a competencia dos país e nais na tarefa de educar os seus fillos e fillas, aprendendo a utilizar outros métodos educativos como o reforzo positivo e os eloxios.

Reducir a utilización de métodos coercitivos e punitivos na educación dos fillos/as, aumentando a capacidade de negociación e a habilidade para a resolución de conflitos.

Identificar e concretar os valores e actitudes que os pais e nais desexan fomentar nos fillos e fillas.

Dotar a pais e nais de estratexias cara ao entrenamento de valores e actitudes, previamente establecidos cos seus fillos e fillas.

Memoria anual 2016

Actividades e metodoloxía:

“Asesoramento e orientación socioeducativa á familia”

Pártese dos principios metodolóxicos xerais do Proxecto.

Desenvolveranse obradoiros en función das necesidades das familias

destinatarias. En 5 sesións grupais e/ou intervencións individuais (según

necesidades e características das familias) de hora e media de duración (aprox),

1 ou 2 veces ao mes ou máis (atendendo a diversidade, xa que as

características de cada nai/pai e/ou familias, determinarán o número final de

intervencións). O programa, articulado a través de obradoiros con familias en

risco, desenvolverase en cinco sesións nas cales exploraránse os seguintes

aspectos:

Avaliación do sistema familiar (condutas-problema, interaccións e procesos de

comunicación pais/nais-fillos/as); Motivación para o cambio; Estilo de

supervisión; Os/as fillos/as aprenden a comportarse; Como actúan as nais e pais

e o proxecto educativo de nais e pais.

Contidos:

Asesoramento, orientación e entrenamento en habilidades para adquisición de

ferramentas e competencias educativas: Normas e límites na convivencia

familiar; As novas tecnoloxías; Prevención do consumo en xeral; Asesorar e

incrementar os recursos familiares para minimizar as situacións de risco; Mellorar

as habilidades educativas; Educar aos pais e nais na prevención, tanto de

condutas de risco coma de condutas non saudables; Entrenar en habilidades que

faciliten a resolución-solución pacífica de conflitos dentro da familia e a

comunicación como canle imprescindible de prevención.

Recursos humanos:

Unha traballadora social para a coordinación organización e desenvolvemento

do programa. Una educadora social que trabalalla cos/as menores destas

familia no programa “Activate Xogando”. Como persoal colaborador: axentes

educativo persoal do centro de saúde de Teis, persoal profesional dos servizos

presentes no barrio e mesmo na cidade (ss sociais, colectivos).

Recursos materiais: Folleto, fotocopias, encerado, xices, rotuladores, folios, bolígrafos, proxector e

ordenador portátil, presentación en Power point…

Memoria anual 2016

Avaliación do Programa:

Avaliación continua dos obxectivos con todos/as os/as axentes implicados.

Realizouse unha avaliación do proceso e unha avaliación final con variables que

valoraron as actividades realizadas e o grao de satisfación coas mesmas, para

comprobar as modificacións producidas nas seguintes variables: coñecementos

relevantes en prevención, implicación en tarefas de supervisión e apoio aos fillos,

xestión familiar (establecemento de normas e responsabilidades entre os

compoñentes da familia), habilidades de comunicación e capacidade de

negociación e para a resolución de conflitos.

Actividade Poboación beneficiaria Poboación participante

“En familia tod@s contan” 35 31

Cadro 8. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

5.3.- Programa “Entre todos/as”

Xustificación e necesidade da intervención

Ver datos detallados nos dous programas familiares anteriores.

O traballo de prevención indicada das drogodependencias, busca a implicación

das familias dos/as adolescentes en situación de risco e a creación de

circunstancias e oportunidades que faciliten un proceso de cambio a través do

desenvolvemento de competencias. Un traballo que se basea no

desenvolvemento de factores de protección e na redución dos factores de risco

asociados ao uso ou abuso de drogas.

En especial busca identificar os factores de risco e protección arredor dos cales

estruturar a intervención. Para isto sérvese dunha estratexia global, baseada na

coordinación e colaboración dos axentes sociais e das institucións implicados.

Poboación obxectivo

Programa dirixido a familias cos/as fillos/as adolescentes que manteñen

consumos de distintas drogas e/ou a familias desestructuras do barrio de Teis,

con cuxos/as fillos/as estase a traballar noutros programas da entidade

(véasedentro deste proxecto:“Non pasa nada pasa algo” e “actívate xogando” e

tamén a mocidade doutros programas financiados pola Consellaria de benestar

da Xunta de Familia “Apunto Teis” e polo Concello de Vgo “Ludopam-

Teis”poboación ): 45 familias (nais/pais) aprox.

Memoria anual 2016

Finalidade e obxectivos:

O Obxectivo xeral do programa é desenvolver mecanismos para evitar que os

menores que presentan un consumo ocasional de drogas deriven cara a un

problema de adicción, mediante a creación do grao necesario de motivación que

predispoña a familia e o adolescente ao cambio e a unha reconsideración dos

problemas e das súas causas.

Obxectivos específicos

Facilitar que o menor desenvolva a súa autonomía persoal (autocontrol das reaccións emocionais e coñecemento persoal).

Conseguir a mellora das relacións co ámbito familiar e o grupo de iguais. Reducir o número de condutas disruptivas no fogar. Acompañar ao menor a través dos estadíos de cambio e aumentar a

conciencia da súa problemática respecto aos consumos de drogas. Adquirir estilos educativos adecuados e eficaces que permitan unha

adecuada resolución das situacións problemáticas ou conflitivas. Mellorar as habilidades de comunicación que permitan reducir as

dificultades de comunicación e de relación existentes na familia.

Actividades e metodoloxía

Realizaránse cinco sesións de 90 minutos cada unha, durante tres meses con

cada familia. Poderánse realizar axustes en función das familias derivadas,

podendo cambiar a duración e/ou estrutura das sesión.

O traballo desenvólvese nun formato de entrevista familiar na que se realizarán:

Traballo cos/as adolescentes. Analizando a súa situación, as súas inquiedanzas e centrándose nos seus comportamentos e nas consecuencias que estes teñen.

Traballo coas familias. Fomentando o apoio aos fillos e modificando aquelas estruturas e prácticas da convivencia que dificultan o acercamento a solucións satisfactorias para todos. Inclúe ademais das sesións de terapia, intervencións no domicilio familiar xa sexa en situacións de crise ou para apoiar a adquisición de habilidades.

Traballo conxunto con adolescentes e pais/ nais. Dado que será o primeiro ano de implementación do Programa, pode darse o caso de ter que aprazar este traballo conxunto ata que existan bases suficientes que sustenten a súa evolución exitosa.

Contidos:

Traballo educativo cos/as adolescentes, coa familia e en conxunto con ambos os

dous.

Adestramento en habilidades de xestión familiar: Ensaio de condutas; Práctica de

habilidades e Intervencións educativas de apoio

Memoria anual 2016

Recursos humanos:

Unha traballadora social para a coordinación organización e participación no

desenvolvemento do programa. 1 educadora social e 1 psicóloga (de ser o caso)

para a execución das actividades (Unidade de Prevención). Como persoal

colaborador: un pedagogo terapeuta.

Materiais que se utilizarána

Folleto explicativo cos obxectivos e contidos do programa, vídeos e/ou power point

e outros materiais xerais destinados a pais/nais (guías informativas).

Avaliación do programa:

Avaliación do proceso: O programa establece o rexistro dos participantes nas

sesión. Así mesmo, rexístranse as intervencións adecuativas de apoio realizadas

e o número de intervencións en crise.

A avaliación de resultados incluirá a realización dun cuestionario inicial co que

pretenderase coñecer o nivel de coñecemento e as condutas que, en relación coas

drogas manteñen os/as adolescentes e as familias beneficiarias do programa. Ao

concluír a intervención aplicarase un novo cuestionario de valoración do grao de

cumprimento dos obxectivos establecidos no proceso de traballo coa familia e o/a

adolescente, que tratará de medir os cambios introducidos coa intervención:

Nas habilidades educativas e de xestión familiar: coñecemento dos factores de

risco e protección, condicionantes da prevénción familiar; Nas habilidades para a

comunicación cos fillos; Na supervisión parental; No establecemento de normas e

responsabilidades entre os/as membros da familia e a capacidade de negociación e

para a resolución de conflitos.

Así mesmo, aplícouse un cuestionario de satisfacción ás persoas participantes no

programa e un cuestionario de valoración dos/as técnicos/as responsables da

implementación do programa.

Actividade Poboación beneficiaria Poboación participante

“Entre tod@s” 45 40

Cadro 9. Número de participantes nas actividades.Memoria intermedia 2016

Memoria anual 2016

PROGRAMA “LUDOPAM TEIS”

O programa Ludopam-Teis ´16, comezou a súa actividade, no mes de outubro do

2015. O programa cotinuou cunha estruturación que permitira seguir as liñas

definitorias das súas actuacións. Polo que, no presente ano escolar 2015-16,

seguíronse as decisións organizativas abordadas con anterioridade. Entre elas:

As derivacións producíronse a traverso das traballadoras/es sociais de atención primaria do concello de Vigo.

Preferencia, para participares no programa, dos/as nenos/as que participaron no programa en edicións anteriores, buscando unha evolución a medio prazo cun seguimento continuado dos casos.

Os/as rapaces/as podían asistir ao programa preferentemente todos os dias de luns a venres, ou como mínimo dous días por semana, respetando as posibles actividades lúdico-educativas-deportivas complementarias. Os días de asistencia consensuáronse coas famílias e quedaron estipulados no momento da inscripción.

A formación de tres subgrupos específicos de traballo (Vacalouras, Píntegas e ESO) que se corresponderon coas tres educadoras de referencia.

