MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio...

21
Memoria 2015 1 MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN Universidade da Coruña

Transcript of MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio...

Page 1: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

1  

MEMORIA 2015

BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN

Universidade da Coruña 

Page 2: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

2  

PERSOAL ..................................................................................................................................... 3 

COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS ................................................................................................. 4 

Monografías .............................................................................................................................. 4 

Revistas en papel: as nosas revistas .......................................................................................... 6 

Películas .................................................................................................................................... 8 

Banda deseñada ......................................................................................................................... 9 

COLECCIÓN DIXITAL ............................................................................................................... 9 

Revistas electrónicas ................................................................................................................. 9 

Dialnet ..................................................................................................................................... 10 

Bases de datos ......................................................................................................................... 10 

Fiador ...................................................................................................................................... 11 

Bibliografía recomendada ....................................................................................................... 11 

Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) e novo Servizo de Apoio á Investigación .... 12 

COLECCIÓN : FONDOS ........................................................................................................... 13 

LECTURA EN SALA. CIRCULACIÓN ................................................................................... 13 

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ALFIN ............................................................................. 16 

ACTIVIDADES CULTURAIS DA BIBLIOTECA ................................................................... 17 

DIFUSIÓN DE SERVIZOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA ......................................... 20 

BIBLIOTECA DE ACOLLIDA ................................................................................................. 20 

INFRAESTRUTURAS ............................................................................................................... 21 

A BIBLIOTECA COMPROMETIDA ........................................................................................ 21 

Page 3: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

3  

PERSOAL

Fixo:

o Unha directora

o Dúas bibliotecarias

o Dúas auxiliares técnicas de bibliotecas

Bolseiras: tivemos as dúas bolseiras do curso anterior de xaneiro a xuño, 6 horas

semanais cada unha, o que dan 312 horas, e dúas novas bolseiras para este curso,

das que contabilizamos as horas de outubro a decembro: 168 horas. En total,

tivemos 480 horas de bolseiras que empregamos para labores que non son

habituais na biblioteca, como é a colaboura na recolocación de fondos e o

expurgo, melloras nas sinalizacións, etc. Fixeron a tradución ó inglés da

memoria do 2014 para os visitantes Erasmus. Este ano e por primeira vez

démoslles os cursos que temos para formación de usuarias/os no horario da

bolsa: unha visita guiada con iniciación á páxina web da biblioteca e outra

formación orientada ó coñecemento e xestión dos recursos de información. E

seguramente continuaremos facéndoo nos vindeiros anos.

Formación recibida

A formación contínua é unha esixencia dos novos tempos. O persoal da

biblioteca recibiu os seguintes cursos durante o ano 2015:

Open Data (Tres persoas)

A avaliación da investigación universitaria: indicadores, criterios e

ferramentas. O asesoramento dende a biblioteca. (Tres persoas)

Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,)

Alemán no centro de linguas (Unha persoa)

Novidades na Web of Science. (Unha persoa. Feito no último trimestre

do 2014, sen contabilizar o ano anterior)

Sesións de formación de Dialnet (Unha persoa)

- Nexo-OJS

Page 4: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

4  

- Baleirado manual de artigos de revistas dende Nexo

- Proceso de xestión de autoras/es na importación dende Nexo

COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS

Monografías

A 31 de decembro de 2015, o total de monografías, DVD, CD, mapas, kits e tests

ingresados na biblioteca ó longo dos anos foi de 90.446.

Este ano baixou significativamente o número de documentos ingresados na biblioteca:

989 (libros, cd, tests, dvd), dos que 83 foron gratuítos -a maioría por intercambio- e 904

mercados. Gastáronse 17.405,65 euros. Nesta baixada tivo moito que ver a orde de non

mercar nada do 17 de xuño ó 11 de setembro, polo que tivemos que facer un novo

reparto por profesorado e prorrogar o tempo para mercar libros antes de facer a partida

común, para a que houbo moi pouco tempo, xa que o peche do exercicio foi o 16 de

novembro. A directora da biblioteca opina que un problema do sistema de adquisicións

é que o exercicio económico é por ano natural, normalmente de febreiro a mediados de

novembro, mais a maior parte do gasto é no último trimestre do ano. Tampouco axuda

moito que os libros extranxeiros precisen tres semanas mínimo para recibirse nen as

novas tendencias editoriais, nas que se ofertan obras que despois non se publican por

considerar que non hai demanda abondo.

