Memoria 2014

58
MEMORIA 2014 Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago 1

description

 

Transcript of Memoria 2014

Page 1: Memoria 2014

MEMORIA 2014

Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago

1

Page 2: Memoria 2014

Índice Presentación 4 1.- A Asociación 5

1.1. A Xunta Directiva 6

1.2. Asambleas 8

1.2.1. Asemblea Xeral Ordinaria 8

1.2.2. Asemblea Xeral Extraordinaria 9

1.2.3. Asemblea Xeral Extraordinaria de Outono 9

1.3. Asociados 9

1.4. Socios protectores 10

1.5 Tesouraría 14

1.6. A Asociación en Internet 16

1.7. A Asociación e a Universidade 16

1.7.1. Apoio Institucional 16

1.7.2. Representación da Asociación no Consello Social da USC 17

1.7.3. O proxecto Europracticum 17

1.7.4. Actos Académicos 19

1.7.4.1.Actos de Fin de Carrera de distintas Facultades 19

1.8. A Asociación e a Cidade 20

1.8.1. O Recanto da Saudade 20

1.8.2. Vodas de Ouro 21

1.8.3. Vodas de Prata 23

2.- Actividades organizadas desde a Asociación 25

2.1. Concurso literario: IX Premio de Relato Curto 25

2.2. Visitas culturais e demais actividades 25

2.3. Actividades do Club de sendeirismo 28

3.- Servizos 33

3.1 Revista fonseca 33

4.- Relacións institucionais 34

4.1. Reunións cos decanos e directores de centros educativos da USC 34

4.2. Foro cívico-empresarial 34

4.3. Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos 34

4.4. Reunión co Alcalde do Concello de Lugo 34

2

Page 3: Memoria 2014

4.5. Reunión coa Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade 34

4.6. Reunión co Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Contínua 34

4.7. Reunión co novo Presidente do Consello Social da USC 34

5.- A Asociación nos medios de comunicación 35

5.1. Dossier de prensa 35

3

Page 4: Memoria 2014

Presentación

É unha gran satisfacción para min, compartida cos demais membros da Xunta Directiva,

presentar a Memoria 2014 da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da

Universidade de Santiago de Compostela.

Esta Memoria, en conxunto, demostra a vitalidade e o dinamismo da nosa Asociación,

reflectido nas variadas e numerosas actividades académicas e culturais que se

organizaron desde a propia Asociación no ano 2014 así como outras nas que

participaron activamente os seus socios. Entre elas cabe salientar a organización das

Vodas de Prata e de Ouro das promocións saídas das distintas facultades da

Universidade de Santiago de Compostela así como as actividades realizadas desde o

Club de Sendeirismo, xa que se consolidaron como un referente da Asociación ao

mantelas en activo as sucesivas Xuntas Directivas.

Así mesmo, esta Memoria 2014 reflicte o gran traballo realizado pola Xunta Directiva

presidida por Ángel Álvarez Prechous e o esforzo e ilusión que puxeron os seus

membros no desempeño da súa responsabilidade, conseguindo darlle un pulo á

Asociación desde distintas vías. En concreto cómpre poñer de relevancia algunhas

iniciativas e logros acadados durante o ano 2014, caso da creación da figura do Socio

Protector, que conseguiu que unha ducia de pequenas e medianas empresas apoien a

Asociación, e da ansiada representación da Asociación no Consello Social da

Universidade de Santiago de Compostela, que ostenta un membro elixido pola Xunta

Directiva.

Sirva esta Memoria como recoñecemento e merecida homenaxe de agradecemento ao

inxente labor desenvolvido durante o mandato da Xunta Directiva presidida por Ángel

Álvarez Prechous.

Benita Silva Hermo

4

Page 5: Memoria 2014

1. A Asociación

5

Page 6: Memoria 2014

1.1. A Xunta Directiva O 5 de xuño de 2014 formouse a xunta directiva vixente ata o 21 de febreiro de 2015. 1.1.1. Composición da Xunta Directiva Presidente: Don Ángel Álvarez Prechous Profesor Titular de Patoloxía Médico-Quirúrxica na USC. Vicepresidenta: Dona Blanca A. Roig Rechou Catedrática de Escola Universitaria. Profesora Titular da USC de Literatura Galega. Investigadora en Humanidades no Centro Ramón Piñeiro. Especialista en Literatura Infantil e Xuvenil. Secretario: Don Carlos Nieves Vicente. Licenciado en Ciencias Económicas pola USC. Tesoureiro: Don Enrique Alonso Mougán Licenciado en CC. Químicas pola USC Vogais: Don Alberto Arce Arce Catedrático de Enxeñaría Química da USC. Don José M. Otero López Profesor de Psicoloxía USC. Dona María Caeiro Rey Empresaria. Don Juan Mariñas Liste Xestor do Servizo de Prevención de Riscos da USC. Dona Mª Julia Melgar Riol