Tamén, seguindo a mesma liña que anos anteriores, a actividade dividiuse nunha primeira parte, destinada ao traballo en pequeno grupo onde se realizaron as tarefas escolares e o apoio educativo individualizado; e nunha segunda parte, adicada a realización de dinámicas e actividades de ocio reforzadas pola disposición en gran grupo.

Unha edición máis, despois do traballo realizado, é tempo para a análise e as presentes aproximacións son un necesario exercicio de reflexión conxunta, que permite recoller as diversas accións realizadas ata o momento. DESTINATARIOS/AS

Perfíl dos/as destinatarios/as O programa contempla múltiples participantes segundo a súa natureza e o grao de implicación no proxecto. Deste xeito, podemos delimitar dúas tipoloxias: Destinatarios/as Indirectos/as: Os/as destinatarios/as foron potencialmente todos os/as rapaces e rapazas do barrio de 6 a 12 anos, e máis concretamente todos/as aqueles/as fan uso dos servizos sociais presentes en Teis e acuden aos centros educativos públicos do barrio ou, e por extensión as súas familias e a comunidade en xeral. Isto é posible grazas á estreita colaboración das traballadoras/es sociais e educadoras/es familiares da zona e cos colexios, e á implicación dos/as orientadores/as e da comunidade educativa en xeral.

Memoria anual 2016

Destinatarios/as Directos/as: Os/as destinatarios/as directos/as foron 31 rapaces e rapazas (das 38 derivacións recibidas), que foron seleccionados/as nun proceso de derivación e priorización conxunto entre atención primaria e as responsables do programa, contando côa inestimable colaboración dos centros educativos que aportaron información sobre os casos, así coma no caso de intervención familiar coas educadoras familiares de referencia. A calidade acadada, durante estes anos, nas priorizacións das prazas dispoñibles implicou que as derivacións, tanto ao inicio como ao longo do programa fora previamente traballada por cada unha das profesionais que derivaban. O bo traballo de derivacións e posterior priorización de prazas nesta edición, propiciou que as incorporacións déranse por pechadas case con totalidade no inicio do programa, sem extenderse no tempo e facilitando os ritmos de traballo e adquisición de rutinas e hábitos en grupo sen as alteracións que provocan as incorporacións tardias. O número total das prazas ofertadas completáronse coas derivacións de atención primaria e do equipo de infancia e familia do concello de Vigo. Algúns dos casos derivados desde os centros educativos non poideron ser atendidos, ainda que en moitas das prazas priorizadas coincidían na demanda das mesmas familias cós servizos sociais. A nova estruturación en tres grupos permitiu acotar as idades dos participantes de cada grupo, atendendo no grupo da Eso a preadolescentes (participantes de continuidade que nesta edición pasaban á ensinanza secundaria), que noutros anos estaban misturados con rapaces e rapazas de curta idade. O grupo conformouse con 25 participantes inscritos/as desde a pasada edición e 6 novas incorporacións. A continuación, inclúense os datos referentes ás características dos/das asistentes para facilitar a súa análise posterior. En relación a cuestións específicas, como a idade, a distribución por sexo e o país de procedencia, o grupo presenta a seguinte distribución:

IDADE Nº DE PARTICIPANTES

Nenas Nenos Total

6 anos 1 0 1

7 anos 1 4 5

8 anos 1 4 5

9 anos 1 2 3

10 anos 2 2 4

11 anos 2 1 3

12 anos 1 2 3

+13 anos 4 3 7

TOTAL 13 18 31

Tabula 1: Idade dos/as participantes desagregada por sexos. Elaboración propia. 2016

Memoria anual 2016

1

23

3

5

PAÍS DE PROCEDENCIA

Uruguai

Galiza

Marrocos

Rumanía

Gráfico 1: Desegración por sexo . Elaboración propia. 2016.

Gráfico 2: Desegración por país de procedencia. Elaboración propia. 2016.

O proceso de derivación seguido, foi común para todos os servizos de referencia. Os servizos sociais de atención primaria do concello de Vigo, consensuaron o 100% das derivacións, foran iniciativa das súas traballadoras sociais ou do Programa de Intervención Familiar (en adiante, PIF), coincidindo ambos os recursos plenamente na priorización das prazas. Seguidamente, achéganse os datos relativos á procedencia de ditas derivacións:

Gráfico 3: Nenos/as segundo procedencia das derivacións. Elaboración propia 2016.

18

13

Nº NENAS E NENOS

Nenos

Nenas

Memoria anual 2016

3

7

3 3

2

6

3 3

1

Paraixal Frián-Teis Santa Tegra

Vicente Risco San Salvador de Teis Possumus

Monterrey IES TeisI Rosais II

5

20

9

17 15

21 20

15

6

22

10

22 19

6

18

11

17

16

4

1 2 3 4 5 7 11 12 15 16 17 18 19 22 23 24 25 26 29

FEBREIRO

CENTROS ESCOLARES

Gráfico 4: Nenos/as segundo centros escolares. Elaboración propia 2016. 1.2. Asistencia Desde o principio do programa outórgaselle unha gran importancia á participación continuada como ferramenta fundamental para o traballo interdisciplinar. Isto reflíctese nos datos de control de asistencia mensual:

Memoria anual 2016

15

4

17 10

24 18

7

18 15

18 16

8 15 13

19 15

9

20 13

18 17

1 4 5 6 7 8 11 12 13 14 15 18 19 20 21 22 25 26 27 28 29

ABRIL

16

8

22 17

5

20

12

22

13

7

15

7

20 16 15 15

23

1 2 3 4 7 8 9 10 11 14 15 16 17 18 29 30 31

MARZO

7

13

7

23

13 8

13 12

22

13 8

12 13

7

18

8

20

12

3

19

2 3 4 5 6 9 10 11 12 13 18 19 20 23 24 25 26 27 30 31

MAIO

8

18

12 7 10 9

22

10 5

14 15 18

15 15 15

1 2 3 6 7 8 9 10 13 14 15 16 17 27 28

XUÑO

Memoria anual 2016

20

13

20 18 15

19 18

10

18 15 14 16

1 2 3 4 9 10 11 14 15 16 17 18

DECEMBRO

Gráficos 5 a 13: Asistencias mensuais. Elaboración propia 2016.

Nesta edición a asistencia do grupo en xeral foi irregular con moitas faltas de asistencia , tal e coma se reflicte nos gráficos; moitas delas sen xustificar e alleas as causas directas dos/as nenos/as, (déronse de maneira indirecta, debidas, na maioría dos casos, a cuestións propias da familia que repercutiron nos/as menores).

Os aspectos sociofamiliares, incidiron, por tanto, notablemente na asistencia. En varios casos houbo cambios de vivenda e de persoas de referencia, provocados por problemas familiares e/ou laborais. Na distribución da asistencia por días, os luns configuraronse como o dia de menor ocupación de prazas con respecto ao resto da semana; ao concidir este con días de clase na ensinanza secundaria e con actividades lúdico-educativas noutros casos. Este inverno con condicions climatoloxicas especialmente severas deronse episodios reincidentes de gripe, catarros e infencions respiratorias. .

20

12

23

17

8

16 12

21 18

9

18 14

19 18

6

19

10

19 15

8

3 4 5 6 9 10 11 12 13 16 17 18 19 20 23 24 25 26 27 30

NOVEMBRO

Memoria anual 2016

METODOLOXÍA

Con respecto á metodoloxía empregada para o desenvolvemento do programa subliñar principalmente o seu carácter participativo e grupal. Na práctica, isto foise acadando fundamentalmente mediante o establecemento dunha relación de confianza cos nenos e nenas, só posible grazas ao traballo en equipa do día a día. Este feito propicia a atención personalizada e individualizada necesaria para unha intervención pedagóxica integral, que se adecúa ás características persoais e familiares dos/as participantes. Desde a experiencia das pasadas edicións, para a posta en marcha do programa, enténdese que é preciso estruturar dous momentos diferenciados. Por unha banda, un tempo adicado a realización de tarefas de índole educativo-curricular e, por outra banda, o desenvolvemento de dinámicas e actividades lúdico-sociais. Ademáis, para a realización das tarefas de apoio educativo precísase dunha distribución en pequenos grupos e en espazos diferenciados conforme ás idades, necesidades e peculiaridades de cada un dos e das participantes. Así estruturados, a cada un destes grupos correspóndelle unha educadora de referencia, responsable directa do seu grupo e da realización das accións establecidas cós nenos e nenas cara a consecución dos obxectivos específicos do programa. No tempo do cambio de actividade, compártese en gran grupo un único espazo, no que se merenda, se valora o comportamento e o traballo e se realízan as tarefas que aquelas e aqueles nenos teñan asignadas nesa semana. En canto ás valoracións individuais e grupais, consideróuse convinte continuar empregando unha economía de fichas como instrumento de valoración conxunta dos e das participantes, favorecendo dun xeito visual certa estabilidade nas condutas grupais. Mantívose a estrutura e rutina das valoracións individuais e o semáforo avaliativo semanal. Os contidos transversais a traballar están presentes na propia metodoloxía do proxecto que se corresponden na práctica con momentos específicos e diferenciados proxectados con anterioridade. Con respecto ao proceso de avaliación sinalar que metodolóxicamente estase a desenvolver unha avaliación educativa sistemática, continua e procesual. ACTIVIDADES

As actividades desenvolvidas xiraron entorno a dúas areas de actuación, empregando en todos os casos a lingua galega como lingua vehicular. Na área de apoio escolar

Tarefas escolares. Reforzo Adaptado.

