maría marticorena - culturagalega.galculturagalega.gal/album/docs/12 marticorena.pdf · as cordas...

4
Dúas cadeiras iguais de clásico e curvilíneo deseño esperan silenciosas a chegada da per- former... Aparece vestindo a súa silueta de gala cunhas finas medias que se engarzan nos seus feminizados zapatos de tacón. Cun insinuante e delicado erotismo roza as cadeiras ás que logo se aferrará. Eleva as súas pernas..., perco- rre as súas medias..., desliza os seus tacóns...; e abrázase coas súas coxas a unha das cadeiras mentres que permite que a súa cabeza descen- da sobre a outra. O seu rostro, brazos e mans diríxense cara a unha das cadeiras. Non hai volta atrás... Non hai saída... Está axitada, amarrada. Sen perder o com- pás, inicia unha loita cuxo fin será enlazar e intimidar todo aquel que a observe, sen que este se decate de que está asistindo á creación dun com- plexo e entrecruzado sistema, que se desenvolverá ao uníso- no, traspasando ou evitando calquera forma de prexuízo censurador. Reptando coa súa sensualidade, inunda cunha intensa sonoridade todo o espazo. Impoñente e Exultan- te vai transformando toda a acción en Implacábel e Impre- visíbel. O seu corpo espallado maría marticorena asuntos laterais Sensualidade Esvaradía de Golpes Inesperados Dúas cadeiras danzando, ao ritmo do seu propio corpo a elas subido, araña de oito patas atrapada, libre autoerotismo, inexorabelmente, pulsión sexual María Marticorena é dificilmente accesíbel debido á súa poderosa presenza. Unha distancia prudente e innata no especta- dor átao ou desátao aos seus tabús. É unha ver- dadeira obrigación que debe afrontar, se se deixa espir por ela. Este é o sentido da acción-recrea- ción. Móstrase un pacto sincronizado e en parte silenciado pola artista e os seus observadores, que logra expresar mutuo deleite e atrevemento tras un variado e sorprendente repertorio. [Per- formance. 2005. 15’] Asuntos Laterales. Performance. 15’. 2005 Hasta la última gota. Performance. 20’. 2007

Transcript of maría marticorena - culturagalega.galculturagalega.gal/album/docs/12 marticorena.pdf · as cordas...

Page 1: maría marticorena - culturagalega.galculturagalega.gal/album/docs/12 marticorena.pdf · as cordas restantes (catro) serán colocadas nas súas uñas perforadas. Durante toda esta

Dúas cadeiras iguais de clásico e curvilíneodeseño esperan silenciosas a chegada da per-former... Aparece vestindo a súa silueta de galacunhas finas medias que se engarzan nos seusfeminizados zapatos de tacón. Cun insinuantee delicado erotismo roza as cadeiras ás quelogo se aferrará. Eleva as súas pernas..., perco-rre as súas medias..., desliza os seus tacóns...;e abrázase coas súas coxas a unha das cadeirasmentres que permite que a súa cabeza descen-da sobre a outra. O seu rostro, brazos e mansdiríxense cara a unha dascadeiras. Non hai volta atrás...Non hai saída... Está axitada,amarrada. Sen perder o com-pás, inicia unha loita cuxo finserá enlazar e intimidar todoaquel que a observe, sen queeste se decate de que estáasistindo á creación dun com-plexo e entrecruzado sistema,que se desenvolverá ao uníso-no, traspasando ou evitandocalquera forma de prexuízocensurador. Reptando coa súasensualidade, inunda cunhaintensa sonoridade todo oespazo. Impoñente e Exultan-te vai transformando toda aacción en Implacábel e Impre-visíbel. O seu corpo espallado

mmaarrííaa mmaarrttiiccoorreennaaasuntos laterais

Sensualidade Esvaradía de Golpes Inesperados Dúas cadeiras danzando,

ao ritmo do seu propio corpo a elas subido,araña de oito patas atrapada, libre autoerotismo,

inexorabelmente, pulsión sexualMaría Marticorena

é dificilmente accesíbel debido á súa poderosapresenza.