6

Page 7: Memoria 2014

Licenciada en Farmacia e Profesora Titular da Facultade de Veterinaria da USC. Don Carlos A. Baliñas Fernández Licenciado en Filosofía e Letras e Prof. Emérito da Facultade de Filosofía da USC. Dona Isabel Vilariño Vilariño Licenciada en Medicina pola USC Prof. de Medicina na UDC. Don José Santiago Pérez Licenciado en Dereito pola USC. Don Luis Casares Balsa Licenciado en CC. Políticas

7

Page 8: Memoria 2014

1.2. Asembleas 1.2.1. Asemblea Xeral Ordinaria

O 5 de xuño de 2.014, reunida no Salón Nobre de Fonseca, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebrou a súa XIX Asemblea Xeral Ordinaria, na que se aprobaron: a memoria de actividades que se realizaron ao longo do ano 2013, o informe económico relativo ao mesmo período e as actuacións futuras relativas ao funcionamento da Asociación.

O programa do día tamén incluía:

• 19,45 h- Entrega do VIII Premio de Relato Curto a Víctor A. García Dopico polo seu relato titulado “Os animais non son seres libres”.

8

Page 9: Memoria 2014

• 20,00 h- Conferencia do Profesor José R. Ónega Pérez, director da Casa de Galicia en Madrid: “Lembranzas dun tempo ido na Univesidade compostelana”.

• 21,00 h- Cea no restaurante Carretas.

1.2.2. Asemblea Xeral Extraordinaria O mesmo 5 de xuño celebrouse tamén unha Asemblea Xeral Extraordinaira co motivo da expiración do mandato de dous membros: Concepción Díaz-Fierros Viqueira- tesoureira Francisco Antonio Díaz Otero- vogal Resultaron elixidos por unanimidade: Víctor A. García Dopico e Luis Casares Balsa. O vogal Enrique Alonso Mougán pasou a ser o tesoureiro. 1.2.3. Asemblea Xeral Extraordinaira de Outono O 29 de novembro, no Salón de Usos múltiples da Residencia Universitaria Monte da Condesa celebrouse unha Asemblea Xeral Extraordinaria co fin de tratar o tema da perda da subvención do Consello Social da USC. 1.3- Asociados No mandato da Xunta Directiva a evolución do nº de socios dos tres últimos anos é a seguinte: 2012- 588 socios 2013- 559 socios 2014- 575 socios

9

Page 10: Memoria 2014

1.4. Socios protectores

Neste ano 2014 creouse a figura do Socio Protector, pensada para aquelas empresas o entidades que desexan contribuir aos fins da asociación. Nese mesmo ano comezouse unha campaña de captación de socios protectores entre os empresarios de Santiago e Lugo. Finalmente, conseguíronse os 12 que se nomean a continuación: (según a orden da data de alta)

A) Santiago de Compostela e comarca 1. CAFETERÍA LEMBRANZA Rúa Montero Ríos, 39

15701- Santiago de Compostela

Tfno.: 981 593 636

www.cafeterialembranza.com

2. COPY NINO Avd. Rosalía de Castro, nº 58, baixo

15706- Santiago de Compostela

Tfno.: 981 590 302

www.copynino.com

3. LIBRARÍA FOLLAS NOVAS S.L. Rúa Montero Ríos, 37

15706- Santiago de Compostela

Tlfno.: 981 59 44 06

Fax 981 59 06 12

[email protected]