Na área lúdico-educativo

Estratexias e xogos que fomenten a educación en valores. Obradoiros de Habilidades Sociais. Dinámicas e xogos cooperativos. Xogos de promoción da igualdade.

Memoria anual 2016

Estratexias e obradoiros que fomenten o uso do galego. Obradoiros Medioambientais: Coidado das prantas, control do uso da auga... Obradoiros de xogos populares. Obradoiros: Cartel na elaboración das normas, disfraces de entroido,… Festas en datas sinaladas: chocolatada antes das vacacións nadal, Entroido

con merendola, cumpreanos felices, fin de programa con merendola,… Saídas: ao entorno próximo; parque do barrio das Flores, instalacións

deportivas do IES ROU, parque do Búho...Fóra do barrio; Balaídos, Aldán. O desenvolvemento do programa, propicia a realización de dinámicas de diversa índole que pretenden acadar os seguintes obxectivos:

Implementar valores transversais na socialización dos e das participantes.

Interactuar co grupo de iguais evitando situacións conflitivas. Promocionar a igualdade entre nenos e nenas. Interiorizar a lingua galega dun xeito natural mediante unha actividade lúdica.

Unha vez acadado o ritmo necesario, o tempo adicado a parte lúdico-educativa, foi o contexto no que se puxeron en marcha as diferentes propostas de xogos en gran grupo, dinámicas, obradoiros, saídas… Máis polo miúdo, os xogos en gran grupo estiveron condicionados, por unha banda polo tempo empregado cara a consecución dun progresivo crecemento e fortalecemento como grupo; por outra banda, polo tempo finalmente adicado a estas actividades. En canto as dinámicas realizadas, mencionar que aínda que foi posible executar menos das previstas, as que si se lograron desenvolver encamiñáronse ao traballo dos contidos transversais do propio programa. As dinámicas clave nos primeiros meses foron aquelas relacionadas co establecemento de normas e límites, adquisición de hábitos, fomento do traballo en grupo. Na planificación das saídas, requírese un maior coñecemento do grupo e de como interactúa fóra do seu espazo habitual, polo que as saídas que se realizaron ao principio do programa, reducíronse ao contorno mais próximo (visitas ao parque do barrio das Flores e o IES ROU), o que facilitou a aprendizaxe xeral de normas básicas de convivencia, seguridade, e comportamento nun medio aberto. A climatoloxía limitou as saídas, reducíndose o seu número respecto ás previstas. Estas accións tiñan coma finalidade facilitar futuras propostas e así trasladar os hábitos adquiridos á súa realidade diaria máis próxima. Saídas:

Polo entroido, o día 07 febreiro, acudiuse caracterizados e pintados a Balaídos co motivo do partido disputado entre R.C.Celta de Vigo e Sevilla.

Ao longo de toda a edición, producíronse saídas á contorna máis próxima dentro do barrrio; como premio semanal moitos venres, cando o tempo o permitiu, saliuse no tempo de merenda e de lecer ás instalación deportivas do IES ROU, e aos parques infantís máis próximos ao Plan Comunitario de Teis.

Memoria anual 2016

Saída final de programa, xa de vacacións escolares:

Para finalizar o Ludopam 2015-16, o luns 27 de xuño realizouse unha saída con pernocta ata o día 28 á localidade de Aldán.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

Dado que o noso programa, é un programa de índole, socioeducativa, móvese continuamente no ámbito da coeducación, entendida como proceso intencionado de intervención a través do que se potencia o desenvolvemento de nenos e nenas, cara a un desenvolvemento persoal e unha construción social comúns. Foi determinante, o feito de explicarlles, desde o principio mesmo, a importancia que teñen as normas de convivencia e das consecuencias negativas cando non se respectan. Para isto, como a cada inicio de edición, as normas foron consesuadas por todos e todas en grupo, e logo redactadas e escritas polos/as nenos/as, para selalas cunha pegada de mans, estando expostas no local durante todo o ano escolar. Deste xeito asumiron as normas como propias, facilitando a súa interiorización. Os primeiros momentos do programa adicáronse, a establecer grupos de referencia compensados e adaptados a todas as súas particularidades tendo en conta todas as novas derivacións e incorporacións. O proceso axilizouse grazas á rede creada entorno aos diferentes servizos e profesionais e á xuntanza previa coas familias, na que toman conciencia do compromiso que adquiren coa participación dos seus fillos e fillas no programa e formalizan a inscrición acordando os días de asistencia ao programa. Os/as diversos/as profesionais facilitaron, na medida do que foi posible, o proceso de derivación cara a priorización das prazas dispoñibles, proporcionando tamén un intercambio e actualización de información sobre os diferentes casos. O 26 de outubro, formalizouse o comezo do programa coas respectivas derivacións e posteriores incorporacións e presentacións dos nenos e nenas participantes. Previamente, unha vez cubertas as prazas, distribuíronse os e as participantes nos tres grupos e espazos diferenciados, para o traballo de reforzo escolar. Cara a intervir individualmente e conseguir cambios nas dinámicas condutais dos e das máis pequenas e das súas familias, desenvolvéronse contidos transversais específicos, tales como:

Tarefas e normas: Tal e como se expresou anteriormente, nos inicios de cada edición, foi fundamental consensuar normas de convivencia (respectar aos/ás compañeiros/as e educadoras, non insultar, non pegar,…), creando un adecuado ambiente de traballo cooperativo no que se propicia que todos e todas se sintan libres de participar, e intervir de forma activa con voz e voto.

Non foi menos importante a asignación de tarefas igualitarias que realizaron todos e todas de maneira rotativa. Ao comezo de cada semana asignábase a cada rapaz e/ou rapaza as tarefas a desenvolver: recollida de material e xogos, limpeza de mesas e

Memoria anual 2016

encerado, regado e coidado das plantas, encargado/a de recoller as valoracións diarias dos/as compañeiros/as e escrita de data no encerado. O sistema de fichas, foinos moi útil xa que unha ficha con debuxos simbólicos de cada tarefa, colocado ao lado do nome da persoa ao que lle fora asignada unha determinada tarefa, lembraba que durante esa semana tiña que cumprir co seu cometido e facilitaba a rotación igualitaria sen que se produciran repeticións por despiste. Nas primeiras semanas do programa os/as encargados/as de realizar as tarefas por lista elaborada, foron os/as nenos/as de continuidade o que propiciou que as novas incorporacións empurrados/as e reforzados polos/as seus/súas iguais, se amoldaran sen dubidar á estrutura do programa, ao tempo que o grupo comprendía que colaborando todos/as sen distinción, nas tarefas encomendadas, quedaba máis tempo para gozar dos xogos e do tempo de lecer.

Apoio e educación socio-emocional: No tanto que as necesidades socio emocionais determinan o desenvolvemento persoal e social das persoas en xeral e dos/as nenos/as en particular, fíxose necesario un apoio e reforzo socio emocional continuado cara a contrarestar e/ou minimizar as súas carencias. Como xa se nomeou, dadas as especiais características dos rapaces e rapazas participantes neste programa, houbo de traballar dacote no fomento da autoestima e o autoconcepto, como base do desenvolvemento persoal saudable, propiciando a confianza en si mesmos/as, e educandoos en comportamentos e actitudes solidarias nas relación interpersonais. Para ofrecer este apoio foi imprescindible crear un clima de confianza que lles permitira expresarse con liberdade, aproveitando os escasos momentos nos que os/as nenos/as demandaban ser ouvidos nas súas vivencias persoais e/ou familiares, e amosar, as súas emocións e sentimentos. É esta confianza a que lles permitiu poder reconducir aquelas emocións pouco saudables (ira, rabia, frustración, tristura...) ao tempo que facilitou que as súas relacións cos iguais se mantiveran ao marxe destas emocións contidas, animándoos a resolver os conflitos de maneira construtiva e non violenta.

Xogos e dinámicas de habilidades sociais: Foron primordiais para a

adquisición de valores propios do compañeirismo, e de pertenza a un grupo de iguais que se basea na amizade e na convivencia diaria das e dos compañeiros/as. Os xogos grupais axudaron, a evitar a competitividade e favorecer a solidariedade e cooperación.

Xuntanza coas nais e pais: Nas xuntanzas saen a cotío, cuestións de dinámicas familiares. As conversas abertas en grupo, xeran unha serie de interaccións (ás veces positivas, ás veces negativas), moi enriquecedoras para aquelas familias que asemellan ter moi claras as súas posturas, pero que, satisfactoriamente para nós, son contrastadas e resoltas favorablemente en moitos casos pola propia evolución e influenza dos e das súas fillas, acostumados a comentar e valorar as condutas (familiares e escolares). O traballo coas familias deuse dunha maneira mais individualizada con múltiples titorias individuais, atendendo tanto a incidentes puntuais como a evolución de cada neno/a.