Unha distancia prudente e innata no especta-dor átao ou desátao aos seus tabús. É unha ver-dadeira obrigación que debe afrontar, se se deixaespir por ela. Este é o sentido da acción-recrea-ción. Móstrase un pacto sincronizado e en partesilenciado pola artista e os seus observadores,que logra expresar mutuo deleite e atrevementotras un variado e sorprendente repertorio. ❚ [Per-formance. 2005. 15’]

Asuntos

Laterales.

Performance. 15’.

2005

Hasta la

última gota.

Performance. 20’.

2007

Page 2: maría marticorena - culturagalega.galculturagalega.gal/album/docs/12 marticorena.pdf · as cordas restantes (catro) serán colocadas nas súas uñas perforadas. Durante toda esta

Espazo: Consta de tres bandexas metálicas,cubertos e unha laranxa. Son: A través dos gar-fos. Simboloxía: A laranxa é usada como refe-rente a unha moralidade mecánica que se reflictenun organismo vivo que desborda zume e dozu-ra. Tempo: Consta de dúas fases intercaladas quese desenvolven ciclicamente. Nun primeiromomento, a bandexa-máscara marca o son. Ensegundo lugar a bandexa-aureola indica a pausae o silencio. Acción: Posta a bandexa superior amodo de máscara, a acción consiste no repenicarque os garfos experimentan sobre a bandexainferior. Arrástranse rabuñando o propio corpoaté un punto no que se retan, batendo por ribada bandexa superior. Encollendo os brazos caraao interior do seu peito, dá corda ao espremedorcun dos garfos. Tras isto, cólgaos medianteimáns. Saca a bandexa superior e colócaa a modode aureola, de maneira que coa man esquerdasuxeita a bandexa do seu peito, mentres que aman dereita cae para agarrar a metade da froitaque até ese momento estaba colgada. Cando aespreme, o zume descende até a bandexa dosseus xeonllos. Unha vez extraído o zume devolvea laranxa á súa posición anterior. E así repetidasveces até que esgota o prezado zume.

Unha especie nova e ecléctica confésase anteunha realidade que consegue situala nun tempoque dende agora pasará a estar cheo de verdade.Só coa mascara suxírense aspectos que farán quese recorde a figura da modelo como a dun ofi-ciante de nós mesmos, que actuou e actuará

numerosas veces no que de vida nos quede.Adquire potencia en función da posición das ban-dexas: están en repouso; de súpeto, o son come-za, e conclúe ao espremer a laranxa; nesemomento, a posición reclinada cobra o seu senti-do. Sutilmente toca coas mans os bordos dosseus novos apéndices. A introspección humaní-zaa, polo que a forma global se volve esférica eequilibrada. Os movementos son harmónicos, rít-micos e flúen manualmente polos modos enerxé-ticos e diferentes que conseguen presentar, xaagora, sen temor, toda a secuencia de acontece-mentos performándoos consecutivamente. Aoespremer a laranxa palpa o zume e traspasa abarreira que hai entre a dimensión orgánica e adimensión orgásmica. É ese silencio que ela tocao que fixa o desenvolvemento do proceso, abrín-dose así totalmente ao espectador.

Lembranza, acción e transcendencia. Combateconmemorativo ou preparatorio, iniciático dalgúnmodo. Patente, claro e firme: evoca o papel e opoder da acción directa, da figura á que invocaagora e da que quere que emane o proceso.❚ [Performance. 2007. 20’]

até a última pingaEvocando engrenaxes metálicas,o latexar deste metal mestúrase

co corpóreo, co natural, e dasimbiose resulta un corpo

vivenciado en si mesmo, que,debido ao seu deseño, logra

plasmar unha imaxe quetransmite pura beleza.

