Mastíns leoneses vs lobo galego

10
Como un simple can pode evitar que o lobo mate ó gando?. .. Aportación do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro (Ourense) ás redes de difusión do IEM.

description

Lobos e mastíns manteñen un enfrentamento secular, unha epopeia en torno ó mundo dos pastores que alimentou a imaxinación das xentes con centos de relatos que transformaron a relación entre ámbolos dous cánidos en un sinxelo mito , quedando de ese xeito os seus nomes xunguidos para sempre, e por extensión os de ambos á actividade gandeira , especialmente á transhumancia. En Galicia, terra de pastos abondosos durante todo o ano, o gando sempre foi sedentario ou “estante” e non transhumante como no resto de España, por elo, a utilización de cans pastores de garda non tivo a mesma importancia que no resto da xeografía peninsular, especialmente en terras castelán-leonesas, onde o gando en xeral, pero especialmente o ovino, é un concepto inseparable do mastín e inda segue a selo hoxe do mesmo xeito que o foi en tempos pasados, cando o comercio da lá das ovellas merinas representaba a principal fonte de ingresos en toda a Península.

Transcript of Mastíns leoneses vs lobo galego

Page 1: Mastíns leoneses vs lobo galego

Como un simple can pode evitar que o lobo mate ó gando?. ..

Aportación do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro (Ourense) ás redes de difusión do IEM.

Page 2: Mastíns leoneses vs lobo galego

Mastíns leoneses vs. lobo galego

Paco Valeiras Baranda

Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro

Page 3: Mastíns leoneses vs lobo galego

Lobos e mastíns manteñen un enfrentamento secular, unha epopeia en torno ó

mundo dos pastores que alimentou a imaxinación das xentes con centos de relatos que

transformaron a relación entre ámbolos dous cánidos en un sinxelo mito , quedando de ese

xeito os seus nomes xunguidos para sempre, e por extensión os de ambos á actividade

gandeira , especialmente á transhumancia.

En Galicia, terra de pastos abondosos durante todo o ano, o gando sempre foi

sedentario ou “estante” e non transhumante como no resto de España, por elo, a utilización de

cans pastores de garda non tivo a mesma importancia que no resto da xeografía peninsular,

especialmente en terras castelán-leonesas, onde o gando en xeral, pero especialmente o

ovino, é un concepto inseparable do mastín e inda segue a selo hoxe do mesmo xeito que o foi

en tempos pasados, cando o comercio da lá das ovellas merinas representaba a principal fonte

de ingresos en toda a Península.

Page 4: Mastíns leoneses vs lobo galego
Page 5: Mastíns leoneses vs lobo galego

Dende os portos leoneses ata as “majadas” extremeñas, gandeiros, mastineiros e

outras xentes saben da importancia do mastín na súa particular historia, por elo, naquelas

terras esta raza de cans fíxose moi respetada e admirada, tanto que narracións de abondo

falan das xestas heroicas, das míticas loitas co lobo exercendo a defensa do gando e das

que, moi a miudo, o lexendario moloso saía victorioso.

Doutra parte o lobo (Canis lupus signatus), superpredador por excelencia,

especie xeralista e oportunista coma poucas, de fácil adaptación ás situacions ambientais

precarias nas que, seguindo ó celebre naturalista Angel Cabrera, na Península Ibérica, as

principios do século pasado, transfórmouno nunha xoia endémica. Por si fora pouco o

imaxinario do rural galego presentouno dende tempos inmemorias como un animal de

porte monumental, provisto de unha forza colosal e con atributos máxicos que soamente

un dios ou un demo poideran ter. O amo absoluto do espacio non habitado

Page 6: Mastíns leoneses vs lobo galego
Page 7: Mastíns leoneses vs lobo galego

Este é o lobo galego, o de Anxel Fole, de Vicente Risco, o lobo da terra do licántropo. Nada que ver ca xoia endémica de A.Cabrera. Cecais e por isto os mastínsnunca foron suficientemente valorados en Galicia.

Cómo un simple can pode evitar que o lobo mate ó gando?. As respostas son ben sinxelas. A loita entre o lobo e os mastín forman parte máis do mito que da realidade. Son poucos os episodios que poden ser narrados en primeira persoa e moitos deles somenteson fruto de imaxinación e da esaxeración . Lobo e mastín establecen unha loita máis ben ritual, onde o lobo pon a sua astucia, axilidade, rapidez e técnica na caza e o mastín pon a forza, apego ó grupo que defende e sobor de todo a disposición a morrer se é preciso; en definitiva, unha acción disuasoria que inhibe a agresividade do lobo hacia o gando que, xadeixa de ser presa fácil e recordalle que ten dono. Resumindo, a loita mítica entre lobo e mastín case que sempre se resolve con moitos ladridos, catro carrereiras e un par de regates .

A defensa do gando con cans é un método preventivo que deu bós resutadosdende sempre, pois minimiza as baixas. Hoxe non ten por qué ser distinto e asemade non pon en perigo a supervivencia do lobo que tamén conta.

Page 8: Mastíns leoneses vs lobo galego
Page 9: Mastíns leoneses vs lobo galego

A experiencia ao respecto do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro esta baseada en máis de 25 anos de investigación e no derradeiro decenio nos seus traballos en contacto con máis de 100 explotación en Galicia e 15 en León.

Artigos relacionados coas actividades do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro:

-"Los mastines ahuyentan al lobo en Irixo" - La Región-"Asesinos de lobos en el Barbanza (XIV): Murders of Wolves" - Los Bloggers de Axena.-"Al menos tres perros mataron 20 ovejas en Sagra" - La Voz de Galicia.-"Una manada de perros atemoriza Bora" - Faro de Vigo.-"Perros sueltos matan 23 aves de corral en Canlle" - La Región

Intervencións do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro no eido do patrimonio arqueolóxico.

-"Descubren 25 yacimientos arqueológicos en O Irixo" - Faro de Vigo.-"Hallan petroglifos de la Edad de Bronce en un monte de Lobás, en O Carballiño" - Faro de Vigo.-"Los vigías del patrimonio"- Faro de Vigo

Page 10: Mastíns leoneses vs lobo galego

Materiais de divulgación nas redes

Síguenos nas Redes