Queda demostrado que a través de xogos, dinámicas e do comportamento do grupo en xeral, xunto coa introdución dalgunhas pautas conduta, é máis doado para eles/elas interiorizar e integrar normas e límites nos hábitos acotío e mantelas no tempo, de tal xeito que, ao final desta edición, aqueles rapaces e rapazas que asistiron con regularidade, comportábanse de maneira máis solidaria, non só no tempo de lecer

Memoria anual 2016

e nas tarefas asignadas, senón tamén nas tarefas escolares. O programa continuouse ata o 17 de xuño, para acompañar nos exames finais e para asentar os avances conseguidos na adquisición de normas e limites. Unha vez rematado o curso escolar, o luns 27 e martes 28 realizouse unha saída con pernocta a Aldán. Unha vez rematado o programa nos casos que foi preciso, buscáronse alternativas de actividades de ocio e tempo libre así coma de apoio escolar para o extenso período vacacional do verán. Atendendo á diversidade nunha valoración inicial de necesidades, o grupo dividiuse en tres subgrupos en espazos diferenciados, no tempo adicado a tarefas escolares, e traballo en pequeno grupo. . COORDINACIÓN

COORDINACION INTERNA O programa coordinouse desde o propio deseño, asignando á equipa de profesionais as funcións a desempeñar segundo competencias dentro do programa e establecendo canles de comunicación continua entre elas/es: Diálogo diario e constante sobre incidencias e/ou toma de decisións (entre os/as educadoras); reunións semanais de intercambio de información e reformulación (cando foi o caso) de actividades ou tarefas para resolver obstáculos o reconducir situacións que puderan ser problemáticas; Reunións regulares co pedagógo terapéuta (na súa función de asesor) para valorar actuacións e/ou decisións a tomar en situacións complexas. COORDINACIÓN EXTERNA Este programa ten diversas líñas de coordinación que son función da Coordinadora técnica, a excepción de departamentos de orientación (pola propia dinámica do programa) que se resolveu directamente entre educadoras e orientadores/as dos centros escolares. Compartiuse información relativa ao transcurso do programa, á evolución dos nenos e nenas e as súas familias, e a todas aquelas circunstancias que podían reverter en beneficio para os e as menores correlativamente cos servizos e axentes sociais do barrio que estiveron implicados dunha ou outra maneira no desenvolvemento persoal, familiar e social dos/as nenos/as. Destacar:

Entre Técnica da Concellaría de Benestar social e Técnica do Plan Comunitario de Teis: Nesta edición a coordinación estableceuse a traves da realización de informes trimestrais de seguimento, que foron remitidos á Técnica de Benestar Social para seren distribuidos ás traballadoras sociais e educadoras familiares de referencia.

O nivel de coordinación cos Servizos de Atención Primaria UTS.Teis-Travesía, nos que se continua a traballar conxuntamente coas familias mediante a actualización da información relevante dos e as destinatarias do programa. A comunicación coas traballadoras sociais das UTS Teis e Travesía,

Memoria anual 2016

segue a ser mais fluida e intensa que co resto de UTS por cercanía e número de casos en común. A bidireccionalidade na información prodúcese ao longo do curso a través da vía telefónica, mails, e xuntanzas de coordinación.

No que se refire aos outros axentes implicados a nivel de Centros Educativos, o coñecemento e a implicación dos/as orientadores/as dos colexios, posibilitou e axilizou o coñecemento dos casos desde a óptica da comunidade educativa. Son diversos as canles de comunicación establecidas que se manteñen para o funcionamento e a coordinación conxunta, principalmente as múltiples xuntanzas e o contacto telefónico cada vez que é preciso. Na dinámica escolar, hai momentos puntuais nos que os contactos cobran mais intensidade, coincidindo co época de exámes, avaliacións, xuntanzas coas famílias,... En concreto: no mes de outubro para coñecemento de novos casos, valoración dos de continuidade e calquera outra información que se nos escape aos/ás resto de profesionais dos diferentes ámbitos; En xaneiro, unha rolda intermédia de valoración; En maio-xuño, xuntanzas avaliativas e de toma de decisións.

Con respecto ao seguemento coordinado a través do Equipo de Infancia e Familia do Concello de Vigo, esta edición, comezou cunha xuntanza de coordinación ao inicio do programa (6 de novembro do 2015). O peche de cinco dos casos comúns á metade da edición, interrupiu a coordinación iniciada.

RECURSOS

Recursos Materiais: Os recursos empregados foron múltiples entre os que se diferencia principalmente materiais funxibles necesarios para a realización da actividade igual que na pasada edición forón:

Material escolar (cadernos, lapis, bolígrafos, gomas,…) Material específico (cartolinas, papel continuo, pinturas, pinceles…)

Así como, materiais non funxibles de uso continuado ao longo de todo o programa como:

Material de oficina (P.C, impresora, teléfono,…) Outros materiais:

Medios de transporte: uso do vitrasa, contratación dun microbus,... Entradas de fútbol. Produtos alimenticios de diversa índole: froita, pan, fiambre, zumes,

auga,... Recursos Humanos: No que se refire aos recursos humanos empregados para o desenvolvemento do programa, resaltar que desde o inicio da actividade dispuxose dunha equipa de traballo composta por:

Unha coordinadora técnica (Diplomada en Traballo Social). Duas educadoras (Diplomadas en Educación Social).

Amais de ter a oportunidade de contar coa incorporación e colaboración puntual ao programa de:

Unha psicóloga (escola de nais e pais).

Memoria anual 2016

Recursos Económicos: Financiamento contratado coa concellaría de Benestar Social do Concello de Vigo. AVALIACIÓN

I: Avaliación inicial: comezou xa na primeira semana de novembro cunha rolda de xuntanzas cos/as profesionais de referencia dos servizos para tratar de integrar, ao inicio do programa, todas as achegas e suxestións que se consideraron pertinentes. Logo, as e os profesionais de referencia cubriron unha ficha de campo, coas posibles derivacións, foron recollidas e sumadas á observación directa da equipa de educadoras. Contrastáronse os diferentes puntos de vista e conclusións e fóronse identificando as características persoais de cada rapaz e rapaza, as súas necesidades educativas, as súas carencias... II: Avaliación contínua: realizouse diariamente por medio da observación activa e posterior xuntanza da equipa para consensuar actuacións en caso de incidencias. Semanalmente, fixáronse reunións onde se analizou a evolución de cada neno/a, buscando solucións aos problemas que foron xurdindo. Algunhas incidencias e as alternativas de traballo pertinentes foron contrastadas co Pedagógo-Terapeuta que forma parte da Equipa, como asesor educativo. Periódicamente, establecéronse reunións conxuntas coa equipa de profesionais dos servizos de referencia (Familias, UTS, Orientadores/as, Educadoras familiares,...). Trimestralmente, realizáronse informes de seguimento das nenas e nenos participantes, cara a transladar información dos casos as profesionais de referencia. III: Avaliación final: realizase ao remate do ano escolar mediante as xuntanzas de valoración xeral da actividade e a elaboración de inforrmes de seguimento dos e das nenas partipantes e da memoria final do programa. IV: Retroalimentación interna e externa: que permitiu a reformulación inmediata, naqueles casos nos que foi precisa, conseguindo así unha mellor adaptación do programa ás necesidades reais dos rapaces e rapazas. AVALIACIÓN DE OBXECTIVOS Para desenvolver este obxectivos realizáronse actividades de: Consenso de normas de convivencia e conduta; Valoración en grupo (de cada rapaz/a e do grupo): “Economía de fichas"; Dinámicas de autoestima e autoconcepto; Dinámicas grupais e xogos cooperativos e igualitarios; Establecemento de tarefas (rotativo); Hábitos de vida saudable (merenda saudable, exercicio...). Obxectivos Xerais:

Evitar na medida do posible a inadaptación e a exclusión social dos e das menores, artellando unha intervención interdisciplinar que favoreza procesos normalizadores para estes/as. Conseguido de maneira satisfactoria

Abordar as situacións problemáticas e de risco na infancia de forma que se leve a cabo unha intervención preventiva en canto o posible agravamento nun futuro das devanditas situacións. Conseguido de maneira satisfactoria

Memoria anual 2016

Ofrecer un recurso adaptado ás novas necesidades das familias

traballadoras ou con cargas familiares. Conseguido de maneira satisfactoria

Promocionar e fomentar a igualdade social e de xénero. Conseguido de maneira satisfactoria

Crear un espazo de lecer alternativo para os nenos/as de Teis. Conseguido de maneira moi satisfactoria

Conseguir unha efectiva integración dos nenos/as en risco de exclusión e/ou vulnerabilidade social. Conseguido de maneira satisfactoria.

Consolidar un espazo de apoio e derivación de rapaces/as en situacións especiais detectadas por profesionais do barrio, servizos colaboradores…Conseguido de maneira óptima

Obxectivos Específicos:

Axudar á propia dinámica familiar mendiante un servizo/recurso de atención aos/ás menores diario e profesional. Conseguido de maneira optima.

Diminuír a manifestación de condutas desadaptativas e/ou disruptivas nos e nas menores en risco e/ou situación de vulnerabilidade. Conseguido de maneira satisfactoria.

Reforzar e estimular as capacidades e potencialidades do/a menor, co obxectivo de iniciar un proceso de mellora e crecemento individual e como consecuencia tamén familiar. Conseguido de maneira satisfactoria.

Potenciar a integración e interacción dos/as rapaces/ as no seu entorno (Teis).Conseguido de maneira satisfactoria.

Ofrecer un espazo de xogo e interacción social e un servizo de atención controlada aos e ás menores, creando ambientes de participación e diversión. Conseguido de maneira satisfactoria.

Facer seguementos periódicos dos nenos e nenas que acuden ao programa mediante o establecemento de recursos e protocolos de actuación conxuntos cos/as profesionais de referencia. Conseguido de maneira optima.

VALORACIÓN XERAL

Na valoración xeral do desenvolvemento do programa nesta edición, dicir que hai unha serie de cuestións estruturais, que funcionan na práctica positivamente de maneira transversal como:

A cohesión da equipa de traballo e a implicación educadoras-plan comunitario porque posibilita o desenvolvemento práctico do programa;

As estratexias levadas a cabo no día a día que se trasladan de maneira

cambiante (individualizadas e personalizadas) para que as técnicas empregadas faciliten a aparición e o mantemento das conductas dexesables.

O propiciar unha relación de confianza que serve de referencia para todas as

persoas que participan na actividade como os rapaces e rapazas, as súas familias, as educadoras de referencia e o propio PCT.