María Marticorena

A performer entra na sala, senta sobre uns peque-nos bancos de madeira e apoia o seu bolso nochan. Tras isto, ábreo con sixilo e extrae do seuinterior varios obxectos. Primeiro saca un pequenotrade co que paulatinamente vai perforando asuñas da súa man e do seu pé esquerdo. A conti-nuación extrae novamente do seu bolso unha cai-xiña con cordas; coloca un extremo da cordanunha das uñas da súa man e o outro extremo dacorda noutra das uñas do seu pé. Sucesivamenteas cordas restantes (catro) serán colocadas nas súasuñas perforadas. Durante toda esta acción, a per-former irá observando con sumo detemento e coi-dado cada detalle: primeiro as cordas, logo as uñase finalmente o seu corpo. Para rematar insire nodedo anular da súa man dereita un anel cun fío.

As súas mans bailan no aire encantadas polosextremos opostos que as separan. Tensa este deli-cado mecanismo e revisa a súa postura variasveces até quedar totalmente satisfeita. Por fin, xaé instrumento. A artista mostra un aspecto claroe sereno, e o seu corpo xa está listo para entre-garse aos delirios da arte. Tras isto, permaneceinmóbil uns instantes descubrindo camiños que atransportarán a novos e descoñecidos abismos;abismos baleiros que se abrirán fronte a ela co finde que poida desafialos e exploralos. ❚ [Perfor-mance. 2006. 20’]

deixar as uñasPor medio desta acción a

performer transfigurará o seucorpo e a súa carne nun

instrumento sostido polas súaspropias uñas perforadas.

Tensión, Resistenciae Música desvelada.

María Marticorena

polifonía«Deixar as uñas»

Tensión, resistenciae música desvelada

María Marticorena

Por medio desta acción a performer transfiguraráo seu corpo e a súa carne nun instrumento sosti-do polas súas propias uñas perforadas. Mediantea acción conséguese dotar a obra dunha desco-ñecida e variada gama de posibilidades sonoras.Nesta modalidade, as uñas perforadas correspón-dense unicamente coas da man esquerda, estesburacos fanse ante o público e por medio dunpequeno trade, perforando a punta das uñas,unha vez que estas creceron considerabelmente—como precedente ao proceso creativo—. O tra-tamento non supón flaxelación algunha, senónao contrario, posto que, ao pararse detidamenteante as uñas, con gran simpleza é capaz de trans-formar células mortas en células vivas, ás queachega un novo e sobreentendido valor: célulasvibrantes. Son unha extensión que prolonga oinstrumento ao longo do seu corpo e conectatanto a performer coma o público en maior medi-da coa obra.

Emprégase a maiores unha caixa de resonanciae un arco de violín, que contribúen a incrementaro seu valor escultórico e plasticidade. A caixa nunprimeiro plano deixa entrever que foi construídapara tal fin. Seguindo coa acción, unha vez queas uñas foron perforadas e a través dun xiro ines-perado, colle as cinco cordas, que introduciráunha por unha no seu correspondente buraco,unindo a corda de máis grosor ao dedo polgar easí sucesivamente... A representación alcanza oseu punto máis álxido cando inicia o xogo: leván-tase, eleva a súa perna esquerda, pousa o mesmopé sobre a caixa e, suxeitándoo por medio dunhacorda, insíreo na súa creación. Por fin observamoso plenamente esperado, a linguaxe musical, queestabelece os pentagramas adecuados paracomezar un diálogo simbolicamente retroalimen-tado: miradas, xestos, expresións, movementos,posturas... Para rematar, e xa frontalmente, a per-former asume o reto. Manipula intimamente o

Polifonía.

Dejarme las uñas.

Performance. 20’

2006

Page 3: maría marticorena - culturagalega.galculturagalega.gal/album/docs/12 marticorena.pdf · as cordas restantes (catro) serán colocadas nas súas uñas perforadas. Durante toda esta

Ver é perder; entornar os ollos baleiros deprexuízos, facendo da mirada un acto conscientede si, é dicir, de quen a suxeita, é unha das tarefasda arte para o seu saber do mundo.