www.libreriafonsecadecompostela.es

10

Page 11: Memoria 2014

4. PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA S.A. Praza do Obradoiro

15704- Santiago de Compostela

Tfno.: 981 582 200

www.parador.es 5. A NAVE DE VIDÁN S.L. Avd. Mestra Victoria Míguez, 44

15706-Santiago

Tfno.: 981 522 110

www.anavedevidan.com

6. RESTAURANTE TERRA NOSA S.L. Rúa Nova de abaixo

515706-Santiago

Tfno.: 981 597 354

7.HOTEL MONUMENTO SAN FRANCISCO Campillo de San Francisco, 3

15705- Santiago

Tfno.: 981 58 16 34

www.sanfranciscohm.com

11

Page 12: Memoria 2014

8. REAL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Puerto Deportivo

15999- Portosín

Tfno.: 981 766 583

www.rcnportosin.com

9. CARROCERA CASTROSUA S.A.

Carretera de A Coruña Km. 59,5

15890-Santiago de Compostela

Tfno.: 981 552 460

www.castrosua.com

B) Lugo

1. RESTAURANTE FONTE DO REI Avd. Madrid, nº 5 e nº 63

27002-Lugo

Tfno.: 982 245 608 / 982 223 711

www.fontedorei.es

2. INSTALACIÓNS CRUZ S.L. Rúa Río Sil, 44 baixo

27003- Lugo

Tfno.: 982 253 446

12

Page 13: Memoria 2014

3. RESTAURANTE MESÓN DE ALBERTO Rúa da Cruz, 4 27001-Lugo Tfno.: 982 228 310 www.mesondealberto.es

13

Page 14: Memoria 2014

1.5. Tesouraría Nas seguintes táboas recóllense os datos de Ingresos e Gastos do ano 2014. INGRESOS 2014

CUOTA SOCIAL 14.868,67

CONSELLO SOCIAL USC 21.000,00

DEPUTACIÓN A CORUÑA

Subvención de 2013 1.499,97

RECANTO DA SAUDADE Ingresos Vodas Prata e Ouro

26.470,07

ACTIVIDADES CULTURALES

3.539,50

VENDA REVISTAS Concello de Santiago (Ano 2013 e 2014) e Sergas

1.060,00

SALDO POSITIVO 2013 1.476,79

TOTAL 69.915,00

14

Page 15: Memoria 2014

GASTOS 2014

PERSOAL nóminas e seguridade social

29.953,50

DESPRAZAMENTOS Vogal de Lugo 277,43

ACTIVIDADES CULTURAIS

3.508,00

RECANTO DA SAUDADE Gastos Vodas de Prata e Ouro

24.022,05

TELÉFONO 320,52

IMPRENTA USC 397,34

CURSO CONVERSIA (dedúcese da S/S sin sen o ive)

508,20

GASTOS BANCARIOS 18,69

XESTORIA DE LA TORRE (SEGURO RESPON. CIVIL- 418,19- POLIZA ACCI-51,17)

1.086,52

GASTOS XERAIS (fotocopias, papelería, correos e varios)

295,70

REVISTA FONSECA Tórculo-2 revistas 4723,59

MUGATRA Servizo de Prevención riscos e Vixiancia da saúde

321,81

FEDERACION ALUMNI ESPAÑA

300,00

IX PREMIO RELATO CURTO

(figura Sargadelos) 62,50

XIX ASEMBLEA XERAL Reunión en Lugo 647,90

CAIXA 91,00

SALDO POSITIVO 2014 3380,25

TOTAL 69.915,00

15

Page 16: Memoria 2014

1.6. A Asociación en Internet A AAAAUSC pretende que a súa páxina en liña www.antigosalumnos.usc.es sexa o principal medio de comunicación cos socios, polo que se procura realizar actualizacións frecuentemente. Por outra banda, faise un uso diario do correo electrónico porque permite abaratar o custo das comunicacións cos asociados. As direccións para contactar coa Asociación son as seguintes: [email protected] ou [email protected].

Ademais publícase información e fotografías das actividades realizadas polos socios no perfil de Facebook: Asociación Antiguos Alumnos USC, creado a comezos de 2012. 1.7. A Asociación e a Universidade 1.7.1. Axuda Institucional

Desde os seus comezos, a Asociación continuou a súa evolución mantendo o carácter independente e a personalidade xurídica propia que se esixen nos seus estatutos.

Os alicerces desta asociación atópanse na Universidade de

Santiago de Compostela sen cuxo apoio non sería posible a súa continuidade. A súa axuda non é so no plano material xa que asume os custos de administración ordinaria da Asociación (tales como a utilización do domicilio social ou os gastos de correo) senón tamén en recursos humanos, motivación e interese.

O Consello Social da Universidade tamén colabora estreitamente

coa Asociación achegando unha subvención desde 1.999, que en 2.014 foi de 21.000 €. Como mostra do entendemento con esta institución en 2014 realizáronse diversas actividades en conxunto froito da colaboración entre ambas dúas oficinas, caso de programa Europracticum.