Memoria anual 2016

A realización de actividades complementarias (obradoiros, saídas ao entorno próximo, saída a Balaídos, á Aldán,…) porque supoñen un forte elemento motivador para os nenos e nenas que participan no progama.

O papel que desempeñaron os nenos, nenas e familias participantes de continuidade, foi fundamental no proceso continuado do programa, xa que foron os propios nenos e nenas que comezaron o programa en edicións anteriores os que informaron, apoiaron e integraron aos/ás novas participantes no proceso de aprendizaxe (normas, horarios), ao igual que o fixeron as súas respectivas familias coas novas unidades familiares. Polo tanto (como xa ven ocorrendo nas últimas edicións), foron eles/as os/as que se convertiron en protagonistas e actores da súa propia evolución, fortalecendo e aportando un valor engadido ao programa (quizás o mais significativo) xa que se crea una mediación entre iguais que doutra maneira sería pouco probable que se establecera.

Neste senso, seguindo a evolución experimentada en anos anteriores, as familias deron un paso á fronte e sumáronse aos/ás nenos/as acompañando e apoiando ás de nova incorporación. Nas entradas e saídas evidenciouse unha estreita relación e unha comunicación diaria e continuada, que pudendo supoñer unha fonte de desencontros, supuxo, grazas á forte cohesión entre todos e todas participantes do programa, unha vía de resolución de confitos entre menores e familias en xeral. Houbo algún roce derivado sobre todo do uso das redes sociais por parte dos pequenos e pequenas, solventado moi exitosamente sen maiores dificultades. A evolución-involución dalgún dos casos voltou a refrendar a necesidade dun traballo coordinado, e mantido no tempo suficiente para que asenten moitos dos avances acadados. Á dificultade da intervención, súmase a precaución que hai que ter no abandono da supervisión dos obxectivos conseguidos pero que ao non estar afianzados son débiles e están verdes, polo que é moi sinxelo que se perdan. As novas normas para a resolución das becas de necesidades educativas especiais, causaron o cese de dita beca dalgún dos nosos casos, repercutindo no aumento de días de asistencia previamente establecidos. Algúns casos que comenzaban este curso en gabinetes con becas, non chegaron a ser becados/as. A necesidade dunha valoración médica que refrende as necesidades educativas especiais, repercutiu que nesta edición e de cara a próxima, se traballara nesa dirección. Mantivéronse e cumpríronse os criterios de calidade que vimos priorizando desde a primeira edición, PARTICIPACIÓN e COORDINACIÓN de todos/as os/as axentes implicados/as (familias, profesionais, servizos, concellería de Benestar Social...), como garantía de efectividade e eficiencia. Isto permitíu, por unha parte adecuar as accións aos fins e obxectivos do programa e, por outra, a optimización dos recursos utilizandoos correcta e equilibradamente e recurrindo á avaliación continua e informada como fórmula de mellora contínua. Puntos fortes e puntos febles do programa. Puntos fortes

A continuidade do programa, que durante todos estes anos mantivo a súa estrutura e intensidade, malia os continuos cambios orzamentarios e de temporalización.

Memoria anual 2016

Os elementos definitorios do programa como a metodoloxía, os criterios de traballo, o traballo en equipa, a coordinación, que fan posible a resistencia do programa.

O coñecemento do programa, o afianzamento das relacións e apoio amosado

polos Centros Educativos posilita que, a pesares das circunstancias, se realizara o proceso de derivacións e as xuntanzas con axilidade e eficacia facilitando e valorizando o traballo levado a cabo desde o Plan Comunitario.

A presenza de rapaces/as de edicións anteriores facilita as novas

incorporacións ao programa no total de destinatarios/as. O que posibilita a incorporación inmediata de hábitos, rutinas e normas consensuadas no programa para finalmente ser asimiladas e interiorizadas polo gran grupo. Mesmo as súas famílias apoian a participación e posterior integración das novas incorporacións, participando activamente na resolución das posibles dúbidas, xogando un papel fundamental na aceptación da asistencia das novas famílias.

Aumentou o grao de implicación das familias respecto ao programa,

incentivadas por un maior número de contactos e xuntanzas. Nalgúns dos casos, esta implicación estivo potenciada pola asistencia a escola de nais e pais, levada a cabo polo Plan Comunitario de Teis (cunha educadora axena ao Programa) en colaboración coas ANPAS da maioría dos centros educativos de primaria do barrio de Teis (CEIP Frián Teis, CEIP San Salvador, CEP Santa Tegra, CEIP Paraixal, CEIP Vicente Risco, Colexio Possumus e Colexio Monterrey).

O coñecemento do contexto global de desenvolvemento dos/as menores desde

a óptica familiar, social, escolar, entorno máis próximo…

O prestixio e valoración positiva no boca a boca entre os/as destinatários/as directos/as e indirectos/as, trás 7 edicións, propicia o achegamento de usuários/as reais e potenciais.

A continuidade do persoal de referencia tanto no PCT coma nos diferentes

recursos en xeral, propicia e posibilita o coñecemento e domínio do programa por parte dos/as profesionais.

A incorporación do perfil profesional de psicóloga/o, permite o traballo específico nesta área.

O entendemento e valorización do programa e conseguintemente do traballo

comunitário por parte dos/as técnicos/as da concellaría de Benestar Social do Concello de Vigo.

Nesta edición, (cuxo inicio contou coa colaboración de “La Caixa”) púdose recuperar a estruturación inicial do programa, na que se contaba coa distribución en 3 grupos coas respectivas educadoras de referencia. Permitindo acotar as idades dos/as participantes de cada grupo e ampliando o numero de prazas ofertadas.

Memoria anual 2016

Puntos Febles

A inestabilidade na temporalización do programa repercute moitísimo no traballo a medio e longo prazo, non só directamente nas liñas de traballo das educadoras do Plan Comunitario, senón directamente nas decisións conxuntas con outros/as profesionais das UTS, os centros educativos, de intervención familiar,…

A difícil situación económica e social da maioría das familias destinatarias do

programa, facendo partícipes das diversas problemáticas derivadas desta situación aos seus/súas fillos/as pese a súa corta idade, o que lles ocasiona preocupacións e altibaixos nas condutas aos/ás máis pequenos/as e ás que evidentemente non saben como facerlle fronte.

A complexidade e o aumento das dificultades do trato directo coas familias, nos

casos nos que interveñen numerosos axentes socias (educadores/as familiares, psicologos/as, gabinetes psicopedagoxicos, etc…)

Segue pendente o traballo no ritmo do gran grupo, habería que conseguir axilizar o tempo da merenda e das valoracións, para poder disfrutar de maior tempo de lecer.

A carencia de recursos ocasionan enormes dificultades para acudir a

actividades de ocio e tempo de lecer. Propostas de mellora contínua Para presentar propostas fundamentadas e concretas de mellora, contouse coa intervención de todos/as os/as axentes implicados/as co fin de garantir a lexitimidade das propostas, baseándonos ademais nos resultados (cuantitativos e cualitativos) obtidos nas avaliacións. As propostas foron relizadas metodolóxicamente en base a tres eixos: Reafirmación de acertos, corrección de deficencias e formulación de novas iniciativas.

A complementariedade do programa implica a participación de numerosos/as axentes sociais, pólo que non se pode entender sen a coordinación efectiva de todos eles/as, tentando superar obstáculos que teñen que ver mais con dinámicas estruturais dos servizos que coa propia evolución e tratamento dos casos.

É indispensable neste tipo de programa, manter a súa continuidade e estabilidade, adaptándose ás datas do ano escolar.

Sería necesario acompañar o proceso de inicio do curso escolar, para evitar e/ou reducir impactos negativos na adquisición de hábitos e/ou rutinas, cara a poder reconducilos naqueles casos que o requiran.

O proceso evolutivo dos nenos e nenas non acaba no ano escolar, por iso é fundamental a continuidade con actividades que cubran parte do período vacacional, para garantir a consecución dos obxectivos a medio e longo prazo.

Memoria anual 2016

Sería desexable realizar acompañamentos na integración de actividades lúdicas e educativas normalizadas. As actividades propostas polos/as propios/as nenos/as deberan obter resposta interna no programa e/ou externa en coordinación cos/as profesionais e/ou recursos existentes no ámbito socioeducativo e familiar desde servizos sociais do Concello de Vigo.

Comezar a traballar cos mais pequenos/as implica, necesariamente a participación das súas familias, e estas, para facer fronte as necesidades educativas dos e das fillas, nalgúns casos, precisan unha preparación previa, real e efectiva. Debérase, por tanto, ter en conta para próximas edicións que sen un traballo (socioeducativo) prévio a nível familiar as veces non é pertinente a participación no programa.

Para poder traballar e consensuar pautas comportamentais e condutuais dos/as menores e as súas familias, faise necesario un traballo de educación/mediación (cando non hai intervención) familiar cara a facer entender certos comportamentos dos/as nenos/as e adestralos/as nas habilidades para dar as respostas axeitadas a situacións da vida cotiá non comprendidas por ambas partes. Neste senso a escola de nais e pais faise unha ferramenta indispensable para traballar transversalmente coas familias e menores.

A calidade da intervención cos/as menores melloraría considerablemente se fose posible realizar máis saídas e actividades fora do entorno coñecido, permitiría a interacion e integración normalizada e normalizadora noutros espazos e con outros membros da comunidade.