María Marticorena (A Coruña, 1977) é unhagran observadora que mantén unha relaciónpeculiar coas cousas e circunstancias que arodean, unha relación baseada no humor, aironía, a observación atenta e directa, todo isonun constante diálogo. Sérvelle tanto unhaacción doméstica de fregado ou un paseo conollos de biólogo mariño pola praia, como unhacolleita de refugallos de cabelo.

Existe neste traballo unha mirada atenta quenace dunha necesidade de ordenar o mundo, epara iso non atopa a artista outro xeito que o deintervir nel. É neste entre vir das cousas ondeMaría parece atoparse cómoda. Segundo as cou-sas veñen, dialoga e interrógaas, analízaas, dise-ca e extrae delas aquilo que lle interesa: unhaexperiencia humana, un café compartido, o coi-dado e atención do cabelo, un desexo…

Pero é nesta intervención onde aquela actitudeque comezaba pola observación, toma corpo, édicir, transcende á experiencia, ao implicarse coassituacións e coa realidade mundana. Así Deixar as

seu máis que prezado e particular instrumento coarco: facendo gala en ocasións dunha delicadezagrandilocuente, mentres que noutras descendeaos compartimentos máis escabrosos, duros eescuros da multirrealidade que creou. ❚ [Perfor-mance. 2006. 20’]

A acción desenvólvese nun espazo baleiro e neutro. Os útiles-obxectos necesarios para a acción atópanse nese lugar; son trespezas: dous prismas de 15x15x30 cm e un de 15x30x30 cm, os tresde cor negra. A performer, vestida de branco, achégase aos obxec-tos e senta no chan; a continuación, interactúa con eles, depositan-do un sobre os pés e colocando os outros dous un en cada man.Tómbase e reláxase uns instantes. Posteriormente, incorpórase fle-xionando o corpo, de maneira que as dúas pezas contidas nas mansse depositan e chocan sobre a peza que descansa en ambos os pés.A acción e movementos do propio corpo constrúen e desprazanunha forma cúbica que nace e que renace. Xestos, sons e move-mentos repítense sucesivamente. O ritmo e o avance fanse constan-tes neste direccionamento cúbico.

Tres prismas constitúen o cubo: tres negros paralelepípedos.Negro, que, a nivel simbólico, equivale á ausencia de luz, ao abis-mo e, sobre todo, á falta de movemento ou estatismo. Tres negrosfragmentos que dialogan entre si sobre a súa idea de negritude. Onegro: o morto, o inerte, o espazo non vivo; refírese deste xeito aun interminábel número de posibilidades e secuencias, porque acombinación e/ou interpretación é infinita e nunca poderá conver-terse nunha construción hermética, pechada ou carente de move-mento e significados. Trátase dun cubo construído e reconstruídopola acción do propio autor, un mero corpo flexíbel vestido de bran-co, e polo posíbel pensamento do espectador. O branco fálanos daluz, da idea de movemento e, ao mesmo tempo, ten que ver coaliberdade do individuo para configurar o seu propio acontecemen-to nun espazo construtíbel. En definitiva, un cubo sonoro, rítmico,galopante... que avanza marcando o seu propio ritmo. ❚ [Perfor-mance. 2005. 20’]

até que o meu corpo

aguanteMaría Marticorena

entre as cousas do mundoMirar o mundo implica unha

actitude de pór en xogo suxeito observador e realidade

observada. A arte implica esatransformación da mirada

e, en consecuencia, do suxeito que mira, mediante

a cal nos abrimos a unha realidade mundana que, á súa vez,

cambia na medida que nós tamén somos transformados.

Juan Carlos Meana

uñas, Até que o meu corpo aguante ou Até a últi-ma pinga son títulos de traballos de performance,nos que a artista alcanza unha maior madurez enos que a sedución e un certo tremor sensíbelpon o espectador tenso, cuestiónanlle a súa capa-cidade de implicación para con aquelas cousasmundanas que nos rodean e que nos configurancomo suxeitos ao ser parte e debuxar os escena-rios das nosas experiencias. Lonxe de ser traballosque remitan a un ensimesmamento creativo,sempre está presente a modo de invitado unespectador suxerido de moi diversos xeitos: duali-dades, seducións, empatías, invitacións...