0,00

5.000,00

10.000,00

15.000,00

20.000,00

25.000,00

30.000,00

35.000,00

40.000,00

45.000,00

2013 2014 2015

7 meses: febreiro‐agosto

3 meses: setembro‐novembro

Total

Page 5: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

5  

Neste cadro, no que as cifras da esquerda son euros, pódese apreciar, ademais do que

diminuíu o gasto este último ano, a concentración dos pedidos en dous meses e medio.

A isto hai que engadir que moitas das facturas que se tramitan en febreiro son de

pedidos pendentes do ano anterior.

Este ano a Xunta de Galicia impuxo a facturación electrónica, no que as librarías teñen

que meter manualmente os datos da factura nun portal da Xunta -e moitas destas

librarías teñen o seu propio programa informático para facturar, que non é compatíbel -

chegándolle despois a asuntos económicos do centro a factura, que a pasa á biblioteca,

onde se comproba se está ben e se é así volve asinada a asuntos económicos, e se non é

así, hai que avisar ó provedor ou provedora que anule a factura no portal e mandar que

introduza outra nova.

Antes, as facturas viñan directamente á

biblioteca, onde se comprobaba se estaban ben, e

logo ían a asuntos económicos do centro e daí a

servizos centrais. Non lle vemos ventaxa ó novo

sistema, que curiosamente fai usar máis papel pola

necesidade de albaráns en tódolos envíos.

Política de adquisicións

Non hai novidades ó respeito do ano anterior sobre a política de adquisicións nin sobre

o sistema de reparto: unha parte vai para biblioteca (pedidos pendentes, solicitudes de

usuarias/os sempre que teñan que ver con materias impartidas do centro, algún

exemplar máis de obras moi pedidas, bibliografía profesional…) e o resto repártese

entre o profesorado por carga docente, diferenciando quen ten máis de tres asignaturas e

menos.

No desglose dos pedidos por deptos. o resultado é como sigue

Dpto. Pedagoxía e Didáctica: 36% do profesorado, pide o 63,65%

Dpto. de Psicoloxía: 18% do profesorado, pide o 5,42%

Dpto. de Psicoloxía evolutiva: 18% do profesorado, pide o 9,84%

Dpto. Didácticas Específicas: 15% do profesorado, pide o 11,64%

Dpto. FILMIDE: 13% do profesorado, pide o 9,43%

Page 6: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

6  

Fonte: O número do profesorado é tirado da páxina web do departamento, revisado cada

ano no mes de decembro e inclúense tódalas categorías. Este ano foron 128

profesoras/es.

Os pedidos da biblioteca

Atendéronse 20 peticións: 6 de alumnado, 1 de PAS, 3 de profesorado e 11 da propia

biblioteca (3 para o clube de lectura, 4 de bibliografía profisional, 1 de renovación de

edición, 1 por exemplar deteriorado, e dúas novidades editoriais). Non se denegou

ningunha, mais unha das obras solicitadas por alumnado estaba descatalogada.

Ó final do exercicio económico pedimos 55 filmes de temas que teñen relación co que

se imparte na nosa facultade , 115 obras de literatura galega e algunha portuguesa, e 120

de literatura española, poñendo especial énfase nas novidades en literatura infantil,

xuvenil e na banda deseñada.

Revistas en papel: as nosas revistas

Sendo cada vez máis difícil saber exactamente cales son as nosas revistas polo feito de

que coa publicación electrónica moitas son mercadas en paquetes, ou pasan ser gratuítas

ou son de interés para varios centros, fixamos como a nosa colección aqueles títulos que

algunha vez tivemos en papel, tanto as gratuítas como as seleccionadas polo

profesorado a través da comisión de biblioteca do centro (van incluídos seis títulos

seleccionados polo profesorado que xa se mercaron en internet e nunca en papel).

Así, temos 633 títulos

282 están pechadas, quer dicir que

non as estamos recibindo nin temos

acceso-e actualizado. Entran neste

apartado as revistas gratuítas que

deixamos de recibir, as suscripcións

que se foron anulando ó longo dos

anos, as revistas que deixaron de

existir e tamén as revistas históricas

en edicións facsimilares.

Page 7: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

7  

351 están abertas, isto é, que seguimos tendo, cando menos, acceso electrónico

aos seus contidos. Só 53 están unicamente en papel.