Memoria anual 2016

“APUNTO TEIS” PROGRAMA INTEGRAL PARA

XENTE NOVA XUSTIFICACIÓN E FINALIDADE DO PROGRAMA Dadas as características poboacionais do barrio e a súa situación socioeconómica, tal e como se desprende dos datos obtidos na diagnose comunitaria realizada por esta entidade, algúns sectores da mesma- entre os que destacan os mozos e mozas de entre 16 a 26 anos- precisan abordar a súa vulnerabilidade a traverso dun programa de intervención integral a nivel comunitario que permita:

1. Previr e/ou minimizar o risco de exclusión social destes sectores

poboacionais (punto de encontro comunitario). 2. Facilitar o seu acceso normalizado ao mercado de traballo (competencias,

aptitudes e habilidades básicas e alternativas ao desemprego). 3. Potenciar e fortalecer a rede social e comunitaria establecendo canles

relacionais de apoio e seguimento continuado.

O traballo con estes sectores poboacionais na prevención de posibles situacións ou riscos de exclusión, é unha conta pendente a nivel comunitario no barrio de Teis que quedou patente no proceso diagnóstico levado a cabo por esta entidade; tanto polo que concirne a dificultade de conseguir a súa participación, como pola lonxanía na que se sitúan no mapa relacional dos colectivos sociais, organizacións e institucións presentes no barrio. Con este Programa preténdeuse continuar o traballo iniciado en edicións anteriores, saldando esa conta pendente, habilitando un punto de referencia para a xente nova que funcione, asemade, coma un servizo complementario de apoio, asesoramento e acompañamento, ben cara ao desenvolvemento de condutas sociais normalizadas; ben cara a evitar, nos casos que se precise, a exclusión social a traverso do acceso normalizado aos recursos (información, asesoramento, acompañamento) e da inserción -a medio prazo- no mercado laboral: entrenando na adquisición de habilidades e aptitudes básicas (entendendo estas como capacidades ou disposicións

laborais mínimas) e formación prelaboral (orientación laboral, busca activa de

emprego...)1, 2.

O programa pretende ser unha actuación integral de carácter transversal

1 Por ausencia o déficit grave de recursos económicos e situación de desemprego, así como polo déficit de acceso á

información e participación social e de cidadanía dos/as máis mozos/as.

Memoria anual 2016

unindo as intervencións complementarias dos servizos sociais comunitarios

nun proxecto de inclusión social; asentando estas intervencións nas propias

forzas e recursos da comunidade, mellorando a súa organización, coordinándoos, optimizándoos e mobilizándoos, na medida do posible, na busca de alternativas viables de traballo, fomentando en moi diversos eidos (no convencemento de que a integración abrangue aspectos moi diversos) a implicación das persoas na rede (a traverso da coordinación e cooperación

cos servizos sociais e outras entidades ou axentes sociais participantes) e

facilitando, a traverso do establecemento de Itinerarios - con titorización e seguimento- a incorporación social das persoas en situación de desvantaxe e /ou exclusión que reducindo a súa vulnerabilidade. OBXECTIVOS

o Obxectivos Xerais:

• Dotar, aos e ás mozas en situación ou risco de exclusión, de competencias e contidos básicos que permitan o desenvolvemento das súas capacidades persoais e sociais como paso previo para un acceso normalizado ao mercado de traballo.

• Realizar seguimento e titorización de mozos/as do barrio en situación ou risco de exclusión social.

• Implicar a comunidade no proceso de incorporación social e laboral dos mozos e mozas en situación de risco ou exclusión social.

o Obxectivos Específicos:

• Mellorar as aptitudes básicas dos mozos e mozas do barrio en situación ou risco de exclusión social.

• Utilizar a comunidade como recurso na busca activa de emprego.

• Crear un espazo comunitario de referencia.

• Promover a coordinación dos servizos e profesionais do barrio implicados no programa.

• Realizar un seguimento e titorización personalizada dos destinatarios/as contando cos/as profesionais e servizos do barrio.

METODOLOXÍA E RECURSOS EMPREGADOS

A metodoloxía foi a propia das iniciativas comunitarias: participativa, activa e flexible en todo o proceso, de tal xeito que a coordinación e cooperación entre todas/os as/os axentes implicadas/os se convertise no método de traballo propiamente dito, habilitando canles de comunicación directa entre as persoas, cubrindo os ocos aos que a administración non chega e apostando pola calidade da intervención. Isto permitiu un itinerario personalizado de aprendizaxe adaptado ás necesidades da poboación destinataria, utilizando, cando foi necesario as TICs como ferramenta de traballo e recurso

Memoria anual 2016

metodolóxico.

• RECURSOS HUMANOS: o Persoal contratado:

Unha coordinadora (Traballadora Social) responsable da coordinación xeral e da integralidade do programa. Encargada da programación, organización e coordinación inicial con institucións, entidades e empresas colaboradoras do programa así como da selección de persoal.

Unha educadora social.

Un animador sociocultural en formación. o Persoal colaborador:

Un pedagogo con funcións de asesoramento.

Unha orientadora laboral e un técnico do INEM.

Unha psicóloga.

Outros/as profesionais dos servizos do barrio.

• RECURSOS MATERIAIS: o Propios:

Computador, teléfono, fax.

Proxector

Material de oficina.

Material específico en cada módulo. o Cedidos:

Local do Plan Comunitario.

Aula de informática do Centro Municipal de Ríos.

COOPERACIÓN CON OUTRAS ENTIDADES:

Coordinación coas seguintes entidades e servizos para posibles derivacións e información:

Unidade de Traballo Social do Concello de Vigo para zona Teis.

Unidade de Traballo Social do Concello de Vigo para zona Travesía de Vigo.

Centro de Saúde Teis.

Área de emprego e Participación cidadá do Concello de Vigo.

Oficina de emprego. Servizo Público de Emprego de Galiza en Teis.

Centro de día e atención ao menor Alborada.

Centros de ensino do barrio: Colexio Possumus. IES A Guia, IES Teis, IES República Oriental de Uruguay (ROU) Para a fase de Prácticas en empresas, adquiriron o compromiso de firma do convenio correspondente as seguintes empresas:

Suministros Punto Fijo S.L. (R/Santa Tegra-Teis, Vigo); (R/Teixugueiras-Navía, Vigo).

Memoria anual 2016

Grupo MUCABI S.L.U. (R/ Sanxurxo Badía - Teis, Vigo).

ACTUACIÓNS DESENVOLVIDAS A.- COORDINACIÓN TÉCNICA PARA OS ITINERARIOS DE INSERCIÓN:

Xuntanzas organizativas:

1. Servizos Sociais comunitarios municipais no barrio (UTS TEIS/TVSIA). 2. Recursos Asistenciais e sanitarios do barrio (Alborada Centro de Menores,

Traballadora Social do Centro de Saúde). 3. Institutos, Colexios e Servizos do barrio.

4. Institucións xuvenís de ámbito local (municipal).

Selección de mozas/os derivadas/os.

Elaboración/preparación dos contidos.

Deseño de Itinerarios de Inserción Sociolaboral Personalizados.

Xuntanzas cos e cas colaboradoras profesionais (pedagogo, psicóloga)

Elaboración de Convenio de Colaboración coas entidades/colectivos.

B.- ITINERARIOS DE INSERCIÓN PERSONALIZADOS:

o DESENVOLVEMENTO DE ITINERARIOS

1. Desenvolvemento e Realización de Itinerarios de Inserción Sociolaboral

Personalizados:

o Consenso e aceptación dos itinerarios de Inserción sociolaboral Personalizados.

o Realización de accións formativas para a adquisición e mellora de habilidades sociais e hábitos prelaborais.

o Entrenamento de habilidades e hábitos. o Acompañamento en accións prelaborais (prácticas en empresas). o Acompañamento social. Acompañamento a recursos educativos,

sociais e laborais/ocupacionais.

2. Contacto coas entidades, colectivos para a realización de prácticas

prelaborais. 3. Titorizaxe e seguimento personalizado das/os mozos e mozas do programa.

o ACCIÓNS FORMATIVAS: 1.- MÓDULO HABILIDADES SOCIAIS

Coñecemento e interrelación grupal. Dinamización do grupo.

Comunicación, axentes, tipos...

Habilidades sociais, autoestima. Entrenamento e conducta prosocial.

Memoria anual 2016

Resolución de conflictos e convivencia pacífica.

2-. MÓDULOS DE HABILIDADES PRELABORAIS

Entrenamento en hábitos de traballo e disciplina (respecto de horarios, acatamento de ordes…)

Orientación laboral.

Busca activa de emprego utilizando as TICS.

Curriculum Vitae, carta de presentación.

Entrenamento para a entrevista persoal.

Información, orientación no autoemprego.

Bolsas de emprego.

3.- MÓDULO DE INFORMÁTICA1

Utilización das TICs na busca de emprego:

Suites ofimáticas libres, Open Office.

Redes sociais e a súa utilización como recurso na busca de emprego.

Páxinas web, bolsas de emprego.

Creación dun blog individual e colectivo.

Utilización doutros cursos formativos online. 4.- PRÁCTICAS PRELABORAIS EN EMPRESAS

Titorización individualizada e diaria dos mozos e mozas en prácticas.

Coordinación de titoraxe cos/as reponsables correspondentes das entidades /colectivos/empresas.

Control de asistencia e asesoramento profesional. C.- TITORIZAXE E SEGUEMENTO DOS ITINERARIOS DE INSERCIÓN:

o Seguimento dos Itinerarios de Inserción Personalizados:

1. Titorizaxe e seguimento personalizado das/os alumnas/os: titoría, asesoramento e seguimento persoal presencial.

2. Titoría e seguimento virtual. Creouse unha conta de correo electrónico onde os formadores solicitaban exercicios e eles/as contestaban ás correccións. Aproveitouse este método para practicar o manexo do correo electrónico, unha habilidade cuxo manexo era minoritario..