16

Page 17: Memoria 2014

1.7.2. Representación da Asociación no Consello Social da USC Grazas ás xestións do presidente, Ángel Álvarez Prechous, e o

secretario, Carlos Nieves Vicente, acadou un fito importante para a Asociación: un membro das asociacións de antigos alumnos das universidades galegas entrara a formar parte do Consello Social de cada unha das universidades do Sistema Universitario Galego.

Con data do 3 de xullo do 2013 (DOG nº 125) publicouse a Lei

6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia con entrada en vigor o 4 de xullo de 2013. No artigo 77.3 da Lei establécese a composición do Consello Social, e entre os representantes dos intereses sociais figura un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades.

O 16 de setembro, a xunta directiva nomeou ao vogal José Santiago Pérez como representante da nosa entidade no Pleno do Consello Social. E o seu nomeamento publicouse no DOG o 22 de novembro. 1.7.3. O proxecto Europracticum

O Europracticum é un proxecto integrado no programa de mobilidade Leonardo da Vinci, creado pola UE para a promoción dun espazo europeo en materia de educación e formación profesional.

Na Universidade de Santiago este proxecto está promovido polo

Consello Social e o Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo. En marzo de 2.003 asinouse un acordo de colaboración entre o

Consello Social e a Asociación segundo o cal a Xestora Técnica se encargaría da xestión deste proxecto.

• EUROPRACTICUM VII (2013-2015)

Durante o ano 2014 xestionáronse as 69 mobilidades das 78 que

tiñamos concedidas pola Axencia Nacional Leonardo da Vinci.

17

Page 18: Memoria 2014

PAIS Nº BOLSEIROS ENVIADOS POR PAÍSES

Alemania 7

Malta 2

Bélgica 4

Francia 3

Holanda 3

Irlanda 5

Italia 12

Portugal 3

Reino Unido 24

Suiza 2

Hungría 3

Dinamarca 1

As tarefas realizadas no marco deste proxecto van desde a xestión

interna ata a externa como se detalla ao seguir:

A. Xestión externa:

Toma de contacto coas empresas e institucións para a busca de

colaboración como socios de acollida “host-partner”.

Ferramentas de traballo utilizadas: 5. USC:

5.4. Base de datos de empresas do Consello Social 5.5. Profesorado 5.6. Oficina de Relacións Exteriores

6. Base de datos da Axencia Nacional Leonardo da Vinci 7. Europages: directorio de empresas europeas 8. Leo-net: rede de Institucións que xestionan proxectos de mobilidade

Leonardo da Vinci. 9. Eures: directorio de empresas Galicia-Norte de Portugal

18

Page 19: Memoria 2014

10. Internet

B. Xestión interna:

Atención persoal aos titulados e ás tituladas que se interesaron polo proxecto e polos requisitos esixidos.

Recollida de material de bolseiros para o seu envío ao departamento de Lugo.

1.7.4. Actos Académicos Con colaboración da Asociación: 1.7.4.1. Actos Fin de Carreira de distintas Facultades:

• Medicina- 23 de abril- asistiu o presidente Ángel Álvarez

Prechous • Pedagoxía- 7 de xuño- asistiu o secretario Carlos Nieves

Vicente • Químicas- 7 de xuño- asistiu o vogal Alberto Arce Arce • Educación Primaria- 13 de xuño- asistiu o vogal Juan

Mariñas Liste.

1.8. A Asociación e a Cidade

19

Page 20: Memoria 2014

1.8.1. O Recanto da Saudade

O Recanto da Saudade da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC é un proxecto ideado polo finado Dr. Sixto Seco que tomou forma grazas á colaboración do Concello de Santiago e mais da Universidade de Santiago de Compostela desde 2007.

É un espazo verde

sinalado por un monolito de pedra onde as distintas promocións que celebran as Vodas de Prata ou de Ouro colocan unha placa en recordo desta conmemoración.

Nestes anos o Recanto da

Saudade converteuse nun símbolo que representa a unión da Universidade coa cidade de Santiago.

20

Page 21: Memoria 2014

1.8.2. Vodas de Ouro Durante o ano 2.014 a Xestora Técnica da Asociación organizou as seguintes:

Químicas (1959-1964)

O 7 de xuño de 2014 unha promoción de antigos alumnos da Facultade de Químicas da Universidade de Santiago de Compostela celebrou as súas vodas de ouro. O acto comezou sobre as once e media da mañá no Recanto da Saudade.

