Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade...

52
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 52 Ámbito da comunicación Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 Introdución ás TIC

Transcript of Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade...

Page 1: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 52

Ámbito da comunicación Educación a distancia semipresencial

Módulo 1 Unidade didáctica 3

Introdución ás TIC

Page 2: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 2 de 52

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................4

2.1 � Encontro de novos escritores .................................................................................. 4 2.2 � Estratexias de lectura (aspectos teóricos) ............................................................... 5 2.3 � Nova York é noso .................................................................................................... 7 2.4 � A luz da lúa chea ..................................................................................................... 8 2.5 � Os medios de información dixital. O xornal (aspectos teóricos) ............................. 11 2.6 � Novo disco de U2 .................................................................................................. 12 2.7 � Texto en castellano. En el ojo de “Helix”................................................................ 13 2.8 � Premios da Música ................................................................................................ 14 2.9 � Texto en castellano. El primer cómic de Superman ............................................... 15 2.10 � Que fame teño!...................................................................................................... 17 2.11 � Bando.................................................................................................................... 18 2.12 � Regulamento de réxime interior............................................................................. 19 2.13 � Uso do dicionario e do corrector ortográfico de OpenOffice................................... 21 2.14 � A formación de palabras. Composición e derivación (aspectos teóricos)............... 24

2.14.1 Composición.....................................................................................................................................................24 2.14.2 Derivación ........................................................................................................................................................24 2.14.3 La formación de palabras en castellano...........................................................................................................25

2.15 � A cultura como chave do progreso á felicidade ..................................................... 27 2.16 � Texto en castellano. Aristóteles es director estratégico ......................................... 28 2.17 � A biblioteca absoluta ............................................................................................. 30 2.18 � A información persoal en Facebook ...................................................................... 31 2.19 � Un pouco de lectura .............................................................................................. 33

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................34

4. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................35

5. Solucionarios...................................... .....................................................................39

5.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 39 5.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 47

6. Glosario........................................... .........................................................................51

7. Bibliografía e recursos............................ ................................................................52

Page 3: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 3 de 52

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC. É recomendable que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas.

Ademais, debe ter en conta o seguinte:

� A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar.

� A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de as-pectos teóricos, que son os que debe comprender e memorizar; e outros que carecen de-sa etiqueta, que son os que debe ler e comentar.

Outra cuestión que se dá nesta e no resto de unidades é que os contidos e actividades están elaborados seguindo o que podemos chamar bloques de contidos. Son cinco: comunica-ción oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade, e educación literaria. En cada un deses bloques aténdese especificamente a unha determinada cuestión, tal e como os seus nomes indican.

Como poderá observar, unha vez comece a traballar coa unidade, nela non aparece de forma explícita esa división por bloques. Isto fíxose así para lograr unha maior cohesión temática e estrutural. De todos os xeitos, as actividades e os contidos que abranguen cada un dos bloques pódeos atopar explicitados no punto 3.

Logo de rematada a unidade deberá ser capaz de:

� Recoñecer e manexar adecuadamente os elementos verbais e non verbais que forman parte dos discursos e das presentacións orais.

� Diferenciar as características da lingua oral e da lingua escrita.

� Ler textos, en formato impreso e dixital, dunha forma máis eficaz.

� Recoñecer a estrutura organizativa e temática dos medios de información dixitais, sobre todo os xornais, para así comprender mellor a información que hai neles.

� Comprender textos da vida cotiá, tales como: receitas, bandos e regulamentos.

� Compor textos da vida cotiá, tales como receitas, bandos e regulamentos.

� Manexar con soltura dicionarios e correctores ortográficos dos procesadores de textos.

� Recoñecer os principais procesos de formación de palabras nas dúas linguas do ámbito.

� Recoñecer e identificar familias léxicas e cambios de categoría gramatical como ele-mentos relacionados cos procesos de formación de palabras nas dúas linguas do ámbito.

� Valorar, cunha actitude crítica, a importancia das TIC na sociedade actual.

� Desenvolverse na capacidade lectora e usar os coñecementos adquiridos sobre literatura para unha mellor comprensión dela e do mundo.

� Compor textos en soporte dixital utilizando o aprendido e lido nas lecturas da unidade.

Page 4: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 4 de 52

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 ���� Encontro de novos escritores

Vexa en internet o vídeo que leva por título: AELG – III Encontro de novos escritores 1/5. O enderezo é o seguinte:

� [http://www.youtube.com/watch?v=mExAzJ8t1pE]

Actividades propostas (texto 2.1)

S1. Vexa o vídeo e preste atención a cada un dos conferenciantes (catro en total): os xestos, os movementos que fan, o ton ou volume de voz que empregan, etc. Responda ás seguintes cuestións:

� Cal dos catro conferenciantes lle parece que se desenvolve mellor como comu-nicador? Por que?

� Que discursos, dos catro que hai, lle parece de máis fácil comprensión? Por que?

S2. Se se fixa, só un dos conferenciantes produce un discurso estritamente de tipo oral, onde vemos reflectidas todas as características deste tipo de comunicación. Hai, por tanto, coherencia na súa comunicación. Diga que conferenciante é e que requisitos cumpre ese discurso que o caracterizan inequivocamente como un exemplo coherente de comunicación oral.

Page 5: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 5 de 52

2.2 ���� Estratexias de lectura (aspectos teóricos)

Posuír unha boa capacidade lectora é condición básica e indispensable para realizar con éxito calquera aprendizaxe. Para ser un lector ou unha lectora eficaz é necesario:

� Ler cun obxectivo, é dicir, ter un proxecto lector.

� Comprender ben o que se le.

� Ler rapidamente.

� Adecuar a velocidade lectora ao tipo de texto que se le e á intención coa que se fai a lectura (proxecto lector).

O primeiro de todo é saber para que se le, cal é o noso proxecto lector en cada caso con-creto. Unha mesma persoa ao longo do día pode realizar distintas lecturas: ler un xornal ou unha revista, consultar a guía telefónica, estudar un tema de matemáticas, ler uns poe-mas... Está claro que a finalidade da lectura é distinta en cada caso: no xornal e na guía o que se procura é información; coa lectura do tema de matemáticas búscase formación e na lectura dos poemas estase buscando a distracción e o pracer que proporciona a literatura.

Lectura rápida e lectura atenta

A actitude do lector ou lectora fronte a cada tipo de texto escrito tamén é diferente. Algúns textos requiren máis concentración (lectura atenta), e outros permiten unha lectura máis superficial (lectura rápida).

� Lectura rápida: é a que se fai sobre un texto cando o que se pretende é ter unha idea xeral do contido dese texto, fixándose nos datos e detalles máis significativos. Facemos este tipo de lectura cando consultamos un escrito buscando nel unha determinada in-formación ou queremos ter unha idea global do contido. Tamén pode utilizarse nos re-pasos de conceptos xa estudados previamente.

Este tipo de lectura é sempre silenciosa e visual, é dicir, consiste en captar directamente o sentido do texto impreso que len os ollos; non precisa da oralidade xa que se dirixe ao propio cerebro e non vai ser “escoitada” por ningún auditorio.

� Lectura atenta: é unha lectura intensiva, tendente a comprender o texto, é dicir, a cap-tar cómo ese texto está organizado e cáles son as ideas principais que se transmiten.

Cando utilizar un tipo de lectura ou outro?

Utilizar un tipo de lectura ou outro vai depender, como dixemos, do tipo de texto e tamén, fundamentalmente, do obxectivo da lectura, do proxecto lector. Cando se consulta un texto buscando nel información pertinente haberá que realizar os dous tipos de lectura: a rápida, para facerse unha idea xeral do contido, e a atenta, para asimilar e recoller a información.

Se non se está seguro da utilidade dun determinado texto en función do que estamos buscando, é necesario facer lectura rápida que permita decidir se escollemos ou rexeita-mos ese texto para unha posterior lectura atenta.

Naturalmente, cando se trata de textos literarios a lectura ten como obxectivo o goce coa creación artística. Nese caso faremos unha lectura atenta, máis ou menos rápida, que se pode demorar voluntariamente naquelas partes que reclamen máis a nosa atención.

Page 6: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 6 de 52

Vexamos uns exemplos:

� Se le un tema do libro do ámbito social para preparar un exame, realizará primeiro unha lectura rápida e, deseguido, unha lectura atenta.

� Se consulta o índice dun libro de historia para comprobar se algún dos seus capítulos contén información relacionada cun traballo que ten que preparar, realizará lectura rá-pida.

� Se a continuación le o capítulo dese libro que trata do tema do seu interese, realizará lectura atenta.

� Se le unha novela ou un libro de poemas, estará realizando unha lectura de pracer.

Algúns defectos de lectura que cómpre arranxar

A velocidade de lectura vese con frecuencia retardada pola persistencia de certas prácticas das que debemos ser conscientes e que debemos suprimir. As principais son as seguintes:

� A vocalización, que consiste en mover os labios entanto que se le e ir pronunciando en voz baixa ou mentalmente as palabras do texto.

� Os movementos de cabeza de esquerda a dereita seguindo o desprazamento dos ollos ao longo da liña.

� Os movementos de retorno, volvendo con moita frecuencia ao comezo da liña.

� Ir seguindo co dedo ou cun lapis as liñas do texto que se están lendo.

Teña en conta que a lectura nunca se fai letra a letra senón que, cando lemos, captamos globalmente conxuntos de letras ou de palabras; é o que se chama campo visual. Canto máis amplo e coherente sexa este campo visual, máis rápida e eficaz ha ser a lectura.

Page 7: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 7 de 52

2.3 ���� Nova York é noso

O neno tiña algo que lles dicir ós outros nenos que andaban a enredar con el na beiramar. Tiña algo que lles dicir, pero non remataba de dicilo. Por veces poñía cara de malo, cheo como estaba daquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Ata lle rabuñou a outro, así nun pronto, a lle brincar na cara os lampos dunha íntima fogueira. Esbandallaba todos os xo-gos con aquel seu desacougo, mesmo como gato alporizado por veciñanza de treboada. Era un raro rebuldar o seu, con súpetos enlevos. Seu pai chegara aquel mesmo día de Nova York e os demais nenos non lle preguntaban nada, nin lle facían máis mimos e respetos que outros días. Quizais por iso, porque a pregunta non chegaba, foi polo que rabuñou a quen el coidaba que ca-laba adrede. Sacou dun peto un asubío noviño, de forasteira feitura e moito rebruñido, e púxose a chifrar cheo de coraxe. Non o quixo emprestar a ninguén e gardouno outra volta no peto, domeándose moito ao afondar a man para demostrar un peto fondo, coma os petos en que se gardan as mellores cousas. Arredor dos seus ollos bulía unha surrisa dubidosa, ninguén sabe se mala ou suplicante. Mais non lle preguntaron nada. Seu pai chegara de Nova York aquel mesmo día. Vírao desembarcar no peirao vello. Traxe azul. Viseira de carei. A cara forte coma unha proa. Branco e grande o dentamio. E nos ollos, ningunha fachenda. Houbo un intre en que o fillo do navegante andou a rentes de chorar. E as súas bágoas dispararíanse como frechas quen-tes e coraxudas. Pero non chorou. Ergueuse con máis cara de malo aínda, o peito en arco, a manciña pechada, os labres a tremer. Ergueuse así, garboso, o neno e dixo soamente: - ¡Nova York é noso!