Como buscalas

Os títulos están reunidos alfabéticamente na páxina web da nosa biblioteca

http://www.educacion.udc.es/biblioteca/, dentro da pestana Colección, Revistas

suscritas pola facultade. Aquelas que teñen acceso-e aos textos ou ós índices,

premendo no título xa nos leva ós contidos. Todos os enlaces están revisados en xaneiro

de 2016.

Tamén temos unha listaxe en papel na propia hemeroteca.

Page 8: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

8  

Coidamos que unha visita por calquera destas dúas listaxes é útil: En primeiro lugar,

porque hai revistas que sendo moi boas e tendo un custe elevado, só están en papel. En

segundo lugar porque é o millor xeito de coñecer as revistas que podemos considerar

nosas, escollidas polo profesorado deste centro, sendo cada vez máis as que poden ser

consultadas electronicamente. En terceiro lugar porque as gratuítas , que son as grandes

descoñecidas, teñen a vantaxe do idioma (a maioría están en español ou portugués) e de

conectar co que se está facendo noutras facultades como a nosa no ámbito

iberoamericano, xa que moitas delas son recibidas por intercambio do servizo de

publicacións con outras universidades españolas e do centro e sur de América. En cuarto

lugar, porque nas ciencias sociais os artigos non fican obsoletos en pouco tempo, polo

que as revistas pechadas son un valor na colección. E por último e moi importante: non

coñecendo nin usando estes títulos estamos desvalorizando o noso propio papel na súa

selección.

Ademáis, poden atoparse no catálogo da biblioteca, pesquisando por título da revista,

onde en moitas delas, non en todas, somos informadas/os de en que bases de datos está

indizada, na parte inferior do rexistro, onde di Indizada en.

Dos impresos que se cubren cando se retiran para fotocopiar sabemos que se usaron

como mínimo 334 números, un número bastante estábel nos últimos anos (348 no 2014,

312 no 2013 e 386 no 2012). Non se poden contabilizar as que son escaneadas na propia

biblioteca ou consultadas simplemente, mais os impresos reflicten ben os títulos de

maior uso, no que destacan con diferencia 8 títulos de revistas españolas e galegas. E

son os mesmos ao longo dos anos.

Películas  

Temos 907 películas. Ademáis de estar no catálogo, a colección está organizada en

Pinterest: http://pinterest.com/cineduca.

Este ano, dentro da sala de audiovisuais, abrimos ó

público un pequeno cuarto duns 9 metros cadrados

onde puxemos as películas e un par de mesas.

Outra novidade é que agora só poñemos as

carcasas dos filmes (a partir de CINE(EDU)-852)

Page 9: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

9  

xa que nos decatamos que a colocación do antifurto nos discos facía que moitas veces

non se puidesen ver ben as películas. Polo que agora hai que coller a carcasa e ir pedir o

filme ó mostrador.

Banda deseñada  

Temos un total de 120. Están no recuncho de lectura. A biblioteca fai unha selección de

títulos a fin do exercicio económico procurando que sexan de temas relacionados con

materias que se imparten na facultade. Tamén na selección está o idioma, tendo

preferencia o galego e o español, logo o portugués e tamén por suposto as mudas.

COLECCIÓN DIXITAL

Revistas electrónicas

A Biblioteca Central paga ademáis o acceso electrónico a lotes de revistas que ofertan

as distribuidoras, que poden variar nos títulos e mesmo nos anos ós que se da acceso

dun ano para outro. Estas revistas non están todas no catálogo. Para atopalas, compre ir

á paxina web da udc onde di Revistas electrónicas, no seguinte enlace

http://sfx.bugalicia.org/aco/az/. Tamén están aí as revistas electrónicas que temos no

catálogo, recibidas por suscripción ou gratuítas.

Facendo unha selección por materias, saen 2.614 títulos (o ano anterior, nas mesmas

materias tiñamos un total de 2.211 títulos)

Artes e Humanidades. Subdivisión

Carreiras Educativas. 866 títulos.

Dereitos Humanos, Estudos sobre a Muller, Benestar e Infancia. 198 títulos.

Ciencias da Saúde. Subdivisión

Fisioterapia. 36 títulos.

Medicina Deportiva. 51 títulos.

Psiquiatría e Psicoloxía. 600 títulos.