Posteriormente, tirouse unha fotografía de grupo diante da porta principal da Facultade. Sobre as doce, tivo lugar o acto académico na Aula Magna. A apertura do acto correu a cargo da decana Pilar Bermejo Barrera. Tamén interviron un representante do alumnado, un representante do profesorado e o vogal Alberto Arce en representación da Asociación. Tras isto, celebrouse unha misa na Igrexa de San Bieito e finalmente, os asistentes gozaron dun xantar no Hostal dos Reis Católicos.

Dereito (1959-1964)

O 20 de xuño de 2014 celebráronse as vodas de ouro da promoción de 1964 de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

21

Page 22: Memoria 2014

Cincuenta anos despois de rematar os seus estudos, un grupo de alumnos da promoción de 1964 xuntáronse na Aula 1 da Facultade de Xeografía e Historia, onde tiveran lugar as clases do seu primeiro ano de carreira. O acto tamén consistiu nuha reunión, una fotografía grupal, un acto académico con representantes de distintos sectores, José Santiago, en nome da Asociación, e un xantar.

Medicina (1957-1964)

O venres 27 de xuño de 2014 celebrouse un acto para celebrar as vodas de ouro dunha das xeracións de antigos alumnos de Medicina da USC.

A xornada comezou ás dez da mañá, cunha xuntanza no Decanato da Facultade de

Medicina. Posteriormente, tivo lugar unha celebración na Igrexa de San Paio, que oficiou o Sr. Arcebispo da Diócese de Santiago. Sobre as doce realizouse a fotografía grupal na Praza da

Quintana e posteriormente tivo lugar o Acto Académico no Salón de Actos da Facultade. A apertura do acto foi realizada polo decano o Dr. Juan Gestal Otero e a continuación interviron un representante do alumnado, outro do profesorado e o presidente da Asociación de Antigos Alumnos, o Dr. Ángel Álvarez Prechous. Tras descubrir a placa da Facultade, achegáronse ao restaurante do Hotel Monumento San Francisco para xantar. A xornada rematou no Recanto da Saudade e coa visita ao Botafumeiro da Catedral.

22

Page 23: Memoria 2014

1.8.3. Vodas de Prata

Veterinaria (1984-1989)

O sábado 21 de xuño de 2014 antigos alumnos da primeria promoción de Veterinaria da USC celebraron as súas vodas de prata. A xornada comezou arredor das 13:30 h. cun acto académico na Aula Magna da Facultade. O acto abriuse coa intervención do Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema. Ademais, interviron un representante do alumnado, outro do profesorado, o Presidente da Asocaición de Antigos Alumnos e o decano Germán Santamarina Pernas. Tras o acto, sobre as 15:00 h. tivo lugar unha comida no Gran Hotel.

Filoloxía Inglesa (1984-1989)

O sábado 20 de setembro de 2014 alumnos da promoción de 1984-1989 de Filoloxía Inglesa de Santiago de Compostela

xuntáronse vintecinco anos despois de rematar os seus estudos para celebrar as

súas vodas de prata. A xornada comezou cunha fotografía de grupo diante da porta principal da Facultade. A continuación celebrouse un acto académico no Salón de Graos da Facultade, cuxa apertura correu a cargo do Reitor Juan Viaño Rey. No acto tiveron a palabra un representante do alumnado, Elvira Souto Grandal, un representante do profesorado, Manuela Palacios e a decana da Facultade, María José López Couso. A continuación tivo lugar un xantar no Hotel NH Obradoiro, situado frente ao Auditorio de Galicia no Campus Norte.

23

Page 24: Memoria 2014

Medicina (1983-1989)

O sábado 11 de outubro de

2014 celebráronse

as vodas de prata dunha promoción de Medicina da

Universidade de Santiago

de Compostela.

A xornada comezou no Recanto da Saudade . Tras isto, realizouse a fotografía de grupo diante da porta principal da Facultade. A celebración continuou cun acto académico na Aula Castelao da Facultade de Medicina, cuxa apertura correu a cargo do decano o Sr. Don Juan Gestal Otero. Interviron tamén dous representantes do alumnado, un representante do profesorado e o Presidente da Asociación de Antigos Alumnos o Sr. Don Ángel Álvarez Prechous. A continuación inaugurouse a placa conmemorativa da Facultade, o acto rematou coa comida, que foi amenizada por un grupo musical.