Número de horas para cada fase de actuación

Coordinación técnica: 150 horas. Formación teórica: 276 horas.(12 delas individualizadas- 1h/participante) Formación práctica: 30 horas Seguimento, titoraxe: 210 horas acompañamentos:.40 horas.

Lugares onde se realizou.

Memoria anual 2016

o Local do Plan Comunitario de Teis

o Centro Municipal de Ríos-Teis

o Empresas do barrio e arredores

PERFÍS DOS PARTICIPANTES:

- Clasificación segundo o sexo

Gráfico 1 : Desagregación por sexo. Elaboración propia 2016.

- Clasificación segundo idades e sexo

Gráfico 2 : Desagregación por sexo e idade. Elaboración propia 2016.

- Clasificación por nivel de estudos

12

5

Clasificación segundo o sexo

Mozos

Mozas

2

3

1

1

1

2

1

1

1

1

1

2

16 anos

17 anos

18 anos

19 anos

20 anos

21 anos

22 anos

23 anos

24 anos

25 anos

26 anos

mozas

mozos

Estudos primarios

E.S.O. Bacharelato

7

4

1

3

1 1

Mozos

Mozas

Memoria anual 2016

Gráfico 3 : Desagregación por estudos. Elaboración propia 2016

- Clasificación segundo factor de vulnerabilidade

Gráfico 4 : Desagregación por factor vulnerabilidade. Elaboración propia 2016.

- Clasificación segundo a situación laboral e sexo

Gráfico 5: Desagregación por situación laboral. Elaboración propia 2016.

Coordinación e relación cos Servizos Sociais comunitarios e con

outros recursos. Derivacións de participantes, etc.

O número de derivacións realizadas inicialmente desde os diversos servizos do barrio foi de 25 mozos e mozas. Tamén se deu a incorporación de 3 participantes da poboación xeral,sen derivación previa, por contacto directo co Plan Comunitario de Teis (un deles no mes de decembro). Destas derivacións, 3 foron descartadas por exceder o límite de idade permitido para participar no mesmo, polo que foron consideradas no proceso de selección de participantes 23

3.

O perfil de persoas usuarias de este tipo de actuacións que requiren dun itinerario personalizado, precisan de derivacións moi concretas e racionalizadas cara ao aproveitamento total das accións. Por este motivo, trala derivación fixéronse entrevistas individualizadas para coñecer aos e ás posibles participantes, onde

3 Non se ten en conta a última derivación feita no mes de febreiro desde o Centro de Saúde de

Teis.

4

2

6

1 1

3

Inmigrantes Minorías étnicas

Outras

Mozos

Mozas

2

12

4 4

c/experiencia ocupacional Desempregadas/os

Mozos Mozas

Memoria anual 2016

eles/as se presentaban e indicaban o que estaban a facer nese momento ou o que tiñan en proxecto. Unha vez coñecidos os casos,estableceuse a priorización das 17 rapaces e rapazas que máis se axustaban ao perfil que se requiría. As derivacións foron priorizadas de antemán polos/as profesionais de referencia

como se reflicte nos gráficos:

Gráfico 5: Dervación por servizos. Gráfico 5: Selección por servizos. Elaboración propia 2016

No que se refire a coordinación e seguemento cos/as profesionais de referencia que efectuaron as derivacións, foi coma sempre indispensable cara a consecución dos obxectivos marcados no inicio da intervención. Nesta edición coma en anteriores, o alto grao de coñecemento tanto do programa como das profesionais que o levan a cabo, así como dos protocolos de priorización e seguemento dos casos, facilitou moi favorablemente o entendemento entre os/as diferentes profesionais implicados/as nos Itinerarios.

Perfil das persoas con inserción laboral:

Na súa maioría, as peculiaridades dos/as participantes e do propio programa

imposibilitan a súa evolución inmediata cara a unha inserción laboral a curto prazo,

xa que o punto de partida sitúanos nun contexto prelaboral con moitos déficits. A

acción formativa supón un paso previo cara ao acceso ao mundo laboral, tendo en

conta que o perfil dos/as participantes determina unha serie de dificultades

engadidas: carencia de competencias sociolaborais, as curtas idades (item

prioritariamente condicionante nesta edición), a escaseza de formación,

responsabilidades familiares e complexos contornos familiares… É por isto que,

malia que algún e/ou alguna alumna poidan presentarse como perfís de posibles

traballadores/as sen problemáticas específicas, no trato directo e continuado

amosan maioritariamente unha carencia de habilidades e referentes que

imposibilitan, a curto prazo, o acceso ao mercado laboral dun xeito plenamente

normalizado..

7

3

1

3

3

Derivacións seleccionadas

UTS Travesía

UTS Teis

Colexio Possumus

Alborada

Outros

13

11

1 3 3

DERIVACIÓNS

UTS Travesía

UTS Teis

Colexio Possumus Alborada

Outros

Memoria anual 2016

AVALIACIÓN E SEGUIMENTO

Obxectivos acadados

Asistencia regular e continuada ao longo da acción formativa: 71%.

Aproveitamento e adquisición competencias persoais e HH.SS4: 71%.

Aproveitamento e asimilación dos contidos de habilidades prelaborais: 64%

Aproveitamento e asimilación dos contidos de informática e TICs: 85%

Grao medio-alto de satisfacción cos Itinerarios marcados

Grao medio-alto de satisfacción coa actividade formativa

Alto grao de satisfacción coas prácticas prelaborais previstas

85% do total dos Itinerarios de inserción inicialmente deseñados levados a término.

Dentro dos Itinerarios finalizados de forma efectiva: 58% de seguimento total e consecución de obxectivos. 17% de seguimento e consecución parcial dos obxectivos. 25% de non consecución dos obxectivos.

Protocolo de seguimento de actuacións e participantes O protocolo de seguimento dos/as participantes quedou estruturado desde o principio das actuacións a través das modificacións solicitadas e a planificación previa realizada sobre o propio itinerario. Destacar, que pese a que as derivacións foron realizadas por diferentes servizos e profesionais o contacto permanente, facilitou de maneira significativa un seguimento real dos/as participantes propiciando, en algúns dos casos, toma de decisións importantes relativas aos casos nos servizos externos. Ao final do programa obtívose unha valoración bastante aproximada das alternativas e expectativas coas que poden contar cada un/unha deles/as. Naqueles casos nos que as/os participantes accederon derivados das UTS, realizouse unha valoración final de aproveitamento das actuacións do programa, así como posibles vías de continuidade nas actuacións previstas desde o servizo de atención primaria. Valoración INICIAL-INTERMEDIA-FINAL (Competencias Persoais e Formación Ocupacional e Informática) dos alumnos-as/participantes/usuarios-as. O módulo de habilidades sociais é o que ten máis peso dentro do programa en comparación cos outros xa que coa adquisición destes coñecementos favorécese

4 Sobre o desenvolvemento dos módulos teóricos de habilidades sociais, prelaborais e informática,

pódese ler en detalle no apartado de valoración dos formadores.

Memoria anual 2016

a comprensión e asimilación de conceptos orientados a busca de emprego e o manexo de novas tecnoloxías. O perfil dos/as alumnos/as é moi concreto e, aínda que cada un ten as súas características persoais, poden establecerse carencias emocionais e de aprendizaxe comúns. En todos e todas elas prodúcese unha desmotivación cara a vida en xeral en idades moi temperás, que, en consecuencia, só favorecen á realización de hábitos de vida pouco saudables a nivel físico e mental ademais da dificultade, cada vez máis grande a medida que pasa o tempo, de desenvolver aprendizaxes novas para poder levar a cabo uns estudos específicos ou un posto de traballo de maneira normalizada. Por estes motivos o traballo individualizado e grupal, levado a cabo neste módulo, é básico para que poidan visibilizar outras alternativas con apoio e esforzo persoal e que sexan conscientes das súas potencialidades.A mellora da autoestima foi algo presente en practicamente todas as actuacións e actividades que se levaron a cabo. A asertividade, a toma de decisións e a resolución de conflitos foron os temas seguintes nos que cabe destacar que a participación constante do grupo deu pé a facer moitas dinámicas para poder poñer en práctica os conceptos clave de cada un e permitiu traballar a xestión das emocións cara a organización, toma de decisións e control das súas vidas. Os deficits de habilidades de partida, (especialmente do autocontrol, seguimento de pautas e recoñecemento da autoridade) precisaron dun traballo de maior intensidade neste modulo, complementadoo con supervisións individuais continuas, con resultados variables segundo os casos. As sesións grupais serviron de marco a todos os participantes para exercitar e mellorar algunhas das súas habilidades sociais, dependendo do caso, e un lugar de intercambio de experiencias e vivencias persoais, no que tamén se deu unha influencia positiva xerada pola permanencia no grupo de iguais. Se ben hai que subliñar que en moits ocasións a presión de grupo propiciou situacións pouco favorables chegando a influir negativamente na evolución dalgún dos participantes e provocando a persistencia de condutas disruptivas. No que se refire ao módulo de habilidades prelaborais hai que sinalar que presentaba os contidos máis específicos do curso. Polo que, durante o desenvolvemento do módulo, establecéronse uns alicerces sobre a predisposición inicial para buscar un traballo, métodos e posibilidades de busca de emprego e elaboración personalizada do CV e carta de presentación. Sobre eles asentáronse despois os contidos formativos e de busca activa de emprego: primeiro con apoio e de forma autónoma despois. Entrenáronse tamén na entrevista e, por último, nos seus obxectivos profesionais e formativos para comezar a crear un proxecto de vida a curto/medio prazo. Débense diferenciar dúas tendencias no relativo ao acceso ao mercado laboral. Por unha banda, os casos nos que xa existía experiencia laboral previa e, por outra, os casos nos que buscan o seu primeiro emprego e/ou o seu primeiro proxecto vital. A pesar do feito de que estas diferenzas nas situacións de partida repercutiu en boa medida tanto nas demandas a este respecto dos/as participantes como na súa motivación de cara a este módulo, en ambos casos as actividades propostas tentaron responder ás múltiples demandas e expectativas. Factores que se valoraron para a posibilidade de realización do período de prácticas. Todo isto

Memoria anual 2016

fíxose posible, únicamente con flexibilidade nas propostas, nos Itinerarios e na propia concepción das accións a traverso dos modulos.