Ciencias Sociais. Subdivisión

Ciencias da Conduta e Orientación Psicolóxica. 607 títulos.

Page 10: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

10  

Discapacitados, Asistencia. 63 títulos.

Estudos de Xénero. 109 títulos.

Rehabilitación. 84 títulos.

Dialnet  

Proxecto de colaboura das bibliotecas universitarias españolas. A maior hemeroteca

virtual de artigos científicos hispanos na rede, cun15% a texto completo. O seu uso e

tamaño aumentan de ano en ano. No ano 2014 visitáronse 151.044 páxinas, con 2.400

usuarias/os en activo. Foron introducidos 4.147 exemplares de revistas, 3.073 artigos

de libros e 245 teses. (Fonte: intranet da biblioteca universitaria). Do noso centro están

as revistas Digilec e a Revista de estudios e investigación en psicología y educación.

Bases de datos

A súa primeira función foi dar coñecer os contidos das revistas científicas por materias,

anos e idiomas, indicando en que revista e número estaba cada artigo. Despois, grazas

aos xestores de enlaces (SFX para a UDC), leváronnos directamente aos artigos que

tiñamos electrónicos, ben por suscripción da revista ou por ser gratuíta ou por ter pago o

acceso. Ultimamente, aquelas que son grandes, internacionais e interdisciplinares

estanse especializando en ofrecer métricas da calidade da produción científica das

revistas, destacando Scimago Journal & Country Rank (de Scopus, con acceso

independente e gratuíto) e JCR (dentro da WOS). Como novidade, dentro da WOS, está

o ESCI (Emerging Sources Citation Index), coas revistas que están agardando para

recibir aceptación no JCR ou na listaxe da WOS. Tamén ofrecen métricas para a

calidade dos e das investigadoras cos índices de citas.

De interés para este centro son:

o Dúas de Educación: ERIC; Teacher Reference Center.

o Unha de Educación Física e Deportes: SPORTdiscus with full text.

o Tres de Psicoloxía: PILOTS; PsyCRITIQUES; PsycInfo.

o Dúas de interés para Logopedia: MEDLINE e Pubmed central (PMC)

o As interdisciplinares CSIC e DIALNET (ámbito hispano). SCOPUS

(internacional con maior peso das publicacións europeas). WOS (Web of

Science, internacional con maior peso das publicacións anglófonas)

Page 11: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

11  

Fiador

Son as guías temáticas de recursos gratuítos electrónicos utilizando a aplicación de

código aberto Subject Plus . Continuamos coa súa actualización. Accédese dende a

páxina principal da web da biblioteca da UDC no apartado Buscar nas guías temáticas,

e tamén dende a páxina web da biblioteca do noso centro en guías temáticas. Materias

que poden interesar ó noso centro poden ser: Ciencias da Saúde, Ciencias do Deporte,

Cine e Educación, Educación, Educación Social, Ferramentas 2.0, Ferramentas

Educativas utilizando as TIC, Logopedia, Servizo de Apoio ós Investigadores/as.

Bibliografía recomendada

Actualizada no primeiro trimestre do curso tirándoa das guías docentes. Os datos do

cadro de embaixo son do trimestre outubro/decembro 2014. E os datos de préstamo que

damos a continuación son do ano 2015.

Na columna da esquerda están primeiro os catro graos (Infantil, Primaria, Educación

Social, Logopedia) e os cinco mestrados [Psicopedagoxía (novo), Dirección Xestión e

Innovación das Institucións, Profesorado Secundaria, Psicoloxía Aplicada,

Interuniversitario de Estudos Avanzados sobre a Linguaxe.]

B.R 2014/15

Libros Art.rev. Filmes que hai

Faltan na UDC

Hai noutras bibl.

Tít. Rev.