24

Page 25: Memoria 2014

2. Actividades organizadas desde a Asociación.

2.1- Concurso literario: IX Premio de Relato Curto O xurado, formado polo presidente, Ángel Álvarez Prechous, o tesoureiro, Enrique Alonso Mougán, a secretaria, Isabel Vilariño Vilariño e a profesora Mª del Mar Fernández Vázquez, reuniuse o 10 de novembro. Por unanimidade acordaron conceder o galardón ao relato intitulado “El ocaso del éxito” presentado baixo o pseudónimo Agustín de Ríos, que correspondía ao socio Víctor A. García Dopico. 2.2.-Visitas culturais e demais actividades

Xornada de Cata de Viños no Restaurante Singulario

O 11 de xaneiro de 2014 algúns membros da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela participaron dunha cata de viños neste establecemento situado no nº 4 da rúa Fernando III o Santo da capital galega. Nel ofértase a posibilidade de probar algúns viños distintos aos que adoitan ser

habituais ou máis coñecidos pola meirande parte da poboación.

Excavacións da Catedral de Santiago de Compostela O 14 de febreiro de 2014 a Asociación de Antigos Alumnos propuxo realizar unha visita ás excavacións da Catedral que tivo moito éxito entre os participantes. A actividade tivo lugar no Museo da Catedral, situado na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

25

Page 26: Memoria 2014

O Museo brinda a oportunidade de coñecer mellor a historia e a arte, xa que dispón de diferentes exposicións e lugares que visitar. De todas as propostas que oferta o Museo, a visita ás escavacións constitúe unha das opcións con maior acollida. Os membros que participaron desta actividade proposta pola Asociación,

tiveron a posibilidade de coñecer estas excavacións arqueolóxicas levadas a cabo en diferentes períodos, é dicir, de visualizar o subsolo da Catedral descoñecido pola meirande parte dos habitantes da capital galega.

Arquivo e Biblioteca da Catedral de Santiago

Algúns asociados realizaron una visita ao Arquivo e á Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela o venres 28 de febrero de 2014 durante media hora, tras se reunir o grupo na Praza de Praterías.

Visita a Torre da Carraca da Catedral

O 15 de maio do 2014 un grupo de membros da Asociación visitou a Torre da Carraca do templo compostelano que estaba en obras. Os participantes tiveron o privilexio de descubrir, desde os andamios una perfecta panorámica de Santiago.

26

Page 27: Memoria 2014

Visita á Cidade da Cultura

O 16 de maio de 2014 a Asociación de Antigos Alumnos organizou unha visita á Cidade da Cultura e a exposición “Agua Doce”. Esta exposición multidisciplinar acolle, por primeira vez en Galicia, un total de setecentas obras de distintos creadores sobre a

auga doce, tanto pinturas, esculturas, fotografías, vídeos coma instalación, entre as que cabe salientar as creacións de David Hockney, Gerahrd Richter, Mario Merz, Louise Bourgoise, Martin Chirino, Chema Madoz, Piranesi, John Constable, Henry Lewis ou Audubon.

Cubertas da Catedral de Santiago de Compostela A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela organizou unha visita polas cubertas da Catedral o día 14 de xuño, unha das múltiples propostas. A visita aos tellados constitúe unha das múltiples propostas que ofertou esta Asociación ao longo do ano 2014 e que gozou de gran acollida.

A cuberta de pedra da Catedral está disposta de forma escalonada, polo que os participantes desta actividade puideron percorrer e gozar dunhas vistas panorámicas espectaculares, tanto da basílica coma da cidade de Santiago de Compostela.

27

Page 28: Memoria 2014

Visita ao Castelo da Rocha Forte

O día 21 de xuño de 2014 algúns dos membros da Asociación de Antigos Amigos e Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela visitaron o Castelo da Rocha Forte. Este Castelo, un dos castelos medievais máis emblemáticos de Compostela, estivo ocupado desde o ano 1.240 ata 1.467, momento no que foi destruido durante a Guerra Irmandiña. A súa pedra reutilizouse para diversos proxectos de peso, como a construción da Catedral. 2.3. Actividades do Club de Sendeirismo

ROTEIRO POLO CONCELLO DE PORTO DO SON: SUBIDA AO MONTE ENXA E AO MONTE DORDRO. VISITA Á FERVENZA DE

RIBASIERIA

O día 22 de febreiro de 2014 os membros do Club de Sendeirismo realizaron unha andaina duns dezanove quilómetros. Trátase dunha ruta de dificultade baixa que tivo lugar nos arredores de Porto do Son, no monte a Enxa.