Dieste, Rafael, Dos arquivos do trasno, Galaxia, Vigo, 2005

Page 8: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 8 de 52

2.4 ���� A luz da lúa chea

Esa noite, Aghata saíu do portal do edificio envolta no perfume e no clac, clac, dos seus tacóns altos pola beirarrúa. Lizgai-ra, elegante, eses dedos de uñas granate que colocan, afiados, a curta melena negra. Esa ollada bordeada de lapis negro e pestanas longas que se mira de esguello no escaparate da boutique. Os reflexos da lúa, chea e redonda, na cazadora toureira de raso negro, nas curvas do cu no pantalón de napa negra. Sente na gorxa o agarimo do lene pano de seda ne-gra que aperta o seu pescozo longo, desexable, e contrasta coa blusa vermella. A man dereita leva o cigarro aos beizos vermellos coma o sangue, que fan arder o tabaco, mentres que coa esquerda saca as chaves do coche deportivo. Entra e arranca lanzada na procura de miradas de desexo, insinuacións, sorrisos, que re-montará con elegancia, coma unha gacela a cámara lenta choutando por riba dunha árbore caída. Talmente. Na beirarrúa, entre os coches que quedan aparcados, móvese algo, unha sombra na luz que estra a lúa chea. Asoma a cabeza unha figura ancha e encrequenada, unha cabeza peluda e salvaxe que mira con tristura para a esquina por onde dobrou o coche. Ollos coma neon quente, o nariz ancho e húmido, e, por entre os dentes, grandes e afiados, escapa late-xando un bafo quente, animal, de ansiedade. Xa non é a fera que axexa agachada agardando o paseante solitario na noite. Agora corre fóra da vista dos noctámbulos que miran estrañados unha sombra que xeme e salouca nun curruncho da rúa. Agardará a que volva para vela baixar do coche, arrecender o ronsel de perfume e tabaco e vela abrir o portal do edificio. Ela entón mirará para el cun sorriso de desprezo, ese sorriso que cravará no seu corpo monstruoso, e logo entrará, pechando o portal, como todas as noites de lúa chea. El ficará un anaco mirando para o portal por onde entrou, arrimado a ese GS verde, como un boneco zoupón e logo mar-chará encrequenado, polas sombras, con ese andar silencioso de animal, como todas as noites de lúa chea.

(Banda sonora: “Tú eres la noche”, Orquestra Mondragón).

De Toro, Suso, Polaroid, Xerais, Vigo, 2004

Actividades propostas (textos 2.2, 2.3 e 2.4)

S3. Texto 2.3. Lea con rapidez, comparándoos, o fragmento A e o fragmento B e su-bliñe no B todas as palabras e expresións que cambian.

���� Fragmento A

O neno tiña algo que lles dicir aos outros nenos que andaban a enredar con el na beira-mar. Tiña algo que lles dicir, pero non remataba de dicilo. Por veces poñía cara de malo, cheo como estaba aquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Ata lle rabuñou a outro, así nun pronto, a lle brincar na cara os lampos dunha íntima fogueira.

���� Fragmento B

O neno tiña unha cousa que lles dicir aos outros rapaces que andaban a xogar con el no peirao. Tiña algo que lles dicir, mais non remataba de contalo. Por veces poñía xesto de malo, cheo como estaba daquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Mesmo lle rabu-ñou a unha nena, así, nun pronto, a lle relucir no rostro os lampos dunha íntima carraxe.

S4. Texto 2.3. Os parágrafos seguintes están “mutilados”, faltan neles as frases que se enumeran ao final. Indique, por medio do correspondente número, que frase hai que inserir en cada oco.

Sacou do peto un asubío noviño [ ___ ], e púxose a chifrar cheo de coraxe. Non o quixo emprestar a ninguén e gardouno outra volta [ ___ ], domeándose moito ao enfundar a man para demostrar un peto fondo, coma os petos en que se gardan as mellores cousas. [ ___ ] seus ollos bulía unha surrisa dubidosa, ninguén sabe se mala [ ___ ].

Page 9: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 9 de 52

Seu pai chegara de Nova York aquel mesmo día. Vírao desembarcar [ ___ ]. Tra-xe azul. Viseira [ ___ ] A cara forte coma unha proa. Branco e grande o dentamio. E nos ollos, [ ___ ] ningunha fachenda.

� ���� Arredor dos

� ���� no peirao vello

� ���� de forasteira feitura e moito rebruñido

� ���� de carei

� ���� afeitos a longanías e grandes rumbos

� ���� no peto

� ou suplicante

S5. Texto 2.3. Fíxese nas seguintes parellas de palabras. Lea rapidamente e subliñe as parellas que difiren entre si.

Neno Neno Alporizado Alporizado Mesmo Mesto

Orgullo Orgullo Gato Gota Fillo Filloa

Brincar Brindar Branco Branco Feitura Feitura

Cara Cara Fachenda Fachada Navegante Navegante

Fogueira Figueira Xogos Rogos Mimos Mesmo

Rebuldar Rebuldar Emprestar Emprestar Desembarcar Desembalar

Pai Pai Bágoas Bágoas Mellores Mellores

Adrede Adrede Calaba Calada Cousas Causas

Proa Broa Rumbos Rumbos Manciña Manciña

Enredar Enredos

Arredor Arredor

S6. Texto 2.3. Lea de corrido as frases seguintes en horizontal facendo “tres saltos” coa mirada, centrando a visión no punto medio de cada tramo.

Tiña algo que lles dicir, pero non remataba de dicilo

Seu pai chegara aquel mesmo día de Nova York

E as súas bágoas dispararíanse como frechas quentes e coraxudas

Non o quixo emprestar a ninguén e gardouno no peto

Era un raro rebuldar o seu, con súpetos enlevos

Sacou dun peto un asubío noviño de forasteira feitura

Ergueuse con máis cara de malo aínda, o peito en arco

Quizais por iso, porque a pregunta non chegaba, foi polo que rabuñou

Ata lle rabuñou a outro, así nun pronto

Houbo un intre en que o fillo do navegante andou a rentes de chorar

Page 10: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 10 de 52

S7. Texto 2.4. Nos seguintes parágrafos do texto de Suso de Toro metéronse varias “frases piratas” que non corresponden ao texto. Localíceas e sublíñeas (sen con-sultar co texto orixinal ata despois de rematado o exercicio).

Esa noite, Aghata saíu do portal do edificio daquel barrio marxinal envolta no perfume e no clac, clac, dos seus tacóns altos pola beirarrúa, arrimouse ao escaparate da florería. Lizgaira, elegante, eses dedos de uñas granate que colocan, afiados, a curta melena negra. Esa ollada, triste e chorosa, bordeada de lapis negro e pestanas longas que se mira de esguello no escaparate da boutique, e aí adiante estaba o señor José da froitería arrima-do á porta, sempre a facer bromas. Os reflexos da lúa, chea e redonda, na cazadora toureira de raso negro, nas curvas do cu no pantalón de napa negra. Semellaba que ía chover. Sente na gorxa o agarimo do lene pano de seda negra, regalo da súa avoa, que aperta o seu pescozo longo, desexable, e contrasta coa blusa vermella. Mirou para o espello, moito lle gustaba verse reflectida no espello do ascensor.

A man dereita leva o cigarro aos beizos vermellos coma o sangue, que fan arder o tabaco, aí estaba co seu chupetiño, tan tranquiliña, mentres que coa esquerda saca as chaves do coche deportivo. Entra e arranca lan-zada na procura de miradas de desexo, un mal momento teno calquera, insinuacións, sorrisos, que remontará con elegancia, como unha gacela a cámara lenta choutando por riba dunha árbore caída. Talmente.

S8. Texto 2.4. Responda ás seguintes cuestións.

� Lea rapidamente o texto, localice e escriba todas as palabras nas que figure a letra z.

� Indique cantas veces aparecen no texto as seguintes palabras: negra, portal, lúa e nariz.

Page 11: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 11 de 52

2.5 ���� Os medios de información dixital. O xornal (as-pectos teóricos)

Na actualidade, coa importancia crecente de internet e, xa que logo, das novas tecnoloxías, os medios impresos de información (xornais, dicionarios, enciclopedias...) estanse vendo relegados, por diversas razóns, a un segundo plano polos medios dixitais. As causas son varias, pero podemos salientar as seguintes:

� Os medios de información dixital permiten unha actualización constante das noticias e dos sucesos que se producen ao longo das horas e dos días. Estas actualizacións adoitan ser case instantáneas. Isto non sucede, por exemplo, cos xornais impresos, pois debido ao seu propio formato necesitan de máis tempo (un día ou varias horas) para sacar á rúa outra nova edición actualizada.

� Os medios de información dixital permiten que o texto da noticia se vexa acompañado de elementos multimedia (é dicir, material audiovisual) que reforzan e amplían o co-mentado no texto.

� Aínda que esta opción é na maioría dos casos de pagamento, os xornais e outros medios dixitais permiten o acceso a números anteriores da publicación. Para iso inclúen un buscador que facilita a procura de calquera noticia de interese. Daquela, temos moita máis información e máis recursos ao noso dispor que cun medio impreso, onde este tipo de facilidade é impensable debido ás propias limitacións do formato.

� Esa mesma limitación da que falabamos no punto anterior fai que os medios dixitais poidan ofrecer moita e máis variada información que os medios impresos, o que sempre supón un valor engadido para o lector, pois, por exemplo, ten máis onde escoller.

Mais non todo son aspectos positivos dentro do mundo dixital, pois esa amplísima oferta de información da que falabamos no punto anterior produce un efecto colateral que é o ex-ceso dela. Isto provoca que o lector, ante a enorme cantidade de información que ten dian-te de si, acabe prestando atención tan só a unha ou dúas cuestións que poden ser pouco re-levantes, ante a imposibilidade real de ler toda as noticias e textos que ten ao seu dispor.

Outro “pero” é o medio en que lemos. Ata o de agora non se logrou dar cun dispositivo electrónico que permita unha lectura tan doada e cómoda coma a do xornal ou do libro impreso; de aí que estes sigan gozando dunha enorme popularidade. Pola contra, resulta bastante incómodo (aínda que se están a producir avances ao respecto) ler un xornal na pantalla dun computador durante máis de dez minutos seguidos.

Page 12: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 12 de 52

2.6 ���� Novo disco de U2

Extraído da edición dixital do xornal Galicia Hoxe

Page 13: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 13 de 52

2.7 ���� Texto en castellano. En el ojo de “Helix”

Extraído de la edición digital del periódico El País

Page 14: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 14 de 52

2.8 ���� Premios da Música

Extraído da edición dixital do xornal A Nosa Terra

Page 15: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 15 de 52

2.9 ���� Texto en castellano. El primer cómic de Su-perman

Extraído de [http://www.adn.es]

Actividades propostas (2.5, 2.6, 2.7, 2.8 e 2.9)

S9. Texto 2.6. Esta captura de pantalla pertence á edición dixital do xornal Galicia Hoxe. Fíxese nela e responda ás cuestións (aconséllase acudir á web do xornal para unha mellor realización desta actividade [http://www.galicia-hoxe.com/].

� En cantas columnas se divide a información (incluíndo a publicidade)?

� Na columna esquerda temos dúas seccións: Hoxe e Canles. Cada unha ten submenús. Que tipo e información cre que se nos ofrece nesas dúas seccións?

� A publicidade atopámola na columna dereita, á marxe do que é informativa-mente salientable. Por que?

Page 16: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 16 de 52

� A columna central é a que máis espazo ocupa. Por que?

� Na parte superior da columna central atopamos, nunha barra azul, o título Maré (suplemento cultural do xornal). Que tipo de información se lle transmite ao lector?