Rec. Web

Materias Total

Materias sen BR

G.I. 802 85 40 0 102 42 10G.P. 894 78 33 33 112 41 7G.ES 1.034 105 77 29 19 37 11G.L 459 126 61 3 38 43 5M.PS 214 35 24 25 7 19 1M.D. 135 23 17 21 22 16 2M.PES 411 59 57 2 38 51 13M.P.A. 318 62 20 6 0 26 1M.I 165 51 17 11 11 24 8Total 4.432 624 346 130 349 299 58

Os 4.778 recursos disponíbeis na UDC, que saen de contar os que temos na nosa

biblioteca e noutras da UDC (non se contabilizan os títulos das revistas nin os recursos

web), foron prestados 12.673 veces (4.524 préstamos e 8.149 renovacións. Fonte: datos

Page 12: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

12  

da intranet da biblioteca universitaria). É de salientar o enorme aumento de préstamos

ao respeito do ano anterior: 3.655 (1.742 préstamos e 1.913 renovacións)

Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) e novo Servizo de Apoio á Investigación

Estando por un lado a política das universidades a nivel mundial de crear e manter un

repositorio coa súa produción científica sempre que for posíbel, dentro da filosofía do

movemento de Acceso Aberto, e por outro o proxecto de creación dun Servizo de Apoio

á Investigación na Biblioteca Universitaria na UDC, promovido pola Vicerreitoría de

Política Científica, Investigación e Transferencia e a antiga Vicerreitoría de Títulos,

Calidade e Novas Tecnoloxías, (agora de Oferta Académica e Innovación Docente),

debemos poñer en destaque o éxito que tivo a primeira edición do curso Estratexias

para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados de investigación dirixido ao

profesorado da UDC en coordinación co CUFIE e as bibliotecas dos centros, Os

obradoiros impartidos na biblioteca ían cara a identificación do nome e filiación dos e

das investigadoras para estarem normalizados nas principais bases de datos, a suba ao

RUC dos seus traballos e a posíbel inscripción en redes científicas.

Así, o profesorado que participou nos obradoiros, subiu ao RUC artigos de revistas,

ponencias, comunicacións, etc. Agardamos que o continúen facendo e tamén que todo o

profesorado investigador realice os obradoiros, teñan feito o curso ou non.

Sobre os traballos de fin de grao, no ano 2015 o tribunal de avaliación dos mesmos non

seleccionou ningún para subir ao RUC. Tampouco hai ningún TFM subido.

No seguinte enlace está Recolecta, o recolector de ciencia aberta do FECYT, no que

está rexistrado o RUC

http://recolecta.fecyt.es/repositorios-recolectados

Recentemente temos datos, e volvemos agradecer á Biblioteca Central a súa

publicidade, esta vez na páxina web da Universidade, da favorábel posición do RUC

dentro do ránking dos repositorios:

- dentro de España a posición 15 de 64

- dentro de Europa a posición 102 de 910

- dentro do mundo a posición 209 de 2.297

Page 13: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

13  

COLECCIÓN : FONDOS

Continuamos unificando os exemplares iguais que están en

materias diferentes. Acabamos cos de P9, e ademáis fixemos P1,

P2, P3, P4, P6 e P10. Foi moi importante a axuda das bolseiras

neste traballo, coordinadas e dirixidas polo persoal auxiliar

técnico, para acometer este labor.

Retirada dos fondos

Continuando coa política de eliminar os duplicados das obras non

prestadas nos últimos cinco anos mercadas anteriormente ao ano

2010, que non son de consulta en sala nin bibliografía recomendada, ofrecéndoas a quen

as quixer nun lugar visíbel da biblioteca e avisando ao profesorado por correo-e, foron

retirados da colección:

P1. 551 exemplares

P2. 305 exemplares

P3. 461 exemplares

Tamén para acometer este labor foi decisivo o feito de contar con dúas bolseiras.

Continuaremos no ano 2016, até facelo con todo o fondo.

Documentos perdidos e expurgados

Entre os anos 2010 e 2015 perdéronse 712 documentos. Entre os anos 2014 e 2015, que

foi cando comezamos unha política de expurgo na biblioteca, foron retirados e ofrecidos

aos usuarios e usuarias da biblioteca 2.947 materiais do noso fondo.

LECTURA EN SALA. CIRCULACIÓN  

No 2015 entraron na biblioteca 78.445 persoas, o que supón unha lixeira baixa sobre o

ano anterior (81.420). Como é habitual, hai un bico de ocupación no mes de maio, con

11.194, e outro bico de baixa ocupación no mes de agosto, con 699. Tamén baixou o

número de persoas que usaron a sala de traballos en grupo (xa contabilizados no total) a

1.752, fronte a 2.996 do ano anterior.

Page 14: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

14  

Os usuarios potenciais do servizo para o curso 2014/15 : alumnado (datos da matrícula

solicitado á secretaría do centro), profesorado e PAS do centro (datos da páxina web do

centro) foron 2.271, moi semellante aos anos anteriores, aos que temos que sumar 166

altas de autorizacións externas para usar a biblioteca e 100 renovacións.