28

Page 29: Memoria 2014

ROTEIRO POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN E BAIXADA POR OIA O 29 de marzo do 2014 o Club de Sendeirismo da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela realizou unha ruta de dezasete quilómetros na provincia de Pontevedra. Os membros participantes deste roteiro comezaron percorrendo os muíños do Folón e Picón e posteriormente baixaron por Oia. Os Muíños do Folón e Picón atópanse

a tres quilómetros de O Rosal, moi preto de A Guarda. Ademais da fermosa paisaxe, non deixa de ser interesante coñecer os dous conxuntos de muíños (36 no Folón e 21 no Picón). Muíños encadeados, de maneira que a auga que sae dun será aproveitada posteriormente polo seguinte.

CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS DESDE FERROL O Club de Sendeirismo da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da

Universidade de Santiago de Compostela, realizou 6 etapas do Camiño

de Santiago Inglés.

Esta andaina é de

dificultade media e tivo lugar entre os días 26 de maio e o 7 de xuño do 2014.

29

Page 30: Memoria 2014

Os membros participantes foron completando esta ruta cada sábado ata percorrer os cento vintecinco quilómetros que hai desde Ferrol. A imaxe pertence á primeira etapa na que os participantes realizaron

quince quilómetros de Ferrol a Neda. Tivo lugar o 12 de abril. Na segunda etapa os caminantes realizaron dezaseis quilómetros. Camiñaron de Neda a Puentedeume durante a xornada do 26 de abril.

A terceira etapa abrangue os vinteun quilómetros existentes entre Puentedeume e Betanzos. Foi realizada na xornada do 3 de maio

Na cuarta etapa realizaron vinteoito e medio quilómetros desde Betanzos ata Hospital de Bruma. Tivo lugar o 10 de maio. O día 24 de maio os membros que participaron desta actividade camiñaron uns vintecatro con oitenta quilómetros entre Hospital de Bruma e Sigüeiro.

Finalmente, a sexta etapa tivo lugar o 7 de xuño desde Sigüeiro ata Santiago de Compostela e realizaron dezaseis e medio quilómetros.

XORNADA MARIÑEIRA NO BALANDRO “JOAQUÍN VIETA”

E PASEO POLA MISELA O 29 de xuño do 2014 en Noia o Club de Sendeirismo da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela gozou dunha xornada mariñeira no balandro “Joaquín Vieta”, a embarcación de pasaxeiros

30

Page 31: Memoria 2014

mais antiga de Galicia e un paseo pola Misela. No ano 1916 o “Joaquín Vieta” transportaba sardiñas de Noia a Huelva ou Tarragona. Na actualidade, calquera que o desexe pode coñecer a ría a través deste barco centenario que foi recuperado no ano 2002 grazas ao esforzo de entusiastas da cultura mariñeira de Noia.

ROTEIRO COSTEIRO DE RIBADEO Á PRAIA DAS CATEDRAIS EN LUGO

Os participantes do Club de Sendeirismo da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitaron a provincia de Lugo para realizar unha ruta duns dezaoito quilómetros aproximadamente. A visita tivo lugar o 21 de setembro de 2014. Ao longo da ruta tiveron o pracer de

contemplar unha das mellores arquitecturas naturais, xa que os acantilados (algúns de máis de 32 metros de altura) son esculpidos polo vento e polo mar. Trátase dunha praia situada entre Foz e Ribadeo, na provincia de Lugo. Coñecida por moitos como unha das praias máis espectaculares do mundo.

ROTEIRO COSTEIRO DESDE ARES A MUGARDOS NA PROVINCIA DA CORUÑA

O 25 de outubro de 2014 o Club de Sendeirismo da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela realizou una fermosa ruta de aproximadamente dezanove quilómetros. Os participantes percorreron gran parte da zona costeira dos concellos de Ares e Mugardos.

31

Page 32: Memoria 2014

Trátase dunha ruta de dificultade baixa que recomendan facer a pé durante unha xornada con tempo apracible para poder contemplar a paisaxe sen dificultades.

ROTEIRO DESDE A CIMA DO MONTE O TREMUZO

ATA A ALDEA DE TAL NA SERRA DE OUTES

O 30 de novembro de 2014 o Club de Sendeirismo da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela realizou unha andaina duns dezasete quilómetros aproximadamente. Trátase dunha ruta de dificultade media, na que os membros participantes contemplaron o Parque Eólico e

unha impresionante paisaxe desde o alto da cima do monte “O Tremuzo”, onde comezaron a camiñada. Remataron o seu percorrido na aldea de Tal, situada na Serra de Outes.