� Deseguido, fíxese nas opcións que hai debaixo da barra azul que pon Maré. Pa-ra que serven as dúas primeiras?

� Deseguido, aparecen outras dúas opcións. Que función teñen?

� E estoutras?

� E para rematar con este conxunto de opcións, a derradeira que función ten?

� Na columna central, despois do corpo da noticia, aparece unha sección que leva por título Comentarios. Cal cre que é a función desta sección?

� De todas as opcións que vimos, cales son exclusivas da edición dixital de Gali-cia Hoxe?

S10. Texto 2.7. Actividad en lengua castellana. Captura de pantalla de la edición digi-tal de El País. Responda a las siguientes cuestiones.

� La noticia de este texto comienza con un elemento de hipertexto: Observatorio Europeo Austral. ¿Sabe usted lo que eso significa? Busque en internet, con la ayuda de la Wikipedia, la definición de ese término y ponga por escrito (con sus propias palabras) qué podemos entender por hipertexto

� ¿Qué otros hipertextos se pueden apreciar en la página?

� ¿Qué posibilidad nos ofrece la fotografía de la nebulosa que acompaña al cuer-po de la noticia?

S11. Texto 2.8. Na columna da dereita aparece un cadro titulado Blogs cultura que dá acceso aos escritos de dous xornalistas ou escritores, neste caso, Xosé Miranda e Xosé Lois García; pero, sabe en que consisten e que contidos teñen os blogs ou bitácoras de internet? Busque a información na Wikipedia e escriba na táboa (coas súas palabras) en que consiste e que podemos entender por blog dixital?

S12. Textos 2.6 e 2.9. Compare e poña por escrito as diferenzas entre os textos (tipo de información, como se organiza, se hai fotografías, hipertextos, vídeos, etc).

S13. Textos 2.6 e 2.8. Lea a noticia principal que aparece en cada texto e escriba, en poucas palabras, cal é o tema principal de cada unha.

S14. Textos 2.7 y 2.9. Actividad en lengua castellana. Lea la noticia principal de cada texto y escriba, en pocas palabras, cuál es el tema principal de cada una.

Page 17: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 17 de 52

2.10 ���� Que fame teño!

Receitas extraídas da campaña de promoción do galego: Restaurantes de Compostela. Restaurantes en galego

Page 18: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 18 de 52

2.11 ���� Bando

���� ���� Ver Glosario: PXOM

O Pleno da Corporación deste Concello, na sesión que tivo lugar o 11 de decembro do 2008, adoptou o seguinte acordo:

Aprobación provisoria do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Primeiro. Admitir e rexeitar as alegacións presentadas no período de exposición ao público consonte os traballos da Comi-sión especial de seguimento e o informe do equipo redactor do PXOM (a decisión sobre a súa alegación está na volta des-ta folla).

Segundo. Modificar o PXOM aprobado inicialmente consonte as alegacións que se admitiron e os informes sectoriais remi-tidos polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Portos de Galicia, Dirección Xeral de Conservación da Na-tureza, Dirección Xeral de Desenvolvemento Sustentable e Deputación Provincial da Coruña, nos termos que sinalou a comisión especial de seguimento do PXOM.

Terceiro. Aprobar provisionalmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal elaborado por Estudio Técnico Galego SA en decembro de 2008, e remitirlle o citado documento á Xunta de Galicia, xunto coas alegacións, os informes emitidos no pe-ríodo de consultas, os informes sectoriais, o informe sobre o proceso de participación pública e a proposta de memoria ambiental para os efectos do artigo 7.6 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

Cuarto. Tras a elaboración da memoria ambiental pola Xunta de Galicia, a Corporación a incorporará definitivamente ao PXOM coas modificacións que, de ser o caso, procedan e remitirá o expediente á consellería correspondente para a apro-bación definitiva do PXOM.”

Contra este acordo, por se tratar dun acto de trámite, non procede recurso ningún. Porén, se vostede entende que se dá algunhas das circunstancias cualificadas do artigo 107.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi-nistracións públicas e do procedemento administrativo común, podería interpor, con carácter potestativo, recurso de repo-sición perante a propia Corporación no prazo dun mes; ou contencioso-administrativo perante a Sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados dende que reciba esta notificación. Iso sen pre-xuízo de calquera outra reclamación que vostede xulgue oportuna.

16 de xaneiro do 2009.

Anuncio de aprobación provisoria do PXOM

Page 19: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 19 de 52

2.12 ���� Regulamento de réxime interior

4.1. Aspectos da organización da participación de todos os membros da comunidade educativa

4.1.1 Participación de pais e nais Os pais, nais ou representantes legais dos alumnos e as alumnas teñen pleno dereito a participar na vida do centro. Para exercer este dereito deben: - Coñecer e cumprir o Regulamento de Réxime Interior. - Manter os contactos necesarios co titor ou a titora para seren informados e colaboraren no proceso de aprendizaxe. - Cooperar co centro nas actividades para as que se lles requira. - Colaborar co profesorado atendendo ás súas orientacións para mellorar o proceso educativo dos seus fillos/as. - Participar na actividade do centro a través do Consello Escolar. Para faceren efectiva a súa participación na vida do centro os pais, nais ou representantes legais poden:

� Asociarse e manter contactos co centro a través da súa asociación. � Solicitar consello sobre a orientación escolar e profesional dos seus fillos/as. � Achegar suxestións e iniciativas que produzan melloras na convivencia e na calidade do ensino. � Facer as oportunas reclamacións, a través das vías e procedementos legalmente establecidos. � Demandar o cumprimento correcto da acción titorial. � Reclamar o cumprimento de todos os dereitos do alumnado.

4.1.2 Participación do alumnado As canles de participación do alumnado na vida do centro son os delegados e as delegadas de grupo, a Xunta de Delega-dos/as e os seus representantes no Consello Escolar.

4.1.2.1 Delegados e delegadas de grupo Cada grupo de alumnado elixirá, por sufraxio directo, secreto e non delegable durante o primeiro mes de curso escolar, un delegado ou unha delegada de grupo, que formará parte da Xunta de Delegados. Elixirase tamén un subdelegado ou unha subdelegada, que actuarán en caso de ausencia ou doenza e servirán de apoio nas súas funcións. Correspóndelles aos delegados ou delegadas: - Asistir ás reunións da Xunta de Delegados e participar nas súas deliberacións. - Expoñer aos órganos académicos as suxestións e reclamacións do grupo ao que representan. - Fomentar a convivencia entre o alumnado do seu grupo. - Colaborar co profesorado e co equipo directivo do centro para o bo funcionamento do seu grupo. - Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións do centro.

Os delegados e as delegadas non poderán ser sancionados polo exercicio das súas funcións como voceiros do alumnado. Si poderán ser revogados pola maioría absoluta do alumnado do grupo que os elixiran, logo de informe razoado dirixido ao titor ou á titora; neste caso procederase á convocatoria de novas eleccións nun prazo de 15 días [...].

Regulamento de réxime interior

Actividades propostas (textos 2.10, 2.11 e 2.12)

S15. Lea detidamente cada un dos textos, fixándose en como está organizada a in-formación neles. Responda ás cuestións.

� Dos seguintes textos: un é de carácter instrutivo, outro utilízase para facer co-municados nos concellos e un terceiro é propio do ámbito académico. Sabería dicir cal é cal e por que?

� De que fala cada un dos textos?

Page 20: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 20 de 52

S16. Localice en internet os seguintes tipos de texto (en galego ou en castelán): unha receita de cociña, un bando ou edicto dun concello (se é o do seu mellor) e un texto de regulamento de réxime interior. Responda ás seguintes cuestións.

� Escriba o enderezo web onde os atopou.

� Poña por escrito, en poucas palabras, de que fala cada texto localizado.

S17. Compoña tres textos (a extensión máxima de cada un é media cara dun folio): unha receita de cociña, que siga o esquema do texto 2.10; un bando ficticio, no que por exemplo, anuncie as festas da súa localidade (que días van ser, que ac-tos se van celebrar, etc.) e un regulamento de réxime interior ficticio, no que por exemplo, estableza unha serie de directrices que se deben seguir no seu centro de traballo (a que hora se descansa, canto tempo hai para comer, a quen hai que reclamar se algo sae mal, etc).

Page 21: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 21 de 52

2.13 ���� Uso do dicionario e do corrector ortográfico de OpenOffice

���� ���� Ver Glosario: Software libre

Neste caso, imos aprender unhas nocións básicas de como funciona o dicionario e correc-tor ortográfico do paquete ofimático OpenOffice (software libre), centrándonos na lingua galega ao longo de toda a actividade.

Os pasos que debe seguir en lingua castelá son idénticos que no galego; o único que cambia é que no programa, en vez de seleccionar como idioma o galego, deberá seleccio-nar o castelán.

O primeiro que debe facer é descargar e instalar o paquete ofimático OpenOffice (no caso de que non o teña xa no seu computador). Para isto, siga estas indicacións:

� En internet, diríxase ao seguinte enderezo:

[http://www.mancomun.org/openoffice.org-en-galego.html]

� Estando xa na páxina, observe que aparece un recadro que leva por título Descarga o OpenOffice.org 3.0.0. Diríxase a el e, dentro da opción de usuarios de Windows, prema co botón esquerdo do rato na opción: OOo_3.0.0_Win32Intel_install_wJRE_gl.exe.

� Deseguido, halle aparecere unha nova ventá onde se lle pregunta se quere descargar o OpenOffice. Responda Si e indique en que cartafol do seu computador o quere gardar (o proceso de descarga pode levar varios minutos, dependendo da velocidade da súa conexión a internet).

� Cando finalice a descarga prema dúas veces co botón esquerdo do rato no ficheiro que descargou e siga os pasos que aparecen en pantalla para proceder á instalación do pa-quete ofimático.

� Logo de instalado, entre na aplicación OpenOffice e, na pantalla Crear un novo docu-mento, seleccione a opción Documento de texto.

Actividades propostas (texto 2.13)

S18. Copie e pegue no documento en branco que ten aberto no OpenOffice o seguin-te texto en galego (cámbielle a letra e póñalle o tamaño que queira), que está cheo de incorreccións. Logo de facer iso, conteste ás cuestións.

[...] o día que lle entreguei o borrador ao Lois Cambeiro, coincidimos por casualidad cun antiguo amigo, que amosou curiosidad pola obra e pediume con moita veemencia que lla emprestase para lela. Dixenlle que non había problema se o facia en quince días, a data últimad e entrga ao editor. combinei con el ao remate do prazo e explicoume que so ollara unha parte do prologo, mais que lle parecía moi molesto. Sen ler nin analizar os ar-gumentos díxome que non convina dar unha imaxe negativa da situación do idioma. Veu dicir que o discurso debía ser comprensivo coas eivas dos pésimos xestorers políticos da lingua, autonómicos e municipais, antes que reflectir o que sucedeu e está a suceder.

Page 22: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 22 de 52

Quero aclarar que expoño os criterios que considero xustos e atinados, porque son un home libre e porque é un deber intelectual. No caso desta obra fagoo despois dun esforzado traballo de varios meses, sustentado na ex-periencia e nas reflexións de varios decenios. A ninguén se lle pode pedir que teña vocación de corista. Como diciamos na época na que o amigo e mais eu nos coñecemos, un non está disposto a facer de narcótico para adormecer a realidade. Evidentemente, teño a íntima convición de que todo o que se expón nestas páxinas é o máis verdadeiro. Pero nada me alegraría tanto (coido que non cómpre explicalo) como estar radicalmente con-fundido e asistir a partir de agora ao floramento de enerxías e potencialidades en favor do idioma que persoal-mente non vislumbro e que por tanto non puden avaliar. Oxalá [...].