Por primeira vez temos datos sobre as autorizaciós externas por centros, e felicitamos á

Biblioteca Central por nolos ofrecer. Despois da Biblioteca Central e a do Patín en

Ferrol, que pasan cada unha das 500 autorizacións anuais, catro bibliotecas subimos das

200 anuais: Arquitectura, C.C. da

Saúde, Dereito e Educación.

O total de usuarios/as externos/as da

UDC foi subindo de 2.651 no ano

2013 a 3.128 no 2015. No noso

centro en cambio, o número

permanece bastante estábel. Son na

maior parte antigos estudantes.

Os datos de préstamo para o ano 2015 dan unha cifra de 60.981, dos que 20.133 son

préstamos e 40.848 renovacións (o ano anterior foi de 69.370). Non sabemos aínda se

isto será unha tendencia. É a primeira vez dende o ano 1987 que deixamos de aumentar

o número de préstamos. Ademáis, o préstamo de lectores de libros-e foi de 11, o que

supón unha grande baixada respeito a anos anteriores (80 e 87).

Estamos entre as 3 primeiras bibliotecas da UDC en canto ó número de actividades de

circulación dos fondos (préstamos, renovacións, devolucións e reservas).

Sobre o préstamo intercentros e interbibliotecario, queremos felicitar á Biblioteca

Central por poñer por primeira vez na intranet da biblioteca os datos de préstamo

interbibliotecario de todas as bibliotecas. A continuación poñemos na táboa as

bibliotecas ordenadas de maior a menor número de solicitudes, tanto como peticionarias

como de suministradoras.

Page 15: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

15  

Sobre as peticións de préstamo interbibliotecario do noso centro, que temos por

primeira vez, as cifras son 279 solicitudes (falamos sempre das resoltas, aparte hai 92

que foron denegadas ou canceladas). Estamos detrás das grandes solicitantes que son

C.C. da Saúde (634), Casa do Patín (485) e Ciencias (389). Como suministradoras,

porén, as bibliotecas teñen outra orde, destacando con diferencia a Biblioteca Central

(772), porque as revistas electrónicas que non teñen unha ubicación nun centro súmanse

ós préstamos da Central, seguindo Filoloxía (221), Dereito (190), Arquitectura (101) e a

Casa do Patín (91). Despois imos nós. O noso centro suministrou 81 peticións: 40 de

libros, 28 artigos de revistas que se enviaron escaneados e 13 escaneos de artigos de

libro, sendo 7 o número de peticións non servidas. As non servidas foron por diversos

motivos: estar perdido o número da revista ou o libro, ou ben estar o libro prestado e

Solicitudes resoltas Pedidos servidos

C.C. Saúde 637 B.central 772

Patín 485 Filoloxía 221

Ciencias 389 Dereito 190

Educación 279 ETSA 101

Filoloxía 250 Patín 91

Dereito 243 Educación 81

INEF 216 Socioloxía 70

ETSA 202 C.C. Saúde 66

Camiños 130 Ciencias 54

Eco-Ecem 117 Eco-Ecem 51

B. central 73 Camiños 49

EUAT 65 Mariña civil 21

Socioloxía 59 INEF 20

EPS 57 EPS 18

Informática 33 EUP 18

EUP 21 EUAT 11

Mariña civil 5 Informática 6

Page 16: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

16  

non devolvelo a persoa que o tiña cando se lle reclamou. Contando as solicitudes

resoltas de ciencias da educación ,o noso centro recibiu 3,4 veces máis do que serviu.

Os datos globais indican que a UDC fixo 4.370 solicitudes no ano 2015, das que 3.205

foron resoltas e 1.093 canceladas ou rexeitada. Como suministradora, a biblioteca serviu

1.842 peticións, polo que a relación media é que a UDC recibe 1,74 máis do que serve.

No préstamo intercentros (solicitude de artigos de revistas dentro das bibliotecas da

UDC que se envían escaneados) pedimos 7 artigos e enviamos 11.

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ALFIN  

Alfabetización informacional (ALFIN) vai ligada á formación contínua ó longo da vida

que esixen os novos tempos. Nas xornadas de acollida ao novo alumnado que organiza a

facultade a primeiros de curso, a biblioteca preséntase e publicita a oferta de cursos.

