Mario F. Granell - Vigo · 2019. 12. 16. · Mario F. Granell Morte e reencarnación dun pintor...

4
Pinacoteca Fernández del Riego Morte e reencarnación dun pintor galego Mario F. Granell

Transcript of Mario F. Granell - Vigo · 2019. 12. 16. · Mario F. Granell Morte e reencarnación dun pintor...

  • Pinacoteca Fernández del Riego

    Morte e reencarnación dun pintor galego

    Mario F. Granell

  • Un canto ao mar1980

    Acrílico/lenzo125 x 93 cms

    Colección particular

  • Mario F. GranellMorte e reencarnación dun pintor galego

    Na pequena e única autobiografía que escribiu en 1977, Mario Fernández Granell consideraba que ata daquela vivira catro vidas.

    A primeira, aínda que comeza na Coruña, o 11 de outubro de 1914, transcorre fundamentalmente en Compostela, onde, da man do pintor Camilo Díaz Baliño, se forma e debuta como precoz artista. Continúa logo en Madrid dende 1931, onde afonda no seu ideario de esquerdas e galeguista e completa a súa formación pictórica baixo a forte influencia dos pintores galegos Arturo Souto, Federico Ribas e Cándido Fernández Mazas.

    A segunda e terceira vida de Mario son un contínuum. Perseguido, e logo capturado polos rebeldes franquis-tas, ingresa en 1937 no cárcere provincial da Coruña, onde segue a pintar nas súas celas. Unha vez liberado en 1943, vive en Vigo o asfixiante clima de posguerra, sobrevivindo como decorador, muralista, cartelista... O éxito profesional acompáñao, pero decide poñerlle fin a esta terceira vida cando toma o barco que o ha de levar a Venezuela en 1957.

    É nesta cuarta vida, cando o artista, en completa liber-dade creadora, nos ofrece o mellor de si mesmo: unha linguaxe propia, única, singular, coa que desprega agora unha fantasía sen límite. Os anos venezolanos son os máis pletóricos para Mario. Consegue recoñecemento como deseñador e como pintor, e no círculo da emigra-ción galega retoma o contacto co que será fundamen-tal compañeiro, Celso Emilio Ferreiro, cuxa morte en 1979 — como a de Lugrís, seis anos antes — será cho-rada amargamente na que, de certo, é unha das súas mellores obras.

    Mario remata en Venezuela, en 1977, a súa pequena autobiografía. Pero estamos seguros de que se a tivese continuado, engadiría, polo menos, unha vida máis. Sería a súa quinta vida: a vida en Vigo. Aquí recala definitivamente en 1981 e aquí morre en 1991. Dez anos finais nos que o artis-ta — na súa vellez, mais libre coma un neno — experimenta e permite que a súa obra evolucione libremente, afloran-do a abstracción na que vagan, lixeiras, cores e formas.

    Exposición conmemorativa do centenario do nacemento do pintor Mario F. Granell(1914 - 1991)

    Pinacoteca Francisco Fernández del Riego11 de outubro do 2014 - 17 de maio do 2015

  • Mario F. Granell Morte e reencarnación dun pintor galego

    Rúa Abeleira Menéndez, 8. Vigo

    De martes a venres (laborais): 18.00 - 21.00h.Sábados: 12.00 - 14.00h. e 18.00 - 21.00 h.Domingos e festivos: 12.00 - 14.00 h.

    Depósito legal:

    Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

    11 de outubro do 2014 - 17 de maio do 2015