Sarille, Xosé Manuel, A impostura e a desorientación na normalización lingüística, Candeia editora, Santiago de Compostela, 2007

Diríxase no OpenOffice ao menú Ferramentas. Dentro del pinche na opción Or-tografía e gramática. Halle apareceralle o seguinte cadro:

O manexo deste cadro é moi sinxelo. As palabras que o corrector sinala en verme-llo son as que probablemente necesiten ser corrixidas. Teña en conta que o correc-tor non é fiable ao cen por cen, polo que, despois de usalo, seguramente terá que revisar o texto manualmente. Os conceptos básicos que debe saber para facer unha boa corrección son os seguintes:

� Opción Idioma do dicionario”: aquí debe pór o idioma en que está o texto que vaia corrixir.

� Opción Ignorar unha vez: con esta opción o corrector omitirá unha vez a co-rrección da palabra marcada en vermello, deixándoa tal e como está.

� Opción Ignorar todo: con esta opción o corrector omitirá ao longo de todo o documento a corrección da palabra marcada en vermello, deixándoa como está.

� Opción Engadir: con está opción pode engadir ao dicionario de galego do OpenOffice a palabra sinalada en vermello, no caso de que aínda sendo correc-ta a palabra, esta apareza como incorrecta.

� No recadro Non consta no dicionario o OpenOffice déixalle escribir nel para realizar as modificacións que considere necesarias. Logo de facelas prema na opción Cambiar ou Cambiar todo.

Page 23: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 23 de 52

� Opción Cambiar: esta opción cambia a palabra incorrecta sinalada en vermello pola que vostede seleccionase do menú Suxestións ou pola que escribira no re-cadro Non consta no dicionario.

� Opción Cambiar todo: igual que a anterior pero o corrector, neste caso, non se limita a cambiar só a palabra sinalada nesa ocasión, senón todas as veces que esa mesma palabra se repite no documento.

Estas características que acabamos de ver son as básicas que debe saber manexar. Cando remate coa corrección debe pulsar o botón Pechar.

S19. Agora que xa sabe como funciona o corrector, proceda a corrixir o texto proposto de Xosé Manuel Sarille. Cando remate a corrección, lembre revisar o texto ma-nualmente para buscar fallos que o corrector pasara por alto. Imprima o texto.

S20. Probe a corrixir outros textos, en galego ou en castelán para, deste xeito, coller soltura no manexo desta ferramenta informática. Para iso compoña, mediante o procesador de textos (máximo unha cara dun folio), un texto en galego e outro en castelán de tema libre. Cando os remate, páselles o corrector de OpenOffice e revíseos manualmente. Imprima os dous textos.

Page 24: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 24 de 52

2.14 ���� A formación de palabras. Composición e deri-vación (aspectos teóricos)

O léxico non é inalterable nin fixo, ao longo do tempo vai experimentando transforma-cións; hai palabras que deixan de utilizarse, outras evolucionan e se modifican, e tamén se incorporan palabras novas.

Para a formación de palabras novas a partir das xa existentes hai tres procedementos: derivación, composición e parasíntese. Nós imos centrarnos nos dous primeiros: composi-ción e derivación.

2.14.1 Composición

Fíxese agora na formación deste grupo de palabras:

Xordo + mudo = xordomudo

Tapa + cubos = tapacubos

Afía + lapis = afialapis

A composición é un procedemento de formación de palabras novas consistente na unión de dúas ou máis palabras.

2.14.2 Derivación

Fíxese agora neste grupo de palabras: pan, panadeiro, panadaría, empanar, empanada, pa-nificadora... Como ve, todas elas teñen unha parte común (pan) que é o seu lexema ou ra-íz. As demais palabras formáronse engadíndolle a este lexema prefixos (se van diante) e sufixos (se van detrás).

Xa que logo, a derivación é un procedemento de formación de palabras consistente en engadirlle a un lexema prefixos e sufixos.

Familia léxica

Todas as palabras que teñen un mesmo lexema e, polo tanto, unha parte do seu significado é común, forman unha familia léxica. Exemplo: pan, panadeiro, panadaría, empanar, em-panada, panificadora...

Derivación: prefixos

Como dixemos, os prefixos colócanse diante do lexema para formaren palabras novas. De-seguido citamos algúns prefixos e o seu significado.

Prefixo Significado Exemplos Prefixo Significado Exemplos

A- Negación, privación Amoral, ateo Pre- Anterioridade Predicir, prehistoria

Bi- Dúas veces, dous Bilingüe, bígamo Re- Repetición Refacer, remoer

Biblio- Relativo aos libros Biblioteca, bibliografía

Tri- Tres veces, tres Trimestre, trípode

Page 25: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 25 de 52

Derivación: sufixos

Lembre que os sufixos van detrás do lexema para formaren palabras novas. Deseguido ci-tamos algúns sufixos galegos e o seu significado.

Sufixo Significado Exemplos Sufixo Significado Exemplos

-ame Conxunto de Dentame, enxame -aría Lugar Panadaría, confeitaría

-edo/a Colectivo Arboredo, alameda

-án Profesión Tecelán, artesán

Tamén son sufixos de uso moi frecuente os seguintes:

Sufixo Significado Exemplos Sufixo Significado Exemplos

-iño/a Diminución Rapaciña -aco/a Desprezo Paxarraco

-echo/a Diminución Gordecho -acho/a Desprezo Fiacho

-elo/a Diminución Cadelo -uco/a Desprezo Casuca

-ete/a Diminución Banqueta -ucho/a Desprezo Cuartucho

-ón/ona Aumento Mullerona -allo/a Desprezo Xentalla

-azo/a Aumento Cochazo

-opo/a Desprezo Casopa

Cambio de categoría gramatical

Na formación de palabras por derivación, sucede con frecuencia que ao lle engadir ao le-xema sufixos ou prefixos obtemos palabras de distinta categoría gramatical pertencentes todas elas á mesma familia léxica. Fíxese nos exemplos:

Substantivo Adxectivo Verbo Substantivo Adxectivo Verbo

Pan Empanado Empanar Lousa Lousado Lousar

Conversa Conversador Conversar

Cuño Cuñado Cuñar

2.14.3 La formación de palabras en castellano

En castellano, la formación de palabras sigue los mismos procedimientos que en gallego. Obviamente, algunos prefijos y sufijos cambian de forma, pero siguen teniendo el mismo valor. Ejemplo: en castellano: enjambre: -ambre (conjunto de); en gallego: enxame: -ame (conjunto de).

Veamos algunos prefijos en castellano. Si desconoce el significado de algunas de las palabras que sirven de ejemplo, búsquelo en el diccionario:

Prefijo Significado Ejemplo Prefijo Significado Ejemplo

A-, an- Privado de Amorfo Anti- Contra Anticuerpo

Ana- Contra, separación Analgesia

Apo- Fuera de, alejado Apósito

Page 26: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 26 de 52

Archi- El más, el mejor Archisabido A-, ad- Proximidad Adyacente

Auto- Uno mismo Automoción Ab-, abs- Separar, evitar Abstemio

Cata- Hacia abajo o total Catarata Ante- Delante Antesala

Dia- (s) A través de Diagonal Bi-, bis- Dos o doble Bifurcación

Dis- Con dificultad Disconforme Circum- Alrededor Circunvalar

Ecto- Fuera de Ectoplasma Co-, col- Unión o colaboración Colegir

En- Dentro Enamorada Extra- Que rebasa Extramuros

Endo- Internamente Endocarpio

Multi- Numeroso Multicolor

Estos son algunos sufijos en castellano. Si desconoce el significado de algunas de las pa-labras que sirven de ejemplo, búsquelo en el diccionario:

Sufijo Significado Ejemplo Sufijo Significado Ejemplo

-algia Dolor Neuralgia -cida Que mata Homicida

-arca Poder Patriarca -cola Cultivo Agrícola

-atra Curación Pediatría -cultura Artede cultivar Agricultura

-céfalo Cabeza Acéfalo -ducción Que conduce Deducción

-ciclo Algo circular Hemiciclo -fero Que lleva Mamífero

-cosmo Mundo Macrocosmo -forme Que tiene forma de Deforme

-crata Que tiene poder Aristócrata -fugo Que huye Prófugo

-dromo Carrera Autódromo -or Forma nombres Doctor

-edro Cara o base Hexaedro -paro Que engendra Vivíparo

-aceo Pertenencia Crustáceos

-cida Que mata Homicida

Page 27: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 27 de 52

2.15 ���� A cultura como chave do progreso á felicidade

O progreso cara á felicidade depende de que "a cultura poida desenvolver todas as súas potencialidades en liberdade", asegura o filósofo Jesús Mosterín, que no seu libro A cultura humana tratou de aclarar en que consiste esta "dinámica de aprender/esquecer que está sempre transformando o noso cerebro". "Os coñecementos actuais sobre xenes e "memes" (unidades de información cultural no cerebro) cobren xa practicamente toda a problemática humana e podémola explicar", afirma nunha entrevista este catedrático de Lóxica e Filosofía da Cien-cia (Bilbao, 1941) que a un libro anterior, A natureza humana (2006), engade agora outro sobre a cultura (Espasa). O libro incide en aspectos como "onde está" a cultura, "como cambia", "de onde vén", "en función de que regras evolucio-na", "en que sentido depende da linguaxe", xa que "de cultura no seu sentido científico fálase pouco" -segundo Mosterín-, e pénsase que son só exposicións ou concertos. "Pero cultura é todo aquilo polo que os seres humanos se apaixonan, o que existe e o que non existe -puntualiza-, pois hai xente disposta a morrer por cousas inexistentes como deuses ou pa-trias. Adquírese por aprendizaxe e non está programada nos xenes". Mosterín fai fincapé en que a cultura "está no cerebro", que chega mediante a creación de novas conexións neurais, en zonas como o hipocampo, onde reside a memoria a longo prazo. "A gran masa externa de libros, os CD, ou servidores de internet, é -matiza-, unha cultura durmida que só revive e se actualiza cando un cerebro a capta e reproduce nos seus cir-cuítos". O autor elucida estes e outros aspectos no seu novo libro, cuxa primeira metade é un tratado de antropoloxía teó-rica e filosofía da cultura, e a segunda unha análise panorámica das principais dimensións culturais, empezando pola agri-cultura. Repasa a cultura escrita, a audiovisual, ou a referente a necesidades como a comida ou o vestido, antes de analizar os avances tecnolóxicos e sociais que están na base da globalización cultural. O último capítulo de A cultura humana analiza o florecemento de internet. "Que ninguén entre a mangonear na rede, nin a regulala!", advirte. A educación "require unha revolución. Haberá que introducir moita máis liberdade e variedade, porque o ensino segue en-faixado e a mercé de burócratas ou do conselleiro de quenda dispostos a manipular cerebros", cre.