Tamén informamos por correo-e ao

profesorado ó comezo de curso

académico, e trimestralmente a través

do boletín No tinteiro. A información

para todo o mundo é dada a través do

blogue da biblioteca e nas redes

sociais. E para o alumnado de TFG

damos publicidade na web da facultade e no seu Moodle.

A biblioteca conta con dous cursos en Moodle, un xenérico, que adaptamos ás

necesidades específicas, e outro para TFG e TFM. A fins de 2015 demos de alta a todo

o profesorado no xenérico, coa intención de difundir o servizo de apoio á investigación,

pretendendo servir de axuda na autoaprendizaxe en manexo de bases de datos, recursos

para avaliación da produción científica ou xestores bibliográficos, entre outros.

Poñemos os cursos impartidos no 2015:

-Para alumnado de grao, por petición do profesorado. Curso de dúas horas. 9 cursos de

20 persoas.

-Para alumnado de mestrados, por petición do profesorado . Curso de 3 horas

presenciais + 4 na plataforma Moodle. 4 cursos de 25 persoas e un de cinco.

Page 17: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

17  

-Para alumnado de TFG, por petición do profesorado. Curso de 3 horas presenciais + 4

na plataforma Moodle. 9 cursos de 25 persoas.

-Obradoiros do curso dirixido ao profesorado Estratexias para incrementar a

visibilidade e o impacto dos resultados da investigación. 4 horas. Individual. 9

formacións.

-Para grupos pequenos (5-7 persoas): de bases de datos e xestores de referencia. Curso

de 2 horas. 5 formacións.

-Para grupos pequenos (5-7 persoas): de xestores bibliográficos. Refworks. Curso de 2

horas. 1 formación.

PARA EDICIÓNS HORAS

PROFESORADO

PERSOAS AVALIADO

GRAO 9 2 horas x 9=18 180 SI

MESTRADO 5 3 horas x 5=15 105 SI

TFG 9 3 horas x 9=27 225 SI

INVESTIGADORAS/

ES

8 4 horas x 8=32 8 NON

GRUPOS 3 2 horas x 3=6 30 NON

TOTAL 98 548

As visitas guiadas e a formación para alumnado de primeiro de 90 minutos que damos

na biblioteca a quen se anote no primeiro trimestre do ano, non tivo ningún éxito, como

adoita. Unicamente o ano pasado tivemos xente. O que demostra a importancia do

profesorado para o éxito da oferta de cursos.

ACTIVIDADES CULTURAIS DA BIBLIOTECA

Como xa é frecuente, facemos actividades complementarias á formación académica, por

iniciativa da biblioteca ou ben en colaboura co profesorado do centro.

O noso clube de lectura, Nébeda, cumpliu un ano máis. Este clube conta co apoio

económico do servizo de normalización lingüística da UDC a través da comisión de

normalización do noso centro, e ademáis, este ano, coa colaboura da editorial Galaxia.

Page 18: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

18  

Febreiro

Exposición nas vitrinas “Troulas: orlas realizadas polo alumnado da promoción do

mestrado universitario en profesorado de ensino secundario, itinerario de artes plásticas

e visuais 1989-2014” coordinado polo

profesor Roberto Suárez Brandariz.

Marzo

No recuncho ás 11 horas do cinco de marzo inauguración da fotorreportaxe “Esperando

ós deuses en Chanquillo”, o observatorio astronómico máis antigo de América, cunha

charla do seu autor: Gustavo García Roig. A exposición estivo do 5 de marzo ao 30 de

abril.

No recuncho o día 5 ás 17 horas, encontro con María

Reimóndez para falar do seu libro “Dende o conflito”,

lectura do clube Nébeda. E o día 26 de marzo,

relacionado coa lectura, proxección do filme “Y

ahora adónde vamos” da libanesa Nadine Labaki, con

coloquio moderado polo profesor Juanjo Bueno.

Exposición nas vitrinas sobre Michael Apple, nomeado Doutor Honoris Causa da UDC,

do 13 de marzo ao 30 de abril.

Maio

Page 19: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

19  

No recuncho o día 7, ás 17 horas, encontro co escritor Anxo Angueira para falar da súa

novela “Pensa nao”, lectura do Clube Nébeda.