32

Page 33: Memoria 2014

3. Servizos

3.1. Revista fonseca No ano 2014 editáronse os números 36 e 37. O nº 36 centrábase no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. O nº 37 estivo dedicado ao novo equipo de Goberno da USC. A Deputación da A Coruña concedeu unha subvención de 1.998,83 € para a edición das revistas durante 2014. O Concello de Santiago de Compostela achegou 500 € anuais, pola compra de 100 revistas.

33

Page 34: Memoria 2014

4. Relacións institucionais 4.1. Reunións cos decanos e directores de centros educativos da USC O presidente realizou durante 2014 unha rolda de visitas aos decanos e directores de centros educativos da USC para establecer un maior contacto e poder colaborar nos Actos de fin de carreira e Vodas de Ouro e Prata. 4.2. Foro Cívico-empresarial O secretario Carlos Nieves Vicente e o vogal José A. Santiago Pérez asistiron ás reunións convocadas pola Cámara de Comercio en defensa dos intereses da cidade compostelá. 4.3. Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos- Aulas 3ª Idade de Galicia (Ategal). O 18 de xuño e o 18 de novembro fomos invitados a asistir aos actos de inauguración e peche de curso desta institución: acudiu o secretario Carlos Nieves Vicente. 4.4. Reunión co Alcalde do Concello de Lugo A vogal Mª Julia Melgar Riol solicitoulle unha axuda económica para a revista fonseca. 4.5. Reunión coa Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade O presidente da Asociación reuniuse con Benita Silva Hermo, Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, o 27 de febreiro, para establecer contacto cos profesores xubilados para o departamento de voluntariado da asociación. 4.6. Reunión co Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua O presidente da Asociación reuniuse con Francisco Durán Villa, Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC o 12 de marzo para tratar o tema da futura bolsa de aloxamento da asociación e o convenio co Deportes da USC.

34

Page 35: Memoria 2014

4.7. Reunión co novo Presidente do Consello Social da USC O 26 de marzo o presidente e o secretario da Asociación reuníronse con José M. Arias Mosquera o 26 de marzo para presentarlle a Xunta Directiva e o representante da Asociación no Pleno do Consello.

35

Page 36: Memoria 2014

5.- A Asociación nos medios de comunicación 5.1- Dossier de prensa La Voz de Galicia, 11 de marzo 2014

Proxecto Europracticum: A empresa austríaca LKW Walter visitó a USC para facer una selección de persoal.

36

Page 37: Memoria 2014

Xornal electrónico USC- 3 de abril

37

Page 38: Memoria 2014

Xornal electrónico USC- 23 abril 2014

38

Page 39: Memoria 2014

Xornal electrónico USC- 19 de maio 2014

39

Page 40: Memoria 2014

El Progreso- 20 de maio 2014

40

Page 41: Memoria 2014

Xornal electrónico 5 de xuño 2014

41

Page 42: Memoria 2014

La Voz de Galicia 6 de xuño 2014

42

Page 43: Memoria 2014

El Correo Gallego 6 de xuño 2014

43

Page 44: Memoria 2014

El Correo Gallego 8 de xuño 2014

44

Page 45: Memoria 2014

La Voz de Galicia 8 de xuño 2014

Xornal electrónico USC 26 de xuño 2014

45

Page 46: Memoria 2014

El Correo Gallego 27 de xuño 2014

46

Page 47: Memoria 2014

La Voz de Galicia 28 de xuño 2014

47

Page 48: Memoria 2014

El Correo Gallego 28 de xuño 2014

48

Page 49: Memoria 2014

Xornal electrónico USC 30 de xuño 2014

49

Page 50: Memoria 2014

Xornal electrónico 19 de setembro 2014

El Correo Gallego 11 setembro 2014

50

Page 51: Memoria 2014

El Correo Gallego 21 setembro 2014

La Voz de Galicia 21 de setembro 2014

51

Page 52: Memoria 2014

El Correo Gallego dixital 21 setembro 2014

52

Page 53: Memoria 2014

Xornal electrónico USC 10 de outubro 2014

El Correo Gallego 11 de outubro 2014

53

Page 54: Memoria 2014

El Correo Gallego 12 de outubro 2014

54

Page 55: Memoria 2014

La Voz de Galicia 12 de outubro 2014

Xornal electrónico USC 7 de novembro 2014

55

Page 56: Memoria 2014

Xornal electrónico USC 11 de novembro 2014

56

Page 57: Memoria 2014

El Correo Gallego 25 de novembro 2014

57

Page 58: Memoria 2014

El Correo Gallego 30 de novembro 2014

58