Artigo extraído da edición dixital de Galicia Hoxe: sección Ciencia

Page 28: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 28 de 52

2.16 ���� Texto en castellano. Aristóteles es director es-tratégico

���� ���� Ver Glosario: Aristóteles

Las empresas valoran la inteligencia de los licenciados en Humanidades

Hoy no sólo hay que saber cosas sino saber cómo hacer las cosas y en esa tarea los licenciados en Humanidades (124.000 alumnos), siempre a la cola en índice de ocupación laboral o de reconocimiento social, tienen mucho que decir en pleno proceso de Bolonia. Más aún cuando cada vez la tecnología es más manejable y las exigencias del mercado son otras. "Un filósofo tiene capacidad de enfrentarse a problemas muy abstractos y genéricos y eso hace falta. Tiene capaci-dades para plantearse problemas nuevos que desconocemos. Por ejemplo, qué hacer cuando una musulmana quiere lle-var pañuelo a clase, o casos como el de Eluana Englaro y la muerte asistida", sostiene Vicente Sanfélix, catedrático de Fi-losofía de la Universidad de Valencia. Decía el pensador Ortega y Gasset que una de las misiones universitarias era "crear y difundir cultura" y, sin dejar de hacerlo, los gerentes de las facultades de Humanidades buscan una aplicación a sus estudios. "No se trata de aprender sólo los contenidos del título, sino competencias. Es decir, identificar un problema, buscar las fuentes de información, re-solverlo, explicarlo por escrito y ser capaz de defenderlo oralmente", subraya Juan Manuel Cortés, vicerrector de Docencia y Convergencia Europea y profesor de Historia Antigua de la Universidad Pablo de Olavide. "Aristóteles hablaba de 'la función gimnástica de la dialéctica'. Por ejemplo, traducir del latín, que es construir un rompeca-bezas, sirve para desarrollar facultades intelectuales. Y ello “a un médico le sirve para usar mejor su inteligencia crítica", asegura Sanfélix. Por eso se valora a los filósofos como directores de estrategia, además de ocupar un lugar en los conse-jos éticos de los hospitales y de empresas con responsabilidad social corporativa. "El ministerio nos dice que seamos imaginativos en los posgrados, pero también tiene que apoyarnos en sus convocato-rias. Por ejemplo, que para determinados puestos de recursos humanos haya que tener doble grado: Económicas y Humanidades, que te dan un pensamiento crítico", propone Cinta Canterla, presidenta de la Sociedad Académica de Filo-sofía. "Resulta más rentable un gestor cultural con una preparación humanista amplia y que aprenda en cuatro meses el meca-nismo, que alguien formado sólo para eso. En Reino Unido con el título universitario ya se presuponen las capacidades", asegura Sanfélix. Hay, sin embargo, quien apuesta por grados que integran historia, arte, macroeconomía, contabilidad y organización. Como la Universidad Antonio de Nebrija de Madrid, que se ha inspirado en las School of Fine Arts para Creación e interpretación en artes escénicas y Gestión cultural. La primera experiencia laboral de los egresados en letras suele ser traumática. El Observatorio Ocupacional de la Univer-sidad de A Coruña publicó un informe demoledor en 2008. Los novatos encuestados reconocían sus carencias en informá-tica e idiomas, y, sobre todo, su desconocimiento sobre cuál debería ser su papel en una compañía privada y cómo traba-jar en equipo. Y los contratadores destacaban también su falta de "cultura empresarial". Esta limitación es común a todos los grados. Curiosamente el Consejo Social de la Universidad del País Vasco (UPV) ha puesto en marcha un plan que pretende crear nuevas empresas. Éstas no van a ser ideadas por los estudiantes de Eco-nomía o ingenierías sino por los de Humanidades [...].

Silió, Elisa, artículo extraído de la edición digital de El País: sección Sociedad

Actividades propostas (textos 2.14, 2.15 e 2.16)

S21. Texto 2.15. Lea o texto e responda ás seguintes cuestións:

� Mediante a adición de sufixos e prefixos escriba palabras que pertenzan á fami-lia léxica das seguintes que aparecen no texto: cultura, actualiza, reproduce, autor. Se o necesita, realice o exercicio coa axuda dun dicionario de galego, que poderá atopar en calquera biblioteca do seu contorno ou en internet en:

[http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html]

Page 29: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 29 de 52

� Que significado teñen os seguintes sufixos das seguintes palabras extraídas do texto? Aprendizaxe, liberdade, globalización, conselleiro.

� No texto hai dúas palabras formadas mediante composición: unha relacionada cos labores do campo e outra co cine e a televisión. Sabería dicir cales son?

� Diga a que categoría gramatical pertence cada unha das seguintes palabras (as da columna esquerda están extraídas do texto).

Coñecementos Coñecer: Coñeceu:

Transformando Transformación: Transformou:

Programada Programar: Programación:

Servidores Servizo: Servil:

S22. Texto 2.16. Actividad en lengua castellana. Lea el texto y realice las siguientes cuestiones.

� Escriba las familias léxicas de las siguientes palabras extraídas del texto: so-cial, desarrollar, plan, ocupar. Si lo necesita puede recurrir a un diccionario en castellano tanto impreso (lo encontrará en cualquier biblioteca de su entorno) como digital:

[http://www.rae.es/rae.html]

� ¿Qué significado tienen los prefijos y sufijos de las siguientes palabras extraí-das del texto? Musulmana, responsabilidad, desconocimiento, limitación.

� En el texto, hay una palabra de uso común que está formada por composición. ¿Sabría decir cuál es?

� Cambie la categoría gramatical de las siguientes palabras extraídas del texto e indique a qué tipo de categoría pertenece la que usted ha escrito: gestor (sus-tantivo), plan (sustantivo), manejable (adjetivo), crítica (adjetivo).

Page 30: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 30 de 52

2.17 ���� A biblioteca absoluta

���� ���� Ver Glosario: Google; Google Books

O outro día, o meu pequeno preguntoume se rematara co computador porque quería xogar con el (ollo: seguimos dicindo xogar con el, cando debiamos dicir en el, porque sentimos o cacharro aínda coma unha ferramenta, cando realmente xa non é unha mera ferramenta: un computador é un territorio, aínda máis, un universo de proporcións incomensurables e en permanente expansión). Ben. O feito é que o neno díxome que quería xogar co computador. Pregunteille se ía buscar os xogos en internet. Contestoume: -En internet, no, hombre, En Google.

Nun post anterior, eu xa (ía dicir, case inconscientemente, alertaba, pero vou dicir outra cousa:) comentaba a progresiva institucionalización de Google coma referencia da arañeira mundial. Google non é un buscador. Google é internet, e todo o que se busca en internet está en Google. O axioma pode ser: se existe, está en Google. Ninguén o podía prever hai dez anos, cando as cousas se buscaban en Yahoo, en Opentext, en Virtual Tourist, en Altavista… Nomes para a lembranza. A razón do monopolio: a capacidade, a rapidez, a máxima eficiencia e depuración. É o que a xente quere e espera. Rapidez e ausencia de esforzo pero máxima fiabilidade (a filosofía que hai baixo este último argumento está no alicerce da nosa ci-vilización e estimula milleiros de riscos, millóns de perigos). Recibín hai días, como moitos editores, bibliotecarios, libreiros, documentalistas de todo o mundo, unha carta de Jens Redmer, responsable de Google Books para Europa, Oriente Medio e África, presentando Búsqueda de libros de Google —que xa está dispoñible en castelán, inglés, alemán, francés, italiano, holandés e portugués e axiña en xaponés, chino e coreano (por certo, supoño que o resto das linguas do mundo apenas importan)— nun folleto de 21 páxinas, ao que lle su-poño unha tiraxe absolutamente astronómica. Un folleto, polo demais, magnificamente deseñado, editado e producido, no que se explican polo miúdo os obxectivos, estrutura, funcionamento e límites legais do portal. Outro día falamos do detalle de Búsqueda de libros de Google. Hoxe apenas quero reter unha idea e propoñer unha reflexión. A carta de Redmer comeza cunha constatación que estre-mece; estremece porque, 1) como pode calcularse algo así?, e 2) é o anuncio implícito dun proxecto de dimensións impre-visibles: Só o dez por cento da información do mundo está dispoñible en liña e tan só unha pequena parte dela corresponde á nosa ampla e valiosa tradición literaria. Deixo á intelixencia de quen me lea tirar as conclusións que entenda oportunas desta constatación. Eu, pola miña parte, déixome seducir por algúns interrogantes. Como será o futuro? Que capacidade de incorporación da realidade terá Google en vinte, corenta anos? Está chamado a converterse nunha sorte de nova linguaxe que, ao igual cá linguaxe de verdade, represente a outredade do mundo, traduza ao territorio dun monitor todo o que está aí fora? No folleto (cap. 1. Objetivos) dise: “A dixitalización de libros vai facilitar o acceso ao coñecemento. A idea é que, co tempo, sexa posible acceder a unha lista de cada un dos libros nos que se menciona a Marie Curie o que un estudante da India poida ver cos seus propios ollos os textos antigos expostos nos museus exipcios, todo iso con tan só teclear un par de palabras clave no computador”. O dito: inmediatez e ausencia de esforzo pero máxima fiabilidade; o coñecemento a golpe dunha tecla. A tendencia ao absoluto e a súa busca son inherentes á condición intelectual do home. San Isidoro compendiou o coñe-cemento da súa época nas Etymologiae. Feijóo legounos —nun alarde da desmesura propia dos ilustrados— un Theatro Crítico Universal. Borges coqueteaba coa idea dunha biblioteca absoluta, que o contivera todo. Estamos en camiño. Dúbidas, temores: coñecemento ou información? Pode chamarse coñecemento ao que se adquire sen esforzo? (o esforzo deixa un pouso inevitable, a súa ausencia unha pegada epidérmica). En que medida influirá -en que medida nos inflúe xa- a dispoñibilidade completa e completamente accesible de tal cantidade de información?

Blanco Valdés, Juan L., artigo extraído da bitácora Fragmentos da Galaxia. 2006. [Adaptado]

Page 31: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 31 de 52

2.18 ���� A información persoal en Facebook

���� ���� Ver Glosario: Facebook

Máis de 175 millóns de persoas comparten a súa información persoal en Facebook, unha rede social que se atopa no ollo do furacán pola polémica sobre quen ten o control sobre os datos alí publicados. O conselleiro delegado e fundador de Facebook, Mark Zuckerberg, alimentou a polémica ao rebater hai unhas horas, nun blogue corporativo, que a empresa teña un control ilimitado sobre os datos persoais dos seus membros. Son os usuarios e non Facebook ''os donos e controladores da súa información'', escribiu Zuckerberg. ''A filosofía de que a xente posúe a súa información e controla con quen quere compartila permanece'' a pesar dos cambios legais introducidos pola firma. Hai dúas semanas, a empresa modificou os termos de uso das contas, un documento que a maioría dos usuarios acepta cun click sen botarlle unha ollada.

A letra pequena Pero o pasado domingo, o blog estadounidense Consumerist fíxose eco dos cambios, e denunciou que, tras as alteracións na letra pequena do documento, Facebook adquiría o dereito a usar libremente todo o publicado polos seus membros, in-cluso cando estes xa se deron de baixa. ''Todo o que subas a Facebook pode ser utilizado por esta empresa como eles queiran e para sempre independentemente do que fagas despois'', afirmaba o comentario de Consumerist que en poucas horas recibiu máis de 300.000 visitas. Na rede social, as reaccións en contra destas modificacións non se fixeron esperar e os usuarios crearon xa varios grupos de oposición aos cambios.