Dentro das Xornadas do Festival Marea Alta na nosa Facultade os

días 4 e 7 de maio, coordinadas pola profesora Mar Rodríguez

Romero, exposición en mesas detrás das vitrinas da obra de Xosé

Manuel Barros Hermida, do colectivo Mar de fábula, de barcos e

“criaturas caóticas” feitas de refugallos que bota o mar nas praias.

Nas vitrinas, exposición sobre o mar e os océanos. Tanto a obra de

Barros como a exposición permaneceron todo o verán.

No Recuncho exposición da pintora Teresa Candal.

Setembro

No recuncho o día 15 ás 18 horas, encontro coa escritora Iria

Collazo para falar do seu libro “Como unha áncora”, lectura

do Clube Nébeda. Colaboura a editorial Galaxia.

Exposición nas vitrinas sobre o II Seminario internacional

sobre educación social e alfabetización lectora, celebrado o

25 de setembro na nosa facultade, coordinado polo profesor

Héctor Pose.

Outubro

Exposición de obras da artista Isabel Pintado: no recuncho das súas pinturas, na vitrina

de libros intervidos por ela.

Decembro

No recuncho o día 14 ás 17 horas, encontro co

escritor Francisco Castro para falar da súa obra

“Tes ata as 10”, lectura do Clube Nébeda.

Tamén coa colaboura da editorial Galaxia.

Exposición do 18 de decembro até o 8 de

xaneiro sobre o Nadal, nas vitrinas.

Page 20: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

20  

DIFUSIÓN DE SERVIZOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Facernos visíbeis non é tarefa doada.

Procuramos facelo a través de medios

electrónicos: correo, redes sociais e enderezos

web.

A nosa tarxeta, á dereita, na que non está

incluído o enderezo do noso clube

https://nebedaclubelectura.wordpress.com

Por correo-e, continuamos enviando ó persoal do centro o noso boletín No tinteiro do

que no ano 2015 sairon os números 5, 6, 7 e 8.

BIBLIOTECA DE ACOLLIDA  

Como biblioteca de acollida para o intercambio de persoal de bibliotecas (programa

Erasmus) tivemos no noso centro na semana do 25 ó 29 de maio a Marios Balatzaras e

Vasileios Soulikias, da Universidade de Tesalia en Grecia. Como xa fixemos outros

anos, nesa semana mostrámoslles a biblioteca do noso centro, e en xeral, o servizo de

biblioteca da UDC, e completamos facendo unha visita a algunha das bibliotecas da

Coruña non universitarias.

De cada vez que temos visitantes, adaptamos o programa a algún interés concreto que

teñan. Este ano, os dous estaban especializados na alfabetización informacional.

A visita pode ter tamén un compoñente lúdico-turístico que depende da vontade tanto

do persoal da biblioteca como dos visitantes, mais que a nós nos parece importante ter

preparado para dar coñecer Galiza ó resto do mundo.

Queremos agradecer ao persoal da Biblioteca Central , da Casa do Patín e da Facultade

de Ciencias, a súa amabilidade e disposición a recibir ós nosos visitantes, así coma ó

persoal da biblioteca municipal Ágora. Tamén ó profesor Héctor Pose por pasarnos o

folleto sobre oleiría popular de Buño.

Page 21: MEMORIA 2015 BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN 2015.pdf · Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,) Alemán no centro de linguas (Unha persoa) ... xa que o peche do exercicio

Memoria 2015  

21  

INFRAESTRUTURAS

Abrimos un pequeno cuarto dentro da

sala de audiovisuais onde puxemos as

películas de cine e un par de mesas con

sillas.

Continúa pendente de reforzar o chan

do depósito de revistas para poder

colocar un moble compacto e tamén atopar unha solución para a ubicación dos libros de

texto de anos anteriores.

Outra novidade foi adaptar –

dentro do despacho de proceso

técnico- un espazo para dar cursos

a pequenos grupos, e para iso

contamos cunha pantalla na

parede, un proxector con trípode e

unha canle para unir o ordenador

ao proxector.

A BIBLIOTECA COMPROMETIDA

A defensa do idioma e o

compromiso co país,

A defensa do medio ambiente e a

aposta pola sostenibilidade,

A defensa da creación de emprego

e o desexo de ter repercusións beneficiosas

no noso entorno social,

Son os alicerces do noso esprito, da

nosa vocación. Defenderémolos

dentro das nosas posibilidades.