Hwv232-7 · 2017. 2. 7. · ple - -% - e- e bit, ˜ e im - e ple - e bit ˜ e ru - e i - e nas, ...
Máqunas e aparelos
-
Upload
lopezmourenza -
Category
Documents
-
view
45 -
download
4
Transcript of Máqunas e aparelos
máquinase aparellos tradicionais
As máquinas son mecanismos artellados para recibir unha forma de enerxía e transformala en outra ou aplicala para producir un efecto determinado.As máquinas facilitan o traballo. Poden facelo reducindo o esforzo ou simplificando a súa aplicación.
MÁQUINAS SIMPLES
pancas
poleas
torno
plano inclinado
cuña
OPERADORES roda dentada
leva
biela
resorte
COMBINACIÓNS
MÁQUINAS SIMPLES
Son mecanismos elementais que empregan forza muscular como enerxía motora.
Facilitan a realización do traballo diminuíndo o esforzo a cambio de variar algunhas das características da forza que se aplica como: a súa dirección, o punto de aplicación, o espazo percorrido...
O funcionamento das máquinas simples cumple o principio de conservación da enerxía . O punto de apoio divide a máquina en dúas partes: unha na que se aplica a forza ou potencia e outra na que se atopa a resistencia ou carga. O aforro de esforzo depende da distancia que hai entre o punto de apoio e o punto de aplicación destas forzas.
As máquinas máis antigas que se coñecen son moi simples, están formadas na maioría dos casos por unha sola peza: rampas e pancas para elevar pesos, cuñas para cortar e romper... A maioría das máquinas son combinacións destas máquinas simples.
O arco é unha das máquinas máis antigas. Coñécense desde hai 12.000 anos
Machados de bronce. Museo arqueolóxico de A Coruña. Os machados de metal coñécense desde o 4.000 a de C.
Balanza do antigo Exipto
PANCAbarra ríxida que ao apoiarse nun punto (fulcro ou punto de apoio) xira para transmitir unha forza.
1º xeneroo punto de apoio sitúase entre a potencia e a resistencia. Aforra esforzo ou enerxía mentras o brazo de potencia sexa máis longo que o brazo de resistencia.
2º xéneroteñen a carga situada entre o punto de apoio e a potencia. Sempre aforran esforzo, porque nelas o brazo de potencia sempre é máis grande que o de resistencia.
3º xéneroteñen a potencia situada entre o punto de apoio e a resistencia. Este tipo de pancas nunca aforra esforzo, pero fan máis cómodo o traballo.
As tenazas, tesouras, alicates… están formadas por dúas pancas de primeiro xénero unidas nun punto de apoio común.
PANCAS DE 1º XÉNERO
A balanza é unha panca de primeiro xénero co punto de apoio xusto na metade, polo que se equilibran cando a potencia e a resistencia son iguais.
O ferro do monte ou panca utilízase para levantar e desprazar obxectos pesados (pedras...)
pata de cabra
PANCAS DE 1º XÉNERO
PANCAS DE 2º XÉNERO
O quebranoces está formada por dúas pancas de 2º xénero combinadas.
PANCAS DE 2º XÉNERO
Para destapar unha botella faise forza sobre o mango (máis longo) para vencer a forte resistencia da tapa.
Para introducir a rolla na botella utilízase unha panca co brazo moi longo para vencer a forte resistencia que opón o bico da botella á penetración da rolla.
carreta
PANCAS DE 2º XÉNERO
PANCAS DE 2º XÉNERO As pinzas están formadas por dúas pancas de 3º xénero cun punto de apoio común.
POLEA formada por unha roda ou disco cunha canle pola beira por onde se despraza unha corda ou cadea (pola que se transmiten as forzas) que xira arredor dun eixo. Emprégase para subir pesos.
FIXAactúa como unha panca de brazos iguais. Non aforra esforzo. Cambia a dirección da forza para que resulte máis dado subir un peso.
MÓBILa carga desprázase a metade da distancia da que percorre a corda que actúa no sistema, pero a cambio reduce o esforzo á metade.