Grupos e oposición ''Está ben que Facebook publique un comunicado sobre as súas intencións, pero está moi claro que usaron prácticas tur-bias'', afirmaba onte Derek Mulhern, usuario da páxina e un dos douscentos membros do grupo ''Facebook posúe todo o que pos aquí!!''. ''Eu non recibín ningunha notificación sobre os cambios. Recibiuna alguén?'', queixábase. Pola súa banda, Adam Lipstadt, de Nova York, lamentou que Facebook ''tómase unha licenza permisiva e perpetua para facer máis ou menos o que queira co que sobes á páxina. ''Persoalmente, borrei todas as miñas fotos, excepto as dúas do perfil'', sinala.

Motivos da modificación de termos Facebook insiste en que non modificou os termos de uso para tomar control da información privada dos seus usuarios, se-nón para reflectir mellor a forma en que estes utilizan a páxina. Así, se un membro de Facebook se dá de baixa, os comentarios que realice sobre, por exemplo, as fotos doutro membro da rede non desaparecerán senón que seguirán aí. ''Non hai ningún sistema hoxe en día que me permita compartir a miña dirección de correo electrónico contigo e, á vez, me dea a capacidade de controlar con quen a compartes ti'', escribe Zuckerberg no blogue de Facebook sobre as realidades de Internet. Os expertos sinalan que a maior parte dos sitios da rede teñen termos de uso similares porque as compañías necesitan cubrirse as costas en caso de disputas legais e que os consumidores deberiamos estar máis atentos ao que asinamos. ''A maioría da web ofrecen condicións de uso deseñadas para protexer e ampliar os seus intereses e a maioría da xente simplemente acéptaas sen lelas'', comentou no New York Times Greg Lastowka, profesor da universidade Rugers e exper-to en lexislación en Internet.

Artigo extraído do xornal dixital De luns a venres. 2009

Actividades propostas (textos 2.17 e 2.18)

S23. Lea os dous textos detidamente e responda ás cuestións.

� Cal é o tema principal de cada un dos textos?

Page 32: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 32 de 52

� Comente e exprese a súa opinión sobre o dito neste parágrafo do texto 2.17:

Dúbidas, temores: coñecemento ou información? Pode chamarse coñecemento ao que se ad-

quire sen esforzo? (o esforzo deixa un pouso inevitable, a súa ausencia unha pegada epidérmi-

ca). En que medida influirá -en que medida nos inflúe xa- a dispoñibilidade completa e com-

pletamente accesible de tal cantidade de información

� Participa ou ten participado en redes sociais tipo Facebook? Que opinión lle merecen?

� Lea o seguinte parágrafo extraído do texto 2.18 e comente o seu parecer sobre o feito de que Facebook controle e sexa propietaria de toda a información que os seus usuarios colgan nel (fotos, historias, mensaxes...):

Pero o pasado domingo, o blog estadounidense Consumerist fíxose eco dos cambios, e denun-

ciou que, tras as alteracións na letra pequena do documento, Facebook adquiría o dereito a

usar libremente todo o publicado polos seus membros, incluso cando estes xa se deron de bai-

xa.

S24. Como puido ver nos texto 2.17 e 2.18 o uso das TIC ten puntos a favor e en con-tra. Escriba cinco ideas que conteñan argumentos a favor do uso das TIC e ou-tras cinco ideas que conteñan argumentos en contra delas.

Page 33: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 33 de 52

2.19 ���� Un pouco de lectura

S25. Lea os capítulos que se lle indican do seguinte libro en galego:

� Auster, Paul, Brooklyn Follies, tradución de Eva Almazán, Galaxia, Vigo, 2006: lectura dos capítulos 1, 2 e 3 que levan por título: Apertura, Un encontro inesperado e Adeus á corte.

S26. Actividad en lengua castellana. Lea los capítulos que se le indican del siguiente libro en castellano:

� Preston, Paul, La Guerra Civil española, Debate, Barcelona, 2008: lectura de los capitulos 1 y 2 titulados Una sociedad dividida: España antes de 1931 y El desafío de la izquierda, 1931-1933.

S27. Nun procesador de textos (OpenOffice) escriba (máximo unha cara dun folio) a súa opinión sobre cal dos dous libros lle gustou máis e por que? Logo de rema-tado o texto, páselle o corrector ortográfico e revíseo manualmente para atopar posibles erros. Para finalizar, imprima o texto.

Page 34: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 34 de 52

3. Resumo de contidos

Bloque de comunicación oral (secuencia de contidos e actividades 2.1)

� Vimos a importancia que teñen os elementos verbais e non verbais na comunicación oral, os cales son imprescindibles para que nos entendan e entendérmonos en produ-cións orais, tales como discursos e presentacións.

Bloque de comunicación escrita (secuencia de contidos e actividades 2.2 a 2.12)

� Vimos a importancia de saber ler adecuadamente un texto e como facelo: coidando a entoación, o ritmo, as pausas, a énfase, a vocalización e as matizacións de voz e volu-me.

� Aprendemos os elementos que forman parte da estrutura organizativa e temática dos medios dixitais, concretamente dos xornais.

� Vimos, comprendemos e compuxemos textos que forman parte da nosa vida cotiá: re-ceitas, bandos e regulamentos.

Bloque de coñecemento da lingua (secuencia de contidos e actividades 2.13 a 2.16)

� Aprendemos a usar o dicionario e o corrector ortográfico dun procesador de textos.

� Aprendemos a identificar e saber cales son algúns dos principais procesos de formación de palabras que se dan en galego e en castelán: composición e derivación.

� Aprendemos a identificar e saber cales son os conceptos e procesos relacionados cos procesos de formación de palabras: familias léxicas e cambios de categoría gramatical.

Bloque de lingua e sociedade (secuencia de contidos e actividades 2.17 a 2.18)

� Vimos a importancia que as TIC teñen na sociedade actual.

� Opinamos e criticamos sobre os puntos a favor e en contra do uso das TIC.

Bloque de educación literaria (secuencia de contidos e actividades 2.19)

� Lemos fragmentos de obras pertencentes á literatura das linguas do ámbito que nos sir-van como fonte de saber e de enriquecemento persoal.

� Compuxemos textos, en soporte dixital, baseados nas lecturas literarias desta unidade.

Page 35: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 35 de 52

4. Exercicios de autoavaliación

1. Que condición é necesaria para realizar con éxito unha aprendizaxe?

Ser capaz de escribir moi rápido.

Ler cantos máis libros mellor.

Posuír unha boa capacidade lectora.

As dúas primeiras respostas.

2. Que elementos son necesarios para ser un lector eficaz?

Ter un proxecto lector, comprender ben o que se le, ler rapidamente e adecuar a velocidade ao tipo de texto que se le e á intención con que se faga a lectura.

Comprender ben o que se le, ler rapidamente e adecuar a velocidade de lectura ao tipo de texto que se le e á intención coa que se faga a lectura.

Comprender ben o que se le.

Ter lido moitos libros.

3. A nosa actitude lectora ten que ser sempre a mesma?

Si, independentemente do tipo de texto que teñamos diante.

Depende. É algo totalmente persoal que depende do lector.

Si; se non resulta imposible comprender a maioría dos textos.

Non. Algúns textos requiren máis concentración (lectura atenta), e outros per-miten unha lectura máis superficial (lectura rápida).

4. Que é a lectura rápida?

É ler un texto á maior velocidade posible. Neste caso, a súa comprensión non é salientable.

É a que se fai sobre un texto cando o que se pretende é ter unha idea xeral do contido dese texto, fixándose nos datos e detalles máis significativos.

É ser capaz de ler moitos libros ao mesmo tempo.

É ler un número reducido de páxinas cada vez que lemos unha obra escrita, pa-ra así non ter un exceso de coñecementos.

Page 36: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 36 de 52

5. Que é a lectura atenta?

É unha lectura intensiva, tendente a comprender o texto, é dicir, a captar como está organizado ese texto e cales son as ideas principais que se transmiten.

É un método de lectura que inclúe a lectura rápida, segundo as ocasións.

As dúas primeiras respostas.

É ler un texto, polo menos, cinco veces seguidas.

6. Que defectos de lectura debemos suprimir?

Os que nós queiramos.

Depende do tipo de texto que teñamos diante.

A vocalización, os movementos de cabeza, os movementos de retorno e ir se-guindo co dedo ou cun lapis as liñas do texto que se está lendo.

A vocalización, os movementos de cabeza e os movementos de retorno.

7. Que permiten os medios de información dixital?

Todo o que nós queiramos.

Os medios de información dixital permiten unha actualización constante das noticias e dos sucesos que se producen ao longo das horas e dos días.

Permiten facer menos cousas que os medios de información impresos.

Ofrecen as mesmas posibilidades que os medios de información impresos.

8. Permiten os medios de información dixital que o texto leve elementos multimedia?

Non.

Depende, pero polo xeral non.

Si. Cantos máis mellor.

Si.

9. Que efecto colateral produce a inmensidade da información dispoñible nos medios dixitais?

Un exceso de información.

Non produce ningún efecto colateral.

Que esa información sexa máis rigorosa.

Que teñamos máis información da que necesitamos.

Page 37: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 37 de 52

10. Que pode facer na opción Idioma do dicionario do corrector ortográfico de OpenOffice?

Nada. Déixala tal e como vén por defecto.

Pór o idioma que un queira sen ter en conta o idioma en que estea escrito o tex-to a corrixir.

Pór o idioma en que estea o texto que se vaia corrixir.

Consulta varios dicionarios en liña.

11. Que pode facer na opción Engadir do corrector ortográfico de OpenOffice?

Engadir ao dicionario de galego do OpenOffice a palabra sinalada en vermello, no caso de que a palabra sexa correcta.

Engadir ao dicionario de galego do OpenOffice a palabra sinalada en vermello, aínda que a palabra sexa incorrecta.

Engadir máis texto ao que xa temos diante.

Engadir debuxos e formas ao texto que temos diante.

12. Que tres procedementos hai para a formación de palabras?

Derivación.

Derivación e composición.

Composición e parasíntese.

Derivación, composición e parasíntese.

13. Que é o lexema?

É a parte común que teñen un grupo de palabras e que transmite o seu signifi-cado básico común.

É unha clase de sufixo.

É unha clase de prefixo.

O galego e o castelán.

14. Que é a derivación?

É un procedemento de formación de palabras consistente en engadirlle a un le-xema prefixos e sufixos.

É outra acepción pola que se coñece o lexema.

É un proceso de formación de palabras que rara vez se dá na lingua.

É un proceso de formación de palabras que só existe en castelán.

Page 38: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 38 de 52

15. Que é a composición?

É exactamente o mesmo que a derivación, só que con outro nome.

É un procedemento de formación de palabras novas consistente na unión de dúas ou máis palabras.

É o resultado de unir un lexema máis un sufixo.

É un novo proceso de formación de palabras que se descubriu recentemente.

16. Que é unha familia léxica?

É cando se unen o lexema, a composición e a derivación nunha mesma palabra.

Son todas as palabras que teñen un mesmo lexema e, polo tanto, unha parte do seu significado é distinto.

Son todas as palabras que teñen un mesmo lexema e, polo tanto, unha parte do seu significado é común.

É cando temos máis de cinco palabras co mesmo lexema.

17. Cando se produce o cambio de categoría gramatical?

Non se produce nunca.

Cando temos un prefixo nunha palabra.

Cando se produce ao mesmo tempo derivación máis composición.

Na formación de palabras por derivación.

Page 39: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 39 de 52

5. Solucionarios

5.1 Solucións das actividades propostas

S1.

� Que conferenciante se desenvolve mellor como comunicador? Por que?