Existe tamén unha estratexia para acudir aaqueles lados máis escuros, por inalcanzábeis, dosuxeito. Cando nos mostra un traballo, en apa-rencia banal, dunha lingua intentando acadar undoce (Lingua trabada) estanos falando daquiloque nos seduce, do que move o noso desexo,daquilo que provoca as nosas pulsións. A lingua éun dos órganos que empeña un papel preponde-rante e determinante na relación cos outros comoparte do mundo. Órgano por excelencia dogusto, posúe esa capacidade para pór en relacióno noso eu co resto. A linguaxe é esa entidade quenos supera e que a través da lingua imos rozan-do. Pomos en orde o mundo a través da lingua;unha lingua que se traba pero que habemos deaprender a dominar, a afiar unhas veces e a man-tela en silencio, mordéndoa, outras. Pero a linguaé tamén elemento esencial no trato e a seduciónamorosos. O gusto radica nas papilas da lingua.Un gusto que estendemos dende a lingua aoutros ámbitos: gústanos por igual unha persoaou unha paisaxe, unha pintura ou un bo pratocociñado con exquisitez. Hai algo tamén demonstruoso nesa lingua que, estirada de formadesmesurada, nos leva a pensar no inalcanzábel.Un lado sempre presente noutro lugar que nospon á luz aquilo que non dominamos. Aquítamén cobra corpo esa dualidade anteriormentealudida na obra de María Marticorena, coma seas cousas tivesen unha vida propia máis aló danosa capacidade de dominio sobre elas. Nos tra-ballos que podemos contemplar, este monstronon cobra imaxe a través de grandes masas cor-póreas que poidan ser causantes de todos onosos males; pola contra, un minúsculo berbere-

Hasta que mi

cuerpo aguante.

Performance. 20’.

2005

Page 4: maría marticorena - culturagalega.galculturagalega.gal/album/docs/12 marticorena.pdf · as cordas restantes (catro) serán colocadas nas súas uñas perforadas. Durante toda esta

María Marticorena (A Coruña, 1977)

Licenciada en Belas Artes pola Universida-

de de Vigo e diplomada en Conservación e

Restauración de Bens Culturais, Ponteve-

dra. Bolsas e premios: 2006: 1º Premio

de Artes Plásticas Gzcrea. 2004: 1º Premio

de Escultura Novos Valores, Pontevedra.

Residencias artísticas: VII Xuntanza Obra-

doiro Internacional das Artes Plásticas A

Solaina, Pontevedra; Harlech International

Artists Residencies, ICAW 05, Gales,

Reino Unido. Exposicións individuais:

2007-08: Hairy Situations, Hans Payan Art

Gallery e Mari Ari (showroom), Houston,

Texas, EUA. Festivais e eventos: 2008:

“De pega” (foto-acción), La Más Bella

(revista experimental de creación artística

e literaria). 2007: performance durante a

inauguración de Gzcrea, Auditorio de Pon-

tevedra; Zona 9, Festival Internacional de

Video Arte de Chile; Bienal Internacional

de Aveiro (foto-performance), Portugal; VIII

Bienal de Lalín “Pintor Laxeiro”, (foto-

documento performance), Lalín, Ponteve-

dra; La Bolsa DVD núm. 5, revista de

vídeo-creacións e vídeo-accións (vídeo-

acción). 2006: Contenedores, VI Muestra

Internacional de Arte de Acción de Sevilla;

V Certame de Artes Plásticas Deputación

de Ourense (vídeo-performance);

cho ou unha ameixa cobran importancia, sedú-cennos e parecen ser motivo para deixar á intem-perie os nosos desexos.