O módulo dedicado ás novas tecnoloxías supuxo unha motivación no

desenvolvemento do módulo prelaboral. Favoreceu o coñecemento e acceso por

parte de algúns/unhas ao computador e ao manexo de internet como unha

ferramenta mais para o desenvolvemento no ámbito laboral. Os puntos de partida

e os coñecementos eran diversos xa que o uso do computador e de internet era

moi elevado por parte de alguns/unhas e outros/as case non dispoñían de ningún

sobre o manexo de sistemas informáticos básicos.

Neste módulo os e as participantes traballaron en parellas e en grupo, reforzando

as súas habilidades para o traballo conxunto.

O uso continuado da rede para a busca de emprego resultou enriquecedor e positivo para os/as participantes e o contacto real coas ofertas de emprego. Ao tempo, posibilitou un enfrentamento directo coa realidade para reflexionar na importancia dos estudos e da preparación específica para determinados postos de traballo que lles interesaban. O contacto coas redes sociais (blog, facebook…) é coñecido e valorado

positivamente polos participantes malia que o seu uso formativo non era o

empregado ata o momento.

Como actividade complementaria, dentro do módulo, desenvolveuse un blog

sobre a acción formativa, que permitiu practicar o uso das novas tecnoloxías por

parte dos/as participantes. Nel, os e as participantes compartiron aficións e puntos

de vista, tendo un referente común co cal se promocionou a identidade grupal.

Valoración do período de prácticas As prácticas prelaborais tiveron coma obxectivo complementar os módulos formativos, facilitando unha experiencia no ámbito laboral. As características individuais así coma a evolución de cada un/unha dos/as participantes, reflectida en cada un dos itinerarios de inserción, determinaron o acceso a ditas prácticas. Así, houbo casos nos que foron os/as propios/as rapaces e rapazas quenes se amosaron reacios a realizalas; noutros foron os profesionais quenes descartaron a algún/algunha alumno/a por carecer das habilidades precisas ou ben por unha vez analizadas as necesidades de maneira individualizada, non atopar a empresa axeitada en relación coa demanda do/a alumno/a e a conseguinte valoración profesional. Finalmente, accederon ás prácticas en empresas 4 dos/as participantes: tres deles/as en 2 empresas do barrio de Teis, unha tenda de téxtil e unha ferretería.; un deles na nosa propia Entidade. O resultado destas prácticas foi moi satisfactorio para os/as rapaces e rapaza, acadándose o obxectivo previsto de reforzo de; autoestima e motivación, das habilidades sociais e prelaborais, traballadas nas accións formativas previas. Por parte das empresas, a titorización das prácticas así coma a comunicación cos profesionais de referencia traduciuse nunha implicación e resposta moi positiva aos obxectivos previstos e acadados. No caso dunha das empresas de feito

Memoria anual 2016

repetían experiencia, e na outra de igual maneira os resultados positivos foron os esperados e incluso por enriba dos previstos como reflicten as súas enquisas de valoración da colaboración. O que reafirma a importancia de priorizar: por un lado ao alumnado/a valorando as súas necesidades-demandas-potencial, e por outro propoñer a empresa-titor/a en prácticas axeitado.

Resultado de indicadores de avaliación

Obxectivos 1 e 3: *Ver datos de obxectivos conseguidos. Obxectivo 2:

Nº de mozas e mozos derivados dos servizos: 25 Nº de mozos e mozas titorizadas:17 Nº de seguimentos realizados 56 Nº de mozas e mozos da poboación xeral- sen derivación previa: 3

Obxectivo 4 e 5:

Alta complementaridade cos Colectivos, servizos sociais e profesionais colaboradores

2% Poboación xeral implicada.

6% Colectivos, servizos sociais e profesionais colaboradores.

Grao de implicación de usuarios/as e axentes sociais participantes: Medio

Grao de satisfación de usuarios/as e axentes sociais participantes: Medio-alto

Alto grao de coordinación e cooperación dos recursos implicados.

CONCLUSIÓNS O período de derivacións e a realización das posteriores entrevistas obrigatoriamente realizouse con certa premura para poder definir o perfil dos/as participantes e os Itinerarios Personalizados de Insercion Sociolaboral. A priori, foi importante artellar un sistema de traballo individual e grupal baseado na motivación previa dos/as mozos e mozas que conxuntamente cos factores externos e individuais provocará a súa paulatina implicación e continuidade nos proxectos de inserción sociolaboral. Finalmente, unha vez rematados os Itinerarios e avaliadas as actuacións, son diversos os aspectos claves a ter en conta:

- A disparidade dos perfís das persoas participantes, (tanto por idades coma por motivacións e intereses) determinou, sobre todo, as accións a seguir individualmente, con diferenzas notables entre os Itinerarios marcados para cada participante, mais tamén a diversidade de contidos, actividades e

Memoria anual 2016

dinámicas levadas a cabo de forma grupal, co obxectivo de adaptarse o máis posible a todos os pefís e necesidades.

- A escasa experiencia ocupacional previas dunha parte importante dos/as participantes incidiron tanto no interese xeral do grupo como na toma de conciencia da súa realidade. 4 dos/as participantes nesta edición contaban con experiencias laborais previas, mais predominando a economía submerxida, e todas elas, porén, de curta duración. Os restantes participantes, con idades polo xeral máis baixas, centraban a súa busca no acceso ao primeiro emprego ou a completar os seus estudos. Este dato é indicativo da importancia que adquire a flexivilidade e a revisión continua tato de obxectivos como de accións a realizar durante o itinerario.

- A necesidade real dunha reflexión inicial, que os/as resituase e os/as fixera conscientes da necesidade de adquirir e mellorar as habilidades sociais precisas para o acceso ao actual mercado de traballo (case inexistente) ou o seguimento de accións formativas. Nalgúns casos tratouse dun proceso prolongado, no que se observou a evolución nas habilidades e motivación dos/as participantes detidamente e se mantivo unha reflexión conxunta con eles/as de cara a determinar as accións a seguir.

En liñas xerais, o programa evolucionou en dúas direccións parellas; por unha banda, os proxectos de inserción individualizados e por outra, o traballo grupal, dentro dos seus Itinerarios, que foi evolucionando axeitadamente chegando a acadar os obxectivos establecidos previamente no programa: o Asunción e cumprimento de horarios e regularidade na asistencia

o Establecemento dun plan formativo-laboral que permite o aumento das

perspectivas tanto formativas como laborais e principalmente como fonte de motivación. Estas actuacións, supuxeron a reactivación cara ao mundo académico (inscricións na EPA) e a busca activa -real- de emprego de forma organizada e continua. Como en edicións anteriores, o perfil dos/das destinatarios/as vaise modificando co paso do tempo polo que fixo preciso adaptar os contidos teórico-prácticos as demandas e realidades dos mozos e mozas. Así, o adestramento en habilidades sociais céntrase en adquirir e mellorar as rutinas establecidas de modo xeral polo que é preciso incidir en alguns casos, establecer uns horarios normalizados, achegamento aos diferentes recursos, asumir responsabilidades, ser consciente da realidade en canto a necesidade de formación e de adaptación das expectativas sociolaborais á realidade e establecer as demandas de maneira continuada (BAE planificada e continuada...). A combinación de todas estas cuestións posibilita a nivel grupal que se establezan e manteñan horarios, o traballo en equipo, vivenciar a realidade actual, etc... En definitiva, acadar melloras e posibilitar cambios que propicien a inserción sociolaboral “real” nos diversos casos. En xeral, a experiencia adquirida fainos concluír que este tipo de programas e

actuacións deben fundamentarse na atención individualizada, flexible e adaptada

ás necesidades e demandas de cada un dos/as participantes, proporcionada

paulatinamente na medida que se evidencia a evolución acadada.

A realidade que nos atopamos no perfil de mozos e mozas fainos crer que sería necesario seguir traballando a posteriori cos/as destinatarios/as dos Itinerarios para que logren acadar e manter os seus propios obxectivos tanto persoais, (nalgúns casos, recentemente definidos), como profesionais onde o nivel de

Memoria anual 2016

esixencia requirido sexa paulatinamente máis elevado. Unha duración máis prolongada de proxectos deste tipo permitiría acadar mellores resultados e unha maior efectividade da acción, xa que tanto polas características do colectivo da xente moza como polas circunstancias sociofamiliares que rodean os/as participantes, hai certos aspectos que só son traballables a medio ou mesmo longo prazo cun acompañamento dos/as rapaces/as. A isto, súmase unha oferta formativa / laboral practicamente inexistente para algúns dos perfís cos que se traballa neste programa, debido tanto á súa idade como características persoais (destrezas, habilidades e motivación), o que en moitas ocasións devólveos/as na finalización deste programa a situacións de vulnerabilidade moi similares ás do punto de partida, nas que o traballado durante o mesmo pode resultar insuficiente para superar a súa situación de exclusión.