Rubén Ruibal. É o que mellor e máis adecuadamente utiliza os recursos verbais e non verbais pertencentes á comunicación oral. Os outros e outras conferenciantes teñen xestos e movementos inadecuados (os brazos cruzados, non se expresan corporalmente...) e ademais o seu discurso é lido; polo tanto, estas accións son in-correctas dentro dun discurso oral ou presentación coma a que temos no vídeo.

� Que discursos lle parece de máis fácil comprensión? Por que?

O discurso de máis doada comprensión é o de Rubén Ruibal, pois é o conferenciante que mellor se desenvolve na comunicación oral, como consecuencia da correcta utilización dos recursos que se dan nese tipo de comuni-cación.

S2.

O único discurso que podemos dicir que é estritamente oral é o de Rubén Ruibal, por todo o dito na actividade anterior (S1).

S3.

���� Fragmento A

O neno tiña algo que lles dicir aos outros nenos que andaban a enredar con el na beiramar. Tiña algo que lles dicir, pero non remataba de dicilo. Por veces poñía cara de malo, cheo como estaba aquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Ata lle rabuñou a outro, así nun pronto, a lle brincar na cara os lampos dunha íntima fogueira.

���� Fragmento B

O neno tiña unha cousa que lles dicir aos outros rapaces que andaban a xogar con el no peirao. Tiña algo que lles dicir, mais non remataba de contalo. Por veces poñía xesto de malo, cheo como estaba daquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Mesmo lle rabuñou a unha nena, así, nun pronto, a lle relucir no rostro os lampos dunha íntima carraxe.

S4.

Sacou do peto un asubío noviño (3), e púxose a chifrar cheo de coraxe. Non o quixo emprestar a ninguén e gardouno outra volta (6), domeándose moito ao enfonda-la man para demostrar un peto fondo, coma os petos en que se gardan as mellores cousas. (1) seus ollos bulía unha surrisa dubidosa, ninguén sabe se mala (7). Seu pai chegara de Nova York aquel mesmo día. Vírao desembarcar (2). Traxe azul. Viseira (4) A cara forte coma unha proa. Branco e grande o dentamio. E nos ollos, (5) ningunha fachenda.

Page 40: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 40 de 52

S5.

Brincar–Brindar / Fogueira–Figueira / Proa–Broa / Enredar–Enredos / Gato–Gota / Fachenda–Fachada / Xogos–Rogos / Calaba–Calada / Mesmo–Mesto / Fillo–Filloa / Mimos–Mesmo / Desembarcar–Desembalar / Cousas–Causas

S6.

Non require solución

S7.

Esa noite, Aghata saíu do portal do edificio daquel barrio marxinal envolta no perfume e no clac, clac, dos seus tacóns altos pola beirarrúa, arrimouse ao portal da florería. Lizgaira, elegante, eses dedos de uñas granate que colocan, afiados, a curta melena negra. Esa ollada, triste e chorosa, bordeada de lapis negro e pestanas longas que se mira de esguello no escaparate da boutique, e aí adiante estaba o señor José da froitería arrimado á porta, sempre a facer bromas. Os reflexos da lúa, chea e redonda, na cazadora toureira de raso negro, nas cur-vas do cu no pantalón de napa negra. Semellaba que ía chover. Sente na gorxa o agarimo do lene pano de se-da negra, regalo da súa avoa, que aperta o seu pescozo longo, desexable, e contrasta coa blusa vermella. Mi-rou para o espello, moito lle gustaba verse reflectida no espello do ascensor..

A man dereita leva o cigarro aos beizos vermellos coma o sangue, que fan arder o tabaco, aí estaba co seu chupetiño, tan tranquiliña, mentres que coa esquerda saca as chaves do coche deportivo. Entra e arranca lan-zada na procura de miradas de desexo, un mal momento teno calquera, insinuacións, sorrisos, que remontará con elegancia, como unha gacela a cámara lenta choutando por riba dunha árbore caída. Talmente.

S8.

� Lea rapidamente o texto, localice e escriba todas as palabras nas que figure a letra “z”.

lizgaira, cazadora, pescozo, beizos, lanzada, luz, cabeza, cabeza, nariz, desprezo, zoupón.

� Indique cantas veces aparecen no texto as seguintes palabras:

Negra (3 veces) – Portal (4 veces) – Lúa (4 veces) – Nariz (1 vez)

S9.

� En cantas columnas está dividida a información da páxina?

3 columnas

� Seccións Hoxe e Canles. Que información se ofrece?

���� Hoxe: información de todo tipo: política, economía, sociedade, opinións... ���� Canles: relacionada coa vivenda, coa administración pública, co medio natural... Divididas en canles temáticas.

Podemos dicir que a información que temos en Hoxe é a que adoita aparecer nos xornais impresos.

Page 41: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 41 de 52

� A publicidade atopámola na columna dereita, á marxe do que é informativa-mente importante. Por que?

Para que cando leamos a noticia da columna central ou queiramos ir ás diversas informacións que temos na co-lumna da esquerda do xornal esa publicidade non nos moleste, pois sobre todo, o que lle interesa ao lector é ler comodamente a noticia escrita na columna central. A publicidade é algo secundario.

� A columna central é a que máis espazo ocupa. Por que?

Porque nela aparece a información máis relevante. Esa información ten que estar ben desenvolvida e matizada para que o lector ou lectora se informe adecuadamente.

� Na parte superior da columna central atopamos o título Maré (é o suplemento cultural do xornal). Que tipo de información se lle transmite ao lector?

En que sección do xornal está. Neste caso, o suplemento cultural.

É o zoom. Diminúe ou amplía a tipografía da columna central.

A primeira lévanos a unha páxina na que podemos enviarlle a un coñecido ou a quen nos interese, mediante co-rreo electrónico, a referencia da noticia que acabamos de ler no xornal. A segunda opción serve para imprimir en papel a noticia que acabamos de ler en soporte dixital.

� ?

Estas opcións lévannos aos chamados “servizos de noticias” nos que, unha vez rexistrados neles, podemos en-viar informacións que atopemos en diversos xornais ou medios dixitais que nos parezan salientables e que quei-ramos compartir cos demais membros deses servizos de noticias. Nestes servizos a importancia das noticias é valorada con votos polos membros pertencentes a eles.

Lévanos á páxina anterior.

Esta opción permite aos lectores da noticia (vostede incluído) comentar ou reinterpretar o que se di nela: se a noticia lle gustou, se a información que nela aparece é incorrecta, etc.

Page 42: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 42 de 52

� De todas as opcións que acabamos de ver, cales son exclusivas da edición dixi-tal de Galicia Hoxe?

S10.

� Hipertexto.

En informática, es el nombre que recibe el texto que en la pantalla de una computadora conduce a su usuario a otro texto relacionado. La forma más habitual de hipertexto en documentos es la de hipervínculos o referencias cruzadas automáticas que van a otros documentos. Si el usuario selecciona un hipervínculo, hace que el pro-grama de la computadora muestre inmediatamente el documento enlazado.

� ¿Qué otros hipertextos se pueden apreciar en la página?

En la columna derecha, parte inferior, sección “Lo más visto”.

� ¿Qué posibilidad nos ofrece la fotografía de la nebulosa que acompaña al cuer-po de la noticia?

De ampliarla para verla con más detalle.

S11.

Un blog, chamado tamén unha bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que compila cronoloxicamen-te textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente. O termo weblog provén das palabras web e log ('log' en in-glés = diario). O termo bitácora, en referencia aos antigos cadernos de bitácora dos barcos, utilízase preferen-temente cando o autor escribe sobre a súa vida propia como se fose un diario, pero publicado en internet (en liña).

Habitualmente, en cada artigo dun blog, os lectores poden escribir os seus comentarios e o autor darlles respos-ta, de forma que é posible establecer un diálogo. Non obstante é necesario precisar que esta é unha opción que depende da decisión que tome ao respecto o autor do blog, pois as ferramentas permiten deseñar blogs nos que non todos os internautas –ou mesmo ningún- poidan participar. O uso ou tema de cada blog é particular: hainos de tipo persoal, periodístico, empresarial ou corporativo, tecnolóxico, educativo (edublogs), políticos, etc.

S12.

���� Texto 2.6: información distribuída en tres columnas. Columna esquerda: canles temáticas e acceso a informa-ción variada. Hai hipertextos; columna central: a noticia que se nos quere transmitir, acompañada dunha foto-grafía e ofrécesenos a posibilidade de comentar a noticia, enviarlla a outra persoa por correo electrónico, envia-la a unha canle de noticias, etc. Nesta columna central tamén aparece a sección do xornal na que se encadra a noticia: neste caso “Maré”. Nesta columna central non hai hipertextos; canle dereita: nela inclúese exclusiva-mente publicidade de diverso tipo. Hai hipertexto.

���� Texto 2.9: información distribuída en dúas columnas. Columna esquerda: a noticia que se nos quere transmitir coa posibilidade de comentala. Podemos imprimir a noticia en soporte papel. En “Etiquetas” temos as categorí-as semánticas nas que podemos encadrar a noticia: poxa, cómic, Supermán. Non hai hipertextos; columna de-reita: mestúrase información de diverso tipo e canles temáticas xunto con publicidade. Esta só ocupa unha mí-nima parte desta columna. Hai hipertextos.

Page 43: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 43 de 52

S13.

���� Texto 2.6. A noticia céntrase, sobre todo, na enorme expectación que hai pola saída ao mercado dun novo disco de U2 e tamén se nos fala de problemas adxacentes relacionados coa banda, como a evasión de impostos, etc.

���� Texto 2.8. A noticia fálanos da gala dos Premios da Música e especifícanos os e as artistas premiados nela.

S14.

���� Texto 2.7. La noticia comenta que se ha conseguido captar una imagen de la nebulosa planetaria “Helix”.

���� Texto 2.9. La salida a subasta del primer cómic de Supermán.

S15.

� Textos de diversos tipos. Sabería dicir cal é cal e por que?

���� Texto 2.10. O texto é instrutivo pois nel expóñense unha serie de ordes e pasos que se deben seguir para elaborar as receitas de forma adecuada.

���� Texto 2.11. O texto utilízase para facer comunicados nos concellos. Os bandos son os comunicados por exce-lencia dos concellos. Este feito vese no texto pois, todo o que nel aparece garda relación cun concello determi-nado.

���� Texto 2.12. O texto é propio do ámbito académico. No texto atopamos moitas referencias a ese ámbito: alumnos e alumnas, comunidade educativa...

� De que fala cada un dos textos?

���� Texto 2.10. Nestas dúas receitas de cociña danse instrucións precisas de como elaboralas.

���� Texto 2.11. No texto comunícase o anuncio provisorio da aprobación do PXOM dun concello concreto.

���� Texto 2.12. No texto establécense unha serie de regras que rexen a participación e a educación dento dunha comunidade educativa concreta.

S16.

� Escriba o enderezo web.

Resposta aberta

� De que fala cada un dos textos?

As respostas dependen do texto atopado no exercicio anterior.

S17.

Cumprirá seguir os modelos de texto 2.10, 2.11 e 2.12.

Page 44: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 44 de 52

S18.

Cumprirá seguir os pasos que se indican na actividade.

S19.

Texto corrixido

[...] O día que lle entreguei o borrador ao Lois Cambeiro, coincidimos por casualidade cun antigo amigo, que amosou curiosidade pola obra e pediume con moita vehemencia que lla emprestase para lela. Díxenlle que non había problema se o facía en quince días, a data última de entrega ao editor. Combinei con el ao remate do prazo e explicoume que só ollara unha parte do prólogo, mais que lle parecía moi molesto. Sen ler nin analizar os argumentos díxome que non conviña dar unha imaxe negativa da situación do idioma. Veu dicir que o discur-so debía ser comprensivo coas eivas dos pésimos xestores políticos da lingua, autonómicos e municipais, antes que reflectir o que sucedeu e está a suceder.