A lentitude, a minuciosidade, o esforzo, a repe-tición, parecen ser valores sobre os que se susten-ta unha actitude creativa que nos lanza interro-gantes sobre o que vemos e como o vemos. Aserie de debuxos con pelos parece recoller dexeito concentrado todos estes valores estraños nonoso vertixinoso agora da impaciencia. Ordenar omundo é crearnos unha representación del a tra-vés dunha maraña de pelos. Aquí este refugallodo vivo cobra imaxe, conxélase en debuxo, recor-do dunha experiencia, pegada persoal que desti-la a experiencia dunha existencia, dunha historia.O pelo, de novo como resto, é motivo de sedu-ción fixado sobre lousas cerámicas; a referenciaao íntimo, á experiencia do suxeito como basepara a creación dunha subxectividade que nonpode ser outra que aquela que exerce de fixaciónao mundo. Ancoraxe si, pero dende a permanen-te transformación que implica o fluír coas cousase experiencias mundanas.

O corpo que María Marticorena nos mostracomo ferramenta coa que exerce o diálogo é ocorpo da experiencia. Unha experiencia que pasapolo sufrimento, ás veces, —en clara alusión ánosa cultura relixiosa— pero tamén se trata duncorpo que experimenta, que se coñece na medidaque se expón ao outro porque é na mirada do

Dejarme las uñas.

Performance. 20’.

2006

A golpe de-Yo-yo,

las reglas las

pongo Yo.

Performance.

Cortesía:

CGAC. 2008

outro (que María non deixa de buscar), onde aexperiencia do seu corpo cobra carne. Presencian-do as súas performances, experimentamos unhaestraña tensión onde a pugna de contrarios nondeixa de exercer sobre nós un certo estrañamentoincómodo. Sedúcenos asimple beleza das súas pre-sentacións, pero tortúran-nos as tensións que busca eás que alude nestes traba-llos; créanos expectativasdun lirismo musical queparece chegar pero túrba-nos cando a presión e ten-sión rompen as atadurasdun corpo convertido eninstrumento; sedúcenos cuncorpo entregado á visiónpero non nos sentimoscómodos cando nos descu-brimos cómplices, comomiróns, dunhas accións queunen esforzo e sufocación,agresividade e sutileza,ocultación e desvelo a unmesmo tempo. ❚

eBent’06, Centro de Arte Santa Mónica e

galería La Interior Bodega, Barcelona; Con-

junction 06, “Transposition”, A Contempo-

rary Art Exhibition, Londres, Birmingham,

Stoke, Reino Unido; IMAN 06, Intermedia

Multimedia Accão e Nada, Casa das

Artes, Vila Nova de Famalicão, Portugal;

XXIII Mostra Internacional de Teatro Gale-

go, Auditorio de Cangas, Pontevedra;

Vídeo Bardo, II Festival de Videopoesía

Internacional (Caixa Forum e Cyberpoem,

Barcelona; Zona de Arte, Quilmes; Espacio

Giesso e Cultura Media, Centro Cultural

San Martín, Bos Aires; Bogotá, Medellín e

Cali; Alucine, Toronto; Óptica, Xixón; Zebra

Poetry Film, Berlín; Instans Video, Aix en

Provence, Francia); Coordinates, Airspace,

Stoke on Trent, Staffordhire, Reino Unido;

IX Mostra Internacional Unión Fenosa,

MACUF, A Coruña; COSMAC, performance

no Conservatorio Superior de Música da

Coruña; Gresolart 06, Festival d’Art Con-

temporani, La Bisbal d’Empordà, Xirona,

2005: Príncipe 54, proxectos do taller de

performance dirixido por Adriano e Fernan-

do Guimarães, MARCO, Vigo; ICAW, Har-

lech Biennale, Gales, Reino Unido; IMAN

05, Intermedia Multimedia Accão e Nada,

Salão Olímpico e Espaço Artes Múltiplas,

Porto, Portugal; Chámalle X, II Xornadas de

Arte de Acción da Facultade de Belas

Artes de Pontevedra; eBent’05, Festival

Internacional de Performance no Espai

Jove Boca Nord, Barcelona.