COMBINACIÓNSpoden agruparse poleas fixas e móbiles. Reducen o esforzo proporcionalmente ao número de poleas mobiles que se instalen.
Polea fixa
TORNOFormado por un cilindro ou roda ao que se acopla a carga (unha corda cun peso) e unha manivela na que se aplica a forza. Funciona como unha panca de 1º xénero xiratoria na que o centro do eixo é o punto de apoio.
muíños de man
Rodas hidráulicas
TORNO
TORNO
Torno para sacar auga dun pozo
Chave nunha pechadura.
A chave inglesa actua como o brazo dun torno.
TORNO
As mans do conductor aplicadas no volante fan xirar o seu eixo para mover o mecanismo da dirección.para aproveitar mellor a forza.
tornos (maquinillas) de barcos
tarabela
PLANO INCLINADO – RAMPAé unha superficie apoiada en dous puntos situados a distinta altura.O aumento da distancia que hai que percorrer reduce o esforzo que hai que realizar para superar a altura.
PLANO INCLINADO – RAMPA
escaleira
Rampa-varadoiroO plano inclinado é unha das máquinas simples utilizadas desde a antigüidade para elevar pesos. Os exipcios utilizábana para construir os templos e pirámides.
roscas
moega
Parafuso de Arquímedes
CUÑAÉ un obxecto en forma de prisma de base triangular que aproveita a relación entre a lonxitude e a anchura para penetrar nun material.Canto máis estreita sexa a cuña menos esforzo hai que facer.
CUÑAS
CUÑAS
arados
OPERADORES MECÁNICOSComplementan as máquinas modificando a dirección ou a velocidade do movemento, almacenando enerxía...
RODAS DENTADAS ou ENGRANAXES Cambian a dirección do movemento e poden aumentar ou diminuir a forza ou a velocidade. A diferencia de velocidade das rodas produce un cambio na forza que se transmite.
estrulladora
CORREAS DE TRANSMISIÓNCintas ou cadeas que conectan dúas rodas ou eixos. Poden manter ou non a dirección do movemento e variar a potencia ou a velocidade.
Roda de afiador. Museo Doade. Lalín.
Serradeiro hidráulico
RESORTESelementos elásticos que acumulan a forza que se lles aplica ao deformalos para utilizala en sentido contrario unha vez que a forza que os deforma deixa de actuar sobre eles.
COMBINACIÓNS DE MÁQUINAS E OPERADORESNa maioría dos aparellos de uso común podemos atopar combinacións de varias máquinas simples e operadores
PARAFUSO:Torno (a cabeza do parafuso é a manivela e o cilindro a parte roscada)Plano inclinado arredor do eixo (rosca)Cuña (punta)
O conxunto do plato e os pedais é un torno, e o conxunto dos piñóns e a roda traseira é outro torno. A cadea transmite a forza desde o plato aos piñóns.Cando se percorre un terreo chan o piñón da roda traseira debe ser pequeno para acadar máis velocidade. Para subir unha costa debe ser grande para aproveitar mellor a forza.
Escea medieval.:cuñas (cincel) torno (sistema motor da grúa) poleas plano inclinado (escaleira)
CORTAUNLLASEstá formado por tres pancas e dúas cuñas. O mango é unha panca de 2º xénero. As follas de corte actúan como dúas pancas de 3º xénero unidas.
abrelatas
ABRELATAS pancas de 2º xénero: para sacar tapaspanca de 1º xénero: para abrir latas
MULTIUSOS:panca de 2º xénero, para sacar tapaspanca de 1º xénero: para abrir latascuñastorno, para abrir latas
alicates
ALICATESpancas de 1º xénerocuñas
BOMBA EÓLICA PARA ELEVAR AUGA
Descubre as máquinas e operadores das seguintes imaxes
MUÍÑO HIDRÁULICO
BICICLETA
TORNO PARA FACER GAITAS
MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet,DEBUXOS: Mon Daporta