Quero aclarar que expoño os criterios que considero xustos e atinados, porque son un home libre e porque é un deber intelectual. No caso desta obra fágoo despois dun esforzado traballo de varios meses, sustentado na ex-periencia e nas reflexións de varios decenios. A ninguén se lle pode pedir que teña vocación de corista. Como diciamos na época na que o amigo e mais eu nos coñecemos, un non está disposto a facer de narcótico para adormecer a realidade. Evidentemente, teño a íntima convicción de que todo o que se expón nestas páxinas é o máis verdadeiro. Pero nada me alegraría tanto (coido que non cómpre explicalo) como estar radicalmente con-fundido e asistir a partir de agora ao floramento de enerxías e potencialidades en favor do idioma que persoal-mente non albisco e que por tanto non puiden avaliar. Oxalá [...].

S20.

Cumprirá crear dous textos nas dúas linguas do ámbito e corrixilos, primeiro, co corrector do OpenOffice e, des-pois, revisalos manualmente. Para finalizar, débense imprimir.

S21.

� Outras palabras que pertencen á familia léxica das seguintes:

���� Cultura. Culto, cultural, culturismo, acultural...

���� Actualiza. Actual, actualidade, actualización, actualizar...

���� Reproduce. Reprodutor/a, reprodución, reproductibilidade...

���� Autor. Autoría, autoridade...

� Significado dos sufixos das seguintes palabras extraídas do texto?

���� Aprendizaxe. Pode expresar acción, conxunto de obxectos ou dereitos que se pagan.

���� Liberdade. Ter a característica de posuír unha determinada calidade.

���� Globalización. Acción de.

���� Conselleiro. O que fai ou se dedica a un determinado oficio.

� Dúas palabras formadas mediante composición:

Agricultura e audiovisual.

Page 45: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 45 de 52

� Categoría gramatical das palabras.

���� Coñecementos (substantivo) - Coñecer (verbo) - Coñeceu (verbo)

���� Transformando (verbo, en xerundio) - Transformación (substantivo) - Transformou (verbo)

���� Programada (adxectivo) - Programar (verbo) - Programación (substantivo)

���� Servidores (substantivo) - Servizo (substantivo) - Servil (adxectivo)

S22.

� Familias léxicas de las siguientes palabras:

���� Social: sociabilidad, sociabilización, sociabilizar, sociable, socialismo, socialista, socialización, socializador/a, sociativo, sociedad, societario, socio/a, asocial.

���� Desarrollar: desarrollable, desarollismo, desarrollista, desarrollo.

���� Plan: planificar, planificador/a, planificación, planificado/a.

���� Ocupar: ocupante, ocupador/a, ocupada, ocupacional, ocupación.

� Significado de los prefijos y sufijos de las siguientes palabras :

���� Musulmana: condición de (femenino).

���� Responsabilidad: Tener la cualidad de.

���� Desconocimiento: No tener la propiedad o cualidad de.

���� Limitación: acción de.

� Palabra de uso común formada por composición.

Rompecabezas

� Cambio de categoría gramatical de las siguientes palabras.

Gestor (sustantivo) - Gestionable (adjetivo) / Plan (sustantivo) - Planificar (verbo) / Manejable (adjetivo) - Manejo (sustantivo) / Crítica (adjetivo) - Criticar (verbo)

S23.

� Tema principal de cada un dos textos?

���� Texto 2.17. A inmensa cantidade de información que se alberga en Google e os efectos colaterais que iso produce a varios niveis.

���� Texto 2.18. A problemática de que Facebook esixa ser o propietario de todas as fotos, textos e demais que o usuario ou usuaria colga na súa conta privada.

� O opinión sobre o dito neste parágrafo do texto 2.17.

Resposta aberta. Preténdese que se reflexione e se distinga entre ter coñecemento e estar ben informado.

Page 46: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 46 de 52

� Participa en redes sociais tipo Facebook? Que opinión lle merecen?

Resposta aberta.

� Comentario sobre a propiedade da información en Facebook

Resposta aberta máis preténdese que o alumnado se faga consciente da falta de privacidade que, habitualmen-te, os usuarios e usuarias teñen en internet.

S24.

Resposta aberta.

S25.

� Auster, Paul, Brooklyn Follies.

Non require solución.

S26.

� Preston, Paul, La Guerra Civil española.

Non require solución.

S27.

Non require solución.

Page 47: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 47 de 52

5.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1.

� Posuír unha boa capacidade de lectura.

2.

� Ter un proxecto lector, comprender ben o que se le, ler rapidamente e adecuar a velocidade ao tipo de texto que se le e á intención coa que se fai a lectura.

3.

� Non. Algúns textos requiren máis concentración (lectura atenta), e outros per-miten unha lectura máis superficial (lectura rápida).

4.

� É a que se fai sobre un texto cando o que se pretende é ter unha idea xeral do contido dese texto, fixándose nos datos e detalles máis significativos.

5.

� É unha lectura intensiva, tendente a comprender o texto, é dicir, a captar cómo ese texto está organizado e cáles son as ideas principais que se transmiten.

Page 48: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 48 de 52

6.

� A vocalización, os movementos de cabeza, os movementos de retorno e ir se-guindo co dedo ou cun lapis as liñas do texto que se está lendo.

7.

� Os medios de información dixital permiten unha actualización constante das noticias e sucesos que se producen ao longo das horas e dos días.

8.

� Si.

9.

� Un exceso de información.

10.

� Pór o idioma en que se atope o texto que se vaia corrixir.

Page 49: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 49 de 52

11.

� Engadir ao dicionario de galego do OpenOffice a palabra sinalada en vermello, no caso de que a palabra sexa correcta.

12.

� Derivación, composición e parasíntese.

13.

� É a parte común que teñen un grupo de palabras e que transmite o seu signifi-cado básico común.

14.

� É un procedemento de formación de palabras consistente en engadirlle a un le-xema prefixos e sufixos.

15.

� É un procedemento de formación de palabras novas consistente na unión de dúas ou máis palabras.

Page 50: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 50 de 52

16.

� Son todas as palabras que teñen un mesmo lexema e, polo tanto, unha parte do seu significado é común.

17.

� Na formación de palabras por derivación.

Page 51: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 51 de 52

6. Glosario

A ���� Aristóteles

(de Estaxira)

Nado no ano 384 a.C. e morto no 322 a.C., foi un importante filósofo grego, un dos maio-res pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas, orixinais e reformulado-ras da tradición grega, acabaron por configurar un modo de pensar que se estendería durante séculos. Prestou inigualables contribucións ao pensamento humano, nomeada-mente en ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía, historia natural e outras áreas de coñecemento. É considerado por moitos o filósofo que máis influíu no pensamento occidental.

F ���� Facebook

Rede social de internet que fundou en 2004 Mark Zuckerberg, estudante de Harvard. Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos alumnos da universidade e foise amplian-do a alumnos doutras universidades. Máis adiante a rede ampliouse a calquera estudante, ata chegar a calquera persoa maior de 13 anos. Hoxe conta con 120 millóns de usuarios activos que se poden organizar en grupos e unirse a redes concretas, relacionándose segundo a súa situación xeográfica ou académica. O seu nome provén do costume das universidades norteamericanas de darlles aos alum-nos á súa chegada un libro con fotografías dos alumnos e os profesores desa universida-de, que recibe o nome en inglés de Facebook, literalmente “libro de caras”. Existen ver-sións do sitio en diversas linguas, entre elas o galego.

G ���� Google

Google Inc. é a empresa propietaria da marca Google, cuxo principal produto é o motor de procura do mesmo nome. Foi fundada o 27 de setembro de 1998 por Larry Page e Sergey Brin (dous estudantes de doutoramento en Ciencias da Computación da Universidade de Stanford). Malia ser o buscador o seu principal produto, a empresa ofrece tamén entre outros servizos: un comparador de prezos chamado Froogle, aínda que logo pasou a chamarse Google Product, un motor de procura para material almacenado en discos locais Google Desktop Search, e un servizo que revolucionou o mundo do correo electrónico gratuíto chamado Gmail. Tamén é famoso o seu programa Google Earth, mapamundi en 3D con imaxes de alta resolución. Recentemente lanzou a súa versión beta de mensaxaría instantánea Google Talk. En outubro de 2006, Google adquiriu por 1.650 millóns de dólares a famosa páxina de vídeos YouTube. En abril de 2007, Google mercou DoubleClick, unha empresa especializada en publicidade en Internet. Ese mesmo mes, Google converteuse na marca máis valiosa do mundo, acadando a suma de 66.000 millóns de dólares, superando a emblemáticas empresas como Microsoft, General Electric e Coca-Cola. En xullo de 2007, Google comprou Panoramio, un sitio web dedicado a exhibir as fotogra-fías que os propios usuarios crean e xeoposicionan, sendo algunhas delas subidas ao sitio para que poidan ser vistas a través do software Google Earth, cuxo obxectivo é permitir aos usuarios do mencionado software aprender máis sobre unha zona específica do mapa, observando as fotografías que outros usuarios tomaron alí. O 11 de xuño de 2008, Google recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades por impulsar unha "xigantesca revolución cultural" que permitiu o "acceso xeneralizado ao coñecemento".

���� Google Books Na actualidade, este servizo de Google (procura de libros de Google) que posibilita a consulta de libros en liña, xa dispón dun catálogo en galego, tanto de clásicos como de escritores e escritoras actuais.

P ���� PXOM Plan Xeral de Ordenación Municipal.

S ���� Software libre

Segundo a Free Software Foundation (FSF), o software libre está formado por aqueles programas que teñen unha licenza que dá quen reciba unha copia do programa a liberda-de de executalo, de estudar o seu funcionamento e adaptalo ás súas necesidades, de redistribuír copias e de mellorar o programa e publicar as melloras.

Page 52: Ámbito da comunicación · 1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica Esta unidade está dentro do bloque Tes un correo electrónico e denomínase Introdución ás TIC

Páxina 52 de 52

7. Bibliografía e recursos

Bibliografía

� Alarcos Llorach, Emilio, Gramática de la lengua española, Espasa, Madrid, 1999.

� Auster, Paul, Brooklyn Follies, tradución de Eva Almazán, Galaxia, Vigo, 2006.

� De Toro, Suso, Polaroid, Xerais, Vigo, 2004.

� Dieste, Rafael, Dos arquivos do trasno, Galaxia, Vigo, 2005.

� ILG e RAG, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, ILG e RAG, Vigo, 2003.

� ILG e RAG, Vocabulario ortográfico da lingua galega, ILG e RAG, 2004.

� Preston, Paul, La Guerra Civil española, Debate, Barcelona, 2008.

� Sarille, Xosé Manuel, A impostura e a desorientación na normalización lingüística, Candeia editora, Santiago de Compostela, 2007.

Ligazóns de internet

� [http://www.adn.es]

� [http://www.anosaterra.org]

� [http://www.elpais.com]

� [http://www.fragmentosgutenberg.blogspot.com]

� [http://www.galicia-hoxe.com]

� [http://www.galipedia.org]

� [http://www.mancomun.org]

� [http://www.openoffice.org]

� [http://es.wikipedia.org]

� [http://es.youtube.com]

� [http://lv.galiciae.com]